CANTAR DE CEGO
description
Transcript of CANTAR DE CEGO
CANTAR DE CEGOCANTAR DE CEGOCANTAR DE CEGOCANTAR DE CEGO::::
AAAA NOSA NOSA NOSA NOSA
BIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECABIBLIOTECA
Miñas donas, meus señores,
préstennos moita atención
que aquí comeza unha historia
das que molan mogollón.
Esta élles a historia
dun colexio moi moderno,
onde hai unha biblioteca
cun ratiño moi coqueto.
Cando isto comezou
os libros eran pouquiños,
e tantísimo medraron
que non cabían no sitio.
E así foi como chegaron
a este fermoso lugar
as nosas pelis, os libros
e moitas cousiñas máis.
Dun tempo a esta parte
hai tamén ordenadores
con xogos moi divertidos
para alucinar en cores.
Nos ordenatas podemos
navegar pola internet,
escoitar música guai
e ata o mundo coñecer.
E tamén temos revistas
de temas apaixoantes
son boas as de animais
ou as “Muy interesante”.
E ás veces o rato MIK,
xefe desta biblioteca,
mándanos facer cousiñas
que lle saen da cabeza:
Carteis coas nosas familias,
concursos de moita monta,
ler contos aos compañeiros;
ler e ler é o que importa.
Todas e todos sabemos,
para agora rematar,
que a mellor biblioteca
está no Mestres Goldar.
ALUMNADO DO TERCEIRO CICLO.