Catro vellos a principios do século XIX. Diálogo

9
Inés Barbeito Cal. Nº1 Ana Eirea Costoya. Nº6 Hadrián López López. Nº12

description

Traballo de Ines Barbeito, Ana Eirea e Hadrián López. IES Francisco Aguiar. Betanzos. Curso 2009-2010

Transcript of Catro vellos a principios do século XIX. Diálogo

Page 1: Catro vellos a principios do século XIX. Diálogo

Inés Barbeito Cal. Nº1Ana Eirea Costoya. Nº6

Hadrián López López. Nº12

Atópanse catro vellos, os de sempre, no bar de sempre, á hora de sempre, co amigo de sempre, o Alvariño. Discutiren, coma sempre,

Page 2: Catro vellos a principios do século XIX. Diálogo

era o deporte do día. Cadacal con súa teima. Está Xoan, defensor do rei e da patria; Tomé, o afrancesado; despois estaba Breogán, o máis novo e liberal; e por último, estaba Xoaquín, defensor de Jovellanos. Comeza a tertulia como de costume.

-E esta merda toda da Guerra que vos parece? Eu penso que tería unha fácil solución, aquí temos que ter unhas leis que nos organicen sen que ninguén nos someta. – sentenciou Breogán, mentres tomaba un grolo de viño.

- Pero que dis, meu?-interveu Xoaquín- se leis xa as temos, pero hai que contar co Rei tamén.

- Pois xa que o mencionas, habería de ser o noso soberano quen tivera todo o control, así poderiamos voltar a ser punteiros. E olliño… non digo eu isto, xa o dixo o mismísimo! – exclamou Xoan levantando as mans ao ceo.

- Pamplinas –dixo sen exaltarse Breogán- Ti es un moinante e non dis máis ca barrabasadas. O teu Rei está tan oxidado coma a porta do teu baño.

Tomé, que xa levaba un rato charlando coa botella de Alvariño, decidiuse por fin a falar:

- Eu non sei que burrada estades soltando de toda esas leis, Reis, e todas esas lerias, digo eu que se os franceses son os ricos haberá que apoialos, e máis despois do de Bayonne.

Page 3: Catro vellos a principios do século XIX. Diálogo

- Pero vamos a ver, Tomé –tratou de razoar Breogán, levándose un anaco de queixo á boca - O carallo do asunto non é ese, verdade Xoan? O que temos claro é que para solucionar todo isto o punto clave é a patria. Eu vexo claramente que todo isto que está a acontecer amósanos que hai que defender o noso, e botar a estes gabachos... e logo… xa se verá…

- A verdade, señores, é que eu creo que nin tanto nin tan calvo, e explícome: a necesidade de reforma da monarquía é evidente, máis tamén é, Breogán, que sempre houbo monarquía. Eu creo que o que habería que facer é copiar aos “ingresitos”, e mellor dúas que unha- quixo concluir Xoaquín

-Ti estás tolo! O pobo somos todos, uns temos máis cartos e outros tedes menos. Pero fan con nós o que queren. E a maioría, coma vós, que non tedes pesos máis que para pagarlle de vez en cando ao Manolo da Taberna. Menos mal que vos invito eu. Para que queredes dúas cámaras? Para que queredes aos señoritos de sangue? Nós somos a maioría e a voz deste país- respostou Breogán.

– Digo eu, para que queredes ós guiris se temos aquí ós franceses? A revolución foi o mellor deste “siglo”, eu non sei por que vos opoñedes tanto, está claro que non entededes nada, lacazáns… -interviu Tomé.

Namentres seguían a desputa, Manolo (o taberneiro) trouxo máis pan, máis queixo e máis viño, así que o tema non cesou.

Page 4: Catro vellos a principios do século XIX. Diálogo

-Vos, vos… é que non sei con que estou a tomar o viño, non vos entendo – dixo Xoán- eu xa non sei o que imos facer con vos. Parvos! Nin voz de país nin hostias, aquí quen manda é o rei, e mellor así.

-Oíches, parvo ti meu, que non es quen de ver que sin modernizarse, a monarquía abocarase ao fracaso- concluiu Xoaquín mentres comía un anaco de bola.

-Aquí temos que facer coma os madrileños e listo: eles non quixeron o francés, non? Pois fixeron ben –engadiu Breogán.

-Pois agora que eu non quero o que di este pobo, lévantome contra todos vós- engadíu Tomé, xa con dúas copas de máis. -Calma, calma! – apaciguou Xoaquín- non nos alteremos. Vai ser mellor que marchemos coas donas a durmir.

-Veña, xa pago eu! – anunciou Breogán.

Ó día seguinte, día 19 de marzo de 1812, os vellos volveron reunirse, coma sempre; no bar de sempre e co compañeiro de sempre. E coma sempre, comenzou a discusión, pero esta vez máis alporizada do normal.

-Víchedes? Que vos dixen? Eh? Eh? A Pepa, a bendita Pepa!. Non me queriades dar a razón e mirade, vencimos! – exclamou Breogán.

Page 5: Catro vellos a principios do século XIX. Diálogo

-Isto é moito, nin tanta lei nin tanto rei. Que ademáis do branco e o negro está tamén o gris, eh? – dixo nun ton desgustado Xoaquín.

-Non esquezas que ademías do termo medio, hai outro termo. Que pasa con nós, que pasa cos franceses?- interrompeu Tomé…

- Pasa que ese rei, non o escolleu a voz do pobo! – exclamou Xoaquín

- E que sabe a voz do pobo, ademáis do arado e das mans cheas de terra? O máis que poden saber é distinguir unha semente doutra, van saber elixir o que é bo para España?. O que é bo para o país, era o que estaba antes desta carallada, o noso desexado rei! – sentenciou Xoán.

- Se estes que ti dis que non saben nada, reunisen todos os seus coñecementos e os botaran contra os que son coma Tomé. Caerían moitos arados aplastándoos como formiguillas, O caso é que se decidan, pero teñen medo – aclarou Breogán.

- Non terían medo se existisen dereitos que os protexeran e se existise ademáis un rei que lles garnatise o pan para levarse á boca. –afirmou o jovellanista Xoaquín…

-Ves Xoaquín? Ti e máis eu queremos o mesmo: unhas leis eun rei.

-Vólvocho repetir! O teu rei ninguén o quere, o teu rei non o escolleu o pobo, o teu rei non é da patria! Entendiches? Quen vai saber mellor

Page 6: Catro vellos a principios do século XIX. Diálogo

que os españois o que seu país necesita? E quen mellor para gobernar España ca un español? – exclamou alporizado Xoaquín.

- Calade oh! Aquí cos dereitos xa chega, a nación non necesita a ninguén que goberne ás súas vidas que xa están bastante afondadas na miseria, e menos se non é elixido por ela mesma.

-Ai! Ai meu deus! Pero ti es republicano! E ademáis estás tolo!, como non vai haber alguén que manteña un orden? Vos non vedes o ben que nos ía con Carlos ate que se meteu polo medio o mal nacido gabacho de Napoleón? –dixo sorprendido Xoán.

- Equivócaste meu ben querido Xoán, claro que hai alguén que manteña un orden, pero sobre o que primen as libertades, e compadre este éche o presidente!, e si, é escollido polo pobo, non como o rei que ti tanto defendes.

-Porque o meu rei escolleuno o todo poderoso! E creo que ten máis autoridade que o teu pobo, non si meu? – respondeu ironicamente Xoan.

-Falacias, falacias, falacias, todo falacias!- exclamou Xoaquín- Non vos dades conta que tan malo é o pan tanto se é todo miga como se é todo corteza?. Quero dicir, que de pouco vale que só haxa rei se o final imos bailar todos ó son que el marca; e de pocuo vale que a marioneta do poder esté en mans da patria, se esta non sabe mover os fíos.

- Xa cho dixen antes! Isto é o que está a facer Napoleón.

- Diso nada, embusteiro!- exclamaron todos á vez.

Page 7: Catro vellos a principios do século XIX. Diálogo

-Mirade, así como eu marcho de aquí, non vai pasar o mesmo cos franceses neste país, que vos quede claro! E……e…. e eu non pago a ronda!

Tomé marcha mentres que os vasos con Alvariño tremen con portazo, e Breogán intevén de novo:

-Que tal se deixamos a desputa, total, o que xa está feito estes tres vellos non o imos desfacer. Veña! Convídovos a unhas cantas rondas!

Entre vasos de viño, Breogán logrou que os dous vellos acabasen sendo partidarios da súa postura. E foi así, foi así como os liberais conseguiron apoios para a súa causa no camiño do progreso; entre vasos de viño Alvariño.

Inés Barbeito Cal. Nº1Ana Eirea Costoya. Nº6

Hadrián López López. Nº12