Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf ·...

42

Transcript of Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf ·...

Page 1: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 2: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 3: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía do rueiro. Normalmente as noites son tranquilas en Narón. Pero aquel sábado, ao amencer, todo cambiou...

De súpeto, escoitei un ruído moi raro. Algo deixouse ver entre as nubes. Semellaba unha especie de paxaro con sombreiro. Un momento! Non podía ser certo! Aquilo non era un paxaro, era unha bruxa das de verdade! E ía chocar có centro da cidade.

—Torce á dereita! –rosmei– Non, á esquerda! –rectifiquei–. Un pouquiño más ao medio! –berrei– Coidado co semáforo! Non te saltes o STOP!

Page 4: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 5: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Pero non houbo nada que facer... ¡PATAPLUM! A bruxa levou un porrazo tan grande que case non o conta. Menos mal que non se fixo dano. Aquel sombreiro debía de ser máxico.

A bruxa ergueuse como se nada e dirixiuse a un garaxe que había ao lado do centro comercial. Axitou a súa variña pronunciando un conxuro e...¡Zas! En dous segundos o garaxe quedou convertido nunha máxica axencia de viaxes.

Do seu sombreiro sacou un luminoso letreiro que colgou na porta:

Cuquiña, bruxa experta en viaxes máxicos por encantamento.

Decidín presentarme á bruxa e revisar se tiña todos os papeis en regra.

—Bos días. Son Moucho, o policía do rueiro, e ti es...?

Page 6: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

—Cuquiña, bruxa experta en viaxes máxicos por encantamento. Organizo rutas en aspiradora voadora, robot xiratorio, vasoira eléctrica...E que son moi aventureira –afirmou moi contenta.

—Puf! Pero iso contamina moito –respondín. Mellor sería que utilizases a bicicleta, é mais ecolóxica- suxerinlle.

—Eco qué? –preguntoume estrañada.

—Ecolóxica –repetín–, xa sabes, respectuosa co medio ambiente. Supoño que tes todo en orde, ¿verdade? Carné de conducir, permiso de circulación, seguro, a rodaxe pagada na Deputación…

—Pois non! –exclamou–. No País das Meigalladas, de onde veño, non temos normas que regulen esas cousas.

Page 7: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 8: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

—E que fai unha bruxa coma ti en Narón? –preguntei intrigado.

—Verás, eu traballaba na axencia de viaxes da Meiga Cirila, ata que un día o Bruxo Papón contoume que ela me quería enfeitizar e converterme nun rato, así que escapei de alí pitando. Todo o mundo di que esta cidade é especial, que ten moitos habitantes e lugares preciosos para visitar como o Mosteiro do Couto, o Río Xubia, o Castro de Eiravedra e moito mais. Voar e facer conxuros é o que mellor se me da. Así que aluguei este local e puxen unha axencia de viaxes para andar de aquí para alá.

—Xa vexo –dixen pensativo.

Page 9: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 10: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Collín o código de circulación da miña mochila e dinllo á bruxa. Cuquiña colleuno e comezou a lelo moi entusiasmada.

—Este libro está cheo de encantamentos e de sinais máxicas! –exclamou.

—De verdade? –preguntei abraiado.

—Pois claro! É máxico que o sinal de STOP faga deter os vehículos, que os semáforos regulen o tráfico nas estradas e que unha cebra poña as súas raias no chan para darlle paso aos peóns.

Page 11: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 12: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Nese intre deume un ataque de risa...

—Cuquiña, chámase paso de cebra pero as raias non son as dunha cebra de verdade –aclareille.

—Xa me parecía a min –respondeu Cuquiña un pouco avergoñada. E que no País das Meigalladas non temos normas de educación viaria. E claro, o tráfico é un auténtico desastre. Tampouco levamos cintos de seguridade, pois os nosos vehículos levan conxuro de emerxencia.

Page 13: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 14: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Moi disposto collín a aspiradora de Cuquiña e fíxenlle uns cantos cambios. En dez minutos xa tiña todo listo.

—Aquí tes. A túa aspiradora xa cumpre as normas de seguridade: engadinlle un cinto e modifiquei o tubo de escape, así contaminará moito menos.

—Moitas grazas –respondeu Cuquiña encantada–. Ven comigo, imos facer a nosa primeira viaxe máxica.

Page 15: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 16: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Cuquiña e mais eu comezamos a sobrevoar a cidade. Todos miraban abraiados para o ceo: Pato Renato, Can Xoán, Xoaniña Mariña...

—Baixade que nos queremos montar –berraban mentres corrían seguindo a nosa traxectoria.

Pero Cuquiña e mais eu seguimos voando sen parar. Despois dun anaco a miña cabeza xiraba como unha buxaina.

—Querida amiga, podemos aterrar? –pregunteille á bruxa.

—Por suposto! –exclamou Cuquiña.

Page 17: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 18: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Estabamos no Polígono Río do Pozo. Baixamos da aspiradora e vimos que moi preto de nós había un posto de aluguer de bicicletas. Cuquiña quedouse mirando para elas.

—Gustaríame aprender a montar –dixo a bruxa.

—Veña! Aluguemos unha –animeina.

Antes de subir, a bruxa ollou o código para coñecer as normas de circulación e sinalización de bicicletas.

—Coloca ben o casco, Cuquiña –lembreille. Agora pon a sela á altura do guiador.

Cuquiña estaba guapísima e moi contenta de poder conducir unha bici de verdade. Aprendeu nun chisquiño e fíxoo moi ben. Non podía deixar de practicar. Aínda que caeu mais dunha vez.

Page 19: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 20: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 21: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

De súpeto, escoitamos un ruído tremendo. Non podía ser certo! Era outra bruxa que pilotaba, a toda velocidade, unha vasoira eléctrica! Viña tan a présa que ía chocar có centro da calzada.

—Bule, bule! –berrou Cuquiña.

Eu non entendía o que sucedía...

—É a Meiga Cirila, que venme enfeitizar e como un rato vaime deixar –clamou desesperada.

Page 22: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Empecei a voar como nunca antes o fixera. Cuquiña, montada na bicicleta, pedaleou a escape e chegou ata o Feal.

—Colle o carril bici, así poderás escapar –suxerinlle.

Cirila quixo aterrar e tropezou cunhas árbores do lugar. Caeu ao chan pero aínda así tivo forzas para estender a súa variña. Apuntou a Cuquiña e...

Page 23: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 24: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 25: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

—Aiiiiiii –berrou a Meiga Cirila.

Pato Renato, Can Xoán e Xoaniña Mariña, que viñan seguindo a Moucho e Cuquiña, lle deran unha trabada das boas. Cuquiña escoitou os berros, parou a súa bicicleta e mirou cara atrás.

—Podes regresar, Cuquiña –berrei. Esta bruxa xa non te pode facer ningún mal –dixen mentres lle quitaba a variña máxica.

Page 26: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

A Meiga Cirila non paraba de chorar. Non entendía porque todos a trataban fatal.

—Agora xa non a podes enfeitizar. Vaite por onde viñeches e te deixaremos en paz –afirmei contundente.

—Enfeitizala? –preguntou a Meiga entre bágoas. Nunca quixen tal. Eu quería felicitala porque é a mellor traballadora que tiven xamais.

—Pero ti non querías converterme nun rato? –preguntou Cuquiña regresando paseniño–. O Bruxo Papón foi o que me dixo.

Page 27: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 28: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 29: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Cirila comezou a rir.

—Non! Eu quería darche un agasallo non transformarte nun rato. Papón é un pouco despistado. Non te deu ben o meu recado.

—Xa me parecía un pouco raro, pero tiven tanto medo que escapei pitando, queres perdoarme? –desculpouse Cuquiña.

—Si, a nós tamén –dixemos Renato, Xoán, Mariña e mais eu.

—Por suposto! –contestou a Meiga–. Por certo regresarás ao País das Meigalladas, Cuquiña?

Page 30: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Mirei á miña amiga desexando que rexeitase a proposta de Cirila pero non foi así.

—Regresarei, pero cunha condición. Que poñamos no noso país unhas normas de circulación. Durante este tempo aprendín moitas cousas en Narón. Cando conducimos temos que ter moita precaución. Ademais, os nosos vehículos contaminan moito e non teñen cinto de seguridade. Debemos establecer un código para evitar accidentes nas nosas cidades.

Page 31: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 32: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

A Meiga quedou sorprendida de todo o que estaba a escoitar.

—Estou de acordo –dixo sen mais.

—Botareite moito de menos –dixen magoado.

—Pero isto non é unha despedida! –exclamou Cuquiña–. Xa sabedes que a Narón chego deseguida. Así que virei a miúdo a visitarvos. Ademais, teño que seguir practicando coa bicicleta.

—Tes razón! –dixemos todos ao tempo.

Cuquiña e Cirila marcharon voando, pois a noite xa chegaba. As dúas levaban o casco na cabeza, o cinto de seguridade ben abrochado e o tubo de escape modificado. As bruxas sorrían mentres se perdían entre as estrelas.

Page 33: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 34: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 35: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

AVENTÚRATE A XOGAR CON MOUCHO E CUQUIÑA

(ACTIVIDADES)

Page 36: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

1. Une os puntos e descobre quen se agacha tras eles.

2. Colorea á bruxa Cuquiña e déixaa ben bonita.

3. Que é un paso de cebra? Explícao coas túas palabras.

Page 37: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

4. Ordena as escenas da historia.

7. Elixe dúas palabras que aparecen no conto e escribe unha oración con elas.

5. Que obxecto impediu que Cuquiña non se fixese dano ao aterrar en Narón? Rodea a resposta correcta:

a) Unha saia embruxadab) Un sombreiro máxicoc) Un anel monstruoso.

6. Colorea o debuxo do vehículo que contamina menos.

Page 38: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

8. Que lle contou o bruxo Papón a Cuquiña? Rodea a resposta correcta.

a) Que quería sacar o carné de conducir.b) Que os semáforos non son importantes.c) Que a Meiga Cirila quería convertila nun rato.

9. Ti tamén pensas que o Código de circulación é maxico?

10. Inventa un conxuro para engadir ao Código de circulación.

11. Axuda a Pato Renato, Can Xoán e Xoaniña Mariña a chegar a onde están Moucho e Cuquiña.

Page 39: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

12. Por onde deben circular as bicicletas? Rodea a resposta correcta.

a) Pola vía do tren.b) Pola beirarrúa.c) Polo carril bici.

13. Atopa as 5 diferencias que hai entre estes dous debuxos.

14. Pensa noutro nome para a Meiga Cirila e escríbeo.

15. Busca recortes de medios de transporte que non contaminen e pégaos dentro do recadro.

Page 40: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía

Moucho e CuquiñaPaula Merlán

© do texto orixinal: Paula Merlán© das ilustracións: Antonio Seijas

© desta edición: Edicións Embora eConcello de Narón, 2016

www.edicionsembora.esR/ Galiano, 63 - 1º. 15402 Ferrol

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra

só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento

desta obra na web www.conlicencia.com ou no teléfono 91 702 19 70

Impreso en GaliciaPrimeira edición: maio 2016Depósito Legal: C 762-2016

Page 41: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía
Page 42: Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza dopegadas.naron.es/public/Moucho_Cuquinha.pdf · Chámome Moucho e sempre ando a vixiar pola praza do Concello, pois son o policía