Arte

12

Click here to load reader

Transcript of Arte

Page 1: Arte

2º BACHARELATO.

HISTORIA DA ARTE

A finalidade principal desta materia consiste en observar, interpretar

e analizar sistematizar e valorar as obras de arte situándoas no seu

contexto temporal e espacial para favorecer á capacidade de ver e

desenvolver a sensibilidade estética. Ao mesmo tempo ensina a ver a

arte contextualizada no seu contexto histórico e en relación con outros

campos do coñecemento.

O temario centrase na evolución dos principais estilos artísticos da

cultura de occidente, dada a carga horaria da materia, cunha especial

atención á arte contemporánea e a arte de Galicia.

1. OBXECTIVOS

1. Comprender e valorar os cambios na concepción da arte e as súas

distintas funcións ó longo da historia.

2. Entender as obras de arte, no seu conxunto, como expoñentes da

creatividade humana, susceptibles de seren admiradas por si mesmas,

e de seren valoradas como documento testemuñal dunha época

histórica, dunha sociedade e dunha cultura.

3. Manexar a linguaxe artística de cada unha das artes visuais e utilizar

diferentes metodoloxías para a análise das obras de arte

desenvolvendo ó tempo a propia sensibilidade e a imaxinación.

4. -Recoñecer e diferenciar as manifestacións artísticas máis destacadas

dos principais estilos e artistas da arte occidental e , particularmente,

as de Galicia, situándoas no seu contexto histórico, valorando as

posibles influencias e a súa pegada na arte posterior.

5. Recoñecer a través dos cambios iconográficos dun mesmo tema a

modificación dos valores estéticos, de mentalidade e pensamento

propios de cada estilo artístico, do seu contexto histórico e da

personalidade do artista.

6. Realizar actividades de documentación e investigación a partir de

fontes diversas sobre determinados aspectos da historia da arte.

Page 2: Arte

7. Coñecer, valorar e apreciar o patrimonio artístico, especialmente o de

Galicia contribuíndo a súa conservación como fonte de riqueza e

posibilitando que se transmita ás futuras xeracións.

8. Valorar a cidade, na súa dimensión espacial e temporal, como

obxecto da historia da arte e marco privilexiado das súas

manifestacións e proxectar esta conciencia cara á súa evolución

futura.

9. Contribuír á formación estética, analítica e crítica, así como á

capacidade de comunicar a empatía ante as creacións artísticas.

2. CONTIDOS

A) CONCEPTUAIS

I.

Aproximación á historia da arte e ás linguaxes artísticas.

A arte como expresión humana no tempo e no espazo.

A linguaxe das artes visuais e a súa terminoloxía

Percepción e análise da obra de arte

Conservación do patrimonio artístico.

II.

A arte clásica: Grecia.

A arquitectura grega. As ordes. O templo e o teatro. A Acrópole de

Atenas.

A evolución da escultura grega.

III.

A visión do clasicismo en Roma.

A arquitectura: caracteres xerais. A cidade romana. Tipoloxías

construtivas.

A escultura: o retrato. O relevo histórico.

A arquitectura da Hispania romana e a súa presenza en Galicia.

IV.

Arte paleocristiá e bizantina.

Achegas da primeira arte cristiá: a basílica. A nova iconografía.

Page 3: Arte

Arte bizantina. A época de Xustiniano: Santa Sofía de

Constantinopla e San Vital de Ravena.

VI.

O prerrománico.

O contexto europeo.

O prerrománico español e a súa incidencia en Galicia: visigodo e

asturiano. Arte mozárabe ou de repoboación.

VI.

A arte islámica.

Orixes e trazos distintivos da arte islámica.

A arte hispanoárabe: a mesquita e o pazo.

VII.

A arte románica como a primeira definición de Occidente.

A arquitectura: a igrexa románica. O mosteiro de Cluny. A

arquitectura do Camiño de Santiago: a catedral de Santiago.

O Románico en Galicia.

A portada románica e a súa función didáctica: as Praterías. O Pórtico

da Gloria.

A pintura mural e a súa función didáctica: Tahull e o Panteón Real

de San Isidoro de León.

Os mosteiros cistercienses en Galicia: innovacións cara ó gótico.

VIII

A arte gótica como expresión da cultura urbana.

O sistema construtivo. A catedral gótica. Outras tipoloxías urbanas:

lonxas e concellos.

O gótico español: As catedrais de Burgos, León e Palma de

Mallorca.arquitectura, escultura, vidros…..

A humanización das artes figurativas na portada gótica: Chartres,

Reims e Estrasburgo.

As innovacións pictóricas: Giotto

Os retablos e as vidros.

IX.

A arte do Renacemento.

A contribución do primitivismo flamenco: Van Eyck e outros.

A arquitectura: Brunelleschi e Alberti.

A renovación da escultura: Donatello.

O novo sistema de representación na pintura: Masaccio, Fra

Angélico, Piero della Francesca e Boticelli.

X.

O período clásico do Renacemento e o manierismo.

O Cinquecento: clasicismo e manierismo na arte italiana.

Page 4: Arte

De Bramante a Palladio: o templo, o pazo e a vila.

A escultura de Miguel Anxo: da perfección do clasicismo á crise do

Renacemento.

A pintura renacentista italiana: Leonardo, Rafael e Miguel Anxo.

A escola veneciana: Tiziano.

O Renacemento en España. Arquitectura: inicios, clasicismo e

manierismo.

A escultura: principais artistas.

A pintura : o substrato flamenco e a influencia italiana.

O manierismo español : O Escorial. O Greco.

XI.

A arte barroca: a linguaxe artística ao servizo do poder civil e eclesiástico.

Orixes do Barroco, Italia. Urbanismo e arquitectura na Roma

Barroca: Bernini e Borromini.

O pazo do poder: Versalles.

España: da praza maior ó pazo borbónico.

O Barroco galego civil e relixioso. O caso compostelán

XII.

As artes plásticas do Barroco.

A escultura barroca: Bernini. A imaxinería española.

A pintura barroca: o tenebrismo de Caravaggio. A pintura flamenca e

holandesa: Rubens e Rembrandt.

A pintura española do século de ouro: Ribera, Velázquez, Zurbarán e

Murillo.

XIII

A arte europea a finais do século XVIII e inicios do XIX.

O Neoclasicismo: características xerais. Urbanismo e arquitectura.

Escultura: Cánova. Pintura: David.

O Romanticismo: Delacroix.

A presenza do Neoclasicismo en España: principais exemplos.

A personalidade independente de Goya.

XIV

Cara á arquitectura moderna: urbanismo e arquitectura na segunda metade

do século XIX.

As grandes transformacións urbanas. O eclecticismo.

A arquitectura dos novos materiais. A escola de Chicago.

O modernismo: Gaudí.

Page 5: Arte

XV.

O camiño da modernidade: As artes figurativas na segunda metade do

século XIX.

A pintura realista: Courbet.

O impresionismo: Monet e Renoir. O postimpresionismo: Cezanne,

Van Gogh e Gauguin.

A escultura de Rodin.

XVI.

As vangardas históricas: as artes plásticas na primeira metade do século

XX.

Fauvismo e expresionismo. O cubismo e as súas variantes. Picasso.

Os inicios da abstracción. Dada e o surrealismo: Dalí.

Novas fontes na escultura.

As vangardas galegas. A escultura: Asorey.

XVII.

Arquitectura e urbanismo do século XX.

A arquitectura moderna: o racionalismo. La Bauhaus. Le Corbusier.

O organicismo. Wright.

O urbanismo no s. XX.

XVIII.

A arquitectura en Galicia. As artes plásticas.

XIX.

A arte do noso tempo.

O estilo internacional da arquitectura. A arquitectura postmoderna.

O novo realismo; o postmodernismo.

Do happening as instalacións.

As artes plásticas: o expresionismo abstracto e o informalismo.

A abstracción pictórica; a pop art. Hiperrealismo . Arte conceptual.

Perspectiva da arte galega na segunda metade do s. XX.

XX.

O patrimonio artístico como riqueza cultural

A preocupación pola súa conservación.

Bens que integran o patrimonio artístico español e galego.Museos e

coleccións representativas.

A arte como ben de consumo.

O cartel e o deseño gráfico

A aplicación a arte das novas tecnoloxías. Tendencias galegas

actuais.

Page 6: Arte

B) PROCEDEMENTAIS.

Identificación das causas que levan á creación artística.

Análise de obras de arte como fontes de coñecemento histórico.

Elaboración de sínteses sobre a maneira de pensar de cada época.

Busca e distinción das causas dos fenómenos artísticos no seu

contexto histórico.

Uso de frisos cronolóxicos para situar os diferentes estilos no tempo.

Seguimento da evolución dos estilos e os seus nexos ( continuidade

ou cambio ) entre os precedentes e os conseguintes.

Lectura, análise crítico e interpretación de textos de introdución ao

estudio da arte.

Utilización de diversas pautas de observación: observar, comparar,

analizar e describir imaxes correspondentes a diferentes estilos, …...

Visitas a museos e exposicións.

Elaboración dun modelo de comentario da obra arquitectónica (

aspectos técnicos e formais. )

Elaboración dun modelo de comentario da escultura que faga

referencia aos aspectos formais e técnicos.

Elaboración dun modelo de comentario da pintura que faga

referencia aos aspectos formais e técnicos.

Comprensión e uso correcto do vocabulario propio da materia.

Page 7: Arte

C) ACTITUDINAIS

Interese por coñecer os aspectos constitutivos dunha obra de arte.

Interese por desenvolver o gusto estético persoal e respecto pola

diversidade de percepcións e de sensacións persoais ante a obra de

arte.

Sensibilidade e preocupación por conservar o contorno artístico

local.

Valoración da influencia dos factores históricos nas obras de arte.

Valoración das obras de arte do contorno mediante a súa

comprensión histórica e artística.

Respecto e valoración crítica de concepcións estéticas e formas

artísticas afastadas do gusto persoal.

Valoración do papel do mecenas e do comitente no proxecto e na

creación das obras e nos programas artísticos.

Sensibilización ante a obra de arte como manifestación da

creatividade humana e como conciencia crítica da historia.

Actitude aberta diante das linguaxes artísticas de vangarda como

resposta ante problemas estéticos.

Sensibilidade e interese polo coñecemento e conservación do

patrimonio artístico e cultural galego.

3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Considéranse parte fundamental da programación, pois son

indicadores do tipo de contidos que interveñen na aprendizaxe e do grao de

consecución que se desexa conseguir. Como criterios de avaliación de

referencia teremos os contemplados no Decreto. Estes criterios xerais son:

-Analizar e comparar os cambios producidos na concepción da

arte e as súas funcións en distintos momentos históricos e en

diversas culturas.

-Relacionar as manifestacións artísticas co seu contexto histórico-

cultural, valorando a diversidade de correntes e modelos estéticos

que poden desenvolverse nunha mesma época e os trazos

estilísticos que permiten a súa clasificación.

-Analizar as obras de arte significativas dos principais estilos e

artistas da arte occidental e de Galicia, empregando un método

que teña en conta os elementos que as conforman ( materiais,

formas, tratamento do tema, personalidade do artista, clientela,

Page 8: Arte

técnicas utilizadas …..) situándoas no seu contexto histórico-

cultural e recoñecer as posibles influencias e a súa influencia na

arte posterior.

-Manexar con precisión e rigor a terminoloxía específica de cada

unha das artes visuais.

-Interpretar os principais códigos iconográficos da cultura visual

de Occidente, valorando, se é o caso, a diversidade de correntes

que poden coincidir nunha mesma época.

-Observar e analizar obras de arte do noso patrimonio cultural,

tanto español coma galego, no seu contexto orixinal, en museos

ou exposicións, especialmente do propio contorno.

-Identificar e localizar os trazos característicos que configuran os

estilos artísticos máis representativos do mundo occidental, así

como saber diferencialos e sinalar os cambios e peculiaridades

dos artistas mais importantes, incluíndo os españois e galegos.

-Recoñecer as obras mais representativas dos grandes mestres

da historia da arte, distinguindo os trazos diferenciais do seu

estilo e o que de innovación representa a súa obra para a historia

da arte.

-Realizar actividades de documentación e indagación a través de

fontes de información diversas ( textos, imaxes, plantas, alzados,

planos, fondos museísticos , tanto de fontes impresas coma de

internet ) sobre determinados aspectos da creación artística.

-Utilizar un método de comentario que integre a valoración

obxectiva da obra da arte e a creatividade persoal do alumno,así

coma o seu estado de conservación e expresalo con claridade e

corrección formal.

-Analizar a presenza da obra de arte na vida cotiá e nos medios de

comunicación social recollendo información en diversas fontes e

facendo traballos para expoñer en grupo.

Page 9: Arte

4. TEMPORALIZACIÓN

1ª Avaliación: Unidades I-VII

2ª Avaliación: Unidades VIII-XIV

3ª Avaliación: Unidades XV-XX

5 CONTIDOS MÍNIMOS

Dado que o temario de selectividade non permite eliminar

ningún contido este Departamento considera como contidos

mínimos aqueles que amosen un dominio da materia suficiente

coma para acadar a cualificación de 5 puntos sobre 10 nunhas

probas similares as que cada ano se elaboran para a selectividade.

(seguindo o idéntico criterio de cualificación das mesmas).

Requisito fundamental para acadar estes mínimos é, polo

tanto, que o alumno sitúe coa maior precisión posible calquera

lámina do temario (nome, autor, cronoloxía e estilo) e que,

ademais de coñecer as características fundamentais de calquera

tema dos propostos, saiba contextualizar historicamente o mesmo.

Así mesmo é necesario dominar unha terminoloxía básica que

lles permita abordar con precisión a análise e o comentario de

calquera obra de arte.

Os alumnos/as deberan redactar correctamente os exercicios

coma esixe o nivel no que cursan os seus estudios e as probas de

selectividade, incluíndo ortografía, tanto en lingua galega coma

en lingua castelá.

Page 10: Arte

6. METODOLOXÍA DIDACTICA A APLICAR

As clases deben programarse en base a unha dualidade

pedagóxica clara: unha parte teórica e outra práctica.

A teórica debe centrarse na exposición paulatina da

materia correspondente a cada tema por parte do

profesor, abundando na síntese e claridade. Intentarase

que a lección maxistral (á que non renunciamos) ocupe

o menor tempo posible como recurso ao iniciar cada

unidade didáctica.

Contamos ademais con instrumentos de apoio variado – texto,

internet, diapositivas, canon e material audiovisual, enciclopedias,

vídeos, material fotocopiado...- por medio do cal o alumno poderá

reafirmar conceptos. Por outra banda, o manter a atención na

clase, estimulando as preguntas e opinións que eliminen as clases

monologadas e a confección duns apuntes claros e sintéticos serán

obxectivos metodolóxicos claros.

Para dinamizar a actividade de aprendizaxe, o alumno

poderá realizar as seguintes actividades :

-unha clase práctica, onde a función do profesor quedará

reducida a moderar as intervencións dos seus alumnos.

-traballos de viaxe. Ó longo do presente curso temos

programada unha saída de estudios á Catedral de Santiago de

Compostela na que os alumnos levarán consigo un cuestionario

de traballo que irán enchendo a medida que percorren o edificio e

que deberán entregar finalmente como material para avaliar polo

profesor.

-traballo interdisciplinar sobre a mitoloxía na historia da

arte utilizando os recursos da biblioteca do centro e internet que

contará como nota de avaliación.

Page 11: Arte

7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

7-1) INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN

Realizarase de forma continua mediante probas similares ás da

selectividade. Tendo isto en conta, as partes de cada exame e as

súas correspondentes cualificacións son as seguintes:

-Comentario de dúas láminas ( 4 puntos cada unha: 1p situación;

1p contexto histórico; 2p análise formal e técnico ).

-Definición de varios conceptos artísticos nos que o alumno debe

demostrar que domina unha terminoloxía básica. (2 p).

7-2) SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN

As probas de avaliación serán de xeito continuo e acumulativo,

podendo preguntar en calquera momento do curso non só a materia nova

senón tamén a materia correspondente a calquera dos temas dados ata o

momento. De todos xeitos, e en caso necesario, tamén se lles poderá facer

un exame específico da mesma.

a) en canto a criterios de cualificación:

- o 10% da nota de dedicará a valoración do traballo da

clase, participación, actitude e as tarefas de ampliación da materia

encargadas voluntariamente polos profesores/as.- inclusive o plan

lector-.

- o 90% da nota será para valorar os exames . Nas probas

de Xuño e de Setembro valorarase só o exame.

b) nas probas extraordinarias de setembro o exame será o

mesmo para todos os grupos do mesmo nivel de acordo coa

normativa legal vixente.

7-3 ) PUBLICIDADE AO ALUMNADO E PAIS.

Os profesores desde Departamento informarán aos alumnos

persoalmente ou a través do titor das datas e contidos dos exames tendo en

conta o calendario de avaliacións establecido por Dirección.

Page 12: Arte

8. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO.

Dado que a avaliación é continua, os alumnos deberán demostrar en

todo momento se dominan aquela parte da materia que nalgún momento

lles foi cualificada coma insuficiente. De todos xeitos, e en caso necesario,

tamén se lles poderá facer un exame específico da mesma.

Os alumnos pendentes este Seminario acorda realizar dous parciais,

un en xaneiro e outro en abril. O aprobado acádase coa nota media dos

dous parciais sempre en cando ningún dos exames teña unha nota inferior

a catro. Aqueles alumnos que non acaden o aprobado por parciais terán un

exame final de toda a materia no mes de maio.

Os profesores deste Seminario informarán aos alumnos

persoalmente ou a través do titor das datas e contidos dos exames tendo en

conta o calendario de avaliacións establecido por Dirección.

9. MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS.

As exposicións do profesor estarán acompañadas en todo momento

da proxección de imaxes relacionadas coas unidades didácticas

correspondentes, ademais de libros, láminas, e DVD que acheguen ós

alumnos a ese concepto de “saber ver a arte”.

Dispoñemos tamén de acceso a internet para todos os alumnos de

xeito individual, tanto na biblioteca do centro como na aula de informática

que podemos utilizar previa reserva.

Faremos visitas ou excursión para coñecer o patrimonio cultural

galego, in situ, e reflexionar sobre o seu estado de conservación facendo un

pequeno traballo.

10. MEDIDAS DE ATENCIÓN A DIVERSIDADE.

Se foran precisas serían as mesmas que no resto do Bacharelato.