Biblioxogo entroido infantil

4
TEMPO DE ENTROIDO NOME:………………………………

Transcript of Biblioxogo entroido infantil

Page 1: Biblioxogo entroido infantil

TEMPO

DE

ENTROIDO

NOME:………………………………

Page 2: Biblioxogo entroido infantil

ESTÁ A PIQUES DE CHEGAR O ENTROIDO, É TEMPO DE CARAUTAS E

DISFRACES, DE MURGAS E DESFILES, DE FILLOAS E ORELLAS,…

ATREVESTE A POÑER A PROBA OS TEUS COÑECEMENTOS SOBRE

ESTA FESTA ? RISCA AS IMAXES QUE NON ESTEAN RELACIONADAS

CON ESTAS DATAS

SERÁS QUEN DE COLOCAR AS LETRAS AXEITADAMENTE PARA

COMPOÑER O NOME DESTES RIQUISIMOS DOCES DE ENTROIDO?

F

O

S

F

L

A

L

I

O

S

S

E

R

L

O

A

L

Page 3: Biblioxogo entroido infantil

NALGUNHAS ZONAS DE GALIZA TEÑEN UNS DISFRACES E MASCARAS

QUE DE SEGURO NUNCA VICHES POR AQUÍ. ESCOITA A DESCRICIONS

E UNE COA IMAXE QUE LLE CORRESPONDE

1 PANTALLAS

Levan traxe composto de

calzóns de lá brancos,

camisa branca, capelina

vermella da que penduran

moitas cintas de cores ,

faixa de cor vermella ou

azul con dúas tiras de

chocas que moven

rítmicamente. A súa

máscara componse de

carauta de madeira e

gorro. Levan dúas vexigas de porco cheas de fariña ou

cinza cas que fan ruido e arremeten contra a xente

3 PELIQUEIROS

Levan pantalón de lá fina

con flecos, faixa,

chaquetiña curta, camisa de

seda branca, garavata cun

broche e cinco ou seis

grandes cencerros na

cintura que fan sonar ó

moverse. A súa máscara

está feita de madeira cun

sombreiro grande no que

están pintados animais

feroces ou o sol e a lúa..

Levan un látigo con fitas de

coiro curtas cos que pegan a aqueles que se atrevan a tocalos.

2 BOTEIROS

Levan chaqueta de moitas

cores facendo debuxos

xeometricos, calzóns

vermellos e botas altas

negras. A súa máscara

consiste nunha carauta de

madeira con cornos dos que

sae un sombreiro moi alto

decorado. Na cintura levan

as chocas (cencerros) que

tocan ó moverse

rítmicamente. Levan un pau

alto co que fan grandes saltos acrobáticos.

4 XENERAIS

Sempre van a cabalo

vestidos de xeito moi

elegante con moitas

bandas, condecoracións e

un chapeu de plumas

Page 4: Biblioxogo entroido infantil

COLOREA ESTA MASCARA