BRINQUI E A CLASE DE PRIMEIRO A · 2020. 6. 18. · BRINQUI E A CLASE DE PRIMEIRO A Había unha vez...

1
BRINQUI E A CLASE DE PRIMEIRO A Había unha vez un saltarín na biblioteca do colexio Gregorio Sanz, nun lugar chamado Ribadeo. Un día decidiu saír da biblioteca para coñecer o mundo exterior. O día elexido sería o venres pola noite porque non estaban os nenos. Eses que tanto ruído facían todos os días! Como o colexio era moi grande non encontrou a saída e perdeuse polo cole. Era de noite e como estaba canso durmiuse. Soñou cunha araña xigante e peluda. Entón espertou. Fora un pesadelo! Quería voltar á biblioteca, estar cos libros, cos seus contos, cos debuxos… pero non sabía volver. Os nenos e nenas de 1ºA chegaron ao cole o luns pola mañá e viron aquel saltarín moi triste. Chamáronno Brinqui. Collérono, levárono á biblioteca e fixéronse amigos. Dende aquel día Brinqui está moi feliz porque os seus amigos de 1 ºA subían tódolos recreos á biblioteca e xuntos foron aos mundos máxicos das lecturas. Nenos e nenas de 1ºA

Transcript of BRINQUI E A CLASE DE PRIMEIRO A · 2020. 6. 18. · BRINQUI E A CLASE DE PRIMEIRO A Había unha vez...

Page 1: BRINQUI E A CLASE DE PRIMEIRO A · 2020. 6. 18. · BRINQUI E A CLASE DE PRIMEIRO A Había unha vez un saltarín na biblioteca do colexio Gregorio Sanz, nun lugar chamado Ribadeo.

BRINQUI E A CLASE DE PRIMEIRO A

Había unha vez un saltarín na biblioteca do colexio Gregorio Sanz, nun lugar chamado Ribadeo. Un día decidiu saír da biblioteca para coñecer o mundo exterior. O día elexido sería o venres pola noite porque non estaban os nenos. Eses que tanto ruído facían todos os días!

Como o colexio era moi grande non encontrou a saída e perdeuse polo cole. Era de noite e como estaba canso durmiuse.

Soñou cunha araña xigante e peluda. Entón espertou. Fora un pesadelo!

Quería voltar á biblioteca, estar cos libros, cos seus contos, cos debuxos… pero non sabía volver.

Os nenos e nenas de 1ºA chegaron ao cole o luns pola mañá e viron aquel saltarín moi triste. Chamáronno Brinqui.

Collérono, levárono á biblioteca e fixéronse amigos. Dende aquel día

Brinqui está moi feliz porque os seus amigos de 1ºA subían tódolos recreos á biblioteca e xuntos foron aos mundos máxicos das lecturas.

Nenos e nenas de 1ºA