Arte na aula
-
Upload
filomena-manzano -
Category
Documents
-
view
229 -
download
2
description
Transcript of Arte na aula
2
Estes días estamos moi contentos.
Temos no colexio unha mostra de arte
itinerante:
ARTE NA AULA
Esta mostra se ubica na biblioteca
do colexio e pode ser visitada por
toda a comunidade educativa.
Os/as nenos/as de primaria
tivemos tamén un obradoiro co artista
Mingos Teixeira.
Os/as nenos/as de 3º B tivemos o
honor de inaugurar a Mostra que
contou coa presenza da concelleira de
Educación.
3
Que fixemos no taller:
En primeiro lugar, visitamos a
exposición e cunha cartela, que nos
deu Mingos e que veredes a
continuación, fomos identificando as
obras de arte.
4
5
6
Despois de identificar as obras e ver
cantos artistas importantes temos en
Galicia, Mingos explicounos que na
Mostra había diferentes tipos de
arte:
Escultura
Pintura
Debuxo
Fotografía
Cómic
Gravado
7
Na aula de 3º A, falamos sobre un
artista vigués que se chama Álex Cal.
Álex Cal foi un neno coma nós e nunha
mostra como esta, Mingos deuse
conta que tiña cualidades para o
cómic. Preparouse, e na actualidade é
o que fai os cómics de Spiderman.
8
Despois como xa non quedaba
tempo Mingos pediunos que fixeramos
un cómic con catro escenas nas que
saira un marciano e así o fixemos.
Quizais do García Barbón saia un novo
artista.
9
Aos/ás nenos/as de 3º B, Mingos
contounos ademais que na pintura
podiamos expresar todo o que
sentiamos aínda que non fose sempre
alegre e por iso as pinturas que
mirabamos nos producían sensacións
diferentes: alegría, disgusto,
tristeza...
10
Para rematar suxeriunos facer uns
debuxos nos que podiamos usar
cousas das pinturas que miraramos e
entre elas...un alieníxena! Faltounos
tempo para chegar á clase e poñer
mans á obra.
11
Os/as alumnos/as de 3º e as súas
titoras agradecemos a Mingos e ao
Concello de Vigo que nos achegaran a
arte galega a través dunha actividade
tan divertida .