Arquitectura ordenador e memoria

3
TEMA 2: HARDWARE E SOFTWARE 1. HARDWARE O hardware é o parte físico ou "dura" dos ordenadores. Hardware é todo aquilo que podemos ver e tocar, é dicir: A carcasa do ordenador, a pantalla, o teclado, as impresoras, o escáner, a placa base, o procesador, os cables, etc... 1.1. ARQUITECTURA DUN ORDENADOR O hardware dun ordenador está constituída, basicamente, pola Unidade Central de Proceso (CPU), que se encarga de procesar os datos; a memoria, que almacena a información, e os periféricos de entrada/saída, que permiten o intercambio de datos ou información co exterior, así como o seu almacenamento. a. UNIDADE CENTRAL DE PROCESO Dentro da unidade central hai varios compoñentes. O primeiro deles é a placa base, que é onde está situado o microprocesador, as memorias e os circuítos que controlan os periféricos. - Unidade Central de Proceso (CPU) ou procesador: actualmente todos os procesadores están construídos con circuítos integrados en chips. De aí que reciban o nome de microprocesador (μp). Está composto por unha unidade de control (UC) e outra de procesamento (ALU), máis un conxunto de rexistros. - A Unidade de Control (UC) constitúe o verdadeiro cerebro do ordenador, pois é a que controla e coordina aos restantes compoñentes do ordenador para a execución das instrucións.

Transcript of Arquitectura ordenador e memoria

TEMA 2: HARDWARE E SOFTWARE

1. HARDWARE O hardware é o parte físico ou "dura" dos ordenadores. Hardware é todo aquilo que podemos ver e tocar, é dicir: A carcasa do ordenador, a pantalla, o teclado, as impresoras, o escáner, a placa base, o procesador, os cables, etc... 1.1. ARQUITECTURA DUN ORDENADOR O hardware dun ordenador está constituída, basicamente, pola Unidade Central de Proceso (CPU), que se encarga de procesar os datos; a memoria, que almacena a información, e os periféricos de entrada/saída, que permiten o intercambio de datos ou información co exterior, así como o seu almacenamento.

a. UNIDADE CENTRAL DE PROCESO Dentro da unidade central hai varios compoñentes. O primeiro deles é a placa base, que é onde está situado o microprocesador, as memorias e os circuítos que controlan os periféricos.

- Unidade Central de Proceso (CPU) ou procesador : actualmente todos os procesadores están construídos con circuítos integrados en chips. De aí que reciban o nome de microprocesador (µp). Está composto por unha unidade de control (UC) e outra de procesamento (ALU), máis un conxunto de rexistros. - A Unidade de Control (UC) constitúe o verdadeiro cerebro do ordenador, pois é a que controla e coordina aos restantes compoñentes do ordenador para a execución das instrucións.

- A Unidade Aritmético-lóxica (ALU) é a encargada de realizar as operacións aritméticas (suma, resta, multiplicación, división) e operacións lóxicas (maior, menor, maior igual, menor igual, igual, distinto). - Rexistros: son memorias pequenas e moi rápidas situadas no procesador.

b. MEMORIA Outros compoñentes son as unidades de almacenamento masivo ou memoria auxiliar, que permiten que a información que proporciona o ordenador poida ser almacenada de modo que non se perda. A Memoria Interna é o subsistema no que residen os programas en execución e os datos. O acceso aos datos ou instrucións desta memoria é moi rápido, contén a maior parte das instrucións e datos do programa que se está a executar. Como contrapartida, o tamaño é moi limitado (cara e volátil). Tipos de memoria interna:

- De lectura e escritura ou RAM (Random Access Memory): é unha memoria de acceso aleatorio porque o usuario e os seus programas poden acceder a ela a calquera posición. É unha memoria na que se pode ler e escribir información, é volátil e de rápido acceso. - De só lectura ou ROM (Read Only Memory): É unha memoria de só lectura. Nela almacénanse os programas ou datos de grande interese de forma permanente. Quizais o máis importante sexa o BIOS (Basic Input Output System, Sistema básico de E/S) que contén os programas básicos que controlan todas as entradas e saídas de datos do computador. Non se pode escribir sobre ela e non necesitan ningún tipo de enerxía para manter gravada a información. Son memorias non volátiles. É máis lenta que a RAM.

A Memoria Masiva , externa ou secundaria está formada por dispositivos que permiten almacenar grande cantidade de información de forma permanente. Como contrapartida, o tempo de acceso aos datos e programas adoita ser bastante máis elevado que aos datos e programas situados en memoria principal. A memoria masiva ou auxiliar ou externa trata de suplir os problemas que presenta a memoria RAM (o seu relativa pouca capacidade e a información bórrase se se interrompe a alimentación de enerxía eléctrica). As unidades de almacenamento masivo son os dispositivos que permiten gardar a información proporcionada por un ordenador para o seu uso posterior, de modo que sempre sexa accesible para cando se desexe volver utilizala. Dependendo da tecnoloxía que utilicen para gravar a información, os dispositivos clasifícanse en: - Magnéticos: a información grávase por polarización dun material magnético, por exemplo: disco duro, disquete, discos zip e jazz, fitas magnéticas ou streamer, handydrive.

- Ópticos: utilizan a tecnoloxía láser para gravar a información en forma dixital, por exemplo: cd-rom, dvd. - Baseados en memoria flash: manteñen os datos almacenados aínda que se remate a batería, a vida dunha memoria flash non é indefinida, entre 100.000 e 1.000.000 as veces que se poderá gravan información nela, por exemplo: mp3, pen memory, pccard, tarxetas de memoria. - Magneto-ópticos: combinan ambas as dúas tecnoloxías.

CUESTIONARIO 1. É a memoria ¿hardware ou software? 2. ¿Como se chama as unidades das que está composto o microprocesador? 3. ¿Que é a U.C.? 4. ¿Que é a ALU? 5. Diferenzas entre RAM e ROM 6. ¿Que tipos de tecnoloxía coñeces para almacenar a información? 7. Enuncia características dos disquetes