caderno cader- de críticas no - larousse.es · tiva, humor e lirismo que é a súa novela curta...

12
A morte de A. de Anxo Angueira XERAIS «De A morte de A. quédome co forte lirismo que impregna cada páxina, co diálogo intertextual que se establece coa nosa mellor tradición literaria e mais coas labaradas agridoces dun amor non correspondido que acaba por derrotalo todo. Porque hai amores que matan.» Armando Requeixo, Tempos caderno de críticas

Transcript of caderno cader- de críticas no - larousse.es · tiva, humor e lirismo que é a súa novela curta...

Atuado na brañade Xabier Quiroga

cader-no

«Estamos ante un gran

relato de consumo

que vén confirmar

a emerxencia dunha

literatura nacional,

á altura de calquera

outra.»

FFeerrnnaannddoo CCaarrbbaallllaa,,

AA NNoossaa TTeerrrraa

«Un volume que

cobreguea nas mans

satisfacendo todos

os posibles puntos

de interese (morbo,

intriga, paixón…)

dos lectores.»

XXoosséé MMaannuueell EEnnrrííqquueezz,,

FFaarroo ddee VViiggoo

«Nunha novela na que

a natureza ten tanto

protagonismo, o idioma

ten que ulir, cheirar,

saber, cegar, ten que

poder acariñarse e

mastigarse. E abofé

que isto é o que

acontece aquí.

A lectura destas

páxinas é unha festa

para os sentidos.»

DDoolloorreess VViillaavveeddrraa,,

OO CCoorrrreeoo GGaalleeggoo

A morte de A.de Anxo Angueira

X E R A I S

«De A morte de A. quédome co forte lirismo que impregna cada páxina,

co diálogo intertextual que se establece coa nosa mellor tradición literaria

e mais coas labaradas agridoces dun amor non correspondido que acaba

por derrotalo todo. Porque hai amores que matan.»

AArrmmaannddoo RReeqquueeiixxoo,, TTeemmppooss

cadernode críticas

2 A morte de A.

FRANCISCO MARTÍNEZ BOUZAS, El Correo Gallego, 2 de marzo de 2003

Homenaxe ao folletín por entregasHomenaxe aos mestres da literatura serial cunha novela experimental

sobre a confesión dun asasino. Os tempos axitados da reforma política na Galicia rural son o fondo do relato

Anxo Angueira é sen ningunhadúbida un virtuoso da escrita. Aolongo da súa carreira literaria leva

amosando probas abondas da súa innega-ble natureza artística. Anxo Angueira é unartista da palabra. Son probas o seu poe-mario O valo de Manselle no que recendeen cada verso o pulo comunal; aquel mos-trario de sensacións, sensibilidades, inven-tiva, humor e lirismo que é a súa novelacurta Bágoas de facer illas; e de xeito espe-cial, Pensa nao, a novela gañadora doPremio Xerais de Novela, un verdadeiroinvolucro epopéico e contracanónico navida da aldea en tempo de lobos. Pero oescritor de Manselle é capaz mesmamentede nos facer abalar con libros de viaxes.Como mostra, a súa recente exploracióndos ríos e corredoiras para ver o mundoque no seu día pisou Rosalía (Terra de Iria.Viaxe ó país de Rosalía de Castro).

E de súpeto, un cambio de rexistro.Unha incursión no xénero folletinesco, naliteratura serial. Ese xénero novelístico defondo máis ou menos truculento, destina-do ao gran público e tipicamente francés(toma o nome da voz feuilleton). Unhacaste de literatura que pretende manter ointerese dos lectores co artificio do argu-

mento, coa estratexia editorial da súapublicación diaria dos xornais. Alleas ficanas consideracións estéticas de calqueraclase.

A morte de A. comparte certos trazos daliteratura folletinesca. Ten que ver en efec-to coa novela negra, pero non descansa noeixe temático que acostuma definir o xéne-ro. Tamén aquí hai ‘mortes matadas’ mais ocerne argumental da novela de AnxoAngueira non se alicerza nos esforzos dundetective por esclarecer un feito misterioso,senón no que semella unha incrible confe-sión dun asasino que declara o seu crimepor medio de cartas dirixidas ao directordun xornal. O personaxe relator escribedeitando sangue, o sangue que máis quere,o dunha moza fermosa de «longos cabelosdeitados en ondas, abanqueiro de luz».

Nun tempo aínda próximo, o daReforma Política no que se loitaba polaautodeterminación de Galicia e se turrabada estaca que estaba a punto de caer, desen-cadéase a acción porque un rapaz anónimorouba un poema do bolso desta moza «fres-ca como unha xouba de Rianxo». Son unsversos destinados a unha célula clandestinade mozos que atopan na poesía a arma paraa resistencia. Son días de lixivia e furgone-ta. De medo vestido de verde, o verde daparella da Garda Civil.

A morte de A. 3

O mozo relator rememora a súa vida, oseu traballo nun cuberto familiar elaborandolixivia de forma ilegal. Alí agacha a mozaanónima que fuxía da represión policialdunha manifestación nacionalista o que faique na súa mente se suturen sutilmente ocheiro da vixilia, a clandestinidade e o deve-zo erótico-amoroso provocado por A. Aofinal o gume arrabeado dun coitelo provocao desenlace que a sabenza narrativa do autornos fai presentir desde o comezo.

Pero a novela non describe sen máis amorte desta moza, senón que retrata de xeitomoi convincente un tempo convulso e a pai-saxe dunha Galicia rural pero emerxente, asfacianas caladas dos seus habitantes, os ros-tros dos seus homes e mulleres «pasando car-gados, moitos penzos, nunha procesión infi-nita de ollos e miradas á estraña». E permí-tenos asemade que albisquemos o alborexarluminoso dun amencer de esperanzas fronteó medo dunha infinda noite de terror. E orío. O río do que Anxo Angueira fai unpoema en cada libro. O río familiar, ensu-

mido no verán e alto e imprevisible na maré.E as ondas do alto mar de Corrubedo quetanto soen bruar na súa escrita.

Anxo Angueira estructura a súa novela aoxeito folletinesco, nesas trinta e unha entre-gas que nos mergullan nunha escrita frag-mentaria e experimental que demanda dolector intelixente o esforzo suplementario deencher ocos baleiros. A morte de A. non é lite-ratura serial ao uso, senón unha engaiolantehomenaxe aos mestres do xénero, en especiala Eça de Queirós, ao que Anxo Angueira traecon frecuencia á escena. Homenaxe porque anovela do escritor de Manselle persegue sobretodo a fruición estética por riba de estratexiasou artificios editoriais.

Unha personalísima dialéctica narrativatraspasa todo o periplo narrativo, no quesoamente semella un postizo artificioso axeografía mediterránea na que ocorre odesenlace. E a linguaxe de Anxo Angueira,que recende aos nosos clásicos e amosatamén nestas páxinas todos os bríos e fondu-ras líricas das que é capaz o autor.

4 A morte de A.

Amores que matan

Hai escritores que dende o seu cos-mopolitismo radical fan agromarunha obra salferida de espacios e

latexos universais. Mais tamén hai unsoutros escritores, os que enferran a súa rai-ceira alma no mesmo lugar no que ven aluz primeira. Desta última tribo é AnxoAngueira, fillo de Manselle, fillo de SanXián de Laíño, fillo de Dodro e da terratoda de Iria. Velaí o segredo nutricio quealimenta as páxinas de O valo de Manselle(1996), de Pensa nao (1999), de Terra deIria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (2000)e aínda máis. A mesma seiva que corretamén por A morte de A., (Vigo, Xerais,2003), novela folletín, roman feuilletononde achar trinta e tres entregas epistolaresnas que ir alagando nunha historia de intri-gas e solpores nos convulsos tempos damorte de Franco e arribada da tan devecidaTransición.

Un fotógrafo que, en Malta, fronte ócadáver da súa amada á que acaban de asa-sinar, rememora o tempo da súa mocidadepadronesa a partir das cartas que vaienviando ó director dun xornal para a súapublicación. Así sintetizado, o argumentode A morte de A. pode dar unha imaxeequívoca do que ofrece, pois na trintena deentregas que o libro encerra relátase moitomáis ca nunca unha simple historia de

amor, que tamén. É esta obra un mapa sen-timental, unha viaxe a un tempo de adoles-cencia perdido, lañado de cicatrices litera-rias e político-identitarias. Un tempo derevolución social (morte do Dictador echegada da Democracia) e de revoluciónpersoal (primeiro namoro do protagonistae revelador espertar ó mundo adulto), untempo que hai que relembrar, pois nelficou a semente do presente de noso.

Da habalencia narrativa de Angueiraxorden esas lembranzas literariamenteenfriadas, nas que As crónicas do sochantre ea Escola de menciñeiros cunqueirianas com-parten protagonismo con As comedias bár-baras de Valle, os Xoguetes pra un tempoprohibido casarianos, o Laudamuco, señor deningures do chorado Bolaño, o bailador doretrinqueiro relato de Castelao, os cintileosnas ondas de López Abente, a sombra doaire na herba pimenteliana e os versos lati-nos e franciscanos do Padre Sergio deHerbón, memorias, en fin, de quen foipondalianamente botado do mar deNiñóns, reclamando sempre a celsoemilia-na liberdade para o noso pobo, no recordode Reboiras, da canción libertaria de SusoVaamonde, no ronsel de Terra e Tempo eGalicia en loita, subverténdoo todo en cal-quera Navy Bar manuelantoniano daArousa da Barbanza.

ARMANDO REQUEIXO, Tempos, abril de 2003

A morte de A. 5

Pouco importa que este particular bil-dungsroman –así o cualifica o propio narra-dor– precipite un final un algo forzado demáis, cunha localización exotizante na quecoinciden de modo abondo casual os perso-naxes protagonistas, pois A morte de A. gañao lector pola fluente cadencia dunha narra-ción na que a épica da evocación escoa pin-gotas de tenrura rememorativa, sentimentoa flor de pel, lírica do sentir en estado puro.

O propio narrador desta novela manifesta-ba nun cómplice pinchacarneiro metaliterarioque se cadra a súa historia «poderíase inter-pretar coma un invento barato e doadamenteconvertíbel en material de folletín e mesmo sepodería publicar cegando o costumismosociolóxico de expresión citadina, tan exitoso,con que moitos identifican a nosa literaturamoderna» (p. 46). Como queda dito, son dosque pensan que estes temores son infundados.Aquí hai, si, folletón –como en tantos grandesdo XIX– e mais tamén moito de retrato socio-lóxico dunha época, pero nunca costumismo,nin citadino nin rural.

De A morte de A. quédome co forte liris-mo que impregna cada páxina, co diálogointertextual que se establece coa nosamellor tradición literaria e mais coas labara-das agridoces dun amor non correspondidoque acaba por derrotalo todo. Porque haiamores que matan.

6 A morte de A.

RAMÓN NICOLÁS, febreiro de 2003

Non é a primeira vezque falo en público,e menos que escribo,

sobre a obra de Anxo Angueirae mais con Anxo Angueira.Autor e amigo, quizais nonestea ben dicilo nun acto comaeste, de quen lembro a comúnparticipación no seo do histó-rico suplemento «Galicia lite-raria» do Diario 16 de Galicia,xornal no que velabamos asnosas primeiras armas xornalís-ticas. Por aqueles días, falamosdo comezo dos anos noventa,Angueira era para min uncoñecido polas súas colabora-cións naquel medio e maistamén polo seu poemario Valde Ramirás. Mais nestes casequince anos que van desdeaquela ata hoxe foron varias asfrontes nas que, fóra da docen-cia, Angueira probou fortuna.Velaí o seu amplo labor comoreseñista da literatura galega endiversos xornais e revistas espe-cializadas; vealí, como estudio-so do feito literario, a súa Guíade lectura de Con pólvora e mag-nolias (1992), De Rosalía aDieste, 33 Anos das Letras(1995), a edición de Poesía

enteira de Heriberto Bens(1999) de Xosé Luís MéndezFerrín e mais a antoloxía detextos poéticos galegos, nunhaedición bilingüe traducida aofrancés: La Poésie Galicienne de1936 à 1990 (1999).

Logo, como poeta, tralodevandito Val de Ramirás(1989), chegounos o Libro davertixe (1996), e O valo deManselle (1996), volume, esteúltimo, que parece preanunciar,nesa atmosfera rural recreada,na tonalidade lírico e emotivaque exhibe, na fortísima narrati-vidade, mesmo en moitos dosrecursos lingüísticos emprega-dos, o que anos despois sería asúa penúltima novela polo deagora, Pensa nao (1999), e á queantes se sumou Bágoas de facerillas, Premio Dublín na convo-catoria de 1997, na que unhavoz narradora discorre leviáentre os meandros da ficción,constituída por dous relatos vin-culados entre si que resultan benoperativos para amosar o con-flicto permanente entre a cidadee o campo, os atrancos rastrexa-bles no proceso de adaptaciónaos espacios urbanos e as com-

plexas relacións persoais entreoutros temas.

Estes anos transcorridos,dicía antes, co seu traballo crea-tivo a fondo, situárono, pordereito propio e non teño repa-ro en afirmalo, nun dos lugaresmais salientables no panoramados narradores contemporá-neos, tanto pola singularidadeda súa voz como por asumir,para min, a mellor herdanza danosa tradición literaria.

Parte da obra de Angueira,unha parte ben substancial,soérguese desde os rescoldosaínda fumegantes do cruentoconflicto bélico do ano trinta eseis, exhibindo un exercicio dereapropiación da memoria,unha ollada á historia para nonesquecela…, como ben amosaaquel exercicio de ourive quefoi Pensa nao, onde se transita-ba desde o xénero epistolar aodiálogo, desde a linguaxe para-teatral e lírica ás pasaxes máisnarrativas e descritivas daquelSernanselle, daquela «aldearusa» á beira do río Ulla, lugarelevado xa ao altar dos referen-tes de fonda evocación literaria,erixido como centro dunha

A morA mor tete* Este texto, con algunha modificación, leuse na presentación da nove

A morte de A. 7

e de A.*e de A.*vela realizada na Librería Cervantes de Vigo, o 21 de febreiro de 2003

xeografía física desde a que,nun troupelear continuo, cir-culaba unha xeografía humanaque ía desfiañando os acontece-mentos vividos nunha aldeagalega antes e despois do levan-tamento militar de 1936, peronon só. Unha novela polifónicaque, polos seus recursos narra-tivos, polos diferentes niveis delecturas e memo polo singular eenvexable rexistro literario queamosou, patentizaba de vezcomo encarar un proceso crea-tivo sen descoidar as diferentesposibilidades que a lingua ofre-ce, na pretensión de fuxir daasepia do estándar ao transmi-tir un repertorio só parangona-ble co modelo fornecido polosnosos clásicos, incorporando easimilando, aemade, unha tra-dición vivísima que se remontaa Rosalía e que pasa porPondal, Manuel Antonio,Otero ou Ferrín entre outros.Novela de ilusións e esperanzasfanadas, dos amores e damorte, da emigración e dosvellos oficios.

Neste breve repaso pola súaproducción cómpre engadirque Angueira aínda daría a

coñecer, hai pouco tempo, orelato «O cura de Fruíme» naantoloxía narrativa Materiaprima (2002), onde recupera amemoria ensarillada coa ficción,entremesturando os planosoníricos, líricos e veristas, copano de fondo dos avataresdun sacerdote namorado queexercía en San Martiño deFruíme, Lousame; cura quedevecía pola chegada da súaamante unha noite nos temposposteriores á guerra do 36,cando xa caera Ponte, o guerri-lleiro. Noite na que, porén,recibirá a visita duns fuxidospertencentes, seica, áAgrupación do ExércitoGuerrilleiro da Costa Occi-dental, o que solventaría o rela-to dun xeito sorprendente.

Mais se fun convidado foipara presentar esta A morte de A.e aínda non lles falei dela. Estanovela supuña para min, comapara outros moitos seguidoresda súa narrativa, toda unhaincógnita formulada nos termosde se o autor seguiría tripandoeses camiños da memoria ou seinternaría noutros, e deseme-llantes, vieiros.

E pola memoria, polosámbitos da recordación, conti-núa…, pola reapropiación dunpasado máis próximo agoracomo é o da Reforma Políticados setenta, esfera na que taménse internaron Méndez Ferrín,Xesús Valcárcel ou VicenteAraguas no seu momento.Reactualización que, neste caso,se dispón partindo do argu-mento dun asasino a confesar oseu crime, mentres redactaunha serie de cartas, dirixidasao director dun xornal, diantedo cadáver da súa víctima. A morte de A., sen entrar en tra-mas detectivescas ao uso, for-múlalle ao lector un reto quevai descubrindo aos poucosmentres a tensión argumentalvai in crescendo.

A morte de A., baixo esareferida aparencia de sinxelezaargumental, a través deserecurso ao xenérico epistolar,resolve en dialéctica áxil asdimensións temporais e espa-ciais, e mesmo erixe un contra-punto coa aparición de X. L.,personaxe que desdí a veracida-de das afirmacións do protago-nista, sobriño seu, renegando

☞continúa na páxina seguinte

8 A morte de A.

ao tempo do seu pasado comprometido…Recursos, todos eles, gobernados por unhaintuición nos ámbitos da novela de forma-ción, no famoso bildungsroman, conducidopor unha voz protagonista, outra voltaancorada nun agora que é recordaciónnecesaria e pasado redivido, onde repou-san, estou convencido, as mellores armasdesta proposta.

Hai aquí, así pois, un bosque de maticese irisacións ben desemellantes. En primeirolugar, o fragmentarismo estructural daspouco máis de trinta breves entregas capi-tulares non responde a un exercicio decarácter experimental senón, e tal vez aíresida o saibo clásico do volume, nun exer-cicio de homenaxe ao xénero do folletín, devizosa tradición xornalística e literaria entrenós que afonda as súas raigames en Álvarezde Nóvoa, en Marcial Valladares e mais entodos eses narradores semiesquecidos doséculo XIX, e no que sobresae a pegada deEça de Queiroz. Mais, por outro lado,como apuntei, a novela vai reapropiándosedun pasado, relativamente próximo, que severifica en Compostela e mais nas terras doBarbanza, entrelazándose no seo dun con-flicto sentimental. É aí tamén onde agromaese saibo peculiar marcado pola evocaciónde manifestacións, fuxidas, panfletos, mul-ticopistas ou prensa ilegal clandestina.Sitúense así, neste contexto, as coordinadasdun negocio de lixivia ilegal no que o pro-tagonista traballa, mais os acontecementosvividos no seo dunha célula clandestina e

obterase a panorámica global da novela,todo sen esquecer esa procura recorrentedunha estrofa dun dos poemas da «QuintaFolla de Resistencia Poética»… Follas que,como se sabe, se editaron e distribuíroncomo panfletos clandestinos nestes mes-mos anos aquí evocados. A primeira delas,se cadra a máis coñecida, era a que asinabaHeriberto Bens –«Reclamo a libertade prómeu pobo»–, dedicada a Moncho Reboirase que Méndez Ferrín incluiría ao final deCon pólvora e magnolias. As outras, atasumaren catro, serían recollidas da clandes-tinidade e do esquecemento na trixésimasegunda entrega da revista A Trabe de Ouro.«Follas de Resistencia» en fin, que semellantamén erixirse como unha metáfora dodevalar das nosas letras, da nosa nacióndesde os tempos do Rexurdimento.

E todo isto envolveito, como xa énorma no autor, nunha prosa arrecendentecon pulso propio na que, ademais, haillesmoito de literatura, non en van circulan,máis ou menos libremente, textos e refe-rencias a e de Cunqueiro, Méndez Ferrín,Manuel Antonio e outros.

A., esta moza morta de guedellas doura-das, é quen provoca que o protagonistasucumba durante anos pola atracción queexerce ata o tráxico final, boa proba da soli-dez coa que se traza este e outros persona-xes. A novela obriga que o lector faga seuese ronsel, que se implique na trama, quesucumba tamén ante os engados irresistí-beis desa enigmática A.

☞ vén da páxina anterior

A morte de A. 9

LOIS SANDOVAL, O Correo Galego, 27 de marzo de 2003

Anxo Angueira regresa á novela, trasalgúns anos de silencio, con A mortede A., un auténtico folletín que o

escritor concibiu en vinte entregas para unxornal e que, por esta razón, aparece dividi-do en trinta capítulos, –pequenos capítulos,como correspondería a un xornal– cunhaestructura que –máis ou menos– respecta asregras do xénero, co seu final en tensión. A pesar das regras, en toda esta pequenanovela aparece, unha e outra vez, o Angueiraque coñeciamos de Pensa nao, ese escritor dehabilidade case insuperable en recursos queparecen acaídos ó seu estilo, como un doceperfume o é ós loureiros cando enceta a pri-mavera. Recursos en especial léxicos queconverten a lectura da súa obra nunha aven-tura de recunchos e voluptuosidades, de pai-saxes montañosas e tempestades de ría pro-

funda. Recursos que aparecen en A morte deA. e que nos brindan ós lectores a oportuni-dade de ler unha das prosas máis ricas dopanorama narrativo galego. Hai elementosigual de suxerentes na nova entrega deAngueira, como o achegamento que fai ácrónica dunha determinada xeración –anacida a primeiros dos sesenta– e a recupera-ción da memoria dun tempo –a morte deFranco– desde unha perspectiva ata agorapouco trazada: a do adolescente que comezaa vida e comenta a loita antifranquista comounha especie de telón de fondo á súa peculiarperipecia sentimental. A trama, neste senti-do, pasa a un segundo plano e, tal vez, perdeinterese a medida que avanza a novela, perotodas esas lagoas desaparecen en cantoAngueira se pon a describir as paisaxes, omundo que as envolve, a terra que el pisa.

O regreso de Anxo Angueira

10 A morte de A.

Modernizar o folletínAnxo Angueira presenta A morte de A.

Dicía Almeida Garret, naquelasexquistas Viagens na minha terra,querendo denunciar a literatura

facilona e sensibleira, que para ter bonsuceso cunha novela abondaba botar mandunha ou dúas damas, un pai, dous ou tresfillos de 19 a 30 anos, un criado vello, unmonstro facedor de maldades e algún figu-rante extra. Non estamos no século XIX,pero sempre houbo e haberá formulismos.Sen embargo, detrás do formu-lismo agóchase ás veces algo máis que ooportunista desexo de éxito rápido. En A morte de A. aniña un movemento de reacción contra os excesos posmodernistasque descreron dos valores tradicionais senpospoñer outros novos. Por outro lado, avolta da literatura folletinesca, debe ser con-templada en relación ao seu equivalenteaudiovisual, os seriais, culebróns, novelones(Cuba), soap-opera (EEUU), etc.

A morte de A. é unha novela folletinescaescrita en 31 capítulos de dimensións bre-ves e equiparábeis entre si, coa que AnxoAngueira rende homenaxe a Eça deQueiroz, o grande autor portugués, quentamén botara man do xénero. Trinta e uncapítulos, breves, como trinta e un días hainun mes; de pensarmos que detrás está oPremio de Novela por Entregas convocadopor un coñecido xornal galego, non cabedúbida de que estariamos no bo camiño.

Mais non é unha novela folletinesca típi-ca, canónica á vella usanza, non é un simplediscurso para pasatempo burgués, non sepode dicir dela que retrate unha sociedadeinmobilista na que nunca pasa nada. AnxoAngueira quixo reconducir a estratexia téc-nica folletinesca acondicionándoa paranovos tempos, para o que puxo moito coi-dado en evitar esa grave eiva, que levaría aoxénero á extenuación, mentres concentrabaos esforzos nunha traballada e lograda dosi-ficación da tensión interna, aspecto funda-mental nun discurso que aspira (e logra)crear adicción nun lector que debe ficarintrigado con cada capítulo.

Deste xeito, a misteriosa morte de A., oeixo sobre o que xira a trama, ten ao seucarón outro, de igual ou superior relevan-cia, que é o entramado de relacións que seestablece entre as personaxes, nun momen-to socialmente conflictivo tanto desde opunto de vista social (tempo da morte deFranco) como individual (un rapaz, o pro-tagonista, que deixa a adolescencia para ircoñecendo o mundo dos adultos). Disto,da importancia deste segundo plano,somos especialmente conscientes no rema-te, un remate moi lírico, non moi propiopara un discurso desta factura e cun certosabor a deus ex machina.

Anxo Angueira usou ao narrador prota-gonista para contarnos a historia dun nego-

XOSÉ M. EYRÉ, A Nosa Terra, 13-19 de marzo de 2003

A morte de A. 11

cio familiar de lixivia clandestina, a dunmozo (X. L.) que traballa para pagar osestudos, a dun sobriño de X. L. que ficaprendado de A. (a quen rouba nunha follaun poema e uns números escritos) e que nospon en contacto coa represión e a loita anti-franquista. Mentres, por debaixo, vai tecen-do outra que posibilita unha catarse poéti-ca, lírica, moi humana, diferente da daquelfolletín clásico que, logo da aventura, doanecdótico, só propoñía a aterraxe forzosano convencionalismo social máis tópico.

Neste traballo de adaptación non estándescoidados os valores literarios. Vimos dementar a estudiada dosificación da intriga,imprescindíbel para lograr a amenidade.Non é o único. Quen agarde esas persona-xes prototípicas, de cartón-pedra, que tanmala fama deron ao xénero, atopará que en A morte de A., todas están ben configuradas(inclusive as secundarias), todas evolúen ese agrandan segundo transcorre a acciónrelatada desde a sección das «Cartas aodirector».

O lector atopará tamén unha lingua ricaque arrecende a autenticidade da terra, emoi áxil. Unha elevada variedade de refe-rencias ao mundo literario (Cunqueiro,Castelao, Manuel Antonio, Pimentel…entre outros) ou musical (Chicago,Santana, L. Cohen…), ben integradas naficción novelesca. Quizá en exceso, non hai

que esquecer que quen conta todo non foiprecisamente un estudante avantaxado.Percíbese aquí a voz autorial sobre o narra-dor que, en determinados momentos, nondá fuxido da tentación (aínda que contida)do afán de estilo, mais, en todo caso, paranada inflúe na axilidade da acción e na súatensión interna.

Todo isto move á seguinte reflexión.Naquel contrato social, que dicía FredericJameson (The political unconscious, narrati-ve as a socially symbolic act, Methuen,London, 1981) establecido entre o escritore público lector, nunca, no decorrer históri-co da literatura galega, a parte autorial deutantas mostras de estar capacitada e dispos-ta a entregar traballos acordes co que seagarda atopar nunha colección de discursospara consumo masivo e popular. Lonxequedan os tempos nos que, existindo von-tade de crear un ámbito editorial deste esti-lo, non houbo máis remedio que acomodarforzadamente aí discursos heteroxéneos quemesmo berraban con el. Ao que hai queengadir o proceso de reivindicación que nosúltimos anos se vén dando por parte da crí-tica, nos sistemas literarios máis innovado-res e vangardistas, e tamén entre nós, ondeo traballo que sobre as novelas do oeste fixoSantiago Díaz (Boletín Galego de Literatura,nº 23, 1º semestre do 2000, 37-76) reclamacontinuadores.

FICHA TÉCNICA

Título: A morte de A.Autor: Anxo AngueiraXénero: NarrativaISBN: 84-8302-923-5104 páxinas

SINOPSE

Un rapaz anónimo escribe unha longa carta ao director dun xornal, pautada entrinta e unha entregas, na que confesa se-lo autor da morte de A., unha mozabelísima de longos cabelos derrotados en ondas. Os sucesos dun negocio de lixi-via ilegal, a busca dunha nota onde se transcribiu unha estrofa dun dos poemasda Quinta Folla de Resistencia Poética e a vida dunha célula clandestina demozos resistentes mergúllanos na memoria dos primeiros anos da ReformaPolítica en Compostela e nas terras da Arousa do Barbanza. Esta novela de for-mación, esta narración enchida de intriga, fermosa homenaxe ao xénero do folle-tín que explorou Eça de Queirós, é o retrato movido e aberrante dun tempo,onde as paisaxes de verán, as noites de discotecas, as viaxes iniciáticas e un apai-xonante conflicto amoroso, baten constantemente no labirinto dos libros e daliteratura de noso.

X E R A I S

Dep

ósito

Leg

al: V

G. 9

31-2

003