Boltetín exercicios. t1. a materia,masa,volume e densidade

7
Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios. 1.Introduce no espazo en branco a palabra correcta: caixa, emocións, espazo, música, materia, materiais, vista, volume. Todas as cousas que ocupan un lugar no___________ son__________ . Podemos meter nun saco, nunha________ ou nun frasco cousas__________ . As cousas non materiais, como a_________ , as__________ , etc. non podemos gardalas nun frasco ou unha caixa. Hai algunhas cousas materiais que non podemos ver a simple_________ , como por exemplo o aire ou o gas butano. Todo o que é material ocupa un espazo, e a cantidade de espazo que ocupa é o que chamamos __________________. 2. Cáles destas cousas son materia?. Aire e nubes Roupa dentro das maletas Avión Agasallos nunha maleta Alegrarse por realizar unha viaxe as Illas Cíes Bebida que serviron no avión Saber pilotar un avión Medo a viaxar en avión Comida que serviron no avión Recordar mentalmente unha viaxe en avión 3. O aire é materia?? 4. Todas as cousas materiais son visibles? 5. Pensa en anacos de xiz branco de distintos tamaños e responde: a) ¿Depende a cor dos anacos do seu tamaño? ¿Crees que todos pesarán o mesmo? b) ¿Son todos os anacos da mesma cor? c) ¿A cor é unha propiedade intensiva ou extensiva? d) ¿Qué; é unha propiedade intensiva? e) ¿Qué; é unha propiedade extensiva? f) ¿Qué; propiedades do xiz branco son intensivas? g) ¿Qué; propiedades do xiz branco son extensivas?

Transcript of Boltetín exercicios. t1. a materia,masa,volume e densidade

Page 1: Boltetín exercicios. t1. a materia,masa,volume e densidade

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios.

1.Introduce no espazo en branco a palabra correcta: caixa, emocións, espazo, música, materia,

materiais, vista, volume.

Todas as cousas que ocupan un lugar no___________ son__________ . Podemos meter nun saco,

nunha________ ou nun frasco cousas__________ . As cousas non materiais, como a_________ ,

as__________ , etc. non podemos gardalas nun frasco ou unha caixa.

Hai algunhas cousas materiais que non podemos ver a simple_________ , como por exemplo o aire ou o

gas butano.

Todo o que é material ocupa un espazo, e a cantidade de espazo que ocupa é o que chamamos

__________________.

2. Cáles destas cousas son materia?.

Aire e nubes

Roupa dentro das maletas

Avión

Agasallos nunha maleta

Alegrarse por realizar unha viaxe as Illas Cíes

Bebida que serviron no avión

Saber pilotar un avión

Medo a viaxar en avión

Comida que serviron no avión

Recordar mentalmente unha viaxe en avión

3. O aire é materia??

4. Todas as cousas materiais son visibles?

5. Pensa en anacos de xiz branco de distintos tamaños e responde:

a) ¿Depende a cor dos anacos do seu tamaño? ¿Crees que todos pesarán o mesmo?

b) ¿Son todos os anacos da mesma cor?

c) ¿A cor é unha propiedade intensiva ou extensiva?

d) ¿Qué; é unha propiedade intensiva?

e) ¿Qué; é unha propiedade extensiva?

f) ¿Qué; propiedades do xiz branco son intensivas?

g) ¿Qué; propiedades do xiz branco son extensivas?

Page 2: Boltetín exercicios. t1. a materia,masa,volume e densidade

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios.

h) ¿O volume é unha propiedade intensiva ou extensiva?

6. Compreta cas seguintes palabras:

Fixamos, forma, intensivas, materiais, propiedades, recoñecer, tamaño

Podemos distinguir uns________ doutros se nos_________ nas súas propiedades .

Sabemos_____________ qué; é o aceiro, a madeira, o xiz e outros materiais grazas a que os

seus_________________ intensivas son sempre as mesmas, sexa cal sexa o_____________ ou

a________________ do anaco.

7. Dous obxectos feitos de madeira, dependen a cor e o brillo do tamaño que teñan?

8. Engade as palabras nos ocos:

comparar instrumento magnitude magnitudes medida número de veces patrón

Medir é ________algo cun modelo ou __________ establecido para descubrir o________ que o

contén.

Utilizando o___________ axeitado e un patrón de_________ establecido, podemos

medir___________ como a temperatura, a lonxitude, o tempo, etc.

_________ é todo aquilo que pode ser medido.

A masa dos corpos

A unidade principal para medir masas é o gramo.

Existen outras unidades para medir cantidades maiores e menores, as máis usuais son:

quilogramo kg 1000 g

hectogramo hg 100 g

decagramo dag 10 g

gramo g 1 g

decigramo dg 0.1 g

centígramo cg 0.01 g

miligramo mg 0.001 g

Se queremos pasar dunha unidade a outra temos que multiplicar (se é dunha unidade maior a

outra menor) ou dividir (se é dunha unidade menor a outra maior) pola unidade seguida de

tantos ceros como lugares haxa entre elas.

Pasar 50 kg a dg.

Temos que multiplicar, porque o quilogramo é maior que o decigramo; pola unidade seguida

de catro ceros, xa que hai catro lugares entre ambos os dous.

50 kg · 10 000 =500 000 dm

Pasar 408 mg a dg

Temos que dividir, porque o miligramo é menor que o decigramo, pola unidade seguida de

dous ceros, xa que hai dous lugares entre ambos os dous.

408 : 100 =4.08 dm

Exemplos

Page 3: Boltetín exercicios. t1. a materia,masa,volume e densidade

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios.

Expresa en gramos:

5 kg 5 hm 7 dag 5 000 gr +500 gr +70 gr =5 570 gr

3 gr 2 cg 3 mg 3 gr +0.02 gr +0.003 gr =3.023 gr

25.56 dag +526.9 dm 255.6 gr +52.69 gr =308.29 gr

53 600 mg +9 830 cg 53.6 g +98.3 gr =151.9 gr

1.83 hg +9.7 dag +3 700 cg 183 gr +97 gr +37 gr =317 gr

Outras unidades de masa

Tonelada métrica

Utilízase para medir masas moi grandes.

1 t =1000 kg

O volumen dos corpos

A medida fundamental para medir volumes é o metro cúbico.

Outras unidades de volumes son:

quilómetro cúbico km3 1 000 000 000 m

3

hectómetro cúbico hm3 1 000 000m

3

decámetro cúbico dam3 1 000 m

3

metro cúbico m3 1 m

3

decímetro cúbico dm3 0.001 m

3

centímetro cúbico cm3 0.000001 m

3

milímetro cúbico mm3 0.000000001 m

3

Observamos que dende os submúltiplos, na parte inferior, ata os múltiplos, na parte superior,

cada unidade vale 1000 máis que a anterior.

Polo tanto, o problema de converter unhas unidades noutras redúcese a multiplicar ou dividir

pola unidade seguida de tantos tríos de ceros como lugares haxa entre elas.

Exercicios:

Pasar 1.36 Hm3 a m

3

Temos que multiplicar, porque o Hm3 é maior que o m

3; pola unidade seguida de seis ceros,

xa que hai dous lugares entre ambos os dous.

1.36 · 1 000 000 = 1 360 000 m3

Pasar 15 000 mm3 a cm

3

Temos que dividir, porque o mm3 é menor que o cm

3, pola unidade seguida de tres ceros, xa

que hai un lugar entre ambos os dous.

15 000 : 1000 =15 cm3

Exemplos

Page 4: Boltetín exercicios. t1. a materia,masa,volume e densidade

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios.

Relación entre unidades de capacidade, volume e masa

Existe unha relación moi directa entre o volume e capacidade. 1 l é a capacidade que contén un

recipiente cúbico de 1 dm de aresta; é dicir, a capacidade contida nun volume de 1 dm3.

Tamén existe unha relación entre o volume e a masa de auga. 1 gr equivale a 1

centímetro cúbico de auga pura a 4 °C.

Exemplos

Expresa en litros:

23.2 m3 =23 200 dm

3 =13 200 l

0.07 m3 = =70 dm

3 =70 l

5.2 dm3 = =5.2 l

8 800 cm3 =8.8 dm

3 =8.8 l

Exercicios de masa. Converte as seguintes unidades:

5 kg cg 3t kg

4,3 cg kg 3t hg

9000mg g 450g cg

9000000mg kg 90 kg g

10 dag cg 3,7 kg g

3,7 Kg hg 5356’7 kg t

Exercicios de volumen: Converte as seguintes unidades:

1m3 cm3 1000mm3 dam3

1m3 dam3 5,963Km3 m3

1m3 hm3 5dm3 l

5,93cm3 mm3 3,9m3 l

0’07dam3 m3 5L cm3

Capacidade Volume Masa de auga)

1 kl 1 m³ 1 t

1 l 1 dm3 1 kg

1 ml 1 centímetro cúbico

1 g

Page 5: Boltetín exercicios. t1. a materia,masa,volume e densidade

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios.

1000mm3 m3 1ml cm3

Lectura e Exercicios de densidade:

(Sacado de visionlearning.com o 3-10-2010 e traducido por Xacobo de Toro:

http://www.visionlearning.com/library/module_viewer.php?mid=37&l=s# )

Aló polo 250 a.C (máis ou menos), o matemático grego Arquímedes recibiu a tarefa de

determinar se un artesán defraudara o Rei de Siracusa cando cambiou unha medida de ouro na

coroa do Rei por unha de prata (sospeitando que deste xeito o orfebre se quedaba con parte do

ouro). Arquímedes reflexionou sobre o problema mentres se relaxaba nunha piscina. Aí deuse

conta que a auga se esparexía aos lados da piscina. Arquímedes

tivo unha epifanía (unha relevación). Deuse conta que a

cantidade de auga que se esparexía era igual en volume que o

espazo que o seu corpo ocupaba na mesma. De súpeto! este feito

deulle o método para diferenciar unha coroa de ouro e prata

dunha coroa de ouro puro. Xa que a medida da prata ocupa máis

espazo que o equivalente da medida de ouro, Arquímedes puxo

a coroa do artesán e outra coroa equivalente de ouro puro en

dous cubos de auga. Encontrou que se esparexía máis auga do

cubo cando a coroa do artesán estaba dentro. Resulta que o

artesán estivera a defraudar o Rei. A lenda di que Arquímedes

estaba tan entusiasmado co seu descubrimento que correu nu

polas rúas de Grecia berrando Eureka! Eureka! (A palabra grega

que significa “Atopeino”).

Arquímedes usara o concepto de densidade para expoñer esta

fraude. A densidade é unha propiedade física da materia que describe o grao de compactidade

dunha substancia. A densidade describe en que medida están unidos os átomos dun elemento ou

as moléculas dun composto. Mentres máis unidas están as partículas individuais dunha

substancia, máis densa é a substancia. Posto que as diferentes substancias teñen densidades

diferentes, as medidas da densidade son unha vía útil para identificar as substancias.

Por exemplo, como distinguir unha tonelada de plumas dunha tonelada de ladrillos se non

puideran ser vistas?

Unha tonelada de plumas ou ladrillos teñen unha masa idéntica de 1,000 Kg (unha tonelada ).

Non obstante, unha tonelada de plumas ocupa un volúmen de case 400,000, 000 millóns cm3

(máis ou menos o tamaño de 4 tractores), mentres que unha tonelada de ladrillos ocupa só

500,000 cm3 (máis ou menos o tamaño dunha televisión grande das vellas). Os ladrillos son máis

densos que as plumas porque a súa masa está contida nun volume máis pequeno. Esta relación

entre masa e volúmen dunha substancia é o que define a propiedade física da densidade.

Vexamos un exemplo. Un ladrillo típico ten unha masa de 2,268 g e ocupa un volume de 1,230

cm3. A densidade do ladrillo é por tanto:

2,268 g/1,230 cm3 =1.84 g/cm

3

Mire a táboa aquí mostrada para ver exemplos das densidades de substancias comúns.

Densidade dealgunhas Substancias Comúns

Substancia Densidade (g/cm3)

Aire 0.0013

Plumas 0.0025

Page 6: Boltetín exercicios. t1. a materia,masa,volume e densidade

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios.

Madeira (Carballo) 0.6 - 0.9

Xeo 0.92

Auga 1.00

Ladrillos 1.84

Aluminio 2.70

Aceiro 7.80

Prata 10.50

Ouro 19.30

1.Densidade defínese como (suliña a correcta):

A B C D E F

d=m/v b)d= v/m D= m.v D D D=v.m

2. Atopa a densidade dos seguintes obxectos e ordeáos de maior a menor densidade

Obxecto: A B C D

m 5 g 1000g 8’5 g 10 g

v 20 cm3 10 cm3 2,25 cm3 10 cm3

3.a) Un cubo de aluminio de 225 cm3 ten una masa de 8.775 kg. ¿Cál é a densidade do aluminio?

Exprésao tamén en kg/m3 . b) Cál é a densidade dun obxecto de 5 cm3 e 500 g de masa?. C) e doutro

que ten de masa 7 kg e 5 cm3?. D) Cal de todos eles ten maior densidade?.

4.A maioría dos grandes barcos se constrúen con aceiro, pese ao cal flotan no mar. ¿Cómo pensas que

isto é posible?

5. Busca no libro cal é a densidade do aceite e da auga. Cando cociñas pasta na casa e engades aceite na

auga, que é o que acontece? Flota ou vaise ó fondo?. A qué pensas que se pode deber isto?

6. Completa a seguinte táboa, alí onde falten os valores correspondentes:

Densidade en kg/m3 Masa en kg Volume en m

3

1200 5

2.5 0.005

0.136

Page 7: Boltetín exercicios. t1. a materia,masa,volume e densidade

Ciencias da Natureza 1º ESO. Profesor Xacobo de Toro. CPI Conde de Fenosa 2010/11 Tema 1. Definición e propiedades da materia. Boletín de exercicios.

1.Calcula a densidade dun obxecto que ten unha masa de 650 kg e ocupa un volume de 25 m3.

2. Se un obxecto ten un volume de 105 m3 e unha masa de 2100 kg, que densidade ten? Sol =20 kg/ m3.

3. Calcula a densidade dunha materia que ten unha masa de 13450 gramos se ocupa un volume de 32

m3. Sol =0,42 kg/ m3.

4. Dado un obxecto cun volume de 3510 litros e unha masa de 12000 kg, descobre a súa densidade. Sol

=3418,80 kg/ m3.

5. Se un obxecto ten unha masa de 230 toneladas e ocupa un volume de 154030000 litros, cal é a súa

densidade? Sol =1,49 kg/ m3.

6. Que masa terá unha substancia que ten unha densidade de 53,2 kg/m3 se ocupa un volume de 35 m3?

Sol =1862 kg

7. Calcula a masa dunha substancia se ten un volume de 350 litros e unha densidade de 1,22 kg/ m3. Sol

=0,427 kg

8. Calcula a masa dunha substancia se a súa densidade é de 320 kg/ m3 e ocupa un volume de 0,023

Hm3. Sol =7360000 kg

9. Calcula o volume dunha materia que ten unha masa de 25000 kg e unha densidade de 20,2 kg/m3. Sol

=1237,62 m3.

10. Se un obxecto ten unha densidade de 320 kg/m3 e unha masa de 10 toneladas, Que volume ten? Sol

=31,25 m3.

Sol =20 kg/ m3.