Boletín do Ceesg · lles cobre a cota 2017 de forma unificada en xaneiro, terán 15€ de desconto...
Transcript of Boletín do Ceesg · lles cobre a cota 2017 de forma unificada en xaneiro, terán 15€ de desconto...
Rúa Lisboa, 20 - baixo
15707 Santiago de Compostela A Coruña
T 981552206 | F 981938274
[email protected] www.ceeesg.org
A profesión que sentes, o colexio que queremos
Boletín do Ceesg
Nº99 - xaneiro 2016
Tema do mes
Resulta verdadeiramente difícil reflexionar sobre a situación social, complexa e diversa, que estamos a vivir.
Penso que a primeira reflexión que deberiamos facer é entender a situación actual como unha situación global, na
que estamos implicadas todas as sociedades e non, como dende moitos axentes nos están a convencer, como un
problema doutros países en guerra ou doutras persoas que viven en situación de risco polo feito de ser
conflitivas.
Neste sentido, parece que só saltan as alarmas, cando o
conflito sucede dentro das nosas fronteiras europeas; a pesar de que o conflito e as guerras nas que Europa e
EE.UU. son corresponsables levan anos causando danos ás diferentes poboacións. Parece que é molesto para a nosa
situación acomodada, ter que acoller a un “número importante” de persoas refuxiadas nas nosas fronteiras
europeas, a pesar de que dende a Unión Europea levamos séculos colonizando, invadindo e controlando ao resto das
poboacións civís, a través das nosas políticas internacionais e das nosas accións armadas e bélicas.
Parece que só nos afectan “as nosas ou os nosos mortos”, cando diariamente asasinan, “en nome da paz”, a centos
de persoas nos denominados países non desenvolvidos. Este é un asunto complexo no que todos os gobernos e
todas as sociedades estamos implicadas.
Por un lado, os gobernos deben comezar cumprindo coa
lexislación vixente e cos acordos, convenios e protocolos firmados nas diferentes convencións en relación aos temas
das migracións, asilo e refuxio. Deben deseñar e propoñer políticas nacionais, por exemplo, nas que non se destinen
orzamentos a compra e venta de armamento e políticas internacionais nas que todos os países teñan a mesma
presenza, poidan tomarse decisións en igualdade de condicións e as súas verbas teñan o mesmo valor que as
demais verbas.
Por outro lado, a cidadanía, sobre todo as sociedades de
acollida, temos que ser capaces de acender os nosos mecanismos de coñecemento, educación e aprendizaxe
das diferentes culturas e de empatía e sororidade coas persoas refuxiadas e migrantes. Como un acto de
responsabilidade civil e de crecemento persoal e sociocomunitario, no que abandonemos o noso
etnocentrismo e comecemos a construír unha sociedade multicultural e intercultural, que por suposto, traerá
moitos máis beneficios para todas e todos.
Neste contexto, as educadoras e os educadores sociais
xogamos un papel imprescindible. Vémonos na necesidade de coñecer máis profundamente as circunstancias e orixe
da situación deste colectivo de persoas para poder ter un posicionamento e dar, se se chega a dar o caso, unha
resposta acaída, comprometida e que respecte a dignidade do dereito a vivir nun territorio libre de conflitos.
Vémonos na necesidade de comezar a cuestionar as nosas miradas, as nosas propostas e os nosos modelos de
intervención, como miramos as e os refuxiados, que necesidades vemos, onde focalizamos os problemas, que
modelo de integración propoñemos, como traballamos
coa sociedade de acollida,... son algunhas das cuestións sobre as que debemos reflexionar entre os equipos
multidisciplinares que traballamos no eido dos servizos sociais, educativos, sanitarios e culturais.
Por avanzar algo neste camiño, o ano pasado, o Ceesg comeza a participar nas Mesas de traballo sobre a crise
humanitaria en Siria xunto a outras entidades do Concello de Santiago de Compostela.
Ademais, algunhas persoas de Xunta de goberno, realizamos un curso de formación sobre persoas
refuxiadas, que resultou fundamental para coñecer a xeografía dos conflitos, os países próximos que son
principais acolledores así como os que non aceptan persoas refuxiadas, o procedemento da solicitude de
asilo, a lexislación aplicable e os organismos encargados, os diferentes tipos de modus vivendi das persoas
refuxiadas, así como o labor das persoas voluntarias neste ámbito.
Nestes momentos, a iniciativa dalgúns concellos galegos de declararse Cidades Refuxio, abre novas oportunidades
ao Ceesg para comezar a:
Desenvolver accións concretas cara a sensibilización
da cidadanía autóctona.
Deseñar programas de intervención sociocomunitaria, como proposta para enviar ás denominadas Cidades
Refuxio de Galicia.
Revisar os modos operandi e os recursos humanos
dos servizos públicos de proximidade á cidadanía (basicamente nos ámbitos de saúde, servizos sociais e
educación).
Crear un listado de educadoras/es sociais voluntarias/
os para a participación do programa de
acompañamento a persoas e familias refuxiadas para o coñecemento da contorna e a participación nos seus
sistemas de protección: servizos sociais, educación, sanidade, e/ou outras entidades do Terceiro Sector.
A intervención a realizar debe basearse nun modelo de integración entendido como un proceso de participación
social, un proceso de equiparación de dereitos e un proceso bilateral de acomodación mutua.
Benvidas á nosa/vosa terra! U-las persoas refuxiadas?
Natalia Domínguez Galán
Colexiada nº 0398
Vogal do Ceesg
Belén Piñeiro Álvarez
Colexiada nº 3286
Vogal do Ceesg
Eva López Soto
Colexiada nº 0924
Vogal do Ceesg
cgcees
Traballando polo recoñecemento profesional...
O pasado 18 de xaneiro o presidente do CGCEES,
Xavier Puig, e Lourdes Menacho, como secretaria
de CoPESA e do Comité Organizador do VII
Congreso Estatal de Educación Social mantiveron
unha reunión con Violeta Miguel Pérez, Directora
do Centro Nacional de Innovación e Investigación
Educativa.
Cabe sinalar dous elementos destacados desta
xuntanza: por unha banda, o acordo de colaboración
do Ministerio de Educación e Deporte co VII
Congreso Estatal, a través da súa participación
nunha das mesas que se articularan durante o
evento; concretamente, na Mesa nº8 “Educación
Social nas organización e sistema educativo”.
Igualmente, tamén hai que sinalar, pola súa
relevancia, o inicio dos trámites para a sinatura dun
convenio estatal entre o Ministerio de Educación e
o CGCEES que regule a colaboración entre ambas
entidades e promocione a profesión da Educación
Social no Sistema Educativo.
Ademais, na páxina web do VII Congreso Estatal de
Educación Social podedes atopar unha entrevista
realizada a Xavier Puig, con motivo da cita que
temos en Sevilla o vindeiro mes de abril; publicada
no boletín nº2 que leva por título
«Congresuando...». Nesta publicación podemos
coñecer as opinións e pareceres relacionadas coa
celebración deste evento profesional.
Por outra band,a a Vicepresidenta do CGCEES, Ma-
richu Calvo de Mora e o Presidente do CESCLM,
Francisco J. Peces, reuníronse coa Unidade de Inter-
vención Educativa da Dirección Xeral de Tráfico e
no encontro acordouse establecer un acordo de
colaboración.
Tamén en xaneiro tivo lugar unha reunión entre o
conselleiro da Presidencia de Cantabria, Rafael de la
Sierra, co presidente honorífico do CGCEES, Alber-
to Fernández de Sanmamed, na que se confirmou
que están iniciados os trámites da administración
para que Cantabria conte próximas datas cun cole-
xio profesional de Educación Social.
(Foto
: Jos
é Ca
via)
Reunión co Ministerio de Educación e Deporte
actualidade
15º Aniversario do Ceesg
Identidade corporativa conmemorativa.
Posiblemente xa vistes o logotipo que estamos
a usar ao longo deste ano:
Boletín do Ceesg nº 100. Moi pronto pode-
redes ver o boletín especial no que estamos a
traballar, pois este foi e segue sendo un dos
principais medios de comunicación entre o
colexio e as persoas que formades parte del,
para amosar en qué estamos a traballar, e para
servir tamén de canle para as persoas colexia-
das que teñen algo que dicir.
Participación das Colexiadas/os de Hon-
ra. Queremos facelas/os partícipes do noso
aniversario, para o que lles solicitaremos que
escriban algo que publicaremos ao longo do
ano.
Proxecto fotográfico Con qué soñabas
aos 15? Queremos dar a coñecer as historias
de vida de educadoras e educadores sociais a través da imaxinación, facendo a pregunta con
que soñabas aos 15 anos? e comparando unha
foto con 15 anos cunha foto actual feita por
unha fotógrafa profesional. Moi pronto teredes
máis información sobre esta iniciativa.
Campaña de colexiación 15-15-15. O 15-
15-15 é un abono mineral que se lle bota á te-
rra para satisfacer as necesidades nutritivas das
prantas. Usamos este xogo de palabras para unha campaña a través da cal nutrir a colexia-
ción na nosa profesión, con de tres iniciativas
diferentes: as persoas que leven 15 anos cole-
xiadas poderán pagar unha cota semestral nes-
te 2016 de só 15€; as persoas que se colexien
este ano poderán ter un desconto de 15€ na
cota de alta, e as persoas que soliciten que se
lles cobre a cota 2017 de forma unificada en
xaneiro, terán 15€ de desconto (aplicable á
cota anual de 2017, que se cobraría en xaneiro
de 2017). Para calquera destes casos, hai que
facer a solicitude ao Ceesg. Máis información
Este ano 2016 é o 15º aniversario do noso colexio profesional. É un momento que non queremos deixar
que pase desapercibido, e ímolo visibilizar con diferentes iniciativas ao longo do ano:
Manifesto da Plataforma Feminista de Galicia
Mulleres organizadas en grupos de acción feminista
en Pontevedra, Vigo, Ourense, Coruña, Lugo,
Compostela e Ferrol, xunto con mulleres diversas
que fan parte do feminismo galego estamos aquí en
repulsa do asasinato machista de Caridade Pérez
Calderón, de 79 anos, natural de Narón, o pasado
29 de decembro.
Estamos aquí presentes, coma en tantas outras vilas
e cidades do Estado para recordar a cada persoa, a
cada institución, a cada partido político e a cada
goberno para que non sexa cómplice desta barbarie.
Porque a loita contra esta lacra é responsabilidade
de todas e todos, porque denunciaremos de forma
contundente os patróns machistas que cousifican e
denigran a unha parte da sociedade, as mulleres.
Porque diremos aquí e onde faga falta que NON
morreron, FORON ASASINADAS.
Este oitavo crime fai que no caso de Galicia o ano
2016 acumule o maior número de asasinatos
machistas dende que se conta con datos oficiais. Nos
17 anos que se levan recollido datos foron
asasinadas por mor da violencia machista 1.048
mulleres, delas 58 galegas.
Nesta concentración queremos alertar sobre un
grave problema que necesita de compromiso e
contundencia de todas e de todos, se de verdade
queremos que sexa erradicado. De todos e de todas
e a todos os niveis, porque en moitos casos este
regueiro de sangue foi invisibilizado polos poderes
públicos, pola Xustiza, e mesmo por algúns medios
de comunicación.
Denunciamos a violación sistemática do noso
dereito fundamental á vida e á dignidade humana
recollidas na Declaración dos Dereitos Humanos e
insistimos nas seguintes esixencias:
Que a loita contra o terrorismo machista sexa
unha cuestión de estado.
Que se desenvolva e implemente o Convenio de
Istambul e o cumprimento das recomendacións
da CEDAW, e se reforme a lei 1/2004 para que
estean reflectidas todas as formas de violencia
contra as mulleres.
Que toda a sociedade e as súas organizacións e
institucións se comprometan nesta loita.
Que a loita e os recursos inclúan tanto a violencia
que exerce a parella ou ex parella como as
agresións sexuais, o acoso sexual no ámbito
laboral, a trata con fins de explotación sexual/
laboral de mulleres e nenas, e todas as violencias
machistas.
Que todas as instancias de goberno
comprométanse realmente na prevención e
erradicación das violencias machistas, así como na
asistencia e reparación de todas as mulleres en
situación de violencia, independentemente da
situación administrativa en que se atopen as
mulleres.
Que o acento se poña na protección das
afectadas, facilitando diferentes saídas que
impliquen unha verdadeira recuperación vital,
económica e social delas así como dos seus fillos e
fillas.
Que a prevención sexa unha política prioritaria,
que inclúa un sistema coeducativo en todos os
ciclos, a formación específica para todo o persoal
profesional que intervén nos procesos, os medios
de comunicación, a produción cultural e a
sociedade civil na loita contra as violencias
machistas.
Que os medios de comunicación comprométanse
a facer un tratamento adecuado das diferentes
violencias machistas, visibilizándoas, evitando o
sensacionalismo morboso no seu tratamento e
utilizando unha linguaxe e unhas imaxes non
sexistas.
Por último, esiximos a eliminación da custodia
compartida imposta e o réxime de visitas aos
menores dos maltratadores condenados. Así
mesmo, a retirada e a non cesión da patria
potestade aos maltratadores.
Porque as nosas vidas non teñen o mesmo peso, a
mesma importancia, nin a mesma resposta ca
doutros tipos de terrorismo; porque non hai
comparecencias pola vía da urxencia cando nos
asasinan, tan só minutos de silencio institucional;
porque estamos fartas, ante o seu silencio o
noso ruído!!!
ANTE O SEU SILENCIO, O NOSO RUÍDO!!!
Lido o día 15 de xaneiro en Pontevedra, diante da Audiencia de Xustiza de Pontevedra. en repulsa do asesi-
nato machista de Caridad Pérez Calderón.
OPOSICIÓNS… e iso?
O emprego público é unha vía máis de inserción laboral das educadoras e educadores sociais, tanto a nivel
local como autonómico.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria anunciou á volta de Nadal que se convocarían prazas
para o corpo de ensino de Primaria, Secundaria e Formación Profesional. Á espera da convocatoria definitiva
– previsión de que saia en marzo ou abril – anunciáronse as seguintes prazas:
FONTE: http://www.ccooensino.net/ensenanzagalicia/
As educadoras e educadores sociais temos a
oportunidade de presentarnos tanto á especialidade
de corpo de profesorado de ensino secundario
como de Formación Profesional. A única diferenza é
que o corpo de profesorado de ensino secundario
esixe unha titulación universitaria de grado superior
mentres a titulación necesaria para acceder ao
corpo de profesorado en Formación Profesional é
unha titulación universitaria de grado medio. Isto
leva consigo tamén distinta categoría profesional, A1
e A2 respectivamente. En calquera dos casos, para
as persoas tituladas en Educación Social, é requisito
indispensable a realización do Mestrado de
Profesorado ou titulación equivalente anterior ao
01/10/2009.
En canto ás especialidades, as educadoras e
educadores sociais podemos presentarnos a:
Formación e Orientación Laboral (FOL)
Intervención sociocomunitaria
Servizos á comunidade
Sen embargo, non é moi doado nin frecuente atopar
academias onde nos poidan axudar a preparar as
nosas especialidades, sobre todo, Intervención
sociocomunitaria e Servizos á comunidade; e moito
menos, axudar a dar resposta ás numerosas dúbidas
que nos xorden.
Por iso, dende o Colexio de Educadoras e
Educadores Sociais de Galicia, sabedoras destas
dificultades e do interese xerado en moitas persoas
colexiadas, poñemos en marcha un grupo de
colaboración na preparación das oposicións nas
especialidades de Intervención sociocomunitaria e
Servizos á comunidade. Algunhas actividades que se
poderían organizar a través deste grupo son:
Consello e apoio para o tempo de estudo e
realización da programación.
Realización de simulacros de defensa de
programación.
Consello e orientación de persoas que xa
foron a oposicións.
Colaboración da asesoría xurídica do Ceesg.
Posibilidade de sesión teórica sobre
programación e casos prácticas dunha
preparadora.
Colaboración e orientación de educadoras e
educadores sociais que estean exercendo
como profesorado na FP.
Sesión explicativa sobre funcionamento da
Formación Profesional: réximes, especialidades
e familias, categorías laborais…
Para todo isto, o Ceesg ofrece as súas instalacións
sitas no barrio de Fontiñas (Santiago) e o foro da
páxina web.
Se estás interesada ou interesado en formar parte do
grupo, escribe a [email protected].
Segue a xira de Fiadeiras para presentar o libro de Machismos
PRÓXIMAS PRESENTACIÓNS:
VIGO:
Mércores, 10 de febreiro, no CENTRO DE DO-CUMENTACIÓN E RECURSOS FEMINISTAS
(biblioteca Juan Compañel) ás 19,00 horas.
PONTEVEDRA:
Venres, 26 de febreiro, na libraría PAZ, ás
20,00 horas.
formación
Para máis información, consultar a páxina web do congreso:
www.congresoeducacionsocial.org
IV Congreso Internacional. A fenda dixital: TIC, NEAE, inclusión
e equidade
A través do IV Congreso a Fenda Dixital,
preténdese crear un espazo de encontro
internacional co fin de xerar debate sobre o
estado actual das Tecnoloxías da Información e a
Comunicación (TIC) nos diferentes contextos
educativos. Especificamente o obxectivo principal
do Congreso é analizar as posibilidades que as
TIC poden ofrecer para contribuír ao
desenvolvemento de procesos de inclusión
educativa, á abordaxe das necesidades educativas
especiais e a facilitar ou promover a igualdade.
O Congreso da Fenda Dixital constitúe tamén un
contexto de intercambio sobre experiencias no
terreo e de proxectos de investigación
innovadores, favorece o feedback e a reflexión
entre docentes, educadores-as sociais, pedagogos
-as, asistentes sociais, psicólogos-as, e outros-as
participantes, coa finalidade de analizar
criticamente o papel que as TIC teñen
desempeñado no ámbito académico e nos
contextos sociocomunitarios. Así mesmo,
préstase unha atención especial neste Congreso
a coñecer aquelas experiencias nas que as TIC
están a desenvolver un papel fundamental na
integración da diversidade de colectivos sociais.
Na web do congreso está toda a información
sobre programa, inscricións, taxas, etc.
Hai unha opción de taxa de matrícula
reducida por inscrición anticipada
(ata o 10 de marzo)
Xira internacional de infancia e pobreza: Congreso in-
ternacional e interuniversitario contra a pobreza infan-
til no mundo.
Xaneiro
Formación en masaxe infantil. Primeiro trimestre
Aulas xurídicas. Primeiro trimestre
Formación (trans)sexualidade e infancia. Primeiro trimestre
Peritaxe. Segundo trimestre e
terceiro trimestre
IV Congreso internacional: A Fenda Dixital: TIC, NEAE,
inclusión e equidade. Santiago, 7, 8 e 9 de abril
VII Congreso Estatal de Educación Social
(colaboración) Sevilla, 21,22 e 23 de abril
Intervención da educación social no servizo de educa-
ción e apoio familiar.
Segundo trimestre e
terceiro trimestre
IV Xornadas Educación e Violencia de xénero. Segundo trimestre
Formación “Son de fiar”. Terceiro trimestre
Congreso Internacional de Xerontoloxía e Xeriatría
(colaboración) Lugo, 22 e 23 de abril
XVIII Xornadas sobre Xerontoloxía e Educación So-
cial. Terceiro trimestre
II Xornada de Educación Ambiental e Desenvolvemen-
to Comunitario. Terceiro trimestre
Plan de Formación do Ceesg 2016
bloguES
Fernando Fantova Consultor Social
fantova.net
@FantovaFernando
Emerxencia humanitaria e sistema de benestar
Nestes tempos de emerxencia social global a
conciencia cidadá debe contribuír ao
compromiso institucional e social na resposta
eficaz ás persoas que buscan asilo. Sen embargo,
sería un erro pensar que ditas solución podan
ser espontáneas ou coxunturais. En momentos
coma estes é precisamente cando debemos
tomar máis conciencia da importancia dos
sistemas públicos de benestar para a
constitución de sociedades integradas e
sostibles, de comunidades políticas capaces de
facer fronte de forma eficaz, solidaria e
humanitaria, tamén e especialmente, ao novos
riscos sociais no proceso de globalización.
Os nosos sistemas e políticas públicas de
benestar dannos unha armazón imprescindible
como sociedade para sentirnos capaces de
garantir a sostenibilidade da vida das persoas
que chegan a refuxiarse nun determinado país,
do mesmo xeito que deben garantir os dereitos
sociais para o conxunto de persoas residentes
en cada comunidade. Fronte a visións
irresponsables que desprezan o papel dos
poderes e administracións públicas, os novos
riscos sociais, tanto locais coma globais, obrigan
a reforzar o imprescindible rol estratéxico do
Estado como xestor da complexidade.
Neste contexto, débese poñer de manifesto
tanto a crueldade como a inutilidade dos
discursos e extratexias baseadas en poñer
obstáculos ás persoas, pensando que o benestar
dun determinado grupo humano debe ser
defendido da pretendida ameada de outras
persoas, que queren –lexitimamente- disfrutalo
tamén. A visión debe ser a contraria. A
sostibilidade social será global ou non será.
Neste mundo que compartimos, o futuro é das
sociedades capaces de acoller e integrar a quen
chega a elas e de cooperar e posicionarse no
ámbito internacional.
Debemos redobrar, polo tanto, a aposta por
seguir construido e universalizando o sistema de
benestar. Un sistema de benestar que organiza
respostas eficientes e garante dereitos universais
nos grandes ámbitos nos que se estruturan as
necesidades humanas (sanidade, vivenda, empre-
go, servizos sociais, educación ou garantía de
ingresos para a subsistencia) e que é compatible
e sinérxico con outras formas e vías de expre-
sión e organización da responsabilidade indivi-
dual e colectiva coa sostenibilidade da vida que
compartimos neste mundo común.
(Escrito para berigada.org)
Publicado en fantova.net en decembro de 2015
Para ler E reflexionar...
Obras que podes atopar na biblioteca do Ceesg
Que fas ti pola educación social?
Dende antes de coñecer o concepto de
EDUCACIÓN SOCIAL, xa cría nela e xa (da miña
maneira) empezara a facer os meus pinitos, xa que
sempre que entraba alguén novo no cole ía saúdalo
e intentaba integralo no grupo de clase. Xa na
adolescencia na miña época de voluntariado
comecei a tratar coa realidade de rapaces
provenientes de centros de menores que facían o
seu lecer na asociación xuvenil onde eu
colaboraba, á vez que me formaba como animador/
monitor. Este feito sumado ao ter unha tía con
Síndrome de Down foron quizais as sementes de
querer converterme en Educador Social.
Tamén quizais por iso os meus ámbitos preferidos
á hora de intervir sempre foron a Discapacidade e os Menores. Para min ambos ámbitos pertencen a
colectivos onde o teu traballo dá o seus froitos
vendo anos máis tarde a mocidade que foron dos
teus nenos e saber que lles vai ben (en parte pola
túa intervención) ou ver os progresos de persoas
con discapacidade que varias persoas non
confiaban en que fose posible.
Dende outubro comecei traballar nunha casa de
familia/piso de menores tutelados, aceptei traballar
nunha categoría inferior… posto que para min a
miña profesión é algo vocacional e creo que se
deben aproveitar as oportunidades e ir collendo
experiencia para logo poder progresar. O
traballo non é doado nin sinxelo pero é certo
que é moi gratificante.
Respecto ao Ceesg, comecei a colaborar na
organización do Encontro Lusogalaico, xa que
unha das miñas críticas sempre fora que non se
facía nada polo sur. A raíz disto convidáronme a
formar parte da candidatura para a Xunta de
Goberno e aí estamos traballando en equipa
dende a área de Acción Profesional. Estou moi
contento e agradecido polo convite e moi a gusto
coas miñas compañeiras. Dende entón,
educadora que vexo pola rúa ou incluso de festa
de noite, convídoa a que nos coñeza e que se
colexie porque sendo máis seremos máis fortes.
E por último unha nova… moi recentemente
decidín sumarme a Escaravellando co fin de
poder compartir xuntos dende o ámbito de
Infancia e Adolescencia; espero poder aportar e
aprender moito con elas/es.
Daniel Alves Rivera
Educador Social
Auxiliar educativo - coidador
Colexiado nº 3979
En todas as Mans. (Documental dirixido por Diana Toucedo). 2015. Trespés.
A épica dunha vontade, a loita por mellorar os territorios que
habitamos. Dous territorios, Galiza e Portugal, e unha realidade, os
montes veciñais ou baldíos. En todas as mans é unha ollada a esas
terras e aos seus habitantes na procura dun horizonte, que os territorios
que están nas súas mans sexan creadores de riquezas económicas,
ambientais e sociais para os seus pobos. O documentario crúzase no seu
camiño para indagar nunha realidade tan próxima coma descoñecida.
Unha realidade milenaria, única, que debe afrontar, tamén, un futuro.
Actuacións
Reunión coa Deputación de Pontevedra.
Recibiunos a Deputada de Igualdade, dona Isaura
Abelairas. Presentamos o colexio e a publicación
sobre machismos, e falamos de posibles
colaboracións.
Achegas ao documento borrador da EGIA
2016 - 2020. A través do grupo de traballo en
infancia e adolescencia, Escaravellando, fixemos
achegas de mellora ao documento borrador da
Estratexia Galega para a Infancia e Adolescencia
2016-2020.
Defensa profesional. Diriximos un escrito a
Acción contra el Hambre e outro a Fomento
Profesional, en relación a sendos postos de traballo
que non consideran a nosa profesión.
Asistencia ao Premio Pérez Lugín. Estivemos
no acto conmemorativo deste premio convocado
pola Asociación da Prensa de A Coruña.
Servizo xurídico do Ceesg. Dispoñible
para que as persoas colexiadas reciban
asesoramento xurídico sobre calquera
cuestión. A atención facilítase na sede do
Ceesg, cada primeiro martes e cada
terceiro mércores de mes, en horario de
tarde, de 17:00 a 19:00.
Mesa de traballo sobre a realidade das
persoas sen teito. Asistimos á mesa de traballo
coordinada dende a Concellería de Políticas Sociais
de Santiago de Compostela.
Reunións de traballo. Xunta de Goberno, e os
grupos de traballo A Eira do Ceesg e aBeira
mantiveron reunións para avanzar a organización das
accións previstas para o ano 2016. Tamén a
comisión responsable do documentario mantivo
unha xuntanza coa empresa responsable da súa
edición, para ir pechando o traballo realizado e
avanzar na fase final deste proxecto.
Reunión da Plataforma feminista de Galicia.
O día 23 de xaneiro sentamos as bases do que será
a plataforma, a súa legalización, estrutura e
funcionamento.
I Xornada sobre Diversidade sexual dende a
educación. Dentro das actividades programadas na
Semana da Educación 2016 organizada pola Faculta-
de de Ciencias da Educación da Universidade de
Santiago, Ultreia LGTBI e Arelas, asociación de fami-
lias de menores trans, asistimos á esta xornada que
levou por lema “Unha oportunidade para trans*formar
a sociedade”. Concentración en repulsa do asasinato
machista. En Pontevedra, convocada pola
Plataforma Feminista de Galicia, polo asasinato
machista de Caridade Pérez Calderón.
Asemblea Xeral. O encontro máis importante do ano para o Ceesg,
onde se expuxeron as memorias de actuacións e económica do ano 2015,
e se debateron e aprobaron os plans de traballo e orzamentos para 2016.
Ademais, fíxose unha presentación do Consello Xeral de Colexios de
Educadoras/es Sociais e sorteouse unha matrícula gratuíta entre as persoas
colexiadas que acudiron.
Xira galega «Machismos: de
micro nada». Coa chegada do
2016, as Fiadeiras continuaron a
rolda de presentacións da obra
pola xeografía galega. Nesta
ocasión, fixeron parada na Librería
Biblos (Lugo), Facultade de CC.
Da Educación (Universidade de
Santiago) e o Liceo de Ourense.
Reunión coa Sociedade Galega de
Xerontoloxía e Xeriatría. Reunímonos coa vogal
da área social, para ver posibilidades de colaboración
entre ambas entidades.
Listas de peritos. Envío a xulgados e tribunais de
Galicia da listaxe de educadoras/es sociais dispostas
a actuar como peritos durante o 2016.
Asistencia á presentación de P Estudio.
Presentación en sociedade unha asociación xornalís-
tica de estudos e comunicación que colle o relevo
dunha investigación sobre o sistema de protección
de menores en Galicia.
Formador/a Igualdade de Oportunidades. Galicia.
Axente dinamización. Pobra de Trives.
Especialista en Coeducación. A Coruña.
Profesor/a de reforzo educativo. Santiago.
Técnico/a unidade de apoio. Galicia.
Orientador/a laboral. A Coruña.
Orientador/a laboral. Santiago de Compostela.
Especialista en coeducación. A Coruña.
Profesor/a de educación de adultas. Teo.
Animador/a cultural. Aranga.
Técnico/a de xuventude. Santiago.
Dinamizador/a de CIM. O Grove
Monitor/a de prevención de violencia de xénero.
A Coruña.
Estas son as ofertas de emprego publicadas na web do Ceesg. Para ver a información completa e actualizada sobre
ofertas de emprego, recorda revisar frecuentemente a web do Ceesg: http://ceesg.org/servizos/emprego/bolsa-
emprego-do-ceesg .
Novas Dos boletíns
EMPrEgO
AXUDAS E SUBVENCIÓNS Consellería de Economía, Emprego e Industria:
Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través
dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de
lucro, dirixidos a mellorar a empregabilidade e a inserción
profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Siste-
ma nacional de garantía xuvenil. DOG 21/01/16
Subvencións para a posta en práctica de programas integra-
dos de emprego de Galicia durante os anos 2016 e 2017.
DOG 22/01/16
Subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación
temporal de persoas en situación ou risco de exclusión so-
cial perceptoras da renda de integración social de Galicia
(Risga). DOG 22/01/16
Axudas e subvencións para os obradoiros de emprego den-
tro dos programas mixtos de emprego e formación da Co-
munidade Autónoma de Galicia. DOG 25/01/16
Subvencións para o fomento do emprego a través dos pro-
gramas mixtos de emprego e formación de Galicia dirixidos
a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción
profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Siste-
ma nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade
Autónoma de Galicia. DOG 25/01/16
Programa de incentivos á contratación das persoas mozas
inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil. DOG
25/01/16
Programa de promoción da integración laboral das persoas
con discapacidade na empresa ordinaria e Programa de em-
prego con apoio, como medida de fomento do emprego de
persoas con discapacidade no mercado ordinario de traba-
llo. DOG 26/01/16
Subvencións para a contratación de persoal técnico para a
realización de actividades de información, orientación e
prospección de emprego. DOG 26/01/16
Consellería de Economía, Emprego e Industria:
Axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación
indefinida de persoas asalariadas. DOG 26/01/16
Subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das
entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autóno-
mas, das entidades asociativas de centros especiais de empre-
go e das entidades asociativas de empresas de inserción labo-
ral. DOG 27/01/16
Axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora
da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades
locais. DOG 28/01/16
Consellería de Política Social:
Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos
menores de tres anos. DOG 27/01/16
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria:
Axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universita-
rios, no curso académico 2015/16, nas universidades do Siste-
ma universitario de Galicia, que por causas sobrevidas e im-
previstas teña dificultades económicas para continuar os estu-
dos. DOG 29/01/16
OUTROS Consellería de Economía, Emprego e Industria:
Recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a
través da experiencia laboral en determinadas unidades de
competencia do Catálogo nacional de competencias
profesionais. DOG 08/01/16 e 11/01/16
Contratación do servizo, por lotes, para a impartición de
accións formativas nos centros de formación profesional para
o emprego. DOG 19/01/16
Formación
Sesión clínica con Valentín Escudero Organiza: Loft Psicólogos
Data: 13 de febreiro de 2016
Prezo: 25€ Colexiadas/os e Amigas/os do Ceesg
Máis información: [email protected]