BASILISCO

11
BASILISCOS Laura Louro Vázquez 1ºA Curso 2011-2012 Proxecto Interdisciplinar

description

Pequeno traballo de investigación da aula de Proxecto Interdisciplinar do IES POeta Añón de oUtes no curso 11-12

Transcript of BASILISCO

Page 1: BASILISCO

BASILISCOS

Laura Louro Vázquez 1ºA

Curso 2011-2012 Proxecto Interdisciplinar

Page 2: BASILISCO

INDICE

Pax.

1) Introdución...............................................1

2) Definición e tipos.......................................2

3) Historia dos basiliscos.................................5

4) Basiliscos na tradición española ...................6

5) Basiliscos na literatura e no cine...................7

6) Bibliografía................................................9

Page 3: BASILISCO

1.-Introdución

O termo Basilisco provén do grego basilikos, que é o diminutivo de

basileus (rei).

Son moitos os mitos e lendas que se contan destes seres. Un gran número de

criaturas lendarias foron imaxinadas por primeira vez nos vales mesopotámicos

entre os ríos Tigres e Eufrates. Logo desde aquelas culturas difundíronse en

Oriente e Occidente. Algunhas destas bestas caracterizáronse por reunir

atributos animais e humanos, outras mais monstruosas como os basiliscos

mitolóxicos reúnen a combinación de dúas especies animais. Son seres

asociados ao horror e a fealdade. A verdade todo isto é fantasía.

Aínda que tamén existe o basilisco animal real que é como un lagarto.

Nativo de América Central, parecido ás iguanas aínda que mais pequeno e

delgado. Estes animais viven nas árbores e prefiren habitar nas zonas preto a

fontes de auga. O que os fai realmente peculiares é que, teñen unha notable

habilidade de ser capaces de camiñar sobre a superficie da auga.

A diferenza dos basiliscos mitolóxicos, son moi asustadizos, cando hai unha

ameaza, saltan das ramas onde repousan zambullíndose na auga, buscando

refuxio. Estes basiliscos son algo delicados e non toleran demasiado o contacto

co home.

Despois desta introdución o traballo vaise centrar nos basiliscos como

seres mitolóxicos.

Basilisco esmeralda nunha rocha. (Réptil real) Basilisco Mitolóxico

1

Page 4: BASILISCO

2.- Definición

O basilisco era un animal mitolóxico, acerca do modo en que nace

existen dúas versións principais. A primeira cóntanos que do sangue que

derramou Medusa (mitoloxía clásica) ao ser decapitada por Perseo, naceron

tódalas serpes, incluído o Basilisco, que emite horrendos silbidos, capaces de

aterrorizar a tódolos outros monstros. Mata antes de morder e a gran

distancia. Pretende ser o rei do deserto, pois en deserto converte todos os

lugares polos que pasa. Herda da súa nai a capacidade de matar coa mirada,

pero se a súa mirada se reflicte nun espello morre.

A segunda di que xurde da estraña unión dun galo e unha serpe. Os seus ovos

son gardados e vixiados e incubados por un sapo durante nove anos. Desta

xestación nace o basilisco, gardando as características de tódolos seus

proxenitores. Ten o corpo de galo, cola de serpe en forma de lanza, patas de

galo, ás espiñosas e pel de sapo. Dise que é o rei das serpes e que podía

matar coa mirada.

A única forma de desfacerse dese terrible animal é vestir a un home

cunha armadura de espello e o basilisco ó cruzarse con el morre ao verse a si

mesmo reflectido. Os basiliscos teñen un poder especial; o de converter en

pedra todo o que tocan. Son por iso uns inimigos moi perigosos. Si o seu

contrincante non leva a protección adecuada intentará lanzarse corpo a corpo

e usará o seu pico para petrificar. Só as armaduras de metal resisten ao seu

poder. Os basiliscos son inmunes ao poder petrificante doutros basiliscos.

Cabeza de Medusa Ovos de Basilisco

2

Page 5: BASILISCO

Existen 4 tipos:

Basilisco Común

Este basilisco é un híbrido dun galo, un réptil e un morcego. O basilisco

nacerá dun ovo rexeitado pola galiña e que non é ovalado, senón redondo.

Este ovo debe ser incubado por un réptil.

Basilisco Saurio

Estes basiliscos son réptiles de tamaño bastante grande. Teñen 8 patas, as

súas escamas son pardo-verdosas e os seus ollos verdes brillantes.

3

Page 6: BASILISCO

Basilisco Saurio Mayor

Os basilisco-saurios maiores teñen as mesmas características que os basilisco

saurios excepto o seu maior tamaño e unha intelixencia algo máis

desenvolvida.

Pirolisco

É igual que o basilisco común pero ten unha única pluma vermella no rabo. As

súas ás tamén son rubias. Esta variedade é moito máis perigosa que o

basilisco, xa que a súa mirada é capaz de prender lume en calquera ser vivo

que o mire fixamente o pirolisco. O seu inimigo natural é o fénix, ou ave

máxica que arde en chamas para renacer das súas cinzas.

4

Page 7: BASILISCO

3.- Historia dos basiliscos

Como a maioría das bestas mitolóxicas a orixe dos basiliscos pérdese no

tempo. As culturas antigas deixaron algunhas mostras da crenza nel e noutras

serpes monstruosas nas artes , pero é na tradición escrita onde mellor se

pode seguir a súa traxectoria e evolución.

Os basiliscos teñen unha longa historia, que está presente en culturas e

pobos tan diferentes como afastados, e entronca en case todas as crenzas e

relixións. Así, por exemplo, se atribúe a San Trifón o logro de ter domesticado

esta besta e, pola súa banda, Isaías, cando se dirixe aos pecadores, afirma que

tales bestas «incuban ovos de víbora, tecen teas de araña e o que come dos

seus ovos morre, e, se se esmagan, saen basiliscos»

Para os antigos exipcios, o basilisco nacía dos ovos do ibis.No Antigo

Testamento poden encontrarse referencias ao basilisco en catro libros. En

xeral, xa nos albores do s. I d. C., o animal é descrito como unha forma de

serpe excepcionalmente daniña, concepto que lograron perpetuarse ata ben

entrado o s. XVIII debido á súa inclusión durante a Idade Media nos tratados

naturalistas.

Para os gregos, este animal era moi temido polos seus efectos nocivos sobre o

home. Desta época data xa o que del se di de terrorífico, pois exhalaba pola

boca grandes labaradas de lume ocasionando que as plantas se murchasen, se

queimasen os pastos, se fendesen as rochas e as augas se impregnasen de

letal veleno. É durante o Medievo cando esta criatura experimenta un cambio

na súa morfoloxía, pasando a ser un ser con forma de galo de catro patas,

plumas amarelas, grandes ás espiñentas e cola de serpe rematada en gancho.

Incluso no Renacemento, a pesares da proliferación das universidades, e que

os coñecementos en Ciencias Naturais son maiores e mais críticos séguese

admitindo a existencia destes animais malditos chamados Basiliscos. Físicos e

médicos estudan o seu nacemento e a capacidade letal do seu veleno.

Mais tarde aparecen referencias en obras literarias de Lope de Vega, Cervantes

e Quevedo.

A figura do basilisco, estaba firmemente arraigada no saber popular e nas

crenzas das clases mais refinadas.

5

Page 8: BASILISCO

Ata non fai moitos séculos, a crenza da existencia desta fantástica besta era tal

que incluso algúns viaxeiros contaban historias como por exemplo, que alguén

vira mulleres que mataban aos homes coa mirada, ou outra que dicían que a

fera morría cando oía o canto dun galo, por iso que entre os aventureiros que

tiveran pensado facer unha viaxe por algún deserto africano, tiñan a

precaución de levar un galo para protexerse de tan temido animal.

Na escultura, a figura do basilisco usábase principalmente nos capiteis das

igrexas, puntualmente pódense encontrar en tallas de marfil y artes

aplicadas.

4.-Basilisco na tradición española

Na tradición cultural española recolléronse diferentes variantes desta

besta de fábula, segundo as rexións. Unha delas localízase nas montañas

cántabras, onde se contaba que, cada século, os miñatos poñían un ovo de cor

vermella, do cal saía unha ave blanquinegra, que, tras cincuenta anos cabais

de vida, morría e, do seu corpo xa putrefacto, saía un verme que ía mudando

de forma ata converterse no negro 'Galo da Morte'. Outra achámola no Pireneo

catalán, onde se aseguraba que o basilisco era unha besta que se encontraba

só nas sepulturas dos que se levaban ao féretro as súas riquezas, de cuxa

custodia se encargaba con gran celo este temido animal.

Existiron outras variantes deste animal, e, en definitiva, todas elas

coinciden en describilo como un ser terrorífico e infernal, polo efecto letal e

maléfico da súa mirada, ao que, nalgúns casos, se lle asociou o carácter de fiel

gardián deses tesouros ocultos en grutas, tan recorrentes nas lendas. As

historias que se contan sobre esta besta inclúena dentro da mesma familia da

cocatriz (ou 'cockatrice'), outro animal fabuloso do que o basilisco tan só se

diferenza polo feito de que esta nace dun ovo de galiña incubado nun niño de

serpes. Na actualidade, a socioloxía ponnos de manifesto que o mito do

basilisco e os seus maleficios desapareceu da nosa sociedade.

Non obstante, o recordo deste animal de fábula parece pervivir aínda

subliminalmente en forma noutros animais reais, desprovistos xa da súa

6

Page 9: BASILISCO

fascinadora mirada mortal, pero considerados moi perniciosos polas xentes

pola súa gran capacidade velenosa. Como exemplos poden citarse o 'tiro', moi

temido entre os homes de certos pobos da provincia de Toledo a causa da

terrible eficacia do seu veleno, que, ao final, non é máis que un réptil con

aspecto de lombriga de terra, sen patas e cego, e totalmente inofensivo.

Outros casos constitúenos o ' alicante ' que, segundo se conta, parecía habitar

a Cova do Gato de Benaoján (Málaga), o cal se describiu como unha cobra

cuxa perigosidade era extrema, e o 'can', unha cobra de escasa lonxitude, que

cacarexa agresivamente como un galo en época de celo, pero, polas

comprobacións levadas para efecto, ambos os dous casos non son máis que un

réptil inofensivo.

5.- Basiliscos na literatura e no cine

1. Basilisco en Harry Potter

O segundo libro da serie Harry Potter da autora J. K. Rowling ten un

basilisco. Nela o monstro teme o canto dos galos e é temido principalmente

polas arañas.

2. Basiliscos no libro “Devoradores de Mortos”

O libro “Devoradores de Mortos” foi escrito por Michael Crichton. Nunha

parte do libro, o nome basilisco é citado, dando a entender que sería mellor

evitar un conflito directo. Pois asi como acontece na mitoloxía almacénase

unha espada no basilisco e o veleno percorre a espada ata acadar o brazo

de quen o ataca tendo que amputalo inmediatamente para manter o seu

corpo vivo.

7

Page 10: BASILISCO

3. Basilisco e Os Cavaleiros do Zodíaco

Serie xaponesa na que o basilisco é unha ave que fai un voo exterminio, e non

ten figura de serpe.

4. Rei das serpes

Mentres realizan unha escavación arqueolóxica en Libia, un equipo de

arqueólogos atopa enterrado un basilisco petrificado decidindo traelo ao Museo

Nacional de Historia dunha pequena localidade estadounidense para estudalo.

Durante a presentación ao público, coincidindo cun eclipse solar, a pedra se

derrétese e devólvelle a vida ao basilisco milenario.

8

Page 11: BASILISCO

6.- Bibliografía

http://corporate.enciclonet.com/busqueda?q=o+basilisco&t=0

http://www.vivapets.es/raza/basiliscos_verde/187 http://www.infomascota.com/articulos/generales/reptiles/2007/1/11/

basiliscos_1/ http://www.seresmitologicos.net/terrestres/basilisco/

http://www.gibralfaro.uma.es/leyendas/pag_1684.htm http://lascosasquenuncaexistieron.com/articulos/116/basiliscos

http://tuatera.com/foro/cuidados-lagartos-fichas-articulos/cuidados-basilisco-marron-basiliscus-vittatus-ficha-de-mantenimiento/

http://es.wikipedia.org/wiki/Basilisco_(criatura_mitol%C3%B3gica) http://www.wikilearning.com/monografia/animales_y_seres_mitologi

cos-el_basilisco/1726-1

http://es.wikipedia.org/wiki/Medusa_(mitolog%C3%ADa) http://www.gibralfaro.uma.es/leyendas/pag_1684.htm

9