Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19...

23
Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo de Carricarte A Coruña PROXECTO LINGÜÍSTICO 2019-2023

Transcript of Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19...

Page 1: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

Consellería de Cultura, Educación e O.U.

CEIP Sanjurjo de Carricarte

A Coruña

PROXECTO LINGÜÍSTICO

2019-2023

Page 2: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

Índice

1. INTRODUCIÓN ......................................................................................................................... 3

2. MARCO LEGAL ........................................................................................................................ 4

3. A COMISIÓN LINGÚÍSTICA ................................................................................................... 5

4. LOCALIZACIÓN DO CENTRO ................................................................................................ 6

5. CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO DO CENTRO ................................................................... 7

5.1. A contorna sociolingüística do centro .................................................................................. 7

5.2. A situación lingüística do profesorado .................................................................................. 8

5.3. A situación lingüística do alumnado ..................................................................................... 8

5.4. A situación lingüística do centro .......................................................................................... 9

5.5. Conclusión á análise sociolingüística do colexio .................................................................. 9

6. OBXECTIVOS ......................................................................................................................... 10

6.1. Obxectivos adecuados ao contorno sociolingüístico do centro ............................................ 10

6.2. Obxectivos adecuados á situación do profesorado .............................................................. 10

6.3. Obxectivos adecuados á situación do alumnado ..................................................................11

6.4. Obxectivos adecuados á situación lingüística do centro .......................................................11

7. 7. ACTIVIDADES QUE FOMENTEN O USO DAS LINGUAS .............................................. 13

7.1. Fomento da lingua galega..................................................................................................... ...15

7.2. Fomento da lingua castelán................................................................................................... ...15

7.3. Fomento da lingua inglesa ................................................................................................. .....15

7.4. Fomento da lingua francesa ...................................................................................................15 8. LINGUAS QUE SE DEBEN EMPREGAR NAS ETAPAS E ÁREAS ...................................... 16

8.1. Educación Infantil.............................................................................................................. 16

8.1.1. Uso das linguas na etapa ............................................................................................. 16

8.1.2. Criterios para determinar a lingua vehicular nas aulas da etapa ................................... 16

8.1.3. Actividades e estratexias para o uso da lingua vehicular da aula .................................. 16

8.1.4. Actividades e estratexias para o uso da lingua non vehicular da aula ........................... 17

8.2. Educación Primaria ............................................................................................................ 17

8.3. Linguas que se deben empregar nas programacións............................................................ 18

9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE....................................................................................................19

9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE...........................................................19

9.2 Alumnado con exención na avaliación da lingua galega.......................................................19

10.AVALIACIÓN..........................................................................................................................20

11.CONCLUSIÓNS ...................................................................................................................... 21

12.ANEXOS............................................................................................................................ 22

12.Anexo 1: Enquisa sobre o uso da lingua para as familias ...................................................... 22

12.Anexo 2: Enquisa sobre o uso da lingua para o profesorado e PAS .............................................. 22

Page 3: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

1. INTRODUCIÓN

De acordo co artigo 14º do DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no en-

sino non universitario de Galicia (DOG do 25), cada centro, dentro do seu Proxecto Educativo,

elaborará o seu Proxecto Lingüístico cada catro cursos escolares, no cal se fará constar:

a) A decisión do centro educativo respecto da lingua en que se impartirán as materias de Edu-

cación Primaria (EP), Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato.

b) En EP, ESO e Bacharelato, as medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o sufi-

ciente dominio das linguas poida seguir con aproveitamento as ensinanzas que se lle impar-

ten.

c) Os obxectivos xerais e as liñas de actuación deseñadas polo centro para o fomento da lingua

galega.

Así mesmo, establece que este Proxecto Lingüístico será redactado por unha comisión do pro-

fesorado do centro, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de coordinación pedagóxica.

Formarán parte dela, como mínimo, os xefes/as dos departamentos de linguas (ao ser un CEIP, o noso

colexio non conta con estas figuras) e o coordinador/a do equipo de dinamización da lingua

galega. Será aprobado e avaliado polo consello escolar do centro educativo.

Este proxecto remitiráselles cada catro cursos escolares aos servizos da inspección educativa,

que velarán para que o seu contido se axuste a ese decreto e ao desenvolvemento da LEI ORGÁNI-

CA 2/2006, de 3 de maio, de educación (BOE do 4) e da LEI ORGÁNICA 8/2013, do 9 de decem-

bro, para a mellora da calidade educativa (BOE do 10).

A anterior renovación do Proxecto Lingüístico data do curso 2015/2016. Cumpríase, polo tanto,

neste 2019/2020, o cuarto curso do proxecto en vigor e resultaba necesario iniciar un proceso de

actualización.

Ilustración 1: Fachada do colexio.

Page 4: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

2. MARCO LEGAL

O presente documento baséase na normativa vixente, tendo como principais referentes legais os

que seguen:

• LEI 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística (DOG do 14 de xullo).

• INSTRUMENTO de ratificación de la Carta Europea das Linguas Regionales ou Minorita-

rias feita en Estrasburgo o 5 de novembro de 1992 (BOE do 15 de setembro de 2001).

• DECRETO 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil

(EI) na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23).

• DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de

Galicia (DOG do 25).

• DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo de Educación Pri-

maria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9).

• INSTRUCIÓN do 31 de xullo de 2013 para a aplicación do DECRETO 79/2010, do 20 de

maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, tras os pronunciamentos

das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o mesmo.

• ORDEN de 20 de febrero de 2004 por la que se establecen las medidas de atención específica

al alumnado procedente del extranjero.

• ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20

de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, con relación á exención

da materia de lingua galega.

Ilustración 2: Decreto 79/2010.

Page 5: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

3. A COMISIÓN LINGÚÍSTICA

Para o presente curso, a Comisión lingüística está formalmente constituída polas seguintes persoas:

• Coordinadora EDLG/Titora 6º EP Susana Simoes de Sousa

• EI/ directora Mª Estrella Monelos Muñiz

• Titora de 2º curso/Especiaista Francés Carmen Pereira Senra

• Especialista Inglés Belén Estrada García

• Especialista AL Silvia de la Iglesia Martín

4. LOCALIZACIÓN DO CENTRO

O CEIP Sanjurjo de Carricarte É un centro de educación infantil e primaria situado nun barrio da

cidade da Coruña, chamado Monte Alto, concretamente na calle Alcalde Sanjurjo de Carricarte nº4 15002.

É un centro público e atópase adscrito ao IES de Adormideras, aínda que na práctica moitos dos nenos cursan

ESO no IES Menéndez Pidal, situado en Zalaeta.

O barrio de Monte Alto caracterizase por unha actividade sociocultural de diverso ámbito e ten un

compromiso coa educación dos seus fillos/as moi importante, preocúpanse da súa educación e dos

coñecemento que adquiren e atópanse preocupados por temáticas como coeducación, igualdade, diversidade,

coidado do contorno... Temáticas que aparecen reflexadas nos distintos proxectos que se traballan cada ano

no centro.

No barrio hai outros dous centros escolares o CEIP Victor López Seoane e o CEIP Curros Enríquez.

Tamén hai dúas escolas infantís, EEI Luis Seoane e EEI Monte Alto. O centro utiliza os servizos que ofrece

a contorna como a biblioteca municipal, o centro cívico ou o pabellón., neste último utilízase para a

actividade de ximnasia do centro e para actividades de conmemoracións, onde en ocasións invítase as

familias a participar nelas,un exemplo do mismo foi a festa do Entroido.

Page 6: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

5. CONTEXTO SOCIOLINGÜÍSTICO DO CENTRO

A análise sociolingüística realizada no noso CEIP está baseada no contexto xeográfico e cultural

onde se atopa o centro e nos datos que, durante anos anteriores, se foron conformando segundo as

enquisas realizadas ás familias, alumnado e profesorado, por medio da observación participante e a

entrevista aberta.

5.1. A contorna sociolingüística do centro

O concello caracterízase por ser castelanfalante. Segundo os datos ofrecidos polo Instituto

Galego de Estatística (IGE), no ano 2013, tan só un 22% das persoas enquisadas usa o galego sem-

pre ou máis galego ca castelán no noso concello. O galego, entón, atópase nunha posición de clara

desvantaxe fronte ao castelán neste municipio. Non obstante, nos últimos tempos, parece dárselle un

pulo á nosa lingua. As comunicacións co Concello e coa Consellería e demais organismos é en galego.

O noso colexio está situado nun barrio onde o uso predominante da lingua é o castelá.

No mes de xuño de 2019, enviouse unha enquisa sociolingüística (Véxase Anexo 1) á todas as

familias do centro. Contiña catro preguntas:

1. En que idioma se fala na casa?

2. En que idioma fala o neno/a?

3. Sabías que no colexio hai un equipo dedicado ao fomento da lingua galega?

4. Nomea algunhas actividades que coñezas organizadas por ese equipo.

Catro de cada cinco familias contestaron as enquisas. Daquelas que contestaron, na primeira pre-

gunta, máis da metade (en números redondos, 66%) sinalaron que o español é a lingua que se fala

na casa, fronte as que afirmaron usar galego e castelán (11.6%), outras linguas (20.8%) ou galego

(1.6%).

Debuxo 3: Lingua que se fala na casa.

Na casa

Castellano Galego Ambas Outras

Page 7: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

5.2. A situación lingüística do profesorado

Efectivamente, de acordo coas cifras obtidas na citada enquisa, unha ampla maioría utiliza na

súa vida cotiá as dúas linguas.

Debuxo 4: Lingua falada polo profesorado nas aulas.

E, no seu traballo no centro a gran maioría de docentes falan indistintamente nas dúas

linguas oficiais da comunidade autónoma de Galicia.

0 2 4 6 8 10 12 14 16

castellano

galego

ambos

ns/nc

Lingua falada polo profesorado

Page 8: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

5.3. A situación lingüística do alumnado

Durante estes últimos anos, contémplase como descende o uso do galego. Nestes últimos catro

cursos, observase como o alumnado fala en castellano. Mais dun 70% fala en castellano habendo

poucos casos de galegofalantes.

Hoxe en día, as familias afirman que aproximadamente un 78% usa o español, un 7% as dúas

linguas, outro 4.9% outros idiomas e tan só un 10.2% fala galego.

Debuxo 5. Lingua vehicular do alumando.

No curso 2018/2019, o alumnado de nova incorporación ten o castelán como lingua inicial.

Nas nosas aulas, cada ano existe unha porcentaxe de alumnado de orixe estranxeira que poderían

aprender as dúas linguas cooficiais ao mesmo tempo e co mesmo nivel de competencia lingüística. A

competencia en galego deste alumnado, en principio, é moi escasa. Será, por tanto, na escola onde

vaian progresivamente adquirindo o uso e coñecemento da nosa lingua.

Atendemos tamén no centro nenos/as de grupos socialmente desfavorecidos. O labor do centro,

neste aspecto, deberá ir enfocado a non obviar ningunha das dúas linguas e traballar para que este

alumnado adquira progresivamente as respectivas competencias lingüísticas.

lingua alumnado

Castellano Galego Ambos Outros

Page 9: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

5.4. A situación lingüística do centro.

De acordo coa lexislación vixente, a documentación administrativa, no rotulado do centro, nas

notas informativas, nas comunicacións internas... emprégase, con carácter xeral, a lingua galega.

No caso do persoal non docente utilízanse tamén a lingua galega.

Nas interaccións comunitarias, todos os escritos do centro, tanto oficiais como extraoficiais,

realízanse en lingua galega. Oralmente, téndese a mudar de código dependendo das persoas e das

circunstancias. Os escritos realízanse en galego.

O colexio internamente articúlase arredor dos seus correspondentes órganos de goberno, de

coordinación docente e equipos de dinamización. Neste sentido, dende o equipo da biblioteca

escolar (en diante, EBE), estase a realizar un esforzo para aumentar a dotación de fondos en galego

existentes na biblioteca. Desde o equipo de dinamización das tecnoloxías da aprendizaxe e do

coñecemento (TAC), este curso, por exemplo, anovouse ( a través dun PFPP comezado no curso

2018/19 e que finalizará no curso 2019/20) a páxina web do centro incorporando toda a temática na

lingua galega.

5.5. Conclusión á análise sociolingüística do colexio.

Á luz dos datos achegados ata aquí, pódese afirmar que o noso centro, o CEIP Sanjurjo de

Carricarte, sito na cidade da Coruña, atópase nunha contorna castelanfalante.

Page 10: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

6. OBXECTIVOS

A visibilidade das accións da Comisión lingüística pretende ser o máis efectivas posibles. Trátase

de que a comunidade educativa entenda que a escola debe transmitir a idea de que a lingua supón o

noso primeiro sinal de identidade, que nos debe engrandecer e achegar; pór en valor e dignificar; e

que, polo tanto, debemos persuadir e animar a toda a comunidade educativa da importancia de

usala.

6.1. Obxectivos adecuados ao contorno sociolingüístico do centro.

• Potenciar o uso da lingua galega na súa vertente escrita e oral en toda a comunidade educati-

va.

Transmitiremos respecto, proximidade e amor pola lingua propia da nosa comunidade. Trataremos de

desterrar,, os prexuízos lingüísticos que poidan persistir no eido familiar do alumnado. Incidiremos na contorna

do colexio mediante carteis, notas informativas, revistas, xuntanzas, visitas, etc. Neste eido, a páxina web do centro

converterase nunha vía de comunicación privilexiada.

• Implicar toda a comunidade educativa no cumprimento do Proxecto Lingüístico do centro.

Contaremos coa totalidade dos membros da comunidade educativa integrándoos nas diferentes actividades

previstas. Poremos énfase naquelas dirixidas ao alumnado sen descoidar as destinadas ao profesorado e ás fami -

lias. Ofreceremos asesoramento lingüístico a todos/as naquilo que fora necesario (corrección de escritos, letreiros,

consellos, recomendacións, lexislación vixente...).

• Animar aqueles sectores máis reticentes coa execución ao longo do curso de propostas de

apoio a lingua propia de Galicia.

Potenciaremos o uso oral e escrito do galego, así como a realización de actividades arraigadas a nosa cultu-

ra á hora de programar, por exemplo, as actividades extraescolares que se levan a cabo a través da ANPA do

centro.

6.2. Obxectivos adecuados á situación do profesorado.

• Motivar o profesorado para que desempeñe o seu quefacer docente en galego.

Animarase, en todo momento, aos mestres/as do centro a utilizaren cada vez máis o galego nas súas relacións

no ámbito escolar.

• Asesorar a todo o profesorado naqueles aspectos de tipo lingüístico que precisaren.

Terán asesoramento do EDLG para aconsellar sobre o uso correcto da nosa lingua. Tratarase, por tanto, de

aumentar a competencia lingüística entre o profesorado.

• Informar de toda a lexislación existente sobre a nosa lingua e da convocatoria de cursos, se-

minarios, xornadas, bibliografía en distintos formatos, novidades en TAC, etc.

A través do taboleiro da sala de mestres/as, da páxina web do centro, transmitirase toda aquela información

relevante neste aspecto.

• Contribuír á perda dos prexuízos lingüísticos que puidese haber.

Perante a presenza de estereotipos tradicionais contra a nosa lingua ou aqueles máis actuais, amosarase unha

actitude de persuasión, argumentando en favor da defensa do noso idioma como valor fundamental.

Page 11: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

6.3. Obxectivos adecuados á situación do alumnado

• Potenciar a adquisición na EI, en función das súas posibilidades, unha adecuada

competencia nas dúas linguas oficiais.

Organizaranse actividades que potencien o uso oral da lingua entre todos os nenos/as e tratarase de realizar

as máis das actividades de lecer, complementarias e extraescolares en lingua galega.

• Impulsar o dominio dun bilingüismo activo que lle permita ao alumnado utilizar con fluidez

calquera das dúas linguas ao remate da EP.

Proporanse actividades de motivación lectora en galego (contacontos, monicreques, teatro...; recomenda -

cións de lectura; publicación de contidos nas revistas trimestrais do colexio; etc.).

• Motivar o alumnado para que adquira unha actitude positiva cara ao galego.

Resultará imprescindible que os cativos/as non galego falantes perdan o medo a expresárense na nosa lingua e

que aqueles/as que a teñen como inicial poidan usala con normalidade nas situacións cotiás. Neste ámbito, cobrará

unha especial relevancia o reforzo e a ensinanza individualizada ao alumnado proveniente do estranxeiro, a fin de

apresurar a súa integración lingüística na nosa lingua.

6.4. Obxectivos adecuados á situación lingüística do centro

• Fomentar do uso da lingua galega nas actividades complementarias, extraescolares e actos

que o centro organice.

Usarase, con carácter xeral, o galego en todas as actividades colectivas do centro.

• Deseñar e aplicar as actividades programadas dende o EDLG en colaboración con outros

equipos e órganos do centro.

Na PXA do colexio, estarán previstas múltiples actividades progamadas polos diferentes equipos que requirirán da

coordinación entre eles.

• Fomentar a lectura en galego en colaboración co Equipo da Biblioteca Escolar (EBE) do

centro (Proxecto Lector).

A biblioteca Xanels está a ser dotada de máis exemplares en galego e recomendará lecturas literarias en

galego dirixidas ao alumnado e asesorará as familias xunto cos titores.

• Potenciar o emprego das TAC en lingua galega.

Utilizarase como principal referente a páxina web do colexio para informar e impulsar o uso do galego).

• Potenciar o contacto con diversos centros galegofalantes de diferentes puntos da nosa xeo-

grafía.

Impulsaranse as relacións con centros que compartan formas de traballar en prol da lingua, desenvolvendo

actividades conxuntas.

• Contribuír á mellora lingüística da documentación oficial que se expida e aqueloutra que se

espalle polas diferentes dependencias do centro.

Prestarase apoio ao equipo directivo e aos demais órganos do centro para anovar os documentos do centro e

axustalos, no caso de non estaren xa, á normativa do noso idioma.

Page 12: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

• Avanzar no uso e dominio da primeira lingua estranxeira: inglés.

Comezarase na etapa de EI coa inmersión lingüística para avanzar progresivamente no coñecemento

desta lingua e as súas costumes ata o final da etapa de primaria.

• Entrar en contacto cunha segunda lingua estranxeira: francés.

A través da área de libre configuración en 6º EP o alumnado achegarase aos diferentes bloques de

contidos da materia: comprensión oral, expresión oral, comprensión escrita, expresión escrita, así como o

achegamente á cultural francófona.

• Apoiar e colaborar con calquera iniciativa proveniente da comunidade educativa que se faga

na lingua galega.

Sumarémonos a calquera actividade que supoña un apoio explícito á lingua galega.

Page 13: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

7. ACTIVIDADES QUE FOMENTEN O USO DAS LINGUAS

7.1. Fomento da lingua galega.

• Implicación dos membros da comunidade no proxecto.

No proxecto do EDLG contarase coa implicación e participación dos diferentes membros, como os pais/nais;

a asociación de nais e pais dos alumnos/as, ANPA; os mestres/as compoñentes dos distintos niveis, ciclos, etapas,

equipos e os diferentes especialistas; o persoal de administración e servizos...

• A colaboración do EDLG cos outros órganos e equipos do centro.

Para a realización das actividades programadas, o EDLG, en consonancia co Proxecto Educativo do centro,

procurará a incorporación das TAC. O EDLG asesorará e colaborará na confección e actualización de todos os

documentos que se elaboran nos distintos formatos aplicando as TAC no centro: web dinámica, encerado dixital

interactivo (EDI), confección de presentación de diapositivas en Microsoft Power Point ou LibreOffice Impress,

creación de material en ferramentas de autor/a (LIM), utilización de canón proxector, elaboración de blogs..

O EDLG fomentará a galeguización das ferramentas TAC (Windows en galego, software libre galeguizado e

uso de programas e ferramentas que utilicen a nosa lingua como plataforma de traballo). Así mesmo, fomentará a

potenciación e utilización por parte do profesorado e do alumnado dos recursos e materiais informáticos cos que

conta o centro.

• Colaboración con outras institucións, entidades e asociacións externas.

Dende o centro educativo procuraremos colaborar con outras institucións, entidades e asociacións partici-

pando nas distintas campañas e actividades que promoven a potenciación e o uso da lingua galega fóra do ámbi -

to educativo. Entre outras:

◦ Manterase contacto periódico coa coordinadora provincial dos EDLG e co asesor de lingua galega

do CFR.

◦ Participación en actividades que fomentan o uso do galego promovidas dende as asociacións de ve -

ciños do barrio ou promovidas dende o noso centro.

◦ Asistencia aos concertos fóra do centro e a outras actividades que promovan a cultura e a Lingua.

◦ Colaboración e participación nas actividades promovidas polas distintas concellarías da Coruña no

fomento da lingua e cultura galega.

◦ Actividades con centros de atención especializada, Aspanaes...

◦ Actividades con outro tipo de organizacións: supermercados Gadis, La Voz de Galicia, Casa do home,

MUNCYT, Museo de Belas Artes, Fundación Luís Seoane, Fundación María José Jove...

• Colaboración con outros centros educativos.

Intercambios de experiencias normalizadoras con outros centros da cidade ou da provincia para a difusión de iniciativas e actividades desenvolvidas aos efectos de compartir e enriquecernos mutuamente.

Page 14: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

• Planificación de actividades plurianuais.

Deberanse planificar actividades plurianuais, é dicir, a través das diferentes actividades programadas polos

equipo e, seguindo o calendario escolar establecido se fomente o uso do galego.

• Variedade na tipoloxía das actividades organizadas ao longo do curso.

De acordo cos criterios dados, de seguido, amósase unha relación de exemplos de actividades para mellorar

a presenza e uso do galego no colexio. Serán unha guía para poder elaborar, cada curso, a concreción anual do

presente proxecto.

a) Entradas e saídas do centro musicadas.

b) Edición dunha axenda escolar en galego.

c) Magosto e Samaín .

d) Festival de Inverno coas familias.

e) Conmemoración do Día Universal dos Dereitos Humanos.

f) Campañas de promoción da lectura e exposicións na biblioteca.

g) Festexo do Día Escolar da Paz e da Non Violencia.

h) Entroido.

i) Día de Rosalía.

j) Folletos, trípticos.

k) Lecturas en galego despois do recreo.

l) Celebración do Día do Libro.

m) Entrevista ao vivo cun autor/a de literatura infantil e/ou xuvenil.

n) Semana das Letras Galegas.

o) Relato curto, poesía e cómic para a revista.

p) Mantemento da sección do EDLG na web do colexio.

q) Difusión de Radio Xanela. Participación en campañas institucionais en galego.

r) Festas de fin de curso.

s) Edición anual do Voceiro de Hércules.

t) Cromos da liga de mulleres extraordinarias (. Proxecto “mulleres” ano 2018/19)

u) Radio.

v) Curtametraxes.

w) Escape Room. Actividade de investigación colaborativa para a superación de retos por equipos

x) Itinerarios lectores adaptados vencelladas ao proxecto

y) Repertorio musical crítico..

Page 15: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

7.2. Fomento da lingua castelá

• Dende o centro promóvese a aprendizaxe da lingua castelá para falar, ler e escribir sobre emocións, afectos,

aventuras, sobre o mundo. Ademais, a lingua é o medio das relacións interpersoais e a porta de acceso ao

coñecemento. Neste marco, o profesorado de lingua castelá guia o alumnado para facelo usuario consciente do potente instrumento que é a lingua, a competencia en comunicación lingüística, para comprender, crear e/ou

transformar o seu mundo; utilizar a potencia do manexo efectivo da lingua para unha comunicación eficaz, e lograr

un avance substancial no desenvolvemento das súas posibilidades.

• Variedade na tipoloxía das actividades organizadas ao longo do curso.

a) Lecturas interniveis.

b) Lecturas anuais dentro da aula.

c) Obradoiros de escritura creativa.

d) Intervencións en Radio Xanela

e) Amplio fonde de libros en castelán nas bibliotecas de aula e centro.

7.3 Fomento da lingua inglesa

• Adquisición da competencia comunicativa básica.

Comézase a inmersión na lingua inglesa desde a etapa de Educación Infantil, aumentado progresivamente

as sesións semanais ata o fin da etapa Primaria. A exposición á lingua estranxeira inglés engloba tanto o

desenvolvemento das habilidades orais e escritas como da conciencia intercultural a través do coñecemento

de aspectos socioculturais básicos.

• Participación nas actividades anuais ou plurianuais planificadas desde o Equipo de Biblioteca,

EACE ou o EDLG.

A área de Lingua Estranxeira Inglés farase eco, sempre que sexa posible, das actividades que se levan a cabo no

centro. Particípase por exemplo en celebracións de datas como o Día da Paz ou do Medio Ambiente así como no

proxecto anual que promove o Equipo de Biblioteca.

• Variedade na tipoloxía das actividades organizadas ao longo do curso. a) Cancións e películas ou curtametraxes.

b) Xogos e actividades predominantemente orais. c) Halloween en complemento ao Samaín.

d) Receitas tradicionais de tempada (Acción de Gracias).

e) Panxoliñas tradicionais.

f) Coñecer celebracións no mundo anglosaxón como o Mardi Gras durante o

Entroido.

g) Búsqueda e tratamento da información a través das TIC e posterior presentación ao grupo.

7.4 Fomento da lingua francesa

• A través da aproximación a unha segunda lingua, francés, preténdese que o alumnado de 6º EP

valore a lingua francesa como medio de comunicación e parte esencial de diversas culturas.

• Variedade na tipoloxía das actividades organizadas ao longo do curso. a) Recoñecer auditivamente léxico básico e asocialo a unha imaxe ou situación.

b) Dramatizar e expresar oralmente diferentes formas de saudarse e presentarse por parellas.

c) Ler e comprender os pasos básicos dunha receta da gastronomía francesa.

d) Enumerar os membros da familia creando a árbore xenealóxica.

Page 16: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

8. LINGUAS QUE SE DEBEN EMPREGAR NAS ETAPAS E ÁREAS

8.1. Educación Infantil

8.1.1. Uso das linguas na etapa.

O DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Ga-

licia establece que, na etapa de EI, o profesorado usará na aula a lingua materna predominante

entre o alumnado, ben que deberá ter en conta a lingua do contorno e procurará que o alumnado

adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento da outra lingua oficial de Galicia dentro dos límites

da etapa ou ciclo.

Pola súa parte, o DECRETO 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da EI na

Comunidade Autónoma de Galicia obriga a fomentar unha primeira aproximación á lingua es-

tranxeira nas aprendizaxes do segundo ciclo da EI, especialmente no último ano.

8.1.2. Criterios para determinar a lingua vehicular nas aulas da etapa.

A INSTRUCIÓN do 31 de xullo de 2013 para a aplicación do DECRETO 79/2010, do 20 de maio,

para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, tras os pronunciamentos das sentenzas

do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o mesmo dispón que a lingua materna ou inicial

predominante na etapa de EI deberá determinala o centro educativo no seu Proxecto Lingüístico.

Anualmente, no mes de setembro, establecerase a lingua vehicular de cada aula de acordo cos

seguintes parámetros:

a) Resultado da pregunta ás familias (pais, nais, titores/as ou representantes legais) de cada

alumno ou alumna antes do comezo do curso escolar acerca da súa lingua materna.

b) Resultados da avaliación inicial redactados no correspondente informe de acordo coa ORDE

do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación

do segundo ciclo da EI na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Realidade sociolingüística do contorno próximo (zona de influencia do colexio) e amplo

(cidade da Coruña) do colexio, de acordo cos datos ofrecidos no presente Proxecto Lingüís-

tico. Constátase, neste sentido, unha presenza maioritaria do castelán.

8.1.3. Actividades e estratexias para o uso da lingua vehicular da aula.

Neste sentido, partirase dun principio esencial: atender de xeito individualizado o alumnado

tendo en conta a súa lingua materna. Ao mesmo tempo, traballarase a lingua vehicular na aula con

diferentes recursos (poesías, trabalinguas, adiviñas, técnicas de creación de contos...) e, ademais,

realizaranse actividades para o desenvolvemento de todos os aspectos da linguaxe no ámbito oral

tanto fonolóxicos, semánticos, sintácticos como pragmáticos. A continuación aparecen algunos

exemplos dos mesmos.

• Fonolóxico: xogos de discriminación auditiva e motricidade bucofacial.

Page 17: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

• Semántico: describir imaxes, bits de vocabulario, escoitar e narrar contos, etc.

• Sintáctico: interpretación e construción de frases con pictogramas…

• Pragmático: exercicios nos que haxa que pedir, comunicar sentimentos, diálogos.

E tamén no ámbito escrito:

• Grafomotricidade: realizando diferentes tipos de trazos dun xeito contextualizado e funcio-

nal.

• Achegamento á lectura e á escritura: recoñecendo letras, practicando a súa grafía ou des-

cifrando frases con pictogramas en contextos significativos e funcionais.

8.1.4. Actividades e estratexias para o uso da lingua non vehicular da aula.

A citada INSTRUCIÓN do 31 de xullo de 2013 exixe a garantía da presenza das dúas linguas

cooficiais como vehiculares na programación anual do centro e, polo tanto, da adquisición de coñe-

cementos nas dúas. Por iso, xunto con actividades como as citadas no anterior subapartado, usarase

na aula a lingua non vehicular, cando menos, nos seguintes momentos significativos:

• Panel de rutinas da asemblea diaria.

• A través do diálogo diario.

• Rutinas de lavado de manos.

• Merenda de media mañá.

• Rutinas de saída.

8.2. Educación Primaria

O DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Ga-

licia dispón que se garantirá a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas

dúas linguas oficiais de Galicia e que as materias de lingua impartiranse no idioma de referencia.

Impartirase en galego a materia de Ciencias da natureza e Ciencias sociais e en castelán a mate-

ria de Matemáticas.

A área de Lingua galega e literatura terá un tratamento análogo á de Lingua castelá e literatura,

de xeito que se garanta a adquisición das correspondentes competencias lingüísticas e a adecuada

distribución segundo o establecido no artigo 6 do DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o pluri-

lingüismo no ensino non universitario. Garantirase, igualmente, que as materias en galego e en cas-

telán se distribúan na mesma porcentaxe de horas semanais, sen prexuízo do horario das materias

de lingua estranxeira.

O alumnado empregará, con carácter xeral, a lingua en que se imparte cada área. Nas

materias non lingüísticas, o profesorado procurará que a avaliación do dominio de lingua que teña o

estudantado respecte as súas circunstancias persoais e que se oriente cara á adqui- sición en igualdade

das dúas linguas oficiais. A avaliación realizarase de conformidade cos criterios do correspondente

Page 18: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

currículo normativamente aprobado, polo que non poderán prevalecer os criterios de competencia

lingüística no idioma vehicular sobre os coñecementos específicos en cada materia.

DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da Educación Primaria na

Comunidade Autónoma de Galicia sinala que a situación de sociedade multilingüe na que vivimos

solicita un enfoque metodolóxico de carácter plurilingüe que potencie o desenvolvemento

comunicativo dos nenos e nenas nas linguas que vaian adquirindo ao longo da súa vida, con inde-

pendencia da diferenza de fins e niveis de dominio con que as utilicen. Isto implica un tratamento

integrado das linguas que o alumnado está a aprender na escola. No caso das áreas de Lingua caste -

lá e literatura e de Lingua galega e literatura, os currículos presentan certos contidos similares, e unha

distribución igualmente similar en cada un dos cursos que conforman a Educación Primaria.

Evidentemente, cada lingua ten as súas características propias, que requiren dun tratamento e traba

llo específico, pero hai determinados aspectos do currículo que, pola afinidade ou similitude que

presentan en ambas as áreas, precisan ben ser abordados de maneira parella, ben ser presentados só

nunha lingua pero traballados e practicados en cada unha delas. Así pois, o profesorado implicado no

proceso de ensino-aprendizaxe da Lingua castelá e literatura e de Lingua galega e literatura, en cada

curso da EP, deberá organizar o seu labor para evitar a repetición de contidos naqueles aspec- tos

comúns á aprendizaxe de calquera lingua, como son as estratexias de lectura, ou o proceso de

escritura, a tipoloxía textual ou a definición de termos lingüísticos.

Page 19: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

No noso colexio, o reparto no uso das linguas a través das diferentes materias responderá a se-

guinte distribución:

8.3. Linguas que se deben empregar nas programacións

Segundo se dispón no DECRETO 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non

universitario de Galicia, as programacións e outros documentos didácticos das materias de lingua

redactaranse, con carácter xeral, na lingua respectiva.

Page 20: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

9.1 Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE

Cada situación deberá ser analizada e tratada singularmente, tomando as medidas axeitadas unha

vez que se teña estudado cada unha. Mais, xeneralizando, cada titoría establecerá o alumnado que

necesitase apoio ou reforzo segundo as súas necesidades específicas de apoio educativo (NEAE):

• Necesidades educativas especiais (NEE).

• Dificultades específicas de aprendizaxe.

• Altas capacidades intelectuais.

• Incorporación tardía ao sistema educativo.

• Condicións persoais ou de historia escolar moi desfavorables.

Este alumnado será valorado polo Departamento de orientación, quen avaliará a problemática

existente e proporá as medidas axeitadas para establecer o tipo de apoio ou reforzo que necesitaren.

Entre elas pódense citar as seguintes:

• Inmersión lingüística.

• Actividades individuais de lecto-escritura.

• Actividades de reforzo segundo a deficiencia lingüística detectada.

• Inclusión en grupo de adquisición de linguas segundo establece a Orde do 20 de Febreiro de

2004.

• Colaboración coas familias.

• Etc.

A escolarización de nenos e nenas de familias migrantes medrou de xeito significativo; e segue a

medrar. Son nenos e nenas con identidades lingüisticas e etnias moi diversas, en moitos casos, des-

coñecidas para o profesorado. Mais iso non debe impedir o pleno desenvolvemento das súas parti-

cularidades.

Programaranse modelos de ensino que propicien a non discriminación lingüística das minorías e

que, á súa vez, favorezan novas formas de convivencia nun escenario escolar plurilingüe. Débese ter

en conta a heteroxeneidade lingüística do alumnado e, por iso, fomentarase a visibilización simbólica

das linguas do alumnado estranxeiro no escenario escolar con actitudes positivas e medidas

apropiadas segundo os distintos casos.

9.2 Alumnado con exención na avaliación da lingua galega:

O alumnado procedente doutras comunidades autónomas ou dun país estranxeiro que se incorpore ao

sistema educativo de Galicia no 5º de educación primaria, poderá obter unha exención temporal da

cualificación das probas de avaliación da materia de lingua galega durante un máximo de dous cursos

escolares consecutivos.

Así mesmo, traballarese co alumnado dentro da aula para avanzar na aprendizaxe significativa da

lingua galega conforme ao establecido na Orde o 10 de febreiro de 2014 .

Page 21: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

10. AVALIACIÓN

Segundo o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo, a avaliación do Proxecto Lingüístico

do Centro debe ser aprobado e avaliado polo Consello Escolar (art. 14º). Previamente, realizaremos

unha valoración deste na comisión de coordinación pedagóxica, e as propostas que xurdan trasladaranse

á reunión do claustro de profesores para o seu debate. As conclusións que se tiren expoñeranse no

Consello Escolar, quen, como xa indicamos, aprobará o Proxecto Lingüístico.

Este proxecto remitiráselle cada catro cursos escolares ao servicio de inspección educativa.

Sé é o caso de que haxa unha modificación na impartición de materias en lingua(s) estranxeira(s),

informarase sobre os cambios aprobados polo centro e autorizados pola consellería competente en

materia de educación.

11 . CONCLUSIÓNS

Neste proxecto, pódense apreciar actividades completamente innovadoras, alén dunha gran

variedade de actividades encamiñadas á aprendizaxe das linguas e cultura dun xeito dinámico, lúdico

e de calidade. Atendendo deste xeito a todos os obxectivos fixados despois de facer o pertinente

estudo sociolingüístico.

A dinamización do centro é completa, xa que se conta cunha gran coordinación, participando

todo equipo de profesionais nas actividades de maneira moi activa e concienciándose especialmente

do uso do galego (xa que seguinto as enquisas aplicadas é a lingua minoritaria) nas diferentes

actividades propostas (pódese comprobar no cadro de actividades). Todo o traballo do centro e

diferentes equipos estará orientado sempre a que o noso alumnado, profesorado e resto da comunidade

educativa se conciencien e motiven para que cheguen a empregar como lingua habitual o galego

tanto nas súas relacións internas como externas.

A. Patricia Sánchez Lamas, como secretaria do CEIP Sanjurjo de Carricarte CERTIFICA que este

Proxecto Lingüístico do Centro recibiu a conformidade do Claustro de mestres/as e a

aprobación do Consello Escolar o 10 de setembro do 2.019.

Page 22: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

O presente proxecto entrará en vigor no curso 2019/2020 e será de aplicación no 2020/2021,

2021/2022 e 2022/2023, no que se deberá comezar un novo período de actualización.

A directora A secretaria

Mª Estrella Monelos Muñiz A.Patricia Sánchez Lamas

A Coruña, 10 de setembro de 2019.

Page 23: Consellería de Cultura, Educación e O.U. CEIP Sanjurjo ... · 9. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.....19 9.1. Medidas de apoio e reforzo ao alumnado con NEAE ... pór en valor e dignificar;

ANEXOS

Anexo 1: Enquisa sobre o uso da lingua para as familias

Por favor, marca cun X o recadro que corresponda e entrégalla ao titor/a antes do venres, 25 de

maio.

Por favor, marca con una X el recuadro que corresponda y entrégasela al tutor/a antes del vier-

nes, 25 de mayo.

Educación Infantil. Educación Primaria.

1. En que idioma se fala na casa?/¿En qué idioma se habla en casa?

Español. Galego. Os dous idiomas. Outros. Cal/es?:

2. En que idioma fala o neno/a?/¿En qué idioma habla en niño/a?

Español. Galego. Os dous idiomas. Outros. Cal/es?:

3. Sabías que no colexio hai un equipo dedicado ao fomento da lingua galega?/¿Sabías que en

el colegio hay un equipo dedicado al fomento de la lengua gallega?

Si. Non.

4. Nomea algunhas actividades que coñezas organizadas por ese equipo./Nombra algunas de

las actividades que conozcas organizadas por ese equipo.

Grazas pola túa colaboración.

Anexo 2: Enquisa sobre o uso da lingua para o profesorado e PAS

Por favor, marca cun X o recadro que corresponda antes do venres, 25 de maio.

5. En que idioma falas habitualmente?

Español. Galego. Os dous idiomas. Outros. Cal/es?:

6. En que idioma falas habitualmente no colexio?

Español. Galego. Os dous idiomas. Outros. Cal/es?:

Grazas pola túa colaboración.