Buzón rebelde número 17 nadal definitivo

4
Parece ser que todo o mundo o sabía, menos a dirección de Correos: O Voto por Correo aumentou un 14,5% en relación pasadas datas electorais. Recapitulemos A día 10/12 (xoves) a xunta electoral tivo que dar unha prórroga a Correos para aumentar en 24 hrs o prazo de solicitude dos votos por correo. Ese día foi de un grande caos nas oficinas, xuntándose as persoas que querían enviar paquetería con as que querían solicitar os votos, creando largas colas e bastante malestar... (continúa en páxina 2) A dirección pon, unha vez máis, a Correos ao borde do ridículo pola súa incompetencia, improvisación e racanería. 17 ÓRGANO DE DIFUSIÓN DA CGT CORREOS –A CORUÑA Problemas no voto por Correo 2 Moción no concello da Coruña 3 Renunciamos a fondos de fomación 4 Breves 4 CONTIDO: APROBADA NA CORUÑA MOCIÓN EN DEFENSA DO REPARTO POSTAL DIARIO PRESENTADA POLA MAREA ATLÁNTICA COA COLABORACIÓN DE CGT AVALADA POR MÁIS DE 160 SINATURAS DO PERSOAL DA CIDADE RESPALDADA POR TODOS OS PARTIDOS (Marea Atlántica, BNG, PSOE e PP) O ANO PASADO FORON MÁIS DE 500000 PAQUETES TIRADOS NO CTI DE BARAJAS ESTE ANO O CAOS E O DESCONTROL DO VOTO POR CORREO UNHA VEZ MÁIS A IMAXE DE CORREOS POLO CHAN POLA INCOMPENTECIA DA DIRECCIÓN. Impartidas xa máis de 2000 prazas para os cursos de Productos, Atención ao cliente Oficina e Acollida e Procesos para todo o mundo, afiliad@ ou non, con titores voluntari@s e recursos propios. DESDE A CGT QUEREMOS DESEXARVOS UNHAS MOI BOAS FESTAS!!!!

Transcript of Buzón rebelde número 17 nadal definitivo

Page 1: Buzón rebelde número 17 nadal definitivo

Parece ser que todo o mundo o sabía, menos

a dirección de Correos: O Voto por Correo

aumentou un 14,5% en relación pasadas

datas electorais.

Recapitulemos

A día 10/12 (xoves) a xunta electoral tivo que

dar unha prórroga a Correos para aumentar

en 24 hrs o prazo de solicitude dos votos por

correo. Ese día foi de un grande caos nas

oficinas, xuntándose as persoas que querían

enviar paquetería con as que querían solicitar

os votos, creando largas colas e bastante

malestar... (continúa en páxina 2)

A dirección pon, unha vez máis, a Correos ao borde do ridículo

pola súa incompetencia, improvisación e racanería.

17 Ó R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A

Problemas no voto

por Correo

2

Moción no concello

da Coruña

3

Renunciamos a

fondos de fomación

4

Breves 4

CONTIDO:

APROBADA NA CORUÑA MOCIÓN EN DEFENSA DO REPARTO POSTAL DIARIO

PRESENTADA POLA MAREA ATLÁNTICA COA COLABORACIÓN DE CGT

AVALADA POR MÁIS DE 160 SINATURAS DO PERSOAL DA CIDADE

RESPALDADA POR TODOS OS PARTIDOS (Marea Atlántica, BNG, PSOE e PP)

O ANO PASADO FORON MÁIS DE 500000

PAQUETES TIRADOS NO CTI DE BARAJAS

ESTE ANO O CAOS E O DESCONTROL DO VOTO

POR CORREO

UNHA VEZ MÁIS A IMAXE DE CORREOS POLO

CHAN POLA INCOMPENTECIA DA DIRECCIÓN.

Impartidas xa máis de 2000 prazas para os cursos de Productos, Atención ao cliente Oficina e

Acollida e Procesos para todo o mundo, afiliad@ ou non, con titores voluntari@s e recursos propios.

DESDE A CGT QUEREMOS

DESEXARVOS UNHAS

MOI BOAS FESTAS!!!!

Page 2: Buzón rebelde número 17 nadal definitivo

(Ven da páxina 1) Xa nese día 10

saíron varias notas de prensa en

diferentes medios alertando do

que nos viña derriba, se non se

contrataba máis xente e se

reforzaba o servizo.

A resposta da dirección a estes

avisos non se fixo esperar:

ANULANDO O SÁBADO EXTRA

PREVISO PARA O DÍA 12/12.

Incrible pero certo.

No luns día a 14 tivemos unha

xuntanza coa xefatura. Nesa

xuntanza (á que non viñeron

CCOO, nen S.L , ¿será que

“pasan”, ou que estaban xa de

vacacións?) dinnos que non

autorizaron o sábado en Madrid,

a pesar de telo solicitado, que,

segundo Madrid, “todo está ben”

e que non haberá problema en

sacar todo o voto por correo

“facendo só un aviso, para

axilizar a entrega”.

A par te d e a l e r tar desa

irregularidade á xunta electoral

provincial, desde a CGT

advertimos que isto ía servir só

para colapsar as oficinas… (tal

como pasou) por que, ao recibir

os votos avisados nas oficinas, o

único que consegues é que as

persoas que queren votar teñan

que pasar por ela tres veces:

unha para o solicitar, outra pola

documentación e a terceira e

definitiva para poder votar.

Ese luns 14, seguinte ao reparto

anulado do sábado, foi de un

caos terrible: votos por todas

partes que se xuntaron coa

correspondencia electoral,

descontrol…

Ao chegar o mércores (último día

para que as persoas foran a

votar) aínda eran moitos os votos

nas unidades de reparto.

O día 15 foi de un grande apuro

nas oficinas, colas que chegaron

a unha hora en varios lugares e,

unha vez máis, moito malestar

entre as persoas que querían

votar, e que vían que o prazo

expiraba.

Unha vez máis Correos tivo que

rogar á xunta electoral outra

prórroga até o venres 17 ás

14:00, concedida non sen

advertir antes “A tal efecto

Correos deberá extremar la

diligencia para asegurar que los sobres

con el voto se depositen en plazo en las

respectivas mesas electorales el día de

la votación" .

O venres votaron ás últimas persoas sen

ter a certeza plena de que os seus votos

chegarían a tempo ás mesas electorais,

coa impresión da chapuza total, da falta

de previsión e unha vez máis a imaxe de

Correos danada gravemente diante

dunha sociedade que non entende que a

directiva sexa a última en se enterar de

que, loxicamente, se aumentan as

solicitudes aumentaran na semana

seguinte os envíos de documentación

para votar na mesma proporción!!

P Á X IN A 2

Na foto, colas para votar o día 15, previamente ao

novo prazo que nos tivo que dar a Xunta Electoral,

ás 21:30 na oficina dos Rosais, na Coruña

A solución tería sido

dar o sábado extra e

reforzar o reparto

pola tarde para levar

os votos ás casas!

Cadena Ser e a Voz de Galicia 10/12

USES REFORZADAS CON MEDIAS XORNADAS, DOBLANDO TURNOS DE UN XEITO IMPROVISADO E CAÓTICO

O SÁBADO EXTRA ANULADO NO ÚLTIMO SUSPIRO SEN DAR NINGUNHA EXPLICACIÓN

O PERSOAL REPARTINDO AS CARTAS ELECTORAIS FORA DO HORARIO SEN COBERTURA NENGUNHA

AS OFICINAS COLAPSADAS DE PERSOAS DESCONTENTAS CO SERVIZO E O PERSOAL AO 200%

A XUNTA ELECTORAL CONCEDENDO 3 PRÓRROGAS A CORREOS CON ADVERTENCIAS INCLUÍDAS

E TODO NAS ELECCIÓNS ONDE O ESTADO MÁIS LLE PAGOU A CORREOS 48.000.000 DE EUROS!!!!!

¿¿¿A ONDE FORON ESES CARTOS????

Page 3: Buzón rebelde número 17 nadal definitivo

N ÚM E RO 1 7 , N A D A L 2 0 1 5

A proposta da moción partiu

directamente do alcalde, Xulio

Ferreiro e do concelleiro de traballo

Alverte Lema, unha vez escoitadas as

inquedanzas de 15 persoas de todas

as unidades de reparto da nosa

cidade, tamén da USE e de atención

ao cliente.

Desde o sindicato tamén entregamos

copia dos máis de 1000 partes de

pendentes de reparto que se recolleron

na UR1 da Coruña (como exemplo do que

está a acontecer en toda a cidade) no

último ano e medio, que demostran a

necesidade de dotar ao servizo de máis

persoal, sobre todo ante os recargos.

Asimesmo foron entregadas copias das

denuncias elevadas desde CGT Correos A

Coruña ao Ministerio de Fomento, Á

comisión nacional dos mercados e da

competencia, ao europarlamento, ao Valedor do

Pobo e, finalmente, á Defensora del Pueblo

Estatal, onde se atopa en curso actualmente.

Seguimos defendendo o reparto diario en todas

partes,a máxima calidade no servizo, e o

mantemento dos postos de traballo

P Á X IN A 3

A proposta de Marea

Atlántica, coa

colaboración da CGT e o

respaldo de 160

traballadores/as da

cidade da Coruña foi

aprobada por Marea,

BNG, PSOE e PP

Na imaxe inferior,

traballadrores/as

asistindo ao pleno.

Xuntanza previa do persoal co alcalde,

Xulio Ferreiro

O concello da Coruña instará á empresa pública Correos SAE a manter o persoal necesario

para cumprir con todo rigor as súas obrigas de reparto diario da correspondencia, nas condicións

que fixa a lei, en todos os domicilios da nosa cidade de luns a venres, en condicións de igualdade

e sen discriminar ningunha zona.

O concello da Coruña vixiará o cumprimento da prestación do servizo postal universal

colaborando activamente co persoal de Correos SAE abrindo as canles de comunicación

necesaria.

O noso concello solicitará á Sociedade Estatal de Correos y Telégrafos SAE, á Comisión

Nacional do sector Postal e ao Ministerio de Fomento que Correos amplíe a plantilla estrutural

que ten asignada á nosa cidade tanto en reparto como en atención ao cliente.

Recpercusión na prensa

Aquí, o texto íntegro: http://www.slideshare.net/cgtcorreos/mocin-apoio-servizo-correos-polo-concello-da-corua

Page 4: Buzón rebelde número 17 nadal definitivo

Desde CGT Correos facemos pública

a RENUNCIA OFICIAL AOS FONDOS

DE FORMACIÓN que presentamos á

empresa e solicitamos a devolución

do seu importe á masa salarial. Ou, o

que é o mesmo, ao peto de todos e

todas as traballadoras de Correos, de

onde nunca debía de saír.

4 000 000 euros desviados nos

últimos nos do salario do persoal de

Correos ás arcas dos grandes

sindicatos-academia

Desde CGT loitamos para que a

formación sexa impartida pola propia

empresa, evitando así un negocio

pouco ético por parte dalgunhas

OOSS e buscando que a formación

sexa realmente universal e non

discriminatoria.

A CGT seguirá a dar a formación homologada gratuíta, mentres a empresa non o

faga, para todo o mundo, cos nosos propios recursos, para non discrimar a nin-

guén nin empregar o diñeiro dos nosos salarios para o utilizar sindicalmente.

Non sexas @ ultim@ en enterarte!

Séguenos no noso facebook

Cgtcorreosacorunha ou

Xa impartidas 2000 prazas dos cursos “Acogida y Procesos”, “Productos” e “Atención ao cliente en Oficina”!

Gratis, para todo o mundo, sen estar afiliadx e por rigoroso orde de inscripción.

No ano 2016 teremos 8 días de AP,

serán eliminados no próximo convenio?

As eleccións sindicais na Coruña

serán o 21 de Xaneiro, tamén se

aprazan as de Valencia,

Navarra, Ávila, La Rioja, e outras

están pendentes de xuízo...

Traslado ao primeiro andar da dirección do edificio principal da Coruña. ¿Subastara-se

finalmente o edificio como se escoita rumorear?

¿¿Seguiremos no 2016 coa

chapuza das mochilas??