Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili...

12
60 Presentación da unidade A saúde e o seu coidado é unha das maiores preocupacións da sociedade actual e á que se dedican moitos recursos humanos e económicos. Un dos obxectivos da escola é proporcionar informa- ción e hábitos que permitan coñecer e previr as enfermidades e, en definitiva, manter unha boa saúde. Aínda que en unidades e cursos anteriores se trataron aspectos concretos relacionados coa saúde e hixiene de cada un dos aparatos e órganos estudados, a continuación encontrará varias páxinas que desenvolverán un estu- do sobre a saúde desde a perspectiva do avance científico: A caracterización da saúde como benestar físico, mental e social; os síntomas da enfermidade e as causas das enfermidades conta- xiosas. As causas dalgunhas enfermidades non-infecciosas. Medidas persoais para previr enfermidades e accidentes. A medicina e o traballo de profesionais ou organismos á hora de diagnosticar e tratar enfermidades. Os avances científicos relacionados co diagnóstico e co trata- mento da enfermidade e o concepto da saúde pública. As tarefas finais tratan sobre a prevención de accidentes domésti- cos e algunhas medidas sinxelas para proporcionar primeiros auxi- lios nos casos de accidentes. Recursos e materiais Para o tratamento da unidade, ademais do libro do alumnado e da proposta didáctica, seranlle de grande utilidade: Os materiais dixitais asociados á unidade, incluídos tanto no li- bro dixital coma na web de Anaya Educación (www.anayaeduca- cion.es). Materiais diversos sobre campañas de prevención da saúde, que poden obterse en Internet e tamén en clínicas ou ambulatorios. Relatos de experiencias persoais relacionadas con visitas a médi- cos, enfermidades ou accidentes. Suxestións xerais Ideas previas e dificultades de aprendizaxe Debe evitarse que o percorrido pola unidade sexa unha mera enu- meración de coñecementos, procurando que haxa unha vincula- ción coas experiencias persoais de rapaces e rapazas. En todos os casos está implícita a idea de prevención e de autoco- ñecemento. O obxectivo é que sexan capaces de describir sínto- mas cando caen enfermos, de tomar medidas para reducir no posi- ble infeccións e contaxios, de evitar accidentes e mesmo de coñecer cales son as mellores medidas para tratar as súas enfermi- dades, evitando a automedicación e solicitando axudas cando se- xa preciso. Procedemento de traballo Propoñemos facer referencia a experiencias persoais para, a partir delas, buscar causas e propoñer remedios. As súas visitas ao médi- co, os seus tratamentos na casa, a caixa de primeiros auxilios do- méstica ou pequenas noticias acerca da saúde pública, son tamén puntos de partida para desenvolver o aprendido. É importante que ao tempo se fixe o vocabulario da unidade. Ao estudar os avances científicos en medicina, poden recollerse noticias de xornal que tratan de novas terapias, de enfermidades raras ou de esforzos de distintos investigadores en relación co diagnóstico ou co tratamento de doenzas. Aprendizaxe cooperativa Como en unidades anteriores, propoñemos abordar varias activi- dades e tarefas en grupos informais e con estruturas sinxelas: folio xiratorio, lectura compartida, lapis ao centro, mapa conceptual a catro bandas e xogo das palabras. Tarefas relacionadas Propoñémoslle as seguintes tarefas relacionadas coa unidade. Estas tarefas detállanse no Plan de iniciación á actividade científi- ca desta proposta didáctica. Tarefas incluídas no libro do alumnado: «Os accidentes e a súa prevención». «Primeiros auxilios». Tarefas no apartado «Obradoiro de ciencias»: «Como estudar a importancia de lavar as mans». «Como estudar a importancia de lavar os dentes». Outras tarefas propostas: «Análise do prospecto dun medicamento». «Estudo dunha caixa de primeiros auxilios doméstica». Recompilación de análises clínicas, ecografías, radiografías... que ofrezan datos ou imaxes obtidos en análises médicas e de carti- llas de vacinación para traballar enfermidades infecciosas. Análise dos plans de evacuación do centro ou outras actividades relacionadas coa prevención de accidentes. Curso de primeiros auxilios a cargo de persoal especializado. Efemérides Como se sinalaba na unidade anterior, estamos no decenio da seguridade viaria. Pódense propoñer campañas para evitar acci- dentes. 7 de abril: Día Mundial da Saúde (ONU). Resultará interesante que as alumnas e os alumnos coñezan algunhas accións levadas a cabo pola Organización Mundial da Saúde e por voluntariados e ONG sensibles aos problemas que sofren grandes sectores da poboación mundial. Ciencia e saúde 4

Transcript of Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili...

Page 1: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

60

Presentación da unidadeA saúde e o seu coidado é unha das maiores preocupacións da sociedade actual e á que se dedican moitos recursos humanos e económicos. Un dos obxectivos da escola é proporcionar informa-ción e hábitos que permitan coñecer e previr as enfermidades e, en definitiva, manter unha boa saúde. Aínda que en unidades e cursos anteriores se trataron aspectos concretos relacionados coa saúde e hixiene de cada un dos aparatos e órganos estudados, a continuación encontrará varias páxinas que desenvolverán un estu-do sobre a saúde desde a perspectiva do avance científico:

•A caracterización da saúde como benestar físico, mental e social; os síntomas da enfermidade e as causas das enfermidades conta-xiosas.

•As causas dalgunhas enfermidades non-infecciosas.

•Medidas persoais para previr enfermidades e accidentes.

•A medicina e o traballo de profesionais ou organismos á hora de diagnosticar e tratar enfermidades.

•Os avances científicos relacionados co diagnóstico e co trata-mento da enfermidade e o concepto da saúde pública.

As tarefas finais tratan sobre a prevención de accidentes domésti-cos e algunhas medidas sinxelas para proporcionar primeiros auxi-lios nos casos de accidentes.

Recursos e materiaisPara o tratamento da unidade, ademais do libro do alumnado e da proposta didáctica, seranlle de grande utilidade:

•Os materiais dixitais asociados á unidade, incluídos tanto no li-bro dixital coma na web de Anaya Educación (www.anayaeduca-cion.es).

•Materiais diversos sobre campañas de prevención da saúde, que poden obterse en Internet e tamén en clínicas ou ambulatorios.

•Relatos de experiencias persoais relacionadas con visitas a médi-cos, enfermidades ou accidentes.

Suxestións xerais

Ideas previas e dificultades de aprendizaxeDebe evitarse que o percorrido pola unidade sexa unha mera enu-meración de coñecementos, procurando que haxa unha vincula-ción coas experiencias persoais de rapaces e rapazas.

En todos os casos está implícita a idea de prevención e de autoco-ñecemento. O obxectivo é que sexan capaces de describir sínto-mas cando caen enfermos, de tomar medidas para reducir no posi-ble infeccións e contaxios, de evitar accidentes e mesmo de coñecer cales son as mellores medidas para tratar as súas enfermi-dades, evitando a automedicación e solicitando axudas cando se-xa preciso.

Procedemento de traballoPropoñemos facer referencia a experiencias persoais para, a partir delas, buscar causas e propoñer remedios. As súas visitas ao médi-co, os seus tratamentos na casa, a caixa de primeiros auxilios do-méstica ou pequenas noticias acerca da saúde pública, son tamén puntos de partida para desenvolver o aprendido.

É importante que ao tempo se fixe o vocabulario da unidade.

Ao estudar os avances científicos en medicina, poden recollerse noticias de xornal que tratan de novas terapias, de enfermidades raras ou de esforzos de distintos investigadores en relación co diagnóstico ou co tratamento de doenzas.

Aprendizaxe cooperativaComo en unidades anteriores, propoñemos abordar varias activi-dades e tarefas en grupos informais e con estruturas sinxelas: folio xiratorio, lectura compartida, lapis ao centro, mapa conceptual a catro bandas e xogo das palabras.

Tarefas relacionadasPropoñémoslle as seguintes tarefas relacionadas coa unidade. Estas tarefas detállanse no Plan de iniciación á actividade científi-ca desta proposta didáctica.

Tarefas incluídas no libro do alumnado:

•«Os accidentes e a súa prevención».

•«Primeiros auxilios».

Tarefas no apartado «Obradoiro de ciencias»:

•«Como estudar a importancia de lavar as mans».

•«Como estudar a importancia de lavar os dentes».

Outras tarefas propostas:

•«Análise do prospecto dun medicamento».

•«Estudo dunha caixa de primeiros auxilios doméstica».

•Recompilación de análises clínicas, ecografías, radiografías... que ofrezan datos ou imaxes obtidos en análises médicas e de carti-llas de vacinación para traballar enfermidades infecciosas.

•Análise dos plans de evacuación do centro ou outras actividades relacionadas coa prevención de accidentes. Curso de primeiros auxilios a cargo de persoal especializado.

Efemérides•Como se sinalaba na unidade anterior, estamos no decenio da

seguridade viaria. Pódense propoñer campañas para evitar acci-dentes.

•7 de abril: Día Mundial da Saúde (ONU). Resultará interesante que as alumnas e os alumnos coñezan algunhas accións levadas a cabo pola Organización Mundial da Saúde e por voluntariados e ONG sensibles aos problemas que sofren grandes sectores da poboación mundial.

Ciencia e saúde4

Page 2: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

61

Anticipación de tarefas

Podemos dedicar un tempo a revisar os traballos grupais realiza-dos ou a pechar algúns deles antes de abordar as unidades relati-vas á materia e á enerxía.

En relación co próximo trimestre, podemos ir preparando instru-mentos de medida de lonxitude, masa e volume, e botar unha ollada a algunhas experiencias propostas. Tamén pode facer abas-to de materiais variados nos que estudar propiedades específicas.

Educación en valores

No Plan de desenvolvemento de actitudes e valores desta pro-posta encontrará suxestións e ferramentas para tratar e avaliar a adquisición polo alumnado dos estándares de aprendizaxe rela-cionados co respecto e coa responsabilidade cara ao propio cor-po; a aceptación das normas de hixiene; a perseveranza na adqui-sición de pautas para manter a saúde; e a gratitude ao valorar o esforzo de persoas e organizacións encargadas da saúde pública.

ESQUEMA DA UNIDADE

poden ser de dous tipos

como

como como

como

que están causadas por que están

causadas por

Infecciosas

Axentes infecciosos

Bacterias

Fungos

Protozoos

Virus

Drogas

Accidentes

Malas posturas

Mala alimentación

Causas distintas dos axentes infecciosos

Non-infecciosas

reducíronse nos países

desenvolvidos debido

Ao desenvolvemento da saúde pública

Aos avances en sistemas de

diagnóstico e de tratamento

poden previrse mediante

cúranse grazas

que actúa en dúas fases

Á medicina

AS ENFERMIDADES

Catarro, gripe, salmonela...

Traumatismos

Alerxias

Enfermidades cardiovasculares...

A hixiene

Unha alimentación saudable

O exercicio físico

O descanso

A autoestima

As condutas responsables

A sociabilidade

que se fai mediante

Diagnóstico

O estudo dos síntomas

As análises

que se fai mediante

Tratamento

Medicamentos

Cirurxía

Repouso

Masaxes

Electricidade ou Radioactividade

Calor

Técnicas de psicoloxía

Page 3: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

62

Suxestións metodolóxicas

Pártese dunha situación usual para describir as fases do tratamento dunha enfermidade. Serán tratadas un pouco máis adiante: o estudo de síntomas, a realización dalgunhas probas, o diagnóstico e o trata-mento. Os rapaces e as rapazas poderían relatar vivencias similares e expoñer os síntomas que sentiron nalgunhas fases da súa enfermida-de: dor nalgúns órganos do corpo, sudación, febre, trastornos dixesti-vos, arrubiamentos da pel, mucosidade, tose, mareos, insomnio ou adormecemento...

Faino en equipo

Tanto a busca de significados das palabras marcadas, coma a activida-de 4 sobre como conservar a saúde, pódense abordar cunha estrutura de folio xiratorio en grupos informais de catro membros.

Catarro (subst., masc.): inflamación infecciosa viral leve do tramo supe-rior do aparato respiratorio que produce esbirros, secreción nasal, dor de cabeza, ollos chorosos, tose, comechón de garganta, cansazo...

Estetoscopio (subst., masc.): (de stetos «peito», e scopio «oír»). Aparato destinado a auscultar e amplificar os sons do peito e doutras partes do corpo.

Temperatura (subst., fem.): medida do estado de calor dos obxectos ou dos corpos.

Febre (subst., fem.): aumento da temperatura corporal por enriba de valores normais, causado por infeccións ou inflamacións, que actúa co-mo resposta para axudar o corpo a combater os organismos que cau-san enfermidades. Adoita manifestarse por enriba dos 37 °C.

Contaxiosa (adx., fem.): que se comunica por contacto ou proximida-de, dun individuo infectado a outra persoa que non padece esa enfer-midade, a través do aire, da auga, do contacto persoal...

Virus (subst., masc.): (Procede do latín virus, que significa «veleno», e non é un organismo vivo propiamente dito). Entidade biolóxica que só se re-produce dentro dalgunhas células e que, en moitas ocasións, é orixe de infeccións, inflamacións e outras enfermidades máis ou menos graves.

En relación coa lectura: a) Enfermou por non se abrigar dabondo. En realidade, o seu corpo debilitouse polo frío, o que fixo posible que o seu organismo non puidese defenderse dos virus. b) Porque o seu arrefriado é contaxioso; ademais, iso dá tempo para que o corpo ven-za a enfermidade, xa que non hai un tratamento adecuado para curar o catarro, senón para paliar os síntomas. c) Un estetoscopio, que é o aparato colgado do seu colo que se observa na ilustración.

Comprende, pensa, investiga...

1 Sostén na súa man un termómetro; ao colo obsérvase o estetoscopio.

2 O estetoscopio consta dunha membrana que recolle as vibracións, unha pequena campá que os amplifica e dous condutos que rematan en dous auriculares que se colocan no oído externo. Así se amplifican e conducen as vibracións.

3 Resposta aberta na que poden recordarse os síntomas padecidos.

4 Actividade na que se solicta a conexión de contidos estudados en ocasións anteriores.

Deben recordarse algúns consellos dados en anos anteriores respec-to da alimentación adecuada, as oito ou dez horas de sono, a necesi-dade de exercicio físico e outros hábitos como a hixiene persoal e da roupa, o xogo e o descanso, etc.

O desafío

Este apartado ten unha intención motivadora. Considera un reto cuxa resolución implica a adquisición dalgúns dos estándares de aprendi-zaxe tratados na unidade. Nas páxinas finais da unidade proponse unha tarefa para darlle resposta a este desafío.

64 65

1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili­zan do o médico para recoñecer o neno.

2 Describide o instrumento que colga do colo do médico.

3 Cada membro do grupo, nomeade unha enfermidade que padecésedes e explicade o que experimentastes mentres as padeciades.

4 Opina. Para conservar a saúde todo o que poidas:

a) Como cres que debes alimentarte?

b) Cantas horas debes durmir?

c) Debes facer exercicio?

d) Indica que máis podes facer para conservar a túa saúde.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Cienciae saúde

Por que caemos enfermosAtópome un pouco mal, estou enfermo e levo dous días sen ir ao colexio. Cando me ergo da cama maréome deseguida, e es-tou suando todo o tempo. Ademais, non paro de tusir, e iso non me deixa durmir ben.

A miña nai di que collín frío e que teño un forte catarro; ade-mais, bótame a culpa por non me abrigar dabondo despois da clase de educación física; díxome que despois de facer exerci-cio, e aínda que esteamos suando, hai que abrigarse: fíxate nos futbolistas» —dicía— cando os substitúen por outro compañeiro sempre se poñen o chándal».

Creo que a miña nai leva razón...

Onte veu o médico verme, tomoume o pulso e escoitou o ruído do corazón e o dos meus pulmóns con ese aparato que adoitan poñerche no peito e nas costas. Por certo, pregunteille o nome dese instrumento e dixo que era un estetoscopio. Vaia palabras raras que usan os médicos!

Ademais, tomoume a temperatura, e ao ver que tiña febre re-ceitoume unhas pastillas para baixala, e un xarope para aliviar a tose e o malestar xeral.

Dixo que o catarro é unha enfermidade leve, pero contaxiosa, e que debía permanecer na casa unha semana para curarme ben e evitar transmitirlles os virus aos meus compañeiros da clase.

• Intentade definir as palabras destacadas na lectura. Des-pois, comparade as vosas definicións coas do diciona-rio.

•Respondede individualmen-te estas preguntas sobre a lectura e despois decidide no grupo as máis correctas:

a) Por que caeu enfermo o neno?

b) Por que debía quedar na casa o neno durante unha semana?

c) Que utilizou o médico pa ra escoitar os pulmóns?

4

FAINO EN

EQUIPO

O DE

SAFÍAo final da

unidade, saberías recomendar

consellos para previr

accidentes?

Page 4: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

63

Suxestións metodolóxicas

A definición de saúde proposta foi adoptada pola ONU en 1948, polo que ao longo da unidade se tratarán aspectos psicosociais.

Recomendamos considerar o uso dun vocabulario adecuado para describir os síntomas como un importante obxectivo, de cara ao auto-coñecemento e á caracterización das enfermidades.

Comprende, pensa, investiga...

Traballo coa imaxe

a) Si. Ten algunha rotura no brazo, xa que o ten escaiolado. b) Pode sentir dor e, nalgún caso, febre.

1 Resposta aberta.

2 Os síntomas son as manifestacións ou sinais dunha enfermidade, é dicir, os efectos que produce no organismo.

3 Actividade suxerida como evidencia para o portfolio do alumna-do de estándares de aprendizaxe avaliables. (Véxase programación).

a) Do arrefriado tratouse xa: mucosidade, tose, malestar xeral, febre (nos nenos pequenos), irritación de garganta... b) A varíola é case inexistente nas nosas sociedades, grazas ás campañas de vacinación. Comeza con síntomas similares aos da gripe, case sempre con febre; a continuación, aparecen pequenas ampolas na pel que poden deixar unha pegada permanente.

66 67

4

Unidad

e

1 Relaciona. Nomea dúas enfermidades infecciosas que sexan contaxiosas e ou­tras dúas que non o sexan.

2 Investiga e di que tipo de axentes infec­ciosos causan a gripe, a salmonelose e a malaria.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

As enfermidades infecciosasA saúde e as enfermidades Que é a saúde?

Se o noso corpo funciona ben e se nos senti-mos a gusto co que facemos, co noso ambien-te e cos demais, temos saúde.

A saúde é un estado de benestar físico, men-tal e social.

Que é unha enfermidade? En cambio, ás veces acontécenos algo que fai que o noso corpo non funcione ben ou que non nos sintamos a gusto. Dicimos que caemos en-fermos ou que padecemos unha enfermidade.

A enfermidade é calquera situación na que a nosa saúde se altera ou se perde en maior ou menor medida.

Unha enfermidade maniféstase con síntomas, que son os sinais de que algo non funciona ben no noso organismo. Os síntomas das enfermi-dades son moi variados, e cada unha adoita ter uns moi característicos.

Os síntomas máis frecuentes son febre, esbi-rros, tose, dor, irritacións ou inchazos da pel, esgotamento...

Segundo as causas que as provocan, diferen-ciamos dous tipos de enfermidades: as infec-ciosas e as non-infecciosas.

As enfermidades infecciosas son as que es-tán producidas polos chamados axentes in-fecciosos.

Os principais axentes infecciosos son:

• Algúns seres vivos microscópicos. Os máis frecuentes son bacterias, como Salmonella ou Pneumococo, fungos, como Candida, ou pro-tozoos, como Trypanosoma ou Plasmodium.

• Os virus. Son unhas partículas diminutas que poden entrar nas nosas células, destruílas e propagarse a outras células.

Os axentes infecciosos prodúcennos enfermi-dades cando entran no noso corpo e nos cau-san algún prexuízo.

A súa entrada no noso corpo prodúcese polo aire que respiramos, a través da nosa boca ou a través de perforacións na nosa pel, como as feridas ou as picaduras e mordedelas.

Tipos de enfermidades infecciosasHai dous tipos de enfermidades infecciosas:

• As contaxiosas, que se transmiten desde unha persoa infectada a outra sa a través da tose, dos esbirros, do contacto... Por exem-plo, o arrefriado, a gripe, a varíola...

• As non-contaxiosas, que non se transmi-ten de persoas enfermas a persoas sas. Por exemplo, a salmonelose, as infeccións de fe-ridas ou o tétano.

a) Paréceche que esta persoa está padecendo unha enfermidade? Explica por que o cres así.

b) Cales cres que poden ser os síntomas desa en-fermidade?

Traballo coa imaxe

a) Identifica. Observa as imaxes, busca información e describe estes axentes infecciosos.

b) Relaciona. Indica a que reino pertencen os das fotografías A, B e C.

c) Formula hipóteses. Os virus, como os da imaxe, son pouco máis que material xenético envolto en proteínas, pero a súa presenza nas nosas células destrúeas. Cres que os virus son seres vivos?

Traballo coa imaxe

A. Salmonella. É responsable de graves infeccións intestinais.

B. Candida. Produce

infeccións na pel que a irritan.

C. Trypanosoma. Responsable da gravísima enfermidade do sono.

D. Virus do arrefriado.

Prodúcenos esbirros, malestar, irritacións

de garganta...

Que curioso!

A gripe é unha das enfermidades máis frecuentes no mundo. É moi difícil de curar, porque cada ano é un pouco diferente e os medicamentos para com-batela deben ser novos.

1 Escribe no teu caderno os nomes de cin­co enfermidades que coñezas ou que padeceses.

2 Que son os síntomas? Pon exemplos.

3 Indica os principais síntomas destas en­fermidades que pode que coñezas ou que padeceses algunha vez:

a) Arrefriado. b) Varíola.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Consulta na web de Anaya os recursos asociados a este contido.

anayaeducacion.es

Suxestións metodolóxicas

Cando falemos das enfermidades infecciosas, podemos recordar as campañas de vacinación e a importancia dos antibióticos. Debe insis-tirse en evitar a automedicación, sobre todo con antibióticos, xa que crean cepas de bacterias resistentes que dificultan a loita contra a en-fermidade.

Os arrefriados, tan frecuentes en certas épocas, causados por virus, non poden curarse con antibióticos e é o propio corpo o que elimina o patóxeno, ao que axuda unha boa alimentación, o repouso...

Na web de Anaya Educación (www.anayaeducacion.es) pódese am-pliar información sobre estes contidos.

Comprende, pensa, investiga...

Traballo coa imaxe

Actividade de reflexión na que é preciso compilar e relacionar infor-macións diversas e conformar unha opinión fundamentada.

a) A Salmonella é unha bacteria que pode vivir no intestino do ser hu-mano e dalgúns animais. A Candida é un fungo da mesma clase ca os fermentos e que adoita vivir nas mucosas humanas. O Trypanosoma é un protoctista parasito que adoita transmitirse por insectos. O virus é unha estrutura non viva que só se reproduce nas células do organismo hóspede. c) Non. Non se nutren nin crecen; só se reproducen usando a célula que invaden.

1 Actividade de análise na que deben examinar e relacionar infor-macións.

Non contaxiosas: o tétano ou as infeccións causadas por feridas. Contaxiosas: a gripe, a varicela, a varíola...

2 A gripe é causada por un virus; a salmonelose, por unha bacteria cha-mada Salmonella; a malaria, por un parasito chamado Plasmodium.

Page 5: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

64

Suxestións metodolóxicas

Podemos informar de que a maior parte dos accidentes se producen no fogar, por causas, en moitas ocasións, doadas de previr.

As enfermidades nutricionais ás veces están asociadas a sedentaris-mo, escasa sociabilidade, ansiedade... e non só a un exceso de ali-mentos enerxéticos. Convén ser cautos ao tratar estes problemas, pa-ra evitar que algúns nenos ou nenas sexan sinalados polos seus compañeiros.

Na web de Anaya Educación (www.anayaeducacion.es) pódese am-pliar información sobre estes contidos.

Comprende, pensa, investiga...

Traballo coa imaxe

Actividade de reflexión na que é preciso avaliar as situacións que se mostran e conformar valoracións e xuízos fundamentados.a) Traumatismos. b) Obesidade. c) Unha alimentación saudable con variedade de alimentos dos distintos grupos e predominio de froitas e verduras, legumes, peixes, pasta, froitos secos; todo iso cociñado con aceite de oliva virxe extra.

1 Nutricionais: desnutrición e obesidade. Traumatismos: fracturas, tor-ceduras, escordaduras, contracturas, etc.

2 É a separación dos ósos dunha articulación.

3 Actividade de conexión na que é preciso transferir e aplicar dis-tintas informacións. Produce un envelenamento que pode causar danos moi graves na composición do sangue ou no sistema nervioso.

4 O escorbuto é unha enfermidade nutricional carencial, debido á au-sencia de vitamina C na dieta. Foi tratada por primeira vez no século xviii, cando un médico engadiu limóns e outros cítricos na dieta habi-tual dos mariñeiros. Cursa con síntomas moi variados: caída do pelo e dos dentes, hemorraxias en órganos internos, mala cicatrización das feridas; e pode chegar a ser mortal.

5 Actividade suxerida como evidencia para o portfolio do alumna-do de estándares de aprendizaxe avaliables. (Véxase programación).

a) A varíola é unha enfermidade infecciosa; describiuse anteriormen-te. b) A salmonelose está causada pola bacteria salmonela; causa mo-lestias intestinais, diarreas e, nalgúns casos, deshidratación. c) Unha escordadura de nocello é unha torcedura dolorosa, sen rotura de ósos nin ligamentos. d) A obesidade é unha acumulación excesiva de graxas debido a unha alimentación inadecuada e á falta de exercicio. e) A espiña bífida é unha enfermidade conxénita, ou de nacemento, e nalgúns casos hereditaria; é un trastorno do sistema nervioso, en par-ticular da medula espiñal. f ) O daltonismo é un trastorno nas células da retina, que dá como resultado unha deficiente percepción das co-res.

Actividades de ampliación

1 Que é unha alerxia? Cales son os profesionais especialistas nesta enfermidade?

Solución: É unha reacción esaxerada do sistema defensivo do noso corpo fronte a axentes como o pole, os contaminantes, algúns vele-nos de animais, certos alimentos. Os profesionais especialistas son os alergólogos.

Proxectos

Para investigar

Localizar envases baleiros de substancias perigosas que se mane-xan na casa (lixivias, deterxentes, amoníaco, colas, pinturas...) e es-tudar as advertencias que figuran nas súas etiquetas.

68 69

4

Unidad

e

5 Consulta as fontes que necesites e clasifica, indica a cau­sa e describe brevemente estas enfermidades:

a) Varíola. b) Salmonelose.

c) Escordadura de nocello d) Obesidade.

e) Espiña bífida. f) Daltonismo.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

As enfermidades non-infecciosas

As enfermidades non-infecciosas están pro-ducidas por outras causas distintas dos axen-tes infecciosos.

Algunhas das máis frecuentes ou coñecidas son as intoxicacións, os traumatismos, as enfer-midades nutricionais, o cancro e os tumores, as enfermidades cardiovasculares, as do estado de ánimo e as conxénitas.

As intoxicaciónsAs intoxicacións son enfermidades producidas por substancias tóxicas (como drogas, gases contaminantes, velenos...) que entran no noso corpo se as inxerimos, se as respiramos, se no-las inoculan seres vivos velenosos...

Os traumatismosOs traumatismos son cortes, queimaduras, frac-turas, luxacións, escordaduras, contracturas...

As súas principais causas son os accidentes, os sobreesforzos ou as malas posturas.

As enfermidades nutricionaisAs enfermidades nutricionais son as relaciona-das cunha mala alimentación. Destacan:

• A desnutrición e as enfermidades por falta de vitaminas, que se deben a unha alimen-tación escasa ou carente dalgúns nutrientes.

• A obesidade ou gordura excesiva, que á súa vez orixina problemas no aparato circulato-rio, e ten a súa causa nunha sobrealimenta-ción con demasiados nutrientes enerxéticos.

Os tumores e o cancroOs tumores e o cancro desencadéanse debido a un crecemento anormal e descontrolado das nosas propias células.

Poden desencadearse debido a radiacións ou a substancias tó-xicas ou simplemente a un mal funcionamento das células.

As enfermidades cardiovascularesAs enfermidades cardiovasculares son as que afectan o aparato circulatorio. Destacan as obstrucións dos vasos sanguíneos, ou trombose, e as cardiopatías, ou funcionamentos defectuosos do corazón.

Xeralmente débense a estilos de vida pouco saudables, con die-tas pouco equilibradas, falta de exercicio e exceso de estrés.

As alerxiasAs alerxias son reaccións esaxeradas das defensas naturais do noso corpo fronte a substancias como o pole, algúns alimentos, contaminantes, velenos de animais...

As enfermidades do estado de ánimoDúas das máis frecuentes son a depresión (tristura e desgana continuas) e a ansiedade (nerviosismo e medo excesivos). Po-den ocasionar insomnio (incapacidade para durmir).

Estas alteracións adoitan estar ocasionadas por sucesos ou si-tuacións moi difíciles na vida dalgunhas persoas, por unha falta de autoestima ou, nalgúns casos, pola acción das drogas.

As enfermidades conxénitasAs enfermidades de nacemento ou conxénitas, como a espi-ña bífida ou o daltonismo, están producidas por danos celulares herdados ou producidos durante a xestación.

Algunhas delas poden ser herdadas polos descendentes das persoas que as padecen.

Interpreta.

a) Indica que enfermidades pode causar a situa-ción que se observa na fotografía A.

b) Se a persoa da fotografía B se alimentase dese xeito tan desequilibrado moi a miúdo, que en-fermidade podería desenvolver?

c) Que alimentación lle recomendarías a esa per-soa para manterse con saúde?

Traballo coa imaxe

A

B

Que curioso!

Numerosos estudos científicos revelaron que o consumo regular e abundante de froitas e verduras reduce o risco de desenvolver al-gúns cancros e enfermidades car-diovasculares.

1 Cita dúas enfermidades nutricionais e dous traumatismos.

2 Descubre que é unha luxación.

3 Relaciona. Que tipo de enfermidade che produciría a picadura dunha víbora?

4 Investiga e di que é o escorbuto.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Consulta na web de Anaya os recursos asociados a este contido.

anayaeducacion.es

Page 6: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

65

Suxestións metodolóxicas

Podería comentarse co alumnado que, se ben a prevención é impor-tante, o seu exceso produce efectos indesexables, como o medo ante certas actividades, a desconfianza cara a alimentos e produtos e unha excesiva medicalización da sociedade. Como afirman algúns especia-listas, ante a prevención hai que ser prudentes.

Ponse especial énfase en aspectos psicosociais que non foron expos-tos en cursos anteriores. Ao igual que acontece coas persoas adultas, o benestar e a satisfacción persoal son condicións básicas para afron-tar os pequenos problemas da vida diaria e, ademais, teñen efectos beneficiosos na saúde de nenos e nenas.

Podemos formar grupos de dous ou tres alumnos ou alumnas, coa estrutura de números iguais xuntos. Tras estudar algúns carteis publi-citarios, pódeselles pedir que confeccionen avisos, cun lema e cunha imaxe, dalgúns aspectos relacionados coa prevención de accidentes ou co coidado da saúde. O resultado dun traballo pode ser: non prac-ticar un xogo agresivo nin perigoso. Non manipules o interior de apa-ratos eléctricos. Sigue unha alimentación saudable. Mantén unha pos-tura adecuada mentres atendes na clase. Fala cun adulto cando teñas problemas que non saibas resolver. Non manexes substancias que poidan ser velenosas... En todos os casos, os lemas acompañaranse de imaxes. Esta tarefa ten proxección na casa ou no obradoiro de Plástica.

Comprende, pensa, investiga...

Que curioso!

Actividade de inclusión para empatizar coa poboación de países po-bres.

Neses países, a escaseza de auga e de medios dificulta a hixiene e a toma doutras medidas preventivas, polo que neles é máis doada a proliferación de enfermidades infecciosas e intoxicacións. Coidar a hi-xiene é un sistema sinxelo e barato de prevención de enfermidades.

70 71

4

Unidad

ePodemos previr as enfermidades

A prevención de enfermidades é a aplica-ción de certas medidas e hábitos saudables que diminúen o risco de padecelas.

Para que a prevención sexa eficaz, é fundamen-tal que exista unha educación para a saúde.

Grazas a ela, as persoas podemos coñecer esas medidas e hábitos saudables e tomar decisións responsables sobre a nosa saúde.

A hixiene A hixiene consiste en manter limpos o noso corpo, o noso ámbito, as cousas que utiliza-mos, os alimentos que tomamos...

Grazas á hixiene, elimínanse moitos microorga-nismos e virus que poderían causarnos enfer-midades infecciosas e moitas substancias tóxi-cas que poderían producirnos intoxicacións.

A alimentación saudable Ter unha alimentación saudable implica tomar alimentos de todo tipo, que nos acheguen as cantidades adecuadas de auga, hidratos de carbono, graxas, proteínas, vitaminas e mine-rais que necesita o noso corpo.

Cunha boa alimentación diminúese o risco de padecer enfermidades nutricionais, cardiovas-culares e cancros, entre outras.

O exercicio e a postura adecuada Realizar un exercicio físico regular fortalece e mantén activos os nosos aparatos locomotor, circulatorio e respiratorio. Tamén evita a obesi-dade pois consome a enerxía dos nutrientes e así non se acumulan en forma de graxa.

Manter unha postura adecuada ao andar, ao estar sentados ou ao cargar pesos (que nunca deben ser demasiado grandes) evita que os ósos e músculos das nosas costas se deformen e nos causen dor.

O descanso e o sonoConvén descansar periodicamente e durmir en-tre 8 e 10 horas ao día, sobre todo á túa idade.

Ao durmir, repoñemos enerxía, defendémonos mellor dalgunhas enfermidades infecciosas, crecemos se estamos en idade de crecer e o noso cerebro fixa o que aprendemos.

A autoestima A autoestima implica estar conforme e con-tento co aspecto físico, coa forma de ser e co modo de actuar dun mesmo.

Se temos unha boa autoestima evitamos as de-presións, a ansiedade, a falta de sono e, en xe-ral, contraemos menos enfermidades.

A sociabilidade A sociabilidade é o trato amigable con outras persoas: ter amigos e compartir con eles xogos ou afeccións, falar dos nosos problemas con persoas de confianza, axudar...

A sociabilidade evítanos preocupacións, mello-ra a autoestima, axuda a resolver conflitos...

A conduta responsable Cada persoa é responsable de coidar a súa saúde. Por iso, é importante:

• Que intentemos seguir os consellos anterio-res para a prevención de enfermidades.

• Que tratemos de coñecer o noso corpo e al-gúns síntomas de enfermidades.

• Que teñamos precaución para evitar acci-dentes, lesións, intoxicacións ou contaxios.

• Que acudamos a unha consulta médica cando nos sintamos enfermos ou para unha revisión.

Razoa se o menú que está representado na imaxe é saudable.

Traballo coa imaxe 1

Interpreta. Por que estas persoas teñen unha con-duta responsable para conservaren a saúde?

Traballo coa imaxe 2

Que curioso!

Sabías que hai un Día Internacional do Lavado das Mans? Este hábito é moi importante para evitar-mos infeccións pero é moito máis importante en países con poucos medios e escaseza de auga, que en países desenvolvidos. Por que cres que é así?

1 Dá dúas razóns polas que cres que unha persoa da túa idade debe durmir entre 8 e 10 horas diarias.

2 Explica que son a autoestima, a sociabi­lidade e a conduta responsable e di por que axudan a conservar a saúde.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

Traballo coa imaxe 1

Actividade de análise e valoración. O alumnado debe examinar a in-formación da imaxe, reflexionar e transferir e aplicar informacións acerca da dieta saudable.

Si, é saudable porque contén alimentos dos distintos grupos en pro-porcións adecuadas.

Traballo coa imaxe 2

Actividade de análise da información da imaxe na que deben encon-trar evidencias que leven a inferir a súa resposta.

Porque está descansando e mentres durmimos repoñemos enerxía, fixamos aprendizaxes, crecemos. Porque a práctica do exercicio físico, como montar en bicicleta, fortalece o aparato locomotor e o aparato circulatorio; ademais, axuda a manter o peso adecuado, relacionámo-nos cos demais...

1 Aténdose ao exposto: repoñemos enerxía, o noso cerebro fixa apren-dizaxes, o noso corpo deféndese mellor de enfermidades, crecemos...

2 A autoestima é a valoración positiva dun mesmo. A sociabilidade, o trato amigable con outras persoas. A conduta responsable, o conxun-to de actuacións que nos fai ser prudentes e seguir consellos para manter a saúde.

Plan de iniciación á actividade científica

O obradoiro «Como estudar a importancia de lavar as mans» é unha actividade coa que os estudantes poden poñer en práctica un método que demostra que o lavado de mans con auga e xabón elimina a case totalidade dos microorganismos depositados nelas.

Page 7: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

66

Suxestións metodolóxicas

Na lectura da unidade falouse, en liñas xerais, da sintomatoloxía, da análise, do diagnóstico e do tratamento. Nestas páxinas trátanse con detalle estes procesos, que en ocasións requiren do traballo de moi-tos profesionais da saúde.

En páxinas precedentes mencionáronse algúns especialistas médicos. Pode ampliarse esta información falando de que hai especialistas na análise, como os radiólogos, especializados en realizar e interpretar radiografías.

Podemos invitar a reflexionar sobre a historia antiga da medicina, mencionando curandeiros, parteiras e médicos que utilizaban reme-dios naturais obtidos de animais ou de plantas. A farmacoloxía actual é unha evolución e un perfeccionamento de investigación sobre pro-dutos químicos obtidos de plantas, de animais mariños, de substan-cias minerais...

En relación co anterior, tamén podemos informar de como, desde hai milenios, os seres humanos trataban fracturas, abrían abscesos, reali-zaban trepanacións...

Comprende, pensa, investiga...

Que curioso!

Actividade de conexión na que o alumnado debe realizar distintas ac-cións, como ler, examinar a información da imaxe e de páxinas ante-riores, aplicalas e inferir a súa resposta.

O sangue está infectado co Trypanosoma, un protoctista que causa, entre outras, a enfermidade do sono. Pode engadirse que, neste ca-so, a análise do sangue é visual; noutros, cuantifícanse certos valores (número de orgánulos sanguíneos, a proporción de colesterol, de áci-do úrico ou de azucre, etc.).

1 Consiste en identificar a enfermidade e as causas que a producen.

2 Os síntomas dun arrefriado son tose, febre, mucosidade, sensación de cansazo e conxestión...

3 Resposta aberta, en función da experiencia do alumnado. En todo caso, deben detallar os instrumentos que usaron para facer a extrac-ción, se é posible, a cantidade de sangue extraída...

4 Os antibióticos destrúen bacterias. As vacinas vólvennos resistentes ás enfermidades. Os analxésicos reducen a dor. Os antipiréticos baixan a febre. Os desinfectantes eliminan microbios...

5 Un transplante é un tratamento cirúrxico que consiste en substituír un órgano enfermo dunha persoa por un san dun doador.

6 Actividade de conexión na que cómpre reflexionar e aplicar dis-tintas informacións para deducir a resposta.

É unha enfermidade causada por unha infección bacteriana que se manifesta cunha inflamación da farinxe.

Actividades de reforzo

1 Que é un medicamento e como pode administrarse?

Solución: Un medicamento é unha substancia que se introduce no corpo e que prevén, alivia ou cura enfermidades. Pode administrarse inhalándoo, inxeríndoo, inxectándoo en sangue, etc.

2 Que é a cirurxía?

Solución: É a parte da medicina que trata ou cura enfermidades a par-tir dunha operación no exterior ou no interior do corpo.

Actividades de ampliación

1 Como se realiza unha análise de sangue e unha de ouriños? Que se pretende con elas?

Solución: Os ouriños recóllense na casa, nuns recipientes especiais que se adquiren nas farmacias. As análises de sangue consisten nunha extracción que se realiza nun centro de saúde, nunha clínica, nun hos-pital, etc. Con elas inténtase detectar a presenza de substancias que poden indicar unha enfermidade.

72 73

4

Unidad

e

1 Explica que é un diagnóstico.

2 Cales cres que son os síntomas dun arre­friado?

3 Fixéronche algunha vez unha análise de sangue? Explica como tomaron as mos­tras.

COMPRENDE, PENSA, INVESTIGA...

A medicina axúdanosA pesar de que intentemos previr as enfermi-dades, en ocasións enfermamos. Entón debe-mos recorrer á medicina.

A medicina é a ciencia que se ocupa de identificar e curar as enfermidades que pa-decemos.

A medicina moderna conta con numerosos profesionais que actúan contra as enfermida-des de forma científica e en dúas fases: o diag-nóstico e o tratamento.

O diagnóstico

O diagnóstico dunha enfermidade é a iden-tificación da devandita enfermidade e das súas causas.

Para lograr un diagnóstico, os profesionais da medicina buscan datos e evidencias científicas para saber que parte do noso organismo é a que funciona mal e por que.

As técnicas para lograr o diagnóstico inclúen:

• O estudo dos síntomas. Cada enfermidade ten un conxunto de síntomas característi-co. Ao examinar un paciente pódese facer unha lista cos seus síntomas. Así, pódese centrar a busca nunhas poucas enfermida-des «sospeitosas» ata chegar a identificar a correcta.

• A realización de análise. Algúns dos sínto-mas non son doados de percibir, porque só se manifestan como cambios na composi-ción do sangue ou dos ouriños ou no inte-rior do organismo. Para detectalos, os profe-sionais da medicina adoitan facer análise do sangue dos pacientes, dos seus ouriños, ou dalgunhas mostras de tecidos. Tamén poden utilizar métodos, como as radiografías ou as ecografías, para obter imaxes do interior do corpo e mesmo do seu funcionamento...

O tratamento

O tratamento é o conxunto de medios que se lle aplican a unha persoa enferma para conseguir curala ou aliviala.

Os tratamentos poden ser de varios tipos. Pola súa importancia, destacan os seguintes:

• Os medicamentos. Son substancias que teñen un efecto no corpo que soluciona a enfermidade ou que alivia algúns sín-tomas molestos. Destacan os antibióticos, que eliminan bac-terias infecciosas, as vacinas, que nos volven resistentes a certas enfermidades, ou os analxésicos, que alivian a dor.

• A cirurxía. Consiste na intervención física no organismo da persoa enferma, mesmo no interior do corpo. Mediante a ci-rurxía pódense eliminar partes do corpo danados, arranxar outras, ou transplantar, é dicir, substituír órganos ou tecidos que non funcionan nos enfermos por outros sans proceden-tes de doadores.

• Outros tratamentos. O repouso serve para tratar algúns trau-matismos e infeccións dalgúns virus, xa que nese estado, o corpo dedica toda a enerxía só a curarse. A aplicación de ca-lor, de electricidade ou de masaxes serven como tratamen-to de diversos traumatismos. A radioactividade utilízase para curar algúns cancros. As terapias psicolóxicas serven para tratar depresións...

Que curioso!

A partir da análise do sangue dunha persoa póden-se detectar enfermidades moi diversas. Por exem-plo, pódese saber se unha persoa foi infectada por un microorganismo causante de enfermidades, se ten algún fallo no funcionamento do corpo...

Interpreta. A imaxe corresponde á análise de san-gue dunha persoa que padece unha enfermidade infecciosa. O culpable sae na fotografía, entre as células do sangue. Intenta identificalo. Axúdate da información das páxinas anteriores.

4 Cita tres tipos de me­dicamentos e indica cal é a súa acción.

5 Que tipo de tratamen­to é un transplante? Ex­plica en que consiste.

6 Deduce. Imaxina que vas a unha consulta médica, dinche que pade ces farinxite e re­céitanche un antibió­tico. Segundo estes datos, di que tipo de enfermidade terías e cal sería a súa causa.

COMPRENDE, PENSA...

Page 8: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

67

Suxestións metodolóxicas

Cando se fala de saúde pública referímonos a tarefas realizadas a ni-vel nacional, que, no caso de España, desempeñan as comunidades autónomas, aínda que hai organismos internacionais dedicados á saú-de pública, moitos dependentes da ONU: a OMS, a FAO, UNICEF, ONUSIDA...; podemos encargar pequenos traballos de documenta-ción sobre estes organismos.

Cremos moi recomendable dedicarlle un tempo a estudar as necesi-dades médicas dalgúns lugares do mundo, que pasan por tarefas tan básicas como potabilizar a auga, conseguir unha alimentación sufi-ciente ou unha vacinación significativa da poboación infantil. En rela-ción con isto, pode informarse de que a esperanza de vida nos países desenvolvidos está preto dos oitenta anos, e en pouco máis da meta-de en moitos outros lugares do mundo. Ademais, pódese buscar in-formación sobre os avances mencionados.

Pode propoñerse a busca en grupos informais de tres persoas, coa estrutura de folio xiratorio, dos significados das palabras antibiótico, analxésico, antidiarreico e antiséptico; e nomear exemplos destes medicamentos. Resáltese o significado dos prefixos anti- e an-.

Na web de Anaya Educación (www.anayaeducacion.es) pódese am-pliar información sobre estes contidos.

Comprende, pensa, investiga...

Traballo coa imaxe

Actividade de inclusión coa que é posible traballar sobre as diferen-zas entre sociedades e arredor de valores como a igualdade e a soli-dariedade.

Resposta aberta. Deberán sinalar diferenzas relacionadas coa falta ou escaseza de hixiene pública, de promoción da saúde e de servizos sa-nitarios para toda a poboación nas sociedades menos desenvolvidas.

1 Unha prótese é un dispositivo ou construción artificial que substitúe ou axuda a un órgano que falta.

74 75

4

Unidad

e

1 Investiga e explica que é unha prótese.

2 Explica por que o des­envolvemento dos mi­croscopios mellorou o diagnóstico de enfer­midades.

3 En grupo, elaborade unha explicación con­sensuada acerca de por que foron tan im­portantes os descubri­mentos dos antibióti­cos e das vacinas.

COMPRENDE, PENSA...

Os avances científicos e a saúdeAo longo da historia e nos países máis desen-volvidos, os avances científicos permitiron que as persoas teñamos cada vez mellor saúde e que vivamos máis anos ca antes e cunha boa calidade de vida.

Desafortunadamente, no mundo aínda hai so-ciedades nas que isto non se cumpre e nas que os avances en medicina e saúde non chegaron á poboación. Nestes lugares, a saúde das per-soas non é tan boa e, en xeral, estas viven me-nos anos.

Sanidade e saúde pública

A saúde pública é todo o que fai unha socie-dade para contribuír a que as persoas con-serven un bo estado de saúde.

Entre os principais avances na saúde pública que se produciron nos países desenvolvidos destacan os seguintes:

• A hixiene pública. As enfermidades infeccio-sas e as intoxicacións reducíronse moito gra-zas aos sistemas de potabilización e distribu-ción de auga, de recollida e tratamento dos residuos, de supervisión do bo estado dos alimentos, de limpeza de rúas e edificios...

• A promoción da saúde. O desenvolvemen-to dos medios de comunicación de masas conseguiu que cheguen a moitas persoas as campañas con recomendacións sobre hábitos e condutas saudables, sobre a con-veniencia de revisións periódicas, sobre me-didas de seguridade para evitar accidentes, sobre o uso de medicamentos, sobre pri-meiros auxilios...

• Os servizos sanitarios accesibles para to-dos. As sociedades desenvolvidas conse-guiron garantir a todos os seus cidadáns o acceso a hospitais e centros de saúde con persoal sanitario, aparatos, medicinas, vehí-culos, servizos de emerxencias...

Os avances no diagnóstico e no tratamento Os avances científicos e as novas tecnoloxías asociadas conse-guiron que cada vez haxa máis medios para o diagnóstico e o tratamento das enfermidades.

Entre os avances que máis contribuíron a isto, destacan os me-dios de exploración do interior do corpo, as análises clínicas, as técnicas de cirurxía e os medicamentos.

• Os medios de exploración do interior do corpo. Ata non hai moito tempo, o interior do corpo humano foi invisible para a ciencia, salvo se se abría, alterando así a súa observación. Isto cambiou co desenvolvemento das ecografías e dos escáne-res de raios X ou de resonancia magnética, que se combinan con ordenadores para conseguir imaxes do interior do corpo. Estes medios poden detectar mesmo cambios ou funciona-mentos anormais nos órganos.

• As análises clínicas. O desenvolvemento dos microscopios conseguiu facer visibles as células e posibles anomalías nelas. Ao mesmo tempo, o desenvolvemento da bioloxía permitiu facer análises do noso sangue ou dos nosos ouriños nos que poden detectarse numerosos síntomas de enfermidades.

• As técnicas de cirurxía. As intervencións no corpo humano cada vez fanse con maior precisión grazas a bisturís láser guiados por ordenador. Entre as máis espectaculares están os transplantes de órganos e tecidos e a inserción de próteses mecánicas.

• Os medicamentos. Os descubrimentos dos antibióticos e das vacinas foron fundamentais na loita contra as enfermidades infecciosas. Na actualidade, desenvólvense medicamentos para combater numerosas enfermidades.

Fai unha lista coas diferenzas que cres que existen na saúde pública dos dous lugares que aparecen nas imaxes.

Imaxes de cortes do interior do corpo humano.

Traballo coa imaxe

Consulta na web de Anaya os recursos asociados a este contido.

anayaeducacion.es

2 O alumnado debe transferir e aplicar coñecementos, e deducir a relación entre o avance tecnolóxico e o diagnóstico e a curación de enfermidades.

Os microscopios permiten ver cortes de tecidos ou células. Permiten detectar desde a presenza de parasitos a deformacións celulares.

3 Actividade recomendada para ser realizada mediante estruturas de aprendizaxe cooperativa, como 1-2-4.

Os antibióticos destrúen bacterias infecciosas que antes causaban nu-merosas vítimas. As vacinas protexen de futuras infeccións (as persoas vacinadas contra unha enfermidade quedan inmunes).

Actividades de reforzo

1 Que diferenzas hai entre a saúde individual e a saúde pública?

Solución: A saúde individual coida dos individuos en particular. A saúde pública aféctalle á sociedade no seu conxunto: campañas de vacina-ción, potabilización da auga, controis de alimentos e de medicamen-tos, recollida e tratamento de residuos en vilas e cidades, etc.

2 Que técnicas se utilizan actualmente para estudar o interior do cor-po?

Solución: Poden citarse radiografías, ecografías ou tomografías.

Plan de iniciación á actividade científica

O obradoiro «Como estudar a importancia de lavar os dentes» é unha actividade que lle permite ao alumnado experimentar un mé-todo que demostra o efecto protector da pasta dentífrica sobre o esmalte.

Page 9: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

68

O desafío

No texto elixíronse varias situacións imaxinarias que poden ser com-pletadas polo alumnado con experiencias persoais. Poderían intentar determinar en que casos se trata de sucesos fortuítos e en que outros houbo imprudencias que poderían evitarse.

Como se observa, dáselle á tarefa un carácter xeral, o que permite fa-lar de accidentes laborais dalgún oficio en particular, elixindo aquel ou aqueles que poden ser usuais na localidade en que viven, ou son realizados polos seus familiares. Estes estudos poden ser realizados no contexto dun traballo cooperativo, dividindo en grupos de catro rapazas ou rapaces. Os resultados poden ser expostos nun mural ou utilizar presentacións en formato electrónico.

Moitos lugares (obras de construción, especialmente) teñen carteis con iconas que advirten dalgunhas normas obrigatorias no traballo e da presenza de guindastres, grandes pesos colgados, obxectos pun-zantes, cables eléctricos... Podemos recoller algúns deles e mesmo propoñerlle ao alumnado que cree iconas advertindo de perigos.

Solucións

1 a) Os accidentes domésticos son os que teñen lugar no fogar. b) Resposta aberta. Poden citarse: protexer as tomas de corrente, gar-dar produtos perigosos en lugares non accesibles, etc.

2 O cartel podería ter pequenas consignas e algúns debuxos, como o que aparece na zona inferior da páxina.

3 Hai que evitar imprudencias, como furgar en niños e tobos, provocar xogos violentos con cans, gatos ou similares e, en xeral, achegarse a un animal de comportamento imprevisible.

4 Se manexan ferramentas perigosas, facelo con luvas, máscaras ou ou-tros elementos de protección; ancorarse con arneses se realizan tra-ballos a certa altura; utilizar calzado illante se se está preto de cables eléctricos; estar atento aos traballos realizados por compañeiros e, en xeral, respectar as medidas de seguridade do lugar.

O DESAFÍ Tarefa competencial

76 77

Unidade 4

EmprenderAPReNDeR

Os accidentes e a súa prevenciónEsta semana, na clase de Helena parece que se xuntou toda a mala sorte. Paulo chegou cun brazo escaiolado e varios rabuños porque caeu da bicicleta o sábado. Eva, cortouse onte cun vaso que rompeu mentres o fregaba na súa casa. A Xoán picoulle unha avespa durante o recreo porque intentou tocala e a Iago case o atropela un coche porque cruzou a rúa do co-lexio sen mirar; non lle pasou nada, pero vaia susto!

Ante tantos incidentes a profesora de Helena organizou unha actividade sobre prevención de accidentes. Pediunos que escollamos entre accidentes domésticos, de tráfico ou ataques de animais e que fagamos carteis para informar sobre eles e para propoñer medidas para in-tentar evitalos. Este é o cartel que fixo o equi-po de Helena.

1 Observade o cartel que prepararon estes rapaces e rapazas e respondede:

a) Que son os accidentes domésticos?

b) Ocórrensevos máis medidas de preven-ción de accidentes domésticos que non figuren no cartel? Facede unha lista.

2 Facede un cartel parecido sobre accidentes de tráfico.

3 Como poden evitarse as picaduras ou mor­dedelas de animais?

4 Os accidentes laborais son os que suceden nos traballos. Cada oficio ten accidentes típicos. Por exemplo, os albaneis poden cortarse ou golpearse coas ferramentas ou caer das estadas. Informádevos e propoñe­de varias medidas que pode aplicar un alba­nel para evitar accidentes laborais.

Primeiros auxiliosEn todo centro escolar débense cumprir unhas leis e normas para a preven-ción de accidentes. Tamén se debe contar cos medios e coas técnicas para actuar en caso de accidente. Como os primeiros auxilios, que son algunhas técnicas que calquera persoa pode tomar para reaccionar rapidamente an-te algúns accidentes, xa que as lesións producidas poderían agravarse se non se actúa axiña. As técnicas de primeiros auxilios, ben aplicadas, poden salvar a túa vida ou a doutras persoas accidentadas.

A continuación, ilústranse algunhas destas técnicas que che poden resultar útiles na túa vida cotiá:

1 Por grupos, informádevos sobre:a) O uso do contacto «AA» (Avisar A) na

axenda do teléfono.b) As técnicas de reanimación no caso de

desmaio.

2 Coa información desta páxina e coa que en­contredes, elaborade un manual de técnicas de primeiros auxilios para ter na vosa aula. Debe ser sinxelo, visual e manexable, para que calquera poida utilizalo.

1

4 6

3

5

2 Camiña con coidado por chans encerados ou mollados.

Os estantes deben estar ben fixados,

as portas de cristal sinalizadas

e os caixóns fixados.

Non subas a cadeiras e mesas

para alcanzar ou colocar cousas

altas.

Ten coidado cos utensilios de cociña quentes ou cortantes.

Ten coidado cos esvaróns cando

te duches ou te bañes.

OS ACCIDENTES DOMÉSTICOS

Mantén os aparatos

eléctricos lonxe da auga.

No fogar estamos expostos a caídas, cortes, intoxicacións ou queimaduras

Manobra de Heimlich

CortesTaponar a ferida premendo cunha gasa limpa para deter a hemorraxia. Despois, limpar e desinfectar a zona afectada antes de vendala. Se o corte é profundo, intentar parar a hemorraxia e chamar o 112 (teléfono de emerxencias).

AtragoamentosSe a unha persoa se lle obstrúe accidentalmente o conduto respiratorio cun obxecto ou anaco de comida, pódeselle axudar realizando a manobra de Heimlich. Cóllese polas costas e prémese coas dúas mans xuntas por debaixo das costelas, como se indica na imaxe. Se non ten efecto, chamar axiña o 112.

QueimadurasSe se sofre unha queimadura, introduce a zona afectada en auga fría durante 20 minutos. Nunca hai que rebentar as ampolas nin retirar a pel levantada.

PicadurasAs picaduras de animais velenosos, como as avespas, poden ser graves en caso de reaccións alérxicas. Se isto acontece, o máis adecuado é pedir axuda canto antes ao 112.

Que facer en caso de...

Aprender a emprender

Debe saberse que hai persoal sanitario adestrado en prestar primeiros auxilios, polo que en caso de que aconteza algún suceso minimamente grave debe avisarse con urxencia ao teléfono 112. Tamén, que en caso dalgún accidente, unha das primeiras regras é non estorbar.

Existen protocolos de actuación nos colexios en casos de darse situa-cións de emerxencia. O alumnado debe estar informado da tarefa que lle corresponde en caso de que se produza algún accidente na aula ou no patio, se non está presente ningún adulto:

• Avisar unha persoa maior.

• Mentres chega, se a persoa pode moverse, axudala a desprazarse.

• Se a persoa está inmóbil, non intentar movela e cubrila con algunha peza para mantela quente mentres se espera a chegada dun adul-to.

• Procurar que non se formen aglomeracións ao seu arredor.

• Manter a calma.

Un aspecto importante relativo aos primeiros auxilios aféctalles ás persoas que son alérxicas a certos medicamentos; nalgúns casos, es-tas persoas levan identificacións que axudan a atender neses primei-ros momentos.

Solucións

1 a) Os escolares deben buscar información sobre a solicitude por parte dos servizos de emerxencia de incluír contactos na axenda do mó-bil baixo o código AA.

b) O alumnado poderá encontrar información en manuais, folletos ou na internet. Deberán describir as técnicas de reanimación cos seus requisitos e coas súas etapas.

2 Os escolares deberán elaborar un traballo no que se ofrezan explica-cións acompañadas de imaxes, ben redactadas e secuenciadas, útiles e doadas de comprender e de levar á práctica.

Page 10: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

69

Suxestións metodolóxicas

Recomendamos traballar valores relacionados coa xustiza e resaltar o sufrimento das sociedades máis desfavorecidas e os problemas que se xeran: epidemias, emigracións, guerras, fames, amoreamentos en campos de refuxiados...

A proposta de investigación do apartado «Avanzo» debe facerse se-guindo as pautas para confeccionar unha biografía. É unha boa opor-tunidade para fomentar o uso das TIC.

Resumo

Actividade suxerida como evidencia para o portfolio do alumnado de estándares de aprendizaxe avaliables. (Véxase programación).

A: Catarro, gripe, salmonela... B: Traumatismos, alerxias, enfermida-des cardiovasculares... C: A hixiene, unha alimentación saudable, exercicio físico, o descanso, a autoestima, condutas responsables, so-ciabilidade. D: O estudo dos síntomas e das análises. E: Medicamentos, cirurxía, repouso, masaxes, tratamento con electrici-dade ou radioactividade, calor, tratamento psicolóxico.

1 Resposta aberta. Por exemplo: intoxicacións, causadas pola inhala-ción ou pola inxestión de substancias tóxicas. Traumatismos, causa-dos por golpes ou accidentes. Enfermidades nutricionais, causadas por falta de vitaminas, inxestión de alimentos graxos...

2 Identificación da enfermidade e das súas causas.

3 Actividade na que o alumnado debe interpretar a información da imaxe e transferir e aplicar os coñecementos adquiridos.

a) Trátase dunha rozadura que se puido facer contra un moble, contra un muro de pedra, contra o chan nunha caída... b) Un antiséptico. c) Debe quedar cuberta por unha gasa limpa e fixada á pel con espara-drapo e ser revisada cada certo tempo para volver desinfectala e cu-brir con gasa nova ata que cure completamente.

4 É un sinal de que algo está funcionando mal no organismo. Tose, fe-bre, dor, esgotamento, erupcións na pel...

5 Poden entrar polas vías respiratorias ou por inxestión.

6 Actividade interdisciplinaria na que cómpre aplicar elementos e estratexias matemáticos.

a) A unha alimentación pouco saudable, na que abundan alimentos ricos en hidratos de carbono e graxas, unida á falta de exercicio físi-co. b) 1 040 000 nenos e nenas sofren sobrepeso.

7 Actividade de conexión na que deben analizar e relacionar infor-macións para chegar a deducir as súas respostas.

Deben detectar as diferenzas en enfermidades infecciosas e nutricio-nais e asocialas co grao de desenvolvemento tecnolóxico aplicado en medicina, a abundancia de alimentos, a subministración de auga po-table, a hixiene e a sanidade pública que existen nas sociedades eu-ropeas, en contraste coa súa ausencia en moitas zonas de África.

Avanzo

Actividade de conexión no que se refire ao traballo coa imaxe, na que deben examinar a información, e transferir e aplicar aprendizaxes pa-ra chegar a conclusións razoadas.

8 a) Resposta aberta. Poden mencionar: naceu en 1881, en Darvel, Escocia. Morreu en Londres en 1955. Dedicouse á mellora e fabrica-ción de vacinas e soros. Identificou un fungo microscópico, chamado Penicilio notatum, que atacaba as bacterias. Este fungo produce de xeito natural unha substancia, a penicilina, que provoca a morte das bacterias. Traballou con este fungo para a obtención da penicilina de xeito abundante e purificado. Non patentou o seu descubrimento pa-ra que todo o mundo puidese usalo. O descubrimento da penicilina supuxo unha revolución no tratamento de enfermidades infecciosas e o comezo dunha nova época en medicina. Máis tarde, outros investi-gadores descubriron novas encimas ás que denominaron antibióticos, que permitiron curar enfermidades como a tuberculose. b) Porque arredor do mofo non crecen as bacterias.

REPASO DA UNIDADE

78 79

Unidade 4

Indica non teu caderno que debería ir en lugar dous recadros A, B, C, D e E.

RESUMO

1 No esquema non figuran as causas das en­fermidades non­infecciosas, porque son moi variadas. Elixe tres enfermidades non­infec­ciosas e indica as súas causas.

2 En que consiste o diagnóstico dunha enfer­midade?

3 Interpreta. Observa a imaxe e di:

a) Como se puido producir a ferida.

b) Que substancia se está empregando para desinfectala.

c) Describe as accións que seguen a que se mostra na imaxe.

4 Explica que é un síntoma e pon algún exem­plo.

5 Indica dúas formas nas que os axentes infecciosos poden entrar no corpo huma­no.

6 Hai 15 anos, en España só 5 de cada 100 nenos e nenas padecían obesidade. Na ac­tualidade, 16 de cada 100 nenas e nenos ten este tipo de sobrepeso.

a) A que cres que se debe este aumento da obesidade infantil?

b) Se se calcula que en España viven uns 6 millóns e medio de nenos e nenas meno-res de 14 anos. Segundo o dato anterior cantos padecen obesidade?

7 Interpreta. Na imaxe da dereita móstranse uns gráficos sobre as causas de mortalida­de. O primeiro recolle datos de Europa e o segundo, de África. A que cres que se de­ben as diferenzas?

8 Un dos descubrimentos máis importantes na medicina foi o dos antibióticos.

O curioso é que o primeiro antibiótico o descubriu por casualidade o escocés Alexander Fleming, cando observou que, nunha das súas placas de cultivo de bac­terias perigosas, crecera por accidente un mofo común chamado Penicillium. Á derei­ta aparece a imaxe daquela placa.

a) Investiga. Busca información sobre Fle-ming e escribe unha breve biografía.

b) Deduce. Segundo a información desta imaxe, razoa por que deduciu Fleming que no mofo había unha substancia que impedía o crecemento das bacterias.

8 %

70 %

22 %

86 %

8 %6 %

África

Europa

Enfermidades infecciosas, enfermidadesinfantiles temperás e desnutrición.

Enfermidades non-infecciosas (cancro, cardiovasculares, respiratorias, etc.).

Outras causas (feridas, accidentes, guerras, etc.).

poden ser de dous tipos

como como

que están causadas

por

que están causadas

por

reducíronse nos países

desenvolvidos debido

A B

poden previrse mediante

C

cúranse grazas

que actúa en dúas fases

que se fai mediante

que se fai mediante

D E

Aquí crecen as bacterias

Mofo

Arredor do mofo non crecen as bacterias

AS ENFERMIDADES

AVANZO

Page 11: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

70

REPASO TRIMESTRAL SEGUNDO TRIMESTRE

80 81

1 Observa a imaxe e responde estas pregun­tas.

a) Como se chama a célula debuxada? Escribe no teu caderno os nomes das súas partes.

b) Explica como se produce e transmite o im-pulso nervioso.

2 Escribe no teu caderno os nomes das partes numeradas do ollo.

a) Que parte é o órgano receptor dos estí-mulos luminosos?

b) Describe a función do nervio óptico.

c) Explica o significado desta frase: «vemos, oímos e cheiramos grazas ao cerebro».

9 Define nervio e explica a diferenza entre un nervio motor e un nervio sensitivo. Po­des axudarte cun exemplo.

10 Traballa coa imaxe do esqueleto.

a) Escribe os nomes dos ósos marcados con letras.

b) Que conxuntos de ósos se encargan de protexer a outros órganos?

c) Como se chaman as articulacións marca-das con números? Clasifícaas segundo a súa mobilidade.

d) Nomea os ósos que coinciden na articu-lación do xeonllo.

11 En que se diferencian os tendóns dos li­gamentos? En que zonas do corpo poden estar moi próximos os tendóns e os liga­mentos?

12 Explica, polo miúdo, como se producen os movementos de contracción e extensión do antebrazo.

13 Explica que son unha escordadura e unha dislocación.

14 Define saúde e explica como debe ser unha dieta saudable.

15 Describe as accións que realizan os médi­cos para diagnosticaren enfermidades.

16 Di que accións realizan as persoas que tra­ballan en Sanidade e en Servizos Munici­pais para...

a) … manter unha boa hixiene pública.

b) … educar a poboación e promover a saú-de de todas as persoas.

c) … curar enfermidades.

17 Que tipo de enfermidade é a gripe? Que a causa?

3 Explica o que sucede ata que oímos as vi­bracións producidas pola corda dun piano.

4 Nomea os órganos do corpo capaces de captar estes estímulos: luz, substancias no aire, vibracións, calor, substancias que en­tran na boca, frío, presión.

5 Na imaxe, móstrase un audiófono. Que fun­ción desempeña este aparato?

6 Responde estas preguntas sobre o sistema nervioso.

a) Cales son as súas partes?

b) De que tarefas da función de relación se encarga?

c) Como se chaman os dous sistemas en que se divide?

7 Elabora unha táboa cos órganos do encéfa­lo e coas tarefas que realizan.

8 Describe como é a medula espiñal, por on­de discorre, como está protexida e que fun­cións realiza.

A

1

2

3

4

B

C

E

F

G

D

1

2

5

432

1

Solucións

1 a) Neurona. 1: Axón. 2: Dendritas terminais do axón. b) Orixínase nal-gún órgano sensorial ou nalgunhas neuronas, e transmítese de neuro-na a neurona: chega ás dendritas e transmítese polo axón.

2 Actividade suxerida como evidencia para o portfolio do alumna-do de estándares de aprendizaxe avaliables. (Véxase programación).

1: Pupila. 2: Iris. 3: Cristalino. 4: Retina. 5: Nervio óptico. a) A retina. b) Transmite os impulsos nerviosos ata o cerebro. c) A frase quere dicir que os impulsos que chegan ao cerebro son elaborados por este ór-gano, onde se producen as sensacións de ver, oír, ulir...

3 Actividade de aplicación na que é preciso describir ordenada-mente un proceso. As vibracións transmítense polo aire, son recolli-das polo conduto auditivo, moven o tímpano, a cadea de osiños e chegan ao caracol, onde se xeran os impulsos que viaxan polo ner-vio auditivo ata o cerebro; este interpreta e produce a sensación de oír.

4 Luz: retina. Substancias no aire: pituitaria do nariz. Vibracións: caracol (tamén a pel, se as vibracións son moi fortes). Calor: receptores da pel. Substancias que entran na boca: papilas gustativas. Frío e pre-sión: receptores da pel.

5 Amplifica os sons para que os oian as persoas con hipoacusia.

6 a) Encéfalo, medula espiñal e nervios. b) Encárgase de recibir estímu-los, producir sinais, elaborar información e producir ordes para que os órganos efectores dean respostas. c) Central e periférico.

7 Comprobe a capacidade dos estudantes para relacionar órganos e funcións de forma correcta, ordenada e limpa.

8 É un longo cordón de nervios. Discorre desde a base do tronco ence-fálico ata o final da columna, polo interior das vértebras, que a prote-xen. Transmítelle impulsos nerviosos ao cerebro e deste aos efecto-res. Tamén produce as ordes nos movementos reflexos.

9 Un nervio é un cordón formado polos axóns de moitas neuronas. Un nervio motor transmite impulsos, que son ordes, desde o cerebro ata

os órganos efectores (músculos). Un nervio sensitivo transmite impul-sos desde un órgano dos sentidos ata o cerebro.

10 Actividade suxerida como evidencia para o portfolio do alumna-do de estándares de aprendizaxe avaliables. (Véxase programación).

a) A: Mandíbula. B: Esterno. C: Úmero. D: Fémur. E: Falanxe. F: Rótula. G: Tibia. b) O cranio, a caixa torácica e a columna vertebral. c) 1: Cranio (fixa). 2: Ombro (móbil). 3: Vértebras (semimóbil). 4: Nocello (móbil). d) Fémur, tibia e rótula.

11 Os ligamentos unen ósos entre si; os tendóns unen músculos a ósos. Poden estar moi próximos nas articulacións.

12 A contracción realízase cando se contrae o bíceps, que está unido mediante un tendón ao radio, e esténdese cando se contrae o tríceps, que está unido por un tendón ao cúbito.

13 Escordadura: torcedura dunha articulación que adoita producir dis-tensións nos ligamentos. Dislocación: saída dun óso do seu lugar.

14 Saúde: estado de benestar físico, mental e social. Dieta saudable: for-mada por alimentos variados que proporcionan os nutrientes que ne-cesitamos (completa) nas cantidades necesarias (equilibrada).

15 Estudan os síntomas da enfermidade e realizan análise. Tamén, cando é necesario, toman imaxes do interior do corpo mediante distintas técnicas (radiografías, ecografías, endoscopias...).

16 Actividade interdisciplinaria na que é preciso relacionar informa-cións científicas con informacións relativas ao medio social.

a) Potabilizar a auga, recoller lixos e residuos, limpeza de rúas, super-visar o estado dos alimentos que se venden... b) Campañas sobre nu-trición, vacinacións, campañas de seguridade e prevención de acci-dentes, revisións médicas periódicas, usos adecuados de medicamentos... c) Diagnostican e tratan as enfermidades.

17 É unha enfermidade infecciosa e contaxiosa. Cáusana os virus da gri-pe. Hai distintos tipos de gripe segundo os virus que as producen.

Page 12: Ciencia e saúde · 2020-06-13 · 1 Intentade identificar os dous instrumentos que está utili zando o médico para recoñecer o neno. 2 Describide o instrumento que colga do colo

71

SEGUNDO TRIMESTRE

82 83

PORTFOLIO TRIMESTRAL

Poño o casco.

Podería ir máis devagar.

En bicicleta

Poño o cinto.

Debería moverme menos.

En coche

Non distraio o condutor.

Debería ir agarrado cando vou de pé.

En autobús

Cruzo cando o semáforo me dá paso.

Aínda así, debería mirar a ambos os dous lados.

A pé

Aplicamos na nosa vida o aprendido

1 Como aprendemos, a saúde é un ben moi prezado. Por iso debemos coidarnos e levar unha vida saudable que nos permita manter o noso corpo en óptimas condicións.

Que fas ti para coidares a túa saúde? Destaca dúas cousas que aprendeses e que consideres importantes para a túa saúde nos se­guintes aspectos:

2 Xa viches que na seguridade viaria é moi importante a prevención. Pensando no que aprendemos, fai tarxetas como as do exemplo pa­ra destacar o que fas e o que podes mellorar para circular de forma segura a través destes medios de transporte:

Reflexionamos sobre a nosa aprendizaxe

3 Nestas unidades tiveches que aprender e lembrar moitos conceptos novos e moito vocabulario; por exemplo, ao estudar os órganos dos sentidos ou os ósos e os músculos do corpo humano. Describe a túa experiencia con esta aprendizaxe indicando:

• Que técnica utilizaches para aprender e recordar?

• Funcionouche?

• Esquecerás o aprendido ou recordaralo?

4 Agora compara as túas técnicas de aprendizaxe coas doutras persoas. Por exemplo, pregúntalles aos teus familiares e aos teus compañeiros e compañeiras. Anota o que che contan e escribe comentarios no teu caderno sobre cada unha destas técnicas de aprendizaxe.

5 Se tiveses que facer de experto e explicarlle a outro compañeiro o que aprendiches, cal dos contidos elixirías. Elixe aquel do que creas que sabes máis.

• Como te organizarías para explicarlle este contido ao compañeiro?

• Que lle propoñerías facer?

• Como te asegurarías de que non lle quedan dúbidas e de que o aprendeu?

• Indica cales das estratexias que pensaches para o teu compañeiro podes aplicar para mellorares as túas aprendizaxes?

6 Autoavalía as túas aprendizaxes neste trimestre cunha escala de va­loración como a do exemplo e conclúe se hai algún aspecto que de­bas seguir traballando. Escribe, ademais, que vas facer para traballar mellor ese aspecto.

Alimentación Descanso Exercicio físico Hixiene

Que fago ben?

Como froita a diario. Procuro durmir un mí­nimo de oito horas dia­rias.

Xogo ao baloncesto dous días por semana.

Dúchome a diario e lavo as mans antes de comer.

Que podo mellorar?

Debería comer peixe, pero non me gusta.

Ás veces déitome de­masiado tarde porque me entreteño.

Ás veces paso dema­siado tempo tombado, vendo a tele.

Adóitaseme esquecer lavar os dentes despois de cear.

Como podo mellorar?

Intentarei comer peixe dúas veces por sema­na.

Intentarei organizar mellor o meu tempo para deitarme cedo.

Intentarei non pasar máis dunha hora ven­do a tele. Todos os días farei exercicio.

Poñerei un cartel na cama para lembrar que debo lavar os dentes.

Que aprendiches de...? Nada Pouco Algo Moito

Órganos sensoriais x

Sistema nervioso x

Aparato locomotor x

Saúde e enfermidade x

Prevención x

Avances en medicina x

Técnica do avó:Lista repetida.Paréceme que é abu­rri do e difícil.Eu prefiro utilizar unha aplicación informática inte ractiva.

Daquela, sabía os óso

s

de memoria escribindo

unha lista varias ve

ces.

Fai estas actividades en follas soltas e gárdaas na túa carpeta portfolio.

Aprendiches todos os meus ósos?

Suxestións metodolóxicas

Análise de dificultades e monitorización do proceso

Unha proposta é establecer co seu alumnado contratos de aprendi-zaxe que se consideren necesarios para fixar obxectivos e metas de mellora persoal. Para iso:

• Fale con cada escolar sobre as súas dificultades e necesidades.

•Asegurese de que o contrato se recibe e acepta positivamente.

•Negocie cada contrato adoptando compromisos por ambas as dúas partes. Que obxectivos ou metas considera o escolar? Que vou facer eu para axudarlle?

• Formalice o contrato nun documento no que se asine o compromi-so recíproco.

Selección e reflexión sobre as evidencias

É conveniente a revisión da colección de evidencias dos porfolios do alumnado:

•Que evidencias son máis significativas para os escolares?

•De cal delas se senten máis orgullosos?

•Cal os fixo conscientes das súas fortalezas ou debilidades?

•Cal lles produciu maior crecemento persoal ou aprendizaxe?

Con esta selección de evidencias pódese xerar un guión que vertebre o porfolio dos alumnos para a súa posterior publicación:

1. Portada

2. Índice

3. Introdución

4. Evidencias

5. Autoavaliación

6. Proxección de futuro

7. Reflexión sobre o porfolio

Suxestións sobre as actividades

Aplicamos na nosa vida o aprendido

1 As propostas de mellora do último punto da actividade poden reunir-se nun rexistro de compromisos, no que poder ir sumando outras pro-postas ao longo do curso, que poden ser revisadas con frecuencia.

2 Unha posibilidade é rotar as tarxetas entre os compañeiros para enri-quecer as propostas de mellora. Para finalizar, poñer en común os as-pectos rexistrados.

Reflexionamos sobre a nosa aprendizaxe

3 Pode propoñer que se compartan as técnicas cos compañeiros e vo-tar a técnica máis adecuada de entre todas as descritas.

4 Pódese fomentar un diálogo sobre se nos parecen efectivas e motiva-doras hoxe en día as achegas dos familiares en canto ás técnicas que utilizaban.

5 Pode valorar co seu alumnado cal é a aprendizaxe máis veces elixida e reflexionar sobre por que a escolleron, que técnica se utilizou para aprender, como a propuxo o docente...

6 Unha reflexión sobre os contidos que resultaron máis complicados para a clase permitirá formular propostas para abordalas desde outras perspectivas. Por último, engadirlles aos seus rexistros de compromi-sos os aspectos que se propuxeron mellorar na táboa da activi dade.

Proxecto Aprender a emprender

Recorda que dispós deste recurso interdisciplinario

para completar o trimestre.