Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios

20
BIBLIOTECA DO IES “AGRA DE RAÍCES” FORMACIÓN DE USUARIOS

description

Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios. Usos da Biblioteca. A biblioteca ten tres usos fundamentais:. Consulta: obtención de información para a elaboración de traballos escolares. Ocio: a lectura como diversión e entretemento. - PowerPoint PPT Presentation

Transcript of Biblioteca do ies “agra de Raíces” Formación de usuarios

Page 1: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

BIBLIOTECA DO IES “AGRA DE RAÍCES”

FORMACIÓN DE USUARIOS

Page 2: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

Usos da Biblioteca

A biblioteca ten tres usos fundamentais:

Ocio: a lectura como diversión e entretemento.

Consulta: obtención de información para a elaboración de traballos escolares.

Estudo: un lugar tranquilo onde poder repasar os temas ou rematar os deberes.

Page 3: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

Horario de apertura

PERO O PROFESORADO PODE TRAERVOS AQUÍ SEMPRE QUE QUEIRA

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

8:30 - 9:20MANUEL CARANDE

9:20 - 10:10

MANUEL CARANDE

MANUEL CARANDE

MAR ROZAS

1º RECREO

MONTSE VILA MAR ROZAS MIGUEL BLANCOMANUEL CARANDE

MIGUEL BLANCO

10:25 -11:15

MONTSE VILAMAR ROZAS

MANUEL CARANDE

MONTSE VILAMAR ROZAS

MANUEL CARANDE

MANUEL CARANDE

11:15 - 12:05

2º RECREO

MONTSE VILA MIGUEL BLANCO MIGUEL BLANCOMANUEL CARANDE

MANUEL CARANDE

12:25 - 13:25

SONIA LÓPEZMANUEL CARANDE

SONIA LÓPEZMANUEL CARANDE

13:15 - 14:05

16:30 - 17:20

SONIA LÓPEZ  

17:20 - 18:10

 

Page 4: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

NormasManter silencio ou falar susurrando.

Anotarse nas folliñas para usar os

ordenadores.

Seguir as normas de uso dos

ordenadores.

Apagar os ordenadores ao rematar.

Deixar as cadeiras no seu sitio ao

marchar.

OU SEXA: O NORMAL PARA NON PREXUDICAR AOS TEUS COMPAÑEIROS

E COLABORAR COS QUE VOS ATENDEMOS

Page 5: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

Préstamos• Todo o alumnado e o profesorado é socio

da biblioteca e ten un número de socio.

• Solicitarase o préstamo ao profesor ou profesora, quen o anotará no ordenador.

• No momento da devolución o profesor ou profesora verificará o estado do material prestado.

Page 6: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

• Os libros préstanse por un período de 15

días. Este período poderase renovar unha

soa vez.

• Cada lector/a poderá ter en préstamo en

cada momento un máximo de tres libros.

• Os libros de consulta (enciclopedias,

dicionarios e similares) poden consultarse

na biblioteca, pero non se prestan.

Máis sobre os préstamos

Page 7: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

OrdenadoresOs ordenadores da biblioteca están a

disposición da comunidade educativa para a

realización de traballos e a busca de datos en

Internet etc., pero...Recordade que non estamos nun cíber nin na casa, senón nun centro educativo: nada

de xogos nin de redes sociais: Tuenti, Facebook etc.

E non vos esquezades de anotarvos previamente na

folla de rexistro nin de seguir as normas!

Page 8: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

A orde dos libros

Os libros están ordenados por materias, hai rótulos dos temas

colgando do teito e todos os andeis están rotulados, pero ademais de mirar os carteis dos andeis, deberías saber

que...- Os libros de case todas as bibliotecas están clasificados de acordo cun sistema que se chama CDU (CLASIFICACIÓN DECIMAL UNIVERSAL).

Page 9: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

0: Obras xerais: enciclopedias, dicionarios...1: Filosofía. Psicoloxía. Ética.2: Relixións.3: Ciencias Sociais: economía, dereito...4: Libre, por agora.5: Ciencias Exactas e Naturais: Matemáticas,

Física, bioloxía...6: Ciencias aplicadas: Medicina, Tecnoloxía...7: Arte. Xogos. Música. Espectáculos.

Deportes...8: Lingua e Literatura. Lingüística9: Xeografía. Biografías. Historia.ESTES NÚMEROS (A CDU) ÚSANSE EN

CASE TODAS AS BIBLIOTECAS DO MUNDO!

Page 10: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

A orde dos libros

(seguimos)- O número da CDU aparece nos rótulos dos andeis e na ETIQUETA (chámase tejuelo en castelán) que hai no lombo do libro onde tamén hai outros datos para a ordenación dos libros.

Page 11: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

Isto é unha etiqueta

Isto é unha etiqueta e o número da primeira fila corresponde á CDU (a materia).

Page 12: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

Máis CDUCando nunha determinada materia hai libros de diferentes submaterias engádenselle máis cifras ao número da CDU.

53: Física 59: Zooloxía

Por exemplo, dentro do apartado 5 da CDU (Matemáticas e Ciencias Naturais) podemos atopar estes subapartados:

Pero non é necesario que te aprendas de memoria estes números, porque HAI RÓTULOS POR TODAS PARTES e na biblioteca HAI TÁBOAS

DA CDU e PLANOS.

51: Matemáticas

Page 13: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

Seguimos coa orde dos libros

As TRES LETRAS MAIÚSCULAS que hai na fila do medio corresponden ás tres primeiras letras do APELIDO do autor/a.

Dentro de cada apartado, os libros están colocados por orde alfabética de autores e, dentro de cada autor, por orde alfabética do título das obras...

E ESTES DATOS TAMÉN ESTÁN NA ETIQUETA

E as tres letras minúsculas da última fila son as tres primeiras letras do TÍTULO do libro (sen artigos).

Page 14: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

QUE LIBRO NON ESTÁ NO SEU SITIO?

Page 15: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

QUE LIBRO NON ESTÁ NO SEU SITIO?

Page 16: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

E AGORA, ALGO ESPECIAL

Neste instituto utilizamos un sistema “noso” para referirnos aos xéneros literarios e ás linguas (todos os centros educativos adaptan a CDU ás súas necesidades):

OS XÉNEROS LITERARIOS AS LINGUAS

N é NarrativaG é Galego

T é TeatroE é Español

P é PoesíaI é Inglés

FR é Francés

L é Latín

GR é Grego

REPASA ESTA INFORMACIÓN, PARA DICIR DE QUE MATERIA SON OS LIBROS DA

SEGUINTE DIAPOSITIVA

Page 17: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

Estes libros son de…NARRATIVA EN GALEGO,

CLARO!

Page 18: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

A TÁBOA DA CDU O PLANO DA BIBLIOTECA

En resumo: para atopar un libro basta

que mires…E O MÁIS SINXELO: OS CARTEIS QUE HAI NO TEITO E NOS ANDEIS

ESTÁ TODO

NA BIB

LIOTECA

E O PROFESORADO

ENCARGADO

ESTARÁ ENCANTADO

DE AXUDARTE!

Page 19: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

www.biblioraices.blogspot.com

E podes saber en calquera lugar do mundo se un determinado libro está ou non na nosa

biblioteca na nosa páxina no chamado Proxecto Meiga, do que formamos parte:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED089

Pero como esta dirección é un lío, tes enlaces a esta páxina no Blog da biblioteca:

centros.edu.xunta.es/iesagraderaices

e na páxina web oficial do noso Centro, na sección da Biblioteca:

Page 20: Biblioteca do  ies  “agra de Raíces” Formación de usuarios

GRAZAS POLA VOSA

ATENCIÓN!