Asesorando nos xoguetes 2015

2
As orientacións que se ofrecen neste documento pretenden axudar ás familias e aos nenos/as na selección dos xoguetes neste tempo de lecer que se achega. As cuestións que debemos ter en conta nesta selección son: Atender á idade recomendada en cada xogo, material, video, película, libro…. Non están sinaladas de xeito aleatorio, senón por especialistas adecuados. É contraproducente, sobre todo, escoller os que son superiores á idade dos nosos nenos e nenas, a menos que amosen claramente que son capaces de comprender as regras/pautas do xogo. Do contrario, promoverá frustración e o obxectivo didáctico do mesmo quedará anulado.2 A diferencia de xénero NON EXISTE. Procurade non atender a diferenzas de sexo (rosa, azul, xoguetes para o coidado de persoas e do fogar para elas e de construcción para eles, libros para niñas/princesas, para niños/piratas…) Se queremos eliminar estereotipos, comecemos dende aquí. Deben ter garantía de seguridade e hixiene Deben promover a participación de máis persoas no xogo (non só o neno e a pantalla, por exemplo, senón xogos de mesa, de cartas, …) Deben respectar os seus gustos e intereses, e non os do adulto. De facelo tendo en conta só o noso criterio, non existirá motivación nin interese na súa manipulación.3 Deben facernos felices! Os xoguetes son imprescindible para o desenvolvemento persoal e emocional dos rapaces e rapazas. SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE, INCLUIREMOS UN LIBRO ATRACTIVO (como mínimo) E LEMBRADE QUE O MAIOR REGALO DOS VOSOS NENOS E NENAS SODES VÓS, ofrecédelles un tempo de calidade, (non importa que teñamos pouco tempo se llo adicamos a eles de verdade)4

Transcript of Asesorando nos xoguetes 2015

Page 1: Asesorando nos xoguetes 2015

As orientacións que se ofrecen neste

documento pretenden axudar ás familias

e aos nenos/as na selección dos xoguetes

neste tempo de lecer que se achega.

As cuestións que debemos ter en conta

nesta selección son:

Atender á idade recomendada en

cada xogo, material, video, película,

libro…. Non están sinaladas de xeito

aleatorio, senón por especialistas

adecuados. É contraproducente,

sobre todo, escoller os que son

superiores á idade dos nosos nenos e

nenas, a menos que amosen

claramente que son capaces de

comprender as regras/pautas do

xogo. Do contrario, promoverá

frustración e o obxectivo didáctico do

mesmo quedará anulado.2

A diferencia de xénero NON EXISTE.

Procurade non atender a diferenzas

de sexo (rosa, azul, xoguetes para o

coidado de persoas e do fogar para

elas e de construcción para eles,

libros para niñas/princesas, para

niños/piratas…) Se queremos

eliminar estereotipos, comecemos

dende aquí.

Deben ter garantía de seguridade e

hixiene

Deben promover a participación de

máis persoas no xogo (non só o neno

e a pantalla, por exemplo, senón

xogos de mesa, de cartas, …)

Deben respectar os seus gustos e

intereses, e non os do adulto. De

facelo tendo en conta só o noso

criterio, non existirá motivación nin

interese na súa manipulación.3

Deben facernos felices! Os xoguetes

son imprescindible para o

desenvolvemento persoal e

emocional dos rapaces e rapazas.

SEMPRE, SEMPRE, SEMPRE,

INCLUIREMOS UN LIBRO ATRACTIVO

(como mínimo)

E LEMBRADE QUE O MAIOR REGALO

DOS VOSOS NENOS E NENAS SODES

VÓS, ofrecédelles un tempo de

calidade, (non importa que teñamos

pouco tempo se llo adicamos a eles

de verdade)4

Page 2: Asesorando nos xoguetes 2015

As miñas propostas de xoguetes son:

Xogos de mesa (oca, parchís, cartas…).

Melloran a comunicación interpersoal a

tolerancia á frustración, o respecto ás

regras do xogo (turno de palabra/xogo,

normas establecidas). Ademáis

traballaredes con eles as estratexias

cognitivas xerais (planificación,

anticipación de resposta, atención,

memoria

Xogos para promover a comunicación

(xogar a ser maiores): cocinita, talleres,

mercado, bonecos. Melloran as

habilidades de comunicación e a

comprensión de regras sociais. Facilitan

a superación de medos e tensións na

vida real.

Xogos que promoven a actividade física:

patinete, bici, monopatín, aro, pelota.

Promoven un lecer saudable, mellorando

a condición física (coordinación,

equilibrio, tono muscular…)

Pezas de construcción e manualidades.

Estimulna a imaxinación e creatividade,

ao tempo que mellora a estruturación

espacial, clave para o ámbito

matemático.5

Unha pizarra. Estimula a creatividade e a

imaxinación, ao tempo que traballamos

motricidade fina, e mesmo o xogo

simbólico (xogamos a ser profes)

Libros e máis libros, e, o meu consello, é

facer do tempo de lectura, un tempo

compartido en familia!

6

ORIENTACIÓNS AOS PAIS E NAIS

DOS ALUMNOS DO CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

1