benvida

4
PROGRAMA XOGADE 2009-2010 Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar 09/10 A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das federacións deportivas galegas, convoca o programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos) en idade escolar para o curso 2009/2010. I. ESTRUCTURA DO PROGRAMA XOGADE: A través do xogo educamos e achegamos a actividade físico-deportiva a un maior número de escolares Dentro do programa XOGADE, (Xogos Galegos Deportivos Escolares) desenvolveranse actividades que se realizan con obxectivos formativos-recreativos-saudables, dirixidas a toda a poboación escolar. O Programa XOGADE inclúe dous bloque de actividades: 1) ACTIVIDADE DEPORTIVA – COMPETITIVA: O desenvolvemento das actividades deportivas-competitivas serán en catro fases: local, comarcal ou intercomarcal, provincial e autonómica. Segundo a categoría, participan en ámbitos territoriais adaptados ás súas idades. Así, a categoría benxamín e alevín participan na fase local, comarcal e provincial e as categorías infantís e cadetes concursan en fases autonómica e nacional. 2) ACTIVIDADE LÚDICO – RECREATIVA: As actividades lúdico–recreativas teñen como obxectivo principal o acercamento dos escolares a diferentes disciplinas deportivas empregando a mellor das ferramentas das que se dispón en educación: O XOGO. A través do XOGO os nenos e nenas tanto de primaria como de secundaria terán a posibilidade de divertirse o mesmo tempo que realizan a súa primeira inmersión en diferentes deportes. II. ACTIVIDADES OFERTADAS: ACTIVIDADE DEPORTIVA – COMPETITIVA ACTIVIDADE LÚDICO – RECREATIVA ATLETISMO: PISTA, PISTA CUBERTA BÁDMINTON NA ESCOLA BÁDMINTON COÑECE A NATACIÓN SINCRONIZADA BALONCESTO JUDO NA ESCOLA BALONMÁN LOITA OLÍMPICA NA ESCOLA BIATLÓN XOGANDO COA LOITA OLÍMPICA CAMPO A TRAVÉS ORIENTACIÓN NA ESCOLA DUATLÓN TRIATLÓN NA ESCOLA FÚTBOL TAEKWONDO NA ESCOLA FÚTBOL SALA XOGANDO CO TAEKWONDO JUDO 2010 XOGANDO CO ATLETISMO 1 XOGA-JUDO 2010 XOGANDO CO ATLETISMO 2 LOITA OLÍMPICA XOGOS POPULARES NA ESCOLA NATACIÓN NATACIÓN-SINCRONIZADA ORIENTACIÓN PATINAXE ARTÍSTICA TAEKWONDO TENIS DE MESA VOLEIBOL XADREZ XIMNASIA RÍTMICA As actividades “Na escola” fan referencia a actividades a desarrollar dentro do propio centro escolar que así o solicite. As actividades de “Xogando” fan referencia a encontros intercentros.

description

novedades deporte na escola

Transcript of benvida

Page 1: benvida

PROGRAMA XOGADE 2009-2010

Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar 09/10

A Secretaría Xeral para o Deporte, coa colaboración das federacións deportivas galegas, convoca o programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos) en idade escolar

para o curso 2009/2010. I. ESTRUCTURA DO PROGRAMA XOGADE:

A través do xogo educamos e achegamos a actividade físico-deportiva a un maior número de escolares Dentro do programa XOGADE, (Xogos Galegos Deportivos Escolares) desenvolveranse actividades que se realizan con obxectivos formativos-recreativos-saudables, dirixidas a toda a poboación escolar. O Programa XOGADE inclúe dous bloque de actividades:

1) ACTIVIDADE DEPORTIVA – COMPETITIVA:

O desenvolvemento das actividades deportivas-competitivas serán en catro fases: local, comarcal ou intercomarcal, provincial e autonómica. Segundo a categoría, participan en ámbitos territoriais adaptados ás súas idades. Así, a categoría benxamín e alevín participan na fase local, comarcal e provincial e as categorías infantís e cadetes concursan en fases autonómica e nacional.

2) ACTIVIDADE LÚDICO – RECREATIVA:

As actividades lúdico–recreativas teñen como obxectivo principal o acercamento dos escolares a diferentes disciplinas deportivas empregando a mellor das ferramentas das que se dispón en educación: O XOGO. A través do XOGO os nenos e nenas tanto de primaria como de secundaria terán a posibilidade de divertirse o mesmo tempo que realizan a súa primeira inmersión en diferentes deportes.

II. ACTIVIDADES OFERTADAS:

ACTIVIDADE

DEPORTIVA – COMPETITIVA ACTIVIDADE

LÚDICO – RECREATIVA ATLETISMO: PISTA, PISTA CUBERTA BÁDMINTON NA ESCOLA BÁDMINTON COÑECE A NATACIÓN SINCRONIZADA BALONCESTO JUDO NA ESCOLA BALONMÁN LOITA OLÍMPICA NA ESCOLA BIATLÓN XOGANDO COA LOITA OLÍMPICA CAMPO A TRAVÉS ORIENTACIÓN NA ESCOLA DUATLÓN TRIATLÓN NA ESCOLA FÚTBOL TAEKWONDO NA ESCOLA FÚTBOL SALA XOGANDO CO TAEKWONDO JUDO 2010 XOGANDO CO ATLETISMO 1 XOGA-JUDO 2010 XOGANDO CO ATLETISMO 2 LOITA OLÍMPICA XOGOS POPULARES NA ESCOLA NATACIÓN NATACIÓN-SINCRONIZADA ORIENTACIÓN PATINAXE ARTÍSTICA TAEKWONDO TENIS DE MESA VOLEIBOL XADREZ XIMNASIA RÍTMICA

As actividades “Na escola” fan referencia a actividades a desarrollar dentro do propio centro escolar que así o solicite.

As actividades de “Xogando” fan referencia a encontros intercentros.

Page 2: benvida

III. PARTICIPANTES: ACTIVIDADE DEPORTIVA – COMPETITIVA:

En xeral as categorías, salvo excepcións en algunha de las modalidades

deportivas, serán as seguintes; Benxamín: 2000-2001-2002 Alevín: 1998-1999 Infantil: 1996-1997 Cadete: 1994-1995

Dentro deste bloque de actividades, son moitas as modalidades deportivas que

presentan a distinción de dous ligas: “liga A” y “liga B” , có obxectivo de recuperar os participantes que quedan eliminados nas primeiras fases para que poidan seguir xogando, garantindo así uns dos obxectivos principias deste programa XOGADE: máis tempo de práctica para o maior número de escolares posible.

ACTIVIDADE LÚDICO – RECREATIVA:

Nestas actividades poderán participar os escolares de primaria e secundaria , previa solicitude por parte do Centro Escolar. Casos excepcionais:

IV. INSCRICIÓN: ACTIVIDADE DEPORTIVA – COMPETITIVA: Poderán inscribirse neste programa os centros de ensino, ANPA, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións, etc., que o desexen, pertencentes á Comunidade de Galicia. A inscrición realizarase a través da aplicación informática que se atopa na páxina Web: www.deporteescolargalego.org Para acceder a inscrición, o responsable da entidade, solicitará a clave de acceso a través da web, para que dende os Servizos Provinciais de deporte, envíen as claves para poder realizar a inscrición dos equipos e deportistas. As entidades que xa participaran nas tempadas anteriores manteñen o mesmo nome de usuario e contrasinal.

“Triatlón na escola”:

-5º / 6º Primaria - 1º / 2º Secundaria - 3º / 4º Secundaria

“Xogando co Atletismo- 1”:

BENXAMÍN: 2002 – 2001 mixto ALEVÍN: 2000 – 1999 Masculino e feminino

“Xogando co Atletismo - 2”:

INFANTIL: 1998-1997 Masculino e feminino CADETE: 1996-95-94 Masculino e feminino

Page 3: benvida

ACTIVIDADE LÚDICO – RECREATIVA: Antes de realizar a inscrición dos rapaces/as, será necesario que o Centro Escolar, co visto e prace do/a Director/a, solicite a actividade ou actividades desexadas cumprimentando a solicitude correspondente que poderá atoparse dentro da páxina Web: www. deporteescolargalego.org. Unha vez confirmada e admitida dita solicitude por medio dos Servizos Provinciais e a Secretaría Xeral para o Deporte, se procederá a inscrición dos escolares na mesma páxina web.

DATAS LÍMITE DE INSCRICIÓN DOS EQUIPOS

ACTIVIDADE CATEGORÍAS DATA INSCRICIÓN

ATLETISMO

PISTA 15 XANEIRO/2010

PISTA CUBERTA

26 OUTUBRO/2009 XOGANDO CO ATLETISMO-1

XOGANDO CO ATLETISMO-2

CAMPO A TRAVÉS TODAS

BÁDMINTON TODAS 23 OUTUBRO/2009

BÁDMINTON NA ESCOLA PRIMARIA E SECUNDARIA 30 XANEIRO/2010

BALONCESTO

BENXAMÍN E ALEVÍN 15 OUTUBRO/2009

INFANTIL (LIGAS "B"

LIGAS "A" (INFANTIL-CADETE) 15 SETEMBRO/2009

BALONMÁN

LIGAS "B" 26 OUTUBRO/2009

LIGAS "A" INFANTIL 28 SETEMBRO/2009

LIGAS "A" "B" CADETE 21 SETEMBRO/2009

BIATLÓN TODAS 1 ABRIL/2010

DUATLÓN TODAS 29 XANEIRO/2010

TRIATLÓN NA ESCOLA 5º-6º PRIMARIA E SECUNDARIA 30 XANEIRO/2010

FÚTBOL BENXAMÍN E ALEVÍN 26 OUTUBRO/2009

FÚTBOL, FÚTBOL SALA TODAS (AGÁS LIGAS "A") 26 OUTUBRO/2009

LIGAS "A" 15 SETEMBRO/2009

JUDO 2010 INFANTIL "A" E CADETE

30 XANEIRO/2010 XOGAJUDO 2010 BENXAMÍN , ALEVÍN INANTIL"B"

JUDO NA ESCOLA PRIMARIA E SECUNDARIA

LOITA OLÍMPICA CLUBS 24 OUTUBRO/2009

CENTROS DE ENSINO, ANPAS

30 XANEIRO/2010 LOITA OLÍMPICA NA ESCOLA PRIMARIA E SECUNDARIA

XOGANDO COA LOITA PRIMARIA E SECUNDARIA

NATACIÓN BENXAMÍN E ALEVÍN 30 XANEIRO/2010

NATACIÓN SINCRONIZADA BENXAMÍN E ALEVÍN

COÑECE A NATACIÓN SINCRONIZADA

ORIENTACIÓN INFANTIL E CADETE 26 FEBREIRO/2010

ORIENTACIÓN NA ESCOLA PRIMARIA E SECUNDARIA 30 XANEIRO/2010

PATINAXE TODAS 5 FEBREIRO/2010

TAEKWONDO TODAS

31 DECEMBRO/2009 XOGANDO CO TAEKWONDO PRIMARIA E SECUNDARIA

TAEKWONDO NA ESCOLA PRIMARIA E SECUNDARIA

Page 4: benvida

TENIS DE MESA TODAS 30 OUTUBRO/2009

VOLEIBOL TODAS (AGÁS LIGAS "A") 26 OUTUBRO/2009

LIGAS "A" 17 SETEMBRO/2009

XADREZ TODAS 28 NOVEMBRO/2009

XIMNASIA TODAS 14 XANEIRO/2010

XOGOS POPULARES PRIMARIA E SECUNDARIA 30 XANEIRO/2010

V. SEGURO DEPORTIVO

Todos os participantes serán dados de alta nun seguro deportivo de accidentes, que cubrirá a asistencia nos Centros concertados ao longo da campaña, nos adestramentos e desprazamentos ás distintas competicións organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, as Federacións Galegas e o Consello Superior de Deportes (locais, Intercomarcais, Provinciais, Autonómicas, Estatais), que están dentro das categorías do Programa Xogade , neste Curso 2009/2010. Integrará igualmente o colectivo asegurado os adestradores, monitores e delegados dos equipos participantes nas referidas competicións deportivas, cando a súa actividade garde relación co colectivo ao que se refire o parágrafo anterior. Os Servizos Provinciais de Deporte, facilitarán toda a información no momento que as Entidades formalicen a súa inscrición en calquera das disciplinas deportivas do programa.

VI. DOCUMENTACIÓN DISPONIBLE:

Na páxina web www. deporteescolargalego.org. Poderase dispor da seguinte documentación:

1. Libro “Programa XODADE 2009 - 2010”, que a su vez se enviará por correo en soporte papel.

2. Resumen Libro “Programa XODADE 2009 - 2010”, para facilitar o manexo da información. 3. Documento ampliado sobre o Programa XOGADE 2009 - 2010. Onde se disporá de

información moito más concreta sobre cada una das actividades u outros posibles aspectos de consulta.

4. Normas de actuación para os lesionados en caso de sinistro. 5. Parte de accidente. Todos estes documentos poderán ser descargados.

VII. MAIS INFORMACIÓN:

Na propia páxina web das diferentes federacións deportivas.