arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o...

21
KARL MARX Biografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente dunha longa liña de rabinos e exercía a avogacía en Tréveris, a súa cidade natal. Era ademais conselleiro de xustiza, con todo recibiu fortes presións políticas por parte das autoridades prusianas que lle prohibiron continuar coas súas prácticas legais de acordo á súa relixión e obrigáronlle a abrazar o Protestantismo para poder manter o cargo na administración de Renania. Realizou os seus estudos de Dereito na Universidade de Bonn pero deixounos para estudar filosofía en Berlín. Doctorouse en 1841 en Jena cunha tese titulada "Diferenza entre a filosofía da natureza de Demócrito e a de Epicuro". Pronto se implicou na elaboración de traballos ao redor da realidade social, colaborando en 1842 xunto con Bruno Bauer na edición da Gaceta Renana, publicación da que pronto chegou a ser redactor xefe. A publicación finalmente sería intervida pola censura, e posteriormente, Marx tivo que marchar ao exilio. O período de París Funda en París a revista Anais franco-alemáns, da que foi director, aínda que durante pouco tempo xa que o goberno francés péchaa por presión do goberno prusiano. En 1844, en París, Marx coñece e traba amizade con Friedrich Engels, que se converterá no seu principal colaborador e ademais ofreceralle en múltiples ocasións apoio debido á penuria económica á que se ve sometida a súa familia dada a eventualidade dos seus ingresos. Tamén coñecerá en Francia a outros importantes pensadores socialistas da época tales como Pierre-Joseph Proudhon, Louis Blanc e Mijaíl Bakunin. Escribiu as súas reflexións teóricas desa época nunha serie de cadernos de traballo que póstumamente foron publicados como os "Manuscritos económicos e filosóficos". Por outra banda, o peso político dos seus artigos xornalísticos fíxolle gañar fama de revolucionario, o que provocou a súa expulsión de Francia. O período de Bruxelas e do Manifesto 1

Transcript of arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o...

Page 1: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

KARL MARXBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia

xudía de clase media. O seu pai era descendente dunha longa liña de rabinos e exercía a avogacía en Tréveris, a súa cidade natal. Era ademais conselleiro de xustiza, con todo recibiu fortes presións políticas por parte das autoridades prusianas que lle prohibiron continuar coas súas prácticas legais de acordo á súa relixión e obrigáronlle a abrazar o Protestantismo para poder manter o cargo na administración de Renania.

Realizou os seus estudos de Dereito na Universidade de Bonn pero deixounos para estudar filosofía en Berlín. Doctorouse en 1841 en

Jena cunha tese titulada "Diferenza entre a filosofía da natureza de Demócrito e a de Epicuro". Pronto se implicou na elaboración de traballos ao redor da realidade social, colaborando en 1842 xunto con Bruno Bauer na edición da Gaceta Renana, publicación da que pronto chegou a ser redactor xefe. A publicación finalmente sería intervida pola censura, e posteriormente, Marx tivo que marchar ao exilio.

O período de París

Funda en París a revista Anais franco-alemáns, da que foi director, aínda que durante pouco tempo xa que o goberno francés péchaa por presión do goberno prusiano. En 1844, en París, Marx coñece e traba amizade con Friedrich Engels, que se converterá no seu principal colaborador e ademais ofreceralle en múltiples ocasións apoio debido á penuria económica á que se ve sometida a súa familia dada a eventualidade dos seus ingresos. Tamén coñecerá en Francia a outros importantes pensadores socialistas da época tales como Pierre-Joseph Proudhon, Louis Blanc e Mijaíl Bakunin. Escribiu as súas reflexións teóricas desa época nunha serie de cadernos de traballo que póstumamente foron publicados como os "Manuscritos económicos e filosóficos". Por outra banda, o peso político dos seus artigos xornalísticos fíxolle gañar fama de revolucionario, o que provocou a súa expulsión de Francia.

O período de Bruxelas e do Manifesto

Establecido en Bruxelas, funda a Liga dos Comunistas, tras o cal se declara apátrida, ateo e revolucionario. Tras o período revolucionario de 1848 e a publicación do "Manifesto do Partido Comunista", en coautoría con Engels, trasládase a Colonia, onde organiza un novo diario, "Nova Gaceta Renana". A súa nova publicación alcanza un éxito inmediato, no contexto dunha época de forte sentimento social e compromiso revolucionario. En consecuencia, é prohibido polo goberno renano.

1

Page 2: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

O período de Londres e O Capital

É agora cando Marx se dedica á escritura dunha das súas obras fundamentais, "O Capital", que elabora nas salas de lectura do Museo Británico. O primeiro volume do Capital non verá a luz ata 1867, tras dezaoito anos de traballo.

Ademais, Marx participou na fundación e organización da Primeira Internacional (28 de setembro de 1864), coñecida como a Asociación Internacional de Traballadores (AIT), participando activamente nas discusións. A el encárgaselle a redacción do Chamamento inaugural da Internacional e participa na elaboración do seu estatuto e outros documentos.

Tras a derrota da Comuna de París de 1871, que significou un duro golpe para a Internacional, Marx retirouse da loita política e dedicouse á escritura. O 14 de marzo de 1883 faleceu en Londres.

Contexto histórico

Tras a derrota de Napoleón en 1815, os Estados vencedores propoñen volver ás teses do antigo Réxime onde este fose substituído por réximes liberais. Este movemento aglutinouse ao redor do Congreso de Viena, e especialmente, dos desexos do Imperio Austríaco e do seu primeiro ministro Metternich. Esta tendencia provocou a aparición de movementos revolucionarios en toda Europa,nos que se unía o liberalismo, as tendencias nacionalistas e os movementos proletarios.

En 1830 iniciase un proceso revolucionario, que tivo a súa orixe en Francia, onde provocou a caída do rei dando paso a unha monarquía liberal moderada. Este triunfo provocou accións similares en Bélxica, Polonia, Italia e a Confederación Xermánica. Axuntábanse tres obxectivos moi diferentes: a liberación dun país do dominio doutro (caso de Bélxica); o ascenso da burguesía ao poder político e a reivindicacións do proletariado.

Estas últimas apenas foron atendidas, e en todos estes países produciuse unha burguesía poderosa e industrial, que unía ao seu triunfo na revolución, unha riqueza crecente fundada na industria. Desde o punto de vista industrial, a primeira metade do século XIX supón a consolidación definitiva da Revolución Industrial, que supón á vez un crecemento inaudito na produción técnica e un empobrecimiento radical das clases obreiras.

Os beneficios só afectaron a un grupo reducido da poboación (os donos dos medios de produción), mentres que o proletariado viuse obrigado a vender a súa propia persoa nunhas condicións infamantes, para poder subsistir. Estes feitos van promover a unión dos obreiros para defender os seus intereses.

2

Page 3: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

O descontento dos sectores máis baixos da burguesía e o movemento obreiro provocan o último estalido revolucionario: o de 1848, no que Marx participa de forma activa (este ano publica o Manifesto do Partido comunista). Provocou a caída da monarquía liberal. Dun modo ou outro toda Europa viuse afectada por este movemento; aínda que tampouco supuxo un cambio radical, provocou a instauración en moitos países europeos de constitucións moderadas que foron aos poucos dirixíndose cara a sistemas democráticos, aínda que o sufraxio universal non apareceu como figura consolidada ata as portas mesmas do século XX.

Neste ambiente, a Internacional é un dos movementos que reivindica melloras cara á clase obreira.

No seo da Internacional destacáronse varios movementos: tendencias que pretendían permanecer dentro do sistema (socialismo democrático), actitudes que pretendían derrubar calquera forma de Estado (anarquismo de Bakunin) e posturas que querían derrubar o Estado de clases para construír outro no que quedasen eliminadas todo tipo de barreiras sociais. Este último movemento xorde do pensamento de Karl Marx (1818-1883) e do seu amigo Friedrich Engels (1820-1895).

Tópico 1- O significado da alienación en Marx e as súas formas.

a/ A alienación en Hegel.

O tema da alienación procedía de Hegel. Hegel era o filosofo alemán máis importante da súa época e Marx iniciou a súa formación estudando o sistema hegeliano.

Hegel era un filósofo idealista; a verdadeira realidade era a das ideas (o espírito, non a materia). Na cúspide do sistema estaba a idea absoluta ou Espírito absoluto, unha especie de Deus laico ao que se priva dos atributos do Deus cristián excepto do coñecemento. Para Hegel esta idea é a orixe e o ser de toda a realidade, pero inicialmente é inconsciente (non se coñece a si mesma). So pode tomar conciencia de si mesma exteriorizándose na materia (o mundo, a natureza); converténdose en algo alleo a si mesma (alienándose na realidade material, na natureza). O sistema hegeliano reconstrúe o proceso a través do cal a idea se vai coñecendo a si mesma ata facerse consciente. Este proceso é dialéctico, é dicir: basease na superación de todas as contradicións que van xurdindo a partir desta inicial separación (Espírito/Materia).

3

Page 4: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

b/ A alienación relixiosa en Feuerbach.

Ludwig Feuerbach é a figura máis importante da esquerda hegeliana. É moi crítico con Hegel: a filosofía hegeliana é unha concepción idealista que deforma e violenta a realidade; é unha teoloxía enmascarada. A filosofía de Feuerbach pretendía ser unha inversión total de Hegel.

O máis coñecido da filosofía de Feuerbach é a súa crítica da relixión. Nesta crítica replantexará o concepto de alienación.

Cando se afirma “Deus é omnipotente”, en realidade intúese que a especie humana é capaz de dominar á natureza (que é o home o que ten un enorme poder). Cando se afirma “Deus é omnisciente”, barrúntase que a especie humana non atopará barreiras ao seu coñecemento. Cando o cristián afirma que Deus é amor, está intuíndo en realidade que o vínculo afectivo entre os homes é o máis importante para estes. O cristianismo é para Feuerbach a relixión máis evolucionada, porque na crenza que a caracteriza, a saber, que Deus se fai home, está a piques de descubrir a esencia da relixión: o home mesmo. No cristianismo xa non hai máis Deus para o home que o home.

Pois ben, a tarefa da filosofía para Feuerbach consiste en superar a alienación relixiosa, devolvendo ao home o que é do home, co que a filosofía feuerbachiana postúlase como un humanismo.

A filosofía de Feuerbach, especialmente a súa crítica da relixión dogmática e a súa exaltación do home, alcanzou unha repercusión extraordinaria. Os hegelianos de esquerda, entre eles Marx e Engels, declaráronse entusiastas de Feuerbach.

c/ A alienación en Marx.

O concepto de alienación é adoptado por Marx sobre todo nos seus escritos xuvenís (Nos “Manuscritos de economía e Filosofía”) para describir a situación do traballador no réxime capitalista.

A alienación fundamental para Marx é a do traballador na sociedade capitalista. O traballo debería ser o ámbito da realización do home como home, pero na realidade, nas condicións do traballo asalariado, sucede todo o contrario.

O home crease a si mesmo transformando a natureza, ao traballar proxectase no produto do seu traballo; pon nos produtos do traballo algo do seu ser (a súa enerxía, o seu esforzo, a súa imaxinación, a súa intelixencia). No traballo a natureza queda humanizada.

Nos produtos do traballo o traballador debe atoparse a si mesmo (como o espírito se atopaba a si mesmo na natureza segundo Hegel). Pero na sociedade

4

Page 5: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

capitalista os produtos do traballo son considerados como algo distinto do traballador. Nela, o home vende a súa forza de traballo a outro (o patrón) e os produtos que nacen de este traballo asalariado non lle pertencen; resúltanlle alleos. O produto do traballo queda alienado.

A alienación no traballo ten, según Marx, estas catro dimensións:

1ª -A alienación do traballador con respecto ao produto do seu traballo.

O produto é a obxectivación do seu traballo, pero ao converterse en mercancía propiedade do capitalista, o produto aparece ante o traballador “como un ser estraño, como un poder independente”.

2ª -Con respecto á súa propia actividade.

O traballo, a actividade propiamente humana, convértese no réxime de explotación capitalista nunha actividade embrutecedora que destrúe a personalidade do traballador.

3ª -Con respecto á natureza.

A natureza, en lugar de ser o "corpo inorgánico" do home, algo no que se proxecta e que lle pertence, aparece ante o traballador como algo alleo, como propiedade doutro.

4ª -Con respecto aos outros homes.

As relacións entre os homes aparecen determinadas polo lugar que ocupan no sistema de produción.

O carácter radical da alienación económica promove outras formas de alienación, como son a alienación social (levantada sobre a división da sociedade en clases) e a alienación política (mediante a división entre “sociedade” e “estado”). Estas formas de alienación xustifícanse a gracias á alienación ideolóxica, que tende a xustificar a situación actual. Estas formas de alienación teñen as súas últimas ramificacións e completan a situación alienada da existencia humana e da conciencia “ideolóxica” que a acompaña, en dúas últimas formas: a alienación relixiosa e a alienación filosófica. A relixión, que non é constitutiva do home, está en estreita relación coa organización económico-social-política, prestándolle unha xustificación ideolóxica e estabilidade, xa que a liberación que a relixión propón non o é neste mundo e non se leva a cabo mediante a transformación da estrutura social. A relixión é unha forma de alienación cuxos carácteres son a resignación, a xustificación transcendente da inxustiza social e a compensación no ceo da sociedade opresiva. A raíz da relixión é a miseria e o desgarramento da vida social. A filosofía, como conxunto de representacións e ideas, tamén constitúe unha forma de alienación (función ideolóxica), e iso porque só interpreta a realidade, e porque a interpreta falsamente.

5

Page 6: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

Pois ben, para Marx o modo de superación de todas as formas de alienación consistirá na revolución das condicións do traballo alienado mediante a supresión da propiedade privada e da sociedade de clases.

d/ O concepto de ideoloxía.

O concepto de IDEOLOXÍA está intimamente ligado á temática da alienación:

A función da ideoloxía consiste en xustificar e preservar a orde social existente. Así como no plano das relacións materiais o sistema cristaliza na formación dunha clase social dominante, propietaria dos medios de produción e da riqueza social, do mesmo xeito, e como expresión e lexitimación daquel dominio, constitúese unha ideoloxía dominante:

As ideas dominantes non son outra cousa que a expresión ideal das relacións materiais dominantes, as mesmas relacións dominantes concibidas como ideas; as relacións que fan dunha determinada clase a clase dominante son tamén as que confiren o papel dominante ás súas ideas.

Os mitos, as relixións, as ideas morais e políticas desempeñan esta función de enmascaramento. Por exemplo, o Estado e a sociedade producen a relixión, que é unha conciencia invertida do mundo. As ideas relixiosas compensan mentalmente do defectuoso da realidade; reconstrúe na mente unha solución coherente que está máis aló do mundo real, para disimular as contradicións do mesmo. Igualmente, na sociedade burguesa a ideoloxía dominante da liberdade e da igualdade encobre as relacións de dominio e as desigualdades sociais.

Os supostos da noción marxista de "ideoloxía" son:

1º/ que a realidade (e fundamentalmente a orde económica) determina a conciencia e non ao revés (como cre o idealismo). este suposto é o do determinismo económico.

2º/ que a conciencia é historicamente "falsa conciencia" ou "conciencia invertida”, pois o que se presenta nela como un mundo obxectivo ou verdadeiro, non é máis que o que convén aos intereses da clase social dominante. esta tese é a da loita de clases, levada á orde das ideas e crenzas.

Á ideoloxía opóñense no pensamento de Marx a ciencia (o descubrimento científico das verdadeiras relacións sociais) e a conciencia de clase, é dicir, a toma de conciencia nas clases dominadas da existencia dunha opresión ideolóxica.

6

Page 7: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

Tópico 2

Materialismo e dialéctica na base do materialismo histórico.

a) Materialismo

O materialismo é a teoría filosófica para a cal a totalidade da realidade pode explicarse en termos de materia en movemento.

Como teoría filosófica, o materialismo oponse:

- ao idealismo, para o que o único verdadeiramente real é o espírito e as ideas (Platón, Hegel...)

- ao espiritualismo que considera imposible reducir o espírito a materia (Descartes...).

O materialismo afirma que só existen sustancias corpóreas, que o mundo natural pode explicarse a partir de si mesmo, sen referencia algunha a un principio explicativo exterior como Deus. O materialismo defende o ateísmo e considera que a vida anímica, a conduta humana non son manifestacións dunha suposta substancia espiritual ou alma senón do corpo, particularmente do cerebro.

Ao longo da historia da filosofía atopamos diversos tipos de materialismos, desde o materialismo dos atomistas gregos ata o materialismo do século XX consecuencia da primacía da ciencia. No século XVIII moitos dos enciclopedistas defenden teses materialistas. En Alemaña os sistemas idealistas, desde Kant ata Hegel rexeitaron o materialismo, pero tras a morte deste último, co desenvolvemento das ciencias naturais, e de modo destacado a partir do evolucionismo de Darwin, prolifera de novo o materialismo. Marx acepta o materialismo influído particularmente por Feuerbach.

b) Dialéctica

En Marx este termo designa tanto o peculiar proceso co que se desenvolve a sociedade ao longo da súa propia historia como o modo en que se debe pensar para captar adecuadamente devandito proceso.

Etimoloxicamente significa "arte de conversar": de "día", intercambio, e "logos", palabra, discurso. Este concepto non é unha invención de Marx, nin sequera de Hegel, pois xa a atopamos na filosofía grega aínda que cun sentido moi distinto. No mundo grego a dialéctica era a arte de discutir e opúñase á "retórica" ou arte que ensinaba a falar ben ante un auditorio. Neste primeiro momento a dialéctica situábase no nivel do discurso: por exemplo, Sócrates practicaba a arte da

7

Page 8: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

dialéctica (o diálogo) cos seus discípulos para axudarlles a alcanzar as esencias das cousas.

Con Hegel o concepto "dialéctica" adquire un significado máis rico e importante. A dialéctica segue sendo un modo peculiar de proceder da razón, pero, dado que a realidade é entendida como racional, tamén un peculiar modo de desenvolverse a realidade.

Hegel considera que a Idea ou Espírito se realiza no mundo finito (crea o mundo finito) a partir do seu propio ser a través dun proceso dialéctico.

Podemos caracterizar a dialéctica como a teoría que acepta:

1) O cambio: a diferenza doutros modos de entender as cousas que identifican o ser co permanente, a concepción dialéctica concibe ao movemento como unha das categorías fundamentais do ser, a realidade está sometida ao devir e a historia, polo que quen non sexa capaz de captar un obxecto en termos da súa construción histórica, do seu modo de formarse a través do tempo, non comprenderá ben o seu obxecto.

2) A contradición: o cambio ten a súa orixe na existencia de contradicións no seo mesmo das cousas; a realidade é o ámbito onde se dá o conflito, o enfrontamento, e iso tanto na Natureza como no mundo humano ou historia propiamente dita. Esta idea, traducida en termos de teoría política, implica comprender como as distintas construcións sociais son consecuencia do conflito entre clases sociais antagónicas.

3) Racionalidade do cambio: o cambio non é un movemento caótico, desordenado, senón que segue unha lei, unha racionalidade; hai unha orde racional no desenvolvemento da realidade.

O esquema máis abstracto de todo cambio é o de tese, antítese e síntese:

tese: ou momento de afirmación dunha realidade;

antítese: ou momento de negación da realidade anterior;

síntese: ou momento de integración das dúas realidades contraditorias anteriores; esta síntese é, á súa vez, unha tese nova que dá lugar a outra antítese, a cal dá lugar a unha síntese nova, etc.

(Os termos "tese", "antítese", "síntese" atópanse máis na filosofía hegeliana e o idealismo alemán que nos textos de Marx e Engels, quen prefiren os termos "afirmación", "negación" e "negación da negación").

8

Page 9: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

4) Interpretación non fragmentaria da realidade: as cousas son o que son na medida en que forman parte de todos máis amplos, na medida en que participan de relacións co todo; cada obxecto real é un caso particular ou momento do todo. Hegel describe este trazo indicando que "o verdadeiro é o todo". Esta idea reflíctese na primacía que o marxismo dá á sociedade e ao Estado sobre o individuo, na comprensión do individuo a partir das súas relacións sociais.

Pero de todas as características citadas, a máis importante é a da contradición: para a dialéctica a contradición, o enfrontamento entre opostos, é unha dimensión fundamental da realidade. Neste punto, tanto Hegel como Marx recoñecerán un antecedente na idea heracliteana da "guerra", é dicir, a oposición dos contrarios, como "o pai de todas as cousas", a esencia íntima do ser.

As diferenzas fundamentais entre a concepción da dialéctica marxiana e a hegeliana son as seguintes:

a/ Para Hegel o suxeito da dialéctica é a Idea ou Deus, para Marx o mundo finito, a Natureza, e o mundo humano;

b/ Para Hegel o momento da negación da negación (a síntese) inclúe no seu interior os momentos anteriores (a tese e a antítese), para Marx a negación da negación non leva necesariamente a iso; Marx sinala máis ben o momento de contradición, de enfrontamento entre elementos opostos, e a súa capacidade para promover o cambio. A proba de que este momento de síntese non recolle os termos antitéticos é que na sociedade comunista as clases sociais desaparecen, non se mantén no seu seo ningunha das clases antagónicas.

A concepción Materialista da historia que presenta Marx está baseada nestes dous conceptos:

- Será unha concepción materialista, pois non contemplará elementos espirituais como desencadeantes do cambio histórico.

- Será dialéctica pois terá que ser descrita a través da historia e resolución dos conflitos internos da sociedade.

Pero a dialéctica non terá xa a forma que lle asigna Hegel, pois para el é un movemento de puro pensamento; de desenvolvemento lóxico das ideas mentres que para Marx é o desenvolvemento efectivo dos conflitos na realidade social empírica.

9

Page 10: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

Tópico 3

O materialismo histórico.

A filosofía de Marx coñécese tamén como “materialismo histórico”. O adxectivo “histórico” distingue o materialismo de Marx dos materialismos anteriores, os cales, incluído o de Feuerbach, non alcanzan, segundo Marx, a explicar o ser do home no esencial, que é o seu carácter práctico, a actividade de transformación da natureza, o traballo.

O materialismo histórico aporta a visión de Marx sobre o cambio histórico.

A historia da humanidade consiste esencialmente nas diversas formas que adopta o traballo na súa progresiva evolución. O desenvolvemento da técnica é o aspecto básico do proceso, determinando as relacións que os homes establecen entre si, chamadas relacións sociais de produción. Na produción social da súa existencia os homes entran en determinadas relacións, que corresponden á división social propia do estadio do desenvolvemento das forzas produtivas. Estas relacións á súa vez determinan as ordes superiores da sociedade: o sistema xurídico-político, as formas de conciencia, as ideoloxías, etc..

Non é a conciencia o que determina ao ser, senón ao revés, o ser (material) o que determina á conciencia. A conciencia está en función da realidade, e esta realidade consiste no desenvolvemento histórico do plano económico.

Os modos de produción na historia.

A tensión dialéctica entre relacións de produción e desenvolvemento das forzas produtivas queda recollida no concepto de “modo de produción”. Marx establece un proceso na formación económica da sociedade, considerando unha serie de etapas caracterizadas por un determinado modo de produción. Así, os modos de produción que historicamente se sucederon na historia son:

a) O da comunidade primitiva: a base do réxime de produción do colectivismo primitivo é a propiedade social. Os medios de traballo e os produtos obtidos pertencían ao colectivo social.

b) O do réxime escravista: as relacións sociais eran de dominio e sometemento. O axente propietario exercía un dominio completo sobre as forzas produtivas. O escravo é un mero instrumento do amo. Este é o propietario dos medios de produción e do produtor (escravo).

10

Page 11: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

c) O do réxime feudal: as relacións sociais son similares ás do modo escravista. Propiedade completa sobre os medios (a terra) e, en parte, sobre o traballador. O contrato de servidume feudal estipula que o servo debe traballar un determinado número de días para o señor a cambio dunha parcela de terra para cultivar, que nunca é súa e á que está ligado, sen liberdade de traslados.

d) O do réxime capitalista: o traballador é xuridicamente libre, pero a súa base é a propiedade privada dos medios de produción, en mans do capital. A única propiedade do traballador é a súa forza de traballo, que ten que vender como unha mercancía.

A loita de clases.

O proceso histórico está animado pola loita de clases. A manifestación máis intensa desta loita é a revolución social.

A historia é a historia da loita de clases, pero esta historia termina coa revolución comunista. O comunismo chegará, segundo Marx, de modo inexorable, como consecuencia do capitalismo, que haberá de estalar polas súas propias contradicións. A sociedade burguesa capitalista crea as condicións materiais que serán a base para unha forma superior de sociedade. O capitalismo, movido polo afán de beneficio e pola universalización do mercado, leva ao máximo o desenvolvemento da produción e a súa socialización. As contradicións de clase simplifícanse: a tendencia á acumulación de capital en poucas mans (o feito do monopolio: o grande cómese ao pequeno) destrúe ás clases medias (a “pequena burguesía”), e as clases redúcense á “gran burguesía” e ao “proletariado”. A sociedade capitalista é a máis progresista no aspecto produtivo, pero tamén a menos igualitaria, xa que as igualdades proclamadas nela son meramente formais. Aumentan á vez a riqueza e a miseria, a racionalización e o caos. As contradicións internas agudizan as crises periódicas de superprodución, que provocan guerras como modo de drenar a forza acumulada. Estas crises internas e as propias forzas do proletariado espoleadas pola toma de conciencia (conciencia de clase) da súa situación carrexarán a revolución comunista, segundo vaticinaba Marx.

O tránsito do Capitalismo ao Comunismo.

Marx opúxose ao que el chamaba “socialismo utópico”, é dicir, ás primeiras formas de colectivismo -ligado aos teóricos Saint-Simon, Fourier e Owen- que se deron no período comprendido entre as guerras napoleónicas e as revolucións de 1848.

Marx critica este socialismo utópico no “Manifesto comunista”. Designouse como utópico no uso marxista do termo a actitude de imaxinar a posibilidade dunha transformación social total que supuxese a eliminación do individualismo, da

11

Page 12: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

competencia e da propiedade privada, sen o recoñecemento da necesidade da loita de clases e do papel revolucionario do proletariado na realización do proceso.

O paso ao comunismo habería de facerse, segundo Marx, non a través da creación de comunas obreiras dentro da orde xeral, senón a través da revolución proletaria, a toma polo proletariado do Estado burgués para destruír desde dentro os mecanismos de dominio da gran burguesía.

É o primeiro momento da revolución, a famosa “ditadura do proletariado”, que habería de dar lugar máis tarde á supresión do Estado como aparello político. Para Marx o Estado é o instrumento político que a clase dominante utiliza para estender o seu dominio a toda a sociedade, de modo que se volve inútil cando o que chega ao poder é o proletariado, o cal non representa ningún interese de clase unilateral, senón o interese universal do xénero humano, polo mesmo que o proletariado é a humanidade enteira (ou case) oprimida.

Este é o aspecto máis débil da teoría marxista: a identificación entre o proletario e toda a humanidade non se viu confirmada nin pola revolución comunista soviética, que prolongou indefinidamente a etapa da ditadura do proletariado, nin pola evolución do capitalismo, que non eliminou as clases medias, senón, ao contrario, xeneralizounas.

Segundo Marx, trala ditadura do proletariado suprímese o Estado e chégase á sociedade sen clases. O comunismo, a socialización completa dos medios e produtos do proceso produtivo (recordemos que a propiedade privada era a gran contradición do capitalismo), será xa a sociedade sen clases, sen explotación duns homes por outros. A transformación revolucionaria do proletariado rompe a cadea dos desfases entre forzas produtivas e relacións de produción, cuxa harmonía equivale en Marx á sociedade perfecta.

O poder sobre as persoas sería substituído pola administración racional das cousas e todas as alienacións serían superadas(non habería ideoloxía):

“En substitución da antiga sociedade burguesa, coas súas clases e os seus antagonismos de clase, xurdirá unha asociación en que o libre desenvolvemento de cada un será a condición do libre desenvolvemento de todos".

K. Marx e F. Engels: “Manifesto do partido comunista”

Observemos, para finalizar, que a superación do capitalismo é resultado do desenvolvemento mesmo deste xeito de produción, pero o xeito e o tempo en que se produza dependen en boa parte da conciencia que os homes teñan da súa urxencia e da súa necesidade. Marx é consciente da importancia da toma de conciencia do movemento obreiro para a superación das contradicións do sistema.

12

Page 13: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

Tópico 4

A crítica da economía política capitalista

A/ A “economía política” inglesa

Como doutrina con pretensión científica, a EP. xorde no século XVIII, sobre todo na obra de Adam Smith (1723-1790). Os primeiros impulsores da ciencia económica postulan a existencia dun orde natural e xusto dos fenómenos económicos, orde que se manifesta alí onde estes son abandonados a si mesmos. Basta con estender ao máximo a liberdade económica para que esa orde natural apareza espontaneamente na sociedade civil. Conseguintemente, a máxima fundamental da política económica debe ser a de deixala camiñar por si mesma: “laisser faire” (deixar facer) foi o lema que os economistas burgueses do século XVIII opuxeron a todos os obstáculos do ordenamento -aínda en parte medieval nesta época- das actividades económicas. Segundo esta doutrina, os homes, empuxados polo egoísmo natural, tenden a obrar conforme ao seu verdadeiro interese, e ao facelo así non só realizan o seu beneficio privado senón tamén o ben público. A orde natural garante a coincidencia entre o interese particular e o xeral. A coincidencia destes dous intereses é o principio clásico do liberalismo económico, do que Adam Smith enuncia as esixencias fundamentais:

1ª/ A negación de toda intervención económica do Estado.

2ª/ O recoñecemento do mercado como a gran forza reguladora dos valores económicos.

B/ A crítica da Economía Política dende a postura humanista das primeiras obras de Marx.

Marx aborda por primeira vez a crítica da economía política (C.E.P, a partir de agora) nos “Manuscritos” (1844), unha obra de mocidade, borrador dun gran proxecto crítico do que vería a luz en vida de Marx “O Capital”(1867).

A tese fundamental dos manuscritos é que as condicións do traballo asalariado no capitalismo representan unha alienación do traballador como home. Neste primeiro Marx a C.E.P. ten o carácter dunha denuncia a partir dun proxecto humanista de emancipación, desde o cal se reprocha á E.P. burguesa o ocultar a alienación do home no sistema capitalista e o presentar este modo de produción como necesario e acorde coa natureza do home.

13

Page 14: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

Marx mostrou pronto a súa oposición a aquela suposta ciencia que, na súa opinión, presenta as condicións históricas do réxime capitalista como condicións eternas, non explica o proceso histórico que as fixo nacer e trata as relacións entre os homes como relacións entre cousas, ocultando a situación de explotación duns homes por outros. Marx ve na E.P. burguesa unha construción ideolóxica que oculta a dinámica histórica e a alienación radical do home no sistema capitalista.

C/ A creación dunha teoría económica.

A medida que foi madurando, Marx foi tomando conciencia de que a crítica do sistema capitalista non podía sustentarse unicamente nunha posición filosófica humanista e de que tal crítica tiña que expresarse nos propios termos da economía política científica, é dicir, formularse nos termos dunha teoría económica.

Esta convicción foi o que fixo que Marx pasase do humanismo ético ou filosófico da súa mocidade á actitude científica da súa madurez, e que o marxismo se convertese fundamentalmente nunha teoría económica.

Marx céntrase no estudo científico do capitalismo, para o que tiña que entrar a fondo na Economía Política; e farao coa teoría do valor.

O marxismo non pretende ser unha nova escola de economía política, senón unha crítica de toda economía política “positivista”, entendendo por tal toda economía política que parte dos “feitos” da experiencia burguesa, na que as relacións entre os homes toman a forma de relacións entre cousas.

Ao introducir na análise ao traballador (e non soamente o traballo abstracto como fai o capitalista nas súas contas de resultados), Marx transforma a ciencia económica dunha ciencia que trata de cousas (de mercancías, da súa produción, do seu intercambio) nunha ciencia que trata de relacións entre seres humanos. Pasa da aparencia (intercambio de cousas) á esencia (relacións humanas subxacentes a ese intercambio). A este fin, a doutrina marxista introduce as nocións que permiten poñer en claro o momento especificamente humano do proceso económico: o traballador, o fetichismo da mercancía, a alienación do home, etc.

D/ A teoría do valor.

En modos de produción anteriores ao capitalismo (escravismo, feudalismo) os mecanismos de explotación dos traballadores son obvios. En cambio, no capitalismo, onde os homes son formalmente libres (en realidade o traballador só é libre para vender a súa forza de traballo) e onde a mercancía se intercambia libremente no mercado, a explicación do mecanismo de explotación é máis complexa. Marx necesita construír unha teoría desta explotación en termos económicos e faino a partir da teoría do valor-traballo.

En todo produto de traballo pódese distinguir o valor de uso e o valor de cambio. O valor de uso reflexa as características que fan a un produto capaz de

14

Page 15: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

satisfacer necesidades humanas, sexan estas calesqueira. O valor de cambio é o que toda mercancía ten en común coas outras mercancías e polo cal pode ser cambiada por calquera outra.

Marx intenta explicar o valor de cambio da mercancía a partir dunha calidade obxectiva da mesma e atópaa na cantidade de traballo necesaria para a súa produción.

O único que teñen en común todas as mercancías é que son produtos do traballo e isto é o que fai posible que as sexan intercambiables. O valor de cambio, expresado en diñeiro, depende da cantidade de traballo necesaria para producir a mercancía e non do valor de uso, o cal, aínda que é unha condición necesaria para que un produto entre en intercambio, non garda ningunha relación sistemática co valor de cambio.

Pois ben, se o traballo é a verdadeira fonte do valor, o exercicio da forza de traballo debería ser a única forma de adquirir un dereito sobre o produto do mesmo, e se os capitalistas se apropian dunha parte do valor xerado (plusvalía), esa apropiación implica, por definición, unha explotación dos traballadores baseada nunha forma de coerción. Esta coerción consiste fundamentalmente na propiedade privada dos medios de produción, sancionada polas institucións do Estado, as cales están ao servizo do sistema de explotación. Os traballadores vense obrigados para sobrevivir a vender a súa forza de traballo como unha mercancía. O que o capitalista paga pola forza de traballo é o que paga por calquera outra mercancía no mercado, é dicir, o traballo necesario para a súa reprodución, que neste caso consiste no valor dos bens de consumo que o traballador require para o seu mantemento. O salario (o prezo que o capitalista paga pola mercancía “traballo”) tende a ser de subsistencia, o xusto para que o traballador siga traballando.

A posición de forza dos capitalistas permítelles obter da forza de traballo adquirida unha cantidade de traballo que non retribúen: é a apropiación da plusvalía. A suposta produtividade do capital consiste na súa capacidade (coactiva) para obter traballo non retribuído. O beneficio capitalista ten a súa orixe, xa que logo, nunha expropiación do traballo.

E/ O fetichismo da mercancía.

Nas aparencias, o que levamos dito queda oculto polos fenómenos dos prezos e os beneficios. A mercancía preséntase coma se tivese valor por si mesma, á marxe do traballo, un valor adquirido maxicamente no mercado. Nisto consiste o fetichismo da mercancía, estendido na sociedade capitalista.

O capital, que non é outra cousa que tempo de traballo acumulado, preséntase como unha fonte de riqueza.

15

Page 16: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

F/ Traballo e relacións de produción.

Marx considerou como a súa maior contribución á ciencia económica a súa análise do proceso de traballo na sociedade capitalista. Ao poñer en primeiro plano esta análise Marx pretende introducir categorías especificamente humanas que permitan dar conta da alienación e explotación do home, contra o ocultamento que a economía política fai das condicións de vida reais dos traballadores baixo o sistema económico.

G/ Distinción entre traballo e forza de traballo

O traballo é a actividade humana de transformación da natureza. O desenvolvemento histórico do mesmo é o motor das transformacións sociais. Como vimos na teoría do valor, o traballo é a verdadeira fonte do valor de cambio das mercancías. A forza de traballo é a alienación do traballo humano en mercancía. O capitalismo trata ao traballador como unha mercancía máis. Ao venderse como unha mercancía, o traballador aliena o seu traballo (e o valor que produce) e realiza o seu valor de cambio (ao prezo do que custa a súa subsistencia). Ao alienar o seu traballo, sendo que a esencia humana consiste na actividade do traballo, o traballador alienase a si mesmo.

H/ A estrutura e a superestrutura.

A estrutura económica constitúe a base real da sociedade. Tal estrutura está constituída polas relacións de produción, que son as relacións que se establecen entre os homes de acordo coa súa situación respecto das forzas produtivas. Xuridicamente exprésanse polas relacións de propiedade. No sistema capitalista, a burguesía posúe os medios de produción, e o traballador só posúe a forza de traballo (relacións distintas nun réxime de escravitude ou servidume).

As forzas produtiva comprende o traballo (ou “forza de traballo“) e os medios de produción. As forzas produtivas móvense dentro do marco formado polas relacións de produción.

A estrutura económica determina ou condiciona unha superestrutura constituída polas formas de conciencia ou formas ideolóxicas, que non son senón o conxunto de representacións (ideas, imaxes, símbolos, mitos…) e valores da sociedade nun momento dado. A ideoloxía dominante en cada momento corresponde á ideoloxía da clase dominante. Como tal, tende a xustificar a estrutura económica do momento.

A relación entre estrutura e superestrutura ideolóxica prestouse a numerosos malentendidos. Con todo, parece que Marx fala só de “determinación” (”a realidade social determina a conciencia”) ou “condicionamento”, non de produción causal, que hai unha acción recíproca entre estrutura e superestrutura, aínda que a estrutura exerce unha determinación máis forte.

16

Page 17: arl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia … · Web viewBiografía. Karl Marx foi o terceiro de sete fillos dunha familia xudía de clase media. O seu pai era descendente

17