Comprendermos Nº3 2015

8
U n dos máis evidentes síntomas da forzo- sa dependencia económica á que fica condenada Galiza son os moitos atran- cos para podermos desenvolver as nosas inxentes potencialidades produtivas. Limi- tacións legais e políticas que fanan o noso desenvol- vemento e desertizan sectores enteiros, multiplican- do o empobrecemento e destruíndo emprego. Dous exemplos recentes visan como son as políticas impostas polo Partido Popular e o dese- ño, de periferia compradora que temos asignado no marco da Unión Europea, as principais razóns que bloquean a nosa produción. O conflito do sector leiteiro puxo acima da mesa o efecto com- binado dunha política agraria común deseñada en beneficio das potencias centrais de Europa, e da ausencia dun marco político e económico de noso. Así, constátase como ao tempo que o sector leiteiro galego, vai perdendo espazo a nivel de Estado (onde é potencia produtora) en bene- ficio do leite foráneo, importando fundamental- mente da Francia. O mesmo acontece coa flota galega do cerco, amarrada por mor dun reparto de cotas inxusto. Máis un episodio no continuado desmantelamento da ac- tividade pesqueira en Galiza. Gandeiras e mariñeiros exixen apenas que se lles permita traballar e produ- cir. Que se adopten as medidas que fagan posíbel realizaren a súa actividade, da que viven milleiros de familias traballadoras. Tratados de libre comercio: agravando a globalización Queremos producir QUINTA FEIRA, 5 DE NOVEMBRO DE 2015 NÚMERO 3 Suplemento feito en parcería por www.fesga.org e PENSAMENTO PARA O DEBATE E A ACCIÓN Entrevista a Manuel Dacal, coordinador xeral de FRUGA PÁX. 2-3 Análise: O cerco galego PÁX. 6 Conceptos: O imperialismo PÁX. 7 Ollada internacional: 70 anos da FSM CONTRACAPA EDITORIAL PÁX. 4-5

Transcript of Comprendermos Nº3 2015

Page 1: Comprendermos Nº3 2015

U n dos máis evidentes síntomas da forzo-sa dependencia económica á que fica condenada Galiza son os moitos atran-cos para podermos desenvolver as nosas inxentes potencialidades produtivas. Limi-

tacións legais e políticas que fanan o noso desenvol-vemento e desertizan sectores enteiros, multiplican-do o empobrecemento e destruíndo emprego.

Dous exemplos recentes visan como son as políticas impostas polo Partido Popular e o dese-

ño, de periferia compradora que temos asignado no marco da Unión Europea, as principais razóns que bloquean a nosa produción. O conflito do sector leiteiro puxo acima da mesa o efecto com-binado dunha política agraria común deseñada en beneficio das potencias centrais de Europa, e da ausencia dun marco político e económico de noso. Así, constátase como ao tempo que o sector leiteiro galego, vai perdendo espazo a nivel de Estado (onde é potencia produtora) en bene-

ficio do leite foráneo, importando fundamental-mente da Francia.

O mesmo acontece coa flota galega do cerco, amarrada por mor dun reparto de cotas inxusto. Máis un episodio no continuado desmantelamento da ac-tividade pesqueira en Galiza. Gandeiras e mariñeiros exixen apenas que se lles permita traballar e produ-cir. Que se adopten as medidas que fagan posíbel realizaren a súa actividade, da que viven milleiros de familias traballadoras.

Tratados de libre comercio: agravando

a globalización

Queremos producir

QUINTA FEIRA, 5 DE NOVEMBRO DE 2015 NÚMERO 3

Suplemento feito en parcería por www.fesga.orge

PENSAMENTO PARA O DEBATE E A ACCIÓN

Entrevista a Manuel Dacal, coordinador xeral de FRUGA PÁX. 2-3

Análise: O cerco galego PÁX. 6

Conceptos: O imperialismo PÁX. 7

Ollada internacional: 70 anos da FSM CONTRACAPA

EDITORIAL

PÁX. 4-5

Page 2: Comprendermos Nº3 2015

Quinta feira, 5 de novembro de 2015. Nº 3

2

Hai menos de dous meses os tractores inda ruxían nas rúas das cidades e vilas de Galiza. Os protestos dos e das gandeiras do sector lácteo puxeron contra a parede aos gobernos galego e español. Facemos balanzo dos resultados colleitados desa loita e preguntámonos con Manuel Dacal, histórico sindicalista agrario, arredor do futuro dun sector chave para Galiza.

Comprendermos

"As tractoradas lograron parar a baixada dos prezos do leite"

L ogo de transcorridos case dous meses desde a vaga de protestos e tractoradas, cal é a situación do sector? Mellorouse, atinxiuse algún avanzo?

Antes de máis nada hai que ver a situación de partida. En que situación estaba o sector cando encetou a vaga de mobilizacións. Ne-se sentido hai que ter en conta que o sector viña padecendo, ao longo de todo o ano 2015, unha situación bastante conflitiva, sobre todo na cuestión dos prezos. Hai que ter en conta tamén que o 1 de abril desaparece o sistema de cotas lácteas, que era un sistema de con-tixentación de produción estabelecido pola UE. Esas son as circunstancias de partida.

A partir de aí atopámonos con tres caracte-rísticas propias que nos permiten dunha crise láctea especificamente galega. A primeira ca-racterística é o prezo. Durante todo este ano, e anos anteriores, estívose pagando o prezo máis baixo de todo o Estado español e das zonas produtoras da Unión Europea. Aliás, entre abril e maio presentáronse contratos con prezos inda máis baixos. Segunda, que a partir do 1 de abril desaparece o sistema de cotas, que permitiría entregar máis leite, po-rén esa situación non se dá xa que as empre-sas asignaron ás granxas un tope parecido ou igual ao que tiñan nas cotas. As cotas na práctica seguiron e seguen funcionando. E se unha granxa pasouse nas entregas feitas o ano pasado está tendo penalizacións por ter entregado máis leite. Algo que non acontece nin no resto do Estado nin no resto de Euro-pa. A terceira, en xuño algunhas explotacións tiveron que tirar co leite porque as empresas transformadoras non llo recollían, algo que só sucedeu aquí.

Toda esta xeira mobilizadora logrou parar a tendencia á baixa dos prezos do leite. As em-presas non continuaron premendo con pre-zos á baixa. Tampouco se volveron dar casos de teren que tirar co leite, xa que a recollida está garantida. Mais si que se manteñen os to-pes de produción. En resumo non se lograron grandes avanzos, mais si que conseguimos que a situación deixase de empeorar, esa é a valo-ración que facemos desde a FRUGA.

Na cerna do conflito estaba a queda dos prezos do leite, estabilizáronse? Mudou a actitude da industria e das cadeas de dis-tribución?Os prezos, efectivamente, non seguen a tenden-cia baixista. Mantéñense ou nalgúns casos su-biron con cantidades ridículas, dun céntimo ou céntimo e medio. No tema do prezo, que podía ter sido o que mellor reflectía o conflito, non se conseguiron grandes avances. A actitude da in-dustria mudou no sentido de teren que retirar os contratos con propostas á baixa, e que foron substituídos con contratos nos que se retorna-

XABIER P. IGREXAS

Manuel Dacal, Coordinador Xeral da Federación Rural Galega

FRUGA

Page 3: Comprendermos Nº3 2015

Quinta feira, 5 de novembro de 2015. Nº 3

3Comprendermos

AS ÁREAS COMERCIAIS SUBIRON O

PREZO DO LEITE ENTRE CATRO E CINCO CÉNTIMOS POR LITRO, PERO AO PRODUTOR SÓ SE LLE PAGA UN CÉNTIMO MÁIS

SE TEMOS REPRESENTANTES

POLÍTICOS PROPIOS EN MADRID

ESTAREMOS MELLOR DEFENDIDOS

A situación sería diferente de contarmos cun grande Grupo Lácteo Galego?É un grande problema non termos un Grupo Lácteo Galego. Estase vendo en todos os sitios que onde si dispoñen de estruturas de trans-formación propias, Asturias ou Euskadi por exemplo, están en mellores condicións para enfrontar as crise. Aquí o grande problema é que máis do 80% da nosa produción é trans-formada por empresas de fóra de Galiza. A em-presa que máis leite recolle en Galiza é unha transnacional francesa, Lactalis, que é a pri-meira empresa láctea que opera no Estado. O impedimento para constituír unha empresa láctea galega é estritamente de orde política, inda que tamén hai factores económicos.

Houbo unha operación partidaria do Parti-do Popular, como foi a de Alimentos Lácteos, cando a planta de Pascual en Outeiro de Rei estaba a venda e a meirande parte das coo-perativas optaron a ela decidiu darselle a un grupo de cooperativas totalmente descapita-lizadas pero obedientes ao PP, ao estaren xes-tionadas por afiliados do PP. Esa operación foi un rotundo fracaso, e os fracasos desaniman á xente, tiran para atrás. Reconstruír esta si-tuación vai custar moito. A nivel económico nótase a carencia de non dispormos de banca propia. No seu momento cando a Consellaría de Medio rural, do goberno bipartito, tentou poñer en marcha un grupo galego de base coo-perativa, loxicamente as conversas fixéronse con Caixagalicia e Caixanova. Agora non te-mos caixas nin banca propia. E iso é tamén un impedimento importante.

Para alén de aspectos conxunturais, a si-tuación do sector leiteiro sería diferente de ser Galiza un Estado soberano, sen depen-dencia de España e da Unión Europea?Eu creo que si. Hai que ter en conta que o Estado español é deficitario en produción de leite, e a primeira potencia produtora é Gali-za. O noso mercado lóxico, por proximidade, sería o español. De sermos un Estado propio

poderíamos negociar en pé de igualdade con outros estados a subministración ao

mercado español. En troca, hoxe todo indica que ese mercado está a ser en-tregado ao sector lácteo francés en detrimento do galego. Se non non se explica a falla de funcionamento da oferta e da demanda, como visa que se pague menos o noso leite que o de fóra. Se ti non contas con estruturas

políticas que te defenden os inimigos actuarán sobre ti. Un eventual Estado

galego podería protexer os sectores pro-dutivos, entre eles o sector lácteo.

O próximo 20D terán lugar eleccións ao Par-lamento español. Que se xoga o sector lei-teiro nestes comicios?O que nos xogamos é o futuro. Se imos ter ou non quen defenda o sector ou non. Se non te-mos un grupo parlamentar propio que defen-dan en Madrid os nosos intereses, non o vai facer. No recente debate sobre as axudas dos 300€ por vaca, foi a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, a que levou os intereses ga-legos ao Parlamento e obrigou á Ministra a dar explicacións. Se temos representantes políti-cos propios estaremos mellor defendidos que de non os ter.

ba ás condicións de partida. Pola súa banda, as distribuidoras valéndose da situación de conflito aumentaron os prezos nos supermercados, teori-camente para repercutir nos produtores, algo que non sucedeu, cando menos non totalmente. As áreas comerciais subiron os prezos do leite entre ca-tro e cinco céntimos nos lineais [para o consumidor final] pero ao sector produtor subíuselle o pre-zo entre un céntimo e céntimo e medio. É claro que alguén está a se quedar con tres céntimos por li-tro, parece ser que a industria e a distribución.

Como valora o proceso mobilizador? Que lec-cións tiran, na Fruga, da experiencia unita-ria que foi a Plataforma galega en defensa do sector lácteo?A Plataforma xurdiu como consecuencia da presión do propio sector. Nun primeiro mo-mento as organizacións agrarias tradicionais, e refírome a UPA, COAG, SLG, Unións Agrarias e Asaja-Galicia, non querían que se constituí-se. O 7 de xullo tiveramos unha reunión da que non logramos que nacese. Pero ao estarmos presentes outras organizacións, entendemos que era necesario constituír unha plataforma e tiramos para adiante. Resultado desa acción proactiva, a Plataforma acabou por se conso-lidar coa incorporación das restantes organi-zacións, mesmo as máis reticentes. Iso logrou que a Plataforma fose o interlocutor, malia pa-decer intentos de división, alentados polo Par-tido Popular, como aconteceu en Lugo. O éxito da Plataforma foi concitar a unidade do sector, superando esas divisións iniciais.

Que papel teñen xogado os gobernos galego e español neste conflito?O Goberno galego nun primeiro momento ne-gou literalmente a existencia do problema. A propia Conselleira, Rosa Quintana, negouno asegurando que non era para tanto. Despois de se iniciaren as mobilizacións en xullo e coas tractoradas de agosto, pasou a recoñecer o pro-blema pero a súa actitude nunca foi de se po-ñeren á fronte e liderar o sector lácteo galego. Galiza somos a primeira potencia produtora de leite do Estado español e temos máis do 50% das explotacións, polo que sería lóxico que a Xunta se tivese posto á fronte en defensa do sector. O propio Feijóo durante os primeiros momentos fuxiu do problema. Chegaron mes-mo ao ponto de xustificar a discriminación do sector lácteo galego en beneficio das explota-cións andaluzas cando se estaban a fixar as axudas do Estado.

A actitude do Goberno español foi tentar ca-pear o temporal como podían, mantendo xun-tanzas con algúns axentes sociais, mais sen re-coñeceren o problema específico do sector en Galiza. Tentou calmar aos produtores coa axu-da dos 300€ por vaca, mais meteron a pata ao publicaren un decreto no que se discriminaba notabelmente as granxas galegas ao indexar as condicións para recibiren a axuda. Foi a presión desde Galiza polo que se logrou homoxeneizar finalmente esa axuda para todo o Estado.

Cales son os atrancos para que un sector pro-dutivo no que Galiza ten enormes potencia-lidades non se desenvolva suficientemente?

Page 4: Comprendermos Nº3 2015

Cos tratados os EUA pretenden recuperar a súa hexemonía mundial.

Quinta feira, 5 de novembro de 2015. Nº 3

4 Comprendermos

Tratados de libre comercio: agravando a globalización

O s tratados de libre comercio (TLC) son moito máis que meros acordos co-merciais. De feito, son o instrumento que as principais potencias imperia-listas, e singularmente os EUA, están

a� empregar� para� recuperar� e/ou� afianzar� a� súa� posi-ción hexemónica no marco mundial. Teñen, xa que logo, efectos para alén do estritamente comercial, atinxindo aspectos xeoestratéxicos, mais tamén so-ciais, ambientais ou laborais. Os TLC son a punta de lanza dunha nova ofensiva do capital transnacional para favorecer e agudizar o proceso de concentración e centralización da riqueza, isto é, para aprofundar na� globalización� imperialista,� na� financiarización� da�

economía mundial e na articulación de grandes blo-ques monopolistas.

É por iso que os diferentes TLC non poden ser abor-dados isoladamente uns doutros. TPP, CETA, TTIP ou TISA, son diferentes caras dun mesmo poliedro. Acor-dos� promovidos� cunha� mesma� finalidade� --alargar� o�

lucro do grande capital transnacional--, e sob un mes-mo deseño. Ademais, non se poden tampouco separar os novos TLC do xa vixente dereito global corporativo, con máis de 3.000 acordos internacionais de inves-timento, nin tampouco descoñecer que ás mesmas finalidades� xa� responderon� anteriormente,� por� exem-plo, todos os tratados regulatorios da Unión Europea e do Euro, desde o de Roma até o de Lisboa.

OS TRATADOSCatro son os principais TLC que arestora están en fa-se� de� negociación� ou� pendentes� de� ratificación� polos�

estados asinantes. Dunha banda o Acordo Transpa-cífico� de� Cooperación� Económica� (TPP),� recentemen-te asinado, o Acordo Transatlántico de Comercio e Investimento (TTIP) entre os EUA e a UE, o Acordo Integral de Economía e Comercio (CETA) entre a UE e Canadá e o Acordo de Comercio en Servizos (TISA), que podería atinxir até a 50 países.

Debullamos deseguido as principais chaves que nos permitan descifrar as características e consecuencias concretas desta particular sopa de siglas.

TPP: Con base nun acordo previo, subscrito inicial-mente en 2006 por Brunei, Chile, Nova Zelandia e Singapur, o pasado 5 de outubro asinábase en At-lanta� (EUA)� o� chamado� Acordo� Transpacífico� de� Co-operación Económica (TPP) integrado por 12 estados, os 4 iniciais máis Australia, Canadá, Xapón, Malai-sia, México, Perú, Estados Unidos de Norteamérica e Vietnam. O tratado inclúe entre os seus acordos a rebaixa de aranceis até a súa total eliminación, a apertura de mercados de servizos e investimento, o libre acceso ás contratacións públicas e a desregu-lación ambiental, sanitaria e do mercado laboral. O TPP implica ao 40% da economía mundial (30% das exportacións e 25% das importacións) e a unha po-boación de preto de 1.000 millóns de persoas. A súa dimensión convérteo no TLC máis grande da histo-ria da humanidade.

CETA: O� texto� definitivo� do� acordo� foi� publicado� en�

setembro de 2014. Fica pendente de ser asinado e ratificado� por� parte� da� UE� e� de� Canadá.� É� o� primeiro�

acordo comercial asinado pola UE no que en lugar de recoller que sectores se liberalizan, se opta por

XABIER P. IGREXAS

un modelo de “lista negra” no que se rexistran as ex-cepcións, facendo que en principio todos os servizos (incluídos os de titularidade pública) poidan ser pri-vatizados/liberalizados de non existir unha excep-ción explícita. O texto do CETA en grande medida, segundo sinalan algúns analistas, é a antesala ou o ensaio do TTIP. O CETA inclúe os mesmo mecanismos privados de arbitraxe (ISDS) inicialmente previstos para o TTIP, e nos que se resolverán as diverxencias entre estados asinantes, mais tamén e sobre todo os conflitos� de� intereses� entre� as� corporacións� trans-nacionais e os Estados.

TTIP: O Acordo Transatlántico para o Comercio e In-vestimento� comezou� a� negociarse� oficialmente� en�

xullo de 2013. Porén,a súa orixe histórica remóntase á Declaración Transatlántica asinada en 1990 pola Unión Europea e os EUA. En 1995 xorde por vez pri-meira o proxecto dun “Grande Mercado Transatlán-tico”. O acordo, co obxectivo de favorecer o intercam-bio comercial, pretende rebaixar ou eliminar todo tipo de regulación ou lexislación (laboral, ambiental, comercial...)� que� o� dificulte.� Ao� igual� que� o� TPP,� CE-TA ou o TISA, suporá abrir ao mercado privado ser-vizos esenciais hoxe baixo titularidade pública. Un dos seus aspectos máis controvertidos son a forzosa

harmonización lexislativa, coa que se procura igua-lar por abaixo toda a normativa que regula as rela-cións laborais, o ambiente, a agricultura, a saúde, as finanzas,� a� alimentación� ou� os� servizos� públicos.� A�

previsión de mecanismos xurídicos destinados a ga-rantir� os� beneficios� dos� investidores,� isto� é� do� gran-de capital transnacional, é outro dos elementos máis cuestionados.� Así,� malia� a� modificación� formal� adop-tada recentemente pola que os mecanismos de arbi-traxe investidor-estado (ISDS) serán, previsibelmente, substituídos por un Sistema Xudicial de Investido-res (ICS) o TTIP imporá por acima das constitucións e lexislacións estatais, e mesmo por riba do dereito internacional de dereitos humanos, a lex mercatoria: a protección dos dereitos das empresas. Con base a ese principio varios estados asinantes de TLC xa te-ñen sido obxecto de demandas millonarias por parte de empresas prexudicadas pola súas regulacións. No caso galego, a mineira Edgewater que optou a explo-tar unha mina de ouro en Corcoesto, vén de ameazar ao Estado español con interpoñer unha demanda ao abeiro do TLC España-Panamá, onde ten a súa sede social� unha� das� súas� filiais.

TISA: En proceso de negociación desde hai seis anos, o Acordo de Comercio de Servizos suporá, no caso de� ser� finalmente� asinado� e� ratificado,� a� regulación�

supranacional en materias tan importantes como os� servizos� financeiros,� a� saúde,� a� auga,� telecomu-nicacións ou transportes. O estados perderán a súa capacidade de lexislar e regular nestes ámbitos, fa-vorecendo a súa progresiva liberalización/privati-zación e restrinxindo severamente a capacidade de intervención pública. O TISA afectará a 50 países: Australia, Canadá, Chile, Taipei, Hong Kong, Islandia, Israel, Xapón, Liechtenstein, Nova Zelandia, Norue-ga, Corea del Sur, Suíza, Estados Unidos, Colombia, Costa Rica, México, Panamá, Perú, Turquía, Paquis-

<<OS TLC SON A PUNTA DE LANZA DUNHA NOVA OFENSIVA DO CAPITAL>>

Page 5: Comprendermos Nº3 2015

Quinta feira, 5 de novembro de 2015. Nº 3

5Comprendermos

Protesto contra o Acordo Transpacífico.

<< CO TPP, O TTIP E O TISA, OS EUA ASEGURARÁN O CONTROL DO 80% DO PIB MUNDIAL>>

tán, Paraguai xunto aos 28 estados que integran a Unión Europea.

CONTEXTOO contexto histórico é unha factor determinante e chave para comprendermos o alcance real dos TLC en� proceso� de� negociación� e/ou� ratificación.� Diante�

das� dificultades� do� capital� transnacional� para� aumen-tar� de� maneira� sostida� e� en� grao� suficiente� os� seus�

lucros privados, apóstase por radicalizar o proceso desregulatorio, desenvolvido polo paradigma neo-liberal, para desta maneira permitir o aumento da explotación da clase traballadora e insistir no des-envolvemento desigual que condena a unha parte dos territorios a seren periferia empobrecida. Como lembra o sociólogo Inmanuel Wallerstein, o propio concepto de tratados de “libre comercio” é un contra-sentido,� ao� ficar� restrinxidos� a� un� número� concreto�

de estados e quedando excluídos outros. Aliás, que as negociacións sexan desenvolvidas precisamente por estados visa até que punto estes, en tanto que estruturas de clase ao servizo do capital, son unha peza indispensábel no comercio mundial, contraria-mente ao sostido pola tese neoliberal.

O cadro anterior agudizouse por mor da vixente crise sistémica, que enceta no ano 2007, e coincide ademais co estancamento do proceso de liberaliza-ción do comercio internacional promovido pola Or-ganización Mundial do Comercio (OMC), desde a súa fundación� en� 1994.� Diante� das� dificultades� no� cam-po multilateral, óptase polos TLC como acordos de carácter bilateral, estre estados ou asociacións de estados (UE).

A OTAN ECONÓMICAFoi a aspirante á presidencia dos EUA e ex secre-taria de Estado, Hillary Clinton, a que se referiu ao TTIP� como� “OTAN� económica”.� Porén,� esa� definición�

non se limita apenas a ese tratado, senón que de feito sintetiza o alcance xeoestratéxico dos no-vos TLC no seu conxunto. Desta maneira, os TLC procuran ademais afianzar o papel das principais potencias imperialistas, apuntalando a hexemo-nía dos EUA, freando o desenvolvemento de China que ameaza con os desprazar como primeira po-tencia mundial, neutralizando os novos espazos económico-comerciais despregados desde Rusia (Unión Euroasiática...) e o rol emerxente dos BRICS, e golpeando a fráxil articulación latinoamericana (Alba, Mercosur, Celac).

Neste sentido, a politóloga e activista Susan Geor-ge advirte de que conxuntamente a entrada en vigor do Acordo Transpacífico e do TTIP, suporá que os EUA se aseguren o control do 60% do PIB mundial e o 75% do comercio global”. Un control que se alargaría até o 80% do PIB mundial no caso de se aprobar o TISA, segundo estima o mexicano Florentino López Martínez.

Vese, pois, que os TLC constitúen un instrumen-to que sobarda o ámbito estritamente comercial e que se insire nunha nova pugna mundial, que

en grande medida determinará a correlación de forzas a nivel xeoestratéxico. “Non hai dúbida de que estes acordos son destinados a recuperar a perda de influencia que mergullou Washington na crise económica internacional de 2007-2009 e permitiu reforzar a presenza de China” asegu-ra López Martínez. Na súa opinión os TLC res-ponden a unha mesma lóxica común “estender a maximización do lucro do capital financeiro, a custa da destrución en masa da forza de traba-llo, a sobreexplotación da clase traballadora, que provocará o desemprego en millón de traballado-res, condenando a vastas maiorías da poboación á pobreza e a morte”.

SOBERANÍAOs TLC, ao primar sobre as lexislacións estatais e limitar a capacidade dos gobernos para regular, supoñen unha aberta ameaza para a soberanía, mesmo para estados e parlamentos presunta-mente soberanos. Serán eses acordos, negociados con total opacidade e secretismo, e non a von-tade popular e democrática quen fixen as con-dicións de traballo e as regulacións para a acti-vidade empresarial privada, mesmo en sectores estratéxicos.

No caso galego, ao carecermos de poder político propio, este feito aféctanos con maior gravidade. Xa que á ausencia de competencias, por estaren furtadas polo Estado español, e á súa transferen-cia dsede este cara á Unión Europea agora engá-dese o deslocamento competencial a instancias privadas internacionais, como os referidos meca-nismos de arbitraxe. Ademais, a sinatura dos TLC suporá unha restrición duradeira que impedirá aos gobernos adoptar decisións que en beneficio dos povo poidan ameazar os lucros das grandes corporacións.

Page 6: Comprendermos Nº3 2015

Quinta feira, 5 de novembro de 2015. Nº 3Comprendermos6

Ou enfrontamos a situación do cerco ou non temos futuro

ANÁLISEDANIEL RODASDeputado do BNG no Parlamento de Galiza.

O campa-mento de tra-balla-dores

do cerco é a punta do iceberg dos problemas que causa que Galiza non teña identidade política no mundo da pesca. Temos un Go-berno que non defen-de o que somos nin o que queremos seguir sendo non futuro, e asistimos á vergo-ña desta camariña de “pilatos” que deixa que outros intereses se im-poñan, desmantelando sen� rubor� a� flota� gale-ga mentres se libera-lizan as condicións na implantación de capi-tais para desenvolver un modelo de acuicul-tura intensivo de cos-tas ao sector miticultor e marisqueiro tradicio-nal no noso País.

Máis de dous anos leva o cerco gritando que isto é a� ruína,� que� así� vamos� a� pique.� Esta� flota,� composta�

por 153 barcos, pasou de ter un dereito universal de poder pescar 6.000/10.000 quilos/día dependendo da especie a un modelo onde a cota se reparte indivi-dualmente en función das “supostas capturas histó-ricas” que tivo o barco nos últimos anos. Un reparto que concentra nuns poucos o dereito de pesca e que deixa arruinados a gran maioría.

Co actual reparto hai barcos que pasan a ter unha cota de 15.000 quilos de xarda/ano, 30.000 xurelo/ano, mentres que uns poucos acaparan máis de 200.000 quilos/ano. Isto provoca a división e o enfrontamen-to� dentro� do� sector,� entre� os� que� saen� beneficiados� e�

a maioría prexudicada. Un modelo que prima a quen máis pescou, favo-

recendo� a� acumulación� de� capturas� naquelas� flotas�

máis� grandes.� Condenando� a� quen� regulou,� a� flotas�

artesanais como a galega que son as que xeran un maior reparto do dereito a poder pescar, da activida-de económica e dos postos de traballo.

A Unión Europea e as políticas do PP están levando a cabo unha profunda reconversión do sector que pre-tende liquidar o “atrasado” modelo galego: de moitos pequenos barcos, moito emprego polo modelo neo-liberal de poucos barcos, concentrando nuns poucos armadores os dereitos da pesca para que a actividade se� converta� en� valor� financeiro.

Co actual reparto é imposible manter a viabilida-de das pequenas empresas e aboca ao sector a reali-zar unha actividade irregular, a converterse o traba-llo de pescador en precario e ilícito, sometido a unha normativa e un control que non se axusta a realida-de, sentíndose totalmente acosados, desprestixiados, afogados sen caer ao mar.

Pero non é só o cerco, proble-mas similares pasan na volanta, no arrastre, no xeito e si ampliamos a visión poderíamos ver a situación de abandono no mexillón, do maris-queo ou da pesca artesanal.

Este goberno é un auténtico ca-balo de Troia disposto a acabar cun

dos principais piares da economía galega. Entrega o noso dereito a poder pescar, ninguneannos nas cotas cun reparto ridículo, perdemos o dereito a pescar bo-carte� na� zona� atlántica,� conséntese� que� outras� flotas�

pesquen nas nosas augas en mellores condicións que as propias, non defende as competencias nas augas interiores, véndese o sector a capitais foráneos.... O PP ten como cometido manter o poder, termos someti-dos, domesticados para poder aplicar os criterios dos poderes alleos a Galiza.

Neste acoso do noso modelo produtivo o cerco in-tenta dar a batalla pola supervivencia do sector, para elo conta cunha asociación maioritaria, ACERGA que é o interlocutor diante da administración pero que ten as súas debilidades para enfrontar a situación en termos políticos.

O PP leva moitos anos cunha ampla rede clientelar no mundo da pesca que engraxa continuamente con diñeiro público: fondos para a transformación, para a mellora tecnolóxica dos barcos, para as confrarías, as federacións de confrarías, para o despezamento, etc.

Os mariñeiros-armadores (neste sector o pro-pietario é o patrón) ten vinculación directa coa rede clientelar do PP e as organización teñen un-ha “vocación clientelar”: conseguir unha mello-ra do peirao, unha fábrica de xeo, unha axuda, etc. Enfrontar a situación contra quen sempre consideraron un aliado supón un drama difícil de enfrontar.

Menos mal que nestes anos de crise incorporáron-se moitos mozos ao sector e son os que están pre-mendo para tomar medidas, pondo contra as cor-das moitas veces a propia organización que non da establecido unha estratexia clara e que continua-mente acaba chalaneando.

E o futuro márcanno os mozos. Non hai outra, ou enfrontamos o problema e pedímoslle responsabili-dade a quen a ten, que non é outro que o presiden-te Núñez Feijóo, ou acabaremos nunha rotonda ou nun paseo marítimo.

E como din os mozos a solución non verá de fora, nin das estrelas mediáticas, nin dos falsos becerros de ouro. A solución ven de NÓS. Da capacidade que teñamos a enfrontar a situación, de establecer un-ha folla de ruta clara, de tender pontes aos outros segmentos� da� flota,� sumar� aliados� e� confiar� en� quen�

sempre estivo ao voso lado, quen sempre ofreceu traballo e honestidade.

Hai que decidirse dunha vez, pois parece que foi onte pero xa levamos dous anos asumindo este mo-delo que arruína toda a pesca galega, pois detrás do cerco está Galiza. Estamos todos os demais.

<<A UE E O PP PRETENDEN LIQUIDAR A FLOTA GALEGA DO CERCO>>

Page 7: Comprendermos Nº3 2015

Quinta feira, 5 de novembro de 2015. Nº 3 Comprendermos 7

O imperialismo (1ª parte)

CONCEPTOSIURI DOMÈNECH

É relativamente fre-cuente o uso do termo imperialis-mo (ou o seu opos-to, o antiimperia-

lismo) na linguaxe política e militante.

Temos así, países e pobos que padecen “agresións im-perialistas”; a Iª Guerra Mun-dial é cualificada como unha “guerra imperialista”; escói-tase tamén falar da Roma antiga como dunha “poten-cia imperialista”. En resumo, imperialismo identifícase en xeral coa idea dunha agre-sión exterior e da opresión nacional exercidas por un-ha potencia expansiva maior contra países ou pobos máis pequenos que se subordi-nan.

Desde o punto de vista do marxismo (ou dunha concep-ción materialista da historia), esta sería unha categoriza-ción reducionista do impe-rialismo (por limitada e in-completa). O marxismo non define o imperialismo desde

ese único aspecto da agre-sión exterior ou dunha rela-ción de subordinación entre países, porque esa definición ignora os aspectos que lle son esenciais e que teñen a ver coa natureza económica do imperialismo.

U N H A S O B S E R V A C I Ó N S PRELIMINARES

O debate teórico sobre o im-perialismo xorde a principios do século XX, tendo como pa-roxismo a crise da IIª Inter-nacional provocada polas posicións adoptadas polos partidos socialistas da época, en relación á Primeira Guerra Mundial. Os libros máis importantes dese debate foron: O capital financeiro de Rudolf Hilferding (1912); A acumulación de Capital de Rosa Luxemburg (1913); A economía mundial e o impe-

rialismo de Nikolai Bukharin (1915) e o que será a síntese marxista de referencia, O imperialismo, fase superior

do capitalismo de Vladimir Uliánov-Lenin (1916). Como se ve, o aspecto fundamental que todos estes autores marxistas destacan no imperialismo é o aspecto eco-nómico, e moi especialmente, o financeiro.

Se tanto Lenin, como Bukharin ou Rosa Luxemburg, insisten nese aspecto no debate é porque, nas posi-cións da IIª Internacional, predominaban os enfoques relacionados coa agresividade militar, o colonialismo, a xeopolítica, as desigualdades no comercio exterior ou aquilo que na actualidade se denominaría “rela-cións centro-periferia”.

Para Lenin, o imperialismo é o capitalismo altamente desenvolvido. A esencia económica do imperialismo é

o monopolio (en oposición ao capitalismo de libre con-correncia). Segundo este autor marxista, os cinco as-pectos económicos principais do imperialismo son:

1) o crecente desenvolvemento da produción capita-lista conduce ao monopolio capitalista (holdings, trusts,

corporacións, cartels, consorcios, etc);2) os bancos adquiren un novo papel na economía

fusionándose co capital industrial e conformando dese xeito o capital financeiro, o que permite a formación dunha oligarquía financeira;

3) a exportación de capital adquire unha importan-cia crecente, fronte á exportación de mercadorías que caracterizaba a etapa anterior;

4) a formación de asociacións internacionais de ca-pitalistas (ou alianzas de estados capitalistas) que se reparten o mundo;

5) e que o reparto territorial do mundo entre as po-tencias capitalistas máis importantes rematou (no sen-tido de que non hai xa ningún territorio que non estea

baixo a esfera de influencia dal-gunha potencia capitalista).

A transformación do capitalis-mo de libre competencia en capi-talismo monopolista (ou imperia-lismo), non foi unha anomalía ou unha disfunción do capitalismo, senón o seu desenvolvemento ló-xico e normal. Foi o resultado do proceso de concentración e cen-tralización do capital que se pro-duce como consecuencia das su-cesivas crises inherentes ao modo de produción capitalista. Esta “lei” do desenvolvemento do capitalis-mo xa fora apuntada por Marx en 1847, na súa polémica contra Proudhon, Miseria da Filosofía. Nela xa profetizaba: “O monopo-lio produce a competencia, a com-petencia produce o monopolio. Os monopolistas fanse a competen-cia, os competidores convértense en monopolistas”.

As crises que se producen cicli-camente no capitalismo conducen a fusións e adquisicións de empre-sas que eran antes competidoras. Dese xeito vai aumentando o ta-maño dos capitais en mans dun número cada vez menor de capi-talistas. Este é un fenómeno do cal tivemos recentemente unha clara mostra, no proceso de absorcións e fusións sucesivas de bancos e entidades de aforro. Se algo ca-racteriza o capitalismo, é ese per-manente canibalismo empresa-rial no que as empresas maiores van absorbendo competidoras. Ese proceso limitouse primeiro ao marco dos estados, para logo expandirse polo mundo adiante, unha vez que os mercados “na-cionais” resultaban demasiado pequenos para a escala das pro-ducións e dos negocios.

O que resulta espectacular na fase do capitalismo monopolista

(ou sexa, no imperialismo) é precisamente a financia-rización da economía. O tamaño que adquiren as tran-saccións financeiras, o dominio do capital financeiro concentrado e internacionalizado (ou sexa da fusión entre banqueiros e industriais), o papel principal que ocupan as exportacións de capitais e os investimentos exteriores son determinantes da esencia económica do imperialismo. As observacións de Lenin sobre este aspecto do imperialismo (xa en 1916!!) deixan en ridículo os actuais debates académicos entre economistas “key-nesianos” e “neoliberais”, entre un suposto capitalismo produtivo confrontado a un capitalismo financiariza-do, entre socialdemócratas e socioliberais. A realidade vén sendo, desde finais do XIX e principios do XX, que o capitalismo é un, é monopolista, financiarizado e al-tamente internacionalizado (globalizado).

>> Continuará no nº 4 de Comprendermos

Page 8: Comprendermos Nº3 2015

Coordina: Manuel MeraEquipa Técnica: Xabier P. Igrexas, Iuri Domènech

Edita: Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da cuestión social e sindical na Galiza.

Rúa Miguel Ferro Caaveiro 10, 15703 Santiago de CompostelaTel. 986 19 76 32

www.fesga.org Correo-e: [email protected] facebook.com/fesga @fmonchoreboiras

70 aniversario da Federación Sindical Mundial

OLLADA INTERNACIONALIURI DOMÈNECH

O ano 2015 foi rico en efemérides. As conmemoracións da derrota do na-zismo alemán e do militarismo xapo-nés ou a fundación da ONU tiveron un relativo eco mediático, segundo quen

fosen os protagonistas das homenaxes. Casualmente, o 70 aniversario dun dos acontece-

mentos máis transcendentes do 45, pasou desaperci-bido nos medios “informativos”. Unha vez máis, o pro-tagonismo histórico da clase obreira e das súas organizacións fica afogado baixo a chapa de chumbo do silencio e do esquecemento, tratando teimosa-mente de borrar a memoria histórica do movemento operario.

O 3 de outubro de 1945 foi fundada en París a Federación Sindical Mun-dial, no curso do que foi o primeiro congreso sindical mundial. Asistiron delegacións representando 67 millóns de traballadores e traballadoras de 55 países e 20 organizacións internacio-nais. Este congreso, que fora precedi-do no mes de febreiro por unha Con-ferencia Mundial en Londres, na que se adiantaron gran parte dos traba-llos preparatorios, significou o máis alto expoñente de unidade interna-cional acadado até hoxe polo mundo do traballo.

O clima político producido por anos de loita antifascista común, de resis-tencia ao nazi-fascismo, pola vitoria aliada contra a Alemaña e o Xapón, polo optimismo democrático e anti-bélico relacionado coa fundación da Organización das Nacións Unidas, e sobre todo, o recoñecemento da con-tribución da Unión Soviética e das or-ganizacións da resistencia en Europa e en Asia vencelladas aos partidos co-munistas, favoreceron o achegamen-to entre as distintas familias do movemento sindical internacional. Así foi posíbel a participación no con-greso da FSM de organizacións tan distantes como o Congreso de Organizacións Industriais de EE.UU. (CIO) e o Consello Central de Sindicatos da URSS, da CGT de Francia, das Trade Unions británicas (TUC), da Federación Chinesa do Traballo ou da Confederación de Traballadores de América Latina.

Do 3 ao 8 de outubro de 1945, o Congreso da FSM debateu diversas resolucións destinadas a producir unha acción unificada do movemento obreiro inter-nacional na procura de melloras substanciais na si-tuación da clase traballadora: estaban en cuestión melloras salariais, liberdades e garantías sindicais, condicións de traballo, protección social e sanitaria, vacacións e xubilacións. Mais tamén apareceron po-

sicións contrapostas na definición dunha posición común contra o imperialismo e o colonialismo, fa-vorábel ao dereito á autodeterminación das colonias e á liberación nacional dos pobos.

Cando o membro da delegación india, Shripad Amrit Dange, manifestou que: “para a nosa clase traballado-ra, a única e principal necesidade é a independencia nacional, e por iso o noso pobo únese ao movemen-to sindical internacional”, o británico Walter Citrine,

que presidía o congreso, respondeulle que el non cría que a FSM fose “o medio a través do cal se de-bía de resolver esta cuestión. Se nos internamos no labirinto da política … esta organización internacio-nal perecerá”.

No mesmo sentido, cando a Comisión de Regula-mento propuxo a resolución de condena do colonia-lismo en Vietnam e Indonesia, o delegado dos sindi-catos holandeses, Kupers, subiu á tribuna para negar que a loita dos pobos indonesios pola independencia tivese xustificación.

Estas diverxencias de fondo, sobre a posición de clase do movemento obreiro en relación ao “seu” im-perialismo, xunto coa viraxe da guerra fría, a carrei-ra de armamentos e a ameaza atómica, as políticas antiobreiras adoptadas polos gobernos occidentais

ao abeiro do Plano Marshall, debilitaban seriamente a unidade do movemento sindical mundial.

Ao longo de 1949, os sindicatos británicos, holan-deses e norteamericanos van formalizando a rup-tura coa FSM. Rematan constituíndo en Londres, en decembro do 49, a Confederación Internacional de Organizacións Sindicais Libres (CIOSL), e provocan-do un regueiro de escisións nas centrais sindicais de orientación clasista e antiimperialista que mantiñan

a súa afiliación na FSM. Estas operacións tiveron un especial seguimento e patroci-nio económico por parte de diversas axen-cias de Estados Unidos, nomeadamente a CIA e a USAID.

A FSM mantivo a partir de aí, un desta-cado papel internacional na loita sindical, na loita pola paz e o desarme nuclear, na defensa do dereito dos pobos á autodeter-minación, na solidariedade internacional fronte á represión das ditaduras militares e fascistas, contra o réxime racista de apar-theid e contra a ocupación de Palestina.

A FSM que agrupaba a parte máis com-bativa do movemento sindical en Europa, viuse seriamente debilitada nos anos 80 e 90 do pasado século. A desafiliación de centrais como a CGT de Francia ou a CGIL italiana e a desaparición dos sindicatos da URSS e doutros países socialistas, colocou a FSM ao borde da disolución.

X V C O N G R E S O : U N N O V O COMEZOO XV congreso da FSM, impulsado pola Central de Traballadores de Cuba, realizado na Habana no 2005, supuxo o inicio dunha nova etapa. Un renacemento, reafirmando a súa vontade de construír un movemen-to sindical mundial, clasista, democrático, unitario, moderno e independente. Nese congreso elixiuse como Secretario Xeral o sindicalista grego, George Mavrikos.

No seu XVI congreso celebrado en Atenas en 2011, a FSM ratificou esta nova xeira e constatou importantes avances cuantitativos e cualitativos na recuperación da súa implantación e influencia nos cinco continen-tes, así como na reincorporación de sindicatos e cen-trais que se distanciaran dela noutra etapa.

Hoxe, a Federación Sindical Mundial agrupa 320 sin-dicatos de 130 países, con preto de 100 millóns de traba-lladoras e traballadores adherentes. No noso país, están integradas na FSM, a Federación de Industrias e a Fe-deración da Construción da CIG, así como a CUT.

Quinta feira, 5 de novembro de 2015. Nº 3

Comprendermos

http://www.wftucentral.org/inicio/?lang=pt-brLINKS DE INTERESE: