Benvida da ANPA

1
PRESENTACIÓN Somos unha asociación de pais e nais do C.P.I. de Vedra, que formamos parte da comunidade educativa, expoñendo os nosos puntos de vista e colaborando co noso colexio para que os intereses educativos dos nosos fillos/as poidan mellorar. O nome da asociación é “ ANPA A BOCA C.P.I DE VEDRA” e está formada por unha xunta directiva que, de acordo cos Estatutos, debe contar cun representante por cada unha das parroquias que achegan nenos ao Colexio. Tratamos de facer un traballo solidario e comprometido coa comunidade educativa, no que todos debemos participar. Por iso, dámosche a benvida a este novo curso que comeza, e te animamos a PARTICIPAR NA ANPA. Fai moitos anos xa que a ANPA está a facer cousas polo colexio e creemos que ano a ano se vai mellorando,contando coa implicación da Dirección e do profesorado do Centro e o traballo de todos dentro do Consello Escolar. Dende a ANPA, facemos o seguinte: - Nas etapas de final de curso, colaboramos e organizamos os festivais que se celebran, onde lles facemos entrega das orlas gratuítas aos de 4º da ESO, sempre que se haxan feito socios/as. - Durante o curso, ofrecemos varias actividades extraescolares para todos os nenos/as. Os socios/as teñen un importante desconto nos prezos desas actividades. - Neste curso, que xa está rematando, fixemos un seguro escolar de accidentes para todo o alumnado. Trátase dun seguro especialmente interesante para os ciclos de infantil, primaria e 1º e 2º da ESO xa que a Lei establece que, en caso de accidente, só estarían cubertos pola Tarxeta Sanitaria dos pais/nais. Creemos que se fixo por un prezo moi axeitado para os socios/as da ANPA, aínda que esperamos mellorar nas condicións sempre que atopemos un apoio máis grande entre o conxunto de pais e nais. No vindeiro curso implementaremos novos proxectos que incidan na calidade educativa do Centro. Así que, invitámosvos a todos, e moi especialmente aos que vos incorporades este ano ao Colexio, a que participes e colaboredes connosco. Calquera dúbida que vos poida xurdir estaremos encantados de atendela no 653748039, ou ben a través do noso correo electrónico: [email protected]. Tamén dispomos dun blog, onde poderás consultar todo aquilo relacionado coa ANPA e a nosa comunidade educativa: anpacpivedra.blogspot.com Máis nada, esperamos a vosa participación para facer que o noso colexio continúe mellorando. A DIRECTIVA DA ANPA A BOCA DO C.P.I DE VEDRA ENVÍAVOS UN CORDIAL SAÚDO DE BENVIDA

Transcript of Benvida da ANPA

Page 1: Benvida da ANPA

PRESENTACIÓN

Somos unha asociación de pais e nais do C.P.I. de Vedra, que formamos parte da comunidade educativa, expoñendo os nosos puntos de vista e colaborando co noso colexio para que os intereses educativos dos nosos fillos/as poidan mellorar. O nome da asociación é “ ANPA A BOCA C.P.I DE VEDRA” e está formada por unha xunta directiva que, de acordo cos Estatutos, debe contar cun representante por cada unha das parroquias que achegan nenos ao Colexio. Tratamos de facer un traballo solidario e comprometido coa comunidade educativa, no que todos debemos participar. Por iso, dámosche a benvida a este novo curso que comeza, e te animamos a PARTICIPAR NA ANPA.

Fai moitos anos xa que a ANPA está a facer cousas polo colexio e creemos que ano a ano se vai mellorando,contando coa implicación da Dirección e do profesorado do Centro e o traballo de todos dentro do Consello Escolar.

Dende a ANPA, facemos o seguinte: - Nas etapas de final de curso, colaboramos e organizamos os festivais que se celebran, onde lles facemos entrega das orlas gratuítas aos de 4º da ESO, sempre que se haxan feito socios/as. - Durante o curso, ofrecemos varias actividades extraescolares para todos os nenos/as. Os socios/as teñen un importante desconto nos prezos desas actividades.- Neste curso, que xa está rematando, fixemos un seguro escolar de accidentes para todo o alumnado. Trátase dun seguro especialmente interesante para os ciclos de infantil, primaria e 1º e 2º da ESO xa que a Lei establece que, en caso de accidente, só estarían cubertos pola Tarxeta Sanitaria dos pais/nais. Creemos que se fixo por un prezo moi axeitado para os socios/as da ANPA, aínda que esperamos mellorar nas condicións sempre que atopemos un apoio máis grande entre o conxunto de pais e nais.No vindeiro curso implementaremos novos proxectos que incidan na calidade educativa do Centro. Así que, invitámosvos a todos, e moi especialmente aos que vos incorporades este ano ao Colexio, a que participes e colaboredes connosco. Calquera dúbida que vos poida xurdir estaremos encantados de atendela no 653748039, ou ben a través do noso correo electrónico: [email protected]. Tamén dispomos dun blog, onde poderás consultar todo aquilo relacionado coa ANPA e a nosa comunidade educativa: anpacpivedra.blogspot.com Máis nada, esperamos a vosa participación para facer que o noso colexio continúe mellorando.

A DIRECTIVA DA ANPA A BOCA DO C.P.I DE VEDRA ENVÍAVOS UN CORDIAL SAÚDO DE BENVIDA