Carta 1

4
Decembro 2012 Ola amigos e amigas!! Chámome Pingallo e vivo na Antártida, un lugar moi, moi lonxe de Arzúa!! Quería contarvos un problemiña…, onde eu nacín hai uns bloques de xeo enormes, tan grandes como o voso cole!!! Aos meus amigos e ás miñas amigas encántanos vivir aquí pero o xeo estase a derreter. E sabedes porque?? Porque algún dos inventos do ser humano contaminan e fan que a temperatura da Terra suba e iso dáñanos aos animais e ás persoas.

Transcript of Carta 1

Page 1: Carta 1

Decembro 2012Ola amigos e amigas!!Chámome Pingallo e vivo na Antártida, un lugar moi, moi lonxe de Arzúa!!

Quería contarvos un problemiña…, onde eu nacín hai uns bloques de xeo enormes, tan grandes como o voso cole!!! Aos meus amigos e ás miñas amigas encántanos vivir aquí pero o xeo estase a derreter. E sabedes porque?? Porque algún dos inventos do ser humano contaminan e fan que a temperatura da Terra suba e iso dáñanos aos animais e ás persoas.

Page 2: Carta 1

Eses inventos dos que vos falo son: o fume das fábricas e dos vehículos, a tala incontrolada de árbores, gastar máis enerxía da que se produce, tirar o lixo ao chan…e outras moitas cousas máis. Por isto, aínda que hai catro estacións: primavera, verán, outono e inverno, o clima está a

cambiar. Oístes falar algunha vez do CAMBIO CLIMÁTICO?Sei que algúns profes do cole crearon un lugar en internet que podedes visitar e onde vos

van explicar un pouco máis sobre todo isto, con contos, vídeos, xogos,… Ide á dirección: http://www.climantiarzua.blogspot.com

Eu quería pedirvos que me axudarades. Confío en vos e seguro que entre todas e todos pensades algunha brillante idea para deter o cambio climático.

Envíovos unha pequena táboa para que apuntedes as vosas propostas. Entre todos conseguirémolo!!!

Despídome polo momento cunha enorme aperta!!

Pingallo

P.D. Encántanme os xardíns do voso cole. Seguídeos coidando así de ben!!

Page 3: Carta 1

QUE SABES SOBRE O CAMBIO CLIMÁNTICO E A CONTAMINACIÓN?

AULA:

Proxecto Climántica. Ceip Arzúa 2012-13

Page 4: Carta 1

PROPOSTAS PARA A MELLORA

AULA:

Proxecto Climántica. Ceip Arzúa 2012-13