Caracterizacion residuos

12
CARACTERIZACIÓN DE RESIDUOS Juan Poza IES A Basella 20 01 37*

description

Presentación na que se explica a metodoloxía para caracterizar os residuos conforme á lista ou catálogo LER (CER) e os códigos de residuos perigosos.

Transcript of Caracterizacion residuos

Page 1: Caracterizacion residuos

CARACTERIZACIÓN DE RESIDUOS

Juan PozaIES A Basella

20 01 37*

Page 2: Caracterizacion residuos
Page 3: Caracterizacion residuos

Cando un residuo é perigoso

Os H1, H2, H9, H12 e H14 son sempre perigosos independentemente da cantidade

Page 4: Caracterizacion residuos

Codificación de residuos perigososQ - //D,R - //L,P,S,G - //C - //H - //A - //B -

Page 5: Caracterizacion residuos

Caracterización de residuos perigosos

1. Identificar a/s substancia/s que contiña o envase.

2. Identificar os riscos (características H) asociados ás ditas substancias.

3. Comprobar se a perigosidade das substancias corresponde a algunha das características H3 a H8, H10 e H11. Se fose o caso, determinarase a cantidade (peso) das substancias perigosas presentes no envase en relación ó peso total deste, para o que se realizará unha mostraxe representativa de toda unha partida de residuos correspondente ó envío. Os resultados remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen aprobará a mostraxe propoñerá as accións de comprobación que estime oportunas.

Se a porcentaxe das substancias perigosas é superior ós valores indicados no apartado A do anexo 2 da Orde MAM, os envases deberanse xestionar como residuo perigoso.

4. Se a perigosisade das substancias corresponde a calquera das outras características de perigosidade (H1, H2, H9, H12 a H14), independentemente da cantidade de tales substancias, o residuo deberase xestionar como residuo perigoso.

Page 6: Caracterizacion residuos

Exemplo de codificación de residuos perigosos

Un residuo é perigoso cando C e H son distintos de 0

¿É perigoso este residuo?. Buscar o significado de cada apartado.

Page 7: Caracterizacion residuos

Codificación CER

Os residuos perigosos levan un asterisco “*”

Page 8: Caracterizacion residuos

Asignación de códigos CER

1. Localizar a actividade que xera o residuo nos capítulos 01 a 12 ou 17 a 20.

2. Buscar o código apropiado para o residuo na relación de residuos da actividade, excluídos os códigos 99 dos ditos capítulos.

3. Se non se atopa ningún código apropiado nos 01 a 12 ou 17 a 20, consultaranse os capítulos 13, 14 e 15.

4. Se o residuo non se atopa en ningún destes capítulos, buscarase no 16.

5. Se tampouco se atopa no capítulo 16, deberase empregar o código 99 no subcapítulo que corresponde á actividade identificada no primeiro paso.

Page 9: Caracterizacion residuos

Obrigas dos productores de residuos perigosos

a. Estar inscritos no Rexistro Xeral de Productores e Xestores de Residuos de Galicia.b. Contratar un seguro de responsabilidade civil nos termos (cobertura e contía asegurada) que se indica

na autorización do productor.c. Separar adecuadamente e non mesturar os residuos perigosos, e evitar particularmente mesturas que

supoñan un aumento da súa perigosidade ou que dificulten a súa xestión.d. Envasar e etiquetar os recipientes que conteñan residuos perigosos na forma establecida

regulamentariamente na sección 2ª do Real decreto 833/1988.e. Almacenar os residuos para a súa xestión posterior en zonas debidamente autorizadas. O tempo de

almacenamento non poderá exceder de seis meses.f. Levar rexistro dos residuos perigosos producidos ou importados e o destino destes, no que se concreten a

información que se indica ó respecto no Real decreto 833/1988 e no Real decreto 952/1997.g. Presentar a declaración anual de residuos antes do 1 de marzo de cada ano.h. Xestionar os residuos que produce ou posúe por medio dun xestor autorizado.i. Cada catro anos, elaborar e remitir á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental un estudio de

minimización de residuos perigosos, no que o contido se axustará ó establecido na Orde do 11 de maio de 2001.

j. Informar de inmediato á Consellería de Medio Ambiente en caso de desaparición, perda ou escape de residuos perigosos.

k. En xeral, todas aquelas que se deriven da Lei 10/1998, do Real decreto 833/1988 e das respectivas autorizacións.

Os pequenos productores de residuos perigosos están exentos dalgunha das obrigas: a. Contratar o seguro de responsabilidade civil que se lles esixe ós productores autorizados.b. Presentar a declaración anual de productores de residuos perigosos.c. Presentar o estudio de minimización de residuos ó que se fai referencia na Orde do 11 de maiode 2001.

Page 10: Caracterizacion residuos

Obrigas dos xestores de residuos perigosos

a. Prestar fianza para responder dos posibles danos que se poidan causar no ambiente e do seu custo de restauración, na contía que se determine na autorización de xestor.

b. Contratar un seguro de responsabilidade civil nos termos (cobertura e contía asegurada) que se indica na autorización de xestor.

c. Contestar, no prazo máximo dun mes, a solicitude de admisión de residuos perigosos presentada polos productores (No anexo 7 deste manual preséntase un modelo de documento de aceptación de residuos DAR).

d. Formalizar no documento de control e seguimento a transferencia de titularidade dos residuos á recepción destes.

e. Levar un rexistro de todas as operacións de xestión de residuos nas que interveña, no que figuren os datos que se indican no artigo 37 do R. D. 833/1988.

f. Presentar, antes do día 1 de marzo de cada ano, a memoria de actividades, nos termos que se indican na sección 2ª do Real decreto 833/1988.

g. En xeral, todas aquelas que se deriven da Lei 10/1998, do Real decreto 833/1988 e das respectivas autorizacións, sen prexuízo doutras obrigas establecidas na lexislación vixente.

Page 11: Caracterizacion residuos

Compatibilidade de residuos perigosos

Page 12: Caracterizacion residuos

Procedemento de admisión de residuos en vertedoiro