Concello de Piñor -...

36
2 2 º º P P l l a a n n m m u u n n i i c c i i p p a a l l d d e e i i g g u u a a l l d d a a d d e e d d e e o o p p o o r r t t u u n n i i d d a a d d e e s s e e n n t t r r e e h h o o m m e e s s e e m m u u l l l l e e r r e e s s Concello de Piñor

Transcript of Concello de Piñor -...

Page 1: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

22ºº PPllaann mmuunniicciippaall ddee iigguuaallddaaddee ddee ooppoorrttuunniiddaaddeess

eennttrree hhoommeess ee mmuulllleerreess

Concello de Piñor

Page 2: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Edita:

Concello de Piñor

Redacción:

Francisco José Fraga Civeira_ Concello de Piñor Rosa Mary Lorenzo Alubias_ Concello de Piñor Tania Rodriguez Canitrot_ Concello de Piñor María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_ XARELA Formación-Animación Ana Belén Atrio Conde_ XARELA Formación-Animación Rubén Varela Piñeiro _ XARELA Formación-Animación

Coordinación: Rubén Varela Piñeiro _ Xarela Formación-Animación

Deseño:

Impresión:

Abrente Dixital SC

Subvenciona:

Piñor, Outubro de 2010

Page 3: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

1- Presentación

2.- Introducción 2.1 – Contextualizaciòn Características do concello 2.2 _ Xustificación

Antecedentes Vixencia do plan

3.- Áreas de actuación:

Educación e Sensibilización

Prevención e eliminación da violencia de xénero

Formación e Emprego

Benestar social

Asociacionismo e participación

4.- Seguimento e avaliación 5.- Anexos

• Lexislación • Fichas de seguimento

Page 4: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_
Page 5: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

1- Presentación

Pasaron cinco anos dende a aprobación do Iº Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres

do Concello de Piñor e os obxectivos que entón puñamos en letra impresa seguen mantendo a súa

vixencia; a existencia do plan foi sen dúbida un paso importante na loita pola imprescindible

igualdade real pero insuficiente; desafortunadamente quedan moitos atrancos por remover que

fan necesaria a existencia dun 2º Plan de Igualdade que renove e actualice os compromisos

recollidos no plan anterior.

Ben é certo que foi moito o avanzado neste lustro, hai un novo marco legal, tanto estatal coma

autonómico, leis de igualdade e contra a lacra da violencia de xénero que avanzan no

recoñecemento e garantía da igualdade de dereitos, leis que conteñen un amplo abano de medidas

para remove-los atrancos e dificultades cos que se atopan as mulleres, para que a igualdade sexa

efectiva e non quede somentes no plano formal. Tamén no concello, se botamos a vista atrás

seremos conscientes do avance que supuxo a existencia do Iº Plan de Igualdade, ese compromiso

firme en “impregna-lo actuar desta institución” estivo sempre presente na toma de decisións, delo

dan fe as múltiples iniciativas e actuacións postas en marcha en todos os eidos de actuación

municipal.

Pero como dicía, este avance con ser importante, non é suficiente, temos que consolida-lo camiño

que empezamos a andar hai cinco anos, hai moitos valados aínda por avantar, e moitos camiños

que temos que percorrer xuntos, mulleres e homes en pé de igualdade, ata que non sexan

necesarios máis plans de igualdade de oportunidades.

Francisco José Fraga Civeira

Alcalde de Piñor

5

Page 6: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_
Page 7: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

É para min unha gran ledicia presentar o II Plan Municipal de Igualdade de

Oportunidades entre Mulleres e Homes de Piñor (2010-2013), algo que ve a luz grazas á

participación de asociacións, persoal técnico e representantes políticos.

Eu, como muller, animo a tódalas mulleres e homes de Piñor a que se involucren neste Plan,

para poder levar a cabo tódalas actuacións que nel se propoñen e que perseguen a igualdade

entre mulleres e homes.

Desexo que, con todo o noso esforzo e a vosa colaboración, sexamos un exemplo a seguir

para outros concellos, loitando en prol da igualdade.

Rosa Mary Lorenzo Alubias Concelleira da área de Muller

7

Page 8: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_
Page 9: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

2.1-. Contextualización Características do concello: Piñor é un concello situado na zona noroeste da provincia de Ourense, na parte oriental da Comarca do Carballiño, da cal forma parte. Atópase a uns 23 Km. da capital da provincia, e a 12 de O Carballiño; aínda que nestes momentos, a autoestrada AG 53, é a vía de acceso mais utilizada para chegar, a Nacional 525 Ourense–Santiago sigue a ser a súa principal vía de comunicación, pois atravesa de Norte a Sur o concello, facilitando un doado acceso a tódalas parroquias.

9

Page 10: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Este concello ten unha superficie de 52,7 Km2 nos que atopamos 1401 habitantes segundo o último censo realizado en 2009, repartidos en 63 aldeas que confórmanse á súa vez, en 7 parroquias: Barrán (San Xoán), A Canda (San Mamede), Carballeda (Santa María), Coiras (San Xoán), A Corna (Santa María do Desterro), Loeda (San Paio) e Torcela (Santiago). Trátase dun municipio montañoso recuberto de verdes bosques, onde a orografía caracterízase por contar con fermosas paisaxes, resultado do contraste entre as montañas e os vales polos que discorren numerosos regatos, que desembocan nos ríos que atravesan o concello: o Arenteiro e os seus afluentes, o Mirela (ou Oseira) e o Asneiros. Na actualidade o Concello de Piñor conta cun total de 1401 habitantes, dos cales o 50,18% son homes e o 49,82% son mulleres, polo que algo máis da metade da poboación está composta por homes.

5%

59%

36%

Menores de 16 anos

De 16 a 64 anos

De 65 e mais anos

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes – Gráfico: elaboración propia

A pirámide poboacional, que non é tal pois móstrase totalmente invertida, é bastante equilibrada e homoxénea en canto a sexos, amosando unha maior concentración de homes ata os 55 anos; o número de mulleres increméntase a medida que avanzamos nas franxas de idade, debido á maior esperanza de vida deste colectivo, dato que coincide coa situación demográfica actual no resto de Galicia.

Poboación segundo sexo e grandes grupos de idade 32061 - Concello de Piñor

Total Menores de 16 anos De 16 a 64 anos De 65 e máis anos1401 75 825 501

Homes Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres 703 698 32 43 438 387 233 268

50,18% 49,82% 5,35% 58,89% 35,76%

10

Page 11: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Entre os datos que mellor reflicten o nivel de avellentamento da poboación do concello podemos quedarnos con tres: A media de idade das mulleres deste concello está próxima os 56 anos, 6 anos maior que a media de idade das mulleres do conxunto da provincia, a taxa de avellentamento mostra que por cada 100 habitantes, 36 teñen xa teñen 65 anos ou mais, e a taxa de dependencia reflexa que por cada 100 habitantes con idades entre 15 a 64 años hai 75 persoas con unha idade menor de 16 ou maior de 64 años.

0 20 40 60 80

0-4

5-9

10-14

15-19

20-24

25-29

30-34

35-39

40-44

45-49

50-54

55-59

60-64

65-69

70-74

75-79

80-84

85 y más

MULLERES

HOMES

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes – Gráfico: elaboración propia

As persoas inmigrantes, (que supera o 3% da poboación do concello) teñen unha presencia fundamental nas idades laboralmente activas, xa que o 95% destas persoas inmigrantes que viven neste concello están entre os 16 a 64 anos, o que nos podería indicar que a inmigración na comarca responde maioritariamente a motivos de traballo. No que se refire ao nivel de estudos, e segundo os datos do IGE (Instituto Galego de Estatística), non existen grandes diferenzas entre sexos, aínda que debemos sinalar que o 70% das mulleres e o 65% dos homes do concello de Piñor non remataron o bacharelato elemental, ESO ou EXB, e que só o 3% dos homes fronte o 5% das mulleres teñen formación de nivel FP 2 ou universitaria.

11

Page 12: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Afiliacións en alta laboral por sectores 32061 - Concello de Piñor

Dato % Período Fonte Agricultura e pesca 65 15% 2010/Xuño SS Industria e construción 166 37% 2010/Xuño SS Servizos 215 48% 2010/Xuño SS 446

Elaboración propia a partir dos ficheiros de afiliacións e contas de cotización facilitados pola Seguridade Social No que se refire os sectores productivos, o número de afiliacións a seguridade social no sector primario (agricultura e gandería), viuse moi reducido nos últimos anos neste concello a pesar de atoparse nun entorno puramente rural; agora mesmo representa o 15% das persoas ocupadas, sendo maioritariamente mulleres as que traballan neste sector, con aproximadamente as tres cuartas partes dos empregos

O sector secundario (construción e industria) acada o 37% das afiliacións. Dentro deste sector a industria conta con aproximadamente o 70% dos postos de traballo, dos cales a presencia é maioritaria de homes fronte a unha cuarta parte de mulleres. Tamén dentro deste sector, a construción ten un peso do 30% (con 48 afiliacións), das cales a presenza feminina é moi baixa ou practicamente inexistente. Os servizos, (sector terciario), é o primeiro en importancia e suma ó 48% das afiliacións á seguridade social, e mostra un certo equilibrio no nivel de afiliación por sexo. Nestes momentos o concello conta cunha poboación económicamente activa composta por unhas 825 persoas aproximadamente, das cales o 53% son homes e o 47% son mulleres, sendo a taxa de desemprego próxima o 10% (81 persoas das cales 40 son homes e 41 son mulleres)

Paro rexistrado por grupos de idade Concello de Piñor - Agosto 2010

Total Homes Mulleres 16 a 19 anos 2 2 0 20 a 24 anos 6 4 2 25 a 29 anos 6 4 2 30 a 34 anos 5 2 3 35 a 39 anos 6 1 5 40 a 44 anos 7 4 3 45 a 49 anos 7 4 3 50 a 54 anos 9 3 6 55 a 59 anos 15 6 9 60 a 64 anos 18 10 8

Total 81 40 41 Fonte: Consellería de Traballo e Benestar. Informe do paro rexistrado

12

Page 13: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Paro rexistrado por sectores Concello de Piñor - Agosto 2010 Total Homes Mulleres

Agricultura/Pesca 5 3 2 Industria 23 14 9 Construción 5 5 0 Servizos 37 13 24 Sen emprego anterior 11 5 6 Paro total 81 40 41

Fonte: Consellería de Traballo e Benestar. Informe do paro rexistrado Por sectores, o número maior de persoas desempregadas concéntrase no sector servizos con case o 46%, (das cales as dúas terceiras partes son mulleres) seguido do de industria co 28%, as persoas que buscan o seu primeiro emprego representa o 14%, e cun menor peso, a construción e a agricultura co 6% cada un; nestes sectores as diferenzas non son moi representativas, salvo na construción por ser este un sector no que a muller prácticamente non está representada.

6%

28%

6%46%

14%

Agricultura/Pesca

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

Fonte: Consellería de Traballo e Benestar. Informe do paro rexistrado Gráfico: Elaboración propia

13

Page 14: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_
Page 15: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

2.1-. Xustificación Antecedentes No concello de Piñor estamos convencidos de que acadar as máximas cotas de participación en igualdade de condicións entre mulleres e homes, en tódolos campos, é indispensable para o desenrolo pleno e completo de noso concello, por iso impulsamos no seu día a posta en marcha do Iº plan de igualdade de oportunidades das mulleres do concello de Piñor, que estivo en marcha durante os anos 2006 a 2009. O 1º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades pretendía ser unha ferramenta de traballo, na que se establecesen actuacións dirixidas á mellora das situacións de desigualdade das mulleres en tódolos ámbitos da vida social, encamiñadas a acadar unha igualdade real e efectiva entre mulleres e homes; para tentar acadar os obxectivos propostos articulouse o plan en sete áreas, cos seus respectivos obxectivos e actividades. A pesares de que estes obxectivos previstos, semellaban ambiciosos, o nivel de resultados acadado foi moi satisfactorio, tanto nos seguimentos realizados durante a súa execución como na avaliación final realizada no primeiro trimestre de 2010. Este novo plan pretende continuar na liña marcada polo anterior, adaptando e mellorando as cuestións nas que resultou menos positivo e incorporando aqueles elementos que se botaron en falta, en función das características e necesidades reais do noso concello. Buscamos tamén que este novo plan encaixe no conxunto das políticas institucionais que a todos os niveis, estanse pondo en marcha dende a segunda metade do século XX, nas democracias occidentais coa finalidade de promover a igualdade de xénero en tanto que é parte integral dos dereitos humanos. No noso contexto é preciso distinguir tres grandes niveis:

• A política de igualdade das Nacións Unidas, expresada a través da celebración de sucesivas conferencias mundiais que se traducen en plataformas de acción para os países que se comprometen a poñelas en marcha.

• A política de igualdade da Unión Europea que conta cun amplo desenvolvemento legal.

• A política de igualdade do estado español, expresada a través de diversas leis e dos plans de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes que desenvolven a administración nacional, as autonómicas e as locais.

15

Page 16: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Ademais, a nivel normativo, durante estes últimos anos tamén se publicaron novas leis e plans que afectan directamente as liñas de acción propostas no plan á hora de querer falar dunha igualdade realista, na que homes e mulleres compartan deberes pero, sobre todo, dereitos. As mais relevantes serían estas:

• Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. (B.O.E. 23/03/2007).

• Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades (2008-2011) • Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia.

(D.O.G. 13/04/2007). • V Plan do Goberno Galego para a igualdade entre mulleres e homes (2007-2010) • Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da

violencia de xénero. (D.O.G. 07/08/2007).

Con todo isto, o 2º Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades das Mulleres pretende actuar en todos os sectores da poboación do Concello de Piñor por ser este o marco por excelencia da convivencia entre homes e mulleres, e por tratarse a administración local, da instancia máis próxima ás necesidades, intereses e inquedanzas da cidadanía. Vixencia do plan

Para este segundo Plan estableceuse un período de vixencia de 4 anos (2010-2013), sendo o tempo estimado como o necesario para poder poñer en práctica as actuacións previstas no mesmo, encamiñadas a acadar a tan ansiada igualdade efectiva entre mulleres e homes.

16

Page 17: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

3.- Áreas de actuación:

Educación e Sensibilización

Prevención e eliminación da violencia de xénero

Formación e Emprego

Benestar social

Asociacionismo e participación

17

Page 18: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

3.- Áreas de actuación:

Educación e Sensibilización

No concello de Piñor estamos convencidos e convencidas de que a educación en igualdade e a sensibilización da poboación son dúas das ferramentas fundamentais para a consecución de cambios sociais en materia de igualdade de oportunidades, e tamén para a consolidación destes. Este novo Plan de Igualdade pretende continuar co traballo realizado nos últimos anos, pero incidindo especialmente na educación en igualdade, promovendo tanto a participación das familias como do resto de axentes sociais e aumentando a participación e implicación dos homes neste traballo

Axentes implicados/as: Concello Medios de comunicación Centros de ensino Asociacións de todo tipo

Responsable: Concelleira/o da área de Educación

18

Page 19: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Educación e Sensibilización

Obxectivos

Incrementar a sensibilidade e concienciación coa igualdade de xénero, rexeitando todo tipo de desigualdades - Fomentar a educación en igualdade, rexeitando estereotipos sexistas. - Promover a participación das familias e do resto de axentes sociais en

prol dunha educación non sexista. - Aumentar a participación e implicación dos homes neste traballo

Actuacións

- Dar a coñecer o Plan municipal de igualdade de oportunidades e os seus obxectivos en cada unha das actuacións.

- Realizar campañas de sensibilización permanentes en prol da igualdade e contra a violencia de xénero (Espazo propio no boletín e na páxina web do concello, folletos e carteis nos taboleiros e locais...)

- Incorporar transversal ou especificamente as temáticas (tolerancia, respecto, xénero, igualdade,...), nas actividades con nenos/as, e na Escola de familia.

- Organizar obradoiros de resolución de conflitos, relacións respectuosas e prevención de condutas violentas.

- Por en marcha programas de educación para a igualdade e obradoiros de corresponsabilidade para persoas de todas as idades.

- Incorporar módulos ou temáticas de igualdade de oportunidades nos cursos ou actividades promovidos polo Concello.

- Deseñar campañas específicas de información e sensibilización para os homes do concello

De Realización De Resultado De Impacto

Indicadores

Realización das actuacións previstas - Difusión do plan. - Campaña sensibilización - Obradoiros - Módulos de igualdade - Campañas para homes

Nº de actividades realizadas. Nº de persoas que participan (por sexos) Valoración das persoas participantes.

- Incremento da sensibilización das/os participantes en materia de igualdade - Aprendizaxe das relacións en igualdade - Grao de repercusión social - Consolidación da campaña de sensibilización - Incremento da participación dos homes.

19

Page 20: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Prevención e eliminación da violencia de xénero

A violencia de xénero non se limita exclusivamente a condutas agresivas, senón que tamén está presente en outras moitas situacións discriminatorias, que padecen as mulleres polo feito de selo. O feito de tentar implicar a toda a veciñanza, e dar a coñecer os recursos cos que contamos na loita contra a violencia de xénero é algo fundamental no camiño da liberdade de tódalas mulleres víctimas desta situación.

Axentes implicados/as: Concello Forzas e corpos de seguridade Profesionais sanitarios Centro de Información a Muller Centros de ensino

Responsable: Concelleira/o da área de Muller

20

Page 21: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Prevención e eliminación da violencia de xénero

Obxectivos

Fortalecer a resposta municipal ante os casos de violencia de xénero, ofrecendo respostas integrais, que vaian dende a prevención, ata a atención as víctimas e as súas familias . - Potenciar a difusión e coñecemento dos recursos existentes. - Fortalecer o traballo en rede das e dos profesionais para facer máis efectiva

a loita contra a violencia de xénero. - Promover condutas alternativas á violencia para a resolución de conflitos,

as relacións de convivencia e o bo trato entre homes e mulleres.

Actuacións

- Elaborar e difundir unha guía de recursos da comarca relacionados ca violencia de xénero. - Promover un protocolo integral de actuación en casos de violencia de xénero para dar unha resposta global e coordinada no que se implique a todo o persoal técnico do Concello. - Incluír no boletín municipal e na páxina Web do concello un apartado específico con información dos recursos e servizos existentes para o tratamento e a intervención da violencia de xénero. - Ofrecer atención integral (psicolóxica, social e xurídica), as mulleres víctimas de malos tratos, incluíndo asesoramento telefónico, e/ou a domicilio. - Realizar campañas especificas de prevención e sensibilización en contra da violencia de xénero para a poboación en xeral e para a mocidade en particular. - Organizar obradoiros de habilidades e relacións sociais, autoestima, expresión de emocións, resolución pacífica de conflitos e valor de igualdade, dirixidos a persoas de ambos sexos - Habilitar a sala de confidencialidade do Departamento de Servizos Sociais como “Espazo da igualdade”, pasando a ser un punto de asesoramento, información e apoio multidisciplinar. - Mellorar a capacitación no ámbito da prevención e eliminación da violencia de xénero do persoal técnico de Servizos Sociais do concello.

De Realización De Resultado De Impacto

Indicadores

Realización das actuacións previstas

Difusión do guía de recursos realizada Implementación do protocolo de actuación realizado Espazo de igualdade disposto para o uso Nº de actividades realizadas. Nº de persoas que participan (por sexos) Valoración das persoas participantes.

Diminución dos casos de violencia de xénero. Aumento da formación e sensibilización da sociedade nesta materia. Demanda do espazo habilitado para igualdade

21

Page 22: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Formación e Emprego

Aínda que a incorporación da muller ao mercado laboral é unha realidade tanto cuantitativa coma cualitativa, seguen a estar de manifesto desigualdades nas oportunidades tanto de acceso, coma de promoción, e nas condicións laborais do emprego, entre homes e mulleres. A nosa proposta pasa por incentivar a formación das mulleres, para que poidan acadar maiores e mellores posibilidades de inserción e/ou promoción no ámbito laboral.

Axentes implicados/as: Concello Servizo público de emprego Empresas Asociacións de empresarios/as Sindicatos

Responsable: Concelleira/o da área de Emprego

22

Page 23: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Formación e Emprego

Obxectivos

Favorecer o acceso das mulleres ó mercado laboral nas mellores condicións. - Impulsar actividades de formación que aumenten a empregabilidade das

mulleres - Facilitar o acceso as actividades formativas a poboación con mais

dificultades, mulleres adultas, inmigrantes, e paradas de longa duración. - Promover o equilibrio, no reparto de responsabilidades e tamén no

reparto do tempo de ocio.

Actuacións

Por en marcha accións formativas que axuden a profesionalizar as tarefas que realizan as mulleres nos fogares. (Coidado de persoas, Atención sociosanitaria,...)

Reforzar as accións formativas que axudan a promoción laboral das mulleres en xeral e das inmigrantes en particular nos seus postos de traballo. (Galego, Novas tecnoloxías, Habilidades socias..)

Incentivar a obtención do carné de conducir por parte das mulleres Realizar cursos de alfabetización para mulleres adultas Intensificar o traballo de orientación laboral en prol das mulleres desempregadas.

o Informar acerca dos recursos existentes facilitadores da formación como becas, bolsas,…

o Divulgar entre o empresariado local os incentivos para a contratación de mulleres, a consolidación de emprego e as medidas de conciliación.

o Intensificar a información e difusión dos recursos existentes en materia de autoemprego.

Visibilizar os logros das mulleres do concello e as boas prácticas, tanto no boletín mensual como na web do concello.

Dinamizar as actividades de voluntariado social e a participación no banco de tempo como medidas de conciliación.

Aposta polos programas que favorezan a conciliación da vida laboral e familiar (Programa Familias Tardías, posta en marcha do PAI, Centro de Día ou programas de atención a maiores....).

Desenvolver accións formativas entre a poboación masculina, que fomenten a corresponsabilidade compartida das tarefas no ámbito familiar, o coidado de persoas dependentes ou a atención infantil.

De Realización De Resultado De Impacto

Indicadores

Realización das actuacións previstas - Cursos - Información - Difusión

Nº de actividades realizadas. Nº de persoas que participan (por sexos) Valoración das persoas participantes.

Descenso do paro feminino no Concello. Nivel de inserción acadado nos cursos realizados. Recoñecemento das boas prácticas Incremento da participación dos homes en tarefas domésticas.

23

Page 24: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Benestar social

Entendemos o benestar como o conxunto de elementos que contribúen a establecer un determinado nivel ou calidade de vida. Neste conxunto cada persoa incorpora distintos aspectos que van dende os económicos, ata os culturais, pasando pola saúde, tempo de ocio, redaccións afectivas,... Promover a adopción de hábitos de vida redunden nunha mellora do benestar físico, social e psicolóxico, e fomentar os programas municipais relacionados coa saúde, o ocio e a cultura das veciñas do concello, son obxectivos que pretende acadar este plan.

Axentes implicados/as: Concello Asociacións Profesionais sanitarios

Responsable: Concelleira/o da área de Servizos Sociais

24

Page 25: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Benestar social

Obxectivos

Fomentar a adopción de hábitos de vida saudables que redunden nunha mellora do benestar físico, social e psicolóxico. - Ampliar a oferta de actividades saudables, sociais e de ocio. - Fomentar o coñecemento dos servizos e prestacións vinculados á lei de

dependencia, así como programas municipais relacionados coa saúde, o ocio e a cultura.

- Buscar a implicación e participación dos homes nos servizos e programas ofertados dende o Concello, especialmente no uso dos Servizos Sociais municipais.

Actuacións

- Aumentar a oferta de actividades deportivas e/ou saudables, promovendo un avellentamento activo.

- Intensificar as campañas de información específica “muller e saúde” relacionadas con patoloxías específicas, alimentación e programas preventivos.

- Realizar obradoiros de educación afectivo–sexual, así como actividades relacionadas coa sexualidade nas distintas etapas da vida.

- Achegar o programa de intervención no alcoholismo e tabaquismo as mulleres do municipio.

- Apoiar os programas que favorezan o benestar social (“Lavandería sobre rodas”, Centro de Día, Programas de atención a maiores e dependentes,....).

- Realizar unha campaña específica de información invitando a participación dos homes nos programas ofertados dende servizos sociais, habilitando o “Espazo da igualdade”, tamén para o uso dos homes de xeito que poidan acudir e seren atendidos cunha maior privacidade.

De Realización De Resultado De Impacto

Indicadores

Realización das actuacións previstas

Aumento do número de actividades Campañas de información específicas realizadas Nº de sesións realizadas. Nº de persoas que participan (por sexos) Valoración das persoas participantes.

Recursos mais utilizados. Maior oferta de servizos e actividades. Homes mais participativos.

25

Page 26: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Asociacionismo e participación

O nivel de participación dos veciños e veciñas, na vida social e cultural do seu concello é unha sinal inequívoca do seu desenrolo democrático, mellorando o nivel de comunicación entre a poboación e as administracións públicas, e dando maior coherencia as respostas políticas diante das súas necesidades Promover a participación das mulleres na vida social e cultural do concello, apoiar o tecido asociativo e tentar equilibrar a balanza do tempo adicado as responsabilidades e o lecer, son algúns dos obxectivos deste plan.

Axentes implicados/as: Concello Asociacións Grupos non constituídos formalmente Clubs deportivos

Responsable: Concelleira/o da área de participación cidadá

26

Page 27: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Asociacionismo e participación

Obxectivos

Promover a participación das mulleres na vida pública, fortalecer o tecido asociativo e equilibrar a balanza do tempo adicado as responsabilidades e o lecer ademais de incorporar a perspectiva de xénero ás actividades culturais - Fomentar o disfrute do tempo libre das mulleres - Aumentar a implicación masculina neste traballo

Actuacións

- Por en marcha programas de respiro familiar, e incrementar a información sobre as alternativas existentes para dotar de tempo libre as mulleres con cargas familiares.

- Realizar en coordinación coas asociacións, programacións estables de actividades de ocio, culturais e artísticas para fomentar a dinamización cultural da zona.

- Promover viaxes socioculturais organizadas polo Concello - Promover as actividades de voluntariado social e a participación no banco de tempo

como formas de participación social. - Incorporar fórmulas de participación máis familiar, grupal e interxeracional nas actividades

que se leven a cabo, tratando de romper estereotipos e fomentando a igualdade: contacontos, exposicións, concursos,...

- Promover a creación do Consello Municipal da Muller como órgano consultor – avaliador do plan

- Organizar iniciativas de formación en realización de tarefas domésticas, e outras responsabilidades como o coidado de persoas dependentes, convertendo así ó home, nun apoio que permita á muller facer máis vida fóra do fogar.

De Realización De Resultado De Impacto

Indicadores

Realización das actuacións previstas

Nº de actividades realizadas. Nº de persoas que participan (por sexos) Valoración das persoas participantes.

Homes mais implicados. Mulleres con mais tempo libre. Poboación mais participativa

27

Page 28: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

28

Page 29: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

4.- Seguimento e avaliación Unha vez definido e implantado o plan de igualdade, o proceso de avaliación terá unha dobre función. Por unha banda unha función de control, xa que pretende un seguimento de como se desenvolveron as actuacións previstas, se foron ou non realizadas, en qué prazo,... e por outra banda unha función orientadora, xa que busca axudar a readaptar o plan e permitir que os novos plans consideren as aprendizaxes realizadas. Polo tanto, o longo deste proceso tentamos facer fincapé nos seguintes apartados: Avaliación de resultados: Grao de cumprimento dos obxectivos expostos no Plan de Igualdade. Nivel de corrección das desigualdades detectadas no diagnóstico. Grao de consecución dos resultados agardados. Avaliación do proceso: Nivel de desenvolvemento das accións emprendidas. Grao de dificultade atopado/percibido no desenvolvemento das accións. Tipo de dificultades e solucións emprendidas. Cambios producidos nas accións durante o desenvolvemento do Plan. Avaliación do Impacto: Grao de achegamento a igualdade de oportunidades no Concello. Cambios na cultura da entidade local. Tamén tentaremos achegarnos a cuestións mais concretas como: • Cobertura: Alcance da intervención en relación o ámbito previsto, que ten que ver

coa porcentaxe de poboación directamente afectada, co número de localidades nas que se realizaron actividades, coas áreas municipais implicadas,...

• Coherencia: Complementariedade con outras medidas levadas a cabo no territorio e

coas grandes liñas de traballo en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, tanto a nivel estatal como autonómico. (Plan galego de igualdade,....)

• Eficacia das accións: Orientada a medición das accións durante a execución do

programa. Adecuación a relación entre o previsto ou desexable, e o verdadeiramente feito. (Número de actuacións previstas, Valoración das actuacións, Grao de participación,...)

• Eficacia dos resultados: ou o que é o mesmo, grao de transformación lograda sobre

o ámbito de referencia. (Melloras detectadas, Cambios observados, Conceptos e/ou habilidades adquiridas,...)

29

Page 30: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

• Eficiencia: A adecuada utilización dos recursos de forma que se consiga un aproveitamento óptimo dos mesmos. (Orzamento anual asignado, Orzamento executado, Relación custo/asistencia, nivel de participación nas actividades mais custosas, Participación nas actividades mais económicas,...)

• Pertinencia: Grao en que a argumentación e os obxectivos do plan son axeitados,

significativos e válidos en relación coa problemática e coas necesidades reais identificadas. (Sistema de diagnóstico de necesidades empregado, Debilidades e Fortalezas detectadas, e Oportunidades e Ameazas identificadas no entorno,...)

• Sostenibilidade: A pervivencia dos efectos e dos resultados por encima do horizonte

temporal do propio plan. (Continuidade - Puntualidade das actuacións previstas, Demanda de mais actuacións semellantes, Necesidade de actuacións semellantes,...)

• Capacitación e Participación: Análise dos mecanismos de coordinación e toma de

decisións previstos e contribución dos mesmos a participación e xestión do plan, tanto por parte do propio Concello como das organizacións ou colectivos implicados. (Persoas implicadas no deseño, entidades implicadas, persoas que participan na implantación, formación/especialización dás persoas implicadas,...)

• Calidade na xestión: A planificación, coordinación, dirección e supervisión exercida

dende a equipa técnica encargada do plan. (Xuntanzas realizadas, reparto de funcións,...)

Este sistema para a avaliación e seguimento está articulado en base as seguintes ferramentas:

• Cuestionarios de Avaliación: que se dirixirán a todas as persoas participantes nas distintas actividades desenvolvidas, así como aos axentes implicados, a fin de medir de xeito cuantitativo o grao de cumprimento dos obxectivos marcados, e con carácter cualitativo, o grao de satisfacción de expectativas.

• Ficha de seguimento de actividades: dividida en dúas partes, recollerá por unha

banda o detalle e descrición da actividade prevista, e por outra os datos, co correspondente resume da avaliación e resultados da mesma.

• Memoria: a modo de documento resumen final onde se recolla toda a información

relativa as actuacións que se desenvolveron no marco do presente Plan.

• Avaliación externa: Unha vez concluída a vixencia do Plan, realizarase unha avaliación final externa que nos permitirá recoller datos sobre a execución, funcionamento, efectos ou resultados do Plan e valorar en qué medida as necesidades do Plan foron ou non satisfeitas.

30

Page 31: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

5.- Anexos

• Lexislación aplicable • Fichas de seguimento

31

Page 32: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Lexislación

Ámbito Internacional

- Declaración Universal dos Dereitos Humanos. - Convención para a Eliminación de todas as formas de Discriminación contra a Muller

de 1979 (CEDAW). - Resolución da Comisión dos Dereitos Humanos de 1997. - IV Conferencia Mundial sobre as Mulleres, de Beijing (China), no ano 1995.

Ámbito Europeo

- Tratado de Ámsterdam de 1997. - Programas de acción comunitaria para a igualdade de oportunidades entre mulleres e

homes. - Recomendación do Comité de Ministros do Consello de Europa en materia de

utilización non sexista da linguaxe, en virtude do artigo 15.b do Estatuto do Consello de Europa, aprobado o 21 de febreiro de 1990.

- Directiva 2002/73/CE do Parlamento Europeo e do Consello, relativa á igualdade de trato entre mulleres e homes nas condicións de traballo.

- Informe da Comisión ao Consello, ao Parlamento Europeo, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións, do 22 de febreiro de 2006, sobre a igualdade entre mulleres e homes, 2005.

- Folla de Ruta da Unión para o 2006-2010, no ámbito do emprego e política social. - Programa comunitario de Fomento do Emprego e da Solidariedade Social (Progress). - Programas de acción comunitaria, Daphne I (2000-2003), Daphne II (2004-2008) e

Daphne III (2007-2013) - Tratado de Lisboa de 2009.

Ámbito Estatal

- Lei 39/1999, de 5 de novembro, para promover a conciliación da vida familiar e laboral das persoas traballadoras.

- Lei 30/2003, do 13 de outubro, sobre medidas para incorporar a valoración do impacto de xénero nas disposicións normativas que elabore o Goberno.

- Lei orgánica 11/2003, do 29 de setembro, de seguridade cidadá, violencia doméstica e integración social dos estranxeiros.

- Lei orgánica 15/2003, do 25 de novembro, pola que se modifica a Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, do Código Penal, que modifica os artigos 33 e 57.

- Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

- Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes - Plan Estratéxico de igualdade de Oportunidades 2008- 2011

Ámbito Galego

- Lei 7/2004, do 16 de xullo, para a igualdade de mulleres e homes. - Lei 2/2007, do 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. - Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de

xénero. - V Plan de Goberno Galego para a Igualdade entre Mulleres e Homes 2007- 2010.

32

Page 33: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Ficha de seguimento actuacións_

Actividade:

Descrición:

Obxectivo/s que busca

Resultados esperados

Data/s de realización

Recursos necesarios

Persoas e/ou colectivos destinatarios

Responsable da realización

Departamentos e axentes implicados e/ou colaboradores

Orzamento Previsto

33

Page 34: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_

Concello de Piñor

2º Plan municipal de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Peche da actividade

Nº de participantes Homes Mulleres

Valoración feita polos/as

destinatarios/as Moi Positiva Positiva Regular Negativa Moi Negativa

Metodoloxía empregada para a valoración Enquisa Observación Consulta informal Dinámica

Prezo final Desviación respecto do orzamento

Valoración Xeral da persoa responsable 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10

Pertinencia: Que accións foron as mais pertinentes a hora de conseguir o obxectivo?

Responde as necesidades detectadas?

Eficiencia: Utilizáronse todos os recursos precisos? Precísanse mais recursos? Destináronse mais recursos dos necesarios?

Eficacia: Acadáronse os resultados previstos?

Impacto: Cumpre co obxectivo estratéxico para o que foi deseñada?.

Que melloras se deberían propoñer?

Duración: Escasa - Axeitada - Excesiva?

Comentarios e observacións:

Documentación relacionada

34

Page 35: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_
Page 36: Concello de Piñor - igualdade.xunta.galigualdade.xunta.gal/sites/default/files/files/documentos/Plan... · María Teresa Fernández Pérez_ Concello de Piñor Natalia Tierno Pérez_