as matemáticas e a froita

7
FROITA, MATEMÁTICAS E SAÚDE OBXECTIVO PRINCIPAL Apreciar a necesidade das matemáticas en calquera ámbito da vida cotiá relacionando alimentación equilibrada, saúde e matemáticas. OBXECTIVOS - Aplicar os coñecementos estudados na aula a problemas da vida diaria, adecuando conceptos a contextos relativos a unha alimentación e vida saudábel. - Vincular o proceso de ensino – aprendizaxe á sociedade actual. - Desenvolver a capacidade de selección crítica de información CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS Competencia matemática - Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá. - Elixir estratexias que máis se adapten a cada situación. - Xustificar resultados e razoar matematicamente. Competencia lingüística - Extraer información dun texto dado. - Comprender textos, seleccionando a información necesaria para podela resumir de forma gráfica. - Procesar a información que aparece nos enunciados. - Analizar a importancia das diferentes linguaxes: numérica, gráfica... Coñecemento e interacción co mundo físico - Obter, representar e localizar información cualitativa e cuantitativa. - Valorar as matemáticas como medio para describir e analizar procesos do mundo físico, en concreto, relativos á saúde e hábitos saudábeis. Competencia dixital e tratamento da información - Buscar información nos distintos soportes tecnolóxicos. - Valorar internet como unha das principais fontes de información actuais, así como ferramenta para avanzar nas súas aprendizaxes. Competencia social e cidadá - Analizar os diferentes hábitos alimentarios que hai na sociedade actual e valorar a importancia dunha dieta saudábel e equilibrada. - Traballar en equipo Competencia cultural e artística - Analizar os diferentes tipos de dietas

description

Unidade didáctica sobre as matemáticas e a froita. Realizada para o IES de Rodeira ano 2013

Transcript of as matemáticas e a froita

FROITA, MATEMÁTICAS E SAÚDE

OBXECTIVO PRINCIPAL

Apreciar a necesidade das matemáticas en calquera ámbito da vida cotiá relacionando alimentación equilibrada, saúde e matemáticas.

OBXECTIVOS

- Aplicar os coñecementos estudados na aula a problemas da vida diaria, adecuando conceptos a contextos relativos a unha alimentación e vida saudábel.

- Vincular o proceso de ensino – aprendizaxe á sociedade actual.- Desenvolver a capacidade de selección crítica de información

CONTRIBUCIÓN ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS

Competencia matemática- Aplicar estratexias de resolución de problemas a situacións da vida cotiá.- Elixir estratexias que máis se adapten a cada situación.- Xustificar resultados e razoar matematicamente.

Competencia lingüística- Extraer información dun texto dado.- Comprender textos, seleccionando a información necesaria para podela resumir de

forma gráfica.- Procesar a información que aparece nos enunciados.- Analizar a importancia das diferentes linguaxes: numérica, gráfica...

Coñecemento e interacción co mundo físico- Obter, representar e localizar información cualitativa e cuantitativa.- Valorar as matemáticas como medio para describir e analizar procesos do mundo

físico, en concreto, relativos á saúde e hábitos saudábeis.

Competencia dixital e tratamento da información- Buscar información nos distintos soportes tecnolóxicos.- Valorar internet como unha das principais fontes de información actuais, así como

ferramenta para avanzar nas súas aprendizaxes.

Competencia social e cidadá- Analizar os diferentes hábitos alimentarios que hai na sociedade actual e valorar a

importancia dunha dieta saudábel e equilibrada.- Traballar en equipo

Competencia cultural e artística- Analizar os diferentes tipos de dietas

Aprender a aprender- Obter información e transformala en coñecemento propio.- Valorar os coñecementos adquiridos como medio para interpretar a realidade.

Autonomía e iniciativa persoal- Enfrontar os problemas e tomar decisións con criterio propio.- Desenvolver unha conciencia crítica en relación coas noticias, anuncios e gráficos

que aparecen nos distintos medios de comunicación.

CONTIDOS

- Proporcionalidade- Porcentaxes- Interpretación de gráficas- Conceptos básicos de estatística: diagramas de sectores- Alimentación e vida saudábel.

Enlaces á información consultada

http://matematicas-paralavida.blogspot.com.es/2012/08/calcular-la-calorias-de-un-alimento.html

http://biologiaygeologia.org/unidadbio/esa/cn3/biohumana/nutricion/u2_contenido/

http://remedios.innatia.com/c-ejercicios-quemagrasas/a-quemar-calorias-andando.html

http://www.alimentosdeguadalajara.com/tabid/1309/articleType/ArticleView/articleId/63/categoryId/1/Etiquetado-de-alimentos-y-productos-alimenticios.aspx

ACTIVIDADES

Actividade 1: 4 – 4 – 9 Calculando a enerxía dun alimento

A cantidade de enerxía que nos proporcionan os alimentos para cubrir o desgaste enerxético do noso corpo, mídese en calorías. Como esta unidade de medida é tan pequena, para facilitar os cálculos, dita enerxía exprésase en 1000 calorías, chamadas kilocalorías, aínda que normalmente se coñecen co nome de calorías.

1 kcal = 1 Cal = 1000 cal

A táboa calórica dos nutrientes indica que 1 gramo de hidratos de carbono proporciona 4 kcal, 1gramo de proteínas proporciona tamén 4kcal e 1 gramo de graxas aporta 9 kcal.

a) Esta copa de xeado contén: 4g de proteínas, 24g de graxas e 31g de hidratos de carbono. Calcula cantas kilocalorías nos proporcionaría este xeado

b) Unha mazá duns 150g contén: 0’75g de proteínas, 0’45g de lípidos e 21g de hidratos de carbono. Que enerxía total nos aporta unha mazá?

Actividade 2: A partir da información obtida na actividade anterior imos calcular a porcentaxe de kilocalorías que cada un dos nutrientes enerxéticos apórtanos en relación ao total

Mazá

kcal %

Hidratos

Proteínas

Graxas

Total

Copa de xeado

kcal %

Hidratos

Proteínas

Graxas

Total

Observación: As recomendacións dietéticas suxiren ca inxestión de graxa diaria debe estar comprendida entre un 20% e un 30% ,como máximo, de kilocalorías con respecto á inxestión total diaria (non referida a alimentos específicos) O obxectivo consiste en facer unha compensación entre os alimentos que teñen un elevado contido en graxas cos que teñen un menor contido, conseguindo deste xeito manter a inxecta de graxas ao redor dun 30% diario. Así que se nos pete tomar un xeado, podémolo facer, sempre que o tomemos de cando en vez e que inxiramos algúns alimentos de baixo contido en graxas, como por exemplo, unha mazá!!

Actividade 3: A enerxía que necesitamos!

A cantidade de calorías que necesitamos diariamente, depende da nosa idade, sexo e peso. A seguinte táboa amosa cal é a cantidade óptima de cada un dos nutrientes que necesitamos inxerir de forma diaria.a) Completa a última columna desta táboa, calculando as kilocalorías que por cada quilo de peso necesita cada persoa.

b) Utilizando os datos desta táboa, e tendo en conta o teu peso, calcula cal é a enerxía diaria que ti necesitas!!

IDADE SEXOGLÚCIDOS

(g/kg)LÍPIDOS

(g/kg)PROTEÍNAS

(g/kg)ENERXÍA(kcal/kg)

12-16 anos Rapaces 5,9 2,9 1,5

Rapazas 4,9 2,4 1,5

Adultos Homes 4,8 2,4 1

Mulleres 4,2 2,1 1

Actividade 3: A enerxía dos deportistas

Na actividade anterior calculaches a cantidade de kilocalorías diarias que necesitas. Pero se practicas algunha actividade física, gastarás calorías e polo tanto, necesitarás un suplemento na túa alimentación.

No seguinte enlace podes consultar cal é o gasto enerxético segundo a actividade física que realices. Elixe un deporte, indica o teu peso e o tempo que pensas adicar a practicalo e saberás cantas calorías gastas.

http://biologiaygeologia.org/unidadbio/esa/cn3/biohumana/nutricion/u2_contenido/actividadfisica.swf

a) Cantas calorías consumes se practicas 40 minutos de natación?

b) Con que actividade tes un maior gasto enerxético practicando unha hora de tenis entre amigos ou unha hora en bicicleta a unha velocidade de 15km/h?

Actividade 4: Imos de sendeirismo!!

Para ter unha boa saúde, ademais de alimentarmos de forma sa e equilibrada, temos que facer algún tipo de actividade física, e se é na natureza.... Moito mellor!!

Ao longo deste curso fixemos no centro tres rutas de sendeirismo, unha por cada trimestre. Estas foron as nosas andainas

Saída 1: Donón – Monte Facho – Praia de Melide – Praia de Barra – Donón. Total do percorrido: 7,5 km

Saída 2: Roteiro das praias (Cangas pola costa) : Praia de Rodeira – Praia de Santa Marta. Total do percorrido: 5,7 km

Saída 3: Percorrido circular guiado polo Carballal de Coiro: 6’5 km

Se queres saber, de forma aproximada, a cantidade de calorías que queimas camiñando (a un ritmo moderado de 5km/h) dispoñemos da seguinte fórmula para realizar os cálculos.

Tendo en conta o teu peso e a fórmula anterior, realiza un cálculo aproximado das calorías que queimaches con cada unha das rutas de sendeirismo.

Actividade 5: Lendo etiquetas

Normas de etiquetado: A lei determina a información que debe vir escrita nas etiquetas dos produtos envasados:

- Denominación do produto- Composición ( lista de ingredientes) en orde decrecente (por peso ou volume), incluídos os aditivos e alérxenos ( se procede)- Cantidade que contén (peso neto)- Data de caducidade ou data de consumo preferente.- Instrucións de conservación (obrigatorio nos produtos que requiren frío)- Fabricante- País de orixe (obrigatorio se o produto é importado)

0,029 x Peso Corporal(en kg) x 2,2 x Total de minutos practicados = Cantidade aproximada de calorías queimadas

Etiquetado nutricional: Si el produto inclúe mensaxes nutricionais (por exemplo leite desnatado) é obrigatorio o etiquetado nutricional, que permite coñecer as características nutricionais dos alimentos, para que o consumidor poida elixir de acordo coas súas necesidades.

Debe incluír:a) Cantidade de nutrientes.b) Calorías que aportac) Contido en fibra ou vitaminas por

cada 100g de produto

Dato: Os alimentos lixeiros (“light”) están regulamentados, e para considerarse como tales deben reducir nun 30% o aporte enerxético.

Imos traballar lendo, extraendo e interpretando a información das etiquetas dos alimentos envasados que consumimos habitualmente. Para isto cada alumno traerá da súa casa envases ou envoltorios de produtos envasados nos que apareza a información nutricional dos mesmos.

Escolle a etiqueta nutricional dun dos alimentos que trouxeches da casa.

a) Anota a cantidade dos nutrientes principais (hidratos de carbono, graxas, proteínas e o resto coma “outros”) e fai o cálculo das calorías que aporta o alimento elixido.

b) Imos representar a información obtida en forma de diagrama de sectores. Para iso, calcula as porcentaxes de calorías que cada un dos nutrientes aporta con respecto ao total de calorías e asigna o ángulo correspondente.

% Ángulo

Proteínas

Lípidos

Glúcidos

Outros

c) Á vista dos resultados obtidos, que conclusións obtés?