BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca...
-
Upload
truonghanh -
Category
Documents
-
view
219 -
download
0
Transcript of BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 2015/2016 4ºESO - edu.xunta.galº...Comprender e interpretar mensaxes acerca...
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA
2015/2016
4ºESO
ASPECTOS ESPECÍFICOS DA MATERIA.BIOLOXÍA E XEOLOXÍA de 4º ESO
LOE
1. CONTRIBUCIÓN DA MATERIA ÁS COMPETENCIAS BÁSICAS
a) C. en comunicación lingüística
Utilizar a terminoloxía adecuada para construír textos e argumentacións con
contidos científicos.
Comprender e interpretar mensaxes acerca das ciencias da natureza.
b) C. matemática
Utilizar a linguaxe matemática para cuantificar os fenómenos naturais.
Utilizar a linguaxe matemática para analizar causas e consecuencias.
Empregar a linguaxe matemática para expresar datos e ideas sobre a
natureza
c) C. no coñecemento e interacción co mundo físico
Describir, explicar e predicir fenómenos naturais.
Analizar sistemas complexos nos que interveñen varios factores.
Entender e aplicar o traballo científico.
Recoñecer o propio corpo e as relacións que existen entre os hábitos, as
formas de vida e a saúde.
Describir as implicacións que a actividade humana e a actividade científica e
tecnolóxica teñen no medio ambiente.
Identificar os grandes problemas cos que se enfronta hoxe a humanidade e
as solucións que se están a buscar para resolvelos e para avanzar nun
desenvolvemento sostible.
Adquirir a formación básica para participar na toma de decisións en torno a
problemas locais e globais formulados.
Interpretar probas e conclusións científicas.
d) Tratamento da información e competencia dixital
Aplicar as formas específicas que ten o traballo científico para buscar,
recoller, seleccionar, procesar e presentar a información.
Utilizar e producir na aprendizaxe da área esquemas, mapas conceptuais,
informes, memorias...
Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación para comunicarse,
solicitar información, retroalimentala, simular e visualizar situacións, obter e
tratar datos.
e) C. social e cidadá
Comprender e explicar problemas de interese social desde unha
perspectiva científica.
Aplicar o coñecemento sobre algúns debates esenciais para o avance da
ciencia, para comprender como evolucionaron as sociedades e para
analizar a sociedade actual.
Recoñecer aquelas implicacións do desenvolvemento tecnocientífico que
poidan comportar riscos para as persoas ou para o medio.
f) C. cultural e artística
Debuxo esquemático de estruturas biolóxicas e xeolóxicas a súa
interpretación interpretación.
Axudar a desenvolver a visión espacial.
g) C. aprender a aprender
Integrar os coñecementos e os procedementos científicos adquiridos para
comprender as informacións provenientes da propia experiencia e dos
medios escritos e audiovisuais.
h) Autonomia e iniciativa persoal
Desenvolver un espírito crítico. Enfrontarse con problemas abertos,
participar na construción tentativa de solucións.
Desenvolver a capacidade para analizar situacións valorando os factores
que incidiron neles e as consecuencias que poden ter.
2. OBXECTIVOS DA MATERIA
1. Comprender e utilizar as estratexias e os conceptos básicos das ciencias
da natureza para interpretar os fenómenos naturais, así como para
analizar e valorar as repercusións do desenvolvemento científico e das
aplicacións tecnolóxicas.
2. Aplicar, na resolución de problemas e en sinxelas investigacións,
estratexias coherentes cos procedementos das ciencias, tales como a
discusión do interese dos problemas propostos, a formulación de
hipóteses, a elaboración de estratexias de resolución e de deseños
experimentais, a análise de resultados, a consideración de aplicacións e
repercusións do estudo realizado e a busca de coherencia global.
3. Comprender e expresar mensaxes con contido científico utilizando
diferentes linguaxes como oral, escrita, gráfica, icónica, multimedia, etc.
con propiedade, así como comunicar a outros argumentacións e
explicacións empregando os coñecementos científicos.
4. Buscar e seleccionar información sobre temas científicos utilizando
diferentes fontes e medios e empregala, valorando o seu contido, para
fundamentar e orientar os traballos sobre temas científicos e o ambiente,
así como para contrastar as opinións persoais.
5. Desenvolver hábitos favorables á promoción da saúde persoal e
comunitaria en ámbitos como alimentación, hixiene e sexualidade,
facilitando estratexias que permitan facer fronte aos riscos da sociedade
actual en aspectos relacionados co consumo, coas drogodependencias
e coa transmisión de enfermidades.
6. Comprender a importancia de utilizar os coñecementos provenientes das
ciencias da natureza para satisfacer as necesidades humanas e
participar na necesaria toma de decisións verbo de problemas locais e
globais aos cales nos enfrontamos.
7. Adoptar actitudes críticas fundamentadas no coñecemento científico para
analizar, individualmente ou en grupo, cuestións relacionadas coa
ciencia, a tecnoloxía e a sociedade. Coñecer e valorar os problemas aos
cales se enfronta hoxe a humanidade en relación á sobreexplotación dos
recursos, ás diferenzas entre países desenvolvidos e non, e a
necesidade de busca e aplicación de medidas, para avanzar cara ao
logro dun futuro sustentable.
8. Valorar o carácter tentativo e creativo das ciencias da natureza así como
as súas contribucións ao pensamento humano ao longo da historia,
apreciando os grandes debates superadores de dogmatismos e as
revolucións científicas que marcaron a evolución cultural da humanidade
e as súas condicións de vida.
9. Ser quen de buscar e de utilizar o coñecemento científico propio,
planificando de forma autónoma a acción e posta en práctica das
actividades de aprendizaxe, e de utilizar uns criterios de avaliación para
autocorrixirse no caso en que sexa necesario.
3. CONTIDOS SECUENCIADOS E TEMPORALIZADOS
Nº UNIDADES DIDÁCTICAS Libro TEMPORALIZACIÓN
SESIÓNS/ MES Probas
Avaliaci
ón
1 Tectónica de placas Tema 1 8 Set -Out
1ª
2 A enerxía interna e o
relevo
Tema 2 8 Out – Nov X
3 A historia da Terra Tema 3 6 Novembro
4 A célula Tema 4 6 Decembro X
5 A herdanza biolóxica Tema 5 9 Xaneiro
2ª 6 Xenética humana Tema 6 8 Febreiro X
7 Xenética molecular Tema 7 9 Feb - Marz X
8 Evolución e orixe da vida Tema 8 8 Abril
3ª
9 Os seres vivos no seu
medio
Tema 9 10 Maio X
10 Os ecosistemas Tema
10
10 Maio Xun X
Nª UNIDADES DIDÁCTICAS CONTIDOS
1 Tectónica de placas
Composición e estrutura do interior
terrestre
Da deriva continental á tectónica de
placas
Os límites entre as placas
Unha teoría global e revolucionaria
2 A enerxía interna e o
relevo
A deformación das rochas
O ciclo das rochas
A isostase
A xénese das cordilleiras
Riscos da actividade interna
A idade da Terra
3 A historia da Terra
A importancia xeolóxica dos fósiles
A Terra, un planeta en continuo cambio
As grandes divisións da historia da Terra
A idade da Terra
Hábitos alimentarios
4 A célula
A teoría celular
Funcións e estrutura das células
Tipos de células
A célula eucariótica
A reprodución das células
Unha reprodución especial: a meiose
Niveis de organización biolóxicos
O estudio das células
5 A herdanza biolóxica
Conceptos fundamentais de xenética
Os primeiros estudos xenéticos
Casos xenéticos especiais
A localización dos xenes
A xenética do sexo
As mutacións
6 Xenética humana Estudo xenético no ser humano
O cariotipo humano
Herdanza e variabilidade humanas
Alteracións xénicas humanas
Alteracións numéricas (xenómicas)
Alteracións na estrutura dos
cromosomas
Malformacións conxénitas
Diagnóstico de enfermidades xenéticas
7 Xenética molecular
O ADN, a molécula da herdanza
A expresión da información xenética
Enxeñaría xenética
O proxecto Xenoma Humano
Biotecnoloxía
8 Evolución e orixe da vida Fixismo fronte a evolucionismo
Probas da evolución
O lamarckismo, a primeira teoría
evolutiva
O darwinismo
Teorías evolutivas actuais
A evolución e a orixe de novas especies
A aparición do ser humano
O comezo da vida
9 Os seres vivos no seu
medio
Os factores ambientais
Adaptacións dos organismos ao medio
As modificacións do medio polos seres
vivos
As poboacións
As comunidades
O solo, asento de comunidades
Relacións interespecíficas
10 Os ecosistemas Que é un ecosistema?
A materia e a enerxía nos ecosistemas
Os niveis tróficos
A rendibilidade dos ecosistemas
Os ciclos bioxeoquímicos
Os ecosistemas españois
Os biomas
A invasión dos ecosistemas
A acción humana sobre os ecosistema
4. METODOLOXÍA DIDÁCTICA
a) Metodoloxía específica da materia
Considerar que os contidos non son só os de carácter conceptual, senón
tamén os procedementos e as actitudes, de forma que a presentación
destes contidos vaia sempre encamiñada á interpretación do contorno
por parte do alumnado e a conseguir as competencias básicas propias
desta materia, o que implica empregar unha metodoloxía baseada no
método científico.
Conseguir unha aprendizaxe significativa, relevante e funcional, de
forma que os contidos / coñecementos poidan ser aplicados polo/a
alumno/a ao entendemento do seu contorno natural máis próximo
(aprendizaxe de competencias) e ao estudo doutras materias.
Promover unha aprendizaxe construtiva, de forma que os contidos e as
aprendizaxes sexan consecuencia uns doutros.
Tratar temas básicos, axeitados ás posibilidades cognitivas individuais
dos/as alumnos/as.
Favorecer o traballo colectivo entre os/as alumnos/as.
Darlle a coñecer algúns métodos habituais na actividade e na
investigación científica, invitalo a utilizalos e reforzar os aspectos do
método científico correspondentes a cada contido.
Xerar escenarios atractivos e motivadores que o axuden a vencer unha
posible resistencia apriorística ao seu achegamento á ciencia.
Actividades prácticas que o sitúen fronte ao desenvolvemento do
método científico, proporcionándolle métodos de traballo en equipo e
axudándoo a enfrontarse co traballo que o motive para o estudo.
Combinar o método expositivo, aplicado solo para a introdución das
ideas e conceptos básicos e sempre que o alumno/a o require e o/a
profesor o considere necesario, con técnicas de indagación por parte do
alumnado para ir construíndo o seu propio coñecemento. Para isto
utilizaranse, gráficos, mapas, fotografías, esquemas, fontes de
información diversa (libro de texto, prensa, revistas, TICs) o que lle
permitirá acadar o/a alumno/a obxectivos da materia e as competencias
básicas.
Un tratamento dos contidos de forma que conduzan a unha aprendizaxe
comprensiva e significativa.
Estratexias de aprendizaxe que propicien a análise e a comprensión do
feito científico e natural.
O uso de calquera recurso metodolóxico debe ir encamiñado á
participación cotiá do alumno/a no proceso educativo Pero nun contexto
no que se está a xeneralizar o uso das tecnoloxías da información e a
comunicación -TICs- (a internet, vídeos, CD-ROM, etc.), potenciaremos
o seu uso, aproveitando as posibilidades que ofrecen as propias
instalacións do centro, interesante en si mesmo polas posibilidades de
obtención de información que permiten fomentar que o/a alumno/a sexa
formado nalgunhas das competencias básicas do currículo (aprender a
aprender, tratamento da información e competencia dixital,...).
b) Materiais e recursos didácticos
Impreso
Libro de texto e material didáctico fotocopiable concretos para traballar os
contidos:
Ciencias da Natureza, Editorial Oxford, Proxecto Adarve.
Material de la biblioteca: enciclopedias, diccionario de termos científicos e da
natureza, enciclopedias, monografías …
A prensa como recurso
Audiovisual
Vídeos ou CDs documentais.
Internet
Instrumental
Encerado e mapas murais
Pantallas de proxección
Material de laboratorio en xeral
Recursos informáticos
PC
Pantalla dixital
Canón
Procesador de textos
Power Point
Webquest:
Proxectos en Red (aprendizaxe interactivo )
Páxinas Web especializadas en educación e na aprendizaxe das Ciencias da
Naturaza e outras páxinas de interese para a recollida de información:
Webs institucionais:
www.edu.xunta.es/recursos
www.pntic.mec.es
www.xunta.esconselle/cma
Portais educativos:
http://www.3ieduca.com
http://www.cibereduca.com
htpp://www.escuela-virtual.org.mx/index.asp
O entorno como recurso
O medio físico e natural.
O medio transformado polo home.
Outros recursos
Laboratorio
5. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
CRITERIOS MÍNIMOS
1) Recoñecer que na saúde inflúen aspectos físicos, psicolóxicos,
económicos e sociais e valorar a importancia dos estilos de vida
para previr enfermidades e mellorar a calidade de vida, así
como as continuas achegas das ciencias biomédicas. Explicar
os mecanismos de defensa que evitan ou loitan contra os
axentes causantes de enfermidades.
X
2) Coñecer os aspectos básicos da reprodución humana e
describir os acontecementos fundamentais da fecundación, o
embarazo e o parto. Comprender o funcionamento dos métodos
de control da natalidade e valorar o uso de métodos de
prevención de enfermidades de transmisión sexual
X
3) Explicar os cambios fundamentais que sofre o alimento ao
longo de todo o proceso de nutrición, utilizando esquemas ou
ilustracións en cada unha das etapas. Xustificar a necesidade
de adquirir hábitos alimentarios saudables
X
4) Coñecer os órganos dos sentidos e explicar a misión
integradora dos sistemas nervioso e endócrino. Relacionar as
alteracións máis frecuentes cos órganos e procesos implicados
en cada caso; identificar os factores sociais que repercuten
negativamente na saúde como o estrés e o uso de substancias
adictivas
X
5) Identificar as accións dos axentes xeolóxicos externos na orixe
e modelado do relevo terrestre, así como no proceso de
formación das rochas sedimentarias
X
6) Valorar a capacidade para recompilar información procedente
de distintas fontes sobre a influencia das actuacións humanas
no ambiente, analizar esta información e formular propostas
para promover unha xestión máis racional dos recursos
naturais.
X
7) Determinar os trazos distintivos do traballo científico analizando X
como se chegou á formulación e/ou ás propostas de resolución
dalgún problema ambiental de actualidade
8) Valorar a situación mundial da distribución da riqueza e as súas
repercusións sobre a saúde e o ambiente, identificando
interrelacións xeopolíticas, sociais, económicas e culturais
X
9) Participar activamente na construción, comunicación e
utilización do coñecemento científico X
6. PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACION
a) Para as avaliacións ordinarias
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
Probas escritas Unha ou dúas probas escritas por avaliación (segundo
os contidos) nas que se poden incluír: resolución de
exercicios; resolución de problemas; interpretar
Esquemas; test: verdadeiro - falso, textos; elaboración,
esquemas, gráficas ou mapas
conceptuais.Elaboración de resumes, sínteses,
esquemas, gráficas ou mapas conceptuais.
Traballos individuais Boletíns de cuestiones
Presentacións
Traballos en grupo Traballos de investigación,
Traballos no laboratorio
Probas orais Resposta a preguntas na aula
Lectura comprensiva.
Traballo na aula Resposta a preguntas na aula.
Lectura comprensiva
Observación e
rexistro
De non acudir a unha proba escrita, só se Ile repetirá a
mesma, a aqueles alumnos que presenten o mesmo
día que se incorporan ao centro, xustificación médica
ou de deber inescusable, de carácter público ou
privado para a non asistencia a dita proba. A data da
proba será fixada polo profesor da materia.
Anotarase a asistencia e puntualidade do alumno.
Anotarase a actitude negativa do alumno en forma de
apercibimentos que figurarán na xefatura de estudos
por escrito ou tendo en conta o número de
interrupcións, que non veñen ao caso, perante as
explicacións da materia. Comunicarase ao alumno na
aula, quedando constancia no libro do profesor.
Anotarase a actitude positiva cando, requerida a súa
participación explícita ou voluntaria,nas actividades da
aula a súa colaboración é absolutamente correcta.
Comunicarase ao alumno na aula, quedando
constancia no libro do profesor.
Na recollida de material feito na aula levarase un
rexistro de actitude e aptitude do alumnado, cara a
materia.
b) Para a avaliación extraordinaria
PROCEDEMENTOS INSTRUMENTOS
Proba escrita Deberá facer unha serie de actividades obrigatorias
en unha proba escrita no mes de setembro, na que
se demostren os coñecementos da materia.. A data
e fixada pola xefatura de estudos.
7. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Establécense como requisitos para unha avaliación positiva os seguintes:
Traballo regular das actividades tanto na clase como na casa.
Realización correcta do caderno e presentación no prazo sinalado.
Realización dos traballos específicos e ou complementarios
encomendados.
Realización das probas escritas e conseguir o mínimo esixido.
Manter actitudes de acordo cos obxectivos fixados.
O alumno/a será avaliado da súa aprendizaxe ó longo de tres períodos
avaliativos na propia clase durante o desenvolvemento dos bloques de
contidos, polo que a avaliación sumativa final debe conter unha
porcentaxe adicada a este apartado, ademais das correspondente ás
probas escritas de verificación e ós traballos obrigatorios fora da aula.
Os criterios empregados deben ser coñecidos polo alumnado coa
anticipación suficiente; os xerais no inicio do curso, e os específicos
dalgunha proba ou actividade coa anticipación necesaria.
A avaliación de cada bloque de contidos consta de dous apartados:
a) O traballo e actitude do alumnado (Avalíase de 0 a 2 puntos) (20% da
nota total).
Neste apartado terase en conta o seguinte:
Faltas non xustificadas de asistencia, de puntualidade, actitudes pasivas
ou negativas na aula poden descontar 0,5 puntos cada vez. A reiteración
do anterior ou actitudes negativas graves, poden supoñer un suspenso
na avaliación.
Do mesma xeito sumaranse 0,5 puntos cada vez, no caso de actitudes
destacables no traballo na aula.
b) O exame (Puntúa de 0 a 8 puntos) na que os conceptos suporán un 40%, os
procedementos o 40% e as actitudes o 20%. O resultado total da proba suporá
o 80% da nota total.
Fanse as seguintes observacións:
Máis de cinco faltas de ortografía ou expresións incorrectas baixa 0,1
puntos.
Mala presentación no exame baixa 0,1 puntos.
A falta de asistencia a unha proba debe ser xustificada ou supón un
suspenso.
Si se observa que algún alumno/a está copiando nunha probade
verificación ou se demostra que así o fixo, aínda que non fora observado
será cualificado coa nota mínima.
A nota total será a suma porcentual dos apartados anteriores (20% o
apartado “a” e 80% o apartado “b”):
Menos de 5 puntos na nota total equivalen a SUSPENSO.
En períodos de avaliación con máis dunha proba escrita a nota da parte
escrita será a media das probas realizadas. Non se fará media se a
cualificación dalgunha das probas e inferior a 3/8.
Lémbrase que para aprobar a materia en xuño hai que aprobar tódalas
avaliacións. Farase unha recuperación por avaliacións suspensas (1ª e
2ª) e para os alumnos que só teñan unha das tres avaliación suspensas
haberá un exame en xuño.
En certos casos poderase ter en conta o punto de partida do alumno/a
ou circunstancias que puideran influír nos resultados, sempre coa
intención de favorecelo/a.
8. PROGRAMA DE RECUPERACION E REFORZO
a) Das materias pendentes de cursos anteriores
Plan de traballo
Comunicar os alumnos implicados, os contidos e criterios de avaliación,
para a superación das materia.
Dividir as materias mencionadas en dúas partes, que serán obxecto das
respectivas probas por separado. Sen excluír a proba final do mes de
maio á que tódolos alumnos teñen dereito que será fixada pola xefatura
de estudos.
Procedementos e instrumentos de avaliación
As probas realizaranse nos meses de xaneiro ou febreiro, e de abril ou
maio, (fechas concretas a determinar en reunión de coordinación co
Xefe de Estudios) e estarán baseadas nun conxunto de actividades que
foron confeccionadas polos membros do Seminario, e que se lles
proporcionará os alumnos para que as resolvan e entreguen o mesmo
día da proba.
Criterios de cualificación
Os criterios para a superación da materia estarán baseados no traballo
desenvolvido polo alumno a hora de resolver ditas probas (ata o 40% e a
cualificación obtida nas dúas probas mencionadas (ata o 60%).
Se o alumno supera as dúas probas previas, no terá que presentarse a
proba final en maio.
b) Da materia do propio curso
Procedementos e instrumentos de avaliación para :
a. Unha proba non superada
Non se fará recuperación de cada unha das proba non superadas.
Soamente faranse probas de recuperación de avaliación ou final
b. Unha avaliación parcial
Serán mediante unhas actividades obrigatorias e un exame.
Faise un exame e só un por cada período avaliativo non superado.
Na recuperación dos bloques de contidos a nota total máxima será de 5
puntos.
c. A avaliación final ordinaria
Poderá haber un exame final de graza en xuño, sempre que o alumno/a
tivera superado o apartado de traballo e actitude das respectivas
avaliacións.
O alumnado cos bloque de contidos dunha avaliación sen recuperar,
tendo as restantes aprobadas, poderá facer un exame de graza no mes
de xuño sobre os contidos dese bloque non superado.
d. A avaliación final en caso de perda do dereito á avaliación
continua
No caso dos alumnos que perdan o dereito a avaliación continua deberá
facer unha serie de actividades obrigatorias en unha proba escrita no
mes de xuño, na que se demostren os coñecementos da materia.
9. MEDIDAS DE ATENCION Á DIVERSIDADE
Medidas de carácter xeral:
Programación: a programación didáctica está deseñada de tal xeito que
intente acadar un nivel mínimo para tódolos alumnos.
Metodoloxía: exposición do tema en grao de dificultade.
Material didáctico: ademais do libro de texto, o profesor pode facilitar
resumes do tema e de materiais complementario de reforzo dos contidos
dados (esquemas do tema, boletíns ...).
Medidas de carácter específico:
Reforzo educativo: para casos concretos de dificultades de comprensión, o
profesor tomará as medidas mencionadas anteriormente, pero de xeito
específico e individualizado. Igualmente, o profesor pode realizar sesións
suplementarias e individualizadas.
Adaptacións curriculares: elaboradas en colaboración co Departamento de
Orientación, tendo en conta a problemática do alumno afectado.
10. ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
Na primeira Reunión de Departamento de cada curso proporanse as
distintas actividades complementarias e extraescolares que se realizarán
nese curso, que aparecerán na acta correspondente e se comunicaran á
Dirección do Centro, procurando repartilas entre os distintos niveis.
Se o longo do curso aparece algunha oferta interesante solicitarase á
Dirección.
11. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN LECTOR
Lectura comprensiva dos textos do libro de texto ou do material
entregado polo profesor.
Utilización de información de orixe diversa, procurando secuenciala en
orde de cornplexidade.
Á hora de realizar traballos por escrito, se son informatizados, evitarase
o uso do copiado de textos.
Na realización dun traballo escrito, informarase ao alumno de qué se Ile
pide e como ten que estar organizado.
Nos criterios de avaliación da materia están incluídos aspectos como:
Expresión.
Faltas de ortografía.
Presentación e limpeza nos exames e nos traballos entregados.
A criterio do profesor, pode haber 15 minutos da clase para que o
alumno poda ler o libro elixido libremente dos seleccionados na
Biblioteca Escolar.
12. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN T.I.C.
Utilización das aulas de informática.
Visualizar páxinas web onde se amosan diversos applets de simulacións
de procesos biolóxicos, xeolóxicos físicos ou químicos.
Utilización dos buscadores para a obtención de información á hora de
facer traballos relacionados co tema ou coas experiencias de laboratorio.
Utilización da pizarra interactiva para a explicación do tema ou para ver
simulacións dinámicas, imposibles de visualizar na pizarra convencional.
Facilitarlle ao alumno direccións de páxinas web relacionadas cos
contidos da materia para o seu uso fora do centro.
13. ACCIÓNS DE CONTRIBUCIÓN AO PLAN DE CONVIVENCIA
Aplicación das normas do plan de convivencia vixente no noso centro.
14. PROGRAMA DE EDUCACION EN VALORES (TRANSVERSAL)
EDUCACIÓN PARA A PAZ
Analiza-lo proceso de creación da Ciencia, valorando e recoñecendo
o efecto negativo da intolerancia.
Ser conscientes de que a ignorancia, a negación ó coñecemento, ó
diálogo e ó raciocinio tiveron repercusións negativas para o
desenvolvemento da Ciencia e para os propios científicos.
Respectar e valora-las opinións alleas expresadas libremente e
comportarse coherentemente cos ditos respecto e valoración.
EDUCACIÓN MORAL E CÍVICA
Valora-las achegas propias e alleas no traballo en equipo, mostrando
unha actitude flexible e de colaboración, asumindo responsabilidades
no desenvolvemento das tarefas.
Valoración da necesidade de información e formación previas ó
establecemento da opinión.
EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES DE AMBOS
SEXOS
Uso dunha linguaxe non discriminatoria,
Medidas de acción positiva, necesarias para introduci-la dimensión
de igualdade.
EDUCACIÓN AMBIENTAL
Importancia e transcendencia que para a Humanidade e en
consecuencia, para a Biosfera teñen tódolos aspectos que inciden
sobre o medio.
Numerosas achegas da psicopedagoxía sobre os procesos de
aprendizaxe e o desenvolvemento das persoas, que establecen a
necesidade de propiciar desde a escola unha relación positiva e
harmónica co medio.
EDUCACIÓN PARA A SAÚDE
Na infancia, a adolescencia e a primeira xuventude, é cando se
modelan os hábitos de vida, saudables ou daniños. Iso fai da ESO un
período formativo especialmente interesante para potencia-los estilos
de vida saudables.
EDUCACIÓN VIAL
A Educación vial configúrase no currículo como unha transversal con
dous compoñentes que son complementarios:A Educación Vial
"sensu estrito" que poderiamos denominar con propiedade
Educación para a seguridade vial e A Educación Vial como parcela
da educación cidadá.
EDUCACIÓN DO CONSUMIDOR
Coñece-los procesos de produción mantemento e distribución de
bens de consumo.
Desenvolverse intelixentemente en situacións adquisitivas.
Recoñece-las vantaxes de asociarse para defende-los propios
dereitos
15. SISTEMA PARA A ACREDITACIÓN DE COÑECEMENTOS PREVIOS
Non se contempla nesta etapa educativa
16. PROCEDEMENTO PARA AVALIAR A PROGRAMACIÓN
Reunións de departamento, nas que se analizará o grao de
cumprimento da programación, así como diversos cambios propostos
para adaptarse ás necesidades educativos do alumnado.
Memoria de final de curso, ode se reflexará o exposto da
programación anual, cambios na mesma ou defectos á hora de por
en práctica o acordado na mesma.
17. CONSTANCIA DE INFORMACIÓN AO ALUMNADO
Nos primeiros días de clase, o profesor informará das características
académicas da materia impartida neste nivel académico.
Igualmente, informará a secuenciación temporal da materia ao longo
do curso.
Informará do tipo de material a usar (libro de texto oficial, fotocopias,
boletíns de problemas, resumes do tema, calculadora, material para
escribir,...), onde se impartirán as clases (aula e laboratorio).
Explicar o sistema de avaliación.
Finalmente, indicar ao alumnado a dispoñibilidade da programación
didáctica para a súa consulta. Dita dispoñibilidade pode ser de dúas
formas:
o Por escrito. Para elo, o departamento posuirá unha copia por
escrito da programación didáctica.
o Por arquivo electrónico. Para elo, o centro dispón dunha páxina
web dende a que se pode descargar a programación didáctica,
aportada polo seminario, para a súa consulta.