ColeccióN 14
-
Upload
ismael-vide-gonzalez -
Category
Education
-
view
117 -
download
5
description
Transcript of ColeccióN 14
239
(Fonte : PAN IAGU A SOT O, J.L.: Regímen es políticos. Gobern antes y gobe rnados: E l poder y sus co ntroles.Ed. Sa lva t , Co l . Au la Abie rt a Sa lva t . Nº
10. Barcelona. 1981)
Colección documental Capítulo XIV 1º de bacharelato.
Capitalismo e socialismo: dúas vías para o desenvolvemento.
A situación polit ica en Europa. As democracias liberais. 1945-73.
A. O funcionamento do sistema politico.
B. Estructura do réxime liberal parlamentario.
“No réxime parlamentario a organización das relacións entre os poderes executivo e lexislativo
articúlase da seguinte maneira, que pasamos a enunciar esquemáticamente:
• O Parlamento inviste ó Goberno e ó seu presidente, que se presenta ante él para expor o seu
programa. O xefe do Gabinete, polo xeral líder da maioría, adoita escoller ós seus ministros entre os
parlamentarios, aínda que pode non facelo así.
• Tanto o Goberno como o Parlamento dispoñen de iniciativa lexislativa. O primeiro propón proxectos
de lei *, e o segundo proposicións de lei **, que deberán ser discutidos e aprobados por votación,
segundo o procedemento e as maiorías requeridas en cada caso pola Constitución ou o Regulamento
interno da Cámara.
• O Goberno elabora o Orzamento Anual do Estado, e o Parlamento apróbao, con ou sin enmendas, ou
o rexeita.
• O Goberno dirixe a politica nacional e internacional, dacordo co seu Programa, mentras que o
Parlamento ten a facultade de controlalo a través de preguntas, interpelacións, mocións, etc.
• O Goberno disolve o Parlamento, e éste á súa vez pode facer dimitir ó Gabinete. Estes casos están
suxeitos a un procedemento que recolle a Constitución , para sustraelos ó simple capricho ou
conveniencia momentánea.”
(PANIAGUA SOT O, J.L .: Réximes politicos. Gobernantes e gobernados: o poder e os seus controles. Ed. Salva t. Col. Aula
Abierta Salvat, nº 10. Barcelona. 1981)
240
O Estado e o Partido Comunista na URSS
* Prop osición de lei: Dise dos textos articulados que, orixinados nas Cámaras (iniciativa lexislativa do Parlamento), se tramitarán, se son
acep tado s polo P leno, a ta a sú a form a def initiva com o lei.
** Proxe cto d e lei: Denominación que reciben os textos legais que o Goberno ( in ic iat iva lexis lat iva do Executivo) presenta ás Cámaras; unha
vez tomados en consideración polo Pleno, e despois dos trámites regulamentarios, chegarán a converterse en leis.
C. As constitucións, normas básicas das democracias liberais.
“Art. 2º. Francia é unha República indivisible, laica, democrática e social que garante a igualdade ante
a lei de todos os cidadáns... O seu principio é o goberno do pobo, polo pobo e para o pobo.
Art. 5º. O Presidente da República velará polo respecto á Constitución e asegurará coa súa arbitraxe
o funcionamento regular dos poderes públicos, así como a continuidade do Estado. Será o garante da
independencia nacional, da integridade do territorio, do respecto dos acordos da Comunidade e dos tratados.
Art. 16º. Cando as institucións da República, a independencia da nación, a integridade do seu territorio
ou o cumplimento dos seus compromisos internacionais estén ameazados dunha maneira grave e inmediata, e
o funcionamento regular dos poderes públicos constitucionais estea interrumpido, o Presidente da República
tomará as medidas esixidas por tales circunstancias, previa consulta oficial co Primeiro Ministro, os
presidentes das asambleas e o Consello Constitucional. Informara disto á Nación por medio dunha mensaxe:
Estas medidas deberán estar inspiradas na vontade de asegurar ós poderes públicos constitucionais, coa mellor
dialción, os medios de cumplir a súa misión. O Consello Constitucional será consultado a este respecto. O
parlamento reuniráse automáticamente. A Asamblea Nacional non poderá ser disolvida durante o exercicio de
poderes excepcionais.
Art. 20º. O Goberno determina e dirixe a política da Nación. Dispón da Administración e das Forzas
Armadas. É responsable ante o Parlamento nas condicións e con arreglo ós procedementos previstos.
Art. 24º. O Parlamento comprende a Asamblea Nacional e o Senado. Os diputados da Asamblea
Nacional serán elixidos por sufraxio d irecto. O Senado será elixido por sufraxio indirecto . Asegurará a
representación das colectividades territoriais da República.”
(Constitución da V República francesa)
A situación politica en Europa. As democracias populares. 1945-73
D. O funcionamento do sistema politico.
241
E. A Constitución da URSS.
Art. 1. A Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas é un Estado socialista de todo o pobo que expresa
a vontade e os intereses dos obreiros, dos campesiños e dos intelectuais, dos traballadores...
Art. 2. Na URSS, todo o poder pertence ó pobo. O pobo exerce o poder estatal a través dos Soviets
de Diputados Populares, fundamento politico da URSS. Todos os demais organismos estatais atópanse baixo
o control dos Soviets de Diputados Populares e réndenlles contas da súa xestión.
Art. 3. A organización e a actividade do Estado soviético estructúranse segundo o principio do
centralismo democrático: electividade de todos os órganos de poder de abaixo arriba, deber de render contas
ó pobo da súa xestión e obligatoriedade das decisións dos órganos superiores para os inferiores...
Art. 6. A forza dirixente e orientadora da sociedade soviética e o núcleo do seu sistema politico , das
organizacións estatais e sociais é o Partido Comunista da Unión Soviética. O PCUS existe para o pobo e sirve
ó pobo...
Art. 9. O desenvolvemento do sistema politico da sociedade soviética oriéntase fundamentalmente
a seguir desplegando a democracia socialista: participación cada vez mais ampla dos cidadáns na administración
dos asuntos do Estado e da sociedade...
Art. 10. A base do sistema económico da URSS é a propiedade socialista dos medios de producción
en forma de propiedade do Estado (patrimonio de todo o pobo)...
Art. 39. Os cidadáns da URSS posúen a plenitude de dereitos e liberdades socio-económicos, politicos
e persoais, proclamados e garantidos pola Constitución da URSS e as leis soviéticas... O uso dos dereitos e
liberdades polos cidadáns non debe lesionar os interses da sociedade e o Estado, nin os dereitos doutros
cidadáns.
(Constitución da Unión de Rep úblicas Soc ialistas Soviética s, 1977)
A gran expansión capitalista no mundo. 1945-1973.
F. Os Acordos de Bretton Woods e o liderádego económico dos EE.UU.
“Características fundamentais do Sistema de Bretton Woods:
a) Establecemento de paridades de tódalas moedas a través do ouro.
b) Os Bancos Centrais dos países adheridos , non teñen obrigación de cambiar a súa moeda nacional
por ouro , excepto EE.UU. Que debía cambiar o dólar por ouro (paridade dólar = ouro), a petición de calquera
Autoridade Monetaria estranxeira.
c) O dólar é a moeda de intervención do sistema, dada a súa convertibilidade en ouro.
d) Cada autoridade monetaria (tras definir a súa paridade dolar a través do ouro), sinala un cambio
lixeiramente superior e lixe iramente inferior, que son o seu tipo de venda e o seu tipo de compra de divisas
estranxeiras, respectivamente. Esto constitúe a banda de fluctuación de cada moeda con respecto ó dolar.
e) Previsión da creación do Fondo Monetario Internacinal (FMI), que regulará o comercio e os pagos
entre os distintos países, para o que se aportan unhas cuotas (parte en ouro, parte en moeda nacional e parte
en obrigacións do goberno correspondente) que constituirá un fondo.
f) Os pagos internacionais abreviaranse mediante un sistema de créditos que concederían dous
organismos con gran importancia no futuro desenvolvemento do sistema capitalista: Banco Internacional de
Reconstrucción e Fomento ou Banco Mundial e o Fondo Monetario Internacional.
g) Definición das funcións do Banco mundial: Administrar e xestionar o Fondo Monetario Internacional
e a concesión de créditos ós países solicitantes. O Fondo Monetario Internacional deberá: estabilizar o valor
das moedas, impedir caóticas depreciacións competitivas e incrementar os investimentos dos países ricos cara
os países pobres.”
(Reelaborado partindo de GARCÍA ALMIÑANA e outros: Historia do Mundo Contemporáneo. Ed. ECIR.
Valencia. 1997)
242
Fonte: Albiñana, Opus cit. Pax. 288
G. O papel dos factores tecnlóxicos na expansión.
“Debido a que a innovación se converteu na forma moderna de competencia, o esforzo que cada
empresa consagra á investigación científica e ó desenvolvemento técnico ten unha importancia decisiva. Neste
terreo, os EUA levaron unha vantaxe abraiante. No ano 1965 (...) a parte do Producto Nacional Bruto destinado
á investigación foi o 3,61 % nos EUA fronte ó 2,01 % en Europa (...).
Estes esforzos non só permiten aumentar de cote os descubrimentos científicos, senón que tamén
reducen cada vez máis o camiño entre o descubrimento científico e a súa explotación industrial: este é
precisamente o trazo característico da economía moderna. Para pasar da invención científica á explotación
industrial precisáronse:
- 112 anos para a fotografía.
- 56 anos para o teléfono.
- 35 anos para a radio.
- 15 anos para o radar.
- 12 anos para a televisión.
- 6 anos para a bomba atómica.
- 5 anos para otransistor.
- 3 anos para os circuítos integrados.”
(SERV AN SC HREI BER, J .J.: O desafío amer icano.)
H. O papel do Estado na economía. Análise histórica do proceso de intervención.
I. O papel do Estado na economía. A política económica.
“Dende o século XVIII desenvolveuse, sen embargo, un movemento favorable á restricción das
actividades do Estado. O libro de Adam Smith A riqueza das nacións (1776), sintetizou as novas ideas e
converteuse na obra clave dos economistas durante cen anos. O século XIX foi o século do liberalismo. O
243
Estado reducíu as súas actividades e, era corrente, na época, a opinión de que o progreso e a diminución do
intervencionismo iniciaran camiños paralelos e sen retorno. A historia, sen embargo, encargaríase de desmentir
esas prediccións, e xa as últimas décdas do século XIX contemplaron a formación dunha opinión intelectual
favorable, de novo, á intervención estatal. Dúas guerras mundiais e a creación do chamado “Estado de
benestar” significarán, no século XIX, a asunción polo Estado do papel protagonista na vida económica. Este
é o mundo en que vivimos hoxe. Pero nel atópanse sintomas da creación dunha opinión pública contraria ó papel
dominante do Estado. Estas ideas constitu iron xa parte do programa de partidos e grupos políticos que nalgúns
países pensan que sería bo e efectivo introducir claras limitacións, mesmo de carácter institucional, no papel
do Estado. É difici l, sen embargo, predecir se estamos ante unha reacción pasaxeira contra os excesos do
Estado ou ante o inicio dun cambio duradeiro. Non pode esquecerse, ademáis, que, para ter éxito, os programas
de liberalización haberán de enfrontarse tanto a formas de pensamento e actuación moi arraigadas como ós
intereses particulares. Os datos disponibles non amosan aínda resultados claros. Trátase sen dúbida dunha
das cuestións clave destes anos finais do século XX.”
(CABRILLO, F.: Liber alism o e inte rvenc ionism o. En: BAL BOA LÓ PEZ e out ros: Historia domundo contemporáneo. Síntese e
documentos. Ed. Xerais. Vigo. 1994. Paxs. 176-177)
J. O papel do Estado na economía. O neocapitalismo de Estado.
“En Francia, a parte que o Estado ten na producción é cada vez maís importante. Ademais das grandes
empresas nacionalizadas, ten un conxunto de participacións maioritarias, directas e indirectas, que lles dá ós
poderes públicos franceses unha posición única nas economías non socialistas (...).
O Estado e:
O primeiro amo, con mais de 1 millón de asalariados, isto é, o 14 % de toda a mán de obra industrial
francesa e o 6 % da poboación activa.
O primeiro investidor, xa que leva a cabo o 20 % do investimento nacional. En canto ás ramas da
actividade económica, o Estado é:
O primeiro productor de carbón, electricidade, gas natural e fertilizantes potásicos, con case toda
a producción destes elementos.
O primeiro productor de avións, cos 2/3 de todo o material aeronáutico. (...).
Hai que engadir tamén que o Estado francés ten influencia directa en moitos outros sectores, ben
pola súa posición de comprador (material aeronéutico, construcción electrica e e lectrónica, material de guerra,
de obras públicas, etc.), ben pola súa condición de distribuidor de créditos e subvencións. (...).
Así, pódese dicir que, como productor e como comprador, o Estado controla de feito un tercio de toda
a actividade económica nacional. (...)”
(Revista Entreprise . 28 de agosto de 1965)
K. A expansión da economía europea.
ÍNDICES DE PRODUCCIÓN TOTAL
ANOS FRANCIA RFA ITALIA SUECIA R. UNIDO
1950 100 100 100 100 100
1955 124 156 134 118 114
1960 156 212 175 140 130
1965 207 271 227 182 154
1970 275 340 304 220 172
1975 327 370 337 246 187
244
Anuncio publicitario español dos anos 60
L. O papel da publicidade como dinamizador do consumo e factor de desenvolvemento.
LL. O aumento do nivel de vida.
Esco lar. O bligat ori. 13 anos 14 anos 16 anos
Semana laboral Xornada 10h. F in de semana libre X. 8h Semana de 48h
1860 1870 1880 1890 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970
Vacac. Pagadas 2 semanas 3 semanas 4 semanas
Salario 1938= 100 60 100 120 150 175
M. O proceso de terciarización da poboación activa.
245
N. O Estado do Benestar ou Welfare State.
246
O. A hexemonía económica americana. As “multinacionais”.
“Durante as décadas de 1920 e 1930 xeneralizáronse, ademáis, os métodos iniciados por General
Motors e Du Pont de Nemours: descentralización en “divisións”, cada unha cunha liña de productos e unha
oficina central, e unha oficina xeral que supervisa e dirixe o conxunto. Esas estructuras amplas e flexibles e
o seu enorme tamaño -amén das leis antitrust da fin de século- impulsáronas a saír dos Estados Unidos, e o
seu control dos mercados exteriores converteuse nunha arma de competencia oligopolística.
A súa expansión exterior quedou parcialmente frenada pola recesión dos anos trinta. Finalizada a
Segunda Guerra Mundial e organizada a CEE, os xigantes norteamericanos sentironse atraídos pola expansión
europea e, ó mesmo tempo, desafiados polo seu crecemento. Mentras as empresas europeas, moito máis
pequenas, se fusionaban e multinacionalizaban, as norteamericanas trasladáronse mas ivamente a Europa
Occidental. En 1957, as inversións estadounidenses superaron por primeira vez a cuantía das que os europeos
realizaran nos Estados Unidos. As vantaxes salariais ofrecidas por Europa e a masa de información acumulada
durante os anos de guerra, o Plan Marshall e o medo das grandes compañías a quedar rezagadas se non saían
ó extranxeiro como as demais contribuíron tamén a organizar o que Hymer (1) chamara “sistema do Atlántico
Norte”.”
(1) HYME R, S. H.: La com pañía m ultinacio nal. Un e nfoque radical. Ed. Blume, Madrid. 1982.
(ASCÓ N, Rosa e out ros: Geogr afía 3. Tr abajo, p roducc ión y espa cio industr ial. Ed. Crítica. Barcelona, 1988. Pax. 131)
O milagre económico de Alemaña e Xapón. Dous xigantes mundiais.
P. O desenvolvemento alemán.
Q. O despegue de Xapón.
“O Xapón é actualmente o terceiro país productor de aceiro do mundo despois dos Estados Unidos
e da Unión Soviética. A tonelaxe total construída nos estaleiros navais representa o 40 % da producción
mundial e os seus talleres teñen en construcción neste momento barcos de 300.000 toneladas. Agora ben,
estas realizacións obtivéronse en a penas vinte anos, despois dunha derrota aplastante que deixou ó Xapón
totalmente arruinado... ¿A que se debe este innegable éxito? En primeiro lugar a unha incontestable actitude
para asimilar innovacións estranxeiras. Por este sentido innato da observación que lle fai reparar en todo,
incluso nas cousas mais imperceptibles, por este desexo de aprender sen límite, de prefeccionarse para
superar ós seus veciños, de adoptar o que hai de mellor e melloralo aínda máis, o xaponés é un temible
247
competidor no mercado internacional. Engade ademais a esta extraordinaria disposición de espírito, o maior
triunfo, o dunha man de obra da que obtén o máximo proveito. O éxito xaponés débese, en segundo lugar, a
unha frugalidade lexendaria e hábitos espartanos. Por iso se explica, sen dúbida, a aceptación por cada un,
incluso cando a súa competencia está unánimemente recoñecida, de salarios moi baixos. ¡Que importa, se ten
asegurada a subsistencia, o fogar e o vestido!... Por último, o “milagre xaponés” pode explicarse polo sentido
de grupo e a tradición ancestral de submisión ó xefe...”
(ROBE RT, J. : “Impresions japonaises”. Revista Education et gest ion. num. 8 , 1967 .)
Os movementos de integración económica. O desexo de facerse máis fortes.
R. A filosofía que inspirou a CEE.
“É un pensamento a miúdo repetido que a humanidade é incapaz de aprender da historia, é non é
totalmente correcto se xulgamos a nosa experiencia en Alemaña. Como resultado do desastre que as dúas
guerras mundiais trouxeron a Alemaña, a gran maioría do noso pobo deuse conta consciente ou intuitivamente
que as nacións non poden continuar vivindo segundo os seus propios desexos e inclinacións, senón que deben
axuntar os seus intereses cos dos outros pobos da terra. Xa non hai ningún problema importante que sexa
exclusivamente alemán ou ata exclusivamente europeo. Debemos aprender a pensar e a actuar nun marco máis
amplo.
A expresión ¡Todos somos irmáns! non é unha frase baleira e non debemos permitir nunca que chegue
a selo. Non debemos pensar en certos países como afastados e, a consecuencia, carentes de interese para nós.
Calquera país nos concerne porque a paz é indivisible, e soamente cando todos os países, nas súas decisións
e actos, teñan en conta o estado do mundo no seu conxunto, conseguiremos que chegue a paz".
(ADEN AUER , Konrad: El fin del nacionalismo. En: www.historiasiglo20.org)
S. A fundación da CEE. O Tratado de Roma.
“Art. 2. A Comunidade ten como misión, para chegar a un mercado común e a unha aproximación progresiva das
políticas económicas dentro do conxunto da Comunidade, unha expansión contínua e equilibrada, unha estabilidade crecente,
unha aceleración da mellora do nivel de vida e unhas relacións máis estreitas entre os Estados que congrega.
Art. 3. Coas finalidades enunciadas no artigo precedente, a acción da comunidade comporta, segundo as condicións
e os ritmos previstos no pre sente tratado:
a) A eliminación entre os Estados membros dos dereitos de alfándega e das restriccións cuantitativas na entrada
e mais na sa ída de mer cadorías (...).
b) O establecemento dunha tarifa de alfándega común e dunha politica comercial com ún cara ós Estados terceiros.
c) A abolic ión, entre os Esta dos me mbr os, dos ob stáculo s para a libre c irculación de persoas, de servicios e de
capita l.
d) A instaura ción dunha politica común no t erreo dos tr ansporte s (...).
e) O achegamento das lexislacións nacionais na medida necesaria para o funcionamento do mercado común.
i) A creación dun Fondo Social Europeo (FSE) para mellora-las posibilidades de traballo dos obreiros e cont ribuír
ó aum ento d o seu niv el de vid a (...).”
(Tratado de Roma. Roma, 1957)
T. O futuro da Unión Europea.
"¿Continúa sendo vostede optimista respecto ao porvir da cidadanía europea?
Si, porque a cidadanía nacional é un punto de referencia que ten menos importancia que noutros tempos. Cada
día máis, as xentes traballan nun contexto europeo, ata mundial. Económica e culturalmente , vívese xa fora
do marco nacional. Ademais, os progresos realizados nos últimos c incuenta anos son enormes: a superación do
conflicto franco-alemán, o fin da división entre a Europa occidental e a oriental. Hoxe se esta empezando a
debater sobre o tema: ¿Pódese ser europeo sen pertencer ás culturas históricas dominantes en Europa? Na
miña opinión, é un avance considerable".
(Entrevista a Catherine wihtol de W enden, autor a do libro: La citoyenneté europeénne. En: www.historiasiglo20.org. 7-III-
2006)
248
Estados membros da Unión Europea
U. A vida da CEE. Un proceso en fases.
(Fonte:www.iris.cnice.mec.es)
V. A Constitución europea.
“Artículo 1-43. A Unión e os Estados membros actuarán conxuntamente con espírito de solidariedade se un
Estado membro é obxecto dun ataque terrorista ou vítima dunha catástrofe natural ou de orixe humana. A
Unión mobilizará todos os instrumentos de que dispoña, incluídos os medios militares postos á súa disposición
polos Estados membros, para:
a) - previr a ameaza terrorista no territorio dos Estados membros; - protexer as institucións democráticas
e á poboación civil de posibles ataques terroristas; - prestar asistencia a un Estado membro no territorio
deste, a petición das súas autoridades polít icas, en caso de ataque terrorista;
b) prestar asistencia a un Estado membro no territorio deste, a petición das súas autoridades
políticas, en caso de catástrofe natural ou de orixe humana.
As modalidades de aplicación do presente artigo están previstas no artigo III-329.”
(Constitución E uropea. Ou tubro de 2004)
249
As institucións da CEE en 1986
W. As institucións da CEE en 1986
Problemas sociais en Occidente. Desequilibrios internos.
X. A segregación racial nos EE.UU. Black is beautiful: a rebelión dos negros. Malcom X.
“Non son demócrata, non son republicano e nin sequera me considero norteamericano (...). Ben, eu non
creo niso de enganarse a un mesmo. Non sentarei na túa mesa co prato valeiro para verte comer e dicir que son
o teu comensal. Se eu non probo o que hai no teu prato, sentar na túa mesa non fará de min un comensal. O
feito de estar nos EUA non nos fai ser norteamericanos. Ter nacido aqui non nos fai norteamericanos. Porque
se o nacemento nos fixese norteamericanos non precisariamos facer unha emenda da Constitución, non habería
que ir contra aquilo que impide exerce-los dereitos civís, agora mesmo en Wáshington. Non hai que promulgar
leis de dereitos civís para facer norteamericano a un polaco.
Non, eu non son norteamericano. Son un dos vintedous millóns de negros victimas da democracia, que
non é máis ca unha hipocresía disfrazada. Así é que non estou aqui falándovos como un norteamericano, nin
como un patriota, nin como o que saúda a bandeira, non , eu non. Eu falo como unha victima deste sistema
norteamericano. E vexo os Estados Unidos cos ollos dunha victima. Non vexo ningún soño norteamericano; vexo
un pesadelo norteamericano.”
(Discurso de Malcom X)
250
Evolución dos prezos do petróleo
Y. O maio francés de 1968.
“¡¡Traballadores de París!!
Despois dunha semana de loitas contínuas , os estudiantes de París, onte pola tarde, ocupámo-la
Sorbona. E estamos decididos a quedar.
Ata agora impuxérannos unha educación burguesa, o contido da cal non podiamos criticar, e que nos
preparaba como futuros dirixentes e instrumentos da vosa explotación.
Ata agora criamos que poderiamos resolve-los nosos problemas polos medios tradicionais, como os
partidos politicos, a elección de representantes e as manifestacións. A experiencia destes días amosóuno-la
ineficacia destes medios e que tan só a acción de masas, dirixidas desde a base, pode obrigar ó poder a
retroceder.
(...) Entre os vosos problemas e os nosos hai semellanzas profundas. ¿Quen decide as normas e os
ritmos?¿Quen decide os obxectivos da producción? En todas partes a regra é a mesma, só se vos pide que
executede-las ordes da xerarquía. Sindicatos e partidos da opos ición non vos propoñen endexamais nada
esencialmente diferente. É sempre unha minoría a que decide en nome voso tanto na producción como na
sociedade.”
(Proclama do Comité de Acción Loitas obre iras e e studia ntís feita en maio do ano 1968)
Os inicios da crise. Inflacción, desemprego, inestabilidade monetaria...
Z. O aumento dos prezos enerxéticos.
251
A evolución dos países social istas. Desestalinización e descentralización.
Z. 1. Problemas agrícolas na economía soviética.
“Constátase un neto desfase entre o ritmo de crecemento da nosa industria socialista, da poboación
urbana, do benestar das masas laboriosas, por unha parte, e o nivel actual da producción agrícola , por outra
(...).
Como consecuencia da expans ión da industria social ista, prodúcese un crecemento acelerado da
poboación urbana, triplicándose o número entre 1926 e 1962. Na medida na que se enriquece a sociedade
socialista, o benestar material dos traballadores elévase sen cesar. No momento actual, o salario real dos
obreiros e empregados da URSS é varias veces superior ó nivel prerrevolucionario. Esto significa que o noso
país é cada ano máis rico, que o desafogo material dos traballadores elévase e que naturalmente, ó mesmo
tempo ten máis necesidade da agricultura.
Sen embargo, o ritmo de desenvolvemento da agricultura soviética acusa claramente un retraso sobre
o ritmo de desenvolvemento da industria e o incremento das necesidades da poboación de productos de
consumo. Digamos simplemente que, aumentando a producción industrial en 2,3 veces dende 1940 a 1952, a
producción agrícola global (en prezos comparables) non aumentou máis que nun 10 %...
¿Cales son as causas do nivel insufic iente da producción grícola no seu conxunto e do retraso de varias
ramas importantes da agricultura?.
O partido Comunista practicou sistemáticamente unha politica tendente a desenvolver ó máximo a
industria pesada, condición indispensable do desenvolvemento de tódolos sectores importantes da economía
nacional, e conseguiu neste aspecto éxitos importantes (...). Os nosos mellores cadros están ocupados na
industrialización do país. Non estamos en condicións de asegurar simultaneamente o desenvolvemento rápido
da industria pesada, da agricultura e da industria lixeira (...)”
(KRU SCH EV, N . : Informe sobre os problemas agrícolas 3-IX-1953)
Z. 2. Reformas na xestión empresarial.
“... A fin de contrarrestar as tendencias á irresponsabilidade dos burócratas individuais, o Estado
soviético tivo que introducir en 1935 o principio da “rendibilidade individual das empresas”. Deste xeito, os
ingresos dos burócratas dependen do cumplimento do plan financeiro da empresa, o que con frecuencia entra
en conflicto coas necesidades de realizar o plan material, coa calidade dos productos ou soamente coa
planificación...
... O burócrata, que sabe que a realización do plan depende do aprovisionamento regular da “súa”
empresa de materias primas, productos auxiliares, corrente eléctrica, etc ., ó enfrontarse coa relativa escaseza
destes bens trata de protexerse reclamando constantemente unhas cantidades de productos superiores ás
que realmente necesita, co que contribúe a aumentar a súa escaseza...
De feito, esta tendencia dos burócratas a crear unha marxe de seguridade para a formación de
“reservas” chega tan lonxe que mesmo intentan ocultar e infravalorar sistemáticamente a capacidade de
producción das súas empresas...”
(MANDEL, E.: Tratado de economía marxista. En: Historia do mundo contemporáneo. Ed. Rodeira-Edebé. A Coruña, 2002. Pax.
278)
Z. 3. A desestalinización.
“O marxismo xamais negou a importancia dos xefes na dirección da clase traballadora e na organización
das masas. Non obstante, condenou sempre como perigoso o predominio da vontade dun so dirixente sobre as
decisións colexiadamente deliberadas polos órganos do Partido (...).
O Comité Central do Partido notou dende hai tempo na conducta do camarada Nikita Kruschev
rrepetidas transgresións e violacións do principo da dirección colexiada, ó mesmo tempo que manifestacións
e actitudes típicas de culto á personalidade (...).
Pero os principais prexuízos provocados polaas iniciativas persoais do camarada Kruschev nestes anos,
e en particular dende 1962, manifestáronse na organización do Partido en materia de producción agrícola e
industrial (...)
Na dirección da agricultura, deu o principal exemplo da súa falta de ponderación e da precipitación das
252
Fonte: www.barrac lou .com. 8-III-2006
súas iniciativas. Unha destas consistiu na liqu idación do sistema de rotación e na introducción do cultivo
intenso do millo como forraxe. Se a medida aparecía como válida para certas rexións, aplicada en gran escala
produciu serios prexuizos noutras rexións e un empobrecemento das terras menos fértiles (...)”
(Informe de Suslov presentado ó Comité Central do PC da URSS en outubro de 1964)
Z. 4. O espacio xeográfico do COMECON.
Z. 4. Rebelións contra o dirixismo soviético. A opinión de Tito en Iugoslavia.
“A URSS comenzou a practica-la súa política expansionista xa antes de comenza-la última Guerra
Mundial, cando asinou o pacto con Hitler e se repartiron as zonas dintereses á hora de invadir territorios
estranxeiros (...). Continuou esta mesma política cando rematou a guerra mundial (...). Cando se trata dun país
socialista, a URSS intenta xustifica-lo uso dos seus métodos imperialistas coa suposta necesidade de que os
pequenos países socialistas ou as democracias populares subordinen os seus intereses ós intereses da Unión
Soviética, potencia dirixente do socialismo, e iso, presumiblemente, no nome da revolución mundial. En
rrealidade, esta subxugación de pobos pequenos, como o proba a escravización de Polonia e, seguidamente, de
Romanía, Hungría, Bulgaria, Checoslovaquia, etc., só ten unha finalidade, que non é a revolución mundial, senón
realmente a hexemonía mundial.”
(Declaracións de J. Broz, TITO, no VI Congreso do Partido Comunista Iugoslavo no ano 1953)
Z. 5. Rebelións contra o dirixismo soviético. A vía checa.
“O recoñecemento dos diversos intereses dos grupos sociais dos individuos e a súa unificación, esixen
a elaboración e aplicación dun novo sistema polít ico, dun novo modelo de democracia socialista.
Hoxe, cando se borran as diferencias de clase, o criterioprincipal de avaliación dos individuos na
sociedade é este: ¿en que medida contribúe unha determinada persoa ó desenvolvemento social? O partido
criticou a miudo as concepc ións igualitarias, pero na práctica, a nivelación estendeuse nunha medida sen
253
precedentes, e chegou a ser un dos principais freos do desenvolvemento económico intensivo e da elevación
do nivel de vida.
Se nos esforzamos hoxe en e liminar as tendencias igualitarias, e en valorar os principios do
rendemento, non cremos que así se creen unhas novas capas privilexiadas. Queremos que en tódolos sectores
da nosa vida social, a remuneración das persoas dependa da importancia social e da eficiencia do seu traballo,
da mostra de in iciativa persoal, do grao de responsabilidade e dos riscos . Isto está de acordo co interese do
desenvolvemento de toda a nosa sociedade. O principio de rendemento leva á madurez técnica, á rendabilidade
e á productividade do traballo, á autoridade e ós poderes dos dirixentes responsables, e o principio da
participación nos beneficios subliña a importancia crecente da cualificación de tódolos traballadores...
O socialismo non pode significar soamente a liberación dos traballadores da dominación das relacións
de clase e da explotación, senón tamén, un pleno desenvolvemento da personalidade. Debe ofrecer máis que
calquera democracia burguesa...”
(Programa de “Renovación do socialismo” do Comité Central do Partido Comunista checoslovaco, do 5 de abril de 1968. En:
BALBOA LÓPEZ, X. e outros. Obra citada. Pax. 182)
A China maoísta. Unha nova versión comunista.
Z. 6. Os comenzos da revolución. A Longa Marcha.
Z. 7. Os cambios na economía.
“Un labor central da reforma económica que se ha de emprender é a integración da planificación
gobernamental e das forzas do mercado. A planificación ten un papel fundamental na macrorregulación da
economía, controla os vaivéns da oferta e da demanda e encargase do axuste estructural e máis da repartición
da economía interior. O papel das forzas de mercado reside na microeconomía, na producción día a día e na
repartición dos recursos.
254
No futuro, os departamentos gobernamentais de tódolos niveis non se deberán encargar máis do
funcionamento e da administración das empresas. A polít ica económica do goberno debe mudar. No canto de
outorgar fondos e materiais, aproba-los proxectos e determina-los obxectivos, deberanse lim itar ó labor de
elaborar plans, coordinar, supervisar e ofrecer servicios.
Os feitos demostraron, que naquelas rexións da China onde se introduciron mecanismos de mercado,
a economía estimulouse e desenvolveuse rapidamente. No sur da provincia de Guandong, por exemplo, o 90%
das actividades económicas dependen dos mecanismos do mercado. A producción organízase segundo as
esixencias do mercado... O resultado é unha economía local relativamente próspera. Só a competencia do
mercado lles permite sobrevivir ás empresas superiores e elimina-las inferiores...”
(GAO SHAG QUA N (viceminist ro da com isión de Estado ): Sobre a reestructuración do sistema económico. 1992. En:
ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J.: Obra citada. Pax. 285)
Z. 8. A Revolución Cu ltural.
“A loita era moi encarnizada daquela. Obrgabamos ós profesores a levaren un pucho e máis un cartel
pendurado do pescozo non que aparecían frases escritas como: “Son un monstro”. Comparecían por quendas
ante toda-las clases, onde os insultabamos e os asediabamos con consignas, acusacións e ordes de se
reformaren. Obrigabámolos a limpa-los labavos, enzoufabámolos con pintura negra e organizabamos “equipos
de control de monstros” (kuan niu-kui tui) que se encargaban de que recibisen o trato que merecían.
Acusabámolos de faltas concretas e non parabamos ata que confesasen que as cometeran. Fixo falta
case unha semana de loita sen tregua para que un home admitise que dixera: “Mao está errado” nunha conversa
cun colega seu.”
(MICHE L, A.: Memorias del guardia rojo Dai Hsiao-ai. 1976. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J.: Obra citada. Pax. 285)
Z. 9. A evolución da socialización da economía chinesa.
Z. 10. O Gran Salto cara Adiante. A comuna Chinesa.
“Art. 1. A comuna é unha organización social de base, construída voluntariamente polos traballadores
baixo a dirección do Goberno popular e do Partido Comunista. O seu obxectivo é gobernarse no campo da
255
Fonte: www.gisweb.ciat.cgiar.org 8-III-2006
producción industrial e agrícola, dos cambios, da cultura, da educación e da política.
Art. 2. A finalidade das comunas é reforzar o sistema socialista e preparar activamente as condicións
do tránsito progresivo ao sistema comunista.
Art. 3. Os membros das cooperativas que entren nas comunas deben entregar todas as terras..., casas,
gando, árbores e demais medios de producción. Sen embargo, poden gardarse animais e aves en pouca cantidade
a título de propiedade privada....
Art. 6. As comunas proseguirán os traballos hidráulicos..., asegurarán o contínuo auxe da producción
agrícola..., desenvolverán rapidamente a industria... fabricando instrumentos de labranza, fertilizantes e
materiais de construcción.
(Proxecto de estatuto da Comuna popular Sputnik. 1958. En: ALFEIRÁN RODR IGUEZ e ROMERO MA SIÁ, A. : Obra citada.
Pax. 370)
Os problemas de desenvolvemento de América Latina. Recursos e inestabilidade.
Z. 11. A explosión demográfica. Altas taxas de crecemento.
Z. 12. Problemas agrarios. A revolución campesiña.
“1. Tendo en consideración que o pobo mexicano, acaudillado por Francisco I Madero, foi a derramar
o seu sangue para reconcquistar liberdades e reivindicar dereitos conculcados, e non para que un home se
fixese co poder, violando os sagrados principios que xurou defender baixo o lema de “sufraxio efectivo e non
reelección”..., declaramos ao dito Francisco I Madero inepto para realizar as promesas da Revolución da que
foi autor...
7. En virtudede que a inmensa maioría dos pobos e cidadáns mexicanos son únicamentedonos do terreo
que pisan, sen poder mellorar en nada a súa condición social ninipoder dedicarse á industria ou á agricultura,
por estar monopolizadas por unhas poucas mans as terras, montes e augas; por esta causa se expropiarán,
previa indemnización, a terceira parte destes monopolios aos seus poderosos propietarios, a fin de que os
256
Superficie de regadío (Miles de Has.) América Latina e oCaribe. (1972-1998)
pobos e cidadáns de México obteñan campos, colonias, terras legais para pobos ou campos de sementeira ou
de labor e se mellore en todo e para todo a falta de prosperidade e benestar dos mexicanos.
8. Serán nacionalizados os bens dos terratenentes, científicos ou caciques que se opoñan directa ou
indirectamente ao presente Plan, e as dúas terceiras partes que a eles correspondan serán destinadas para
indemnizacións de guerra,pensións de viúvas e orfos das víctimas que sucumban nas loitas do presente Plan.”
(ZAPATA, E. e a XUNTA REVOLUCIONARIA DO ESTADO DE MORELOS: Plan de A yala . 1911. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ
e ROMERO MASIÁ: Obra citada. Pax. 397)
Z. 13. Problemas agrarios. Melloras tecnolóxicas.
Fonte: www.unep.org.
Z. 14. Desequilibrios industriais. Dependencia tecnolóxica exterior.
“O xefe dunha misión técnica norteamericana en Brasil, John Abbink, anticipara proféticamente, en
1950: “os Estados Unidos deben estar preparados para guiar a inevitable industrialización dos países non
desenvolvidos, se se desexa evitar o golpe dun desenvolvemento económico intensísimo fora da éxida
norteamericana... A industrialización, se non está controlada dalgún xeito, levará a unha substancial reducción
dos mercados estadounidenses de exportación”. En efecto, ¿acaso a industrialización, aínda que sexa
teleguiada dende fora, non sustitúe con producción nacional as mercadurías que antes cada país debía importar
do exterior? Celso Furtado advirte que, a medida que América Latina avanza na sustitución de importacións
de productos máis complexos, “a dependencia de insumos que proveñen das matrices tende a aumentar”. Entre
1957 e 1964 duplicaronse as vendas das filiais norteamericanas, en tanto as súas importacións, sen incluír os
equipamentos, se multiplicaron por máis de tres. “Esa tendencia parecería indicar que a eficacia sustitutiva
é unha función decrecente da expansión industrial controlada por compañías estranxeiras”. A dependencia non
se rompe, senón que cambia de calidade: os Estados Unidos venden, agora, en América Latina, unha proporción
maior de productos máis sofisticados e de alto nivel tecnolóxico. “A longo prazo -opina o Departamento de
Comercio- , a medida que medra a producción industrial mexicana, creanse maiores oportunidades para
exportacións adicionais dos Estados Unidos...” Arxentina, México e brasil son moi bos compradres de
maquinaria industrial, maquinaria electrica, motores, equipos e repostos de orixe norteamericana. As filiais
das grandees corporacións abastécense nas súas casas matrices, a prezos deliberadamente caros.”
257
(GALEA NO, E. : Las venas abiertas de América Latina.. Ed. Siglo XX I. Madrid,1994 . Paxs. 400-401)
Z. 15. Inestabilidade política. O populismo.
“1. A verdadeira democracia é aquela onde o goberno fai o que o pobo quere e defende un só interese:
o pobo.
2. O peronismo é esencialmente poppular. Todo cículo politico é antipopular e, polo tanto, non é
peronista...
4. Para o peronismo non existe máis que unha clase de homes: os que traballan...
7. Ningún peronista debe de sentirse máis do que é nin menos do que debe ser. Cando un peronista
comeza a sentirse máis do que é, comeza a converterse en oligarca...
10. Os dous brazos do peronismo son a xustiza social e a axuda social...
13. Un goberno sen doutrina é un corpo sen alma. Por iso o peronismo ten a súa propia doutrina política,
económica e social: o xusticialismo...
16. Como doutrina económica, o xusticialismo realiza a economía social, poñendo o capital ao servicio
da economía e esta ao servicio do benestar xeral.
17. Comodoutrina soc ial, o xusticialismo realiza a xustiza social, que da a cada persoa o seu dereito
en función social...
19. Constituímos un goberno centralizado, un Estado organizado e un Pobo libre.
20. Nesta terra o mellor que temos é o pobo.”
(PERÓN, J. D.: As v inte verdades do xusticialismo. 1950. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROM ERO MASIÁ: Obra citada.
Pax.399)
Z. 16. Inestabilidade política. A revolución.
“A Asemblea Xeral Nacional do Pobo de Cuba expresa a convicción de que a democracia non pode
consistir só no exercicio do voto electoral, que case sempre está manexado polos latifundistas e políticos
profesionais, senón do dereito dos cidadáns a decidir. .. os seus propios destinos . Ünicamente existirá
democracia en América Latina cando so pobos sexan realamente libres par a escoller, cando os humildes non
estean reducidos pola fame, a desigualdade social, o analfabetismo e os sistema xurídicos á máis ominosa
impotencia.
Por iso, a Asemblea Xeral Nacional do Pobo de Cuba: condena o latifundio; condena os salarios de fame
e explotación; condena o analfabetismo; condena a falta de protección á vellez; condena a discrimanc ión do
negro e do indio; condena a desigualdade e explotación da muller; condena as oligarquís militares e políticas;
condena as concesións de recursos naturais dos nosos países aos oligopolios estranxeiros; condena aos
gobernos que non escoitan os sentimentos dos seus pobos e acatan os mandfatos de Washington; condena o
monopolio das noticias por axencias ianquis; condena os monopolios e as empresas imperialistas que saquean
continuamente as nosas riquezas, explotando aos nosos obreiros e campesiños, desangran e manteñen
atrasadas as nosas economías e someten a política de América Latina aos seus designios e intereses.”
(Primeira declaración da Habana. 1960. En: ALFEIRÁN RODRIGUEZ e ROMERO MASIÁ: Obra citada. Pax. 400)
Z. 17. Inestabilidade política. As dictaduras militares.
“... Os que pretenden doblegarnos con presións ou ameazas foráneas, equivócanse rotundamente, e só
verán crecer unha cohesión interna que sempre se axiganta ante a adversidade. Os que, pola súa banda
pretenden dende o interior aliarse con estes desbordes internacionais que pareceran revivir formas de
imperialismo que criamos xa superadas no Occidente, só logran retratarse mellor nas súas ambicións sin freo,
e facerse acreedores ó xusto desprezo do pobo chileno.
Menos aceptables son aínda os intentos de intervención foránea cando a causa que se invoca para ela
é unha suposta defensa dos dereitos humanos.
A nosa historia e a nosa idiosincrasia forxaronse no respecto á dignidade do home. Só unha amraga
experiencia recente, que estivo a punto de conducirnos á guerra civil, nos fixo comprender que os dereitos
humanos non poden sobrevivir nun réxime político e xurídico que abre campo á agresión ideolóxica do marxismo-
leninismo, hoxe ó servicio do imperialismo soviético, ou á subversión terrorista, que converte a convivencia
social nunha completa anarquía.
258
Fonte: www.funglode.org. 9-III-2006
Resulta incomprensible que toda restriccióna determinados dereitos das persoas se enxuice como
unha presunta transgresión dos dereitos humanos, mentras que a actitude feble ou demagóxica de moitos
gobernos fronte ó terrorismo non mereza reparo algún na materia, aínda cando é evidente que ela se traduce
nunha complicidade por omisión, cunha das formas máis brutais de violación dos dereitos humanos.
É posible que o noso enfoque máis amplo e profundo nesta materia sexa dificil de comprender para
os que non viviron un drama coma o noso. Ahí está, en cambio, a razón pola que as limitacións excepcionais que
transitoriamente tivemos que impor a certos dereitos, contaron co respaldo do pobo e da xuventude da nosa
patria, que viron nela o complemento duro pero necesario para asegurar a nosa Liberción Nacional, e proxectar
así amplos horizontes de paz e progreso para o presente e o futuro de Chile. A xuventude destacouse pola súa
comprensión visionaria cara a esixencia histórica que afrontamos no sentido de dar vida a un Novo Réxime
político institucional...”
(PINOC HET, A.: Discurso en Cerro Chacarillas. 9 de xullo de 1977 . En: www.bic entena riochile.cl. 9-III-2006)
Z. 18. Os axentes dinamizadores da politica latinoamericana.
259
Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.
1. Ben vido Míster Ma rshall. España. 1952. Dir. Luís García Berlanga. Xénero: comedia. Duración: 95 m.
2. A confesión. Francia-Italia. Dir. Constantin Costa-Gavras. Xénero: drama político/biográfico. Duración: 135
m.
3. Ladrón de bicicletas. Italia. 1948. Dir. Vittorio de Sica. Xénero: drama. Duración: 88 m.
4. Un, dous, tres. EE. UU. 1963. Dir. Billy Wilder. Xénero: comedia. Duración: 108 m.
5. Habana. EE. UU. 1990. Dir. Sydney Pollack. Xénero: drama romántico. Duración:
6. A Batalla de Chile. España. 1973-1977. Dir. Patricio Guzmán. Xénero: documental. Duración: sin datos.
7. Salvador Allende. Chile. 2004. Dir. Patricio Guzmán. Xénero: documental. Duración: 100 m.
8. A historia ofic ial. Argentina. 1984. Dir. Luís Puenzo. Xénero: drama. Duración: 110 m.
9. Baixo o volcán. EE. UU. 1984. Dir. John Huston. Xénero: drama. Duración: 109 m.
10. Easy Rider. (Buscando o meu destino. ) EE. UU. 1969. Dir. Dennis Hopper. Xénero: drama de carretera.
Duración: 94 m.
11. Deus e o demo na terra do sol. Brasil. 1964. Dir. Glauber Rocha. Xénero: drama social. Duración: 125 m.
12. Desaparecido. EE. UU. 1982. Dir. Constantin Costa-Gavras. Xénero: drama político. Duración: 122 m.
13. Europa. Poderoso continente. Reino Unido. 1974. Dir. Sin datos. Xénero: documental. Duración: Sin datos.
14. O sangue do cóndor. 1979. Dir. Patricio Guzmán. Xénero: documental. Sin datos nos demáis apartados.
15. O estranxeiro. Italia. 1967. Dir. Luchino Visconti. Xénero: drama. Duración: 105 m.
16. Memorias do subdesenvolvemento. Cuba. 1968. Dir. Tomás Gutierrez Alea. Xénero: comedia. Duración:
85 m.
17. Xeración perdida. EE. UU. 1980. Dir. John Byrum. Xénero: drama biográfico. Duración: 109 m.
18. A casa Rusia. EE. UU. 1990. Dir. Fred Schepise. Xénero: drama de intriga. Duración: 123 m.
19. JFK. Caso aberto. EE. UU. 1991. Dir. Oliver Stone. Xénero: drama de intriga. Duración: 190 m.
20. O círculo do poder. EE. UU. 1991. Dir. Andrei Konchalovsky. Xénero: drama biográfico. Duración: 137 m.
21. Queimado polo sol. Rusia. 1994. Dir. Nikita Mikhalkov. Xénero: drama. Duración: 152 m.
22. ¡Vivir!. Hong Kong. 1994. Dir. Zhang Yimou. Xénero: drama. Duración: 125 m.
23. L’ América. 1994. Dir. G. Amelio. Sin datos nos demais apartados.
24. Antes da chuvia. Macedonia. 1994. Dir. Milcho Manchevski. Xénero: drama. Duración: 110 m.
25. Malcolm X. EE. UU. 1992. Dir. Spike Lee. Xénero: drama biográfico. Duración: 193 m.