Boletín abril 2011

2
Club de lectura Mareira @s nos@s lector@s veñen de descubrir Los Mundos de Coraline (Neil Gaiman) e agora comezarán con Que Desfeita!, un conxunto de historias curtas e divertidas coas que aprenderán a ver as cousas máis cotiás doutra maneira. De seguro que conocedes xa o seu autor Paul Jennings por Vaiche Boa! Ademais as lectoras infatigables do clube reconméndanvos tamén a triloxía de Suzanne Collins Los Juegos del Hambre. Xadrez En febreiro disputáronse as semifinais do V Torneo de Xadrez. Logo, os dous gañadores xogaron unha intensa final de tres partidas en marzo. A clasificación final foi a seguinte: 1º Premio : Josiño Herves 2º Premio : Amir Franco 3º Premio : Antonio Mariño Todos eles recibiron un diploma e un agasallo dacordo co seu posto. Parabéns aos tres! E grazas a todos os demais por participar! Sabiades que desde a vosa casa podedes consultar todos os fondos que temos na biblioteca? Cando necesitedes consultar se hai un libro dispoñible na nosa ou en calquera biblioteca do Grove, só tedes que entrar nesta páxina: www.opacmeiga.rbgalicia.org Xa na páxina introducides a provincia, concello, buscades en centros de ensino e aparecerá a do IES As Bizocas!!! podedes atopar todas as novidades relacionadas coa nosa biblioteca e buscar os títulos ou autores que precisedes. CATÁLOGO DA BIBLIOTECA BOLETÍN Nº2 CURSO 2010/11

Transcript of Boletín abril 2011

Page 1: Boletín abril 2011

Club de lectura Mareira @s nos@s lector@s veñen de descubrir Los Mundos de Coraline (Neil Gaiman) e agora comezarán con Que Desfeita!, un conxunto de historias curtas e divertidas coas que aprenderán a ver as cousas máis cotiás doutra maneira. De seguro que conocedes xa o seu autor Paul Jennings por Vaiche Boa!

Ademais as lectoras infatigables do clube reconméndanvos tamén a triloxía de Suzanne Collins Los Juegos del Hambre.

Xadrez En febreiro disputáronse as semifinais do V Torneo de Xadrez. Logo, os dous gañadores xogaron unha intensa final de tres partidas en marzo.

A clasificación final foi a seguinte:1º Premio : Josiño Herves2º Premio : Amir Franco3º Premio : Antonio MariñoTodos eles recibiron un diploma e un agasallo dacordo co seu posto.

Parabéns aos tres! E grazas a todos os demais por participar!

Sabiades que desde a vosa casa podedes consultar todos os fondos que temos na biblioteca?

Cando necesitedes consultar se hai un libro dispoñible na nosa ou en calquera biblioteca do Grove, só tedes que entrar nesta páxina:

www.opacmeiga.rbgalicia.org

Xa na páxina introducides a provincia, concello, buscades en centros de ensino e aparecerá a do IES As Bizocas!!!

Aí podedes atopar todas as novidades relacionadas coa nosa biblioteca e buscar os títulos ou autores que precisedes.

CATÁLOGO DA BIBLIOTECA

BOLETÍN Nº2CURSO

2010/11

Page 2: Boletín abril 2011

O GROVE

No mes de marzo celebráronse os 100 anos do Día da Muller Traballadora. Ademais das lecturas relacionadas co tema que tivestes expostas na Biblioteca, aquí vos vai outra proposta:

O Diario Violeta de CarlotaGemma LienasMoit@s xa coñecedes o Diario Azul e o Vermello, agora está a piques de chegar o terceiro. Poñede as gafas violetas de Carlota e descubriredes con ela as inxustizas e discriminacións ás que aínda está sometido o mundo da muller.

E en abril...

Los amores lunáticosLorenzo SilvaUn adolescente pasa de odiar todo o que teña que ver co romanticismo a namorarse platonicamente dunha rapaza e dunha profesora ao mesmo tempo!

Asasinato dun seareiroEnrique SánchezE para amantes do fútbol e da intriga... un asasinato mesturado cos prexuízos en torno aos seguidores do Celta e do Depor.

El curioso incidente del perro a medianocheMark HaddonTenra e divertida historia dun rapaz con síndrome de Asperger que atopa o can da súa veciña na rúa atravesado por unha forca. Decídese a investigar o incidente enfrontándose a moitos dos seus temores.

3L 4S3S1N4T0 D3L PROF3SOR D3 M4T3M4T1C4SJordi Sierra i FabraDescifra enigmas, adiviñas e problemas a contrarreloxo para averiguar como morreu o profesor de matemáticas. E recordade, como di o autor, que 2 e 2 poden ser 4 ou 22.

Pingueiras e TarteirasTeresa González CostaXa temos na biblioteca máis exemplares da obra da nosa veciña. Despois de A Filla do Ladrón de Bicicletas, animádesvos coas súas obras teatrais?

Desde xaneiro tedes na biblioteca novos filmes dispoñibles para o préstamo! Para rir, chorar e aprender...

Neste ano o Día das Letras Galegas homenaxea a Lois Pereiro (1958-1996), poeta monfortino que chegou a ser un símbolo cultural dos anos oitenta.

Gran parte da súa creatividade ficou reflectida en revistas coma Loia ou Luzes de Galiza, e mesmo nas letras das cancións da banda punk do seu irmán, Radio Océano. Pereiro tan só puido publicar en vida dous poemarios dada a súa prematura morte mais tamén ao escaso interese das editoriais. Así case todos os honores á súa obra chegaron a título póstumo.

Na nosa biblioteca temos algúns exemplares da súa obra, achegádevos a coñecela!

LETRAS GALEGAS 2011

AcrósticoSomentes intentaba conseguirdeixar na terraalgo de min que me sobrevivise[...]

DVD

23 DÍA DO

LIBRO