ARRAIANOS PRIMAVERA

84
ARRAIANOS PRIMAVERA XANELA ARRAIANA LIMIAR A RAIA ESCRITA DOUS CABALEIROS ARRAIANOS Antón Riveiro Coello José Viale Moutinho IMPOSTO ARRAIANO M CRORELATOS FILMOTECA ARRAIANA A O MEMORIAS DE CELANOVA II LETRAS GALEGAS MANUEL LUGRÍS CURROS ENRÍQUEZ A TORRE DE VILANOVA DOS INFANTES MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA AS CAMPÁS DO VAL DO DEVA BANDEIRAS ARRAIANAS HISTORIA MEDIEVAL ARRAIANOS E OUTROS ASUNTOS A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO RECOMENDACIÓNS LITERARIAS ·EDICIÓN ASOCIACIÓN ARRAIANOS·COORDINADOR ASER ÁLVAREZ·COMPOSICIÓN ANDREA LÓPEZ·DESEÑO PORTADA BALDO RAMOS· ·ILUSTRACIÓNS ÓSCAR CANAL·IMPRESIÓN&FOTOMECÁNICA IMPRENTA CELANOVA E UNIDIXITAL· [email protected] www.arraianos.com www.cadernoarraiano.blogspot.com ISSN·1698-9953 Depósito legal· OU-2/05 ANO DA A MEMOR RIA RRA AIANOS S I

Transcript of ARRAIANOS PRIMAVERA

Page 1: ARRAIANOS PRIMAVERA

AARRRRAAIIAANNOOSS��PPRRIIMMAAVVEERRAA ��������

�� XXAANNEELLAA AARRRRAAIIAANNAA

�� LLIIMMIIAARR

�� A RAIA ESCRITA DDOOUUSS CCAABBAALLEEIIRROOSS AARRRRAAIIAANNOOSS Antón Riveiro Coello� José Viale Moutinho

�� IIMMPPOOSSTTOO AARRRRAAIIAANNOO

�� MM CCRROORREELLAATTOOSS

�� FFIILLMMOOTTEECCAA AARRRRAAIIAANNAA

���� AA �� OO

���� MMEEMMOORRIIAASS DDEE CCEELLAANNOOVVAA IIII

���� LLEETTRRAASS GGAALLEEGGAASS ���������� MMAANNUUEELL LLUUGGRRÍÍSS

���� CCUURRRROOSS EENNRRÍÍQQUUEEZZ

���� AA TTOORRRREE DDEE VVIILLAANNOOVVAA DDOOSS IINNFFAANNTTEESS

���� MMIINNEERRÍÍAA EE CCAARRBBÓÓNN NNAA RRAAIIAA SSEECCAA

���� AASS CCAAMMPPÁÁSS DDOO VVAALL DDOO DDEEVVAA

�� BBAANNDDEEIIRRAASS AARRRRAAIIAANNAASS

���� HHIISSTTOORRIIAA MMEEDDIIEEVVAALL

���� AARRRRAAIIAANNOOSS EE OOUUTTRROOSS AASSUUNNTTOOSS

���� AA MMAALLDDIICCIIÓÓNN DDOO EENNCCOORROO NNAA MMEEMMOORRIIAA OORRAALL

���� MMAASSCCAARRAADDAASS NNOO IINNVVEERRNNOO AARRRRAAIIAANNOO

�� RREECCOOMMEENNDDAACCIIÓÓNNSS LLIITTEERRAARRIIAASS

·EDICIÓN ASOCIACIÓN ARRAIANOS·COORDINADOR ASER ÁLVAREZ·COMPOSICIÓN ANDREA LÓPEZ·DESEÑO PORTADA BALDO RAMOS··ILUSTRACIÓNS ÓSCAR CANAL·IMPRESIÓN&FOTOMECÁNICA IMPRENTA CELANOVA E UNIDIXITAL·

arraianos@arraianos.comwww.arraianos.comwww.cadernoarraiano.blogspot.com

ISSN·1698-9953Depósito legal· OU-2/05

AANNOO DDAA MMEEMMOORRIIAARRRRAAIIAANNOOSS

II

Page 2: ARRAIANOS PRIMAVERA

2 ARRAIANOS/ XANELA ARRAIANA / primavera 06

X A N E L A A R R A I A N A

ANDREIA

Page 3: ARRAIANOS PRIMAVERA

O POBO QUERE PAN E CIRCO: A NACIÓN, SÍMBOLO E RITUAL

A investigadora norteamericana Heath Dillard descubriu que no século XIII oVal do Limia encheuse de delincuentes e criminosos, que onda nós acabaron, acolleitos áimpunidade de que nos forneceron as cartas forais. Pouco despois, unha expedición decastigo tentou pór final, a sangue e lume, a tales desmanes.

Desde aquela, a historia da República dos Arraianos non é máis que un deve-cer constante. Cidadáns abandonados á súa propia sorte, cidadáns pobres en terras fartas.Cidadáns que pagan tributos como calquera dos máis favorecidos noutras latitudes.Cidadáns que crían fillos para traballaren lonxe…

No entanto, os arraianos estamos afeitos a ollar para frente, ao lonxe. Xosé I Bonaparte, que mal reinou en Galiza seis meses, e nunca onda nós, tróu-

xonos o caramelo envelenado dunha nova división territorial. Os señores feudais, quenon dubidaron en acirrar os paisanos contra o demo francés, logo se decataron das per-versas vantaxes da “provincia”.

E de vagariño, silandeiramente, tornáronse caciques constitucionais. Nós, que nos rebelamos no século IX contra os pseudo-reis {galaico}leoneses. Nós, que gozamos durante seis séculos de sagrados dereitos forais en Entrimo,

Lobeira e Couto Misto.Nós, que tratamos a monarquía por tu, xuramentándonos na legalidade con-

tractual e biunívoca do refrendo foral. Nós, de vagariño, silandeiramente, tornámonos “ourensáns” {¿?}.Mais os arraianos continuamos a procurar espazo. O noso brumoso país é un

monumento ao fracaso do estado, español e portugués; estados que non souberon garan-tir, nin que só for minimamente, condicións de vida dignas, paz, seguridade persoal epública, dereito á igualdade ou mesmo á propia identidade. E como persoas civilizadasque somos, temos saudade constante de civilización, de “estado”. Nostalxia dunha arca-dia perdida, que aínda perdura no imaxinario colectivo da raia.

Os arraianos non nos sentimos cómodos baixo o epígrafe da ourensanía. Nonnos “chega”. Somos universais. Ben o sabe o empresariado catalán e francés. Somos unprodixio adaptativo. Somos o arquetipo vitorioso da vontade sobre o ambiente.

Non somos aurienses. En todo o caso, a monarquía sueva, para nós a única lexí-tima, {dicímolo sen medo ningún}, adscribiunos ao bispado bracarense.

Non somos ourensáns. Non cremos nas provincias, porque non somos unhacolonia. Cremos nos homes, nas terras, nas almas, na vontade, na procura eterna da vito-ria do ben sobre o mal.

Non somos “contracidadáns”, apesar dos esforzos por estigmatizar en nós unfobotipo arraiano. A nosa resistencia á integración é o revulsivo que transforma en nós oinintegrable en indómito.

Fracasaron todos os esforzos para negarnos a consideración de cidadáns esegregarnos para nos facer máis vulnerábeis. Precisamente aí está a nosa forza, sermos dezonas abruptas e isoladas, fóra das vías naturais.

Somos a sagrada memoria dos devanceiros. A Asociación Arraianos, a travésda cal artellamos os nosos soños, non é un fin en si mesma. É o instrumento polo cal anda-mos na tarefa máis digna do ser humano: A construción social da realidade.

E é por iso que nos involucramos plenamente nas actividades do denomina-do polas autoridades Ano da Memoria. Queremos saber quen somos. Queremossaber quen tentou (sen éxito) que non “fósemos”. Queremos saber quen foron paraperdoalos, porque valemos máis ca eles. Sen odio, sen armas, sen violencia. Sen covar-día, sen pasividade, sen fatalismos. Definíndonos, xuntándonos, reconciliándonosconnosco. Procurando o NÓS.L

IMIA

R

Page 4: ARRAIANOS PRIMAVERA

4 ARRAIANOS/ A RAIA ESCRITA / primavera 06

(A raia escrita)

H oxe traemos aquí a dous escritores arraianos contemporáneos, que son brillan-

tes narradores e poetas. Un quería ser músico e acabou sendo escritor, o outro

é xornalista e rematou sendo literato. Son de quintas diferentes pero escriben

dende o principio do mundo, cos pés chantados nunha terra que non sabe de raias pintadas

no mapa. As súas creacións literarias son referentes que beben nas raizames do mesmo

mundo, o noso mundo, o arraiano, ese tótem que latexa coma un boi trala enerxía creadora

que turra das súas obras, todas elas recomendables, e algunhas incluso obrigatorias.

Palabra de arraiano...

D O U S C A B A L E I R O S A R R A I A N O S

Page 5: ARRAIANOS PRIMAVERA

C OUTO MIXTO, A VOZ DA TERRA1

Heidegger dicía que, nos guste ou non admitilo, somos plantasque deben saír coas raíces da terra para poder dar froito na abertarexión do espírito. E preguntábase se para a existencia dunha verda-deira obra non sería preciso o arraigamento a un solo natal, a unhadeterminada terra. Eu non sei responder a esta pregunta. O que sisei é que cada achega ao Couto Mixto é un ritual que fai ferver den-tro de min o orgullo, a emoción tesa de pertencer a esta pequenapatria, a esta primeira gran metáfora do mundo. Pisar estas lousasfrías ten algo de sacramental que me fai volver aos escuros lugaresdunha memoria que se foi artellando con palabras vellas e mesmocoa ficción literaria de autores como Bento da Cruz, García Mañá ouFerrín. No silencio desta igrexa éme doado apalpar cómo a voz dou-tro século me fala con paixón da primeira clave da miña identidade:a terra, porque un é non só de onde nace senón tamén dos lugaresda emoción e dos espazos que habitaron os seus devanceiros. Emalia que son un limiao vilego, tamén teño a pel umbilical da terraarraiana, (máis concretamente, de Tosende), unha pertenza dadapor liña materna, que veu acompañada da mellor das raíces que mefai habitante privilexiado do Couto Mixto: a lingua ou, para ser máisexactos, a lingua arraiana. E cecais a lingua sexa o primeiro territo-rio de pertenza, a voz xenética que me amarra a unha visión domundo e á arbore de todos os que me precederon.

Apegado ás palabras asumín interiormente unha terra coa quetecín íntimas raigames que hoxe me condicionan como home ecomo escritor. Son do Couto Mixto a través desa lingua vivida,habitada, que me anainaba os ouvidos ao pé do lume. Alí, ao remolda lareira, baixo os lareiros afumados dos chourizos, entre briscas,filloas, rixós e ouveos de lobo, a voz dos avós fixo que eu dese enser habitante do Couto Mixto, e cando eles me falaban con aquelaeufonía animal do Penedo do León, do Outeiro do Porco, da Fontedo Falcón, o que estaban a facer, máis que transmitirme palabras devello, era facerme tomar conciencia da terra e das súas xentes.

A miña condición arraiana naceu nos largacíos regos deLamalonga, cando de xeonllos colleitaba tanto patacas como pala-bras que ían ficando no canistrelo da memoria, palabras coas quebaixaba as vacas á Veiga e coas que alindaba os ollos cara á serra naesperanza de que caesen contos de lobishomes ou a sospeita de queo Arturo de Santiago estaría a cazar un xabaril de grandor colosal;palabras comunais nas seituras, nas mallas, nas feiras, nas festas nacantina da Irene de Rubiás ou, en Meaus, na casa da Francisca doAntonio ou do Antonio da Francisca que, para o caso, era o mesmo.

As palabras da lingua arraiana eran bolboretas que eu apañabaxogando aos vintos co meu primo, lapando o lagarto exquisito nasmatanzas, cazando ras en Forzaus ou pescando bogas no míticoSalas, naquel Pozo Negro de Meaus, onde os máis mozos fantasia-ban historias náufragas de afogados comestos polos peixes.

Teño para min que ser escritor arraiano é moito máis que falar daraia ou facer do Couto Mixto un tema literario. Ser escritor arraianoé escribir con naturalidade dende o lugar emocional dos devancei-

ARRAIANOS 5

ANTÓN RIVEIRO COELLO

Antón Riveiro Coello nace en Xinzode Limia en 1964. Este “recente”escritor limiao e arraiano é un dosnarradores máis premiados dos xur-didos na literatura galega durante apasada década. Este recoñecementoalicérzase nun coherente percorridobibliográfico, que vai dendeValquiria, premio Camilo José Cela1993, A historia de Chicho Antela,1997, ou A quinta de Saler, 1999, coaque foi finalista do premio TorrenteBallester, até Animalia, 2000, quelevou o premio Café Dublín,Homónima, colleita do 2001 e polaque recibiu o premio ÁlvaroCunqueiro, ou As rulas de Bakunin,que obtivo o premio García Barros.Tamén ten nas librerías as recompi-lacións de relatos Parque Central,1996, e Airadas de palabras, 1998,onde se recollen os contos que lleforon premiados co ManuelMurguía e Pedrón de Ouro entre1991 e 1997. No ano 2002 publicaCartafol do Barbanza, unha poucoconvencional guía de viaxes, e o anopasado sorprende cunha volta ápatria do home, a infancia, conCasas Baratas. Acaba de publicartamén un libro de poemas que aíndanon tivemos ocasión de ler.Seguiremos atentamente a traxecto-ria deste autor arraiano da Limiaque de seguro dará moito que ler efalar.

Page 6: ARRAIANOS PRIMAVERA

6 ARRAIANOS/ A RAIA ESCRITA / primavera 06

ros. A autenticidade é falar coa súa voz, coa voz de toda axente que nos precedeu e que nos deu o agasallo da lin-gua como se nos dese a alma. Escribir dende (e sobre) oCouto Mixto é acariñar toda esa morea de palabras quenos fai adquirir un compromiso ético e estético coa súahistoria, coa súa tradición, coa súa paisaxe.

Por veces, pregúntome qué tería sido do Couto Mixtose o Mariscal Soult non pasase por estas terras e queima-se a arca das tres chaves nas que debía de estar un pasa-do documental co que se podería ter fixado a verdadeiranatureza desta institución e mesmo axudase a manter apequena república na actualidade, pero tamén me decatode que o que non puideron facer os franceses foi arrincar-nos as palabras, porque nelas hai unha inconsciencia deséculos e nelas vén entrañada a historia deste pobo acolle-dor e solidario, afeito ao duro traballo da terra, un pobode almas seitureiras, de grandes tecedeiras de liño, degrandes comerciantes, de corozas nas tapadas, cunha xeo-grafía de intemperies e xeadas tatuadas no rostro.

É cousa ben sabida que ser habitante do Couto Mixtotivo grandes privilexios daquela, pero tamén son cons-ciente de que a materia da que moitos de nós estamosfeitos vén de lonxe, e inda que as terras estean á poula emoitas casas non sexan máis que un mapa de ausencias,ou feridas abertas da emigración, o Couto Mixto, a cadavolta, ten máis habitantes, habitantes da emoción queasumen este territorio como unha esperanza, como unharegalía, como un corazón que inda latexa na irmandadedos pobos, como unha pequena patria do espírito que,na súa redución, está moito máis preto do home, unhapatria que entre todos temos que manter viva, en perma-nente construción, ao abeiro das palabras de Machadoque nos dicía que non é patria o chan que se pisa senóno que se sementa.

Para este escritor que vos fala, para este limiaoarraiano coa alma libre chantada na terra sentimentaldos Mixtos, non hai nada máis honroso que sentirseescollido polo alento do pasado e sentirse falado polalingua arraiana da avoa, presente aínda aquí (por sortepara min e para a miña literatura). Ela é o último elo queme ata aos mortos, ela empréstame a memoria coa queme podo achegar ao pasado cunha ollada nonaxenaria,ela dáme a voz para crear precisamente ese pobo quefalta, ela representa a raíz, a terra, a lingua, o últimorefuxio da miña identidade, e sei que a miña fidelidadea ela é tanto como a miña fidelidade á lingua arraianacomo a miña fidelidade á terra dos Mixtos. Na súa vozsei que os séculos me falan e me dan azos, en definitiva,para berrar o desexo múltiple, unánime, de longa vidaao Couto Mixto1

Texto pronunciado na igrexa de Santiago co gallo do nomeamento de Xuíz

Honorario do Couto Mixto.

Page 7: ARRAIANOS PRIMAVERA

O S MEUS POETAS GALEGOS MORTOS

“O QUE, PARA JÁ, POSSO DIZER Á MEMÓRIA DA MINHA

AMIGA LUÍSA VILLALTA”

quantas vezes as palavras não servempara nada mais do que confundir a bocapronta a dizer olá, as mãos que tocam os ombros da amiga num cumprimentoque vai do coração aos olhos. e o que seescuta é apenas olá, depois voamos, o céumuito claro, sobre mares muitos e escassosnavios, trocamos as leituras, as escrituras,falamos dos construtores de mais belos violinos da terra comprometida. e, de súbito,um telefonema, uma voz contida, que logodesaparece, empurra-me para a estante ondeestão os teus livros, os teus retratos, o rastodefinitivo da amiga que passou para o outrolado de todos os espelhos do desencanto.

luísa, luísa, chamo, interrogo todos os momentosem que faltas, o silêncio que é ainda o ecodas nossas últimas conversas lá onde não hápraias, nem frio, nem barcos de velas enfunadas,nem espíritos que voltam, insensatos, do coraçãoonde vivem todos os incêndios, todas as músicas,

“ANTÓNIO TOVAR, NAQUELE TEMPO”1

Vou envelhecendo, eu sei que a cabeça cada vez se metemais debaixo do braço, querendo adormecer, pedindo aosolhos que apenas releiam aqueles livros que lhe derammaior prazer ou deixaram buracos na parede de cortiça doentendimento. E aquela tarde em Ourense, naquele tempotão perdido que hoje se chama primeiros anos da décadade setenta, eu queria conhecer um poeta que tinha umalivraria, Antón Tovar. A livraria, não me recordo como sechamava a livraria, seria Estanco ou Tanco? Não me recor-do mesmo. A livraria ainda estava fechada e não havia nin-guém dentro. Voltei à esplanada onde tomara o café depoisdo almoço e vi, solitário, numa mesa, escrevendo numcaderno, alguém que de pronto reconheci como EduardoBlanco-Amor, de quem eu acabara de ler a fabulosa Aesmorga e de escrever um texto para o programa de umasua peça em representação no Porto. Tímido, como semprefui, aproximei-me, disse-lhe que o queria conhecer, quemeu era e ali falámos longamente. Tão longamente que ao

ARRAIANOS 7

JOSÉ VIALE MOUTINHO

José Viale Moutinho (Funchal, 1945) é xornalis-ta do Diario de Noticias, brillante creador deatmósferas, eficiente narrador de historias, eautor dunha extensa e vigorosa obra. Na áreaxornalística recibiu o premio Kopke de reporta-xe, o premio Norberto Lopes, por No Pasarán!,magnífico traballo de investigación sobre aGuerra Civil, e o premio Diario de Noticias(reportaxe e entrevista), así coma o Pedrón poladefensa da Cultura Galega en Portugal.Estreouse con Natureza Morta Iluminada e publi-cou dende entón os libros de contos No país daslágrimas, O Jogo do serio, Histórias do tempo deOutra Senhora, Cabeza de porco, Apenas uma esta-tua equestre na Praza da Liberdade, A Torre deMenagem, Romanceiro da terra morta, Arqueologiada terra prometida, Pavana para Isabella de Franza,Hotel Graben e Ja os galos pretos cantam, no que serecollen catro soberbias e dramáticas historiasda Guerra Civil, un dos temas máis tratadospolo noso autor. Ten publicadas as novelas Entrepovo e principaes, e Los Moros. A súa poesía edita-da entre 1975 e 2000 está reunida no volumeSombra de cavaleiro andante, e ten ademais publi-cado o poemario E se a manhá fosse outra?.Home polifacético e inesgotable, aínda tenpublicado recompilacións de crónicas e artigos,Aquém e além montes, A sala dos espelhos, Os sapa-tos do defunto, As maos cheias de terra, e estudossobre Camilo Castelo Branco, Trindade Coelhoe Literatura Oral. A obra deste “último romáticodo bem dizer” está parcialmente traducida aoalemán, galego, asturiano, catalán, castelán, búl-garo, esloveno, francés, italiano e ruso, entreoutros idiomas. Un auténtico cabaleiro arraianocon proxección universal, como ten que ser...

Page 8: ARRAIANOS PRIMAVERA

regressar à livraria de Tovar, este começava já a preparar-se para fechar as portas. Os nos-sos calados esconxuros fizeram parar o tempo e estendi-lhe as primeiras edições deArredores e de Non para que mos autografasse e nessa noite jantei com ele e com a encan-tadora musa inspiradora de O vento no teu colo. Fiquei encantado em conhecê-los. Dequando em quando lá o correio me trazia uma carta na letra tremida de Tovar, sempreentusiasmado com qualquer coisa que pretendia fazer. Amargurou-me o seu Diario sindatas e fiquei perplexo ante o poeta António Tovar em castelhano, quando me mandou otomo dessa sua poesia. Afinal, ele era dois grandes poetas com o mesmo nome, commaestrias idênticas, mas em idiomas diferentes. Um princípio do internacionalismo queo empolgava?

De quando em vez, releio António Tovar, mas há muito que não vou, como ia, passe-ar pelas velhas ruas de ourense, onde os meus velhos amigos foram desaparecendo eagora já não conheço quase ninguém.

“MANUEL”PARA A SALETA, COM UM BEIJO.

como uma pedra, manuel não pôde erguer-se,havia fumado todos os seus cigarros, o estimado relógio de bolso prosseguiraos seus tique-taques para além do pulsar do coração,manuel estava já acima de tudo e de todos, caminhavaem direcção à discreta porta do paraíso,aí o aguardavam, pelo menos os meus olhos fechadosreconheceram-nos, celso emílio e antón avilés de taramancos,que o outro, menos efusivo, mas também de braçosabertos era manuel curros enríquez, e a mulherque sorria tantas vezes o recebera na sua casa de padrón.

como uma pedra, manuel, essa pedra que reside em cadaverso da grande muralha galega, cada pedra lírica da tua fundacontra os caciques de toda a História, como uma pedraassim vejo como te aproximas desse lugar que vai deixarde ser silencioso, porque aí se escutarão os teus novos poemasque nós qualquer dia também escutaremos, de viva voz,para escândalo dos anjos, angústia de deus e nossa alegria.

8 ARRAIANOS/ A RAIA ESCRITA / primavera 06

Page 9: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 9

“XELA, XELA ARIAS”

quando acordaste, minha amiga, como sechamava o sítio em que estavas, paisagenslunares, floresta de enganos, viste os pássarosobscenos que destroem os poetas na terra?

quando chegar a minha hora de atravessaressa parede que não consigo ver, mas está entre nós, irei pedir contas a quem mas terá de dar,porque os poetas, afinal, têm asas, mas elas não são para voar,

“UXIO”

a primeira vez que uxio novoneyra atravessoua fronteira, entrando em portugal, apertou-mea mão, emocionadamente. anos mais tarde,quando falávamos em voz baixa, ímpias falas,na cozinha dos frades na terra de pascoais,ralharam connosco os deuses pela descortesia,

é que nós já sabíamos que não havia demasiadotempo para permanecermos calados e a poesia,as palavras do bardo eram sempre poemas,não podia esperar que os demais poetas se calassem,

a última vez que estive com uxio novoneyra foinuma taberna de santiago, aí bebemos umaaguardente que tinha o triste sabor do silêncio,e quando nos despedimos parecia, meu deusse parecia, que pressentíamos qualquer coisa

baça, mortal, pequena, acre, sobretudo sem nome.

1Este texto está publicado orixinariamente no libro son de poesía (ed. Xoán Carlos Domínguez Alberte),

Lisboa/Santiago de Compostela: Edições Fluviais/Libraria Couceiro, 2005.

Page 10: ARRAIANOS PRIMAVERA

10 ARRAIANOS/ IMPOSTO ARRAIANO / primavera 06

POESIA

I M P O S T O A R R A I A N O

BALDO RAMOS

Page 11: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 11

POESIA

I M P O S T O A R R A I A N O

“RESISTENCIA”

A todas as que lles tocou vivir a guerra do 36 na retagarda mentres os seus tiveron que ir á forza a un bandogolpista que lles era alleo e do que nunca retornaron. Tamén para os que xa non puideron botar parella.

O uniforme de mulleré nome propioproído de estrugas.

Un biso de mortallaloita leite loito

por quen nunca fixo por ir á fronteporque eran outras as acometidasdo cara á caranas distancias curtas,nas angueiras propias.

A bandeira, irmau, é frontede suorenxugada nun mesmoterrón da nosa terra.

Il nunca foi un virachaquetas.

Os espantallos aventaban a colleitaao ar da seiturae despois de marcharen as anduriñasficou a herdade erma de espanto.

Tamén o tumbaron pola causa.

A fronte era unha cicatriz de horizontecon engurrasque tiña que estirar no mapada derrota do seu rostropara non levantar sospeitas.

E aínda así non as tiña todas consigo.

Endexamais puido veras condecoracións do afectotras o bafo da neboeira.A fin de contas,nome máis, nome menos,outra orfandade de ser doméstico.

Chorar choraríao toda a vidacalada no non esquezo da terra.Era un sabor de froito amargo,como ir ás claudias a deshora.

XOÁN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE

Page 12: ARRAIANOS PRIMAVERA

12 ARRAIANOS/ IMPOSTO ARRAIANO / primavera 06

POESIA

I M P O S T O A R R A I A N ONO PUEDES DEJAR EL LUCKY (PARTE I)

Por una vez estaría bienque al poeta le fuese bien.También.Y que los recuerdos de primeros amores y esas cosasno tuviesen el irritante tono rencoroso de siempre.

Por una vez estaría bienque al poeta le fuese bien.También.Y no le importase un carajo dondeo como estás.A mi no me importa, la verdad, peroal poetavete a saber.

Es la hora de dejar en libertad a las criaturaspara que cada una encuentre la muerte que merece.Sin fiestas de despedida ni papeles que firmarirte tambiéna las praderas de lo suprimido quetanto echaste de menos aquí, entre los humanos, aldique del recuerdo, saturadode hueso y de carroña por dondese filtra el agua limpísima con un rumor de nombres.

Es la hora de dejar marchar a las palomasen lineas agitadas de miga de panque a nada llevan.Colgar los abalorios y los fetiches, tenderte en eljergón y esperar quevengan a por tíbandadas y bandadas de sueños incompletosque riman con la voz de los amigos sus alas en el aire.

Al asfixiante calor de la tarde enel pueblo que el tiempo de encontró,es el momento de abrir todas las jaulasy fumarse un pitillo mientras las pústulas huyen en manadas.

El cuervo se quedará, para posar en tus ojos dosmonedas.Y así podrás pagar,por una vez.

Amaso las palabras sin fe. No tengoqué contar;como el panadero de una ciudad fantasmaque bullese, sin embargo, en torno,en ruidoso fingimiento demédula y de humores.Así como ama la gente, muertaen realidad,yo hago poemas.

DEATH HAIKU Nº 69

No hay nada más allá de esta mano que rasgalas palabras en el salón vacío.Los gorriones histéricos del amanecer están, sí,pero son míos.

LUÍS BOULLOSA

Page 13: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 13

POESIA

I M P O S T O A R R A I A N O

UN BO HOME PERO UN MAL MAGO

Teña para minbigotes engomados o señor Lyman F.B.e poña na mesa de carballo, á man,vaso de cristale botella de whisky.

O señor F.B. escribe, é escritor.Acaba de rematar unha historia e intúo que nelaquere que chegues a entender que un tal Oz, ao cal chama con asperezafarsante,no fondo era un soñador.

Pero ademais F.B. non tivo por el,en ningún triste recuncho do libro,o detalle de dicir “Oz era un soñador”.

Nin aínda que houbese un millón de palabras no libro. Lyman F.B. evitou escribir esa frase.

Porén, case ao final conta como Oz chegou ao País de Oz. Aterrara alí accidentalmente, arrastrado polas correntes de aire, a bordo dun globo no que viaxaba só.

É o non saber, pero opino que ese foi o xeito que F.B. escolleu para dicilo:

que calquera que decida emprender unha viaxe en globo é necesariamente un soñador.

ARSENIO IGLESIAS

GALATEA

Pensar,maxinar,ouvir.

Sentir o bruar profundo desa vozQue evoca o berro revoltado Dun animal subterráneo.

Pór a miña man na fendaAberta sobre a terra labrada,E tocarche, sentir o tacto puro e mineralDa túa presencia,A lentura secular da materia Que me conforma.

Sentirme Galatea xurdida das tuas entranas,Con arrecendo a terrón, A materia fértil.

Sentir o fluir intenso dos milCaudais que te sulcan,Percorrer as miñas veas.

Pensar,maxinar,ter a certeza,

De que esa voz me atravesa,Me sacode dende a raíz,Provocando o movemento inconsciente Da miña pluma. Fiando o feble, decidido fio da miña raza.

NOELIA RODRÍGUEZ

Page 14: ARRAIANOS PRIMAVERA

14 ARRAIANOS/ IMPOSTO ARRAIANO / primavera 06

POESIA

I M P O S T O A R R A I A N O

Se as paredes me escoitan, abro con espadas un silencio cortante que

non poidas penetrar.

Se o balbordo me abouxa, baleiro de cadros a estancia por escoitar

apagado o teu rumor ferido.

E se as horas me asolagan e me ispen, déitome no chan e agardo

pacientemente pola loucura.

E a loucura abátese á fin coma un pequeno mar que lambe a costa e

regresa.

Sempre regresa.

MARIÑA PÉREZ REI

Page 15: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 15

FOTODENUNCIA

PEPE S.L.

Page 16: ARRAIANOS PRIMAVERA

16 ARRAIANOS/ MICRO-RELATOS / primavera 06

MICRORELATOS

A R R O Z N E G R O

A voz da nena chegaba desde o cuarto de baño. O home, quepoñía orde nuns papeis, evitou erguerse aínda para atendera chamada infantil. Axiña os berros da nena se fixeron

insistentes. O pai non tivo máis remedio que erguerse e dirixirse aocuarto de baño.

—Acabei –dixo a nena, sentada sobre a taza do váter.

O pai colleu na man un rolo de papel hixiénico e arrincou unanaco. Entón a nena agarrou o brazo do home, deténdoo, epreguntoulle:

—Papá, ¿por que hoxe teño cacas negras?

O pai dirixiu a súa ollada cara ao interior do retrete e contestou:

—Porque onte comiches arroz negro. ¿Non o lembras?

A nena quedou pensativa e logo, debuxando un sorriso nosbeizos, dixo:

—¡É verdade!

De seguido engadiu:

—Espera, papá, non me limpes que non acabei.

O home, contrariado e con intención de non facer caso da nena,replicoulle:

—¿Como que non acabaches? ¿Non me dixeras que xa acabaches?

—Dixera, papá –contestou a nena– pero aínda debo ter máiscacas. ¿Non lembras que onte na comida repetín arroz negro?

FRAN ALONSO

Page 17: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 17

MICRORELATOS

A MULHER QUE VIVIA NO FUTURO � LUCAS

LUCAS

- Ouh, por certo, umha cousa...

- Di-me...

- Tu tes um filho de tres anos...

- Ahá, o Lucas.

- E fixei-me o outro dia, ali no parque,... caralho, tu falas sempre galego, ouh?

- Falo, eu sempre falei galego.

- E logo, digo eu, como È que lhe falas castelám ao neno?

- Bo, é que o neno é de Valladolid.

- Como que de Valladolid?

- Si, home, si, que naceu vallisoletano. Demo-nos conta nada mais ve-lo. Pucelano até a médula. E efectivamente, como é de alá, eu

falo-lhe em castelám, e a nai tamem, claro...

- E o galego...?

- Boh, ,já sabes como som os de Valladolid... O galego nom é o seu...

- Pero vós nom erades de Santiago de toda a vida?

- Si, eu de Conxo e Puri de Vista Alegre... Pero já ves, colhe o neno e sae-nos de Valladolid, que nom vexas o bem que está a apren-

der o castelám co pequeno que é... … É listismo, com tempos compostos e todo, he comido, había soñado e assi...

- Home, pois nom sei que dicer-che... Para mim que...

- Nada, home, nada, nom te preocupes, que já sabes como som os pucelanos com isto dos idiomas... Eu, que queres que che faga?,

os nenos venhem como venhem e, já ves, a mim tocou-me um de Valladolid... Porque eu, se che digo a verdade, queria umha nena.

- Pois...

- Pois é-che o que hai...

S. S.

AMULHER QUE VIVIA NO FUTURO

Hai moito tempo sucedeu algo.

Naceu umha nena que vivia no futuro.

Puxerom-lhe de nome Manhá e a gente nom se explicava como sucedera aquilo.

Manhá chegava á primavera antes que as flores.

E antes de que chegasse o inverno as maos de Manhá já estavam frias.

Como ela vivia no futuro, toda a gente era como dumha Època passada.

Ela dava as respostas antes de saber as perguntas.

E dizia cousas que ninguem nunca imaginara.

Quando Manhá olhaba cara atrás todo estava moi longe.

E a sombra da mulher que vivia no futuro ia várias horas de sol adiantada.

As casas novas volviam-se antigas quando passaba ao seu lado.

As mazás oxidabam-se nas suas maos.

Manhá nunca estava aqui e agora.

O dia que Manhá morreu a gente deixou de viver no pasado.

SÉCHU SENDE

Page 18: ARRAIANOS PRIMAVERA

18 ARRAIANOS/ MICRO-RELATOS / primavera 06

MICRORELATOS

A A U R O R A D E F O N T E B R A N C A

A Aurora de Fontebranca tiña uns ollos grandes e cons-tantemente abraiados, disconformes co pequenotamaño das órbitas nas que lle tocou vivir. Esta des-

proporción foi a orixe, para a miña idea, do perpetuo asombroque aquela rapaza amosou sempre ante as cousas da vida. De aí

tamén a súa condición de loitadora infatigable.

Así como outros queren ser albaneis ou dermatólo-gos, Aurora decidiu que quería ser cantante. Non selevaban os concursos de televisión nin viña nuncapola parroquia ningún descubridor de talentos ocul-tos, polo que a aspirante a artista seguiu o vieiro que

lle pareceu máis lóxico. Nas verbenas, mentres os daorquestra ceaban, ela achegábase moi solemne, presen-

tábase con nome e apelidos, pedía permiso e, sen vergoñaningunha, interpretaba algunha canción que ela considerabarepresentativa das súas facultades.

Lembro unha verbena da Santa Bárbara, en Escudeiros. Se non meequivoco, foi o derradeiro ano que fixeron festa (deixaron de cele-brala en sinal de loito por un veciño que morreu nun accidente demotoserra, o mesmo día da patroa). No bar ambulante do Linos,os membros do grupo Ledicia procuraban folgos na paz do chu-rrasco. Os asistentes ao baile, moi poucos, laiábanse da tristuradas festas do final do verán. Pero alí estaba Aurora, co seu soño.Recordo perfectamente que cantou unha de Agustín Pantoja quese titulaba “Adiós, amor”. Movía moito as mans e xesticulabatanto que os ollos aínda semellaban máis desorbitados que deco-tío. Os músicos escoitárona en silencio. Mesmo houbo algún que

deixou de comer en sinal de respecto. Cando rematou, senaplausos nin entusiasmo, prometéronlle que lle habían dedi-car unha peza en canto volvesen ao escenario.

XURXO SIERRA VELOSO

Page 19: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 19

XULIO MEDELA

F I L M O T E C A A R R A I A N A I IMONUMENTOS

FÍLMICOS DETRAS-OS- MONTES

Dentro da nacióngalaica existe un paíschamado Repúblicados Arraianos. Dentrodesa república existeun territorio autóno-mo cunha fortísimapersonalidade: A RaiaTrasmontana, quecomeza a artellarseaproximadamenteentre Muíños e Pitõesdas Júnias, esvaecén-dose de vagariño alápola lonxíncua Sierrade La Culebra. Eseautónomo territorio,en que a percepcióndo estado é aíndamáis brumosa doque o seu clima,xerou fortísimas res-postas culturais queexorcizaron a vulne-rabilidade dos seushabitantes, tornán-doos unha sorte decentauros do planal-to. Hoxe toca nesta

sección mostrarmos un catálogo de filmes considerados “deculto” e premiados pola crítica cinematográfica de todo omundo.

Imprecisa, incerta, brumosa é tamén a categorización for-mal destas alfaias artísticas. A fronteira entre documentárioetnográfico, filme de ficción ou sinfonía cinematográfica des-aparece ante a súa forza dramática e evocadora.

Repetimos, non somos críticos cinematográficos. Somos,sobre todo nesta época, consumidores. Desta vez, produtos damáxima calidade. Os mellores realizadores de Portugal capta-ron rigorosamente, e moitas veces escasos en medios, o espíritoconmovente, panteísta e telúrico deste espazo de transferencia. Estes filmes non son só unha recreaciónerudita: Son poemas fílmicos, belísimos, solidarios, maxestáticos como castiñeiros. A Raia Trasmontanaé terra agreste, de vento e lume, de fraga e silencio; ese espírito é o que se reflicte nesta saga.

Fixemos a nosa escolla entre os filmes realizados máis perto da raia, os NOSOS.

O pão

Acto da primavera

Festa, trabalho e pão em Grijó de Parada

Falamos de Rio de Onor

Tras-os-Montes

Máscaras

Argozelo: Á procura dos restos dascomunidades judaicas

Veredas

Ana

Longe é a cidade

Matar as saudades

Terra fria

TITULO ANO REALIZADOR/A EXTERIORESO pão 1959 Manoel de Oliveira ???

Acto da primavera 1962 Manoel de Oliveira Curalha (Chaves)Festa, trabalho e pão... 1973 Manoel Costa e Silva Grijó de Parada (Bragança)

Falamos de Rio de Onor 1974 António Campos Rio de Onor (Bragança)Tras-os-Montes 1976 António Reis, Margarida Cordeiro Bragança

Máscaras 1976 Noémia Delgado Varge, (Bragança)Argozelo: Á procura... 1977 Fernando Matos Silva Argozelo (Vimioso)

Veredas 1977 João Cesar Monteiro ???Ana 1981 Margarida Cordeiro, António Reis ???

Longe é a cidade 1981 Ricardo Costa Moimenta (Vinhais)Matar as saudades 1986 Fernando Lopes Sonim (Valpaços)

Terra fria 1995 António Campos Padroso-Padornelos-Salto

Page 20: ARRAIANOS PRIMAVERA

20 ARRAIANOS/ ANO DA MEMORIA / primavera 06

Domingo 27 de agostoHomenaxe aos asasinados no Furriolo

11.15.- Introdución ó acto por un membro da Asociación Arraianos. 11.30.- Os relatos da memoria: historias de vida de familiares de presos e represaliados.12.00.- Recital poético Palabras contra a desmemoria, a cargo de mozos da zona, Xosé Luís Méndez Ferrín, Baldo Ramos,Lois Antón, Anxo Angueira, Delfín Caseiro, Xoán Carlos Domínguez Alberte.12.30.- Inauguración oficial dun mural de Xosé Vizoso (na ilustración), ás vítimas da represión franquista no Alto do Furriolo.12.45.- Intervención de Anxo Quintana, vicepresidente da Xunta de Galicia.13.00.- Interpretación dunha peza tradicional polo gaiteiro Daniel Romero.13.30.- Xantar de irmandade no Furriolo, coa participación veciños, descendentes e amigos de presos e represaliados do 36.

Toda esta xeira e a tardiña ha estar amenizada polo grupo de Xurxo Souto, Os tres trebóns e o vendaval do Rosal e contarácoa actuación doutras formacións musicais e artistas de Galicia e Norte de Portugal.

ASOCIACIÓN ARRAIANOSTERRAS DE CELANOVA� � � � � A N O D A M E M O R I A

Page 21: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 21

I Xornadas sobre represión e resistencia antifranquista na raia.Celanova, agosto de 2006

Luns 28 de agostoA represión

9.45 Inauguración oficial do congreso.10.00 Domingo Rodríguez, “Celanova Prisión Central”11.00 Xulio Prada, “O Furriolo como lugar de execucións”12.00 Pausa café“Represión e historias de vida”12.45 Carlos Pereira e Manuel Veiga, “O caso do Celso de Poulo”

17.00 Percorrido polas exposicións“Celanova, Prisión Central” (Mosteiro de Celanova) “Luís Seoane: Trece estampas da traizón” (IES Celso Emilio Ferreiro)

19.00 Proxección do documental “Aillados”, de Antonio Caeiro, e tertulia posterior

Martes 29 de agostoA represión10.00 Xesús Alonso Montero, “Celanova e a Longa noite de pedra”11.00 Raúl Soutelo Vázquez, “As consecuencias da represión para as mulleres da Galicia rural”12.00 Pausa café“Represión e historias de vida”12.45 Diálogo entre Eudosio Álvarez e César Álvarez, o ‘Reinos’ do Viso. “A testemuña do avó”

17.00 Percorrido pola exposición“A vida cotiá no franquismo” (Casa dos Poetas)

19.00 Proxección do documental “Pepe Velo e o Santa Liberdade: a utopía dun soñador celanovés”, de Margarita Ledo, etertulia posterior

Mércores 30 de agostoA resistencia10.00 Antonio Lourenço Fontes, “De Tourem a Vinhais, resistencia e solidariedade arraiana”11.00 Ángel Rodríguez Gallardo, “Refuxiados e fuxidos nos Montes do Laboreiro”12.00 Pausa café “Represión e historias de vida”12.45 Camilo de Dios, “A guerrilla galega no oriente ourensán”

16.00 Eliana Brites Rosa, “Os Posicionamentos das Entidades Governamentais e das Populações Raianas, em Portugal,perante os Refugiados da Guerra Civil de Espanha”

17.00 Percorrido pola exposición“O ensino na II República” (Centro comarcal, Vilanova dos Infantes)

19.00 Proxección do documental “A Cidade da selva”, de Helena Villares e Pilar Faxil, e tertulia posterior

Xoves, 31 de agostoLiteratura e memoria10.00 Isaac Díaz Pardo, “A importancia da recuperación da memoria para o futuro dun pobo”11.00 Bento da Cruz, “Memoria e literatura. Literatura e Memoria”12.00 Pausa café 12.45 Xosé Luís Méndez Ferrín, “O triángulo máxico arraiano”14.00 Clausura oficial do congreso e descuberta dunha placa conmemorativa no mosteiro de Celanova e na Igrexa deSorga polo presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño.

18.00 Cabodano de Celso Emilio Ferreiro: ofrenda floral e recital poético no cemiterio de Celanova.19.30 Presentación do número monográfico da revista Arraianos dedicado a Celso Emilio Ferreiro.20.00 Visionado dunha reportaxe sobre CEF e tertulia posterior con Méndez Ferrín e Alonso Montero.

Page 22: ARRAIANOS PRIMAVERA

22 ARRAIANOS/ MEMORIAS DE CELANOVA / primavera 06

J esús Feijoó é un home de cine que fala daParamount, da Fox e da Warner coma se foranantigas mozas. Nesta conversa repasamos a

historia do cinema en Celanova a través dunha vidaque semella sacada de Cinema Paradiso.

A nosa historia remata co derrube do último cineque había na vila. Baixo os cascallos do CineRegueiro fican sepultadas as derradeiras lembranzasde celuloide deste home, que pasou os mellores anosda súa vida vencellado ó mundo do sétimo arte.

¿Cando chega o cinema á vila?O cine mudo chega a Celanova cos Pais Escolapios,que facían pases nunha estancia do mosteiro para osalumnos das Escolas Pías, entre o que estaban o meupai e outros mozos da vila, coma Celso EmilioFerreiro.

¿E o cine sonoro?O sonoro xa chega na década dos 40, coa apertura doSalón - Teatro Curros Enríquez, propiedade deGustavo Sousa, que estaba na rúa do Casino. Eu tiña 7anos e lembro que ía ó galiñeiro ver as películas por 25céntimos. A butaca costaba 1,25 pesetas. Era unha salana que se combinaban o cine e os espectáculos teatrais.

Alí vin as primeiras películas sonoras: La cabaña del tíoTom, La dama de las camelias, La herida luminosa…

¿Cantos anos permaneceu aberto o Curros Enríquez?Cando morreu o propietario, no ano 1961 a muller e osfillos de Gustavo quedaron á fronte do cine; Faustinocomo operador, Enrique como axudante e Josefa comotaquilleira. Reformaron a sala, meteron pantalla cine-mascope e pasou a chamarse Cine Principal. Estreousea nova sala co pase de Los dientes del diablo. Alí dei osmeus primeiros pasos coma axudante de operador,con 16 anos, e recordo desa época filmes como Loscañones de Navarone, Cleopatra ou Horizontes deGrandeza… Lembro que as colas para coller as entra-das chegaban ás veces até onde hoxe está a do Calleja.O Principal pechou a principios nos anos 70.

¿E cando abre o Cine Regueiro?O 12 de outubro de 1958 estreamos a sala con Quo Vadis,e entramos forte con películas como Lo que el viento se

MEMORIAS DE CELANOVA IIO DERRADEIRO OPERADOR CINEMATOGRÁFICO DE SALA

Page 23: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 23

llevó, El árbol de la vida, Ben Hur, Los diez mandamientos.Era unha época fascinante. Chegaban os axentes comer-ciais da Warner e da Fox, que semellaban actores, coasúa pajarita e todo, cos catálogos das películas e nósescolliamos. Daquela chegaban a Galicia 2 copias decada filme, unha era para a empresa de Isaac Fraga, queera o empresario de cine máis potente de Galicia, e aoutra circulaba polas vilas. O franquismo obrigaba amanter unha cuota de pantalla de películas españolas ea censura cortaba moitas esceas das películas.

¿Logo o Principal e o Regueiro conviviron duranteanos?Dende o 1958 até os anos 70 había dous cines na vila. Ocine entón era un espectáculo que atraía a xente de todaa contorna. Viñan en ómnibus a Celanova para ir ó cine.Os domingos repartían uns folletos á saída da misa coasnovas películas que ían vir ás dúas salas e a xente esco-llía. O Nodo era obligatorio e había un A e outro B, unpara cada cine, que viñan sendo a mesma cousa.¿E como chegaban as películas a Celanova?As copias viñan nos transportes dos Todea. Eu ía bus-calas, traíaas ó lombo e repasábaas ben antes de bota-las na sala.

¿E que é iso de que fuches operador cinematográfico enEl Aiun?Cando estaba no Regueiro traballando tiven queir facer a mili ó Sáhara. Cando cheguei preguntá-ronme que sabía facer e díxenlles que era opera-dor. Estiven alí dous anos como operador cine-matográfico do Cine Las Dunas, e logo volvín óRegueiro.

¿E que pasou co Cine Principal cando pechou?As butacas e o proxector pasaron ó Cine ClubeSolpor, que fixo grandes ciclos de cine, primeiro nabilioteca do mosteiro, e logo noutras estancias, etamén no Regueiro. Desa época lembro La naranjamecánica, 2001, odisea del espacio, El acorazadoPotenkim, El séptimo sello, Sueños de un seductor…emoitas delas subtituladas!. É unha mágoa que nonsiga habendo un cineclube en Celanova.

¿Cal foi a derradeira película que proxectastes no CineRegueiro?Memorias de África, en outubro de 1988. E aínda nonfun quen de ir ver o derrube do cine porque se meparte a alma só de pensalo.

Page 24: ARRAIANOS PRIMAVERA

24 ARRAIANOS/ LUGRÍS FREIRE / primavera 06

MANUEL LUGRÍS FREIRE

FIGURA DE NACIÓN

A actividade pioneira en tantas frontes emais unha auténtica vocación de ser-vizo a Galicia son, entre outros moi-

tos, algúns dos valores que simboliza ManuelLugrís Freire e que este ano de 2006, teño paramin que con xustiza, deben ser lembrados. Oseu merecido protagonismo, sen dúbida nin-gunha, baseáse nese exemplar periplo que des-envolveu no ámbito da cultura e da política,entre 1885 e 1936, e que se converte a ollos dehoxe nun auténtico espello da loita de Galiciapor reafirmarse con orgullo no panorama dasdistintas nacións do mundo. Lugrís, dentro dasúa polifacecia, posúe numerosos timbres degloria, desde aquel de cofundar o primeiro xor-nal en lingua galega na emigración –A gaitagallega- até participar tamén na fundación daReal Academia Galega; desde publicar unha

gramática, a primeira no noso idioma e cunhadiáfana vocación didáctica, a ofrecer un traballode creación no ámbito narrativo, lírico e teatral(onde foi o autor do primeiro drama galego enprosa), abondoso e nalgúns casos de excepcio-nal funcionalidade para a Galicia do seu tempo;desde participar cun afervoamento inquebran-tábel no idioma na fundación das Irmandadesda Fala até ingresar no Seminario de EstudosGalegos; desde ser o primeiro orador en linguagalega nun mitin celebrado en Betanzos en 1907a cofundar a institución agrarista SolidaridadGallega; desde ser parte activa na Liga Gallegaaté ser redactor do anteproxecto do Estatuto de

Autonomía; desde ser un home que nunca aban-donou o uso diario e cotián da lingua galega, enCuba e en Galicia, até presidir a propiaAcademia Galega, así chamada no período noque el foi o seu máximo responsábel... A palma-ria realidade de estar á fronte ou participando

Page 25: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 25

tan activamente na totalidades destas activida-des, sen esquecer a súa fe no republicanismo, noliberalismo, no laicismo e nun pensamento filo-masónico –de feito foi membro da loxa masóni-ca nº 4 da Coruña co nome de Servet- provocou

que a súa ominpresenza na cultura e na políticada Galicia dos primeiros anos do século XX foseun lugar común e, asemade, a súa personalida-de non lle permitiu eludir polémicas –de corteliterario e mesmo persoais- das que foi albo ennumerosas ocasións.

Cómpre salientar e valorar na súa xustamedida o feito de que Lugrís se atrevese coasmaterias literarias creativas en prosa, en versoou na dramaturxia; que se internase polos viei-ros da filoloxía, da crítica literaria, da abondosacolaboración xornalística..., mesmo nos ámbitosda política..., cando foi un home de formaciónpracticamente autodidacta, o que revela esaprioridade que Galicia supuña no seu credopersoal.

O plenario da Real Academia Galegacelebrado o 3 de xullo de 2005, con só un voto enbranco, aprobou o acordo que decide que o Díadas Letras Galegas se dedicase a Lugrís. A insti-tución destacou que a obra de Lugrís amosaunha vida de “total entrega á dignificación e ánormalización da lingua galega, sempre unida ádefensa de Galicia”. Aínda diría máis: Lugrís,sen dúbida, entrégase con convicción á (re)cons-trución dunha patria e á recuperación da linguagalega. Malia que xa o denominaron por aícomo un “vetusto defunto”, quedámonos coadefinición, breve mais cargada de significadoque no seu centenario do seu nacemento cifrouSúarez Picallo: “patriota galego vertical e insu-bornábel”, en definitiva, unha necesaria figurade nación.

Vigo, abril de 2006RAMÓN NICOLÁS RODRÍGUEZ

Page 26: ARRAIANOS PRIMAVERA

26 ARRAIANOS/ CURROS ENRÍQUEZ / primavera 06

CURROS ENRÍQUEZ EN EL CORREO DE CELANOVA

C urros Enríquez foi durante toda a súa vidaxornalista, home da prensa, o gran fenóme-no democrático do século XIX; en máis

dunha ocasión autodefiniuse como periodista econstatou por escrito o seu amor á prensa e o carác-ter de paixón que tiña este oficio na España decimo-nónica (por exemplo, na carta ó director de LaConcordia de Vigo que publica El Heraldo Gallego o 15de abril de 1877).

Coincide neste aspecto con outros moitos escrito-res do seu tempo, que mesmo na súa andaina vitalforon máis considerados na súa faciana de xornalis-tas, fundadores e impulsores de xornais que na pers-pectiva de poetas ou escritores: velaí os casos, paraos ourensáns, de nomes tal notables como ValentínLamas Carvajal ou Francisco Álvarez de Nóvoa, con-temporáneos do de Celanova.

Na época que viviron todos eles chegábase ó xor-nalismo “por razones muy parecidas –y a veces eran lasmismas- a las que llevaban a un puestecillo en la frondosaadministración civil del Estado. La protección de un caci-que o de un político de aldabas con veleidades litera-rias”(Mainer, 1981, p.67). Ó longo do século o mundoda prensa vaise convertindo de forma lente nunhaprofesión, pero sen deixar de ser tamén, moitasveces, unha vía para a carreira política ou para oéxito literario. Era, desde logo, unha profesión reser-vada para xentes con paixóns literarias e políticas,dispostas a soportar difíciles condicións de traballo epresións moi fortes das empresas e editores. Osmedios máis destacados podían preparar o camiñopara acceder ó poder político, mesmo desde posi-cións progresistas como sucedería nos anos daSegunda República, pero os xornais máis humildeseran tamén a menudo refuxio de fracasados noutrasprofesións, ó prezo de sacrificar por un sustento eco-nómico outro tipo de ilusións máis nobres. A iso eraó que se refería Alejandro Lerroux en 1901 candoafirmaba que o xornalismo soía ser “refugio de fraca-sados en la literatura, hospital de inválidos de otras carre-ras, o camino por donde marchan en carrera desenfrenadalas ambiciones políticas” (citado por Mª Cruz Seoane eMª Dolores Saiz, ...., p.44). Outras veces a necesidadedun soporte económico mínimo ou as presións dasautoridades explicaban viraxes políticas tan sorpren-dentes como as dun Lamas Carvajal partidarioincondicional dos liberais de Vicente Pérez cando saeá rúa El Eco de Orense para, poucos anos despois,transformarse en inimigo frontal desas mesmas posi-cións políticas e abrirse, pola contra, ás teses dosantes moi criticados conservadores.

Daremos agora conta das súas colaboracións oca-sionais no único xornal de Celanova do que temosconstancia da súa presenza: El Correo de Celanova.Trala súa marcha a Madrid con 14 ou 15 anos (1865-1866), Curros só regresa a Galicia, para traballar noxornalismo e na Facenda, no ano 1877, e permaneceen Ourense ata 1883; marcha de novo a Madrid, ondepermanece ata 1893 e logo marcha a Cuba, en 1894,tras unha brevísima estancia (xaneiro-febreiro 1894)en terras ourensás (López Varela, 2000, pp.379-380).A vida profesional do Curros xornalista ourensán,pois, redúcese a só seis anos, tralos cales as súaspegadas nos medios locais son colaboracións envia-das desde Madrid ou desde Cuba ou tiradas doutrosxornais. Nese breve período a súa firma estará en

Page 27: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 27

xornais como El Heraldo Gallego, O Tío Marcos d´aPortela ou El Eco del Liceo, entre outros.

Por outra parte, a vila natal de Curros Enríquez équizais a vila da provincia ourensá con menor vitali-dade periodística ó longo do século XIX e inicios doXX. En Verín, por exemplo, sucedéronse ata 15 cabe-ceiras locais nese período e hai outras 13 enRibadavia, e arredor de 6 ou 7 no Carballiño ou noBarco de Valdeorras. En Celanova, en cambio, sótemos noticias de catro cabeceiras, dúas no século XIXe outras dúas nos inicios do XX. Serían elas El Correode Celanova (1893-1895); La Discusión (1895-1896); LaVoz de Celanova (1909-191?); e El Eco de Celanova (1917-1919). De todas elas só coñecemos fondos da primei-ra, grazas a unha colección conservada na BibliotecaNacional de Madrid (da que nos pasou unha copiafotocopiada o amigo Antonio Piñeiro).

El Correo de Celanova foi un semanario editado navila natal de Curros Enríquez entre os anos 1893 e1895 polos grupos de vocación republicana damesma. Saiu á rúa o 11 de setembro de 1893 e durouata o 12 de maio de 1895, cun total de 68 númerospublicados e unha breve interrupción entre agostode 1894 e febreiro de 1895 ó ser procesado por“supuesto delito de lesa majestad”, e logo absolto, oseu director. Imprentábase no taller ourensán deAntonio Otero e tiña a súa redacción na na rúa dePardo Bazán, 3, de Celanova; subtitulouse inicial-mente “Periódico semanal” e logo “Semanario repu-blicano”, editándose os domingos cun total de catropáxinas, a catro columnas. O seu director e principalimpulsor foi Luciano Meleiro Tejada, que tamén diri-xía a Unión Republicana da vila, sendo sustituídoocasionalmente por Leopoldo Seoane.

Trátase dun xornal de gran interés político, moivalioso para a información historiográfica dascomarcas de Celanova, Bande e Cortegada. De nidiapropaganda republicana, tivo boas relacións con “ElDerecho” ourensán e moi malas cos medios máisconservadores, singularmente cos carlistas como “LaLealtad”; publicou con certa frecuencia colabora-cións de Pi y Margall e Emilio Castelar e textos deVíctor Hugo, o escritor e símbolo republicano faleci-do poucos anos antes (1885). Nos seus editoriais ElCorreo de Celanova pronunciouse pola idea da “reden-ción social por medio de la democracia republicana” (17-II-1895) e abordou temas tan relevantes como a divul-

gación do novo socialismo, as causas do anarquismo,a emancipación da muller, o caciquismo rural, anecesidade da instrucción pública, a crítica da usurae da emigración ou a guerra de Marrocos, ademaisda crítica da Monarquía e a defensa constante daRepública. Os mesmos títulos da sección editorialexemplifican o seu carácter combativo e radical: “A lalucha” (5-XI-1893), “Abajo los tiranos” (12-XI-1893),“Sólo la revolución” (4-III-1894), “Guerra al caciquismo”(13-V-1894), etc. Mantivo ademais fortes polémicascos xornais conservadores de Ourense e, sobre todo,co carlista La Lealtad, que dirixía Valentín de Nóvoa.

Este semanario republicano prestou abundanteatención ó seu conveciño poeta e compatriota demilitancia antimonárquica. O poeta colaborou conescasas prosas, pero significativas. Sorprende nonencontrar poemas do autor no semanario que o lou-baba a cotío, para o que aventuramos dúas explica-cións. En primeiro lugar, a ausencia case total de tex-tos en galego (só no último número aparece o poema“As follas secas” de Castor Elices); en segundo lugar,o semanario, polo seu carácter político, acollía concerta frecuencia poemas satíricos e de propagandarepublicana de autores locais e non galegos (EulogioJurado Fernández, Enrique Tormo, Manuel Marzal yMestre, etc.), todos en castelán, pero raramentepublicaba poemas “non militantes”, limitación á quequizais Curros non se quixo someter nese momento.

A primeira referencia a Curros neste medio apa-rece no seu segundo número, o 17 de setembro de1893, nun artigo de redacción sobre “Las fiestas delCristal”: inicíase o texto cun cuarteto de “A Virxe doCristal” e unha defensa do poeta lembrando a exco-munión do Bispo contra Curros, utilizándose o argu-mento de que a polémica e condea do libro “Aires damiña terra” puido, sen pretendelo, contribuír óesplendor e concorrencia da romería de Vilanova,dado que, segundo o redactor, “esa obra que ha inmor-talizado el nombre de su autor ha sido leída, lo mismo porel hombre de ciencia, como por el falto de ilustración; porel pobre como por el rico; así por el anciano como por eljoven; contribuyendo a esa circunstancia los hechos de serel autor hijo de esta villa y el haber desenvuelto una tradi-ción referente al asunto de un sitio conocido. Y tanto comoesto ha influído sin duda el anatema lanzado por el Preladode Ourense contra el señor Curros”. O redactor semataa referencia expresando a súa ledicia polo feito desucumbir ante o progreso as insensatas pretensións

Page 28: ARRAIANOS PRIMAVERA

28 ARRAIANOS/ CURROS ENRÍQUEZ / primavera 06

de vergonzosas e infamantes institucións arelantes“de un tiempo que pasó para no volver”.

No seguinte número (3) aparece, en primeirapáxina e en forma de carta ós “Señores redactores de“El Correo de Celanova” (24-IX-1893) unha longacolaboración de Curros enviada desde Madrid edatada o 6 de setembro. O artigo é un saúdo entu-siasta á iniciativa de lanzar un xornal republicano enCelanova, chamado a extirpar “uno de los focos másperniciosos del caciquismo gallego” en referencia á súapropia vila natal. Curros afirma que esta iniciativadebe estar encamiñada “a defender y consolidar la auto-nomía regional, base y condición necesaria de la prosperi-dad de los pueblos”, tarefa que se presenta como “santacruzada que marcha a rescatar el sepulcro y a vengar lasangre del Mariscal”. Por riba das súas figuras retóri-cas, o texto abonda en afirmacións rexionalistas, uti-lizando mesmo o lema de Monroy “América para losamericanos” e a necesidade da defensa do ser e exis-

tir de Galicia: “Galicia siente también la necesidad de sudefensa, porque siente, como todo organismo, la necesidadde vivir”. Hai asimismo unha crítica nidia ó que sedefine como un “imposible cosmopolitismo, para quienesel todo puede existir sin la parte, la vanidad (sic) sin launidad y sin los átomos el universo”; rexéitase a políticada Restauración e o cunerismo, acusando ós repre-sentantes de Galicia en Cortes de defender os intere-ses da Rioja ou León, “porque allí está la voluntad, elinterés y la familia de su jefe (...) Acabemos de una vez conesa política bizantina, buscando dentro de nuestra tierra,en torno nuestro, lo que no hemos encontrado ni encontra-remos nunca fuera”. Creo que é un dos textos máispróximos á conciencia rexionalista por parte deCurros e unha crítica daqueles que renegan dos inte-reses galegos en función da “patria grande” e da“humanidad”, “patria y humanidad que se condensan yse resumen á la postre en el tanto por cierto del empréstitoque se prepara, en una credencial de Director ó en la son-risa de gratitud de una dama influtente y generosa”.

A segunda parte e remate do artigo adícase a untema de gran querencia no poeta celanovés: o seuiberismo e prolusismo, chamando ós conductores donovo xornal a facer un labor de “reintegración geo-gráfica” no que respecta a Celanova, Galicia e anación irmá Portugal. Parte Curros da definicióncomo absurda e artificial da fronteira con Portugal,“trazada por el dedo de la codicia sobre un territorio quehizo indivisible la naturaleza, y cuando tuvo que aceptar-la por virtud de tratados y de pactos solemnemente acorda-dos en ese monasterio entre los reyes de Castilla yPortugal, hubo de sentir un estremecimiento semejante alque sentiría si de un tajo le partieran el corazón”. Chama,pois, Curros a rematar con esa chaga aínda aberta erematar coa condición de “raianos” dos labregos deCelanova, abrindo desde Galicia as mans caraPortugal:

“Destruid esa “raya”, que separa como una muralla deodio, una familia de hermanos, convirtiéndola en extranje-ra, y sobre las ruinas de esa muralla tended el puente porel cual se comunique y enlace el corazón de Galicia al cora-zón de Portugal, restableciendo la obra de Dios, que destro-zaron los reyes; y haciendo que uno y otro se completen porjustaposición, viviendo en el porvenir como vivieron en elpasado, unidos por los lazos de la fraternidad y del amor,según conviene á pueblos de la misma raza y con la mismahistoria”.

CURROS ENRÍQUEZ EN EL CORREO DE CELANOVA

Page 29: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 29

Curros volve aparecer no xornal, de forma indi-recta, meses despois, nun artigo de redacción titula-do “Variedades. La ... Pardo Bazán” que é unha críti-ca á decisión de designar unha rúa da vila co nomedesta escritora, da que o redactor afirma descoñeceros méritos que legou á mesma para honrar a súamemoria. O texto é claramente denigratorio da escri-tora (“hace unos cuantos años que la señora de Bazán vinoa Celanova á correr una “juerguecita”...) e mesmo con-tén desagradables alusións machistas; ademais sulí-ñase o agravio da designación cando carecen desehonor figuras máis vencelladas ás rúas de Celanovacomo o médico Fernández Losada e “el inspiradopoeta” Curros Enríquez, “dos hombres que juguetearonen ellas en su infancia y que han dado fama y nombre alpueblo que las vió nacer, el uno con sus celebradas poesías,y el otro manejando el escalpelo para mitigar los sufrimien-tos de la humanidad paciente” (5-XI-1893).

O 25 de febreiro de 1894 o xornal adícalle un novoartigo ó poeta con motivo da súa marcha a Cuba.Sulíñase a súa condición de “periodista insigne” e“consecuente republicano progresista”, cun labordestacado en “El País” de Madrid. O asinante doartigo, o republicano Leopoldo Seoane, afirma asi-mesmo descoñecer as verdadeiras causas de tanimprevista resolución, intuíndo que sería o coñece-mento perfecto das miserias que encerra unha socie-dade corrupta o que animou ó poeta para alonxarseda súa terra por máis ou menos tempo. Semanas des-pois dáse conta da homenaxe celebrada á súa chega-da a Cuba por parte do Centro Galego da Habana(“Justo homenaje”, 11-III-1894) e aprovéitase de novopara salientar que á figura de Curros “no supo tratar-le su pueblo natal con el respeto y cariño a que es acreedor”co agravio de homenaxear pola contra ós que o xor-nalista califica como medianías e “mamarrachos”.

Xa desde Cuba Curros manda outro artigo longoen prosa titulado “Croquis literario. Las mujeres delnaturalismo” (17-II-1895), a súa última colaboraciónno xornal celanovés. Trátase dun artigo de crítica lite-raria no que o poeta amosa as súas distancias conalgúns aspectos da estética da nova novela naturalis-ta, en concreto o tratamento da muller en personaxescomo a “Virginia” de Bernardino de Saint Pierre, a“Corina” de Madame Stäel ou as personaxes litera-rias “Nana, Gervasia, Safo” de Zola e outros autores,considerados polos seus autores como “documentoshumanos” e dos que Curros afirma que “serán tam-

bién un día rechazados como documentos falsos, absurdoso repugnantes por una crítica superior, inspirada en idea-les que hoy no se han determinado todavía, pero que llega-rán a formularse en el progresivo desarrollo de los conoci-mientos, en un estado mental más perfecto de las socieda-des y en nociones del arte que hoy apenas se vislumbran”.Parte o escritor da convicción de que poetas e nove-listas copian sempre a realidade, pero considera quea evolución da humanidade, mellorándose e trans-formándose, fará esquecer estes “siniestros personajesde las novelas para los cuales guardó el arte sus coloresmás sombríos” e que, pese á súa apariencia de realida-de no presente en que escribe o crítico, “adolecen, sinembargo, de lo más esencial a nuestra naturaleza, el librealbedrío, cuya ausencia les convierte en eternos esclavos dela fatalidad, seres ficticios, de los cuales cabe sospechar sifueron creados para halagar convencionalismos en moda opara producir efectos pasajeros y estímulos malsanos en laimaginación de los lectores”.

Descoñecemos se este artigo de tese literaria,publicado nun medio local, foi reproducido moitasmáis veces, anque sabemos que fora xa publicado enLa Tierra Gallega varios meses antes, no n.41 deste xor-nal, en outubro de 1894 (López Varela, 1998). En cal-quera caso, no mesmo Curros tomou posición sobre apolémica provocada polas novas estéticas naturalis-tas, impulsadas e teorizadas pola súa antagonistadona Emilia Pardo Bazán, mantendo o poeta celano-vés distancias nidias co retrato dos personaxes femini-nos por parte da nova escola; foi este un dos escasosdebates ó respecto nos medios galegos, anque sobre aestética naturalista tamén se pronunciaron escritorescomo Francisco Álvarez de Nóvoa e Heraclio PérezPlacer (Martínez Jiménez, 1993, pp. LIII e ss.).

MARCOS VALCÁRCEL

BIBLIOGRAFÍA- López Varela, Elisardo (1998), A poesía galega de Manuel CurrosEnríquez, Deputación de A Coruña, dous tomos.- Mainer, José Carlos (1981), La Edad de Plata (1902-1939). Ensayo deinterpretación de un proceso cultural, Madrid, Cátedra.- Martínez Jiménez, Jorge (1993), edición de Francisco Álvarez deNóvoa. Beira o Barbaña. Paisaxes, Sada, Ed. do Castro.- Seoane, María Cruz e Dolores Saiz, María (......), Historia del periodis-mo en España, Madrid, Alianza Editorial, 3 volumes.- Valcárcel, Marcos (1987), A prensa en Ourense e a súa provincia,Deputación Provincial de Ourense.- (2001), “Curros Enríquez na prensa ourensá e celanovesa: un xornalis-ta republicano-federal”, en Actas do I Congreso Internacional CurrosEnríquez e o seu tempo, Santiago, Consello da Cultura Galega,pp. 557-595.

Page 30: ARRAIANOS PRIMAVERA

30 ARRAIANOS/ A TORRE DE VILANOVA / primavera 06

A TORRE DE VILANOVA DOS INFANTES

S I G N O S L A P I D A R I O S

O conxunto glyptográfico desta torre(S.XII-XIII) desperta aínda hoxe acuriosidade dos visitantes do centro

comarcal Terras de Celanova. A torre foi declara-da ben de interés cultural en 1994. Este é o traba-llo de campo sobre a única parte da antiga forta-leza que quedou en pé tralas RevoltasIrmandiñas. A Glyptografía é a ciencia que estu-da os signos gravados na pedra ou signos lapida-rios, o seu número, morfoloxía, técnica e situa-ción. Estas marcas teñen un marcado caráctersimbólico. As marcas e o seu estudo directo nasconstruccións, tanto relixiosas coma civís, é undos métodos para a análise arquitectónica do pro-pio edificio. A documentación apórtaa a mesmatorre, coa súa situación e emprazamento, a xuris-dición ao longo do tempo e os seus elementosconstructivos.

A COMARCA AO LONGO DO TEMPO. Estamos nunhasterras con numerosos xacementos megalíticos ecastrexos, construcións mozárabes e visigodas,

pequenos illotes de racionalidade nun mundoagrario atrasado; igrexas e mosteiros que erancélulas socioeconómicas de explotación racionaldo territorio e enclaves culturais, ademáis denumerosa pontes e construccións militares, comaa nosa torre. Tamén atopamos en Vilanova (fron-te o Centro Comarcal) un hospital da rede viariado sur cara a Santiago coa súa función sanitaria,caritativa e de aloxamento.

A torre está emprazada nun outeiro granítico,que sirve para unha boa cimentación e para sus-traer parte do material do mesmo chan. A pers-pectiva do entorno desde esta altitude, de cara ásúa función militar e defensiva, é perfecta: domi-na o señorío, vixía calzadas e pontes e as veciñasterras do Mosteiro de Celanova. A construcción éen sillares graníticos ben escuadrados. O planoda torre é cadrado, e a súa orientación vén defini-da polos vértices, que están orientados cara óspuntos cardinais. O conxunto orixinal formábanooutras torres e mailo lenzo das murallas. A base

Page 31: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 31

A TORRE DE VILANOVA DOS INFANTES

ten unha boa cimentación exterior sobre a que seerguen tres andares ademais do baixo con alxibe,que recolle as augas dende a cuberta ó travesodos muros. Accédese a el pola pranta baixa. Opiso máis alto ten cuberta abovedada, en previ-sión do lanzamento de proxectís inflamables; osdemais andares interiores tiñan estructura demadeira. Os vanos, de arco apuntado (gótico)vanse alternando na súa orientación, un por altu-ra e muro. No exterior tiña matacáns de pedra, amedia altura, no poñente, norte e nacente; e noalto, as almeas en beirado. A escaleira de pedrapor fóra é unha construcción de época posterior,aproveitando parte dos bloques das saeteiras,pois aínda quedan as marcas de posición á vista.Os accesos orixinais ás portas do primeiro andareran móbiles e de madeira.

Na torre temos arredor de 30 marcas diferentesen forma e tamaño. A marca é o símbolo que pon ocanteiro, ou ben que define a peza e a súa coloca-ción, ou que diferencia o seu propio traballo, tendoen conta que sempre subxace a idea de primar acalidade do traballo ben feito fronte á rendibilida-de. Abondan máis as marcas de oficiais e canteiroslibres que as de mestres recoñecidos.

LINGUAXE ENCRIPTADA. Durante anos, foron moi-tos os autores que recolleron as marcas lapidariaspor toda Europa. Existen máis de 16.000 marcasdiferentes e créese na necesidade de facer o com-pendio de todas elas, un Corpus Europeo, partin-

do da recollida dos exemplos locais coma o quenos ocupa. Cada dous anos celébranse CongresosInternacionais de Glyptografìa, algúns deles enEspaña.

A simboloxía destas marcas foi utilizada comalinguaxe encriptada (alfabetos segredos) en variosperíodos da Historia. Exemplos disto é o de MªEstuario. A raíña de Escocia mantiña correspon-dencia cos seus aliados mediante un sistema de

signos que eran as formas xeométricas básicasdas sinais dos canteiros, mentres estaba presa naTorre de Londres, onde permaneceu 19 anos. Edurante o estalido revolucionario francés do

Page 32: ARRAIANOS PRIMAVERA

32 ARRAIANOS/ A TORRE DE VILANOVA / primavera 06

A TORRE DE VILANOVA DOS INFANTES

século XVIII, os signos masóns(albaneis) préstanse como ele-mentos de alfabetos segredosque serven para manter asmensaxes encriptadas.

OS CANTEIROS. Canteirosmedievais fixeron a fortalezaorixinal de Vilanova dosInfantes. Dos que a reconstrú-en trala Revolta Irmandiña, xana Idade Moderna S.XV-XVI,moitos veñen da zona deTrasmiera (Cantabria) sendoherdeiros dos seus predeceso-res no oficio. As marcas pervi-ven e evolúen dende a tradi-ción clásica dos constructoresromanos, que nos seus collegiafabrorum xa marcaban no ladri-llo o obradoiro e o autor.

Miguel Anxo marcaba as súas pedras, e tamén osmestres franceses que traballaban a pedra. Osmestres canteiros dirixían as súas loxias e obra-doiros con estatutos moi ríxidos, nos que estabanregradas as funcións, a temporalidade e mailaselección dos integrantes, os períodos de aprendi-zaxe, os usos relixiosos, a caixa de fondos común

e a xustiza sobre a obrafeita. Podemos dicir queos canteiros da primeiratorre eran unha socieda-de dentro doutra socie-dade, a medieval.

As confrarías deconstructores, de carác-ter itinerante, posuíancoñecementos que gra-dualmente ensinaban ósmembros das ditasirmandades. O oficio dopai pasaba ó fillo, etamén a súa marca,engadíndolle algunhatacha máis; o segredis-mo no oficio asegurabaun medio de vida eregulaba a competencia. O mestre canteiro con-trolaba todo o proceso, dende a canteira, o aca-rreo de material, o traballo a pé da obra, a coloca-ción, os planos, as contas, a calidade da obra, e oque era máis importante aínda, a honra.

Os signos na pedra tamén van evoluíndo porqueestán moi ligados ó tipo de material traballado, ás

solucións constructivas empregadas, ó tipo de ferra-menta e á súa calidade, ós mestres canteiros, á zonada orixe deles e ós edificios nos que colaboran eaprenden.

Page 33: ARRAIANOS PRIMAVERA

Trala revolta irmandiña achéganse os mestresarxinas , cántabros de Trasmiera unha zona queaté o século XVI aínda falaba vasco, e tamén moi-tos biscainos.

CLASIFICACIÓN DOS SIGNOS LAPIDARIOS (GRAFICO).Un xeito de clasificación das marcas é polo tama-ño. Na Torre de Vilanova as medidas oscilanentre a marca máis pequena, de 3 por 3 cm, até amáis grande, de 14 por 8 cm. Moitas veces atopa-mos o mesmo trazo en varios tamaños e sentidos,e as marcas van evoluíndo complicando os seustrazos e aumentando de tamaño. MARCAS PARTICULARES E PERSOAIS. Estas sonmarcas moi coidadas feitas sen plantilla. É a sina-tura que identifica ó autor do traballo e servepara simplificar o regulamento polo que se llepaga ós obreiros, por peza feita. A calidade dogravado das marcas nestas pedras, sen titubeos,profundo e claro, identifica ó obreiro especializa-do. As marcas pasan dos pais ós fillos, coa mesmabase e algún trazo engadido.

MARCAS DE POSICIÓN. Estas marcas indican comose teñen que colocar as pedras na construcción, ousegundo estaban no leito da canteira, ou polo seuespecial virtuosismo, como incisións de unións entrebloques, nos extremos dos muros ou con marcas debases para reforzos na construcción.

MARCAS DE DESTAXO. O destaxo era o sistemade traballo utilizado nas construccións militarescoma a que nos ocupa. A pedra feita, pedra paga-da. Tras este sistema de traballo estaba un calen-dario laboral influenciado pola igrexa, que ade-mais dos domingos, tiña 40 días de festa relixiosade obrigado cumprimento.

OUTRAS MARCAS. Aparecen de cando en vez pedrasnas que se representan gravados diagramas arquitec-tónicos do desenvolvemento dalgunha parte do edi-ficio. Son marcas que serven de punto de partidapara o alzado dunha estructura complexa.

MARÍA J. MASCAREÑAS ALONSO

Page 34: ARRAIANOS PRIMAVERA

34 ARRAIANOS/ MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA / primavera 06

A mediados do século XX o corazón da serra do Gerês-Xurés presentaba unha intensa actividadepola existencia dunha rede mineira e comercial que perviviu até ben entrada a década dos 70.Carboeiras e carboeiros, mineiros, panadeiros, cociñeiras, comerciantes e contrabandistas tive-

ron que soportar unhas duras condicións de traballo, cunhas temperaturas ás veces extremas por mor daaltitude destas terras.A serra era o eixo dunha rede de camiños que percorrían de xeito radial toda esta zona montañosa.Camiños, trilhos, percursos, carreiros e congostras, levaron á xente dos arredores na procura dun substen-to que lle permitiu mellorar as condicións nas que vivían polo atraso económico derivado do illamento edas ditaduras de Franco e Salazar. Unhas melloras, que salvo excepcións, non sacaron á xente da miseria,polo que moitos tiveron que emigrar a partir da década dos 60, comezando decadencia do rural arraiano.A actividade mineira destes anos céntrase na producción de carbón e na extracción de wolframio.

ROTEIROS ARRAIANOS IIMINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA

Page 35: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 35

MINEIROSOs mineiros da serra traballan na extracción de vol-framio, un mineral abundante nestas latitudes e quenos anos centrais da pasada centuria foi moi cobiza-do, adquirindo un valor extraordinario. Esto permi-tiu nalgúns casos xuntar pequenas fortunas, sobretodo ao principio, cando a producción non estabacontrolada polo réxime.

QUE É O WOLFRAM? No ano 1783, os irmánsJuan José e Fausto de Elhagan descubren o wolfra-mio, tamén chamado tungsteno (do sueco Tung-Stem, pedra pesada). Americanos e ingleses empre-garán a verba tungsteno, mentres a maioria doseuropeos lle chamamos wolframio (do alemán,Wolf = Lobo, Ram =sucio, indicando posíbelmentepouco valor). O mineral non se atopa só, senónsempre en combinación coa sheelita e a wolframi-ta, abundando en Córdoba e no territorio queabranguía a antiga Gallaecia.

É un metal duro, maleable, moi dúctil, co puntode fusión máis alto de todos os metais; é de cor grisaceirada, malia que en estado puro é branco pratea-do. Resiste os ataques dos ácidos e ten unha granderesistencia eléctrica. O seu símbolo químico é o W,elemento de nº atómico 74.

Emprégase xeralmente na fabricación de filamen-tos para lámparas de electrodos, resistencias parafornos eléctricos e aleacións para ferramentas decorte a gran velocidade. Pero o uso que produciu atolemia do metal no período de entreguerras foicoma endurecedor do aceiro, para blindar o arma-mento de terra.

Hoxe o 75% do wolframio (en adiante W) utili-zado no mundo procede da China.

HISTORIA. O feito de que este mineral sirva paraendurecer o aceiro fai que sexa moi buscado en épocade conflictos, disparándose o seu consumo a partir dosanos 40, co inicio da 2ª Guerra Mundial. Esto convérteonun mineral de carácter estratéxico, que os dous ban-dos en litixio queren ter controlado.

A ausencia de W en Alemania fai que os nazisprocuren desesperadamente unha fonte segura deaprovisionamento, polos atrancos do suministrodende China e Birmania, en caso de guerra. Estafonte atópana en España, reclamándolla Hitler aFranco como cobro pola axuda económica e militarprestada en favor do golpe franquista. Sendo aGallaecia unha das zonas da Península Ibérica ondemáis abunda o W, logo se converte na fonte de sumi-nistro máis importante da Alemania Nazi, que preci-saba blindar a súa maquinaria antiaérea.

Destacan as explotacións en Carballo, na Costa daMorte, en Valdeorras e na Serra do Xurés-Gerês. Óprincipio, centos de familias galaico-portuguesas botá-ronse ao monte, traballando co pico de sol a sol, paraextraer o mineral e ir amasando unha pequena fortuna.Pero no caso galego esta tolemia do ouro negro foi cor-tada de súpeto, cando Franco lle concedeu á familiaFierro, asturiana, a explotación das minas. Unha vezque as extraccións se “legalizaron”, os mineiros pasa-ron a ser “míseros asalariados explotados” , ao abeirode grandes familias que se enriquecían á súa conta,pasando á clandestinidade os que non se adaptaron ósnovos tempos.

A especulación fomenta exportacións masivasdende Galicia para a Alemania Nazi, sendo a gran pla-taforma de saída do mineral a praia de Balarés, enPonteceso. A partir de 1942, voltou coller certa forza aclandestinidade, xa que o bando aliado facía operaciónsno mercado libre para que o producto non chegase aosseus rivais. Así entendemos que o prezo se triplicaraano tras ano, enriquecendo sobre todo a grandes amis-tades da familia Franco (Idelfonso Fierro, José MartínezOrtego, conde de Arguilo e pai de Cristóbal MartínezBordiu), asemade de fomentar un gran ir e vir de espí-as nazis polo territorio galaico.

Co fin da 2ª Guerra Mundial caen bruscamente osprezos, debido a que comeza a chegar da China,Birmania e Bolivia, tendo un segundo auxe, por mor daguerra de Corea a principios dos 50, xa que este conflic-to dificulta os suministros de Asia Oriental. Co fin destaguerra, regularízase a situación e prodúcese a verdadei-ra decadencia do W galego, subsistindo na mina portu-guesa arraiana dos Carrís até a década dos 70.

Page 36: ARRAIANOS PRIMAVERA

36 ARRAIANOS/ MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA / primavera 06

AS MINAS. Os dous centros principais deexplotación foron os Carrís (Terras de Bouro) e asSombras (Lovios), ao abeiro dos picos máis altos domacizo Xuresiano: a Nevosa (1548m.) e o Sobreiro(1538m.), preto dos nacentes que alimentan o Limiae o Cávado. Outro centro de aproveitamento menorlocalízase no val glaciar do río Couçe, na cara sul dopico que lle dá nome ás minas do Borrageiro. Deaquí parte un camiño ascendente cara a Torrinheirae alto de Cidadelhe, onde tamén hai perforaciónsque seguen os filóns superficiais. Ben certo é que unbon traballo de prospección daría con moitos máislugares de extracción desta especie de ouro negro nametade do século pasado.

AS SOMBRASUbícanse na vertente oeste do Macizo Sobreiro-Altar dos Cabrós, a unha altitude de 1250m, nasfontes do río de Vilameá. A mina componse devarias extraccións superficiais e unha bocaminaque se adentra na terra, con varias galerías a nivelque avanzan seguindo o filón. Primeiramente, asperforacións fixéronse de xeito individual e libre,con martelo e piqueta. Pero a partir do ano 40 asituación regularízase, coa concesión da explota-ción a unha familia de peso na época, os Tejada.

Crearon unha compa-ñía que modernizou asSombras pouco apouco, chegando alevar a luz eléctrica.Construiron barracónspara dormiren os tra-balladores e substiui-ron o martelo e a brocade grandes dimensiónsdos picadores, por uncompresor para perfo-rar, dotándoos taménde candís de carburo.

O volume de reboextraído era deposita-do nunha vagonetaque o transportaba ásala de lavado e selec-ción. Alí dispúñasenunha mesa que obatía constantementeao tempo que tiñaauga corrente que

arrastraba a area, e o mineral, máis pesado, ficaba,pasando a almacenarse en sacos. O traballo reali-zábase en dous turnos de 8 horas de luns a venres,anque hai moitas denuncias de sobrexplotación.Nos anos posteriores á Gran Guerra a mina dei-xou de ser rentable e abandonouse. Na actualida-de, o complexo está en ruinas, coa casa de máqui-nas desfeita e a bocamina pechada cun tabique debloque, restos de ferros, cristais, vigas, e tres gran-des entulleiras. Cabe pensar nas Sombras comaunha explotación menor comparándoa coa súaveciña dos Carrís.

OS CARRÍSEstas minas están na vertente leste do mazizo domesmo nome, a unha altitude de 1420m. Explotadopor unha empresa alemana nos inicios da décadados 40, trátase dun complexo mineiro de grancapacidade, cunha boa masa de poboación asala-riada. Concentra máis de vinte edificacións adica-das a barracóns e outros servizos, unha grandecasa de máquinas para lavado e selección do mine-ral, e unha bocamina con varios pisos. É posibleque nun principio as extraccións fosen máis libres,ao xeito das Sombras, dada a gran cantidade deexploracións superficiais que hai arredor.

MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA

Page 37: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 37

A gran mina componse de catro pisos, ondenon había 1º, 2º, nen 3º, senón que se empezabaa contar dende o 4º, que era o máis alto. Nesteproducíase o desmonte de terra por medio duncompresor, e o volume de entullo xerado baixá-base ao 5º, onde tamén había derrube, e de aquíarrastrábase ata o 6º, que era o máis importantee onde había unha saída de emerxencia para oVal das Negras. No 6º, metíase en vagóns que seintroducían nunha gaiola que subía para a croa,preto da máquina de lavado. Quédanos un 7ºpiso con exploración, cun gran pozo centralonde se depositaba o rebo, que logo era recolli-do para o 6º por medio dun guincho (especie deescavadora).

A máquina separadora era moi sofisticada, con7 pisos de lavado onde o entullo ía caíndo dun aoutro, lavándose e separando o mineral do mate-rial inservible. Aquí os obreiros seleccionábano ealmacenábano en pequenos sacos.

Os traballadores baixaban á mina nas gaiolas, ecando faltaba a luz, cousa moi habitual, tiñan quefacelo por medio de escadas. Traballaban a reo en

turnos de día e noite, por semanas alternas, comíandentro da mina e cobraban por quincenas.

Do volume de traballo xerado nesta explota-ción, que con altos e baixos durou até a década dos70, dá boa conta a gran deposición de sedimentoacumulada no Val de Lamalonga, por baixo daboca de dexección da casa de máquinas, onde íaparar todo o arrastre do lavado. Acompañandoesta obra construiron unha presa na cabeceira dacorga de Lamalonga, aproveitando a auga do pro-ceso industrial de lavado do mineral.

Actulmente os Carrís son un gran exemplo dearqueoloxía industrial a recuperar, corroéndosenun espazo esquecido que envolve ao visitantenoutro tempo, nunha atmósfera de misticismo,profundidade e silencio.

BORRAGEIROSitas no nacente do pico do mesmo nome, a 1224m. de altitude, no val glaciar de Couçe, trátasedunha explotación menor e máis antiga cá dosCarris, baseada exclusivamente en exploraciónssuperficias seguindo os filóns. Traballábase indi-

Page 38: ARRAIANOS PRIMAVERA

38 ARRAIANOS/ MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA / primavera 06

vidualmente, declarando ao final do día a cantida-de extraída, pola que se adoitaba pagar unha taxa.A este pequeno complexo pertencen tamén asextraccións superficiais de Torrinheira eCidadelhe, ás que se accede pola portela entre oCorgo das Mestras e o Corgo da Arrocela, pormedio dun carreiro que sae das minas doBorrageiro.

CARBOEIROS E CARBOEIRASO ancestral xeito de fabricación do carbón viusedesbordado a partir de 1940, por mor do incre-mento da demanda do producto que até entónacostumaba ser para uso propio. A xente dospobos dos arredores da serra aproveitaron estademanda para incrementar a súa economía comacomplemento do sistema agro-pastoril.Actividade paralela en moitos casos coa extrac-ción de W.

O PROCESO DE FABRICACIÓN. A ferramenta prin-cipal dos carboeiros era a peta, aparello de mangocon dúas funcións: cortar e cavar. Por un lado é unmachado e polo outro unha sachola. Con ela facíaseno chan un pozo pouco profundo, arredor de 50 cmde fondo, cunha rampiña de acceso, á beira da cal se

pelaba unha pequenaaira. Posteriormente, comachado cortábaseunha pouca leña e moi-tos torgos (raices dasurces). No fondo dopozo depositábase“unha leñiña” e porriba dela os torgos,púñaselle lume e deixá-base cocer unhas 6horas até que o carbónse facía. Para apagarabafábase con terra,dado que a auga fendíao carbón e derramábao.Cando estaba ben aba-fado, quitábase polarampiña para a aira cunangazo de ferro e metí-ase en sacos. De segui-do era transportadopara as zonas de recolli-da, que dependía das

de producción. Nalgúns casos coma en Requiás, dei-xábano enfriar e levábano ao día seguinte.

AS ZONAS DE PRODUCCIÓN. Variaban segundo ospobos, tendo sempre como radio de acción as cotasmáis altas da Serra, dado que o volume de poboaciónda época supuña unha maior presión sobre os recur-sos do monte, e as uceiras quedaban relegadas ászonas máis alonxadas. Así, temos carboeiras e carbo-eiros de toda a contorna na Nevosa e nos Carrís, que-dando cotas algo máis baixas para aproveitar segun-do a distancia ao pobo máis preto. A grandes trazospodemos dicir que Sampaio Bouzas e Brindelo pro-ducían en Prado Seco, no coto do Arcediano e nasLamelas. Gustumeau, A Regada e Sáa, na Abelleira,nas Lamelas, e na Nevosa. Puxedo e Guende naschairas de Fontefría, As Gralleiras e na Teixeira.Salgueiro e Alvite, en Fontefría e nas Gralleiras, igualque Requiás, Guntumil e Tourem, que a maiores pro-ducían no Pisco. Os de Pitôes da Junias aproveitabanas uces da falda leste do macizo Gralleiras-Fontefría,así coma o Cabeço do Fitoiro, entre outros. Os deLovios, Vilameá, A Devesa, Bubaces e Torneiros,acostumaban faer o Carbón no Sobreiro, Altar dosCabrós, Corvelle ou Pión de Paredes, e logo xa o bai-xaban polo camiño de Porta Paredes, que ía ás

MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA

Page 39: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 39

Sombras dende Vilameá. Por outra banda, na zonasur da Serra, as carboeiras e carboeiros de Fafiâo,Ermida, Pincâes e Cabril faíano na zona dos Carrís,aproveitando que xa subía un camión á súa procuradúas veces por semana, con destino a Porto. Amesma técnica seguíana os das freguesías deParadela e Outeiro, aínda que estes tamén producíanen cotas máis baixas, cara a Montealegre.

AS ZONAS DE RECOLLIDA. Estas establecíanse en fun-ción da distancia. Así había seis puntos principais:

·Lovios: no propio pobo e na desaparecidaponte da Malleta (pagaban algo máis), aquí viñanco producto de Torneiros, Padrendo, Bubaces, ADevesa, Vilameá, Gustumeau. A Regada, Sáa,Sampaio, O Reguengo, Prencibe, Esperanzo, e dopropio Lovios.

·Porto Quintela (antes do encoro) e Cados (des-pois): recollíaselle principalmente aos pobos dePuxedo, Guende, Alvite, Salgueiro e A Cela; porveces tamén aos de Sampaio que xa baixaban poraquí directamente da Serra.

·Bande: aquí viñan os de Requiás e Guntumil,ao día seguinte en burros, tras deixalo enfriar polanoite no monte.

·Loureses: tamén era o destino frecuentado porRequiás, Guntumil e Randín.

·Montealegre: co mesmo medio de transporteacudían os carboeiros e carboeiras de Paradela,Outeiro e Pitôes das Junias.

·Os Carrís: aquí subía un camión a recoller ocarbón dúas veces por semana, feito que aproveita-ban os portugueses para vendelo e non ter quecarrar con el ao lombo ou en burro.

OS POBOADORESForon os grandes artífices desta precaria industriaxuresiana do século xx. Mulleres e homes que par-tiron o lombo picando ou percorrendo a serra consacos de carbón ou de W. Temos a testemuña deJosé Antonio Dacunha (Pitôes das Junias): “iamostraballar a pé dende Pitôes até os Carris, tardaba-mos tres horas e media, e así todas as semanas,con choiva e neve. Alí traballabamos oito horas emedia e despois aínda faguiamos o carbón, ¡éra-che moi duro!”.

Tamén había moita clandestinidade, que exis-tíu sempre, mesmo cando as minas estaban enplena producción. Así, déronse casos de deten-cións polos carabineiros de mulleres e homes queían extraer o W pola súa conta, en pequenos blo-ques que vendían clandestinamente. Testemuñade Manuel Vázquez Rodríguez (Lovios) falandodo ano 1951: “cando extraiamos o mineral porlibre, nas Sombras, cun martelo, saían anacos quepesaban moito, e metiámolos en saquetas de 20-30 kilos, e baixabámolo ás costas ou en burros atéVilameá, onde o gardabamos nunha granxa atéque se negociaba. Había moitos carabineirosvixiando, polo que un de nós tiña que facergarda, e co diñeiro recaudado polo mineral pagá-baselle un xornal proporcional entre todos.Moitas veces baixabamos sen nada. Na companíagañabamos 14 pesetas e traballabamos oito horas,anque moitas veces aproveitáronse de nós e tra-ballamos de sol a sol, e como daquela non sepodía protestar, se non xa sabías o que che pasa-ba. En ocasións obrigáronnos a levar sacos demineral para os Carrís que intercambiamos porbidóns de gasoil que viñan ás costas”.

Dada a gran necesidade de cartos que había, asmulleres ían ás chinas ao entullo, despois de que estepasara pola máquina de lavado e selección. Os tra-balladores durmían onde podían, xeralmente porbaixo das pedras, até que se creou a compañía quefixo os barracóns. A comida subíase en cabalerías ehabía unha cociñeira nas Sombras (Beatriz VieiraFernández) que cociñaba para os obreiros a turnos,e que prefire non lembrar aquel tempo.

Nas Sombras traballou xente da zona, perotamén do Carballiño, Xinzo, Ourense, Celanova,Portugal... Nas horas libres os obreiros aproveita-ban para facer algún saquiño de carbón e baixalo,co obxectivo de sacar diñeiro extra para a fin desemana, dado que o que gañaban alí, tíñano que

Page 40: ARRAIANOS PRIMAVERA

40 ARRAIANOS/ MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA / primavera 06

entregar na casa para sustento da familia. O carbóntamén serviu como moeda de troco, por patacas,leite, bacallau, etc.

Como había que apurar a baixar o carbón, paraque non se botara a noite, en moitos casos non sesofocaba o xusto, por iso os entrevistados recordanque era moi frecuente que prendera lume de novona saca, con máis dun apuro para algún. Desto deutestemuña María Pérez de Gustumeau, que foi aocarbón na década dos 50.

Raúl da Silva González, de Sampaio, lembraque aquí ía toda a xente ao carbón, mesmo até hai10 anos, para facer lume na forxa co gaio de apun-talar a ferramenta. A súa dona María Pérez Pazlembra: “era duro, pero era moi bonito, andabamostodo o día alegres e cantando, viñamos negroscoma carbuzos, lavabámonos un pouco e iamos áfesta”.

Segundo Andrade Costa, de Parada (Outeiro):“ás veces había conflictos porque viñan os galegosfacer o carbón ata Biduiça, (xa en territorio portu-gués), aínda que nunca chegamos a baternos”.

A xente de Covelâes, Selheze, Donôes, Mourilhe,que xa non era carboeira, formou parte da precariaestrutura comercial que se montou nos Carrís, xaque lebavan comida, bebida, tabaco, roupa e outros

produtos. Para comerciar, tiñan que sacar o que sechamaba unha “guía”, e pagar por ela no posto decarabineiros en Montealegre para non infrinxir anorma e converterse en contrabandistas.

OS CAMIÑOSA rede de percursos que había na serra a partir dadécada dos corenta era impresionante, mesturán-dose camiños vellos, romanos, medievais e moder-nos, formando unha gran maia que tiña como cen-tro o eixo do macizo Galaico-Portugués Sobreiro-Nevosa, cruzándose á súa vez con outros carreirosque, na procura de productos para o contrabando,atravesaban a fronteira política entre Galicia ePortugal. Neste traballo, analízanse estes camiñosindividualmente para coñecermos o traxecto queseguían os que ían traballar ós Carris e ás Sombras,dende as diferentes áreas de poboación suministra-doras de man de obra:

1. CAMIÑO DE PORTA PAREDES. Este era o itinerarioseguido polos traballadores chegados da zona nor-oeste da serra, como Vilameá, Torneiros, Bubaces,Padrendo, Compostela e Lovios. O camiño partede Vilameá, ascendendo pola marxe esquerda dorío do mesmo nome, entre este e a Ermida da Nosa

MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA

Page 41: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 41

Señora do Xurés, até aponte de PortaParedes. Aquí, cruza oregato, e segue ascen-dendo sempre á beiri-ña do río e ao abrigo dePión de Paredes, até asSombras, salvando750m. de desnivel.

2. CAMIÑO DE PITÔES

DAS JUNIAS AOS CARRÍS.Sae do pobo en direc-ción oeste, case rectoaté o obxectivo. Trasunha preciosa baixadaentre carballos até oRibeiro do Beredo,ascende até a fraga deS. Joâo, que bordeapolo sul, para subir óPorto de Candela,onde xa se divisa odestino. Dende aquíhai que armar as pernas, pois extrémase a durezaao baixar e subir de xeito case sucesivo catro vales,Corgo das Lamas, Corgo das Lamelas, Ribeiro deBiduiça, e Ribeira das Negras, para entrar nosCarris pola cabeceira do Val de Lamalonga.Dende Pitôes había outra posibilidade de accederaos Carrís pola calzada romana dos Fornos, quechegaba até as chairas dos Fornos. De seguido, uncarreiro ascende á Portela de Fontefría atravesandoentre a mítica fraga de Brazalite e a roca Sendeia.Dende a Portela dá un xiro de 90 grados, para ircresteando pola Teixeira e Lamelas, case seguindoos marcos da fronteira até o curral da Nevosa, xa ábeira dos Carrís.

3. CAMIÑO DENDE SAMPAIO, BRIÑIDELO E BOUZAS.Este roteiro sae de Bouzas, e atravesando o Regatoda Fonte Fría, vai empedrado até a chaira dePrado Seco, dende onde baixaban a herba encarros. Ascende até Lamelas e vai cresteando até aportela da Nevosa, lugar ao que subían a miúdopara facer carbón.

4. CAMIÑO DENDE PUXEDO E GUENDE. Ascendíaenlousado practicamente até a Portela de Fontefría,pasando preto do foxo do lobo e adentrándose na

serra polo estreito paso do coto da Águia, antes doscurrais de Fontefría. Xa dende a cima é de suporque iría cresteando até a Nevosa, aínda que nontemos referencias de obreiros que se desplazasen atraballar ás Sombras dende aquí.

5. CAMIÑO DENDE REQUIÁS, GUNTUMIL E TOUREM.Tampouco hai referencias de traballadores de aquínos Carrís nin nas Sombras, pero sabemos quesubían facer o carbón até as Gralleiras e Fontefría.Accedían pola Barxa, ascendendo pola marxedereita do Regato da Ponte Nova até atravesar omesmo e subir, pola marxe esquerda, ó Boqueirodo Iribo por onde se entra no val dos Fornos e sepode subir a Fontefría e ás Gralleiras.

6. CAMIÑO DENDE GERÊS E PORTELA DE HOMEN.Subindo polo val glaciar do río Homen, unha pistade terra e pedra feita para acceso á explotación,leva directamente aos Carrís.

7. CAMIÑO DE FAFIÂO, PINCÂES E CABRIL. O inicio estábastante confuso e polas referencias toponímicasrecollidas faería falla un traballo de investigaciónpara situalas. Así e todo sabemos que partían depuntos diferentes dos tres pobos, confluíndo os tril-

Page 42: ARRAIANOS PRIMAVERA

42 ARRAIANOS/ MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA / primavera 06

hos en Porto de Laje, para ao pé das Sombrosas,ascender á Lagoa e adentrarse no impresionante valglaciar de Couçe, onde tamén se ubican as minas doBorrageiro. Deixando ao ponente o circo glaciar deCocôes de Coucelinho, proseguía até Lamas deHomen, para dende aquí subir aos Carrís pola pista,ou ben pasar até as Sombras pola Portela daAmoreira .Este roteiro era o que maior desnivel sal-vaba, con máis de 1100m.

8. CAMIÑO DENDE ACEVEDO, LAPELA E XERTELO.Mesmo roteiro que o seguido polos que viñan daoutra beira do río, de Peneda, Covelo e Ferral, quecruzando o Cávado na ponte de Peneda, ascendíanaté Pinedo, e atravesando o Ribeiro de Penedointernábanse na serra polo nacente de Terra Bravae Lajes dos Infernos. Seguidamente ascendían aoPorto de Laje dos Bois, que daba entrada polo sul áchaira de Sesta de Lamalonga, ollando xa ao fondoos Carrís e chegando polo Salto do Lobo.

9. CAMIÑO DENDE SIRVOZELO E CELA. Mesmo camiñoseguido polos mineiros de Paradela, Ponteira,Fiaês do Rio, Regoço, Carrais.... Saíndo da Celaascendía pola Picota até a Portela de Ramos e porEntre Caminhos chegaba até o fermoso curral de

Biduiça. A partir deaquí, unha dura ascen-sión sitúanos nasRochas de Matanza, xano val das Negras;aquí, perto da cabecei-ra está a portela deacceso á chaira deLamalonga, por ondesubimos aos Carrís.

10.CAMIÑO DENDE

PARADA, OUTEIRO E

PAREDES. O percurso teno mesmo punto de par-tida que é o roteiro docontrabando que íadende Parada atéSampaio e Bouzas, perotras pasar a ponte deCasarelhe collía rumboNoroeste seguindo oRibeiro da Teixeira,mentres que o dos

Carris ascendía pola marxe esquerda do Ribeiro deDola, atravesando os montes de Verdugo e Pejeiroz,até o curral de Biduiça. Dende aquí unha dura ascen-sión até as Rochas de Matanza, no Val das Negras,que cruzaba por unha Portela até a chaira deLamalonga, dende onde subía ós Carrís.

ROTEIROS ARRAIANOS. A práctica do sendeirismo,hoxe concebida coma unha actividade de ocio,ancestralmente foi unha necesidade de vida. Osnosos antergos arraianos desenvolvéronse polomonte coma peixes na auga, institucionalizandocamiños, trilhos, carreiros e pasos que na súa mei-rande parte se esqueceron ou se perderon entre omato. Sería unha inxente e interesante labor recu-perar estes camiños coma unha mostra de respetoe á súa vez de homenaxe aos nosos antepasados,que cos seus coñecementos e habilidade contribui-ron a crear a mítica historia arraiana.

Son moitos os percursos pedrestes que se podenlevar a cabo, como vimos antes, relacionados co díaa día dos mineiros e carboeiros. Persoalmente paré-ceme máis interesante o roteiro que engloba os com-plexos Sombras-Carrís, que alén diso serve de accesoás cotas máis altas da serra (Nevosa-Sobreiro),podendo coroalas sen grande dificultade técnica.

MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA

Page 43: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 43

O marco onde se desenvolve a camiñata ató-pase no corazón do macizo Gerês-Xurés, integra-do no Parque Nacional da Peneda-Gerês e noParque Natural da Serra do Xurés, na cabeceirade dous vales de forte modelado glacial, o val dorío Homem e o do río de Vilameá.

Durante o Cuaternario producíronse moitasoscilacións climáticas, con periodos moi frios, eintervalos máis cálidos. Dado que estes fenóme-nos foron estudados con intensidade nos afluen-tes do Danubio, foi de onde colleron as súas nomi-nacións: Günz, Mindel, Riss e Würm. Parece queesta última glaciación, que marca o fin doPleistoceno e o comezo do Holoceno (a nosa eraxeolóxica), foi a que máis afectou á nosa Serra,dende o ano 110.000 a.c. ata o 10.000 a.c.

Durante a glaciación, o casquete polar chega atéo norte de Francia, con zonas máis meridionaisafectadas nos seus sistemas montañosos, como é ocaso do Macizo Gerês-Xurés e Serra do Leboreiro.A capa de xeo asentouse nas cotas máis altas daserra, dándolle o actual modelado, con múltiplesmostras da pegada glaciar (Val das Negras, Circode Cocôes de Concelinho, Ribeiro da Avelheira,Fichinhas e Sombrosas, Corgo do Mouro, Lamas deVez). Por outra banda, dadas as temperaturas máissuaves desta área peninsular, os xeos adquirirongrande mobilidade, formando linguas de gran lon-xitude, que arrastrando sedimentos perfilaronvales coma nos casos dos ríos Homem e Vilameá.

FOLLA DE RUTA.O percurso comeza xuntoaos miliarios que marcan a Milla XXXIVda Vía Romana que unía as cidades deBracara Augusta (Braga) e AsturicaAugusta (Astorga), definida no Itinerariode Antonino coma Via Nova. Tras unpequeno tramo de estrada (500m.), chega-mos ao río Homen, onde nos agarda unpronunciado ascenso de 3 h., que noscoloca nos Carrís, percorrendo a antigapista que serviu de acceso aos vehiculosde aprovisionamento que chegaban ásminas.

O camiño ascende polo espectacu-lar val do río Homem, con marcado perfilen U, polo forte modelado glaciar que dei-xou paredes verticais de máis de 200m. Orío furou e formou magníficas pozas deauga cristalina, de cor verde esmeralda,que en época estival invitan ao baño. É

importante non esquecerse de encher as cantimplo-ras na fonte da Abilheira, a un kilómetro de iniciarseo ascenso, que é duro e precisa de auga. Dentro dagrandiosidade da subida chaman a atención funda-mentalmente dúas cousas.

A acusada presenza de masa autóctona deribeira, do río Homen e dos regatos que o alimen-tan, con predominio de acivros, érvedos, acerei-ros, teixos e carballeiros. Destacando a acumula-ción de teixos do Ribeiro do Cangarouço, a mediaascensión. E tamén, a gran cascada de auga quese debruza dende o Curral das Alvas, vencendoun desnivel de máis de 200m. de caída, e quevemos aos 5 km de ascensión despois de pasartres curvas de ferradura.

Xa nos Carrís, hai que ollar as ruinas do comple-xo mineiro e achegarse até a casa de máquinas, naparte máis baixa da explotación, dende onde se divi-sa o Val de Lamalonga, con todo o sedimento saídodo lavado do mineral, depositado por riba. Tamen épreciso subir até a presa onde se acumulaba a augaempregada no lavado do W. Dende o muro do enco-ro temos unha magnífica vista do circo glaciar quepecha o Val das Negras. Dende aquí ofrécenselle aocamiñante dúas opcións:

ENCORO DOS CARRIS DENDE A NEVOSA:Situados na presa, subir até o Sobreiro, segunda cotamáis alta de todo o macizo con 1538m, e baixar polo

Page 44: ARRAIANOS PRIMAVERA

muro que divide política e administrativamenteGalicia de Portugal, até a Portela da Amoreira.Dende os Carrís, retroceder un kilómetro e medio,e bordear polo oeste o cordal Carrís-Sobreiro,seguindo un sendeiro marcado con mariolas(pedras amontoadas unhas por riba das outras, quedende tempos ancestrais, veñen sinalando os cami-ños na serra), até a Portela da Amoreira.

Na Amoreira quedan restos dun xeito de vidapastoril case extinguido, baseado nunha especiede seminomadismo de verán, na procura de pas-tos novos para o gando. Aquí temos un curralpechado con pedras chantadas intercaladas entremuros de mampostería, onde se recollía o gandopola noite despois de pacer todo o día ceibe. Nointerior do curral hai unha chivana de pedra,para durmir os pastores encargados do gando.Estas chivanas difiren en matices, segundo asdiferentes áreas da serra, sendo ésta unha cons-trucción circular a base de pedras de tamañomediano, que se van pechando nunha falsa cúpu-la, e cunha entrada adintelada orientada aonacente. Por riba ten unha capa de manto vexetalpara illala do frío. Dentro refuxiábanse os pasto-res encargados da veceira de cabras, normalmen-te dous ou tres, que se turnaban por días cosoutros pastores do pobo segundo o número decabezas, coidando así de todas as manadas dopobo organizadas na veceira, coma unha mostrado comunitarismo agrario existente na zona.

Cruzada a portela, un sendeiro a media ladei-ra vaise internando no val glacial do río deVilameá co seu característico perfil en U, até ocomplexo mineiro das Sombras, onde se venentulleiras, restos de ferruxe, máquinas e as rui-nas do edificio de servizos. Baixamos da explota-ción por unha pista paralela ao río da Amoreira,até chegar ao cruzamento con outra pista traspasarmos unha barreira. Aquí ofrécensenos dúasposibilidades, ou ben baixar polo río Vilameá,que é o máis convinte e vistoso, ou ben seguir apista de terra á esquerda, que nos conduce aopunto de partida.

·Opción A (río Vilameá). Para esta posibilida-de deberiamos ter deixado un carro en Vilameáde Río Caldo, para poder ir recoller o outro áPortela do Homem. O camiño, chamado de PortaParedes, baixa coma un tiro pegado á marxedereita do río até a ponte. Deixando atrás rochas

MINERÍA E CARBÓN NA RAIA SECA

con agullas e fendas angulosas producidas polosxeos do Pleistoceno e pequenos depósitos morré-nicos. Asemade as augas cristalinas do río vaninvitando ao baño constantemente. Cruzada aponte de Porta Paredes, é importante fixarse nocamiño para non subir á capela da Nosa Señorado Xurés, senón coller un carreiro á dereita quenos leva, a media ladeira, até unha estrada pretodo pobo.

·Opción B (pista que leva ao punto de partida).Non ten perda, vai serpenteando directamente atéa estrada que vai de Lovios a Portela do Homem,con grande interés paisaxístico e ambiental. A voltapor aquí, ten moito menos encanto que a opción A,e alén diso faise moi longa, que é algo a ter en contadespois de levar horas camiñando.

VALORES: paisaxe, vexetación, etnografía, xeolo-xía e arqueoloxía industrial.

ARREDORES: Muíños e pozas de Vilameá, VíaNova, Roteiro da Corga da Fecha, Mata deAlbergaria

VEXETACIÓN: Teixos (taxus bacata), acereiros (pru-nus lusitanica), acivro (ilex aquifolium), capudres(sorbus aucuparia), érvedos (arbustus unedo), biduei-ros (betulea alba), carballos (querqus pirenaica),sobreiros (querqus suber),piñeiros (silvestris e pinas-ter),amieiros (alnus glutinosa), salgueiros (salix),ademáis de ericáceas, violáceas, liliáceas, e outrasplantas subalpinas.

DAVID PÉREZ LÓPEZ, ARQUEÓLOGO E ETNÓGRAFO

44 ARRAIANOS/ MINERIA E CARBÓN NA RAIA SECA / primavera 06

FICHA TÉCNICA

Dificultade: AltaTempo: 7-8 horasDesnivel: 750 m.

Carta Militar de Portugal:folha 31, Outeiro (Montealegre)folha 18, Pitôes de Junias (Montealegre)

Mapa Topográfico Nacional de España:1:25.000, Lovios, 301-III1:25:000, Portela de Home, 336-I

Page 45: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 45

FOTOGRAFIALUANA FISCHER

Page 46: ARRAIANOS PRIMAVERA

46 ARRAIANOS/ AS CAMPÁS DO VAL DO DEVA / primavera 06

O meu val do meu Deva ¡todo é meu, porque con Rilke digoque a miña infancia é a miña patria! é a felicísima con-fluencia que xa está aludida nun documento do ano 1233

no Tombo do Mosteiro de Fiães: ad rivulum de Deva et ad mestas deGinizo, pois esas (augas, quizais ambas) mestas ou mesturadas neseGinizo hoxe Xinzo, son as do río Grande ou Deva, que baixa doOuteiro de Augas, e as do río de Crespos ou de Gorgua, que baixa doAguillón e da Basteira, e conflúen nun topónimo, Entrerríos, dos quelle puñan a Fernando VII para lucimento etimolóxico da Súa CatólicaMaxestade.

De Entrerríos era Adolfo Merelles, un home que daría material abondo a Pardo Bazán, Valle e Cunqueiro xun-tos. Moito habería que latricar na súa vida e milagres, pero abonde con recordar que foi, se cadra, o crego de misamais rápida na Historia Universal da Igrexa Católica, e din que aprendera a lingua alemana polo expediente de cha-parse o diccionario, e contan que no Seminario de Ourense estudara clandestinamente Filosofía e Letras sentadopolas noites no escusado, cun cabicho de vela para ver e cos pes nun caldeiro de auga fría para se non durmir.

O meu amigo Adolfo Merelles enterrouse en San Pedro da Torre, por riba de Entrerríos, a carón da fermosa igre-xa na que cómpre entrarmos para ver o que alí deixaron en 1812-1813 os escultores Xosé Ferreiro e o seu xenro VicentePortela. Pero o mellor de San Pedro é estar na punta da barbacá que arrinca de Os Mociños e remata en miradoiro deprivilexio para pormos bébedos os ollos na gloria da miña patria. Estou vendo, ou facendo que vexo por licencia poé-tica e antollo cordial, arriba á dereita, San Pedro de Leirado, outra boa igrexa que xa era Leirado nos documentos doMosteiro de Ramirás e igrexa con campás de moito pentello, que é o que hoxe importa.

A man esquerda vexo ou fago que vexo o pequeno Trado, ou nada pequeno, senón ilustre a cachón, porque alínaceron miña nai e os seus oito irmáns. Trado é Talatro no Tombo do Mosteiro de Celanova e vai ti a saber se tenalgo ver co trade e qué furarían alí os meus “antepasmados”. O caso é que Trado, San Paio de Trado, ten igrexapequerrecha e con campás de badalada de contratenor, badalada pouco solemne. Trado déitase na aba do monte quede Crespos vai caer xa no Miño e, asomado a todo o val, ten a boa acústica que precisa esta chilindrada miña dascampás do meu val do meu Deva.

En Trado e arredores era médico o meu avó, Don José,ou tamén Don Pepito, con irmáns Dalmiro, Enriqueta,Narcisa e Adelina, é dicir, do calendario no que faltabamoito para inzaren os Igores e as Vanessas. Xa contei queo meu avó tiña que saír ás tantas da madrugada a cabalopara facer a visita por toda a aba de Penagache e daBasteira e entrar tamén nun par de aldeas portuguesas. Etiña que ser home valente porque nunha noite de lúachea atendeu a invitación dun brazo branco que o cha-maba desde o fondo do cemiterio na beira do camiño queel levaba cara a Crespos e alá foi... O brazo branco resul-tou ser o rabo dun burro que andaba solto e foi pacerentre as tumbas, e, se a cousa agora vos parece chusca,preguntádevos que fariades vós na ocasión por moitaburla que antes fixésedes da Compaña, dos aparecidos edos que cren nesas cousas.

O meu avó era o único que daquela recibía o periódico en Trado e, cando o tiña lido, pasáballo a un parente quena praza, na banqueira do cruceiro, lía para un corro de interesados e fíxose inmortal no arquivo familiar porque

JUAN JOSÉ MORALEJO

AS CAMPÁS DO VAL DO DEVA

Page 47: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 47

trabucou a entoación e deixou intrigado o auditorio coa novidade dun general Mirandolas que non pasaba de ser ogeneral mirando las tropas en revista regulamentaria. O pai do meu avó era o que daquela chamaban “zuruxán”, édicir, unha mestura do que hoxe son o ats e o albeite. O avó do meu avó era “O Paneiro”, é dicir, un castelán deTierra de Campos e do comercio ambulante de panos, pero casou e asentou en Trado. E pola liña feminina fiqueconstancia de que o meu avó era un Puga con parentes hasta Ximonde, no Ulla, e, polo tanto, a confirmación de queno meu ADN xa estaban prescritas as teimas polas que devezo.

E remato o repaso do meu val do meu Deva con San Martiño de Valongo, unha boa igre-xa barroca que debe algo da súa pedra ó agostiño Frei Domingos de Vergara, natural deValongo e arcebispo de Bogotá no XVIII. As campás de Valongo son de badalada grave perocapaz de se facer sentir en todo o val. Subindo de Valongo cara a Celanova está Casares daVirxe, onde naceu o meu bisavó Manuel Álvarez, o Tortuga, carpinteiro en Cortegada e queun bo día acordou que xa estaba ben de fame e tivo en Buenos Aires a sorte e mais o éxitoós que en definitiva lle debo eu podervos contar estas memorias gratas, tan repetidas nacasa polos maiores que ós de segunda e terceira xeracións nos parecen vivencia propia.

E vamos xa co conto das campás do meu val, unha leria con que o meu avó entreti-ña ós fillos cativos cando sentían todas as campás do val tocar no Angelus e cousas así.A campá seria e solemne de San Pedro da Torre daba noticia de que

En San Pedro morreu unha vella,en San Pedro morreu unha vella...

E a campá de San Pedro de Leirado, tamén grave, preguntaba curiosa:

¿E qué deixou?¿E qué deixou?

A campá de San Pedro da Torre dicía que non era moita a herdanza da difuntiña:

Unha manta vellaUnha manta vellaUnha manta vella

Es as campás miúdas de Trado puñan a súa badalada entre lercha e pelicas:

¿E cómo a pensan partir?¿E cómo a pensan partir?

E entón daba o seu dictame inapelable, as súas badaladas de baixo profundo, San Martiño de Valongo:

¡De longo a longo!¡De longo a longo!¡De longo a longo!

Velaí tendes unha bonita chilindrada que me repito todas cantas veces sinto esas campás cando vou doCantiño a Entrerríos facéndolles as beiras ás troitas, miñas señoras, e elas responden facéndome a puñeta,que é unha factura na que son expertas e nunca improvisan, pois sempre teñen a unha de garda para que llesdea aviso de que chego eu ó río e poder elas practicar o que levaban todo o inverno a ensaiar.

Page 48: ARRAIANOS PRIMAVERA

48 ARRAIANOS/ BANDEIRAS ARRAIANAS / primavera 06

BANDEIRAS ARRAIANAS

Page 49: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 49

ZÉ TOMÉ

Page 50: ARRAIANOS PRIMAVERA

50 ARRAIANOS/ HISTORIA MEDIEVAL / primavera 06

UNHA PEQUENA APROXIMACIÓN Ó POBOAMEANTO

E Á ARQUEOLOXÍA MEDIEVAL NO V A L A L T O D O D E V A

E ste traballo nace coa intención de ache-garse ó mundo medieval nun espazo dacomarca de Celanova moi interesante

debido á ausencia de calquera investigación pre-via (tanto no que se refire a aspectos históricoscomo incluso artístico - monumentais) ou á exis-tencia de abundantes datos documentais dentrodas coleccións de San Pedro de Ramirás e SanSalvador de Celanova.

Xeograficamente, centrarémonos no val alto dorío Deva. Estamos diante dunha configuración topo-gráfica bastante accidentada, con altitudes que noalto do Leboreiro ou en Penegache pasan dos 1.200metros, habendo terras do val que presentan pen-dentes pronunciadas.

Respecto ás fontes empregadas, ímonos centrarnos Tombos de Celanova e San Pedro de Ramirás,editados por Andrade e Lucas Álvarez respectiva-mente. Mentres o primeiro se centra nos séculos X -XI, o segundo proporciona datos fundamentalmentepara o século XIII.

Na liña da historiografía tradicional castelá deSánchez Albornoz, Pensado Tomé ó estudiar o foroconcedido por Alfonso IX á vila de Milmanda afirma

que el territorio estaríadespoblado y al rey le inte-resaba que esta zona colin-dante con Portugal estu-viese lo suficientementehabitada como para que nose produjesen sorpresasbélicas.

Esta teoría non nosmerece máis que unhacrítica radical. O Tombode Celanova (TC) amó-sanos a existencia dapráctica totalidade dasentidades de poboaciónactuais. Daqueles terri-torios situados dentrodo coto xurisdiccionalde Celanova, nestaépoca os espacios mar-xinais do val en torno áspoboacións de Albos,

Cexo Bangueses Gorgua e Monterredondo, posuí-mos unha información ceda, xa que o TC arranca demediados do século X.

O primeiro síntoma dun poboamento que podevir de antigo témolo cando Zenserigo doa aMenendo (irmán de Rosendo) a cuarta parte dassúas villae, entre as que se atopaba Bangueses.

Menendo non vai ser o único familiar queaporte propiedades ó recen fundado cenobio,senón que Dona Ilduara, nai do santo, o día de finde ano de 940 recibe unha carta de incomunatio dePelaio, no que lle entrega 12 vilares situados entreos ríos En e Gorgua. Entre eses vilares estánAvessos, Messeganos, Gresulfi e o vilare que iacetin ripa de Gorcula, no entorno de Monterredondo;cinco dos vilares que concede: Cova de Vero,Busto de Leovana, Busto de Teoderedo, Busto deCopos e Piorneto, están sen localizar, tendo quesituarse no entorno de Penegache (de atoparsepoderían ser un bo reclamo arqueolóxico quecomplementasen ó parque natural).

No caso destas propiedades dísenos que foran dafamilia polo menos dúas xeracións atrás, co quequeda documentada a existencia de poboadores nas

Page 51: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 51

marxes da Serra doLeboreiro durante o sécu-lo IX, desmontando total-mente o argumento dadespoboación.

Se as zonas máisagrestes estiveron habita-das, resulta máis que pro-bable que as áreas máisfértiles do val tamén oestiveran.

Ou tal vez non,como hipótese plante-xaremos a posibilidadede que nesta época,senón todos, si algúnsgrupos humanos aíndanon estarían completa-mente sedentarizados ecunhas dedicaciónspreferentemente agrarias, o que explicaría a súapresenza nunha altitude elevada, así como a des-aparición dos cinco poboados anteriores sen dei-xar pegadas nin na toponimia, ós que hai queengadir outros once que a documentación nossitúa no Montis Leporarii: Busto Calvoni,Tordellanos, Agapi, Akauz, Eirizi, Felganas,Perellos, Aduniadi, Astrilli, Barroso ou Bartari.Tal vez nos primeiros tempos Celanova limitousea absorber ós poboadores preexistentes sen cam-biar as formas económicas e sociais de base até ocrecemento dun mosteiro máis estrictamenterural ou apegado á terra.

No Tombo de Ramirás atopamos un foro colec-tivo dado en 1.262 a nove matrimonios deXacebáns para que o poboen e cultiven. Xunto ásrendas usuais, estas familias deben ofrecer dousxantares anuais ó mosteiro, Pero este foro taménnos di que et monasterium defendat vos pro posse suocontro omines, quod si non potuerint, det vobis odomporotorem; tomen non oporent vos contra heredita-rios, quod non faciais servicium, e séguese, si ali quisde populatoribus ipsuis ville fuerit latro aut malushomo aut superbus aut turbulentus eat ad illam Ora deRamiranis et si invenerint eum pro malo hoc expellateum de villa et accipiat hereditatem et habeat monaste-rium directuram et hereditatem.

Parece como se houbese un perigo especial deataque neste territorio, pensamos que en relación cosprocesos que se estaban desenvolvendo na chan deCastro Leboreiro. Mattoso na súa Historia de Portugalfala para estas poboacións dunha subsistencia basea-da case que exclusivamente no pastoreo, e o que émáis interesante, dun hábitat aínda non estable, xun-tándose en aldeas cunha agricultura intermitente tansó nalgunhas épocas do ano.

Cerveira Pinto, antropóloga lusa, estuda as cha-madas brandas, hábitats de verán das poboaciónstranshumantes, caracterizadas por ser construcciónsen falsa cúpula, a veces diseminadas, sen chegar aformar poboados; normalmente non é unha aldea,aínda que poida adquirir ese status. A ocupaciónestable desta zona de montaña portuguesa, limítrofecoa nosa, non se leva a cabo até a Idade Moderna.

Os pobos que supomos estaban baixo a xuris-dicción de Ramirás (o seu tombo neste tempoaínda garda silencio) non aparecerán no TC ata oséculo XI. Cando no 1044 os monxes de Celanovarecollan unha lista de homes pertencentes ó mos-teiro, observamos como posúe: In Río de MolinosGundensindo filius de Alvaro de Cegio integros, filiosde Avico Menendez Sunt neptos de Menesdo Guntizde Vangueses, xunto cos outros homes in Lairato e

Page 52: ARRAIANOS PRIMAVERA

52 ARRAIANOS/ HISTORIA MEDIEVAL / primavera 06

in Vizebanes. No mesmo ano, pero nun texto dis-tinto, aparece a vila de Quintela, que AriasOduariz cede a Menendo González como com-pensación polas violencias cometidas contra osseus xudeos.

Até 1.119 non imos acadar ningunha referen-cia ó entorno Vilar – Grixó - San Pedro da Torre.Andrade sitúa a vila Ecclesiola, doada nun cuartopor Rodrigo Velasconi, no concello de San Pedroda Mezquita; sen embargo, polo menos para odocumento 512 pensamos que erra; no mesmo dido atque concedo hereditatem meam propiam quamhabeo in villa Ecclesiola, subter mons Penne Gati (conbastante probabilidade Penegache) ecclesie sanctiPetri apostoli (advocación de Leirado e de ATorre), discurrente riuulo Deva. Ademais, Grixórecibe nos primeiros documentos de Ramirás otopónimo Igregoââ, cércano a Ecclesiola.

No século XIII entre os foros de Ramirás practica-mente vanse atopar tódalas entidades de poboaciónexistentes na actualidade.

É importante a localización da fortaleza de SantaCruz. Foi un centro dependente de Milmanda. É desupor que se situase dentro do coto de Ramirás,nunha zona onde non se impuxese visualmente a

Milmanda, segundo asxerarquías simbólico-espaciais do medievo.

Na aldea deCimadevila, dentro daparroquia deRedemuiños, atopamoso chamado monte de OCastelo, ó que a docu-mentación cita cunnome definitivo. Noforo polo que se conce-de o casal deCimadevila a unhafamilia labrega en 1353establécese que por estacondición que vos todos evossa voz nos dades dodito cassal e herdades desSanta Crus a fondo tertiade pan e de viño e de lyno

e de ligomea e des Santa Crus a çyma quarta dos froytossobreditos.

A arqueoloxía tamén nos ofrece testemuñaspara avalar esta hipótese, na imaxe vemos unhainscrición atopada na capela do Santo Cristo, noalto de Cimadevila, escrita en carácteres góticos.No alto do coto, xunto a abundantes restos de tra-ballos de canteira, observamos dous buratos deposte excavados na roca.

En Castro de Cexo atopamos o que tal vezpoder ser unha segunda fortaleza, esta vez menossegura. Anselmo López Carreira na relación decastelos destruídos polos irmandiños inclúeCexo. En San Adro localizamos na portada dunhacasa xa abandonada unha cruz de malta gravada,motivo que parece levarnos de regreso á IdadeMedia.

En Bangueses atopamos outra casa (actual-mente empregada como palleiro) que, a partiresda súa decoración, debemos catalogar comomedieval. O motivo situado na portada é románi-co, notándose certa similitude con outros apareci-dos en Santa María de Augasantas ou Allariz.

FELIPE CASTRO PÉREZ

UNHA PEQUENA APROXIMACIÓN Ó POBOAMEANTO

E Á ARQUEOLOXÍA MEDIEVAL NO V A L A L T O D O D E V A

Page 53: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 53

T ratamos de realizar un breve percorridounha das mellores obras de Méndez

Ferrín2. Apuntamos conexións con algúns

aspectos da obra de Otero Pedrayo por aquilo dacortesía para quen nos cede a súa casa. Ademais,tampouco é desatinado relacionar a ambos pensa-dores e literatos ourensáns, pois Méndez Ferrín foialumno de Otero Pedrayo e este tivo gran influen-cia na súa carreira. Arraianos é unha serie de relatosbreves artellados en torno a unha paisaxe, a RaiaSeca. A raia é a fronteira que ao longo de moitosquilómetros se estende entre Ourense e Portugal,dende o río Miño e Ponte Barxas até a aldea deCastromil e o Penedo dos Tres Reinos. É un espazoque atraeu a numerosos escritores e pintores gale-

gos, e que claramente mostra a continuidade xeo-gráfica e espiritual de Galicia e Portugal. Ferrínsitúa as súas historias e personaxes neste mundofronteirizo, pero constrúe unha Raia Seca especial,unha nova fronteira entre lugares reais e imaxina-rios que poden divisarse dende os montes e outei-ros que circundan Celanova e Vilanova dosInfantes. Así, en Arraianos aparecen a Pena deAnamán, Arcos de Valdevez, A Corga dosEnforcados, A Serra Ruiva, Castro Leboreiro, ANosa Senhora da Peneda, O Couto Mixto, Bande, AFraga do Mundil, A Valgada da Clamadoira, oXurés, Penagache e Lobosandaus. Pero imos deixarestar letanía de nomes, e quedarnos co último,Lobosandaus. Sobre el volveremos un pouco máis

LITERATURA E PSIQUIATRÍA

ARRAIANOS E OUTROS ASUNTOS

Page 54: ARRAIANOS PRIMAVERA

54 ARRAIANOS/ ... E OUTROS ASUNTOS / primavera 06

adiante, xa que agora é obrigado facer referencia aofidalgo de Trasalba. Este insigne novelista e xeógra-fo, deixou escritas numerosas obras descriptivasdas serras de Galicia. Chegou case a elaborar unhaTeoría da Paisaxe Galega, aventurándose a facerunhas hipóteses e reflexións sobre as que dicía que

faltaban estudos3

repousados e metódicos. ParaOtero, a paisaxe opera sobre a cultura. O val é sin-tetista, vital. A montaña produce formas especulati-vas e intelectualistas. Froito da influencia do medioserán os perfís característicos do espírito galego(lírica, saudade, intuición, procura do transcenden-te). Na súa preocupación polo obxecto científico daXeografía, chegou á conclusión de que o xeógrafo oque debe facer é dedicarse ao estudo de cada terrae cada comarca en canto comuñón diferenciada cohome e o medio, e máis concretamente, coa paisaxe.Otero, tanto nos seus discursos coma nas súas obras

académicas, sempre tratou de transmitir a sensibili-dade pola paisaxe e a resonancia cultural da terra eas comarcas. É neste punto onde Ferrín engarza dal-gún xeito con Don Ramón, pois ao longo dos dife-rentes relatos que aparecen no seu libro vainos des-cribindo a paisaxe da Raia Seca, os costumes, a his-toria da zona e o xeito en que a paisaxe inflúe nosestados anímicos dos personaxes. Realiza unhaauténtica humanización da paisaxe e do clima; oexterno ten gran riqueza, adquire categoría de sen-timento. É unha xeografía animada. O plano psico-lóxico individual e o plano corporal das relaciónsdo individuo co seu ecosistema, apenas están esbo-zados. Esta relación entre temperamento, estadosde ánimo do home-galego, xeografía e clima non selles escapa a autores galegos do campo da Medicinae a Psiquiatría como Nóvoa Santos ou Cabaleiro

Goás, quen o apuntan nalgún dos seus traballos4

.Dende entón, pouco máis se investigou sobre isto.Podemos pensar que é algo pasado de moda, perocon todo, unha prestixiosa revista internacionaldedicada á Psiquiatría Transcultural comenta, nundos seus últimos números, as investigacións sobre arelación entre as diferenzas rexionais xeográfico-cli-máticas, o seu desenvolvemento histórico e os esta-dos anímicos e afectivos dos que as habitan. A pai-saxe oteriana e ferriniana estannos marcando unpunto para reflexionar e para que investiguemos.É posible que sexa polas propias características xeo-gráficas da Raia, onde en moitas ocasións non haiaccidentes do terreo que delimiten claramente afronteira; se cadra é debido ás propias circunstan-cias históricas de indefinición de nacionalidade queatravesaron algunhas das súas zonas como o CoutoMixto; ou talvez sexa debido ás case-delirantes noti-cias que durante anos apareceron no xornal LaRegión, nas que os correspondentes das diferenteslocalidades da raia nos describían as fazañas daGarda Civil perseguindo rastras de mulos cargadosde plátanos ou bacalao mentres os contrabandistasescapaban polos montes. Pode que todo isto teñainfluído, pero pensamos máis ben que foi o xenio ea maxia narrativa de Ferrín o que deu unha impron-ta completamente diferente a esta paisaxe da raiaque aparece no seu libro. Diciamos antes que a pai-saxe e a xeografía eran un punto de encontro entreFerrín e Otero. Con todo, a raia de Ferrín mesturapersonaxes e paisaxes reais con imaxinarios, é unhaRaia Seca case mítica, difícil de localizar nun mapa.Apártase da descrición realista que iría máis na liña

ARRAIANOS E OUTROS ASUNTOS

Page 55: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 55

de Otero e outros autores da súa xeración. Antesquedaramos cun nome: Lobosandaus. É o título dorelato que abre o libro de Ferrín:

”É unha aldea situada na caeira dá Serra Grande, aolado do rio dás Gándaras; dende Bande tárdase en che-gar unha hora a lombos dunha besta...”

É difícil de situar no tempo, aínda que por dife-rentes datos podemos pensar que debe ser arredorde 1910-1915, unha época na que tivo gran auxe omovemento agrario do cura Basilio Álvarez. Nesterelato, un personaxe anónimo, o mestre da aldea,vai enviando cartas ao seu tío en Ourense, o señorPenitenciario da Catedral, e vaille contando as súasimpresións de recén chegado á zona. Cunha econo-mía expresiva sorprendente, Ferrín introdúcenosxa case dende a primeira misiva (haberá catorce)nun mundo onde o imaxinario e o real aparecen denovo indiferenciados. O espírito de NicasioRemuñán, agrarista e amigo de Basilio Álvarez,volve do máis aló para tratar de posuír a Dorinda,muller de face morena e corpo abondoso, da que estabanamorado en vida. A través de Obdulia (unhaencamadiña de corpo aberto) e do marido deDorinda (chamado Artur ou Turelo, típico nomedas cosmoloxías ferrinianas), vai conseguindo osseus propósitos. O ton distante e descriptivo dascartas do mestre ao señor Penitenciario vaise tor-nando aos poucos nun relato case angustioso. Aúltima carta é unha petición de axuda desesperadae Ferrín déixanos sen saber como termina o prota-gonista, coma nun relato de Poe:

Eu sinto horror, noto alguén no cuarto e desexo aDorinda e coido que vai voltar a desgraza aLobosandaus e que vai haber de novo corpos abertos.Veña por min, señor tío; polo amor de Deus, véñamebuscar e léveme de eiquí para Ourense.

A historia de Lobosandaus en Arraianos poderia-mos retomala e refacela (pedimos desculpas aoautor) baixo o punto de vista de moitos outros per-sonaxes que desfilan polas liñas das misivas domestre. Así, gustaríanos coñecer a opinión dos clá-sicos representantes oficiais do poder en zonasrurais: a Igrexa e a Medicina. Do cura PlácidoMazaira é difícil saber algo; refuxiado na súa casarectoral mentres merenda chocolate con roscón, faioídos xordos á espiral de violencia e posesións que

se suceden na súa parroquia, e tan só podemosentrever algo do que pensa ante a súa débil oposi-ción a que os parroquianos enterren en terra sacraa unha das aforcadas. O outro representante daIgrexa nesta historia, o clérigo ourensán, si que res-ponde a través das súas cartas atacando polo ladodo “supersticioso”. A Medicina, personificada enDon Luís Lourenzo, ten un pobre valedor na zona.Petimetre médico interino, pasa o menor tempoposible en Lobosandaus. Apenas se relaciona cospaisanos e para nada intervén nos diferentes suce-sos do relato. Correspóndese co médico da moder-nidade, e de intervir na historia un médico ruralcun quefacer máis tradicional, relacionado coafidalguía ao estilo do pai de Otero Pedrayo, as cou-sas transcorrerían doutro xeito. Ferrín déixanos sendescribir qué opinaba Don Luís Lourenzo doscasos de posesión e da encamadiña Obdulia, aquen, segundo conta o novelista, non afacía visitar.A propia figura do relatante anónimo, un mestrerural que é representante da cultura oficial, ¿a quecorpos abertos teme?, ¿teme abrirse, ou contami-narse coas crenzas rurais?. A moza encamadiña,Obdulia, é un corpo aberto, confinada dende faimoito tempo en Casa Aparecida, onde se aloxa omestre. É neste personaxe onde Ferrín nos describecon maior detalle o fenómeno de posesión, favore-cido pola propia condición de corpo aberto. Aocabo duns días de aparecer aforcado o capadorRemuñán, Obdulia levántase da cama, comeza a ire vir por toda a casa, a rir e a falar cun estridor des-coñecido, a saudar cunha potente voz. Finalmenteas sospeitas confírmanse, cando ao pouco de serdescuberta mantendo relacións sexuais con

Page 56: ARRAIANOS PRIMAVERA

56 ARRAIANOS/ ... E OUTROS ASUNTOS / primavera 06

Dorinda, se viste de home e lanza unha arenga5

política de corte agrarista dende o balcón da casaá vista dos seus veciños. A partir dese instanteconfírmase que o espírito de Nicasio Remuñán, ocapador agrarista, tomara posesión do corpo deObdulia aproveitando que estaba “aberto”.

A encamada é tamén un símbolo da resistenciapasiva, que un día se ergue e acaba morrendo deforma violenta. Pero antes rompe con moitas pau-tas, cun matiz de liberalización feminina.A raia, en sentido metafórico, sérvelle a Ferrínpara achegarnos á integración e adaptabilidad dacultura tradicional á oficial-urbana. De feito, inte-gra fenómenos da modernidade, como son o les-bianismo e a liberación feminina, introducíndoosna cosmovisión popular. O pecado do lesbianis-mo, por exemplo, que atentaría contra a vida e aconcepción comunitaria, explícao mediante ofenómeno de posesión da encamadiña. É precisa-mente esta muller, encamada durante anos e coascaracterísticas de corpo aberto posuído, a que nosvai permitir un novo e arriscado salto cara aogran Otero Pedrayo. En concreto recórdanos aXosefa da Torre. Esta muller foi un personaxe realestudado con gran interese polo intelectual deTrasalba cando se dedicou á obra e vida de Varelade Montes, un dos fundadores da Escola MédicaCompostelá no século XIX. Xosefa da Torre,

tamén coñecida como a Espiritada deGonzar ou a Santa de Gonzar, mantí-vose encamada e encerrada na súacasa do concello de O Pino durantemáis de trinta anos sen comer ninbeber. Varela de Montes dedicouhoras, prestixio e varias publicaciónsao estudo deste caso extraordinario.Otero Pedrayo tamén se sentiu atraí-do polo estudo do mesmo e recopi-lou bastante material. Era un caso deinedia, e probablemente o tema daposesión diabólica ou doutro tipotamén tivo unha importante partici-pación. O psiquiatra francés Gayral(1992) comenta que a inedia se des-envolve sobre un contido relixiosono que non son raros os delirios deposesión.

Do mesmo xeito que fixemosantes co tratamento da paisaxe e axeografía, podemos dicir que aínda

que poidamos establecer unha conexión artificialentre o caso da encamadiña de Ferrín e aEspiritada de Gonzar de Otero e Varela deMontes, hai diferenzas entre os dous casos(esquecendo o feito de que un é fantasía e o outro

foi historia real6). O cura Mazaira de

Lobosandaus, polo que sabemos, apenas intervénno caso de Obdulia nin nos que lle seguen. AEspiritada de Gonzar tivo un tremendo interesepara a xerarquía eclesiástica compostelá daépoca, e até houbo procesos de excomunión paraalgúns autores que trataron de afondar no caso.

O médico petimetre Luís Lourenzo ten unpapel máis ben penoso na historia de Obdulia eos acontecementos de Lobosandaus. Nunca avisitou. Nin cando encamada nin cando posuída.Talvez nunca o chamaron. Obdulia era un corpoaberto, e iso é cousa “non de médicos”. É cousade “andar outros camiños”. Con Xosefa da Torrenon foi así a historia. Un dos máximos represen-tantes da medicina compostelá da época, oDoutor Varela de Montes, interesouse vivamentepolo caso. Chegou a pasar moitos días ao pé dacama da enferma observando o cadro. Ademaisplasmou as súas observacións e interpretaciónsen diferentes pasaxes das súas obras. Mais a enca-madiña de Lobosandaus e a espiritada de Gonzarcomparten un aspecto socio-histórico similar. Os

ARRAIANOS E OUTROS ASUNTOS

Page 57: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 57

dous casos desenvólvense en momentos históri-cos transcendentes para Galicia e en especial parao mundo rural. Ferrín sitúanos á encamadiñanunha época en que se produce o derrube defini-tivo da fidalguía rural galega debido á elimina-ción do sistema foral, e ao movemento agrarioque nace como reacción aos grandes males doagro galego. É un tema que por outra banda tam-pouco é alleo nin descoñecido a Otero Pedrayo xaque a desaparición e descomposición da aristo-cracia rural, á que el dalgún xeito estaba unidopolos seus antepasados, foi un dos temas predi-lectos das súas obras e ensaios. A Espiritada deGonzar e Varela de Montes viven outra épocadiferente. É a das escaramuzas carlistas da pri-meira metade do século XIX. Producíronseenfrontamentos sanguentos entre os liberais, aaristocracia latifundista e o clero. A biografia deOtero, a ideoloxía do seu pai, ou a súa novela Oscamiños da vida tocan todos estes temas. EnArraianos, na raia ferriniana, tampouco nos faltaun relato que nos fala de loitas carlistas no CoutoMixto. No momento actual, todo apunta a queestamos de novo nun momento histórico e socialde gran transcendencia para Galicia, e en especialpara un mundo rural e campesiño que se vaiapoucando día a día, e que realiza grandes esfor-zos para integrar o mundo da modernidade den-tro da súa cosmovisión. Por outra banda, a finaisdo século XX, a Psiquiatría oficial decidiuse aincluír os Trastornos de Trance e Posesión, e

estanse estudando e depurando os criterios7

paraser incluída no futuro DSM-IV (Manual deClasificación Diagnóstica, IV edición) daAsociación Americana de Psiquiatría.

Méndez Ferrín e as historias que conta enArraianos, tráennos, na súa vertente fantástico-narrativa, unha cuestión clínica non ben resolta eestudada: os estados de Trance e Posesión.Necesitan que lles prestemos maior tempo e aten-ción, e que busquemos ademais a súa relación coproceso de cambio sociodemográfico no queGalicia está inmersa. Merecen unha atención ededicación semellante á que tivo Varela de

Montes coa Espiritada de Gonzar8

. Coma contodos os bos literatos, podemos dicir que lendo aFerrín tamén se aprende psiquiatría.

DAVID SIMÓN LORDA E EMILIO GONZÁLEZ FERNÁNDEZ

1 En marzo de 1993 celebráronse no Pazo Museo Otero Pedrayoas III Xornadas de Psiquiatría, Psicanálise e Literatura, organizadaspola !11Asociación Galega de Saúde Mental. Alí presentouse este tra-ballo. O texto foi asinado polos autores e foi editado xunto co conxun-to dos outros relatorios presentados, nun volume editado pola AGSM(ver www.agsm.es). Transcorreu máis dunha década logo daquel volu-me (esgotado e de distribución escasa no seu día) pero unhas letras dunamigo dándonos datos de Lobosandaus animounos a recuperar este tra-ballo perdido naquela publicación. Todas as notas ao pé de páxina sonactuais e realizadas por un dos autores (David Simón), coa idea de com-plementar e matizar algúns datos e ideas.

2 MÉNDEZ FERRÍN, X.L. (1991), Arraianos, Vigo: Xerais.3 É de obrigada lectura o libro de LAMAS CREGO, S. (2004),

Galicia Borrosa, Sada: Ed. Do Castro. Libro de ensaio multidireccio-nal, e que salta das emocións á paisaxe, da saudade ao cerebro ou ao“asegún” pasando pola arquitectura, o urbanismo , o dó e a identidadedos galegos (e asimilados).

4 Aquí é de novo obrigado citar a Galicia Borrosa de S. Lamas.5 Aquí é obrigado o facer referencia ao caso da Espiritada de

Moeche (Manuela Rodríguez Fraga), unha campesiña, de 21 anos, queen 1925 amenceu un día falando con a voz dun cura orixinario deOrtigueira, moi formado en dogmática e que falecera anos antes naHabana. Estudada no seu día polo doutor Urbano Losada que deu con-ferencias sobre o caso no Seminario de Estudos Galegos e que logopublicounas na revista “Nós” ao ano seguinte (1926, nº29) . A espirita-da de Moeche, un “corpo aberto” , foi maxistralmente rescatada porManuel Rivas nunha das súas columnas xornalísticas no diario ElPaís(13-2-2005).

6 Houbo outro caso real de finais do século XIX, no que actual-mente estamos traballando para ampliar máis os datos, e que non des-carto que Ferrín usase para inspirarse nesta historia. Era a chamada“Santa de Vilamaior” (Concello de Baltar), en plena fronteira portugue-sa, na chamada Raia Seca. Naceu en 1826 e faleceu en 1888, solteira etras permanecer durante anos alimentándose só de auga, viño e osrecortes das hostias. Centos de peregrinos españois e portugueses pere-grinaban até a súa casa para recibir os seus consellos para as enfermi-dades e males de animais e persoas. Segundo os seus familiares xadesde pouco tempo logo de nacer deu mostras de ser elixida de Deus, eademais tiña unha cruz gravada no chan da boca (ver as noticias que ásúa morte publicou o xornal ourensano da época, Ou Tío Marcos d´aPortela, 1888, dirixido por Valentín Lamas Carvajal).

7 Foi incluído na Clasificación Internacional de Enfermidades daOMS (CIE-10ºversion) e no DSM-IV dentro dos Trastornos disociati-vos (de conversión). Na CIE-10 hai unha categoría recoñecida como?Trastornos de trance e de posesión?: Trastornos nos que hai unha perdatemporal do sentido da identidade persoal e da plena conciencia da con-torna. Nalgúns casos o enfermo actúa como posuído por outra persoa,espírito, deidade ou “forza”. A atención e a conciencia da contornapoden limitarse a só un ou dous aspectos inmediatos e a miúdo presén-tase un pequeno pero reiterado conxunto de movementos, posturas emanifestacións expresivas. Inclúense aquí só aqueles estados de tranceque son involuntarios ou non desexados, que interfiren na actividadecotiá porque teñen lugar á marxe (ou son unha prolongación de) ceri-monias relixiosas ou culturais aceptadas?. (F44.3.CIE-10).

8 En 1995 diversos investigadores ligados ó Museo do PoboGalego (Santiago) dedicáronlle unhas xornadas nas que participaronentre outros os psiquiatras Demetrio Barcia Salorio, Gayral ou AntonioRodríguez López, ou antropólogos como Marcial Gondar (“Anorexia:Dieta, estética, Crenzas”, Santiago, Museo do Pobo Galego, 1995).

Page 58: ARRAIANOS PRIMAVERA

58 ARRAIANOS/ MEGALITOS / primavera 06

UNS MEGALITOS ARRAIANOS

As terras da Limia, e as que éstas comparten coas doArnoia-Deva-Barxas e do Cávado, son ricas en monu-mentos megalíticos (fig. 1). Os túmulos, mámoas, adop-

tan nestas terras unha denominación moi común de “motas” e“moas”. Pero os espaciosfísicos non foron inmuta-bles ó longo do tempo, emoito menos os territoriospolíticos e administrati-vos. Iso provocou queespacios xeográficos antes-e agora- homoxéneos sefragmentasen en unidadesdistintas, mesmo entamén distintos paises.Cando iso ocorre as dislo-cacións funcionan enplans diversos e comple-mentarios. A paisaxe trún-case por varias engrana-xes, afastando xurídica-mente as pezas dunmesmo mecanismo natu-ral e cultural. Deste xeitonon só se afectan elemen-tos como a flora ou afauna, se non que nosachegamos ó máis fondode nós mesmos: a Cultura;e se damos un paso máis,ás súas orixens máis

remotas e ós seus restos materiais: o patrimonio arqueolóxico.Un representante dos máis significativos destas terras o forma ogran conxunto de monumentos megalíticos. Algúns deles, talointenso devir histórico que un día rachou Galicia en dous, foronutilizados para emplazar fitos fronteirizos, gañando así porméritos propios o apelativo de megalitos “arraianos”.

Queremos nestas bre-ves notas amosar un con-xunto deles que recollimosen traballos anteriores nasterras da Baixa Limia e, ávez, propoñer un percorri-do por eles, o que sendúbida é unha excusaexcelente para asombrar-

nos cuns monumentos e, por que non, coas paisaxes onde seemprazan, paisaxes que escomezaron a modificar na percura deterras de labradío e pastizais hai case seis milenios.

Fig. 1.- Mámoas con fitos fronteirizos xunto conoutros monumentos megalíticos da Baixa Limia

Fig. 2.- Esquema dun monumento megalítico,neste caso con dolmen de corredor, e nomencla-tura das súas estructuras principias.

Page 59: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 59

Para a nomenclatura dos monumentos citaremos osempregados por nós en publicacións anteriores, das quefacemos unha escolma tanto de tipo científico (EguiletaFranco, 1993-4, 1994, 1999, 2000 e 2003) como de divul-gación (Eguileta Franco, 1997 e 2004). Tan só nun caso(na “Mota da Meda”) identificamos un topónimo reco-llido por F. Cuevillas (López Cuevillas, 1925). Dada aespecial monumentalidade dos megalitos de Leboreiro,debemos tamén referir o tra-ballo colectivo de Jorge,V.O., Baptista, A.M., Silva,E.J.L. & Jorge, S.O. (1997)sobre a necrópole que nosdenominamos Outeiro doFerro-Penagache, con restosde arte nalgúns dos seusmonumentos. Non quere-mos deixar de citar, anque oseu traballo trate unha temá-tica totalmente diferente, aobra de L.M. García Mañá(1988); de especial interesepara percorrer a “raia seca”éo Anexo III deste libro, noque a partires da Acta Xeralde 1906 se fai un seguemen-to dos fitos fronteirizosdende o nº 1 (Miño-Barxas)ata o nº 349 (“Penedo dosTres Reinos”), é decir, a todaa “raia seca” que se forma naprovincia de Ourense. Paraachegarnos a unha visiónxeral do Megalitismo no noroeste, recomendamos aspublicacións de carácter xenérico do prof. A.A.Rodríguez Casal (1990, 1991 e 1997) que, malia quealgúns viron a luz hai xa década e media, ofrecen unexcelente contexto para o Megalitismo galego.

Pero antes de propoñer unha visita por este grupode “megalitos arraianos”, queremos lembar que hai uns6.000 años, sempre que utilicemos datas sen calibar (ascalibradas son aínda máis antigas) gran parte da facha-da atlántica europea empeza a acoller con enorme frui-ción as primeiras arquitecturas monumentais para osdifuntos das comunidades humanas neolíticas. Estassepulturas (fig. 2) son, xunto cos circos líticos (crom-lechs) e e pedras fitas (mehires), os monumentos mega-líticos. Estes se distribúan por gran parte da PenínsulaIbérica, e especialmente a fachada atlántica, na que

Fig. 3.- Mámoa M3 de Outeiro do Ferro-Penagache, entre Verea e Castro Leboreiro.

Page 60: ARRAIANOS PRIMAVERA

60 ARRAIANOS/ MEGALITOS / primavera 06

Galicia acadaráunha alta densi-dade de monu-mentos. Sendúbida o aportedos numerososmonumentos daSerra deLeboreiro e assúas abas e o Valde Salas, contri-búen a que asísexa.

Ben é certoque os megalitosgalegos polomomento nonsemellan ser tanantigos como osbretóns, os máisprecoces deEuropa, que seempezan aerguir sobre o4000 aC, nincomo os do cen-

tro-sur de Portugal, da primeira metade do IVº milenio aC.Pero contamos con datacións de C14 que nos falan da implan-tación do megalitismo cando menos dede o 3500aC, data nonlonxe dos que antes citamos.

A continuación, e de norte a sur e de oeste a leste, facemosunha breve reseña deses monumentos que por acoller marcosda fronteira con Portugal sobre os seus túmulos denomina-mos “megalitos arraianos”

FITO Nº 23: -Mámoa M3 de Outeiro do Ferro-Penagache (Verea-Ourense eCastro Leboreiro-Portugal), denominada nos catálogos portu-gueses M11 de Alto de Portela do Pau (fig. 3).

-Atópase a necrópole megalítica nas penicháns nororien-tais da Serra de Leboreiro, ampla chaira onde parten asaugas os ríos Cadós (afluinte do Limia) e Deva (afluíntedo Miño).

-O monumento, cun dolmen no seu interior que non se podedetermiñar, ten unhas dimensións grandes, superando os 24mde diámetro mayor, cunha altura próxima ós 2m.

UNS MEGALITOS ARRAIANOS

Fig. 4.- A “Mota da Meda” ou M1 de Serradas Motas, entre Lobeira e Castro Leboreiro

Page 61: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 61

FITO Nº 31: -“Mota daMeda” (Lobeira-Ourense e CastroL e b o r e i r o -Portugal), taméncatalogada comoM1 de Serra dasMotas (fig. 4).

-O megalitoocupa o cumiodunha das cotasmáis elevadas daSerra deL e b o r e i r o(1.319m) na pro-vincia deOurense, xuntono punto ondeparten as augasos ríos Cadós eGrou (afluintesdo Limia).Forma parte danecrópole seSerra da Motas,con once monumentos que van ocupando a dorsal das abas deLeboreiro ata cegar or cumios que coroan a aldea da Fraga(Lobeira).

-O Monumento, excavado por F. Cuevillas, ten un respetabletamaño que supera os 30m de radio e acada case os 2m dealtura, o que realza arquitectónicamente o impoñente empra-zamento elexido, poidendo observarse a moi longas distan-cias.

FITO Nº 34: -“Mota da Cabreira” (Lobeira-Ourense e Castro Leboreiro-Portugal). Se ben neste caso o fito fronteirizo non se situousobre o túmulo, si está moi próximo deste (fig. 5). En todocaso, sobre el se construiu unha garaita de vixiancia fronteiri-za.

-Sitúase na chaira máis alta da serra de Leboreiro nas terrasgalegas, na penichán denominada A Lagoa, a una 1.330m dealtitude.

-A súa anta non se observa na superficie, posiblemente polasdesfeitas provocadas por construir sobre o monumento a gari-

Fig. 5.- “Mota da Cabreira”, entre Lobeira eCastro Leboreiro

Page 62: ARRAIANOS PRIMAVERA

62 ARRAIANOS/ MEGALITOS / primavera 06

ta de vixiancia.Ten un diámetromaior de 23m econserva unhaaltura de 1,5m.

FITO Nº 67: -Mámoa dePortela de Pitões( M u í ñ o s -Ourense e Pitõesdas Junias-Portugal) (fig. 6).

-Emprázase omonumento naportela do mesmonome, un lugarde paso naturalque se abre entreas barreiras mon-tañosas do agres-te Xurés (oeste) eos redondeadoscumios da serrade Pisco (leste).

-No centro do túmulo asoman tren chantos petencentes a unhaanta posiblemente poligonal. Na terra da mámoa na que a aga-cha amosa restos pétreos posiblemente pertencentes á unha coi-raza. O diámetro maior deste túmulo supera os 20m cunha altu-ra conservada de 1,85m, ofrecendo dimensións superiores ámedia dos que acolle Val de Salas, cun patrón constructivo óredor dos 15m de diámetro.

FITOS Nº 94A E 95: -Mámoa do Marco 95(Calvos de Randín-Ourense e Tourem-Portugal) (fig. 7)

-Foi edificada nun cumio que domina o encontro do regato deCalvos co río Salas, a unha altitude duns 865m e poñendo encontacto visual varias necrópolis do val.

-Cun diámetro mayor ó redor dos 22m e unha altura conser-vada de 1,20m, tamén ofrece un tamaño superior á media dosmonumentos de Val de Salas. O seu dolmen non é perceptibleen superficie.

Cos datos que vimos de ofrecer destas mámoas “internacionais”,“comúns”, “compartidas”, “transfornteirizas”, noutras verbas,

UNS MEGALITOS ARRAIANOS

Fig. 6.- Mámoa do Marco nº 95, entreCalvos de Randín e Tourem.

Page 63: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 63

“arraianas”, tansó pretendimosfacer unha invita-ción pública queincite a move-lacuriosidade porun dos moitosaspectos de inte-rese cultural queteñen eses territo-rios comúns,facendo de cadafito separador unpunto de encon-tro nestes vellose s p a c i o sARRAIANOS

DR. JOSÉ MªEGUILETA FRANCO,Arqueólogo munici-

pal (Concello deOurense). Profesor

titular da UNED(C.A. de Ourense)

Ourense, abril de 2006

BIBLIOGRAFÍA CITADA

-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 1993-4. “As mámoas dos Concellos da Baixa Limia: aportación al catálogo de monumentos tumulares de la comar-ca”. Cuadernos de Estudios Gallegos, XLI. Santiago de Compostela.

-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 1994. Megalitismo e Calcolítico na Baixa Limia galega. Tesis Doctoral microfilmada. Servicio de Publicacións eIntercambio Científico, 404. Universidade de Santiago de Compostela.

-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 1997. “Dólmenes na Baixa Limia. Arquitectos, agricultores e pastores no IVº milenio a.C.”. Auria, 1. Ourense.-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 1999. A Baixa Limia galega na Prehistoria Recente. Arqueoloxía dunha paisaxe na Galicia Interior. Deputación

Provincial de Ourense, Ourense.-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 2000. “Megalitos e tránsito: aproximación ó estudio de vías de comunicación prehistóricas” Lethes, 2. Ourense.-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 2003. Mámoas y paisaje, muerte y vida en Val de Salas (Ourense). El fenómeno megalítico en un valle de monta-

ña. Servicio de Publicacións, Universidade de Vigo. Vigo.-EGUILETA FRANCO, J.Mª., 2004. Dólmenes en Muíños. Unha viaxe polo megalitismo galego. Concello de Muíños. Ourense.-GARCÍA MAÑÁ, L.M., 1988. La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense. Boletín Ourense, Anexo 11, Ourense. -JORGE, V.O., BAPTISTA, A.M., SILVA, E.J.L. & JORGE, S.O., 1997. As mamoas do Alto da Portela do Pau. Castro Leboreiro. Melgaço.

Sociedade Portuguesa de Antropología e Etnología. Porto.-LÓPEZ-ALONSO CUEVILLAS, F., 1925. “As mámoas do concello de Lobeira”. Boletín de la Real Academia Gallega, XV, A Coruña.-RODRÍGUEZ CASAL, A.A., 1990. O Megalitismo. A primeira arquitectura monumental de Galicia. Biblioteca de Divulgación, Serie Galicia, 4,

Universidad de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. -RODRÍGUEZ CASAL, A.A., 1991. “O Megalitismo galego: a documentación arqueográfica”. En Galicia Historia, I, Prehistoria e Historia

Antiga, Hércules Ediciones. Santiago de Compostela.-RODRÍGUEZ CASAL, A.A., 1997 (ed.). O neolítico Atlántico e as Orixes do Megalitismo. Actas del Coloquio Internacional. Universidade de

Santiago-Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.

Fig. 7.- Mámoa de Portela de Pitões, entreMuíños e Pitões das Junias

Page 64: ARRAIANOS PRIMAVERA

64 ARRAIANOS/ O ENCORO DAS CONCHAS / primavera 06

Este traballo de investigación céntrasenas testemuñas da Sra. Amparo e doSr. Benito do Baño, do Sr. Felisindo de

Portoquintela e do Sr. Rafael de Barxés (fale-cidos os cuatro, que en paz descansen), do Sr.Manuel de Nigueiroá e da Sra. Josefa daFontiña.

O encoro das Conchas aproveita a corrente deauga dos ríos Limia e Cadós ao seu paso polo queagora se coñece como Baixa Limia. Esta gran obrahidraúlica quedou totalmente materializada noano 1947 e asulagou un val grande e farturento.Debaixo das súas augas ficaron o pobo do Baño deBande, boa parte das propiedades da xente da con-torna, e ó núcelo de Portoquintela privárono taméndo seu dinamismo e dos diferentes establecemen-tos comerciais que posuía.

Ao analisar polo miúdo as testemuñas de per-soas do Baño e de Portoquintela afectadas poresta obra do franquismo comprobo que no seudiscurso agroma con frecuencia e de formaexpresa “a maldición do encoro”. Esta maldiciónmaterialízase na perda do fogar, das proprieda-des, dos espazos festivos e sagrados, na rupturados vínculos comunitarios e xeográficos, a apari-ción de novas enfermidades, malas colleitas,morte e illamento. Perceben que esa maldición épersoal, dado que unha vez que foron expulsadosdo seu lugar de nacemento, esa sombra de mal foicon eles e daba igual que se quedaran no entornodo encoro ou que foran para outros lugares.

“ e os do Sr. Benito que se foron para Aceredo (...)xa ves, veu outro embalse e colleulles todo (…) tiveronque ir para Ourense (...) e os do Sr. Jaime que se foronpara Vigo, veu unha carretera e levoulles parte da

A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL

AS CONCHAS

Page 65: ARRAIANOS PRIMAVERA

finca (...) e o Perniñas (…) foi para Celanova (...) acarretera tamén lle colleu o mellor da viña, (...) e a nósque me dis (...) e con esas néboas que nin os ósos ninparte das colleitas a aguantan (...) non (…) dil non nospodemos librar”

O sentido de pertenza/perda está fortementearraigado: perder a casa, os seus espazos festivos,sagrados e comunitarios, os seus bens, as comuni-cacións, as augas quentes e os veciños. Esta usur-pación marcou un fito na súa vida. O encoro é oresponsable de que aparezan dualidades entre oantes e o despois do encoro, o ben e o mal, a com-paña e a soedade, a vida e a morte, a comunica-ción e a incomunicación, a riqueza e a pobreza, aharmonía do cosmos e o caos.

“ ese Baño era un paraíso (...) tiñamos as melloresterras, campos e hortas (...) desde Ourense a Entrimonon había millor sitio (...) no Baño collíase de todo (...)e que me dis do balneario e das auguas quentes? (....)eran milagrosas (...) curábano todo (...) de maio a outo-no toda a Limia viña a sanar ó Baño (...) e os veciños (...)no Baño eramos coma irmaus (...) e agora ver tododebaixo da auga (...) e a cambio (...) que nos deron (...)nada”

A súa memoria mantén un vínculo emocionalcon raizames nun espazo e nun tempo; deseespazo e dese tempo seleccionan unha serie deacontecementos que lles son útiles para a súacausa. Son quen de transmitir unha mensaxeprofunda, seca, contundente, emotiva e chea designificado; utilizan todos os recursos lingüísti-cos e xestuais que teñen ó seu alcance. Trátasedun discurso que detén e atrapa o tempo en rela-ción a un espazo, para poder manter vivos erecentes os acontecementos dun pasado lonxano.A súa memoria ten tan frescos os feitos, que pola

forma de transmitilos, a persoa que os escoita tena sensación de que acaban de acontecer. Ese efec-to primacía/recencia é dominante, nin o paso dotempo nin o cruce doutros acontecementos foronquen de diluir o impacto dos mesmos. Son teste-muñas dos que sofriron a traxedia de formadirecta; consideran que teñen que desempeñar opapel de voceiros, de dicir toda a verdade encada ocasión que se lles presente, e así demostrarcomo uns acontecementos, fóra de toda lóxica, oslevaron a ser vítimas dunha actuación arbitrariae inxusta. Teñen asumido que a sua misión é a delembrar para socializar e así impedir que fiqueno esquecemento a gran inxustiza á que foronsometidos.

Esa experiencia forma parte do seu legado his-tórico, é inseparable da súa traxectoria vital,mesmo parece que viven para recordar, séntense cocompromiso sagrado e a obriga moral de ser porta-dores desa vivencia amarga e traumática, que tive-ron que sofrir e que de forma ritualizada re-evocanpermanentemente para que a chama da memorianon se apague. Non poden esquecer nin son capa-ces de perdoar, así que a súa misión é a de recordare transmitir.

“ o noso (...) non tivo sentido (...) nin se esquece ninse perdoa (...) salvo que se morra ou se volva un tolo (...)foi muito (...) muito (...) era impensábel que fixeran connós o que nos fixeron (...) eso non se esquece nunca (...)foi muito (...) o que nos tocou sofrir (...) moito malxunto (...)”

Na percepción desa maldición interiorizadadapolos afectados, influiron unha serie de acontece-mentos, accións e omisións, que ben de formadirecta ou indirecta, se entrecruzaron. Entre elaspodemos destacar:

Page 66: ARRAIANOS PRIMAVERA

66 ARRAIANOS/ O ENCORO DAS CONCHAS / primavera 06

·as diferentes concesións que tivo o encoro.·as medicións feitas con diferentes intervalosde tempo.·as transferencias a favor dos diferentesconcesionarios.·as ampliacións da capacidade do encoro.·os apoios á obra.·os silencios oportunos.·as presións, ben de forma directa ou indirecta.·as decisións tomadas pola Administración e polos afectados.·as instancias e reclamacións.·as denegacións da Administración·as expropiacións.·os xustiprezos·os fitos, dilemas, procesos de axustee intersticios.·a diáspora dos veciños.

Este complexo puzzle sociolóxico deu lugar aonacemento do encoro e á materialización destamaldición, no entender e no sentir das pesoasdirectamente afectadas.

As expropiacións, o encharcamento e a marchados poboadores, son o ponto de partida paranarrar, ben para adiante ou para atrás, a sua propiahistoria de vida.

Na sua traxectoria vital aparece claramente unantes do encoro e un despois do mesmo, trátasedun fito que marcou a sua existencia e que estásempre presente na súa mente. En certo modotamén marca a medición do seu tempo cando fanreferencia a feitos significativos na vida das perso-as acontecidos no intervalo dos anos 1940-1950, asreferencias son a: “antes de”, “no momento de” e “des-pois de”

“ Manuel foi-se a Venezuela antes do embalse (...)María casou-se cando estaban coas obras (...) o terceirofillo tuvémolo despois do embalse (...). .

A PERDA DO POBO. A perda do seu pobo considéra-na coma un roubo e un expolio, que atenta contra assúas raíces, a súa historia e a súa identidade; é a rup-tura co pasado que lles desfai o presente e lles impi-

A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL

Page 67: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 67

de construir o futuro no lugar dos seus antepasados.Perder o pobo significa a quebra do vínculo que osmantiña unidos co seu cosmos vital.

Depois de máis de medio século, seguen consi-derando que foi unha gran inxustiza, dado que aprimeira concesión para a construcción do encorodas Conchas, contemplaba expresamente que opobo do Baño non ía ser inundado, e así o creron.

“ se levantan a cabeza os nosos pais (....) e ven oBaño debaixo da auga (...) estou segura (...) que volve-rían a morrer de pena (...) eu non sei canto daría porver o Baño como antes (...) perder o lugar onde unnace (...) é moi triste (…) moi triste (...) ter que irte(...) e non poder faguer nada (....) non é o mesmo queun se vaia a que te boten (...) e o máis inxusto, é quesempre se nos dixo que o Baño non se inundaba (...)que ía quedar ben por debaixo da carretera (...) e ófinal levouno todo”

Un engano máis. A expulsión foi traumáticapara os afectados, que tiveron que iniciar a diás-pora. Nas súas testemuñas recende ese profundopesar de perder a comunidade orixinaria, e terque separase dos seus. Á hora de partir embár-gaos a soidade, a tristeza e o silencio, e vanse sendespedirse.

“nadie se despidiu (...) en ningún sentido (...) cadaun marchaba para un lugar diferente (...) todos sabiamosque nos iamos separar (...) a separarnos para sempre (...)desfíxose todo (...) o embalse veu enriba, sen máis (...)trouxo moito mal para todos”

Comunícanse a base de silencios, sobran aspalabras e os xestos; a viveza e a enerxía coa quetransmiten hoxe os acontecementos pasadosachégannos a intensidade e a dimensión dosufrimento vivido neses intres antes de abando-nar o pobo.

“nós xa estabamos en Vigo(...) compramos alí unha casa(...) a miña

nai non lle podíamos falar do Baño porque morríade pena (...) miña irma esperou ata o último momento noBaño”

“nós xa tiñamos feita a casa nova (...) pero seguía-mos durmindo na casa do Baño (...) fómonos cando aauga entrou pola porta do patio”.

Esta sensación de desarraigo está sempre pre-sente, poden estar obxectivamente ben onde vivenagora, pero inmediatamente pasan a comparar opresente coas lembranzas do Baño.

“eu non me queixo de como nos foi a vida (...) perocomo no Baño, en ningún sitio (...) Baño soamentehabía un”.

A PRIVACIÓN DOS BENS E DO FOGAR. Seguen consi-derando inxusto o valor que a empresa concesio-naria fixo dos seus bens, considéranse mal paga-dos. Comparan o patrimonio perdido co que pui-deron adquirir co diñeiro cobrado, e as frutraciónsagroman.

“ver que perdías todo o teu (....) e o máis grave (...)sen medios (...) o embalse crecía día a día (...) nós sencasa (...) sen ter a onde ir (...) nin a quen recurrir (...)que angustia tan grande (...) non hai palabras para con-talo (...) tiñamos tres casas e apenas nos deu para fagueresta”

“ a nós por todo o que tiñamos (...) déronnos para unprato de sardiñas (...) ves esta casa (...) no Baño tiñamosunha boa casa (...) fincas (…) hortas e campos (…) contodo o que nos deron apenas nos deu para faguer a meta-de do que fixemos aquí (...) despacháronnos con algo decalderilla”

Á escasa valorización do seu patrimonio uniuseo desequilibrio entre a oferta e a demanda, quetrouxo consigo unha forte inflación dos bens queestaban en venda na contorna.

“e cando preguntabas por algo que se vendía (...)muito abrian a boca (…) tudo estaba por as nubes (...) eo máis grave era que subía día a día”.

Page 68: ARRAIANOS PRIMAVERA

68 ARRAIANOS/ O ENCORO DAS CONCHAS / primavera 06

A QUEBRA DOS VÍNCULOS COMUNITARIOS. As perso-as que quedaron no entorno do encoro sempre tive-ron a ilusión de reconstruir parte da comunidadeperdida, pero eso non foi posible, debido a variascausas. Entre elas podemos destacar a ausenciadun núcleo poboacional forte, a ubicación porpares de veciños, ou unidades soltas, a distanciaentre eles e a alineación ó longo da estrada, unsfenómenos que xeneraron unha convivencia máisde pares (Sr. Genaro- Sr. Agustín, Sra. Amparo- SraRosalía, Sr. José- Tío Grés) que de pobo, tal comoera o seu desexo.

“ xa ves (...) nós eiquí (...) a Rosalía aí ó lado (....)mais abaixo os do Agustín e o Benito (...) a iglesia máisadiante, por outro lado (...) os da Fontiña (...) uns aquíoutros alá (... ) por máis que queiras (...) xa non nospodemos ver nin axudar tan a miúdo, coma no Baño.

A diáspora dificultou tamén ese intento dereconstrucción da comunidade nas inmediaciónsdo encoro, ao dispersarse gran parte da xente, unsfóronse a Vigo, outros a Celanova, Aceredo... Aseparación fixo imposible esa pretensión e o pobodo Baño esmoreceu para sempre co encoro. E esadesgraza vital séguena a revivir na actualidadecunha angustia seca, desgarradora e profunda.

“ter que separarte dos teus (...) é moi triste (...) vercomo se desfaguía o Baño (...) un día un, ó día seguinteoutro (...) cada un para un lugar diferente (...) e vercomo se acababa todo (...) é como quen te desangra”

RUPTURA DO VENCELLO XEOGRÁFICO. Os pobosasentados nas beiras do río Limia, no treito entreSoutelo e As Conchas, estaban comunicados entresi por medio de pontes, poldras e poldrados. Antesdo encoro, nun tramo de sete kilómetros aproxima-damente, había máis de doce pontos de intercone-xión entre ambas comunidades, e co encharcamen-to perdéronse todos.

Os afectados aínda hoxe están doídos porque nonse recuperou ningún dos pontos de conexión co outrolado. Só saben que lles ergueron un muro de separa-ción (o encoro) onde antes había numerosas pontesde comunicación entre as dúas ribeiras do Limia.

“antes éramos todos uns (...) Muiños (...) Barxés(....) a cada momento estaban no Baño ou enPortoquintela (....) por ese poldrado ou por as poldras doBaño, nun momento estabas do outro lado (...) peroagora non nos vemos (...) pasan quince o vinte anos (...)e non os ves (...) morren e non nos enteramos (...) oembalse separounos por completo (...) ”.

Como testemuñas mudas dese intercambio e doir e vir de xentes dun lado para o outro, quedan asestructuras sepultadas da Ponte Pedriña (monu-mento nacional) o Poldrado, as Poldras das Maus,a Ponte Nova e Ponte Cabanas, que quedan ó des-cuberto só cando o encoro baixa de nivel.

As pesoas afectadas seguen reivindicando esedereito a comunicarse cos seus veciños do outrolado, a través dunha ponte á altura dePortoquintela, en sustitución do antigo poldrado, easí non ter que dar un rodeo de quince ou vintekilómetros, como acontece na actualidade.

A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL

Page 69: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 69

“ levamos esperando tantos anos por unha ponte(....) era a súa obriga (...) pero xa ves (...) pasou o tempo(...) e non se fixo (...) o encoro púxonos de costas ó queeramos veciños de sempre ”

A PERDA DA REDE COMUNITARIA E ALTERACIÓN DAS VÍAS

DE COMUNICACIÓN. A inundación das antigasinfraestructuras de comunicación e a construccióndoutras novas por lugares distantes, contribuiron aese desequilibrio en perxuicio das novas comunida-des que se quixeron establecer na zona.

“ Portoquintela e o Baño eran o centro de toda acomarca (...) coller o coche de línea (....) mercar (...) desdea Raia Seca por unha parte e Lobeira por outra (...) todosviñan eiquí (...) agora van máis a Bande (...) Mugueimesou mesmo a Lobios (...) os negocios que se estableceronen Quintela ou no Baño de arriba, nunca foron o queeran en Portoquintela”

Os polos de atracción que exercíanPortoquintela, a nivel comercial, e o Baño, polo seubalneario, foron sustituídos, só en parte por Bande,e por Mugueimes principalmente. A ruptura dacomarca e a incomunicación entre ambas comuni-dades, foi a causante de que Quintela e o Baño nonforan capaces de exercer de novo a influencia quetiñan antes do encoro.

As novas xeracións, cada vez interésanse menospolo que acontece na outra beira do encoro. Medioséculo de separación artificial foi suficiente parasocializalos na distancia e na indiferencia.

“os de agora (...) non ten o mesmo interés que nós(...) comprende-se ( ...) non se ven (....) nós por un moti-vo ou por outro viamonos a miúdo”

A PERDA DOS ESPAZOS FESTIVOS E SAGRADOS. A inun-dación do lugar onde estaba ubicada a igrexa e docampo no que se celebraba a festa do San Benito, fixonecesario o traslado do templo. Os veciños do Bañoasocian este cambio co declive da festividade e coacaída da devoción. Puideron trasladar o santo peronon puideron facer o mesmo co espazo, a súa sacra-lidade e devoción.

“o San Benito (...) desde que se mudou (...) perdeumuito (...) xa non foi igual (...) pouco a pouco foiesmorecendo (...) podemos dicir que o San Benitotambén se foi co embalse”

O encoro provoca a ruptura do santo co seuespazo tradicional, e indirectamente desmotiva ósdevotos da outra beira do río, ao incrementarse adistancia e as molestias para achegarse ó Baño.

A FRACTURA DO UNIVERSO SIMBÓLICO. Nun breveintervalo de tempo, ese espazo que amaban, coida-ban, e no que vivían e se interrelacionaban, cheo de

Page 70: ARRAIANOS PRIMAVERA

70 ARRAIANOS/ O ENCORO DAS CONCHAS / primavera 06

significados, matices e vida, cos seus lugares deencontro, de faena, lecer e descanso, pasa a ser ungran lago uniforme, amorfo, hostil, que asulaga asua historia persoal e colectiva e quebra o eslabónque os unía co pasado.

“(...) ver como subía o embalse (...) todo ía quedan-do debaixo da auga (...) de repente aquel paraíso que erao Baño (...) pasa a ser un gran charco (....) e tú sin poderfaguer nada (...) sen ter a quen recurrir (...) para nóstodas as portas estaban cerradas”

PROBLEMAS DE SAÚDE. Os afectados teñen clara arelación causa-efecto entre o encoro, as néboas e assúas enfermidades; son conscientes de que o encorodeteriora a súa saúde: reumas, andacios, resfriados.Segundo eles, antes da inundación, a humidade e asnéboas non eran ni tan frecuentes ni tan intensascomo na actualidade.

“con estas néboas que nos trae o embalse (...) roenosos ósos (...) agora temos moitos mais catarros e reumas(...) antes non había tantas (...) pero agora xa ves (...) eo corpo é o que as sofre”

ADEUS ÁS AUGAS TERMAIS. As augas quentes eransinónimo de saúde, e a elas recurrían cando aflora-ba a enfermidade, e como prevención para evitala.Ás augas dábanlle o calificativo de milagrosas, uti-lizábanas como terapia de dúas maneiras, enforma de baño, ou bebida, para os diversas malesda pel, fígado, ósos e riles.

Consideran inxusto que unha fonte de saúdecoma a destes baños poida estar debaixo da auga ameirande parte do ano; ese sentimento increménta-se ao ver que están a escasos metros da beira doencoro, e pensar que ninguén fixo nada para evitaro seu asulagamento.

“Ai estas augas (...) eran milagrosas (...) valían paratodo (...) dende maio a septembro toda a Limia estaba noBaño (...) de vir a xente derrangadiña e ós quince días mar-char nova (...) e agora velas debaixo da auga e a poucosmetros da beira”

A MALDICIÓN DOS AFOGADOS E AS MALAS COLLEITAS.A sua memória garda e contabiliza o número depersoas afogadas no encoro, dende o seu inicio. E

A MALDICIÓN DO ENCORO NA MEMORIA ORAL

Page 71: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 71

ao tratarse xeralmente de xente nova, ese impactoé maior. Cando fan referencia a este capítulo deafogados, é curioso que a culpa é sempre do enco-ro, sen ter en conta a imprudencia dos afectados.

“ e que me dis (...) daqueles mozos de Forcadas (...)que se afogaron cando viñan da Clamadoira (...) ou dosobriño do cura (...) ou eses mozos de Celanova (...) maisde dez ou doce pesoas leva tragadas este embalse”

A despensa tamén se viu afectada polo encoro,xa que consideran que perxudica de forma directadeterminadas colleitas, ás que as néboas e o excesode humidade non lles son nada beneficiosas.

“agora hai cousas (...) que non podemos semear (...) óestar as terras ó pé do embalse (...) principalmente as fabas(...) collen unha espécie de peste e xa non se dan comaantes”

Para eles, antes de facer o encoro o clima da zonaera diferente, este caracterizábase por ter as catroestacións perfectamente marcadas; na súa memoriaperviven épocas de fortes chúvias e nevaradas queás veces incluso lles impedían sair da casa.

“foi o embalse (...) agora neva menos (...) desde queveu (…) o tempo non é o mesmo (...) hai mais néboas(...) chove menos”

A semente do mal do encoro das Conchas come-zou a incubarse a principios do século XX, coa pro-mulgación da Lei de Augas e foise desenvolvendo óamparo do clima favorable que lle ían aportando assucesivas concesións e transferencias das que foigozando a obra do encoro, até a sua definitiva madu-rez co decreto que contempla a ampliación do mesmoe a sua materialización definitiva no ano 1947.

Hoxe en día séntense reféns do encoro, ao contem-plar ese gran lago interior, esa masa de auga que odomina todo, e que ten gran parte da súa riqueza, dasua vida e da súa história, sepultada baixo as augas.

Esa visión tráxica dos afectados polo encoro,onde só ven males e desgrazas, contrasta fortemen-te coa sensación agridoce que experimentan os seusfillos, ao ver luces e sombras no mesmo, ou a sensa-ción máis ben optimista que transmiten os seusnetos, ó contemplalo coma un espazo lúdico, de

ocio, e de traballo, que con imaxinación, visión defuturo e apoio oficial, pode aportar riqueza e novospoboadores a unha comarca chea recursos e posibi-lidades, que aínda están agardando un verdadeiropulo de dinamización socioeconómica.

MANUEL RIVERO PÉREZ

BIBLIOGRAFÍA:Arquivo de Fenosa da CoruñaArquivo da Confederación Hidrográfica do Norte de España deOviedoBERGER, P. La Construcción social de la realidad. Buenos Aires,Amorrotu, 1991.BERMEJO, X. Sobre las dimensiones significativas del espacio.Santiago, Aga, 1984.FRANKL, V. el Hombre en busca de sentido. Barcelona. Herder,2004GARCÍA, J. Discursos y fronteras: límites físicos, límites sociales ylímites mentales. Santiago, Consello da Cultura Galega, 1991.GARCIA, B. Las rutas sagradas de Galicia. Diputación de A Coruña,1999.GEERTZ, C. La interpretación de las culturas. Barcelona, Gedisa,1996.GEERTZ, C. El surgimiento de la antropología posmoderna.Barcelona, Gedisa, 1998LISÓN, C. Antropología Cultural de Galicia, Madrid, Akal, 1990MAIRAL, G. Agua, tierra, riesgo y supervivencia, Zaragoza,Universidad de Zaragoza, 1997.VALLE, T. Incidencia de las nuevas socializaciones en la elaboraciónde la memoria individual y social. Zaragoza, Instituto Aragonés deAntropología, 1996.VELASCO, H. La lógica de la investigación etnográfica. Valladolid,Trotta, 1997.SANCHEZ, F. La liturgia del espacio. Madrid, Nerea, 1990.

Page 72: ARRAIANOS PRIMAVERA

72 ARRAIANOS/ ENTROIDO ARRAIANO / primavera 06

A FESTA DO SANTO ESTÊVÃO OU DOS RAPAZES

(OUSILHÃO-VINHAIS)

No día 26 de decembro a igrexa católica celebra afestividade de San Estevo. Foi o primeiro mártir, edise que viviu no século I, sendo un dos setenta edous discípulos de Xesús. O mozo diácono estabadotado de gran elocuencia e foi un fervente defensorda doutrina cristiá e bo predicador, axudando nestatarefa aos apóstolos, ademais de ser nomeado admi-nistrador dos bens da Igrexa. Os xudeus acusáronode blasfemo e de desprezar a súa relixión, e por elofoi morto a pedradas en Xerusalén.

En Ousilhão, unha pequena poboación transmon-tana pertencente ao concello portugués de Vinhais,celébrase durante os días 24, 25 e 26 de decembro adenominada Festa do Santo Estêvão ou dos Rapazes.

Trátase dunha festa relixiosa que engloba cerimoniasde carácter cristián na honra deste santo, como podenser a misa cantada, ou a procesión que se fai ao redorda igrexa, pero na que participan activamente outraserie de personaxes con cargos definidos como o dunrei, ao que acompañan dous vasalos; catro engalanadosmozos seguidos dun grupo de gaiteiro con caixa ebombo, aos que lle hai que engadir un numerosogrupo de persoas enmascaradas, ataviadas co tradicio-nal traxe e máscara de careto.

A grandes rasgos, a festa desenrólase así: Namañá do día 25 o rei convida aos catro mozos e ó tríomusical -que toca gaita de fol, caixa e bombo-, para irtodos xuntos de rolda visitar as casas dos veciños,onde cantan e bailan, e despois recollen as esmolaspara a igrexa. A comitiva vai seguida dun numerosogrupo de máscaras (caretos), os cales, unha vez que

UN SINGULAR CONVIVIO RELIXIOSOPROFANO

MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO

Page 73: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 73

saíron da casa os mozos que piden as esmolas, entranfacendo toda clase de bromas amparados no anoni-mato que lles outorgan traxe e máscara.

Cada un dos catro mozos vai tocado con chapeu noque unha fita de cor envolve a copa e colga as puntassobre as costas; tamén levan un fermoso e coloridomantón ou lenço que atan con nó na parte frontal, e nasmans adoitan levar castañolas. Cada veciño agarda ácomitiva nas súas casas para agasallala con variedadede viandas (pan, viño, carne de porco, doces...) coloca-das enriba de mesa e mantel. Os catro mozos entran nasala acompañados dos músicos e danzan e cantanarredor da mesa estas cancións:

Estas casas são caiadas,mais por dentro do que por fora,muitos anos vivam nelasos senhores que nelas moran.

Unha vez que a comitiva remata o acto de desexaras boas festas, os donos da casa ofrecen esmola depezas de fumeiro ou diñeiro. Nada máis rematar esta

cerimonia, entran na casa o grupo de enmascarados(caretos), en completo desorde e facéndolle toda clasede bromas ás persoas que van atopando, corren, saltanparedes, cambian cousas de lugar... E contra a noite,unha vez rematada a rolda polo lugar, era costumeque foran todos a galhofa, un baile feito nunha cuadraou lugar axeitado, no que participaban todos, homes,mulleres ou nenos até altas horas da madrugada.

Na mañá do día 26, a mesma comitiva volve facerunha rolda polo lugar entrando nas casas que queda-ron sen visitar no día anterior, e cantan:Levantem-se ó Senhoresdeses seus escanos douradosdai a esmola ao Santo Estêvãoque ele lhes dará o pago.

E chegadas as 13 horas, os catro mozos, acompaña-dos dos músicos e dos caretos, acoden en busca do reie dos vasalos. Os caretos arranxan un carro tradicional,montando nel a estes persoeiros, e todos, en caracterís-tico cortexo, van camiño da igrexa, onde os agarda ocrego da parroquia, quen con auga bendita bendice arei e vasalos na entrada do templo.

Durante a misa cantada o rei cos seus vasalos ocu-pan un lugar destacado no altar, e bendícese un cestocheo de pezas de pan. Durante este acto relixiosotamén se desenrola unha procesión arredor da igrexana que participan os catro mozos portando o andor noque vai a imaxe de Santo Estêvão, seguidos de rei,vasalos, crego, músicos e fieis.

Unha vez que remata este acto, os caretos, que semantiveron en silencio e fóra do templo, volven recu-perar a súa desordenada e frenética actividade, e todosos actores que participan nesta singular festa van endirección á Mesa de Santo Estêvão ou tamén denomina-da Mesa do Povo, preparada, se o tempo o permite, aoaire libre, coas variadas viandas das esmolas ou ofren-das dos veciños, pan, viño, doces, pezas de fumeiro,froita... Nun dos extremos preside a mesa o crego, nacompaña do rei e dos vasalos; cómese o pan bendito ebébese viño, e despois de que o crego bendice a mesacoas ofrendas xa se elixe o novo rei do próximo ano,momento en que os presentes –agora xa acompañadosdos caretos- aplauden no acto de troque de coroas. Deseguido, un dos mozos sube á mesa cun vaso de viñona man e procede ao leilão, subasta da mesa cuxo diñei-ro vai servir para organizar a festa no ano seguinte, untrato que se pecha bebendo ambos o viño do vaso, omozo e o que se fixo coa subasta.

Page 74: ARRAIANOS PRIMAVERA

74 ARRAIANOS/ ENTROIDO ARRAIANO / primavera 06

A continuación, o novo rei cos seus vasalos, segui-dos polos caretos, van en comitiva até a súa casaonde ofrecen pan e viño aos acompañantes. Notempo comprendido entre a comida colectiva e obaile (galhofa) da noitiña, os caretos continúan coasúa actividade frenética.

ALGÚNS ASPECTOS DO ENTROIDO NO SURESTE OURENSÁN

Desde tempos arrecuados, a tradición doEntroido vívese de maneira especial e intensa noespazo arraiano galego-portugués. Perviven aíndaunha serie de entroidos de carácter local, en aldeas epequenas vilas, que aínda amosan antigos rituais, noseu ciclo particular, nas máscaras, nos folións, nasrepresentacións parateatrais, nos entremeses, nascríticas...

Comentaremos aquí algúns destes aspectos quecaracterizan ou diferencian a estes entroidos doutros danosa provincia ou de Galicia. Ourense é a provinciagalega con máis variedade de máscaras e de personaxesentroideiros, con entroidos de moita sona no centro e noleste da provincia, pero sen esquecer, por dicir algúns,

os que se celebran enCovelo (Melón),Mugares (Toén), Beariz,ou noutros concellosarraianos como Entrimo,Lobios, Bande, Muíños,Lobeira...

O ciclo nestes lugaresarraianos da provinciavén marcado por unhaserie de datas que van,por exemplo na Gudiña,dende o Xoves deCompadres na semanaseptuaxésima, DomingoCorredoiro, Xoves deComadres na semanasesaxésima e DomingoGordo ou Domingo deIntrudio; continuando coLuns e Martes de Intrudioaté o Mércores de Cinza.Non se pode destacaraquí o Enterro da Sardiña,importación do centro

da Meseta, aínda que se celebra en Viana do Bolo oumesmo en Verín; na Gudiña tamén se fixo algún anona década dos cincuenta do pasado século, esmore-cendo logo. O máis propio de aquí é a queima doIntrudio na noite do martes, que ven significar a fin dacelebración entroideira. Houbo na zona (A Gudiña,Viana...), e creo que aínda pervive na Mezquita, o car-navalesco xogo do galo -costume tamén documentadano Barroso-, co seus rituais apartados de xulgamento,testamento, corrida ou morte do galo por parte de mozose rapaces.

Falando do ciclo, habería que deixar constancia deque por aquí semella que recúa até mesturarse con cele-bracións de marcado carácter relixioso, claro está, norelacionado a certos personaxes que piden, rouban, bro-mean ou incordian no acto de pedir aguinaldos e esmo-las, por exemplo na festa de Reis do sureste ourensánou nas portuguesas Festas dos Rapazes de tanta raizameen moitos lugares do Nordeste Transmontano: Aveleda,Varge, Babe, Vila Meã (Festa da Calaça), Deilão (Festa doNatal), São Julião (Festa da Juventude)... ou mesmo nas deSanto Estêvão: Ousilhão, Parada, Grijó de Parada, Valedas Fontes, Rebordelo, Torre de Dona Chama...

UN SINGULAR CONVIVIO RELIXIOSOPROFANO

MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO

Page 75: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 75

Entre os que teñen a encomenda de pedir asesmolas, tamén saen outros personaxes que sendúbida amosan un marcado carácter entroideiro,van enmascarados e teñen unha variada nomencla-tura, por exemplo na Festa de Reis que se celebra noTameirón (A Gudiña) sae o Peloto acompañado polaMadama, moza engalanada con fermosas roupas; enPentes (A Gudiña) sae o Farrampón, vestindo farra-pos, coroza ou outro tipo de roupas vellas, coa caratapada, con longo lareiro na man e saco ao lomboonde vai gardando o que pode roubar nos fumeirosdas casas. En San Lourenzo (A Gudiña), tamén saíao Farrampón na mesma festa. En Chaguazoso (AMezquita), sae a Rita, un home vestido de mullerque fai a mesma función cós anteriores; na MezquitaO Zamarreiro; Os Caretos nas referidas Festas de SantoEstêvão e Festas dos Rapazes. Singulares nomenclatu-ras: Farrampón, Madama, Peloto, Zamarreiro, Careto...aos que lle habería que engadir os que apareceninmersos en entroidos xeograficamente moi vence-llados ao espazo arraiano, como poden ser, sen apar-tarnos moito, O Marafón en Lubián, que ultimamen-

te acostuma saír nun singular Entroido de verán o 15de agosto, O Boteiro e o Danzarín en Vilariño deConso, O Boteiro en Viana do Bolo, O Vellarrón naVeiga do Seixo (Riós), máscara que desapareceu,pero que agora tentan recuperar, O Cigarrón enVerín, O Zarramoncalleiro en Cualedro, O Careto envarios lugares do Distrito de Bragança, A Mázcara enterras do Bolo e Manzaneda, O Peliqueiro en Laza, OTroteiro en Bande, O Cabreiro -de recente creación- enMuíños, Galán e Madamiña en Entrimo...

OS FOLIÓNS

Os folións acadan gran relevancia en concellos damontaña sureste da provincia, Viana do Bolo, AGudiña, Vilariño de Conso, Manzaneda, O Bolo,Trives... lugares e aldeas pertencentes a estes conce-llos manteñen esta tradición e amosan de formacíclica, nos seus percorridos por aldeas e capitalida-des municipais, variados e coloridos disfraces, parti-cipando na numerosa fuliada os veciños, dende osmáis pequenos até os máis vellos, tocando, con ritmopropio, en grandes bombos, bucinas, aixadas, gada-ñas, e outros apeiros da labranza, encabezados porvarios boteiros ataviados de colorida e fermosa vesti-menta. Nestes entroidos da montaña non faltan asrústicas carrozas e disfraces de claro vencello agrarioe raizame aldeá, con presenza de representaciónsanimais como a do oso ou “bicho” acompañado docazador ou domador (Manzaneda, Viana, Vilariño deConso...), o touro e o toureiro (zona de Manzaneda eTrives) a mula falsa e o maragato (Viana do Bolo),vacas “botonas”, como a morena, que sae escornandocontra a noitiña do Luns de Entroido en Laza, o boien Petín, o xigante (touro) en Celavente-O Bolo, o boina Veiga do Bolo...

As fuliadas veciñais propias destas aldeas de mon-taña teñen por costume escenificar nunha aira oulugar apropiado e ante numeroso público, as variopin-tas e mordaces representacións, as críticas, ou os entre-meses, que levan a cabo improvisados actores locais,veciños da aldea que van desenrolando unha especiede obra teatral, con guión dialogado e rimado que pre-viamente foi feito por un veciño e logo aprendidopolos actuantes. Case sempre se tocan temas ou feitosrelevantes acontecidos durante o ano na aldea, ondeos improvisados actores adoitan amosar a súa graza edotes de interpretación, facendo rir ao público que searremuíña e escoita con atención arredor do espazo noque se desenrolan os actos.

Page 76: ARRAIANOS PRIMAVERA

76 ARRAIANOS/ ENTROIDO ARRAIANO / primavera 06

Aínda perviven en certos lugares as visitas que fanestes fulións a aldeas veciñas. Son visitas que se volvencumprimentar á viceversa no ano seguinte. Os visitantes,con toda a fuliada, colócanse na entrada do lugar onde sedesenrola o acto de pedir o permiso para entrar na aldeaante varios representantes veciñais que os reciben dán-dolle a benvida. Un ritual no que se solicita o permiso e seautoriza en forma de verso e no que os parroquianosconviven e confraternizan entre eles nunha xornada emi-nentemente festeira, fortalecida e fornecida cunha poste-rior merenda a base de produtos gastronómicos locaiscon que os da aldea agasallan aos seus conveciños.

AS MÁSCARAS

Tamén son singulares as máscaras que saen nestesentroidos máis ou menos apegados á Raia Seca. Oscaretos portugueses son máscaras que adoitan levarfermosos traxes feitos con tea de antigas e coloridascubertas de cama artesanais, calzando zocos ou botasde coiro, polainas; portando un característico caxato econ restras de chocallos e esquilas na cintura, peito eespalda, e tapando a cara cunha careta feita de madei-ra representando unha cara humana, da que ás veces

tamén saen cornos.Dependendo das zonas,as caretas poden ser demadeira, folla de lata, cor-tiza, ou mesmo doutrasmaterias primas, comopalhinha, verga, escrinho...Hai un tipo de máscaraspropias da época deEntroido, pero tamén ashai vencelladas a outrasfestas como a festa deSanto Estêvão ou dosRapazes, os Reis... A uti-lización deste tipo demáscaras e traxes estén-dense principalmentepor diversos lugares doDistrito de Bragança,chegando a lugares raia-nos como Río de Onor eoutros de Vinhais, ondeteñen sona as máscarasde Ousilhão.

E na parte arraiana galega, os boteiros da terra deViana do Bolo tamén levan a cara tapada con máscarade madeira pintada, predominando a cor negra nofondo, sobre a branca e a vermella. Na ampla bocasobresaen ben os dentes, deixando entrever un cínicosorriso; algunhas adoitan levar nesta parte unha sala-manca pintada, e outras, cobras talladas. Outros deta-lles son un nariz bastante grande, ollos con cellas epestanas pintadas, ou mesmo os cornos. Enriba dacareta leva unha especie de pantalla chamada cadro,unha armazón de arames entrecruzados, enfeitadoscon papeis de cores formando distintos motivos xeo-métricos. Portan esquilas na cintura, e visten unhacamisola bordada con fitas de seda ou raso, un calzónde trazo militar con bandas laterais e algunha rolda deflocos de diversa cor nas pernas. Nos pés levan botascon polainas de cor negra, e na man levan un longopau chamado monca.

En Vilariño de Conso tamén se denominan botei-ros ás máscaras que acompañan aos folións. Son bas-tante comúns na maioría dos lugares do concello,excepto en Mormentelos que teñen máscaras pare-llas ás da terra de Manzaneda, pero que denominandanzarís.

UN SINGULAR CONVIVIO RELIXIOSOPROFANO

MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO

Page 77: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 77

A vestimenta que empregan consta dunha caretafeita artesanalmente de cartón forte, con cara rosada,na que se resaltan ben a boca, ollos, cellas, pestanas,uns vermellos coloretes nas meixelas, un pronunciadonariz, barba, patillas e amplos bigotes. A careta levaenriba unha especie de pantalla ou entramado deforma cadrada, todo enfeitado con multitude depapeis de cores, formando diversos motivos xeométri-cos, prevalecendo os de forma vexetal feitos a base demultitude de floriñas de papel de cores. Tamén os haique levan no cadro figuras de animais salvaxes. Desteentramado superior ou pantalla colgan fitas de varia-das cores.

O resto da vestimenta destas máscaras constadunha camisa de cor branca con garabata, unha cami-sola de felpa, enfeitada con fitas de cores, bastanteparecida á que levan os boteiros da terra de Viana doBolo. Levan tamén un calzón enfeitado con roldas deflocos de variada cor, vermella, amarela, verde, bran-ca..., sobre fondo vermello ou branco. Á cintura levanun cinto con esquilas e calzan botas con polainas oulegues de coiro, e na man portan unha pintada e longamonca de pau.

Na compaña dos foliois de Buxán (O Bolo) acostu-man ir un pequeno número de máscaras ataviadas confermosa vestimenta, facendo especie de baile e move-mentos ó son de bombos e apeiros de labranza. Estasmáscaras de Buxán portan na cabeza un alto pucho deforma cónica, rematado nunha borla enfeitada de tirasde cores ou floreada da que colgan moitas fitas decores que chegan ata os xeonllos do portador. Estespuchos, todos adornados de teas ou papeis de cores,acostuman levar na parte frontal pequenas bonecas ena parte baixa van rematados con flocos de cores. Oenmascarado oculta a súa faciana cunha carauta.Levan camisa branca e garabata. Na parte superior docorpo levan un fermoso mantón floreado, colgándolleos flocos dos ombreiros e parte baixa da cintura. Porriba do mantón engarzan fitas de variadas cores. Opantalón soe ser tamén de cores. Nas mans levanluvas, portando nunha delas unha enfeitada caxata, ouespada de madeira e na outra unha bolsa ou saquiño detea na que parece ser que levan fariña ou papeliños decores para botar á xente. Calzan botas altas ou polainasde cor negra.

Na Veiga do Seixo e Castrelo de Cima, ambos per-tencentes ao concello de Riós, houbo unha máscaraque saía no Entroido con nome de Vellarrón, e que naactualidade están tentando recuperar. Neste tipo demáscaras destaca unha careta feita de cartón, repre-sentando unha cara humana con tódolos detalles,pronunciado nariz, ampla boca e dentes, barba ebigotes feitos de lá de ovella de cor negra, orellas...Enriba da careta leva unha especie de pucho, enforma de coroa real, feita de vimbios entrelazados eenfeitados con papeis de cores que antigamente eranpegados con masa feita de farelos e auga. Remataba acoroa unha escarapela da que dependuraban moitasfitas de cores.

O resto do traxe estaba composto por unha camise-ta de felpa, enfeitada con fitas de papeis de cores queformaban un debuxo en ángulo, rematando o vérticecase que na cintura, por debaixo do peito tiña unhaespecie de escarapela da que dependuraban fitas decores; nos ombreiros tamén levaban escarapelas dasque igualmente dependuraban fitas de cores. O cal-zón, de felpa, era enfeitado coséndolle cintas de papeisde seda, ou rizado de varias cores, formando liñashorizontais. No pescozo levaba un pano de cor bran-ca, e na cintura unha faixa, tamén de cor branca,debaixo dun cinto con esquilas. Nas pernas levaba

Page 78: ARRAIANOS PRIMAVERA

78 ARRAIANOS/ ENTROIDO ARRAIANO / primavera 06

polainas de coiro ata os xeonllos, abrochadas con febi-llas. Nas mans levaba luvas de cor branca. Portaba unfarrampo ou tralla, que se asemellaba a un mallo, feitocun mango de pau e unha tira de pel, ás veces forradacon tea de saco de esparto. Co farrampo zorregaban acantos atopaban polas rúas ó seu paso.

Cigarróns (Verín) e Peliqueiros (Laza) son máscarasben coñecidas polo público en xeral, e que se espallancon feitura parecida por outras zonas, anque con dife-rente nomenclatura, como poden ser os Felos (Maceda),o recentemente recuperado Zarramoncalleiro (A Xirondae Cualedro), ou o Chocallón que Silvio Santiago docu-menta en Vilardevós. E se seguimos avanzando cara ooeste, non se poden deixar de referenciar madamitos emadamitas, galáns, cabezudos e faranduleiros en Entrimo,troteiros e troteiras de Bande, cos seus fermosos traxes echapeus enfeitados, cabreiros en Muíños amosando care-tas con retorcidos cornos, ou mesmo as que documentaXoaquín Lourenzo en terras de Lobeira.

O RITUAL DOS DIABOS E DA MORTE

Antes de rematar este comentario entroideiro, trae-mos aquí unha peculiar maneira anunciadora da fin

do Entroido. Na Quarta feira de Cinzas en Vinhais osprotagonistas do ritual son os diabos e outra figura querepresenta a morte. Neste Mércores de Cinza andan os“diabos á solta”, as rúas desta vila trasmontana énchen-se de numerosas persoas con disfrace de diabo. Esteconsiste nun fato de cor vermella que cubre á persoatotalmente, desde a cabeza ata os pés, e que pecha naparte dianteira por medio de varios botóns. A parte dacabeza tamén é cuberta por este disfrace feito de teavermella a modo de carapucho adaptado a esta partedo corpo, con dous buratos para facilitar a visión, eoutros dous para o nariz e a boca, nos laterais da fron-te tamén destacan dous tesos cornos.

Os diabos portan na man un chicote (látego) ouanaco de corda co que fustrigan a tódalas mozas queatopan na rúa, mentres estas foxen dando gritos de¡oh, morte! ¡oh, diabo!; algunhas buscan refuxio en casasou onde cadra, tratando de esconderse dos diabos e daoutra figura, a morte, que deambula silenciosa polapoboación. A figura da morte veste traxe de cor negra,no que están pintados en cor branca os principais ósosdo esqueleto humano, na cabeza leva un alto puchonegro no que tamén van pintados en branco unhacaveira e dous ósos en cruz. Ao lombo leva unha gada-ña encabada ao contrario, e nunha man porta un láte-go feito de corda.

Cando estas figuras terroríficas dan cabo de algun-ha vítima, lévana a unha pedra do largo do Arrabalde,escaleira do Pelourinho, ou noutro espazo parecido, efan axeonllar á vítima ou vítimas diante da figura damorte, e logo recitar a seguinte “oración”:

Padre Nosso, caldo grosso, carne gorda não ten osso,rilha-o tu que eu não posso.Salve Rainha, mata a galinha,põe-na a cozer, dá cá a borracha que quero beber.Creio em Deus, padre todo poderoso, o filho do rei criou un raposo.

Cando rematan, a morte pon a folla da gadañadiante da vítima para que esta a bique. Todo ben aser una acto de submisión e obediencia ante estasfiguras arrepiantes, que producen temor e medoneste primeiro día de Coresma. Logo a morte dáorde aos diabos para que procedan a fustrigar colátego ás mozas, intre no que estas se levantan efoxen gritando despavoridas.

UN SINGULAR CONVIVIO RELIXIOSOPROFANO

MASCARADAS NO INVERNO ARRAIANO

Page 79: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 79

Hai queopina queisto derivadun costumemedieval, enque nesteprimeiro díada Coresmaun individuovestido demorte deam-bulaba polasrúas da loca-lidade, avi-

sando ós fieis que estivesen preparados, xa que nahora menos pensada a morte podía chegar e segar-lles a vida coa gadaña.

A serra da velha

Cousa común en Trás-os-Montes era a serra da velha.É no medio da Cuaresma, na quarta feira (martes) da ter-ceira semana coresmal. De moita tradición en pobos doBarroso, Vilar de Perdizes, Tourém; Valdante (Chaves);A Moimenta (Vinhais)... Costume antiga, tradición, mes-turanza de fogo, alegría, danza, sons de chocallos..., ecantigas que dan conta do tempo coresmal.

Estamos no meio da Coresma,á a páscoa vai chegada;uns dizem serre-se a velha,e outros a velha serrada.

Por exemplo en Tourém, un mes antes da festa osrapaces procuraban xuntar tódolos chocallos quepodían, sobre dez ou quince cada un. E chegado o díada serrada da velha ía todo o grupo polo pobo adiantefacendo ruído cos chocallos, onde había vellas para“serrar”. Cada rapaz cos seus chocallos amarrados nacintura e algún vestido con coroza. Unha vez que ato-paban á vella e rodeábana, entre o grande ruído dachocallada, até que lles prometese viño e unha velha depalla. Unha vez que o conseguían, puñan a pallaenvolta nun pau en forma de cruz e ían a un outeirofóra do pobo, e alí no alto dunha árbore púñanllelume á vella. Os rapaces facían corro arredor dela,abaneando os chocallos e berrando: “Ó minha velhin-ha, minha velhinha”.E cando remataban de queimar,volvían ó pobo para pedir outra velha. Así facían unhadetrás da outra.

Hai cantigas que se empregaban na serra da velha quesemellaban un responso relixioso cantado en latín. EnVilar de Perdizes, cara á fin da tarde, xuntábanse oshomes e por veces as mulleres ou mozas e ían polas rúasnun grupo ou en varios, en busca dunha casa onde hou-bera unha vella. E facíanlle comparanza e burla dicindoque só servía para táboas de forrar caixóns, do piso, paraos cortizos das abellas, mangos de navalla ou calqueraoutra cousa, cantando todos:

Alevanta-te, ó Lourenço,toca as vacas ó lameiro,cara larga, nariz comprido,olhos bugalhudos, turra carneiro.Vai a casa do Abade,que te deia o teu dinheiro.Cara larga, nariz comprido...

Para serrar a velha empregaban unha “serra” ou“brúa”, que era feita cun cántaro e un fío de zapatei-ro, atado no fondo, que ó tirar del ou apertarlle aman, bruaba. O mozo que levaba o cántaro ou a potaera o “serra a velha”, mentres os demais ían facendoque choraban e dicindo: -Ó minha avocinha, adeus; óminha avocinha adeus... Noutros lugares do Barrosofacían unha especie de enterro da velha. Amañabanunha vella con palla e púñana nun ataúde, e ían encomitiva fúnebre a un lugar onde queimaban a vella,entre grandes berros e ruído dos chocallos. NaMoimenta (Vinhais) tamén había este costume deserrar a velha.

Pola noite había o único baile permitido naCoresma. Durante o resto da Coresma non se bailabanestas aldeas, respectando a tradición, pois “é pecadodançar na Quaresma.

En definitiva, a serra da velha, unha antiga celebra-ción, quizais con raíces medievais, dirixida contra aCoresma, onde como vimos se trocan as prohibiciónsimpostas neste tempo relixioso polo baile, a xolda, olume dos fachóns de palla, os chocallos... Unha tradi-ción que semella facer revivir por uns intres oambiente eo espíritu de Entroido, aínda non tan lon-xanos, que se resisten a morrer.

JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ

Page 80: ARRAIANOS PRIMAVERA

80 ARRAIANOS/ RECOMENDACIÓNS LITERARIAS / primavera 06

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

LECTURA PERSOAL DE ESCURA E TRANSPARENTE� DE BALDO RAMOS

H ei confesar, para empezar, que o pasei maldándolle voltas ao libro de Baldo para pre-

parar esta presentación, coa sensación constante deque non ía ser quen de estar á altura. Aínda non lerao prólogo (adoito facelo despois de ler os libros,nunca antes). Coa lectura do texto de ArcadioLópez-Casanova, a situación pre-parto foi aíndapeor. López-Casanova sistematiza, ao meu ver conbastante precisión, todos os aspectos máis relevan-tes do texto de Baldo Ramos.

Por fin decidín procesar a miña propia lecturado libro partindo dunha serie de ideas algo incone-xas que se me foron ocorrendo. Velaquí van.

A primeira característica, acaso o trazo principal do libro: son poemasque reflexionan. As reflexións son de alcance diverso pero resalta unha pre-ocupación por preguntarse no poema pola escrita. A voz que fala nestes tex-tos sinte a necesidade da escrita e recoñece os límites das palabras. O poema,xa que logo, é unha procura, un desafío. O poeta, coma o filósofo, desconfíado camiño coñecido, para escoller sempre “a dirección que asegura o extra-vío”.

Todo isto podería fiarse cun tema que me interesa dende hai un tempo:os límites das palabras, a capacidade limitada (diría “incapacidade”) que aspalabras teñen para transmitir ideas, os límites do poema como obxecto con-tedor de ideas e palabras, a necesidade de o autor acoutar o espazo do textopara comunicar e mais que o lector conserve o seu propio espazo de constru-ción.

E non hai respostas. O poema só (nada menos!) propón preguntas.

López-Casanova no prólogo e, seguindo ese fío, Chus Nogueira na páxinado Consello da Cultura detéñense nas cores que aparecen nos poemas. Peropenso que é importante remarcar que esta escolla cromática non ten nada quever con imaxes visuais. Chama a atención porque é o primeiro que un imaxi-naría ao tentar percorrer o camiño que une os textos de Baldo coas ilustraciónsdo libro: o poeta co artista plástico. Pero as imaxes do libro non son visuais. Ataonde podo ver, as cores están para debuxar paisaxes anímicas.

Hei fiar aquí, xa que logo, co asunto das ilustracións do libro. Postas por dian-te as miñas limitacións como observador de artes plásticas, teño a impresión deque estes trazos transmiten, por momentos, solidez, confianza (como o da porta-da, por exemplo), pero por momentos deixan translucir un debate interno, o des-acougo da procura expresiva que non se dá acadado (na páxina 34-35), ou a dorque se agocha detrás de toda procura (páxinas 22-23). Tampouco son visuais aspaisaxes das ilustracións: son, outra vez, paisaxes da alma. Velaí o fío.

Detereime un intre no aspecto formal dos textos. Son, efectivamente, poe-mas relativamente breves, nos que predomina o verso curto. Aínda que non

Page 81: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 81

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

son poucas as excepcións. Pero chama a atención como os poemas parecenestar construídos cunha conciencia moi clara da folla en branco, da localiza-ción do poema na páxina, do debuxo que producen as palabras.

Dende un punto de vista rítmico pouco hai que dicir. Todo o que se digaresultará nunha descrición máis ou menos prolixa dos recursos dispoñíbeispara a construción do ritmo no verso libre. O autor coñéceos e fai uso delescon toda a sapiencia do vello mariñeiro.

Os que me coñecen saben que non son moi amigo das lecturas semánti-cas do poema. E moito máis en casos coma este, no que a aparente sinxelezaformal é soporte de imaxes de construción arriscada, mesmo violenta. Creoque as lecturas diferentes que cada un pode facer dos poemas de Baldo sonmúltiples e a miña non ten maior valor cá doutro.

Mesmo así, atrevereime a enumerar algúns dos temas que percorren estaspáxinas. (A enumeración é caótica, o lector saberá desculpar.)

o xa mencionado meta-poema, a poesía que fala da poesía: a necesidadeexpresiva, a palabra que acouga e a dor da palabra incompleta

o poema epistemolóxico: o poema para coñecer ou ordenar o mundo

a procura: a procura individual, o ser humano que percorre o seu camiño

o outro: pero sempre visto a través do filtro persoal, o outro en funciónda construción do eu, o outro como soporte que xustifica ou explica o cami-ño que se anda

a identidade: o saberse parte dunha identidade común, o ser no seucerne, a memoria

o meta-poema outra vez: dicir o poema para esconxurar a dor e ser cons-ciente no poema da inutilidade da empresa

Pero son os lectores os que teñen que facer o seu propio catálogo dostemas de “Escura e transparente”. A lista que cada un dea construído concerteza diferirá da miña.

En todo caso, aconsello ler este libro de vagar e con todos os sentidos pos-tos na tarefa. Terá o lector entre as mans un libro que, se permanece alerta,amosará moitas lecturas coma moitas peles ou abrigos. E sempre é bo ritualilos quitando aos poucos.

EDUARDO ESTÉVEZ

Escura e transparente, Baldo Ramos. 3C3 Editores, 2005.

Page 82: ARRAIANOS PRIMAVERA

82 ARRAIANOS/ RECOMENDACIÓNS LITERARIAS / primavera 06

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

BOA PROPOSTA PARA SABOREAR

L icor de abelá con xeo é a segunda novela publicada por Xurxo SierraVeloso, que é orixinario de Silva Escura, no concello de Ramirás, ao

mesmo pé da serra da Fonte Branca. Hai xa uns cantos anos dérase a coñe-cer con Os ollos do Rei de Copas (1994) e, agora mesmo, acaba de gañar o“Premio Risco de Creación Literaria” 2006 pola narración Os mércores do Fra.Ademais este escritor, que en tempos fora investigador do Centro RamónPiñeiro, traballou noutros proxectos relacionados coa nosa literatura, do queé mostra a edición Era un son de buguina, a cal iniciou a colección “Libros daFrouma” da editorial Follas Novas. Froito da súa querencia e vinculacióncon este espazo vital de orixe é mostra a páxina que mantén en internet cotítulo www.reidecopas.blogspot.com.

A amenidade segue a ser trazo característico do autor. Isto faise evidente na urdime dahistoria e na sinxeleza do xeito de a contar. O mesmo sucede co seu sentido do humor, aocal non lle son alleos a ironía e a parodia.

O dito xa nos conduce a entrar, de cheo, nesta novela. Pódese indicar que a literatura éo motivo de fondo arredor do cal se vertebra o libro. Como mostra están os atinos e desati-nos dunha leira, a cultura, aínda marcada —de marco, dos marcos das nosas herdades—polo minifundio.

Aí é onde xorde a visión crítica do narrador a moitos ámbitos do noso panorama cultu-ral. Para poñer mostras, o mundo dos premios literarios, ao redor do cal se enfía a narración,é obxecto de aguda perspectiva, a partir do certame anual de novela da vila do Pousadoiro.O mesmo acontece coa reverencia paternalista perante eminentes persoeiros —encarnada nocatedrático Gustavo Zas— ou cos vicios de certo sector da crítica literaria.

Veñen moi ao xeito, neste último aspecto, as propias palabras do libro para denunciarunha práctica non inhabitual: “un parvo, un mediocre, unha alpabarda sen sentimentos quenunca se atrevería a poñer mal un poemario de Ferrín ou unha novela de Alfredo Conde,pero que non tiña reparos á hora de esmagar a honra literaria dun imberbe”.

Os personaxes deste narrador teñen un algo moi de seu que os identifica. Talvez sexa queposúen, en conxunto, unha condición de humanidade que fai que o lector identifique nelesfiguras construídas a base de sinxeleza, ao tempo que historias vitais moi compartidas.

Pasando as páxinas desta novela debruzámonos en lugares que falan moito da realida-de emigrante que lle tocou vivir, hai xa unhas décadas, á nosa xente. Entre os escenarioscomúns para tantos ourensáns están Venezuela, Alemaña e Vigo, cidade esta na que sobran-cea un acabado de estrear barrio de Coia. Como contrapunto desta realidade aparece unharica toponimia rural que non lles resulta descoñecida aos que conviven entre as terras doRibeiro e as de Celanova.

Esta obra constitúe, polo tanto, grazas á habelencia da voz narradora, unha boa mostradas relacións sociais e dos hábitos de vida propios de moita da xente que lle tocou avantarda ditadura cara á democracia. Pódese poñer como exemplo o moceo que se inicia no adroda igrexa ao remate dun cabodano, entre dous dos protagonistas, Serafín e Palmira. Osnomes de persoa contribúen tamén, por certo, á caracterización eficaz dunha época.

Licor de abelá con xeo, finalista do “Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta” en 2005,é un libro que hai que ler. Unha interesante proposta dun escritor pertencente á Terra deCelanova que sabe combinar axeitadamente elementos e valores do noso mundo culturalcunha dose necesaria de sentido da ironía. Unha historia chea de frescura para degustar.

XOÁN CARLOS DOMÍNGUEZ ALBERTE1 Xurxo Sierra Veloso, Licor de abelá con xeo, Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, “Medusa”, 2006.

Page 83: ARRAIANOS PRIMAVERA

ARRAIANOS 83

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS

O RECREO DUN CABALEIRO

N on son crítico de libros, grazasa Deus, mais gusto da lectura

e da pesca, nesta orde cronolóxica. Épor iso que, a finais dos oitenta,cando -contra todo prognóstico, con-tra natura se queredes- me deu polastroitas e vin por casualidade nuncatálogo un libro titulado: Guía parapilla-las troitas, miñas señoras, pedinlloinmediatamente a Manolo de Tancocoa ilusión xuvenil de que, domesmo xeito que se aprende teoloxíaou numismática lendo, aquela obrapodería ensinarme a pescar troitas.Marchei para a casa cun libriño detapas cor ribeiro tinto e unha poucoprometedora caricatura dun pescan-

tín na portada. Aínda que non me serviría directamente parao meu propósito, entre outros motivos porque -como sinalabao autor- as troitas non len, nunca me arrepentín de telo merca-do (745 pesetas é o prezo posto a lapis na terceira páxina).Divertiume de principio a fin e, en non poucas ocasións, fíxo-me rir ás gargalladas. Co tempo, cando despois de moitomallar os ríos, as silveiras, as árbores..., foron caíndo algunhastroitas, decateime tamén da súa sabedoría troitolóxica e huma-na, do seu amor (civilizado) pola terra. E maiormente doutracousa: a súa oralidade. Na beira do río, cana en man, lembra-ba algunhas frases coma se, no canto de telas lido, as tiveseescoitado. O relato da “experiencia intelixente e longa dun pesca-dor entusiasmado”, que dicía Carlos Casares no prólogo.

Agora, cun ano de retraso, chégame a segunda edicióndeste libro de Juan José Moralejo, que se define a sí mesmocomo portador de TDE (Tambre, Deva, Eume), a diferenza dovulgar ADN, ou tamén como profesor de grego en tempo deveda. Aparece “corrixida e aumentada con lerias varias”, queveñen sendo media ducia de fotos e un bo feixe de artigos xapublicados na prensa, e co título xenuinamente trovadorescoque lle convén.

Permitídeme un consello, arraianos, pescadores ou non:lede este libro. Se o mercades, poñédeo na biblioteca no sitioonde ten que estar, a carón do Walton e de Mis amigas las tru-chas, de Miguel Delibes. Se non queredes mercalo, emprésto-volo eu.

LOIS CODIAS

As troitas, miñas señoras, Juan José Moralejo Álvarez. Ed. Galaxia, 2005.

Page 84: ARRAIANOS PRIMAVERA

CC O N C E L L OO N C E L L O D ED E EE N T R I M ON T R I M OPP rr aa zz aa dd oo CC oo nn cc ee ll ll oo nn �� TT ee rr rr aa cc hh aa nn �� �� �� ��

EEEE NN TT RR II MM OONN TT RR II MM OOconcello�entrimo@eidolocal�es

TFNO � �� �� ��

BENVIDOS AO CONCELLO DE A BOLABENVIDOS AO CONCELLO DE A BOLAR e s e r v a d a B i o s f e r aR e s e r v a d a B i o s f e r a

HH II SS TT OO RR II AA EE NN AA TT UU RR EE ZZ AA AA BB EE RR TT AA AA TT OO DD OO SS

TERRAZA

AGARIMOPraza Maior, nº4

Tlf. 988 451 673Celanova

TABERNA

Largo do EiróPitôes das Junias