BARÓMETRO -...
Transcript of BARÓMETRO -...
O presente barómetro é continuación do traballo emprendido pola Secretaría Xeral da Emigración
no ano 2010. Naquel momento xa se mencionaba o interese deste departamento por facer do
barómetro das Migracións un instrumento útil para coñecer a visión que, tanto a poboación
inmigrante como os galegos, teñen do fenómeno migratorio.
Igualmente, trátase, á vista dos datos arroxados polo barómetro, de ter os elementos de referencia
necesarios para que as distintas institucións, tanto públicas como privadas, poidan planificar as súas
distintas políticas de acción.
Dada a situación que está a vivir o noso país, é probable que moitas das respostas difiran das obtidas
tanto no barómetro do 2010 como do 2011.
Do mesmo xeito que en anos anteriores queremos agradecer a colaboración de entidades que
participaron na elaboración deste traballo.
BARÓMETROdas MIGRACIÓNS
GALICIA 2012
FICHA TÉCNICAÁMBITO:
Comunidade Autónoma de Galicia, Arxentina, Uruguai, Brasil, Suíza e Alemaña.
UNIVERSO:
Cidadáns galegos residentes en Galicia e estranxeiros maiores de 18 anos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
TAMAÑO DA MOSTRA:
Deseñadas: 1200 (400 telefónicas e 800 directas)
Realizadas: 1206 (410 telefónicas e 796 directas).
Das 796 enquisas directas, 77 foron remitidas polas entidades seguintes: Irmáns Misioneiros dos enfermos pobres, ONGD
Ecos do Sur, Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, ACCEM, Asociación Antonio Noite e Igaxes3.
Enquisas a galegos: 612
Enquisas a estranxeiros: 594
PARÁMETROS:
Galegos e estranxeiros: Por sexo, idade, situación familiar e situación laboral
DATA DO TRABALLO DE CAMPO:
Xuño-Xullo 2012
6
Realizáronse un total de 1206 enquisas, das cales, 612 foron a galegos e 594 a estranxeiros.
1. Distribución por orixe
POBOACION
51%49%ESPAÑOIS
ESTRANXEIROS
POBOACIÓN
GALEGOS
EXTRANXEIROS
7
Dos 612 galegos, 321 eran mulleres e 291 homes. En canto aos estranxeiros, 307 eran homes e 287 mulleres.
GALEGOS ESTRANXEIROSESPAÑOIS
48%52%
HOMES
MULLERES
ESTRANXEIROS
52%48%
HOMES
MULLERES
2. Distribución por sexo e idade
8
En canto á análise por tramo de idade, a maior parte dos galegos entrevistados atopábanse no grupo de entre
41 e 50 anos, mentres que os estranxeiros máis numerosos eran os do grupo de 31 a 40 anos.
IDADE (españois)
97; 16%
104; 17%
152; 24%
132; 22%
127; 21%
Menos de 30
31-40
41-50
51-65
Máis de 65
IDADE (estranxeiros)
212; 36%
241; 41%
109; 18%
25; 4%
7; 1%
Menos de 30
31-40
41-50
51-65
Máis de 65
GALEGOS ESTRANXEIROS
9
En canto á súa situación familiar, a maior parte dos entrevistados atópanse casados ou con parella, sendo moi
numeroso tamén, no caso dos estranxeiros o grupo dos solteiros.
GALEGOS ESTRANXEIROSSITUACION FAMILIAR (españois)
257; 42%
134; 22%
159; 26%
62; 10%CASADO/PARELLA
SEPARADO/DIVORCIA
DO
SOLTEIRO
VIUVO
SITUACION FAMILIAR(estranxeiros)
251; 42%
95; 16%
237; 40%
11; 2%CASADO/PARELLA
SEPARADO/DIVORCIA
DO
SOLTEIRO
VIUVO
3. Distribución por situación familiar
CASADO/ PARELLA
SEPARADO/ DIVORCIADO
SOLTEIROVIÚVO
CASADO/ PARELLA
SEPARADO/ DIVORCIADO
SOLTEIROVIÚVO
10
En canto á situación laboral, a maior parte dos entrevistados galegos son traballadores por conta allea, mentres
que no caso dos estranxeiros o maior número de entrevistados responden que se atopan no paro.
SITUACION LABORAL (españois)
43; 7%
339; 55%
98; 16%
132; 22%
TRABALLADOR C/P
TRABALLADOR C/A
PARADO
PENSIONISTA
SITUACION LABORAL (estranxeiros)
7; 1%
208; 35%
368; 62%
11; 2%
TRABALLADOR C/P
TRABALLADOR C/A
PARADO
PENSIONISTA
GALEGOS ESTRANXEIROS
4. Distribución por situación laboral
11
5. A convivencia
Os datos do barómetro de 2012, mantéñense practicamente invariables con respecto aos de 2011. Así o
barómetro do 2011, que mostraba un descenso respecto ao 2010, reflectía que un 88% dos estranxeiros e un
57% dos galegos declaraban ter trato habitual os uns cos outros; no de 2012 esta cifra mantense invariable no
caso dos estranxeiros e no dos galegos sobe un punto.
Ten trato habitual con galegos?
Ten trato habitual con estranxeiros?
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
4 %
88 %
58 %
10 %
39 %
2 %
SI
NON
NSNC
12
6.1 Os lugares de interacción
Os lugares onde se produce a convivencia habitual entre galegos e estranxeiros volven repetir os parámetros dos barómetros
do ano 2010 e 2011. Obsérvase unha lixeira subida, con respecto aos datos do ano pasado, das relacións que se desenvolven
no centro educativo, á vez que se produce unha baixada da interacción en lugares de lecer que pasa do 52 e 8% ao 46 e 7%
respectivamente.
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
6. A interacción
NO TRABALLO
NO VECINDARIO
NO CENTRO EDUCATIVO
ENTRE AS AMIZADES
ENTRE FAMILIARES
57 %
35 %
40 %
29 %
35 %
15 %
58 %
17 %
18 %
14 %
46 %
7 %LUGARES DE LECER
13
Con respecto á pregunta referente ás relacións con persoas inmigrantes ou españois residentes en Galicia, vólvense a manter
practicamente os datos do barómetro do ano 2011, o cal xa mostrou un descenso da percepción positiva que tiñan tanto os
inmigrantes como os galegos con respecto ao trato con persoas doutras nacionalidades.
0,00,20,40,60,81,0
MELLOR
IGUAL
PEOR
NSNC
39 %
32 %
33 %
58 %
21 %
9 %
7 %
1 %
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
6.2 A relación dos uns cos outros
14
Este apartado, mantén practicamente invariables os datos do ano 2011. O ano pasado un 71% dos estranxeiros e un 51% dos
galegos, declaraban que tiñan amigos doutras nacionalidades. O presente barómetro sitúa estas porcentaxes no 72% e 49%
respectivamente.
No seu grupo de amigos/as hai algún/unha galego/a?
No seu grupo de amigos/as hai algún/unha estranxeiro/a?
SI
NON
NSNC
72 %
49 %
27 %
47 %
1 %
4 %
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
7. A amizade como referencia
15
Descende con respecto a anos anteriores, o número de entrevistados, tanto galegos como estranxeiros que iniciaron a súa
relación no centro de traballo, incrementándose, pola contra, as relacións de amizade xurdidas a través da rede. Igualmente
increméntase de forma notable aquelas relacións xurdidas por proximidade. Isto pode ser debido a que no barómetro do ano
2012 este apartado aglutina varios do barómetro anterior como son o centro de estudos tanto propio como dos fillos.
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
NO PAÍS DE ORIXE DO ESTRANXEIRO
NO TRABALLO
NA FAMILIA
POR OUTROS AMIGOS
POR PROXIMIDADE
INTERNET
2 %8 %
36 %15 %
11 %8 %
38 %20 %
36 %19 %
47 %32 %
39 %21 %
LUGARES DE LECER
16
Lembremos que este apartado se desenvolveu de forma importante no barómetro do 2011. Do mesmo xeito que o ano pasado,
os resultados difiren de forma notable segundo a pregunta se platee aos galegos ou aos estranxeiros. Os primeiros seguen
opinando que o número de inmigrantes en Galicia é alto ou moi alto mentres que os segundos pensan que a taxa de poboación
inmigrante en Galicia é aínda baixa ou normal. Obsérvase un lixeirísimo incremento daqueles que pensan que o número é
excesivo, incremento que é máis acusado no caso dos estranxeiros.
Na súa percepción, o número de inmigrantes que hai en Galicia, é
Na súa percepción, o número de inmigrantes que hai en Galicia, é
EXCESIVO
MOI ALTO
ALTO
NORMAL
BAIXO
MOI BAIXO
NSNC
4 %
3 %
6 %
27 %
7 %
37 %
27 %
23 %
36 %
8 %
18 %1 %
2 %
1 %
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
8. A percepción e a realidade galega
17
En canto á percepción que tanto uns como outros teñen da dureza das leis e normas que regulan a entrada e a estancia regular
dos inmigrantes en España, aínda que en liñas xerais mantéñense os mesmos parámetros que o ano anterior, obsérvase con
respecto ao ano anterior, un incremento importante daqueles inmigrantes que consideran estas normas tolerantes.
Na súa percepción as leis e normas que regulan a entrada e a estadía regular dos inmigrantes en España son:
Na súa percepción as leis e normas que regulan a entrada e a estadía regular dos inmigrantes en España son:
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
21 %
1 %
28 %
8 %
30 %
29 %
21 %
49 %
0 %
13 %
EXCESIVAMENTE DURAS
DURAS
TOLERANTES
EXCESIVAMENTE TOLERANTES
AXEITADAS
18
Á vista da situación de crise que se vive no noso país e das medidas para a súa loita postas en marcha, consideramos oportuno
incluír neste estudo unha serie de preguntas, destinadas a coñecer a opinión que existe na sociedade sobre a percepción ou
acceso a determinadas prestacións procedentes do sector público.
As dúas primeiras preguntas expostas, facían referencia á posible percepción por parte dos inmigrantes de prestacións non
contributivas, sendo a diferenza entre a primeira pregunta exposta e a segunda unicamente a situación administrativa do
inmigrante.
Con respecto ás persoas que se atopan en situación irregular, a maior parte dos galegos enquisados, consideran que estes
cidadáns non deberían ter acceso ás prestacións non contributivas. Igual opinión, aínda que en menor porcentaxe, teñen os
estranxeiros enquisados.
Así, o 67% dos galegos e o 42% dos estranxeiros, cren que os inmigrantes en situación irregular non deberían ter dereito ás
prestacións non contributivas, fronte a un 19% e 39% respectivamente, que cren que se deberían poder acceder a este tipo de
prestacións.
9. As prestacións
20
Cando a pregunta fai referencia aos estranxeiros en situación regular, a opinión dos galegos sobe ata situarse nun 68% e a dos
estranxeiros ao 93%
Con todo cando se expón a cuestión sobre se os estranxeiros en situación irregular deberían ter dereito a axudas de emerxencia social,
o 83% dos galegos e a práctica totalidade dos estranxeiros consideran que este colectivo debería ser destinatario deste tipo de axudas.
SI
NON
NSNC
68 %
93 %
12 %
3 %
20 %
4 %
SI
NON
NSNC
83 %
97 %
9 %
1 %
8 %
2 %
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
21
As dúas seguintes preguntas expostas fan referencia á vinculación á situación de regularidade do dereito á asistencia sanitaria e
ás axudas no ámbito escolar (material escolar, comedor...).
A opinión maioritaria entre os estranxeiros é que ningunha destas dúas prestacións debería estar vinculada á situación de
regularidade, mentres que no caso da asistencia sanitaria, a opinión dos galeogs decrece ata o 59%. No caso das axudas no
ámbito escolar, con todo, un 61% dos galegos, opinan que non deberían estar vinculadas á situación de regularidade.
SI
NON
NSNC
59 %
8 %
23 %
86 %
18 %
6 %
23 %
5 %
61 %
91 %
16 %
4 %
SI
NON
NSNC
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
22
Referente aos cidadáns que se atopan en situación irregular, expúxose a pregunta de que medidas deberíanse adoptar, respecto
ao retorno aos seus países de orixe. Para a maioría dos estranxeiros a posibilidade de retornar debe recaer fundamentalmente
na vontade individual do propio inmigrante, mentres que para os galegos é fundamental incentivar o retorno voluntario.
82 %
32 %
11 %
66 %
7 %
2 %
INCENTIVAR O RETORNO VOLUTANRIO
DEIXAR O RETORNO Á INICIATIVA DO ESTRANXEIRO
NSNC
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
10. A posibilidade e condicionantes do retorno:
23
A maior parte dos entrevistados, tanto galegos como estranxeiros, consideran que desde as entidades sociais debe promoverse o
retorno voluntario dos estranxeiros en situación irregular.
Cre que desde as entidades sociais debe promoverse o retorno voluntario dous estranxeiros en situación irregular?
89 %
78 %
3 %
11 %
8 %
11 %
Si
NON
NSNC
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
24
Con respecto á pregunta de que se debería facer cando un estranxeiro con residencia temporal perde o seu traballo e non
consegue outro, a maior parte dos galegos opina que se debería promover o retorno ao seu país, mentres que para os estranxeiros
deberíase permitir que continuase en España un tempo determinado.
Que cre que se debería facer cando un estranxeiro con residencia temporal perde ou seu traballo e non consegue outro?
68 %
7 %
4 %
31 %
16 %
59 %
12 %
3 %
PROMOVER O RETORNO AO SEU PAÍS
PERMITIR QUE CONTINÚE EN ESPAÑA INDEFINIDAMENTE
NSNC
PERMITIR QUE CONTINÚE EN ESPAÑA UN TEMPO DETERMINADO
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
25
A maior parte dos galegos consideran que os procesos de regularización masiva de inmigrantes irregulares non son beneficiosos.
A mesma opinión teñen máis da metade dos estranxeiros.
Cre que os procesos de regularización masiva de estranxeiros en situación irregular son beneficiosos?
6 %
39 %
87 %
52 %
7 %
9 %
Si
NON
NSNC
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
26
Con respecto a este apartado repítese a tónica do barómetro do ano 2011, considerando maioritariamente os galegos que os
estranxeiros se atopan pouco integrados na nosa sociedade e dividíndose a percepción dos inmigrantes entre aqueles que opinan
que están bastante integrados e pouco integrados.
Ata que punto considera que os inmigrantes están integrados na sociedade galega?
6 %6 %
23 %39 %
60 %37 %
9 %7 %
2 %1 %
MOI INTEGRADOS
NADA INTEGRADOS
POUCO INTEGRADOS
NSNC
BASTANTE INTEGRADOS
11. A integración
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
27
Todos os enquisados, consideran que os inmigrantes que máis facilidade teñen para integrarse na nosa sociedade son os
procedentes de Iberoamérica, aínda que entre os galegos, ten un peso importante o grupo que considera que os que máis
facilidades teñen son os procedentes de Europa do Leste.
Dende ou seu punto de vista, cal destes colectivos ten maior facilidade para integrarse?
11 %
27 %
61 %
78 %
6 %
8 %
6 %
3 %
INMIGRANTES DA EUROPA DO LESTE
NSNC
INMIGRANTES DE ÁFRICA
INMIGRANTES IBEROAMERICANOS
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
28
Para a maior parte dos galegos entrevistados, a situación dos inmigrantes é mellor en Galicia que no seu país de orixe, mentres
que para os inmigrantes é igual tanto nun sitio como noutro, observándose con respecto aos datos do barómetro do ano pasado
unha subida importante daqueles que consideran que a súa situación é peor que no seu país de orixe.
Diría que a situación actual dous inmigrantes é mellor ou peor que no seu país de orixe?
49 %
9 %
20 %
49 %
14 %
39 %
17 %
3 %
MELLOR
NSNC
PEOR
IGUAL
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
29
Neste apartado practicamente mantéñense invariables as opinións reflectidas no barómetro do ano 2011, repetíndose, aínda
que baixando un pouco, a opinión dos galegos con respecto a que os estranxeiros teñen máis dereitos que os propios galegos.
Opinión dos Estranxeiros
Opinión dos Galegos
12. As opinións
63%34 %
22 %18 %
4 %11 %
4 %6 %
72 %51 %
71 %
4 %47 %
39 %
A INMIGRACIÓN É POSITIVA PARA A ECONOMÍA DUN PAÍS
AS MULLERES INMIGRANTES PADECEN MÁIS VIOLENCIA DOMÉSTICA
OS INMIGRANTES COLAPSAN OS SERVIZOS SANITARIOS
A PRESENZA DE NENOS INMIGRANES RETRASA O NORMAL FUNCIONAMENTO DAS AULAS
A PRESENZA DE NENOS INMIGRANES NAS AULAS É UN FEITO POSITIVO
A INTEGRACIÓN DA INMIGRACIÓN É POSITIVA PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PAÍS
OS INMIGRANTES TEÑEN MÁIS DEREITOS QUE OS GALEGOS
30
UN RESUMO
FICHA TÉCNICA
Dos entrevistados, o 50,7% eran galegos e o 49,3% estranxeiros. Dos
galegos, o 52,4% eran mulleres e o 47,6 homes. Entre os estranxeiros
entrevistados o 51,7% foron homes e o 49,3% mulleres.
Por idades, o tramo maioritario dos españois residentes en Galicia
era o de entre 41 e 50 anos, e o dos estranxeiros entre 31 e 40.
En canto á súa situación familiar, a maior parte dos entrevistados
atópanse casados ou con parella, sendo moi numeroso tamén, no
caso dos estranxeiros o grupo dos solteiros.
En canto á situación laboral, a maior parte dos entrevistados
españois residentes en Galicia son traballadores por conta allea
(55%), mentres que no caso dos estranxeiros o maior número de
entrevistados responden que se atopan no paro (62%).
CONCLUSIÓNS
No apartado relativo á convivencia entre galegos e
estranxeiros, os datos do barómetro de 2012, mantéñense
practicamente invariables con respecto aos de 2011. Así o
barómetro do 2011, que mostraba un descenso respecto ao
2010, reflectía que un 88% dos estranxeiros e un 57% dos
galegos declaraban ter trato habitual os uns cos outros; no de
2012 esta cifra mantense invariable no caso dos estranxeiros
e no dos galegos sobe un punto.
Os lugares onde se produce a convivencia habitual entre
galegos e estranxeiros volven repetir os parámetros dos
barómetros do ano 2010 e 2011. Obsérvase unha lixeira
subida, con respecto aos datos do ano pasado, das relacións
que se desenvolven no centro educativo, á vez que se produce
unha baixada da interacción en lugares de lecer que pasa do
52 e 8% ao 46 e 7% respectivamente.
En canto ás relacións con persoas inmigrantes ou galegas,
vólvense a manter practicamente os datos do barómetro
do ano 2011, o cal xa mostrou un descenso da percepción
positiva que tiñan tanto os inmigrantes como os galegos con
respecto ao trato con persoas doutras nacionalidades
O ano pasado un 71% dos estranxeiros e un 51% dos galegos,
declaraban que tiñan amigos doutras nacionalidades.
31
O presente barómetro sitúa estas porcentaxes no 72% e
49% respectivamente, incrementándose de forma notable,
con respecto ao ano anterior aquelas relacións xurdidas por
proximidade. Isto pode ser debido a que no barómetro do
ano 2012 este apartado aglutina varios do barómetro anterior
como son o centro de estudos tanto propio como dos fillos.
Os galegos de orixe seguen opinando que o número de
inmigrantes en Galicia é alto ou moi alto mentres que os
estranxeiros pensan que a taxa de poboación inmigrante
en Galicia é aínda baixa ou normal. Obsérvase un lixeirísimo
incremento daqueles que pensan que o número é excesivo,
incremento que é máis acusado no caso dos estranxeiros, aínda
que tan só cun 4% dos entrevistados.
En canto á percepción que tanto uns como outros teñen da
dureza das leis e normas que regulan a entrada e a estancia
regular dos inmigrantes en España, aínda que en liñas xerais
mantéñense os mesmos parámetros que o ano anterior, e con
respecto ao barómetro do 2011 obsérvase, un incremento
importante daqueles inmigrantes que consideran estas normas
tolerantes, resposta dada polo 21% dos estranxeiros.
Con respecto ás persoas que se atopan en situación irregular,
a maior parte dos galegos entrevistados (67%), consideran
que estes cidadáns non deberían ter acceso ás prestacións non
contributivas. Igual opinión, aínda que en menor porcentaxe,
teñen os estranxeiros (42%), tendencia que se mostra invertida
cando a pregunta fai referencia aos estranxeiros en situación
regular, xa que opinión dos galegos sobe ata situarse nun 68%
e a dos estranxeiros ao 93%.
O 83% dos galegos e a práctica totalidade dos estranxeiros
consideran que os estranxeiros en situación irregular deberían
ter dereito a axudas de emerxencia social.
A opinión maioritaria entre os estranxeiros é que nin as axudas
no ámbito escolar nin a prestación da asistencia sanitaria
deberían estar vinculadas á situación de regularidade (86 e
91%), mentres que no caso da asistencia sanitaria, a opinión
dos españois residentes en Galicia decrece ata o 59%. No caso
das axudas no ámbito escolar, un 61% dos galegos, opinan que
non deberían estar vinculadas á situación de regularidade.
32
Para a maioría dos estranxeiros a posibilidade de retornar dos
inmigrantes en situación irregular, debe recaer fundamentalmente
na vontade individual do propio inmigrante (66%), mentres que
para os galegos é fundamental incentivar o retorno voluntario
(82%), considerando a maior parte dos entrevistados que desde
as entidades sociais debe promoverse o retorno voluntario dos
estranxeiros en situación irregular (89 e 78% respectivamente),
ao tempo que con respecto a posibles situacións de irregularidade
sobrevida por perdida do posto de traballo, a maior parte dos
españois residentes en Galicia (68%) opina que se debería
promover o retorno ao seu país, mentres que para os estranxeiros,
maioritariamente (31%) deberíase permitir que continuase en
España un tempo determinado.
A maior parte dos entrevistados (87 e 52% respectivamente)
consideran que os procesos de regularización masiva de
inmigrantes irregulares non son beneficiosos.
Con respecto á integración repítese a tónica do barómetro do
ano 2011, considerando maioritariamente os galegos que os
estranxeiros se atopan pouco integrados na nosa sociedade (60%)
e dividíndose a percepción dos inmigrantes entre aqueles que opinan
que están bastante integrados (39%) e pouco integrados (37%).
Todos os enquisados, consideran que os inmigrantes que máis
facilidade teñen para integrarse na nosa sociedade son os
procedentes de Iberoamérica, aínda que entre os galegos, ten
un peso importante o grupo que considera que os que máis
facilidades teñen son os procedentes de Europa do leste (27%).
Para a maior parte dos galegos entrevistados, a situación dos
inmigrantes é mellor en Galicia que no seu país de orixe, mentres
que para os inmigrantes é igual tanto nun sitio como noutro,
observándose con respecto aos datos do barómetro do ano
pasado unha subida importante daqueles que consideran que a
súa situación é peor que no seu país de orixe (39%).
Con respecto as opinións xerais mantéñense practicamente
invariables as reflectidas no barómetro do ano 2011, repetíndose,
aínda que baixando un pouco, a opinión dos galegos con respecto
a que os estranxeiros teñen máis dereitos que os propios galegos.