Carreiros 7 (2008)

35

description

 

Transcript of Carreiros 7 (2008)

Page 1: Carreiros 7 (2008)
Page 2: Carreiros 7 (2008)

Un sábado caloroso de xullo collemos as brochas, metemosas mans na pintura e pintamos o local. Pasamos calor, sua-mos, traballamos e pasámolo ben. Se cadra poderiamos estarna praia, pero fomos pintar, e quedou bonito. Non hai nadaque non dea traballo. Poñerse a facer unha revista dá o seutamén. Xuntámonos, e pensamos o que queremos escribir.Decidímolo, escribimos e logo dáselle a forma máis fermosaposible. Se cadra podiamos estar na praia, ou esquiando, perofixemos a revista.

As persoasEn Carreiros queremos escribir sobre nós, sobre as persoas,que cada día van construíndo a pequena historia colectiva. Asnosas persoas, desta vez, son os nosos veciños e veciñas, quenos dan algo, e queremos devolvérllelo.

Manolo de Cabanas regalounos os seus versos. Agasallounostamén cunha fermosa entrevista a Florentino do Rubio, outroemigrante no Brasil. Eles descóbrenos o que fomos, o quesomos, se cadra o que habemos ser.

Manuel Pereira segue a darnos palabras, que trae frescassempre a Ouzande. Miguel de Sueiro deunos ledicia, emocióncompartida. E Bala tamén.

Lorena Nieves aprendeunos a mirar para o ceo e comprender.Tamén nos regala coa súa habilidade gaiteira en Retrouso.Ven de Santiago a cotío, e gústalle dicir que ela tamén é deOuzande.

NósE logo nós, A Fervenza de Ouzande e mais Ouzande. Taménestamos.

carr

eiro

s1

editorial

Page 3: Carreiros 7 (2008)

sumarioca

rrei

ros

2

3días do final

4andoriña

6miguele bala...

8 de cando florentino...

12memoriafotográfica

13manolo decabanas,poeta

17anacos deuniverso

18retrouso

21fervenza demúsicas

22festas

24unha noite..

25chuvia dehistorias

26viaxes

28xogosoulímpicos

30curso cogomelos

31outras actividades

Page 4: Carreiros 7 (2008)

días do finalManuel Rosende Torres

Manuel Pereira sempre volve a Ouzande, para visitar veciños, familiares,unha orixe que é marca de identidade… a máis das veces volve co recordo dos díasvividos ou dos que nos quedan por vivir. O caso é que sempre volve. Desta volta nonsó nos veu presentar a súa primeira novela, volveu cos recordos dos DÍAS DO FINAL.

As vivencias compartidas tamén volven a Ouzande, as lembranzas dos refe-rentes da novela están presentes na veciñanza, e seguramente que fan o percorridoOuzande-Madrid / Madrid-Ouzande, con Manuel, quen nos leva á literatura os DÍASDO FINAL.

É doado identificarse cos recordos que nos relata, Cando vou a Santiago epaso por diante do xa vello hospital… …soa a destempo, o teléfono inquieta a deter-minadas horas da noite… Sete horas de viaxe, a chuvia ao final, o hospital Un univer-so de corredores iluminados con fluorescentes. Así é como entramos na lectura danovela.

O descanso era relativo. As mañás eran de moita actividade, até o luns noncomezarían a facerlle probas máis precisas, viñérano ver os parentes máis achegados.A fin estaba anunciada. Eu estaba desolado. Diante del tiña que disimular. Eran moi-tas horas xuntos, con todas as nosas vidas abertas. Dende a ventá do cuarto víase arúa. Todo o que se podía facer era aprazar a condena. Que estraño é o tempo dasenfermidades. Choras por todas as posibilidades perdidas.

As horas no hospital son unha vida paralela á realidade: Dixérame unhaenfermeira que era difícil e duro traballar nun sitio onde a esperanza era unha excep-ción. Chega un a afacerse a todo, tamén ao mundo pechado e febril do hospital. Asvidas acaban por ser anécdotas; Un grupo de persoas xunto ao cuarto do lado pon demanifesto o desastre. Morrera unha muller. Naquel 94 Galicia vivía pendente de tresacontecementos deportivos. A única característica que se pode considerar pública nosistema público é a carencia de intimidade.

Logo das reflexións, veñen as valoracións: A amizade é o único que queda enpé cando o temporal da desgraza nos asolaga. O universo non é máis ca o territorioao que lle chegan as olladas. Cómpre ter as lágrimas a punto

Cando estás na antesala do desenlace toca volver á casa para te despedir doteu universo: Miraba derredor. As casas dos veciños, as leiras agardando a sementei-ra, o horizonte recortado pola Rocha, Guimarei, Vinseiro. Tardes de calor, bicicletas,amigas e merenda. A etapa de benestar durou catro días.

De pronto o tempo pesaba sobre cada obxecto.

É recomendable esta viaxe de volta a Ouzande, a visita dos recordos dos DÍASDO FINAL teñen unhas coordenadas que cadaquén pode ubicar na súa memoria, asreflexións lévannos a unha filosofía que Manuel soubo expresar elegantemente.

manuel rosende torres literaria

carr

eiro

s3

Page 5: Carreiros 7 (2008)

colaboraciónca

rrei

ros

4

andoriñaSenén Campos Maceiras

Casar, vivir gozando, morrer ..., forma resumida de dicir o que

foron as nosas vidas. Recordo cando nos coñecemos, como nos contem-

plamos, como as nosas miradas, cheas de complicidade, se cruzaron

aquel día mesturándose co vento. Onte sentado xunto á túa humilde

cama, naquel triste hospital, viñéronme a mente todos os momentos

vividos ao teu lado, coma cando vimos aquelas golondrinas cantar na pri-

mavera, e ti dixéchesme...

-Que paxariños tan fermosos.

-¡Non tan fermosos coma ti! -respondinche, e tamén lembro

que engadín- ¿sabes que en galego se lles chama Andoriñas?.

Desde aquel día ese foi o teu nome para min, Andoriña; non che

gustaba que te chamase así diante da xente, e non o facía, só a veces se

me esquecía. Hoxe maldigo a miña sorte de estes últimos días, maldigo

a ese Deus bondadoso, clemente, misericordioso, que quixo aumentar a

súa sala de trofeos coa túa presenza, privándome así a min da túa com-

pañía e do ten inmenso amor. ¿Será Deus celoso quizais?

Non desexabas que viñese ao hospital, porque non querías que

te vira así desmellorada pola maldita enfermidade, pero meu ben queri-

do, como non ía a estar para acompañarte, para min sempre serás esa

cara sedutora, que esta naquela fotografía do noso casamento, con aquel

traxe branco, que con tanto mimo gardaches desde entón; nunca cho

dixen, pero aquel fotógrafo que nos fixo a foto, pediume permiso para

quedarse con unha copia dela, para poder así colocala, nun reservado

que ten na tenda, xa que me comentou que coa túa mirada alegrábaselle

a alma, que era coma a da Monna Lisa esa tan famosa, que parecías un

... e non recordaba o nome, ata que eu lle dixen... “un anxo”...

-Iso, iso. Contestoume.

-É que meu querido amigo, eu estou casado cun anxo -díxenlle.

Un día que pasaba por alí, lembrei que dentro, nalgunha parede

escura, debía de estar aquela fotografía, e sentín curiosidade por saber

Page 6: Carreiros 7 (2008)

que fixera con ela, e pedinlle permiso para vela, o señor non moi con-

tento, deixoume pasar a ese cuarto dos seus segredos, e cal non foi o

meu asombro ao verte alí soa naquel cadro, porque eu non estaba a túa

beira, e cando lle dixen ...

-¡Oia vostede!, ¿e iso?

- Pois verá ... ¡é que a súa mirada non se lle podía comparar...!

¡Que quere que lle diga!

E non souben que contestarlle, era só un retrato teu, e ademais

tiña razón porque esa mirada embriagadora só a tiñas ti.

Eu pensaba que era forte, pero verte alí rendida ao infortunio

do destino, sabendo que se te ías, xa non podería estar moito tempo sen

ti, facía que non fose capaz de seguir lendo esta carta, pero entón

pedíchesme que achegase o meu oído á túa seca boca, e sacando forzas

de non sei onde, murmuráchesme con apenas un fío de voz ..., que non

culpase máis a Deus, que Deus nos permitiu vivir momentos marabil-

losos, e despois cunha voz desgarrada, quizais máis pola emoción do

momento que pola propia enfermidade, e apertándome a man coa soa

forza dun recentemente nado, engadiches aquilo de que...

-NON PODES IMAXINAR CANTO AMOR LEVO COMIGO GRAZAS

A TI... Deiche un bico na fazula, que nunca pensei que fose o último, e

funme, non quería que me vises chorar de forma desconsolada e ata

escandalosa diría, e perdido nun recuncho do corredor, busquei acomo-

do nunha cadeira antiga, meditando en soidade coa angustia e tristeza

que me embargaba. ¡Como un humilde, pero orgulloso mortal coma

min, pode perdoarlle a Deus este sacrificio teu! Cando a enfermeira,

pouco despois, se achegou e me viu cos ollos húmidos e arroibados, non

lle importou dicirme coma se xa o tivese ensaiado moitas veces...

- Síntoo señor, a súa muller acaba de falecer ...

-¡Non me diga vostede iso! ¡Andoriña, nunca morrerá mentres

eu viva! -contesteille con voz firme, case berrando, porque me saía do

corazón.

colaboración

carr

eiro

s5

senén campos maceiras

ilust

raci

ón:R

osa

Her

raiz

Caba

nas

Page 7: Carreiros 7 (2008)

entrevistaca

rrei

ros

6

Xabier Camba Sanmartín

Miguel Carbajal é profe de música, educador, como lle gustadicir a el. É músico, e moi bo. Polo que se ve, tamén é capaz de educar,ou mellor, adestrar aos animais. Demostrou a súa habilidade e pacienciadurante moitos anos como adestrador de cans, obtendo numerosos pre-mios e participando en rescates con cans por aí adiante. E un día,eu creo que cando a Fervenza organizou un curso de equitación,metéronselle na cabeza os cabalos, ata que deu con Bala. Con este ani-mal, o seu currículo, en moi pouco tempo, é impresionante:

Campións galegos da liga de raid categoría promoción ( car-reiras de 40km.) 2007

Campións de España (promoción-campionato interautonomiasHuesca 2007

Trofeo mellor condición física,campionato galego e campionatode España.

Campións liga galega de raid ( categoría unha estrela-80 km. )2008.

Seleccionados para representar a Galiza no campionato deEspaña 2008

O día 25 de outubro correron en Badajoz a última selectiva parao campionato do mundo 2009-Compieg Francia,que se correrá sobreunha distancia de 140 km. Foron selecionados.

Quixemos que nos contase algo de si e de Bala, e por iso lle pre-guntamos.

b a l a e m i g u e l c a r b a j a l a o c a m p i o n a to d o m u n d o

Page 8: Carreiros 7 (2008)

xabier camba sanmartín entrevista

carr

eiro

s7

Un día viches a Bala e...

Pensei que sería moi fermoso convertela no cisne da historia, era unpatiño feo, mal querido e con un prezo de venta para carne..., ía aomatadoiro.

Que fai falta para ter un cabalo e un xinete campión?

Traballo, traballo, traballo e nos días de descanso..., traballo.

A mellor experiencia na competición....

Gañar..., sempre é unha recompensa o feito de gañar.

A mellor experiencia cando montas a cabalo...

A vida ten outro ritmo enriba dun cabalo. É moi fermoso formar parteactiva do entorno que te rodea..., o frío o sol a paisaxe..., o esforzo, oscamiños que percorres unha e outra vez, pero que sempre esperas des-cubrir algo novo detrás de cada outeiro.

Tes algunha meta? Se a consegues, que pasará?

Correr un campionato do mundo. Se a consigo comezaría a desexargañalo..., je je.

Escolle: Educador, músico, adestrador de cans, xinete... Por que?

Aprendiz, porque volve o brillo aos ollos cada vez que comezas uncamiño novo.

Non sei se quedarás primeiro no Campionato do mundo, Miguel, peropara nós seguirás sendo o mellor.

Page 9: Carreiros 7 (2008)

memoria da emigraciónca

rrei

ros

8

Manuel Rosende Torres

Aínda que hoxe vive en Itapeva, a 400 quilómetros de San Paulo,a súa memoria prodixiosa transpórtanos mediante lembranzas a unhainfancia e xuventude que lle fixo percorrer os carreiros de Ouzandedesde 1919.

Que as palabras de Florentino cheguen ata nós é cousa que llehai que agradecer ao noso entusiasta colaborador na diáspora brasileira,Manolo de Cabanas, quen gravou e entrevistou a Florentino do Rubio.

As lembranzas da súa nenez falan de felicidade; unha casahumilde e traballadora na que se mataban dous porcos foi o escenariodas primeiras vivencias de Florentino. Mais os carreiros do destino fixe-ron que seu pai perdera a vista dificultando o traballo de xornaleiro naparroquia, ademais debían diñeiro que lles fora emprestado para seu paibuscar fortuna en Cuba, cousa que fixera sen éxito. Aínda así lembra dunxeito bucólico os duros traballos do campo. Con tan só dez aniños tivoque comezar a traballar fóra da casa, o primeiro emprego foi en Vea naconstrución dunha panadería con José da Campesa e Ramiro da Regaentre outros. Florentino tiña a misión de transportar barro enriba dunhatáboa, cousa que lle fixo ter algunha ferida na cabeza. O cambio polo tra-ballo eran seis reais e dormir aló, en Vea, nunha especie de pousada naque lle daban cama de palla de centeo e sabas de liño bruto, de estopa.Traballaban de luns a sábado e recorda que comían un pan de millo quelevaban da casa. Dunha vez comendo no caldo mordeu algo duro queresultou ser un pano de lavar a louza, cousa que lles fixo rir.

Chegados ao ano 1931 lembra que entrou a República e que asituación económica para a súa casa era delicada pola falta de traballo,el e mais seu irmán Xesús facían "de portugueses", isto é, realizaban oslabores que ninguén quería. Lembra que traballaron o mármore daque-la en Rubín no cemiterio.

Tiña Florentino 17 anos cando estalou a Guerra Civil. Foi chama-do para defender o "bando nacional". Presentouse no Concello daEstrada, de aí mandárono a Carballo onde lle fixeron instrución e prácti-cas de tiro. Sen roupa nin comida e cunha praga de piollos, viaxaban en

de cando florentino do rubio quixo facer casa no formigueiro

Page 10: Carreiros 7 (2008)

carr

eiro

s9

vagóns do tren cheos da bosta do gando. Dentro do infernal panoramaque se lle aveciñaba, Florentino foi bo co tiro e permitíronlle volver unsdías para a casa, roubáronlle a roupa e tivo que poñer a de seu irmánpara volver a Ouzande. Lembra que a tiveron que cocer ata que mor-reron todos os piollos. Volveu á Coruña e aí comezou a Guerra de ver-dade; foron a Sevilla La Nueva, Madrid, en trens ás escuras que atraves-aban o combate. Nun autobús e campo a través escaparon dos tiros.Estivo nas trincheiras disparando contra todo o que se movía, lembraaquelas palabras "todo o que hai aí é rojo e hai que tirarlle" dunha voltadeuse conta de que o facía contra as pólas dunha aciñeira.

Pasados os momentos máis duros do conflito puido volver paraa casa baixo aviso de que se o estado español entraba activamente na IIGuerra Mundial tiña que participar. Non quixo ir para A Estrada polosgraves momentos de fame que se atravesaban e foi para o Salnés a servirao exército; pasou dous meses en Vilagarcía e logo foi a Dena, en Meaño,unha boa tempada.

Aló sería onde lle aconteceu unha das anécdotas máisentrañables de cantas nos conta Florentino. Era o día do Socorro e elquería vir á festa. Non tiña permiso para facelo, pero si o domingo libre;aló correu tan pronto sairon da misa a unha casa que se dedicaba a alu-gar bicicletas co obxectivo de vir a Ouzande e estar ao día seguinte áprimeira hora de novo no cuartel. Correu coma un raio dende Dena enon parou ata chegar á Casiña, alí había unha taberna, cando puxo os pésno chan non se tiña de tanto que pedaleara e caeu de xeonllos. Decamiño atropelou un cachorriño que se lle metou no medio das rodas ehoubo ter problemas co cazador co que ía o can, pero como non fora elo culpable do atropelo e ía coa roupa militar puido seguir a viaxe. Nonsabía como había facer para subir desde Arcos ata Ouzande pois xa nonpodía máis e era tarde. A estrada da parroquia chegaba xa daquela ata aigrexa e aló forzou Florentino as últimas forzas para aparecer no adro ásaída da misa daquela festa do Socorro da posguerra. Había moita xente,gozou ao máximo daquel día, daquel baile no Campo da Festa, ata queacabada a verbena foi á casa para vestirse e volver coa bicicleta paraDena. O camiño foi todo ben ata Caldas de Reis onde ían unhas leiteirascara á vila, hóuboas atropelar; tivo que berrarlles forte porque era denoite e non tiña ningún tipo de luz nin freos. Cando entrou en Caldas

manuel rosende torres memoria da emigración

Page 11: Carreiros 7 (2008)

carr

eiro

s10

tivo que desviarse por un camiño costa arriba para poder frear a bicicle-ta. O resto do camiño era chan e non lle deu problemas. Evidentementechegou tarde, xa fixeran filas e xa o chamaran polo nome cando aíndaestaba chegando a Dena. Foi onda o Tenente e mentiulle dicíndolle quenon se atopaba ben e que necesitaba descansar para repoñer forzas. Istoera certo; estaba cansadísimo da viaxe e precisaba descansar porque nondurmira e fixera un esforzo físico enorme tendo en conta que non com-era en condicións.

Aló era "cornetín de ordes" e sabía todos os toques que había,lembra con humor un día no que lle mandaron tocar ben alto e non saíason ningún pola corneta, berráronlle "dío coa boca" e todos riron.

Entre a guerra e o servizo estivo sete anos e dous meses fóra deOuzande, ao volver para a parroquia continuou co traballo de albanelque xa facía antes. Tamén retomou a súa relación con Lola, a moza quedespois foi a súa muller. Recorda como namoraron un día da festa daSomoza. Ela tiña outro mozo que era da zona de Zoo, cando rematou afesta e este marchou Lola e Florentino seguiron nunha foliada de pan-deiretas que se formou nunha palleira da parroquia veciña. Foi así comodecidiron emprender o futuro xuntos.

Dunha vez que viña da Somoza por unha congostra antes deGuillufe, encontrouse cunha situación que lle fixo tremer as pernas comonunca, veu nada máis nin nada menos que un defunto nunha caixa quese achegaba cara a el. Non se atrevía a dar volta polo que agardou a quepasara o féretro, cousa estrana porque era de noite, o camiño era fondoe estaba cuberto pola follaxe dos carballos, sentía as zocas dos acom-pañantes bater no camiño calzado de laxas, a situación era para ter medopero Florentino deixou pasar aquela Santa Compaña, cando se alonxaronfoi correndo coas pernas a tremer coma nunca. Ao día seguinte tocabanas campás a defunto por unha muller que levaran para a Somoza na noiteanterior.

Cando naceu Marisa, a súa filla, tiña que ir dende a parroquiaveciña ata Cereixo para traballar, o camiño era longo para facelo todos osdías, el pasábao moi mal porque quería volver para Ouzande e ao ter quepasar por aló cada vez que ía traballar facíao demorarse moito, lembraque lle gustaba tanto parar en Ouzande que falou con Lola sobre a posi-bilidade de arranxar alí unha casa, construiron unha vivenda modesta

memoria da emigración manuel rosende torres

Page 12: Carreiros 7 (2008)

onde hoxe está a casa de Guerra Gaiteiro (Casa de Ferrín).No ano 1954 a historia da emigración petou ás portas da súa

familia e emprendeu viaxe para o Brasil. O motivo de escoller este paísera que el realmente quería ir para Uruguai pero a entrada non era libre,seu irmán Xesús fixera a mesma operación; viaxar a Brasil e alí arranxaros papeis para entrar en Uruguai. A súa situación en Ouzande non eratan mala como había anos; tiña a súa muller e filla, a súa casa, o seu tra-ballo… pero distintos motivos fixeron que Florentino fose probar fortunaás Américas, como daquela estaban a facer algúns outros en Ouzande.Logo de facerse o primeiro ano no Brasil, arranxou todo e foi Lola conMarisa para aló.

Trece anos tardaría en volver a Ouzande, foi no 1967 e pasouseis meses na parroquia.

A súa vida na emigración é a de probar fortuna traballandoduro. Instaláronse en San Paulo nuns terreos que conseguiron e, cotempo, desprazáronse a unha cidade chamada Itapeva. Unha das datasmáis tristes para Florentino será o 2001 pois é o ano no que perderemosa Lola por causa dunha enfermidade. Aínda con este revés, Florentinocontinúa a súa vida acompañado pola súa familia, cunha saúde forte ecunha memoria prodixiosa, a que nos levou polos carreiros da súa infan-cia aos carreiros de Ouzande.

Sabermos de Florentino é algo que temos que agradecer aManolo de Cabanas, quen entrevistou e gravou unha conversa de máisde dúas horas co noso protagonista.

Florentino é a memoria viva da historia contemporánea da nosaparroquia; viviu a feliz infancia de ir coas vacas ao monte nos anos vinte,o peso de ser neno e levar o barro da obra sobre a súa cabeza, bailes depandeiretas nunha palleira, os horrores de dormir coas súa cabeza enri-ba dalgún compañeiro morto na guerra, a dura fame de cando a xentedeixou de cantar, o medo de ver a Santa Compaña nun camiño fondo, oacedo sabor de deixar Ouzande para probar fortuna no alén mar, asaudade de vivir lonxe da orixe…

A nosa homenaxe a Florentino do Rubio, memoria viva da nosahistoria.

carr

eiro

s11

manuel rosende torres memoria da emigración

Page 13: Carreiros 7 (2008)

memoria fotográfica carreirosca

rrei

ros

12

Page 14: Carreiros 7 (2008)

carreiros crónica

carr

eiro

s13

Xabier Camba Sanmartín

Veño de reler, máis unha vez, un feixe de versos que chegaronun feliz día da primavera de maio. Estaban asinados por Manolo deCabanas, ouzandés e emigrante alá no Brasil. Home culto e sensible,home traballador e afable, mais tamén, desde xa, home poeta.

Tres poemas longos, ricos de amor, saudade e terra. Ricostamén de poesía. O seu Ouzande ensoñado, retratado na infancia, vivono presente, e a sentida homenaxe a Alfonso de Chedas rebordan deregalía cada verso.

Poesía e sentimentoManolo púxolles a forma que sabe á súa fervenza de verbas, a

forma da lixeira cuarteta, mais agarimando a rima en todos os versos.Cantou como canta o pobo, como cantou sempre, labrando en regosdereitos, non moi longos e acompasados. Coa poética cicelada polotempo, sen academia, máis que a do xenio e mais o enxeño.

HomeManolo non se conformou con iso, e foi rabuñando nesa pedra

rexa e gastada polo tempo, a base de fe, amor e moito xeito poético.Atopo a cada tanto imaxes auténticas e evocadoras, do home mesturadocoa terra, esa que nunca deixou. Manolo expresa o seu insuperable con-flito sen rodeos, poético e directo: Vou esquecer os meu soños/ e esteconflito constante/ do que fomos e non somos/ de ser ou non ser emi-grante. Poucas veces pousei os meus ollos en palabras que expresasencon esta sinceridade a emigración, sinceridade brutalmente fermosa:Ha´en miñ´alma un lamento, e unha saudade tan grande/ e moitoarrepentimento/ por ter marchado de Ouzande. O seu destino, á fin, xaestá presentido, sempre conflitivamente: Miña conciencia está en guer-ra/ata o día que dios mande/o meu corpo ir prá terra/e a miñ´alma ir práOuzande/

AmorA súa fe cristiá e o seu amor tinxen o poemario de Homenaxe a

Alfonso de Chedas, auténtica e emocionada elexía que sae repenicandodo seu corazón ás palabras. Ás campás de Manolo, tocadas por Alfonso“co seu repinicar domingueiro” tamén lles toca sufrir: Hai nas campás unqueixume/ Alfonso de Chedas Marchou/ con el extinguiuse o lume/ quetanto tempo as quentou. Home poeta, home campaneiro e os propiossinos, fúndense nun mesmo ser: Nas noites calmas sempre se oirán/oeco das campás que nunca terá fin/ e o noso campaneiro badabándandán.../ e un anxo na pequena dindindín dindín... // Badabán, dandándindindín dindín.../ Badabán, dandán dindindín dindín.../ Badabán,dandán dindindín dindín.../ Badabán, dandán dindindín dindín...

TerraO sotaque do galego do Brasil ecoa en moitos dos seus versos,

nunha lingua nunca esquecida, pura e anterga, rexa e silandeira, maisnova e domeada. Descóbrenos o nome das cousas, das nosas, os nomesque nós esquecemos, e que están gardados no tesouro da súa memoria:as pegas reveláns, as cotovías, o mel de avesón, a fonte picada, a laver-ca no niño, o toxo perfumado/ E os muíños, claro: De oír os muíñosmoendo/ aínda da misma maneira/ e taramela batendo/ ao ritmo dunhamuñeira. E os lugares, os nosos, convidándonos a reencontrarnos coneles, con nós: O rego das rans, o alto do marcón, o primeiro reguiño, omonte do Redondo, a fervenza, a erveira de Xequina, ao lado do palomar,Ouzande... E os homes, as persoas, que ficaron gravados na paisaxe:Manolo de Sueiro, Alfonso e Manolo de Chedas. E, como non os amores,ensoñados e secretos... Pero iso lédeo vós, que paga a pena.

Quero que todos os homes e mulleres, vellos e vellas deOuzande lean estes versos para reencontrase a si. Quero que todos osmozos e mozas, nenos e nenas de Ouzande lean estes versos paraencontrase a si.

manolo de cabanas, poeta

manolo de cabanas, poeta

Page 15: Carreiros 7 (2008)

carr

eiro

s14

Ouzande foi meu niñoDonde vin o mundo un díaSe eu fose un paxariñoTodo o ano volvería

Como fan as golondrinasCando chega a primaveraAbre o Céu suas cortinasNesa hora quen me dera

Camiñar por seus carreirosMirar seus campos floridosE o murmúrio dos regueirosSon cantos en meus oídos

Oír o Melro cantandoXa se aproxima o veranIr polos camiños estoupandoAs flores de San Xoán

¡Oh! meu Ouzande queridoDe miña infância en teu senoTeño o corazón feridoPor miñas lembranzas de neno

Como segaban coas guadañasA erva seca prá palleiraE dos cardos azules nas brañasE mallar o centeio na eira

Há em miñ’alma un lamentoE unha saudade tan grandeE moito arrepentimentoPor ter marchado de Ouzande

Miña conciencia está en guerraAta o día que Dios mandeO meu corpo ir prá terraE miñ’alma ir prá OUZANDE

creación literaria

lembranzas do meu tempo de neno en ouzande

ilust

raci

ón:R

osa

Her

raiz

Caba

nas

manolo de cabanas

Page 16: Carreiros 7 (2008)

carr

eiro

s15

Há se eu poidese calquer diaRever os montes de OuzandeCon certeza eu non teríaEsta saudade tan grande

Nen esta melancolíaSe eu poidese correrPor seus carreiros um diaHá se eu poidese volver

Entrar polo rego das ransE ver na copa dun piñoComo as pegas revelansEstan fazendo seu niño

Ir na baixada do marcónOnde Domingos de CambaEnfrentou um valentónRubio como unha gamba

Que era la da SomozaSeu nombre era “ Cubano”Con medo fixo-se mozaAquele valente fulano

Subir no alto do marcónAdmirar seus outeirosColler mel de avesónE beñar-se nos regueiros

Ouír cantar a cotovíaIr ata fonte picadaE rever donde eu bebía Auga tan purificada

Ver a laverca no niñoNa chan do rego das ransOuír seu canto pretiñoSempre pólas mañáns

Ouír o cuco cantandoNa punta do gomo dun piñoComo cando iva co gandoAlá pró primeiro reguiño

Com Manolo de SueiroAlfonso e Manolo de ChedasEu atraveso o regueiroE sigo polas veredas

Vexo un pardillo cantandoToca no meu peito fondoA flor do toxo perfumandoTodo o monte do Redondo

Óio o murmúrio das augasBaixando pola fervenzaMeus ollos cheios de bágoasMas tuven a recompensa

De oír os muiños moendo Ainda da misma maneiraE taramela batendo Ao ritmo de unha muñeira

Ese sonido conserva O aconchego contídoEm éxtase me deitei na ervaAlí quedei-me adormecido

Na erveira de XequinaAo lado do palomar Soño co unha rapaziñaQue un dia quixen namorar

Cando era ainda novoNa festa de San lourenzoDecir seu nombre non podoE nin decir o que penso

Soño que estou bailandoUnha muñeira contigoDe meu soño fui espertandoTi xa non tavas comigo

Vou esquecer meus soñosE este conflito constanteDo que fomos e non somosDe ser ou non ser emigrante

Eu levo no peito comigo Um grande amor por OuzandeTamen por meu grande amigoSinto este amor tan grande

Eu vivo soñando contigo,Ande por donde eu andeE Dios será meu testigoDomeu amor por OUZANDE.

creación literaria

balada por ouzandemanolo de cabanas

Page 17: Carreiros 7 (2008)

carr

eiro

s16

OUZANDE tem um dolorQue non será remediadoSem a presenza e o calorDese home tan amado

Que nunca será esquecidoSempre transmitía a pazAnunciando o acontecidoRepicando as campás

Sempre no final do día Repicando as campásAnunciava a ave MariaPara a xente orar pola paz

E dando as señas de mortoTransmitía a emociónDa despedida nun portoE fé na resurreción

Se era frenético e potenteSeu sonido era um compendioBem conocido da xenteDesentendimento ou incendio

Seu repicar domingueiroSonava devota e submisaConvidando Ouzande enteiroPara ir Domingo a misa

Sonava alegre e festeiraCom unha alegría tan grandeAnunciando altaneiraQue havía festa em Ouzande

Xa non teñen máis compásNen o sonido altaneiroEstan huérfanas as campásNon teñen mais campaneiro

Hai nas campás um queixumeAlfoso Chedas marchouCom el extinguiuse o lumeQue tanto tempo as quentou

Foi por iluminadas veredasPra um mundo novo e verdadeiroMarchou Alfonso ChedasNosso grande companheiro

Para ser no ceu campaneiroNo día da resurrecciónOír-se han no mundo enteiroAs campás da redención

Serán as campás de OuzandeQue ecoarán no Ceu nesse diaSerá unha festa tan grandeQue ata a Virxen María

Vai estar admirandoOíndo o nosso campaneiroComo as esta repicandoEl e no Ceu o primeiro

E o maestro campaneiroChámanlle Alfonso o grande E o millor no Céu enteiroE o campaneiro de Ouzande

Em noites claras de luna e paz Oír-se han ecos de um repicarE o sonido das nosas campásDende o paraíso para comemorar

A sua chegada por Anxos em coroEl foi recebido com grande emociónPor San Lorenzo e a Virxen do SocorroE seus entes queridos; que recepción!

Em nosas retinas permanecerásVeremos tua imaxe lá no campanárioEstarás repicando as nosas campásOu será fruto de noso imaxinário?

Por toda a nosa vida continuarásVeremos tua silhueta la no campanárioTocando sin parar as nosas campásXuro! Non é fruto de noso imaxinário.

Nas noites calmas sempre se oiránO eco das campás que nunca terá finE nosso campaneiro badabán dándán...E um anxo na pequena díndíndín díndín...

Badabán dándán díndíndín díndín…..Badabán dándán díndíndín díndín.....Badabán dándán díndíndín díndín......Badabán dándán díndíndín díndín.....

creación literaria

homenaxe a alfonso chedas sangiao, campaneiro de ouzande

manolo de cabanas

Page 18: Carreiros 7 (2008)

entrevista a lorena nieves

carr

eiro

s17

Noelia Bouzón Docampo

¿Como se formou o universo e o planeta no que vivimos? ¿Queé o que está a pasar por enriba das nosas cabezas? Tarde ou cedo, todosacabamos por facernos estas preguntas.

E para resolver estas e outras moitas inquedanzas sobre o uni-verso que nos arrodea tivemos connosco o pasado mes de maio a LorenaNieves Seoane, estudante de Física e amante da Astronomía.

Os participantes no curso asistiron a dúas clases teóricas e pos-teriormente levouse a cabo unha observación práctica. As explicaciónsde Lorena espertaron un grande interese entre os asistentes, xa que nondeixaron de facer preguntas e ata se deron pequenos debates sobre otema, prestando grande atención aos aspectos físicos do Universo expos-tos.

A observación práctica levouse a cabo ben entrada a noite noCastro de Barbude.

Ademais de observar algún que outro planeta co telescopio,puidemos localizar constelacións como a Osa Maior, Orión, a con-stelación do Cisne..., coa axuda dun planisferio celeste. Esta parte prácti-ca provocou un grande entusiasmo, xa que incluso acudiron persoas quenon participaran no curso.

Quixemos coñecer as impresións de Lorena, xa que entre outrascousas, era a primeira vez que impartía este curso.

anacos de universo

Page 19: Carreiros 7 (2008)

noelia bouzón docampoentrevista a lorena nievesca

rrei

ros

18¿Como e cando empezou a túa afección pola astronomía?

Ben, a verdade é que non me lembro exactamente cando foi,pero supoño que a curiosidade de saber qué é iso tan fermoso que tin-tinea no ceo sería o meu primeiro paso a esta afección. Pero sobre todolembro, cando tiña 13 anos, o paso do cometa Hale-Bopp, foi candomeus pais decidiron comprarme o meu primeiro telescopio, porquequedaba horas e horas embobada mirando ao ceo para ver o cometado que tanto falaba a xente. Eu xa tiña coñecemento de constelaciónse algunhas estrelas, pero recordo que aquel ano, decidín que queríasaber máis.

Supoño que, ao igual que todos, cando eras unha nena te facías unhamorea de preguntas sobre o que vías alá arriba no ceo. ¿Que era o quemáis che fascinaba ou chamaba a túa atención? ¿E na actualidade?

O que máis me gustaba ver eran as estrelas fugaces. A min isoentusiasmábame, e aínda por encima o misticismo de pedir un desexoe que se che cumpra... Porque, cando es pequeno fas peticións tipo,“que mañá mamá me traia unha tableta de chiculate”, e claro, ao mel-lor ese día non, pero pola semana cha traía e atribuía ese “gran mila-gre” a que llo pedín a estrela fugaz. Pero conforme medras e vas pedin-do cousas máis imposibles, a túa fe empeza a decaer.

Actualmente as cousas que máis me emocionan dos obxectosque eu teño coñecemento do universo (que son bastante poucos), sonos buratos negros. Seguro que é porque é algo completamentedescoñecido e podes xogar moito coa imaxinación por iso das teoríasque hai acerca de viaxes no tempo, ou viaxes interestelares (aínda quese es un pouco realista sabes que iso é totalmente improbable). Pero émoi difícil saber que é ou non interesante na astronomía, porque todoé como unha gran filosofía que leva a outras moitas e rematas feito unlío. Por exemplo, cando oio falar dos “límites do universo coñecido”non podo deixar de preguntar, ¿e despois que ven? ¿e se non hai nada,que facemos aquí? É dicir, esas grandes preguntas que te fan sentir ínfi-mo.

¿Cal foi a idea máis ‘bestia’ que te fixeches para buscarlle explicación óUniverso de pequena?

Non sei, eu fun a unha escola relixiosa, e de aí atopaba a miñaresposta. Imaxinaba a Deus formando a Terra e a Adán e Eva e o restodos animais. De todas maneiras eu encargábame de poñer nerviosa a

miña mestra de relixión católica cando lle preguntaba cousas talescomo “¿e Deus non ten papá?”. Ela sempre me respondía con que Deusera o noso pai, cousa que eu lle respondía, “O meu papá chámaseRoberto, e el si que ten papá”. A profesora pasaba de min, pero sempretiven esa idea roldando na cabeza.O peor de todo é que quedei equedarei sen saber se Deus ten ou non papá.

¿Que é o que pensas sobre a relación entre a Astronomía e a sociedade?É dicir: ¿paréceche que a xente en xeral se interesa polo tema ou cresque é algo relativamente descoñecido para a maioría?

Realmente non podo dicir que o sei. Haberá de todo, xenteque non lle interese, outra que non encontra información ou alguénque lle explique, ou xente que empeza e non atopa os resultados queagardaba. É moi difícil tratar de responder a unha pregunta con unabano tan amplo de contestacións, cada persoa é un mundo. Aínda asícabe puntualizar que non hai moitos sitios nos que te informen do queé a astronomía.

Xa remataches os teus estudos de Física na Universidade de Santiago deCompostela. ¿Que é o que estás a facer agora? ¿Cara onde orientas o teufuturo profesional?

Agora estou na facultade de ciencias en Ourense, onde prosi-go os meus estudos de Física, pero orientados cara ao medio ambiente.O cambio climático está moi presente na vida do día a día, e gustaríamerematar os meus estudos cara a esta orientación. En Santiago é bas-tante difícil a carreira, e as orientacións que hai son moi teóricas(exceptuando a vía da electrónica) e estaba bastante desanimadaporque non me gustaba ningunha das ramas. Así que decidín ir aOurense a rematar a carreira e a facer algo que me gusta de verdade.Cando remate, todo depende, porque tal e como están as cousas casenon sabes que che pode pasar mañá, para máis, falar dentro dun oudous anos. Dende logo, gustaríame quedar investigando no grupo deAtmosféricas da universidade ou traballar nunha empresa que sededique a estudar as consecuencias do cambio climático na agricultura(polos cambios no ciclo de precipitacións e temperaturas) ou na pesca(consecuencias do quecemento global nas correntes de auga mar-iñas...) pero, tal e como está o mercado laboral supoño que emigrareicara Inglaterra ou Alemaña a facer curriculum e logo voltar para ver oque hai.

Page 20: Carreiros 7 (2008)

entrevista a lorena nievesnoelia bouzón docampo

carr

eiro

s19

Esta é a primeira vez que impartes un curso de Astronomía. ¿Como foi aexperiencia? ¿Cales son as túas impresións acerca del? ¿Pensas volver arepetir a experiencia nun futuro?

A experiencia foi xenial. Non agardaba tanto entusiasmo porparte da xente, pensaba que ían vir os meus compañeiros de Retrousoe case por compromiso e ó final atopeime cun grupo bastante grandede xente. Foi inesquecible por ser a primeira vez que expoñía en públi-co e fóra da facultade, pero tamén porque o pasei e desfrutei comounha nena cunha bolsa de gominolas (quitando os primeiros 10 minu-tos que estaba coma un flan). Creo que a xente o pasou ben e quedoucontenta. (o final aplaudiron e todo). En canto a volver iso xa nondepende de min, pero estaría encantada de volver a facelo e inclusopara a xente que quedou con ganas de ampliar os coñecementosadquiridos. Estou tremendamente agradecida á asociación non só pordarme a oportunidade de impartir este cursiño, senón que tamén polotrato que recibín.

Sabemos que es unha persoa polifacética. Ademais da Física e daAstronomía, ¿con que outras actividades ocupas o teu tempo?

A verdade é que fago demasiadas cousas, e a ningunha llededico o tempo que me gustaría. Por exemplo toco a gaita en Retrouso,bailo no grupo tradicional Raiolo de San Xián de Sales, xogo ao fútbolsala e algunhas cousiñas máis por aí. Pero como dicía non lle dedicotempo suficiente e isto remata por pasar factura, de xeito que as veceschegas a un momento no que precisas máis tempo para seguir avanzan-do, e as veces non dispoño de tal tempo, polo que teño que escoller.

Page 21: Carreiros 7 (2008)

crónica carreirosca

rrei

ros

20

Especial, porque o 2008 supuxo para o noso grupo un salto moiimportante, tanto nas actuacións como no seu éxito nos concursos nosque participou.

Repetiron na Sala Nasa, nos seus afamados seráns, o 16 dexaneiro. Festa, coma sempre, moi animada, onde Retrouso puxo a bailarao persoal.

Houbo, xa no verán, varias actuacións en parroquias da contor-na, como Riveira, Vinseiro e nas Festas de Ouzande, ou no Centro SocialSetestrelo da Asociación Kenkeirades-Espazo Aberto da Estrada. Perorealmente, a actuación do ano foi, sen dúbida, a participación no IX Folkde Callobre. Un dos mellores festivais de música de raíz de Galiza quecontou coa participación dos nosos músicos, nunha noite inesquecible, ena que foron tratados como reis pola organización, que foi perfecta.Pensamos que Retrouso correspondeu cunha actuación moi boa, quemesmo foi comentada na prensa.

E nos concursos tamén destacamos. O día 6 de abril de 2008,alá pola tardiña no Auditorio de Arteixo, aguantabamos o alento candofaltaba por anunciar o grupo gañador do IX Concurso de MúsicaTradicional Xiradela. Cando soou o nome de Retrouso pois, nin volo pod-edes imaxinar, choutamos de alegría nos asentos vendo como César eAntonio levantaban os brazos e recollían o premio. O aplauso do públicofoi unánime. O trunfo merecido.

Xa no mes de setembro, en Ponteareas, unha participación máisno mellor concurso de Galicia. A actuación do grupo foi impecable, o quepasa que os rivais tiñan un nivel altísimo. Fixéronse co triunfo OsChupacabras cunha actuación extraordinaria e orixinalísima, e Retrouso,aí lle andou, pertiño dos postos de honra. Non gañastes pero para nóssodes os mellores. O ano completouse coa participación en certames deLuou e Pontevedra. Retrouso de Ouzande xa soa por aí adiante.

E como non, que sería de todas as actividades e festas que orga-nizamos sen eles, pois moi aburrida a cousa...

Por certo, se queres ver e escoitar actuacións de Retrousopodes entrar na nosa canle de televisión en internet:http://es.youtube.com/afervenzadeouzande

retrouso, un ano moi especial

Page 22: Carreiros 7 (2008)

carreiros crónica

carr

eiro

s21

Unha vez que o Músicas da Terra pasou a mellor vida, démosllea benvida á Fervenza de Músicas. Esta é outra cousa. Máis pequena enmoitos aspectos, pero igual ou máis grande noutros: festa, diversión ecompartir. Isto era o que pretendiamos cando proxectamos a actividadee cremos que o conseguimos xa na primeira edición. Xuntouse un bonúmero de afeccionados á música, á festa e tamén ao polbo e ao chur-rasco arredor de catro grupos que se entregaron para pasáreno ben epara que nós o pasaramos tamén.

Abriu a festa Retrouso, que xogaba na casa, e que descubriu unanimador en potencia, o Alfonso, e aínda que moita xente aínda lle esta-ba dando ao polbo, comezaron animando moi ben. O Regato deMatamulleres, de Callobre puxo todo o seu bo facer no campo da festa,asinando unha actuación extraordinaria, xenerosa que comezou a facerque foramos tirando o frío do corpo. O grupo de Teo, Xa son faif, puxo anota de calidade e, para rematar, festa e máis festa. A requinta daLaxeira, de Sarandón, meteuse, literalmente, ao público no peto.Rematamos suando e bailando polo campo da festa, entregados e entre-gadas ante o bo facer dunha agrupación que, non só toca ben, senón queé capaz de poñer a bailar e a choutar a todos os asistentes á festa.

E o ano que vén, máis. Con camiseta e todo.

I fervenza de músicas

Page 23: Carreiros 7 (2008)

crónica carreirosca

rrei

ros

22

Volveron soar as campás de ano novo en Ouzande. Por se acaso,alguén tiña preparados uns foguetes, co que a celebración foi por parti-da dupla: doce badaladas e doce foguetes serviron para darlle a benvidaao 2008. Non faltaron as uvas, nin a alegría, nin a festa, como se ve.....Por certo, Dj Adán, insuperable.

O obradoiro de cabazos creativos, con obradoiro de carteisincluído, deu comezo á celebración da Festa do Outono, alá polosprimeiros de outubro. Ala vai un ano xa. Cabazas a eito, reconvertidas enterroríficas caveiras iluminaron as primeiras horas da noite; e despois,castañas e viño. Un magosto bastante concorrido, no día que ademaisescolliamos alcalde de barrio. Non faltou a música de Retrouso e achega-dos para poñer remate á festa.

magosto

fin de ano

Page 24: Carreiros 7 (2008)

carreiros crónica

carr

eiro

s23

Pintámonos, disfrazá-monos, comemos e bebemos, ecomo este ano non fomos cantaras coplas pola parroquia, aí vosqueda unha pequena mostra:

Os cegos da fervenzaaquí outra vez están,cantaremos as nosas coplasmellor con chourizo e pan.

Este ano no concelloxa hai alcalde novo,fixeron as votaciónse A Estrada xa ten Dono.

Novo alcalde prá parroquiatamén tivemos que escoller,saleu Anxel de Chedasen menuda se foi meter.

Escoita señor alcaldeo que che temos que pedir,tés que mirar por Ouzandeporque así non podemos seguir.

Que rematen os sumidoirose conto de nunca acabar,non sei canto tempo levanque parece a obra do “Escorial”

Empezaron a abrir ghabiasporque viñan as eleicións,quedou todo cheo de fochascando pasaron as votacións.

Mentres tanto, pasa o tempoe sen “aceras” seghuimos,vai chegar antes o AVEmira que che son lentiños.

de máscaras e coplas

Rosa, Manu, Alex e Noe encargáronse de renovar o aspecto evestuario do home do saco, que, por certo, a algún lle recordaba aDomingos de Camba..., por que será?

Queimamos todo: o home do saco, o saco e todo o malo quequixemos. Saltamos a fogueira, asamos chourizos, comémolos, bebemosviño, pasámolo ben e lavámonos con auga de rosas. Que máis se podepedir? Que, o ano que ven, máis.

lumeiro

Page 25: Carreiros 7 (2008)

crónica carreirosca

rrei

ros

24

Quen ten cu ten medo. Os espíritos das tebras baixaronpolo regueiro da Fervenza, o vello camiño de carros estivo cheo deánimas en pena, a noite caeu sobre Ouzande deixando a parroquiaás escuras. A luz eléctrica deixou de alumear. O frío e a humidadechegáronnos aos ósos…

E, a pesar diso…, houbo festa. É certo que choveu, quehabía espíritos no acceso ao Muíño do Rubio, que non había luzeléctrica. Pero todo é nada cando queremos recordar os vellostempos, a unión nacida de ir moer pola noite, o valor de compartircea baixo os carballos da Fervenza, houbo borrachos de mentira emúsica de verdade, en Ouzande pasamos unha vez máis UNHANOITE NO MUÍÑO. E que sexan moitas máis!

unha noite no muíño

Page 26: Carreiros 7 (2008)

carreiros crónica

carr

eiro

s25

A escritora e actriz Paula Carballeira ben sabe que Ouzande eArmenia teñen algo en común, e por iso trouxo á parroquia o seu xenio,a súa maneira de contar. E con esa arte que ela ten coas historias encheuo noso local social de princesas feas e príncipes parvos, de bicos e derisos; trouxo á mesmísima Sherezade, as aventuras das máis variadaspersonaxes…

O 14 de xuño é unha data que recordaremos con cariño, polapaz, liberdade e amor que nos transmitiu Paula cos contos árabes, orien-tais, chineses, tristes e felices, emocionantes… Grazas, Paula. Grazastamén por deixar que te chamaramos Carmiña cun sorriso nos beizos.Grazas, tamén, por facernos esquecer a Carmiña naquelas horas mara-billosas. Grazas Paula por volvernos deixar chamarte Paula e por darnostantos bicos na testa.

chuvia de historias

Page 27: Carreiros 7 (2008)

crónica carreirosca

rrei

ros

26

En Ouzande gústanos moito ir de excursión, o primeiro de xuñode 2008 fixémolo para descubrir unha cidade histórica e fermosa: Lugo.Partimos da parroquia cun autobús cheo e unha furgoneta para levar aosque xa non cabían no coche grande. Visitamos Santa Baia (Santa Eulalia,Santalla) de Bóveda, un monumento nacional de orixe romana que con-serva unhas pinturas murais do século IV. Desde ese templo fixemosunha pequena ruta a pé de cinco quilómetros que resultou ser moi fer-mosa e agradable.

Xa na capital xantamos á beira do Miño e paseamos polasmurallas da cidade. Foi moi interesante a visita aos restos dunha “villa”romana e mais ao centro de interpretación da muralla. Pasear polo cen-tro histórico foi unha delicia.

Na viaxe de regreso fixemos unha parada nos famosos pendel-los d´Agolada, que a pesar de seren coñecidos, moita xente non tiña vis-itado. Todo un gusto ir de excursión de Ouzande ao Lugo romano e rural.

lugo romano e rural

Page 28: Carreiros 7 (2008)

carreiros crónica

carr

eiro

s27

Este ano só saímos de ruta unha vez, pero a verdade é quepagou moito a pena. Celebramos a terceira edición da Ruta das Letras, o17 de maio, andando e lendo. Nesta ocasión planeamos unha fermosacamiñada polos montes de Ouzande para arribar ao Castro de Arcos ouMonte do Bispo, como por alí lle chaman. Como nas rutas anterioresdecidimos agasallar cun libro a todos e todas as participantes, coa novi-dade de que a obra neste ano sería do autor estradense David Otero, axeito de pequena homenaxe.

Presentouse un día anubrado, con chuvia ameazante. Ás noveda mañá, e preparados para a partida, recibimos a primeira sorpresa dodía cando vimos chegar ao propio David Otero, acompañado do seu filloSenén, que serviu de testemuña gráfica da xornada.

Subimos, coma sempre polos Muíños da Fervenza, onde leva-mos outra sorpresa, esta ben máis desagradable. Arriba do Muíño doRubio, de camiño para o de Salgueiro, atopamos cortados e derribadostodos os salgueiros, sabugueiros, carballetes e demais árbores queacaroaban o leito do regato. O paso fíxose complicadísimo e o espectácu-lo era desalentador. Por certo, a día de hoxe a situación segue nas mes-mas, con evidente perigo de incendio, a pesar da nosa solicitude ásautoridades.

En pouco tempo, e co sol indo e vindo, puxémonos ao pé doCastro de Arcos, que agardaba silencioso aos camiñantes. A chegada aoalto, coas escuras nubes coroando os montes de Xesteiras, foi espectac-ular, case mística. Miramos ao lonxe, e quixemos saber o que habíadespois. Dispuxémonos á baixada e logo chegamos á aldea de Ferreirosdespois de atravesar a Congostra de Lobos (así bautizada por nós),camiño por onde ía a xente de Ouzande que tiña fincas neses lugares.

A chegada ao adro supuxo o merecido descanso, despois dezafarmos da chuvia. Repartimos os libros e démoslle un cariñoso aplau-so a David, polas súas palabras e pola súa compaña. Deunos as grazas, unchisquiño emocionado. Nós tamén.

ruta das letras

Page 29: Carreiros 7 (2008)

crónica carreirosca

rrei

ros

28

xogos oulímpicos

10 de agosto, fachico, desfile, biciclentas, ximcarreta, baloncegho, levantamento de carozos, salto de toupa, diversión...

Page 30: Carreiros 7 (2008)

carreiros crónica

carr

eiro

s29

xogos populares

14 de setembro, trompos, bolos, birlos, chave, aros chalancas, bolas, a ra, clausura oulímpica e máis diversión...

Page 31: Carreiros 7 (2008)

crónica carreirosca

rrei

ros

30

En novembro do 2007 deu comezo o curso de cogomelos enOuzande. Moi atentos ás explicacións, os asistentes puxeron especialcoidado na Norma Esencial do Micólogo Precavido: “se non estás total-mente seguro do que é, non o collas”.

Para non correr riscos, o curso orientouse cara o estudo dunpequeno número de especies concretas, de xeito que estas non desenlugar a confusión.

O evento tivo grande afluencia de público, de dentro e fóra daparroquia. Puidose observar ademais que en Ouzande contamos conxente de certa experiencia e coñecementos sobre o tema.

O 25 de novembro tremeron os cogomelos na Somoza. Unhapanda de intrépidos alumnos, acompañados polo profesor e provistostodos de botas e cesto, encamiñáronse esa mañá dispostos a non deixarunha seta comestible en pé. Despois de botar toda a mañá percorrendoo monte, e a pesares do entusiasmo dos participantes,os resultados nonforon os esperados, ou polo menos non o suficiente para preparar a ceaprevista para a noite. Pero aquí o que non corre, voa. Para solucionar oproblema, esa mesma tarde cada afeccionado foi polo seu lado “aoescondite secreto”, e ao reunirse á hora da cea, o éxito foi notable. Nunambiente de camaradería e bo humor, preparouse unha exquisita ceacos cogomelos como ingrediente principal, cea que se prolongou ata benentrada a noite. Hai que repetilo.

curso de cogomelos

Page 32: Carreiros 7 (2008)

carreiros crónica

carr

eiro

s31

O 27 de xaneiro de 2008 celebrouse a Asemblea Anual da Asociación.Nunha tarde moi fría, xuntámonos no local un bo número de socios esocias para avaliar o exercicio anterior e para planificar o actual. O máisdestacado foi a decisión de suspender a organización do Festival Músicasda Terra, a proposta da Directiva. Tamén se acordou potenciar as activi-dades para reforzar os nosos recursos naturais e patrimoniais. Enrelación con isto, a Asociación entrou a formar parte do GDR 20, ungrupo de asociacións e Institucións que se dedicará a xestionar os prox-ectos dos novos Plans Leader Galiza na zona Ulla, Umia e Lérez. Taméntocaba renovación da Directiva, que continuará outros dous anos máis.Para rematar, miramos as fotos do ano pasado e tomamos un chocolatequentiño con biscoito.

xunta xeral anual

Este ano a AC A Fervenza de Ouzande colaborou na organi-zación en Ouzande de actividades ofertadas por outras Institucións. Aprimeira delas, organizada pola Concellaría de Medio Rural do Concelloda Estrada, consistiu na celebración dunhas xornadas de Xestión ForestalSustentable ás que asistiron un bo número de veciños e veciñas da par-roquia.

Durante catro días da última semana de maio e da primeira dexuño, diversos especialistas ofreceron charlas sobre temas tan impor-tantes para o aproveitamentos dos nosos montes como: a multifun-cionalidade do monte, a nova Lei de Incendios, a implantación de peque-nas masas forestais, subvencións forestais, a experiencia de aproveita-mento de Monte Cabalar e as Unidades de Xestión Forestal (UXFOR);estas últimas unha novidade moi interesante para podermos aproveitare rendibilizar mellor os nosos montes e que seguramente deberíamostratar de poñer en marcha, segundo opinaron moitos dos asistentes.

Recentemente, a finais do mes de outubro, solicitamos a cele-bración das Charlas sobre Saúde ofertadas pola Concellería de Sanidadedo Concello da Estrada e que versaron sobre saúde en xeral, dieta saud-able e prevención de accidentes na casa e primeiros auxilios. Taméntiveron unha boa resposta da veciñanza, a pesar do frío que nos veu nosúltimos días do mes.

outras actividades

Page 33: Carreiros 7 (2008)

carr

eiro

s32

carreiros

consello de redacción

publicación promovida pola ac a fervenza de ouzande

ouzande a [email protected]

subvencionado pola Presidencia da Xunta de GaliciaSecretaría Xeral de Política Lingüística

noelia bouzón xabier de camba manuel de topete laura de topete(supervisión lingüística)

rosa de cabanas(deseño e maquetación)

Fotografías: Arquivo Carreiros.

Ademais cedéronnos fotos: Xosé Manuel Liste, Natalia Carbajal, MiguelCarbajal, Xan Astorga, Fermín de Cabanas, Xabi Adán e Noelia Bouzón.

Fotografías antigas: Arquivo Carreiros. Este número, cedidas por ManuelPorto, Julio Porto, Familia Rodríguez Pazos, José de Pura, Elsa Porto.

Artigo de Florentino: cedidas por Familia Bouzón Docampo e porFlorentino do Rubio.

Dámoslles as grazas a todos eles pola súa colaboración.

Page 34: Carreiros 7 (2008)
Page 35: Carreiros 7 (2008)