Baobab Teatro - Fíos” · Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias...

8

Transcript of Baobab Teatro - Fíos” · Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias...

Baobab Teatro - "Fíos”Domingo 8 de novembro, 12:30 h, CSC de Santa Marta

“Fíos” fois seleccionada na XV Feria de teatro de Castilla y León (Ciudad Rodrigo).

“Fíos” é un espectáculo para soñar e non esquecer, porque din que as historias perduran cando as gardamos na nosa memoria e de vez en cando as recordamos para contarllas aos nosos seres queridos.

Un taller de costura será o responsable de que diferentes historias acariñen os nosos oídos. Unha modista que cose e cose recibe visitas esperadas e outras inesperadas pedíndolle axuda, coas súas puntadas descubrirá personaxes que penden de Fíos e queren viaxar, soñar, namorarse e contar os seus segredos.

En “Fíos” as personaxes non nos deixarán indiferentes porque aparecen para deixarnos mensaxes, sentimentos ou reflexións. Así, coñeceremos ao Lobo, un lobo tenro que só se quere namorar; Dona Margarita que viaxará nun globo en busca dos seus pensamentos e Tito que descubrirá que quere ser de maior.

Xarope Tulú - “A miña primeira viaxe”Domingo 8 de novembro, 18:00 h, CSC de Marrozos

A miña primeira viaxe é unha peza teatral dirixida ós cativos e cativas de entre 4 e 10 anos. Este espectáculo é unha adaptación do libro-álbum do mesmo título escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e publicado por OQO editora en febreiro de 2012.

A miña primeira viaxe é a historia do comezo da vida humana. Un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido, non sabe cara onde vai, nin quen é. Pero non ten medo se sinte o TUM-TUM dos motores.

Esta é unha historia de transformación, de procura da propia identidade.

A tropa de trapo – “O Ritmo do camiño”Domingo 8 de novembro, 18:00 h, LSC de Amio

A última produción do 2014 da Tropa de Trapo, “O RITMO DO CAMIÑO”, presenta un novo capítulo da vida dos dous personaxes que esta compañía ideou xa no 2012 para protagonizar daquela “ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO”.

Dirixida ao público familiar, esta nova montaxe de 50 minutos traerá novas aventuras de Antía e Wamba. En “ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO” contábasenos a historia de como Wamba, un rapaz do Congo que traballaba de topmanta, coñece a Antía unha tarde, unha nena galega que compartirá con el o seu bocata para xuntos descubrir que compartir non é dar o que che sobra. En “O RTIMO DO CAMIÑO” descubriremos un capítulo máis na vida destes dúas personaxes.

Antía e Wamba coñecéronse hai anos, compartindo unha merenda cando Antía era nena. Pero pasaron os

anos e agora Antía está en África traballando coma cooperante, mentres Wamba segue en Europa intentando gañarse a vida. Os dous seguen en contacto, falando a través da rede. Antía, no medio do seu choque cultural, descubrindo África, co seu ritmo, a súa alegría e os seus conflitos, e Wamba loitando día a día por saír adiante. Antía contaralle a Wamba as historias africanas que se vai atopando e Wamba falaralle a Antía de cómo ve Europa despois de tantos anos intentando sobrevivir. Os dous xuntos na distancia, correo a correo, paso a paso, descubrindo o ritmo dos seus novos pasos.

Elefante Elegante - �”Tristán cara de can”Domingo 15 de novembro, 12:30 h, CSC de Vite

TRISTAN é un espectáculo visual dirixido ao público infantil dos 3 aos 12 anos. É unha comedia xestual interpretada ao estilo dos debuxos animados onde as palabras se transforman en xestos. Os personaxes falan unha lingua inventada que é inmediatamente descifrada polo público e a música acompaña o ritmo dinámico da acción.

Os temas da soidade, do abandono e da tristeza son tratados dende unha perspectiva cómica e inxenua de xeito a interpelar aos máis pequenos.

O espectáculo conta a historia de Tristán. Un día, de tan triste que estaba decidiu arrancar o seu corazón para nunca máis sofrer e deullo a un páxaro que pasaba por alí. Mais as cousas non lle sairon como el esperaba. Tristán non deixou de sofrer, e o que foi peor, nunca máis un sorriso, por pequeno que fose, se debuxou nos seus beizos. A partir daquel día pasaron a chamarlle Tristán cara de can. Pero a historia non remata asi... Dentro dunha misteriosa caixa aparece unha boneca de trapo que vai tentalo todo para facer rir ao noso personaxe. Será ela capaz?

Os Quinquilláns - “Por qué é salgada a auga do mar”Domingo 15 de novembro, 18:00 h, CSC de Lavacolla

Os Quinquilláns presentamos, neste espectáculo teatral de pequeno formato, unha divertida obra con dous actores onde se debate sobre a orixe do sal na auga do mar.

O guión está pensado para fomentar a consulta e lectura de bibliografía relacionada co tema, por eso, Os Quinquilláns, en colaboración co persoal encargado da xestión da biblioteca, organizaremos un expositor no que se disporán os fondos relacionados coas temáticas tratadas.

O argumento parte dun conto tradicional que trata de dar explicación á salinidade dos océanos e que ten versións en case todas as culturas do mundo, aínda que Os Quinquilláns facemos unha adaptación para cada función, con alusións á xeografía e medio natural da zona de representación e tamén referencias a libros dos fondos da biblioteca na que nos atopamos: xeografía, coñecemento do medio, ecoloxía, ciencia, bioloxía, historia natural, experimentos científi cos, patrimonio oral, tradición, mediciña natural..

Sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, o espectáculo irá acompañado dun pequeno pasarrúas con bonecos inchables polas inmediacións da centro, no que o público acompañará aos personaxes a unha “expedición aos fondos mariños” na que descubrirán como viven e se desenvolven especies coma a manta-raia, o cabaliño de mar, os peixes de cores…

Carumuxo Teatro – “Feo”Domingo 15 de novembro, 18:00 h, CSC de Conxo

Caramuxo Teatro presenta un novo espectáculo, inspirado en“O Parrulo Feo” de Hans Cristhian Andersen, para nenos a partir de 3 anos e familias. A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente... Feo! é un canto á diversidade e a esencia de un mesmo, unha comedia para toda a familia.

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familar nada na Coruña no ano 2003 dirixida por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. Traballa ademais, nunha liña específi ca na creación de espectáculos para bebés.

Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade có público mais novo.

A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo, tratando de ser un referente de producións de calidade, creando espectáculos nos que se consideren aspectos didácticos a nivel cultural ademais do artístico, que consigan a fi delización do público.

Pablo Díaz – Concerto “Xente miúda moita fartura”Domingo 22 de novembro, 12:30 h, CSC do Castiñeiriño

XENTE MIÚDA, é a proposta musical máis novidosa de Pablo Díaz. Está dirixida a nenas e nenos de 0 a 5 anos fundamentalmente, e acaba de ver a luz durante o Nadal do 2014.A temática das cancións ten que ver co mundo dos máis pequenos, e moitos tratan de reflexar e crear recursos para as familias e educadores que necesitan de temas lúdicos para levar a cabo as rutinas dos pequerrechos (gardar os xoguetes, parabéns no aniversario, etc.)O creador do traballo, Pablo Díaz, rodéase nesta ocasión tanto na gravación como nos concertos en directo, dos grandes e coñecidos músicos Carmen Rey (piano e voz) e Tito Calviño (guitarra acústica), con ritmos e melodías máis cercanas para os máis pequeniños

Paco Nogueiras - “Brinca Vai!”Domingo 22 de novembro, 18:00 h, CSC de Laraño

Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.

Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.

Brinca Vai! De aquí a acolá ,está deseñado para adaptarse a calquera espazo: escolas, bibliotecas, auditorios, rúas, prazas, vilas, aldeas…. Viaxará alí onde alguén queira cantar, rir, bailar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas!

Migallas - “Contos nas orellas”Domingo 22 de novembro, 18:00 h, CSC das Fontiñas

Como te chamas? - Comecastañas. “Eu as como e ti as apañas”

A actriz e narradora Bea Campos e o músico e actor David González traerán música tradicional , cantos e contos para os máis pequenos. Durante a sesión, os nenos e nenas poderán gozar das historias e coñecer instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica.

Contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación...Contos nas orellas é unha actividade para todos os públicos onde nenos e maiores poderán gozar das historias e coñecer instrumentos como o acordeón, o xilófono ou a melódica.

Paula carballeira - “Contos de nenas que poden cambiar o mundo”Domingo 29 de novembro, 12:30 h, CSC do Ensanche Hai nenas que poden cambiar o mundo. Non é preciso que teñan unha forza extraordinaria, nin unha intelixencia extraordinaria, nin unha habilidade extraordinaria. Non é preciso que sexan extraordinarias, só valentes e tan curiosas que adiviñen as preguntas axeitadas para atopar respostas.Selección de contos de diferentes tradicións culturais transmitidas de maneira oral con toda a súa poesía.

Marta Ortiz - “Cores”Domingo 29 de novembro, 18:00 h, LSC da Rocha

Na casa de Violeta ultimamente hai bastantes problemas. Tantos que Violeta, seu pai e súa nai teñen que deixar a súa casa e ir á da avoa. Pero o peor aínda estaba por chegar. Unha noite Violeta, metida na cama con súa avoa, comeza a soñar en branco e negro. Os seus soños quedaron sen cores! Menos mal que alí estaba a avoa e un vello libro cheo de cores e de contos para soñar, rir e volver a crer que os problemas teñen solucións e os nosos soños poden ter todas as cores que queiramos.

Anxo Moure - “O Nubinete e o paraugas Dameaugas”Domingo 29 de novembro, 18:00 h, LSC da Gracia

Contos Solidarios é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, A sturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

Anxo Moure presenta “O Nubinete e o paraugas Dameaugas” creo que funciona moi ben como animación xa que viaxo cunha nube patinete e cun truel, ou ganapán, recollo os contos que lles esbaran as nenas e nenos polas orellas para despois cociñalos e contalos. Son contos sobre os bosques, sobre as nubes e os ríos que se apresentan nunha viaxe moi dinámica onde todos voamos visitando distintos espazos naturais de Galiza sempre co inicio e final no lugar onde contamos contos.