ciencias en educaciÓn infanTil. unHa experiencia con ...Andrea Pérez López* Angeles Vidal...

2
XXVII CONGRESO DE ENCIGA 43 CIENCIAS EN EDUCACIÓN INFANTIL. UNHA EXPERIENCIA CON CIRCUÍTOS ELÉCTRICOS. Andrea Pérez López* Angeles Vidal López** Isabel García-Rodeja Gayoso* Dpto. de Didáctica das Ciencias Experimentais* Universidade de Santiago de Compostela CEIP Pío XII. Xunta de Galicia** RESUMO Nesta comunicación preséntase unha proposta de actividades de ciencias para educación infantil tendo en conta as achegas de autores como Arcá et al (1990), Benlloch (1992) e Eshach (2006), Harlen (1989), que fan referencia a importancia de realizar actividades onde os nenos podan construír referentes dos conceptos científicos o poder facer observacións, predicións, inferencias, e poder discutir e intentar explicar e interpretar o que acontece nas actividades de indagación. Asemade se deseñou unha investigación sobre a implementación da proposta de actividades so- bre circuítos eléctricos (a partir da proposta de Sá et al., 1996), tomando datos empíricos do que acontece na aula para ser posteriormente analizados. A proposta de actividades sobre “Circuítos Eléctricos” foi levada a cabo no segundo ciclo de Educación Infantil nun colexio de Santiago de Compostela. A proposta foi gravada e posteriormente analizouse a implementación cunha análise cualitativa e interpretativa. O traballo pretende dar resposta as seguintes cuestións: Cales son as ideas iniciais dos nenos sobre a electricidade?; Son capaces de facer predicións sobre si distintos obxectos conducen ou non a electricidade?; Son capaces de chegar a xeneralizacións de que un obxecto conduce ou non a electricidade dependendo do material?; Son capaces de facer rexistros de observacións dos resultados experimentais?; Son capaces de facer conclusións das experiencias e probar ideas? En relación os resultados obtidos na proba inicial sobre as ideas dos estudantes sobre a electricidade sorprendeunos que algún alumno xa manexaba ideas como que os coitelos conducían electricidade porque eran de metal de xeito que algún alumno xa relaciona- ba os obxectos condutores dependendo do material co que están formados. En relación á segunda cuestión, os nenos foron capaces de facer predicións sobre os distintos obxectos sobre si condu- cían ou non a electricidade. As razóns que daban cando realizaban as predicións ían acercándose cada vez máis á relación entre o término condutor e o material do que estaba feito o obxecto. E importante sinalar que foron capaces de contrastar as predicións coas observacións e foron conscientes dos casos nos que había conflito entre as predicións e as observacións. Case todos chegaron de xeito relativamente rápido á xeneralización de que os obxectos son condutores ou non, dependendo do material do que están formados os obxectos, “non acende a lámpada porque non é metal”, “acende a lámpada porque é metal”. Por outra banda, os nenos foron capaces de rexistrar as observacións nas táboas sen maiores dificultades, debido á familiarización dos nenos coas táboas de rexistros noutras actividades.

Transcript of ciencias en educaciÓn infanTil. unHa experiencia con ...Andrea Pérez López* Angeles Vidal...

Page 1: ciencias en educaciÓn infanTil. unHa experiencia con ...Andrea Pérez López* Angeles Vidal López** Isabel García-Rodeja Gayoso* Dpto. de Didáctica das Ciencias Experimentais*

XXVII CONGRESO DE ENCIGA 43

ciencias en educaciÓn infanTil. unHa experiencia con circuÍTos elÉcTricos.

Andrea Pérez López*Angeles Vidal López**Isabel García-Rodeja Gayoso* Dpto. de Didáctica das Ciencias Experimentais* Universidade de Santiago de CompostelaCEIP Pío XII. Xunta de Galicia**

RESUMO

Nesta comunicación preséntase unha proposta de actividades de ciencias para educación infantil tendo en conta as achegas de autores como Arcá et al (1990), Benlloch (1992) e Eshach (2006), Harlen (1989), que fan referencia a importancia de realizar actividades onde os nenos podan construír referentes dos conceptos científi cos o poder facer observacións, predicións, inferencias, e poder discutir e intentar explicar e interpretar o que acontece nas actividades de indagación. Asemade se deseñou unha investigación sobre a implementación da proposta de actividades so-bre circuítos eléctricos (a partir da proposta de Sá et al., 1996), tomando datos empíricos do que acontece na aula para ser posteriormente analizados. A proposta de actividades sobre “Circuítos Eléctricos” foi levada a cabo no segundo ciclo de Educación Infantil nun colexio de Santiago de Compostela. A proposta foi gravada e posteriormente analizouse a implementación cunha análise cualitativa e interpretativa. O traballo pretende dar resposta as seguintes cuestións: Cales son as ideas iniciais dos nenos sobre a electricidade?; Son capaces de facer predicións sobre si distintos obxectos conducen ou non a electricidade?; Son capaces de chegar a xeneralizacións de que un obxecto conduce ou non a electricidade dependendo do material?; Son capaces de facer rexistros de observacións dos resultados experimentais?; Son capaces de facer conclusións das experiencias e probar ideas? En relación os resultados obtidos na proba inicial sobre as ideas dos estudantes sobre a electricidade sorprendeunos que algún alumno xa manexaba ideas como que os coitelos conducían electricidade porque eran de metal de xeito que algún alumno xa relaciona-ba os obxectos condutores dependendo do material co que están formados. En relación á segunda cuestión, os nenos foron capaces de facer predicións sobre os distintos obxectos sobre si condu-cían ou non a electricidade. As razóns que daban cando realizaban as predicións ían acercándose cada vez máis á relación entre o término condutor e o material do que estaba feito o obxecto. E importante sinalar que foron capaces de contrastar as predicións coas observacións e foron conscientes dos casos nos que había confl ito entre as predicións e as observacións. Case todos chegaron de xeito relativamente rápido á xeneralización de que os obxectos son condutores ou non, dependendo do material do que están formados os obxectos, “non acende a lámpada porque non é metal”, “acende a lámpada porque é metal”. Por outra banda, os nenos foron capaces de rexistrar as observacións nas táboas sen maiores difi cultades, debido á familiarización dos nenos coas táboas de rexistros noutras actividades.

Page 2: ciencias en educaciÓn infanTil. unHa experiencia con ...Andrea Pérez López* Angeles Vidal López** Isabel García-Rodeja Gayoso* Dpto. de Didáctica das Ciencias Experimentais*

Boletín das Ciencias44

A experiencia a consideramos moi positiva, e cabe destacarse o interese curiosidade que mos-traron a través das distintas actividades levadas a cabo, destacando a manipulación dos circuítos eléctricos. Durante todas as actividades os nenos mostráronse interesados, participativos e cola-boraron co resto de compañeiros.

REFERENCIAS

- Arcà, M., & Guidoni, P., & Mazooli, P. (1990). Enseñar ciencia. Cómo empezar: reflexiones para una educación científica de base. Barcelona. Paidós ibérica.

- Benlloch, M. (1992). Ciencias en el parvulario. Una propuesta psicopedagógica para el ám-bito de experimentación. Barcelona. Paidós Ibérica.

- Eshach, H. (2006). Science Literacy in Primary Schools and Pre – Schools. Springer. Dordre-cht.

- Harlen, W. (1989). Enseñanza y aprendizaje de las ciencias. Madrid. MEC – Morata.

- Sá, J., Rodrigues, A., Gomes, A., Veloso, E., Torres, G., & Silva, M. (1996). A descoberta de objectos e materiais condutores da electricidade por crianças de 4/5 anos. Aprender, 20, 65-70.

Agradecimientos: EDU2012-38022-C02-01