Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia...

52
1 GUÍA DO ALUMNO 2º DE BACHARELATO LATÍN II MATERIAS PROPIAS DE MODALIDADE

Transcript of Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia...

Page 1: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

1

GUÍA DO ALUMNO

2º DE BACHARELATO

LATÍN II

MATERIAS PROPIAS DE MODALIDADE

Page 2: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

2

O contido desta guía baséase no texto de: Carlos García Gual Mariano A. Andrés Puente José Antonio Monge Marigorta Latín 2 Editorial Santillana, 2003 Así como na súa Guía e recursos de latín 2 A guía para a súa adaptación á educación a distancia foi elaborada por JOSÉ FEÁNS LANDEIRA Revisada e actualizada por: Mª del Carmen Díaz Rifón

Page 3: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

3

No segundo curso de latín afondaremos nas bases lingüísticas, históricas e culturais da civilización occidental, con especial insistencia na literatura. Neste nivel, os textos que se traballarán serán dunha maior complexidade, e poden ser en prosa ou en verso (Salustio, Cicerón, Virxilio, Catulo, Ovidio, Marcial, etc.). Traballaranse de forma integrada os contidos lingüísticos e culturais e relacionaranse a civilización romana, especialmente a súa literatura, e a súa presenza no mundo actual. Obxectivos xerais 1. Coñecer e utilizar os fundamentos morfolóxicos,

sintácticos e léxicos da lingua latina, iniciándose na interpretación e na tradución de textos de complexidade progresiva.

2. Reflexionar sobre os elementos substanciais que conforman as linguas e relacionar compoñentes significativos da lingua latina (flexión nominal, pronominal e verbal) coas modernas, derivadas do latín ou influídas por el.

3. Analizar textos latinos diversos, orixinais ou traducidos, mediante unha lectura comprensiva e distinguir as súas características esenciais e o xénero literario ó que pertencen.

4. Ordenar os conceptos lingüísticos propios do alumno, establecendo categorías, xerarquías, oposicións e relacións entre ámbitos lingüísticos diversos.

5. Recoñecer algúns elementos da herdanza latina que permanecen no mundo actual e aprecialos como unha das claves para a súa interpretación.

6. Buscar e indagar en documentos, inscricións, textos e outras fontes de información (bibliográficas, informáticas, audiovisuais), relacionando elementos dispersos e analizar criticamente as súas interpretacións.

7. Identificar e valorar as principais achegas da cultura romana e da súa lingua como instrumento transmisor.

8. Valorar as contribucións do mundo clásico como elemento integrador de diferentes correntes de pensamento e actitudes (éticas e estéticas) que conforman o ámbito cultural europeo.

Elixiuse este libro pola súa sinxeleza e claridade expositiva e por considerar que é o que mellor se adapta ó ensino a distancia.

Libro de texto Latín 2 Carlos García Gual Mariano A. Andrés Puente José Antonio Monge Marigorta Editorial Santillana, 2003 ISBN: 84-294-8325-X

Introdución

Page 4: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

4

Distribución trimestral dos contidos

Quincena

Lingua latina, autores e textos

Cultura e sociedade

1

0. Introdución

13.

Historia de Roma

2

1. A historiografía (1)

3

2. A historiografía (2)

4

3. A oratoria

14.

Legado de Roma en España: urbanismo

1 tri

mes

tre

5

4. A filosofía

1

5. Poesía épica

2

6. Poesía lírica (1)

15.

Relixión e mitoloxía

3

7. Poesía lírica (2)

4

8. A fábula

2 tri

mes

tre

5

9. A sátira

1

10. O teatro

2

11. A novela

3

12. Literatura cristiá

4

Tradución de textos

16.

O dereito romano e o seu desenvolvemento histórico

3 tri

mes

tre

5

Tradución de textos

17.

Historia da literatura romana

Page 5: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

5

Os diferentes contidos están programados unitariamente, é dicir, están presentes en cada unha das 12 primeiras unidades:

I. LITERATURA

1. Estudo dun xénero literario: características diferenciais, evolución e influencia en manifestacións posteriores.

2. Estudo do autor, ou dos autores, máis representativos do xénero (vida, obra, proxección).

3. Bibliografía.

II. TEXTOS

Selección de textos do autor ou dos autores, escollidos segundo criterios de accesibilidade, interese e variedade. Cada texto vai acompañado de:

1. Título orientativo. 2. Introdución ampla sobre o contido. 3. Referencia exacta sobre obra, libro, capítulo

ou verso. 4. Aparato de notas, suficiente para resolver as

dificultades que, a pesar de todo, se poidan formular.

5. Propostas de actividades sobre derivación e etimoloxía a partir do léxico dos textos propostos.

6. Documentos complementarios, de autores antigos ou modernos.

III. GRAMÁTICA

Nesta sección, dividida en “Morfoloxía” e “Sintaxe”, amplíanse e afóndanse nos contidos estudados en ambas as dúas partes da gramática do curso anterior.

• En cuestións de morfoloxía, tras o repaso da descrición xeral do tema que se vaia estudar, a explicación céntrase nas formas menos usuais e irregulares dos diferentes sistemas (nominal, pronominal e verbal), omitidas en Latín I. Para as formas xa coñecidas remítese ós paradigmas do apéndice gramatical, que figura ó final do libro.

• En sintaxe, amplíase o referente ás funcións dos casos e á subordinación, temas superficialmente tocados en Latín I, pero cuxo dominio é necesario para afrontar o traballo cos textos literarios que se propoñen neste curso.

IV. LEGADO CULTURAL E LÉXICO

Nesta última sección de cada unidade inclúense tres tipos de temas:

1. Abórdase a formación de palabras latinas: composición e derivación (unidades 1 e 3).

2. Preséntanse, nestas unidades, os casos máis interesantes da influencia nas manifestacións posteriores (especialmente na literatura española) de autores, xéneros ou obras da literatura romana estudados no libro: Séneca, Virxilio, Horacio, Ovidio, a fábula, Marcial, a Historia de Apolonio, rei de Tiro. Tamén se propoñen estes autores, obras e xéneros, como exemplo.

3. Insístese na presentación da herdanza latina no léxico culto castelán en xeral e, en particular, nalgúns dos campos semánticos relacionados co vocabulario específico usual nas disciplinas que se estudan no bacharelato.

4. A partir da unidade 13ª ofrécense unha serie

de temas culturais que inclúen, á parte do legado de Roma en España, outros aspectos interesantes para unha máis cabal comprensión dos textos literarios, como o estudo da historia de Roma (marco imprescindible para situar os autores e as súas obras) ou o da relixión e mitoloxía, tan presentes na literatura romana.

V. APÉNDICE GRAMATICAL

Ó final do libro inclúese un apéndice gramatical, no que se recolle a información sistemática e de conxunto sobre os sistemas morfolóxicos (nominal, pronominal e verbal), así como sobre as palabras invariables, de dominio necesario no traballo sobre os textos (preposicións, conxuncións, adverbios), e unha última sección, na que se recollen os cambios fonéticos máis produtivos, producidos na evolución do latín ó castelán (vogais e consonantes).

Estrutura e manexo do libro

Page 6: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

6

Actividades Actividades de autoavaliación En cada unidade preséntanse diferentes textos latinos, dos que se seleccionaron os máis apropiados para realizar as actividades de autoavaliación. Igualmente, seleccionáronse os exercicios de etimoloxía máis interesantes. Actividades para lle enviar ó titor Son actividades tomadas de probas de selectividade das últimas convocatorias, presentadas en diferentes comunidades autónomas. Teñen como obxectivo axudar a preparar a proba correspondente. As actividades distribúense en dúas opcións: A e B. O alumno pode elixir para o envío ó titor as da opción A ou as da opción B. Para responder algunha das cuestións, podes buscar respostas en internet. Orientacións Nesta guía, no apartado “Orientacións”, danse consellos prácticos ou explicacións complementarias para abordar o estudo da unidade correspondente. Material O libro de texto e un dicionario latín-español e español-latín ou latín-galego e galego-latín, dun só volume e non moi grande.

Page 7: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

7

Obxectivos 1. Valorar o interese do latín para explicar o

mapa lingüístico de España e parte de Europa.

2. Coñecer os diferentes factores que influíron na expansión do latín e as diferentes fases desta, ata se converter na lingua común do Imperio Romano.

3. Entender o proceso de fragmentación do latín na Romania.

4. Valorar a transmisión literaria e cultural vehiculada polo latín e o papel da tradución.

Contidos

Avaliación 1. Coñecer as distintas etapas e modos de

evolución da lingua latina. 2. Coñecer o marco xeográfico no que se

desenvolveu o latín. 3. Relacionar as linguas románicas co latín,

esbozando o proceso da súa fragmentación. 4. Ter clara a influencia da literatura latina na

cultura occidental. Orientacións • Ó tratarse dun esbozo da historia da lingua e da importancia do literario, o tema está estruturado, en parte, dende o punto de vista cronolóxico. • O importante é valorar como a tradición cultural e literaria de Occidente ten a súa orixe nunha síntese perfecta do grego e do romano.

Actividades de autoavaliación 1. ¿Que lingua está na orixe do galego, do

castelán e do catalán? 2. ¿Cal é a extensión da Romania? 3. ¿Que era o limes? 4. ¿Onde se falaba nun principio o latín? 5. ¿Ata onde se estendeu o seu ámbito de uso? 6. ¿Cando se produciu o apoxeo do Imperio coa

súa máxima extensión territorial? 7. ¿Cando foi deposto o último emperador

romano, Rómulo Augústulo? 8. ¿Cando aparecen os primeiros vestixios de

vocábulos romances? 9. ¿A partir de que modalidade de latín

evolucionaron as linguas romances? 10. ¿Ata cando se utilizou o latín como linguaxe

da ciencia europea?

LINGUA LATINA E TRADICIÓN CULTURAL

1. Latín e linguas romances. 2. A romanización do Mediterráneo.

O latín, lingua imperial. 3. A fragmentación do latín na Romania. 4. A falsa morte do latín. 5. Lingua e cultura. 6. A literatura romana. 7. A tradución como vehículo cultural.

0. Introdución. Lingua latina e tradición cultural

Page 8: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

8

Obxectivos

1. Adquirir unha visión de conxunto do proceso de evolución da civilización romana, dende as súas orixes ata o seu final.

2. Coñecer as principais fases desa evolución, ó longo das tres épocas nas que tradicionalmente se divide a historia de Roma: fenómenos máis característicos e acontecementos máis decisivos, xunto coas súas causas e consecuencias máis importantes.

3. Utilizar este coñecemento como marco de situación temporal dos autores e das obras.

4. Aprender a relacionar ese marco histórico cos trazos dominantes na produción literaria de cada período, como medio de achegarse a ela con máis garantía de entendemento.

Contidos

Avaliación

1. Captar as liñas mestras do proceso histórico de cada período: progresiva ampliación do territorio, evolución do sistema político e relación entre unha cousa e outra.

2. Comprobar a retención de datos: datas límite de cada época e período, acontecementos decisivos en política interior e en política exterior, personaxes máis influentes. No referente a acontecementos e personaxes, non se trata de esixir datas exactas, senón aproximadas —parte de século, por exemplo— e relativas —situalos nunha sucesión cronolóxica correcta—.

3. Localizar espacialmente, tamén dun modo aproximado, o proceso de expansión e actuación militar, utilizando o procedemento tradicional dos mapas mudos.

Orientacións

• No desenvolvemento desta unidade compaxínanse dous tipos de exposición complementarios: un máis discursivo, que busca a comprensión do proceso histórico en cada período de cada época, e outro puramente esquemático, onde se recollen os acontecementos máis importantes, tanto de historia interna coma de historia externa, expostos en paralelo. • No estudo deste tema pode xogar un papel importante a cartografía e os medios audiovisuais de todo tipo (CD, vídeos, películas, páxinas web, etc.).

Actividades de autoavaliación

A. ÉPOCA MONÁRQUICA

1. ¿Quen creou os comitia curiata? 2. ¿E os comitia centuriata? 3. ¿En que consistían uns e outros? 4. ¿Quen modernizou o calendario? 5. ¿Por que o sur de Italia se chamaba Magna

Grecia? 6. ¿Que data sinala o final da monarquía e o

comezo da república?

B. ÉPOCA REPUBLICANA

1. ¿Quen eran os tribunos da plebe e que poder tiñan?

2. Que son os comitia tributa? 3. ¿Que era o ager publicus? 4. ¿Que limitacións impoñían as leis Licinias? 5. ¿En que ano foi conquistada Roma polos

galos? 6. ¿Quen eran os gracos? 7. ¿Que cambios introduciu a lei Hortensia?

C. ÉPOCA DO IMPERIO

1. ¿Quen transformou o sistema político de republicano en imperial?

2. ¿En que ano tivo lugar a batalla de Actium? ¿Que transcendencia tivo esta batalla?

3. ¿Que poderes asumiu Augusto? 4. ¿Como se nomeaban os novos

emperadores? 5. ¿Que emperador estendeu a cidadanía

romana a todos os habitantes do Imperio? 6. ¿A que lle chamamos o período de

anarquía? 7. ¿A que se lle chama dominado? 8. ¿Que é a tetrarquía? 9. ¿En que ano se adoita fixar a caída do

Imperio Romano?

A época monárquica 1. Os sete reis 2. Lenda e realidade

A época republicana 1. Dende o comezo ata as guerras

púnicas 2. Dende as guerras púnicas ata a fin

da República A época do Imperio

1. O Alto Imperio: o principado 2. O Baixo Imperio: o dominado

13. Historia de Roma

Page 9: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

9

Obxectivos

1. Coñecer as características formais da historiografía como xénero literario, a súa evolución e principais variantes.

2. Familiarizarse coa vida e a obra de César e Salustio, como introdución ó traballo directo cos textos propostos.

3. Iniciarse na análise, tradución e comentario de textos literarios en prosa.

4. Ampliar e afondar os coñecementos gramaticais xa asimilados en Latín I, no referente á morfoloxía e sintaxe do nominativo e do xenitivo, así como á formación dos tempos de presente (indicativo).

5. Completar o coñecemento da formación de palabras latinas no referente á derivación.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

A HISTORIOGRAFÍA (1) 1. Introdución 2. C. X. César 3. C. Salustio

TE

XT

OS

Selección de textos de César Selección de textos de Salustio

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema nominal: o nominativo e o

vocativo 2. Sistema verbal: tempos do grupo

de presente (indicativo) SINTAXE 1. Usos dos casos: nominativo e

vocativo

XIC

O

Derivación

Avaliación

1. Traducir de modo coherente un pequeno parágrafo dalgún dos textos propostos.

2. Sacar dun texto completo as formas de nominativo, identificando os seus datos morfolóxicos e o seu uso sintáctico.

3. Localizar palabras en galego ou castelán, relacionadas etimoloxicamente con dúas palabras latinas dalgún dos textos (derivados cultos).

4. Identificar o sentido de dous sufixos latinos mediante os respectivos exemplos.

Orientacións

• Revisa as orientacións sobre técnica de análise e tradución expostas en Latín I (“Os textos latinos e a súa interpretación”, p. 161). • Lembra que en latín distinguimos catro conxugacións diferentes, pero só para as formas que derivan do tema de presente ou infectum. Para as que derivan dos temas de perfecto e supino é suficiente con coñecer un só modelo, posto que non hai diferenza entre conxugacións. • Estuda a formación de substantivos e adxectivos por derivación, fixándote no significado dos diferentes sufixos empregados. • Convén que lle dediques algún tempo a familiarizarte co manexo dun dicionario latín-castelán ou latín-galego de nivel escolar. • A bibliografía adoita estar organizada en diferentes apartados:

- edicións de autores en castelán - edicións en latín ou bilingües - un apartado de lecturas.

Actividades de autoavaliación

Páxina 21: 1. Traducir o texto: 1. Os pobos das Galias. 2. Responder as actividades de etimoloxía. Páxina 23:

Traducir o texto: Os principais deuses dos Galos.

Páxina 25: 1. Traducir o texto: 4. Retrato de Catilina. 2. Responder as actividades de etimoloxía.

1. A historiografía (1)

Page 10: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

10

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

Crenzas relixiosas dos galos Galli se omnes ab Dite patre prognatos praedicant idque ab druidibus proditum dicunt. Ob eam causam spatia omnis temporis non numero dierum, sed noctium finiunt; dies natales et mensium et annorum initia sic observant, ut noctem dies subsequatur. 1. Traduza o texto proposto. 2. Analice sintacticamente o texto proposto. 3. Faga unha redacción sobre: “Clientes,

escravos e libertos na sociedade romana” (máximo 1 páxina).

4. Faga un resumo de: “O xénero historiográfico en César” (máximo 1 páxina).

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B

Final do combate e morte de Catilina Catilina vero longe a suis inter hostium cadavera repertus est, paululum etiam spirans ferociamque animi, quam habuerat vivus, in vultu retinens. Postremo ex omni copia neque in proelio neque in fuga quisquam civis ingenuus captus est: ita cuncti suae hostiumque vitae iuxta pepercerant. 1. Traduza o texto proposto. 2. Analice sintacticamente dende Catilina ata

captus est. 3. Faga unha redacción sobre: “Os educadores

no mundo romano” (máximo 1 páxina). 4. Faga un resumo de: “O xénero

historiográfico de Salustio” (máximo 1 páxina).

Page 11: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

11

Obxectivos

1. Familiarizarse coa vida e a obra de Tito Livio e Cornelio Nepote, como introdución ó traballo directo cos textos propostos.

2. Continuar a iniciación na técnica de análise de textos latinos literarios en prosa.

3. Ampliar e afondar os coñecementos gramaticais xa asimilados en Latín I no referente á morfoloxía e sintaxe do acusativo, así como á formación dos tempos de presente (subxuntivo).

4. Coñecer a orixe grecorromana da terminoloxía política nas linguas modernas, sendo capaz de explicar a súa etimoloxía.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

A HISTORIOGRAFÍA (2) 1. Tito Livio 2. Cornelio Nepote

TE

XT

OS 1. Selección de textos de Tito Livio

2. Resumo de Eutropio 3. Selección de textos de Cornelio

Nepote

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema nominal: o acusativo 2. Sistema verbal: tema de presente

Modo subxuntivo SINTAXE Usos dos casos: o acusativo

XIC

O

Terminoloxía política de orixe grecorromana

Avaliación

1. Traducir de modo coherente un pequeno parágrafo dalgún dos textos propostos.

2. Sacar dun texto completo as formas de acusativo, identificando os seus datos morfolóxicos e o seu uso sintáctico.

3. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución de dúas palabras latinas ó galego ou ó castelán (derivados vulgares).

4. Explicar a etimoloxía de catro termos políticos casteláns de orixe latina.

Orientacións

• É moi conveniente ler as introducións ós textos. • Ten sempre en consideración as notas ó texto, posto que facilitan moito a súa interpretación. • Fíxate naqueles usos do acusativo en que vai sen preposición (á parte do complemento directo).

Actividades de autoavaliación Páxina 37: 1. Traducir o texto: 2. O nacemento de

Rómulo e Remo. 2. Responder as actividades de etimoloxía. Páxina 39: 1. Traducir o texto: 4. Derrota e morte de

Asdrúbal, irmán de Aníbal. 2. Responder as actividades de etimoloxía. Páxina 42: 1. Traducir o texto: Batalla de Zama. 2. Responder as actividades de etimoloxía.

2. A historiografía (2)

Page 12: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

12

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

Octavio, Antonio e Lépido póñense de acordo para dominar Roma

Antonius, amisso exercitu, confugit ad Lepidum, qui Caesaris legatus fuerat et tum militum copias habebat. Mox Octavius, cum pacem cum Antonio faceret, Romam cum exercitu profectus est; senatum proscripsit et cum Antonio et Lepido rem publicam armis tenere coepit. 1. Tradución do texto. 2. Analice sintacticamente dende Antonius,

amisso exercitu, ata habebat (sinale a función sintáctica e o tipo de oración).

3. Conteste as seguintes cuestións: (a) Insira as seguintes expresións latinas nas frases correspondentes: et cetera, ipso facto, persona non grata, post meridiem. • Non o penses máis, faino... • O Concello declarouno... polo seu

comentario sobre a cidade. • Tráeme lapis, bolígrafos, tinta... (b) Explique o significado e a utilización das seguintes expresións latinas: • hábitat • lapsus • ex æquo

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B

Entre os logros do rei Servio Tulio, está a institución do primeiro censo

Post hunc1 Servius Tullius suscepit imperium, genitus ex nobili femina, captiva tamen et ancilla. Hic quoque Sabinos subegit; montes tres, Quirinalem, Viminalem, Esquilinum, urbi2 adiunxit; fossas circum3 murum duxit. Primus omnium censum ordinavit qui adhuc per orbem terrarum incognitus erat. Notas:

1. hunc: refírese ó rei anterior a Servio Tulio. 2. ubi: a cidade de Roma. 3. circum: preposición.

1. Traduza o texto. 2. Analice morfoloxicamente as palabras do

texto suscepit, captiva, montes, omnium. 3. Analice sintacticamente Post hunc Servius

Tulius suscepit imperium, genitus ex nobili femina, captiva tamen et ancilla.

4. Escriba dúas palabras en español relacionadas etimoloxicamente con census -us, e outras dúas con femina -ae. Explique o seu significado.

5. Indique e describa dous dos cambios fonéticos experimentados polas palabras nobilem e terram na súa evolución ó español.

Page 13: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

13

Obxectivos

1. Comprender a importancia da oratoria como xénero literario na época clásica e familiarizarse coa vida, obra e influencia do seu principal representante, Cicerón.

2. Coñecer as características formais do discurso (tipos, partes, proceso de elaboración).

3. Recoñecer, a través dos textos deste autor (discursos, tratados filosóficos, cartas...), algunhas das características diferenciais dos diversos xéneros literarios que cultivou.

4. Ampliar e afondar os coñecementos gramaticais xa asimilados en Latín I no referente á morfoloxía e sintaxe do xenitivo, así como á formación da voz pasiva.

5. Familiarizarse coa composición como sistema de formación de palabras en latín e a súa pervivencia en galego ou castelán.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

A ORATORIA 1. Introdución 2. M. T. Cicerón

TE

XT

OS

Selección de textos de Cicerón

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema nominal: o xenitivo 2. Sistema verbal: a voz pasiva SINTAXE Usos do xenitivo

XIC

O

Composición

Avaliación

1. Traducir de modo coherente un pequeno parágrafo dalgún dos textos propostos.

2. Sacar dun texto completo as formas de xenitivo, identificando os seus datos morfolóxicos e o seu uso sintáctico.

3. Explicar a etimoloxía de catro palabras castelás a partir do léxico dun texto latino determinado.

4. Conxugar dous tempos de presente e dous de perfecto en voz pasiva (indicativo e

subxuntivo) e traducilos ó galego ou ó castelán.

5. Reunir unha serie de palabras castelás formadas con dous prefixos preposicionais conservados do latín.

Orientacións

• Préstalles especial atención ós documentos 1, 2 e 3 da páxina 50. • Observa as diferenzas do sistema da voz pasiva en latín e en castelán ou galego. Revisa a unidade 13 de Latín I. • Fíxate nos usos especiais do xenitivo (“Outros usos”). • Estuda a formación de palabras por composición, fixándote no significado das diferentes preposicións empregadas.

Actividades de autoavaliación Páxina 51 e 52: 1. Traducir o texto: 1. Catilinarias: Oratio

prima habita in senatu. 2. Responder as actividades de etimoloxía. Páxina 53 y 54: 1. Traducir o texto: 4. De senectute (o

segundo texto). 2. Responder as actividades de etimoloxía. Páxina 54: 1. Traducir o texto: 5. Cartas (a 1ª)

3. A oratoria

Page 14: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

14

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

Actitude violenta dos adversarios de Cicerón contra Fabricio e M. Cispio

Cum1 forum, comitium, curiam multa de nocte2 armatis hominibus ac servis plerisque occupavissent, impetum faciunt in Fabricium, manus adferunt, occidunt nonnullos, vulnerant multos. Venientem3 in forum virum optimum et constantissimum, M. Cispium, tribunum plebis, vi depellunt, caedem in foro maximam faciunt. Notas: 1. Cum... occupavissent: «Despois de ocupar...». 2. multa de nocte: «dende ben entrada a noite». 3. Venientem: refírese ó tribuno da plebe M. Cispio: «Cando se dirixía...». 1. Traduza o texto. 2. Analice morfoloxicamente as palabras do

texto hominibus, occupavissent, optimum, caedem.

3. Analice sintacticamente M. Cispium, tribunum plebis, vin depellunt, caedem in foro maximam faciunt.

4. Escriba dúas palabras en español relacionadas etimoloxicamente nox -ctis, e outras dúas con venio, -is, -ire, veni, ventum. Explique o seu significado.

5. Indique e describa dous dos cambios fonéticos experimentados polas palabras armatum e facere na súa evolución ó español. Sinale o resultado final da devandita evolución.

6. Mencione dous historiadores latinos e o título dalgunha obra de cada un deles.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B

Algúns ingredientes que debe ter a amizade Accedat1 suavitas quaedam oportet sermonum atque morum, haudquaquam mediocre condimentum amicitiae. Tristitia autem et in onmi re severitas, habet illa2 quidem gravitatem; sed amicitia remissior esse debet et ad omnem comitatem facilitatemque proclivior. Notas: 1. Accedat... oportet: «convén que se engada». 2. Illa: «é algo que». 1. Traduza o texto. 2. Análise morfolóxica e sintáctica do texto

subliñado. 3. Conteste as cuestións seguintes:

a. Accedere e gravitatem: evolución destas palabras ó galego ou ó castelán.

b. Cite algunhas palabras galegas ou castelás emparentadas con estes termos latinos.

c. Principais representantes da historiografía.

d. Características e contido da obra de Tito Livio.

Page 15: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

15

Obxectivos

1. Coñecer os máis importantes vestixios materiais da época romana da historia de España.

2. Aproximarse, a través deles, á comprensión da realidade social, económica e cultural na Península durante aquela época, e á súa evolución.

3. Valorar a importancia desa época na configuración do territorio peninsular nesa época (comunicacións, urbanismo, vivenda, etc.).

4. Valorar a importancia desa época na configuración da identidade lingüística, cultural e espiritual da nación española no seu conxunto.

5. Utilizar o exemplo do proceso de romanización da Península Ibérica, como modelo do que tivo de positivo e de negativo a conquista e a ocupación romana.

Contidos

Avaliación

1. Comprender aspectos xerais (fases de conquista, trazado urbanístico, estrutura de acueductos, recintos para espectáculos, descrición dunha vila) e coñecer a situación dos mellores exemplares de cada tipo visitables hoxe en España.

2. Comentar diapositivas ou fotografías e mapas históricos.

3. Contrastar os nomes antigos e modernos das principais cidades xurdidas na época romana.

Orientacións

• Tamén neste tema se trata máis de conseguir a comprensión, e a consecuente valoración, que a memorización de datos. De todos os xeitos, non estará de máis reter os máis importantes de cada apartado. • Para o obxectivo fundamental (entender o alcance do que se chama romanización) é moi importante insistir na cantidade e na calidade dos restos romanos en España. Para isto, o mellor sería utilizar con profusión os medios audiovisuais de todo tipo e, se é posible, a visita a depósitos, monumentos e museos. Internet pode ser un medio válido para facer visitas virtuais.

Actividades de autoavaliación 1. ¿Canto tempo tardaron os romanos en

someter a Península Ibérica? 2. ¿A que se lle chama romanización? 3. ¿Que tipo de trazado seguían as plantas das

novas cidades? 4. ¿Cales eran as principais cidades romanas

de Hispania? 5. ¿De que partes constaba un acueducto? 6. ¿Cal era a estrutura dun teatro romano? 7. ¿Que tipo de espectáculos se celebraban

nos anfiteatros? 8. ¿Cales eran os espectáculos típicos dos

circos? 9. ¿Que elementos compoñían o tipo de vila

rústica?

Actividades para lle enviar ó titor Consulta os libros de texto de historia que teñas ó teu alcance, enciclopedias, etc. e fai unha redacción sobre “A romanización de Galicia” (máximo 3 folios por unha cara).

A romanización das cidades

1. A dominación romana da Penín-sula Ibérica

2. A cidade romana 3. Principais cidades romanas en

España

Obras públicas e construcións romanas

1. Os acueductos 2. Teatros romanos 3. Anfiteatros 4. Vilas romanas

14. O legado de Roma en España: urbanismo

Page 16: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

16

Obxectivos 1. Coñecer os principais sistemas filosóficos

xurdidos en Grecia na época helenística e a súa influencia no pensamento romano.

2. Comprender, a través dos textos seleccionados de Séneca, a influencia, pola súa vez, do estoicismo romano no desenvolvemento do pensamento cristián primitivo.

3. Insistir no trazos formais do diálogo e da epístola, como formas de expresión tradicionais do pensamento filosófico.

4. Ampliar e afondar os coñecementos gramaticais xa asimilados en Latín I, no referente á morfoloxía e á sintaxe do dativo, así como á formación dos tempos de perfecto.

5. Valorar a importancia de Séneca como escritor e a súa influencia na historia da literatura universal.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A A FILOSOFÍA EN ROMA

1. As ensinanzas filosóficas veñen de Grecia

2. Epicureísmo e estoicismo 3. Difusión da filosofía no mundo

romano 4. L. A. Séneca

TE

XT

OS

Selección de textos de Séneca

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema nominal: o dativo 2. Sistema verbal: tempos de

perfecto SINTAXE Usos do dativo

LE

GA

DO

C

UL

TU

RA

L

Pervivencia de Séneca como pensador e escritor

Avaliación 1. Analizar e traducir de modo coherente un

pequeno parágrafo dalgún dos textos propostos.

2. Sacar dun texto completo as formas de dativo, identificando os seus datos

morfolóxicos e o seu uso sintáctico. 3. Explicar a etimoloxía de catro palabras

castelás, a partir do léxico dun texto latino determinado.

4. Resumir a principal diferenza entre epicureísmo e estoicismo.

Orientacións • Lembra que en latín non hai diferenza entre conxugacións nos tempos que se forman co tema de perfecto. • Pon atención, na sintaxe do dativo, ós usos especiais máis frecuentes: réxime especial, posesivo, dobre dativo. • Esfórzate en traballar as actividades sobre derivación e etimoloxía.

Actividades de autoavaliación

Páxina 62: 1. Traducir o texto: 1. A actitude estoica ante

a adversidade. 2. Responder as actividades de etimoloxía.

Páxina 63: 1. Traducir o texto: 3. Condena dos

espectáculos sanguentos. 2. Responder as actividades de etimoloxía.

4. A filosofía

Page 17: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

17

Page 18: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

18

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

A verdadeira alegría

Nolo tibi umquam deesse laetitiam. Volo illam tibi domi nasci; nascitur, si modo1 intra te ipsum fit2. Ceterae hilaritates non implent pectus, frontem remittunt, leves sunt, nisi3 forte tu iudicas eum gaudere qui ridet. Animus esse debet alacer et fidens et supra omnia erectus. Notas: 1. modo: adverbio. 2. fit é do verbo fio. 3. nisi forte: «a non ser que por casualidade». 1. Tradución do texto proposto. 2. Cuestións:

a) ¿Cantas oracións substantivas hai na pasaxe? Analice os seus elementos.

b) Conxugue os verbos nolo e volo en presente de indicativo.

c) ¿En que caso está domi? Escriba algún outro exemplo similar.

3. Tácito.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B

O deus interior

Ita dico, Lucili1: sacer intra nos spiritus sedet, malorum bonorumque nostrorum observator et custos. Hic, prout a nobis tractatus est, ita nos ipse tractat. Bonus vero vir sine deo nemo est; an2 potest aliquis supra fortunam nisi ab illo adiutus exsurgere? Notas: 1. Lucili: vocativo de Lucilius, -i. 2. an: partícula interrogativa. 1. Tradución do texto proposto. 2. Cuestións:

a) Decline en singular e en plural o sintagma sacer spiritus.

b) ¿Que tipo de oración introduce prout? Razoe a resposta.

3. Tácito.

Page 19: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

19

Obxectivos

1. Coñecer os trazos fundamentais da vida e da obra do máis grande poeta romano.

2. Valorar a importancia e a influencia de Virxilio na historia da literatura romana e da universal.

3. Iniciarse na análise, tradución e comentario de textos en verso sinxelos.

4. Empezar a familiarizarse, a través dos textos de Virxilio, cos principais recursos estilísticos utilizados polos poetas clásicos e, a partir deles, polos poetas posteriores ata hoxe.

5. Ampliar e afondar os coñecementos gramaticais xa asimilados en Latín I no referente á morfoloxía e á sintaxe do ablativo, así como á formación dos tempos de perfecto en voz pasiva.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

POESÍA ÉPICA 1. Introdución 2. Virxilio

TE

XT

OS

Selección de textos de Virxilio

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema nominal: o ablativo 2. Sistema verbal: tema de

perfecto en voz pasiva SINTAXE 1. Principais usos do ablativo 2. Outros usos do ablativo

LE

GA

DO

C

UL

TU

RA

L

E L

ÉX

ICO

Recursos literarios en Virxilio

Avaliación

1. Traducir de modo coherente un pequeno parágrafo dalgún dos textos propostos, con axuda das pertinentes introducións e notas.

2. Destacar os recursos estilísticos máis salientables.

3. Sacar dun texto completo as formas de ablativo, identificando os seus datos morfolóxicos e o seu uso sintáctico.

4. Identificar un grupo de dez formas verbais de tempos de presente e de perfecto en voz

activa. 5. Explicar a etimoloxía de catro palabras

castelás, a partir do léxico dun texto latino determinado.

Orientacións

• É necesario proceder á análise sistemática das oracións e observar escrupulosamente as normas sobre concordancia, como medio para superar a dificultade engadida formulada polo habitual hipérbato. • Os recursos literarios, como quiasmos, anástrofe, elisión, arcaísmos, etc., afectan a orde das palabras e a morfosintaxe en xeral. Pon atención na páxina 82. • En canto á sintaxe do ablativo, fíxate nos outros usos do ablativo (os normais son unha cuestión máis léxica ca outra cousa). • A valoración da poesía latina que aparece nesta unidade non sería apropiada sen unha introdución á métrica grecolatina, en xeral, e ó hexámetro, en particular.

MÉTRICA GRECOLATINA

A sucesión de sílabas longas e breves é o que produce o ritmo na poesía latina. O verso está formado por un número variable de unidades de repetición ou pés, no caso do hexámetro por seis (de aí o seu nome).

A combinación dunha sílaba longa seguida de dúas breves ( ¯ u u ) forma o pé ou metro chamado dáctilo e dúas longas (¯¯), o pé chamado espondeo.

O hexámetro dactílico —o metro en que están escritos os versos que aparecen nesta unidade— é, dende Homero, o metro da poesía épica e consta de seis dáctilos, nos que as dúas breves poden aparecer substituídas por unha longa (espondeo), salvo no quinto pé, onde esta substitución é excepcional e, no último, onde a última sílaba é indiferente ou anceps. O esquema é o seguinte:

- u ou/ -ou ou/ -ou ou/ -ou ou/ -uu/ - -

Ex.:

īn nŏvǎ / fērt ǎnǐ/mūs mū/tātās / dīcĕrĕ / fōrmās

O hexámetro dactílico adoita presentar uns cortes chamados cesuras no medio dos pés 3º, 4º e 5º, cando coincide con fin de palabra:

Cesura trihemímera: despois do terceiro medio pé. Cesura pentemímera: despois do quinto medio pé. Cesura heptemímera: despois do sétimo medio pé.

5. Poesía épica

Page 20: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

20

Cando o corte coincide entre o cuarto e o quinto pé chámase diérese.

Se marcamos as cesuras cunha aspa (×) e a diérese con dobre barra (//), a estrutura do hexámetro é a seguinte:

-u ou /- x ou ou/ - x ou ou/ - x ou ou/ -uu/ --

Así, o verso anterior tería esta medida:

īn nŏvǎ / fērt × ǎnǐ/mūs × mū/tātās / dīcĕrĕ / fōrmās

As cesuras e a diérese son importantes puntos de referencia para a colocación das palabras no verso.

Se unha palabra remata en vogal ou m e a seguinte comeza por vogal ou h, prodúcese unha elisión (ou sinalefa) e a sílaba final elidida non se conta ó medir o verso:

Exs.: Conticuer(e) omnes intentiqu(e) ora tenebant Monstr(um) horrend(um) informe

Posto que ata o momento nos referimos á cantidade das sílabas como fundamento do ritmo, parece necesario deternos na ciencia que se ocupa diso e que se denomina prosodia.

PROSODIA

O sistema vocálico latino está composto por cinco vogais, que poden ser breves ou longas. Unha vogal longa pronúnciase teoricamente no dobre de tempo ca unha breve.

Se unha vogal é longa, a sílaba é longa. Se unha vogal é breve, a sílaba é breve, aínda que tamén pode ser longa por posición.

As normas mínimas que poden darse para coñecer a cantidade das sílabas son as seguintes:

1. Son longas as sílabas trabadas (longas por posición) e as que levan ditongo:

a. Vogal trabada na palabra: hōstis. b. Vogal trabada na cadea: nēc fugit. c. Vogal ante letra dobre (x,z): ēxitus. d. Os ditongos (au, ae, oe): caelum.

2. É breve a vogal que se atopa ante outra vogal (e non forman ditongo): habĕo.

NB.: Na medida dun hexámetro é moi práctico comezar polo final que, agás raras excepcións, sempre remata

¯ u u / ¯ ¯ Tendo en conta as normas da cantidade referidas e que un pé sempre comeza cunha longa, será relativamente doado distribuír o resto das sílabas entre os catro pés restantes.

Actividades de autoavaliación

Páxina 73: 1. Traducir o texto: 1. O cabalo de Troia. 2. Responder as actividades de etimoloxía.

Páxina 74: 1. Traducir o primeiro texto. 2. Responder as actividades de etimoloxía.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

O vestido acentúa a maxestosidade da raíña Dido

Tandem progreditur1 magna stipante caterva, Sidoniam2 picto chlamydem circumdata limbo. Cui pharetra ex auro3, crines nodantur in aurum, aurea purpuream subnectit fibula vestem.

Notas: 1. O suxeito sobreentendido é Dido. 2. Sidonius, -a -um: de Sidón, Sidonio. 3. Debe sobreentenderse «est». 1. Tradución do texto proposto. 2. Contestar as seguintes cuestións:

a. Análise sintáctica do texto proposto. b. Derivación e composición: No texto

aparecen as palabras progreditur, circumdata, aurea, subnectit: expoñer o valor dos seus preverbios e sufixos.

OPCIÓN B

Eneas relata como introducen en Troia o cabalo de madeira e oen o son das armas dos

guerreiros que van no seu interior

O patria, o divum domus Ilium et inclita bello moenia Dardanidum!1 quater ipso in limine portae substitit, atque utero sonitum quater arma dedere; instamus tamen immemores caecique furore et monstrum infelix sacrata sistimus arce.

Nota: 1. Dardanidae -arum (sinc. -um) xen. pl. = os troianos. 1. Análise e tradución destes versos. 2. Análise morfolóxica das seguintes palabras:

moenia, instamus, infelix. 3. Escriba o pretérito perfecto de indicativo da

voz pasiva e o presente de subxuntivo da voz activa do verbo ó que pertence instamus, incluíndo a súa tradución en primeira persoa.

Page 21: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

21

Obxectivos

1. Distinguir as características distintivas da lírica como xénero literario: as formais e as de contido.

2. Valorar a importancia da tradición en literatura, a través da constatación da influencia da lírica grega na romana e a desta na posterior, ata hoxe, tanto no que ten que ver con recursos formais e tipos de composición, coma cos temas.

3. Aprender a servirse dunha boa tradución para afondar na comprensión dun texto latino difícil, como poden ser os de Horacio.

4. Familiarizarse coas formas menos usuais e irregulares do conxunto das declinacións e iniciar o estudo sistemático da morfoloxía das formas nominais do verbo.

5. Ampliar e afondar o estudado en Latín I sobre a estrutura da oración simple.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A POESÍA LÍRICA (1)

1. Introdución 2. A lírica en Roma 3. Pervivencia da lírica

grecorromana 4. Catulo 5. Horacio

TE

XT

OS

1. Selección de textos de Catulo 2. Selección de textos de Horacio

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema nominal:

particularidades das 1ª, 2ª, 3ª e 4ª declinacións

2. Sistema verbal: imperativo e formas nominais do grupo de presente

SINTAXE A oración simple

LE

GA

DO

C

UL

TU

RA

L

Os tópicos horacianos

Avaliación

1. Analizar, traducir e comentar, con axuda das pertinentes introducións e notas, algúns versos de Catulo.

2. Explicar a estrutura sintáctica dun fragmento de Horacio a partir da súa

tradución e formular outras posibles alternativas.

3. Constatar a aprendizaxe das distintas formas nominais mediante un exercicio.

4. Realizar un exercicio de identificación das estruturas oracionais básicas dalgúns textos.

Orientacións

• Ler en galego ou en castelán textos escollidos doutros poetas líricos gregos e romanos. • É necesario, insistimos, proceder á análise sistemática das oracións e observar escrupulosamente as normas sobre concordancia, como medio de superar a dificultade engadida formulada polo habitual hipérbato. • Estuda con coidado as formas nominais do grupo de presente, prestándolle especial atención á diferenza entre xerundio e xerundivo. • Revisa en profundidade a oración simple, insistindo na cuestión da concordancia —vital, no caso da literatura en verso— e na importancia de fixar ben a análise e o sentido do verbo, á hora de establecer a estrutura da oración.

Actividades de autoavaliación Páxina 87: 1. Traducir o texto: 1. O amor por Lesbia.

Exaltación. 2. Responder as actividades de etimoloxía. Páxinas 88 e 89: 1. Traducir os 3 textos: 2. Sentimentos

atopados. 2. Responder as actividades de etimoloxía

(páxina 90).

6. Poesía lírica (1)

Page 22: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

22

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A Páxina 89 Texto 3: Eloxio dos amigos 1. Tradución. 2. Análise morfolóxica das formas verbais que

aparecen no texto. 3. Análise sintáctica do texto.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B Páxina 90 Texto 4: Convite a unha cea 1. Tradución. 2. Análise morfolóxica das formas verbais que

aparecen no texto. 3. Análise sintáctica do texto.

Page 23: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

23

Obxectivos

1. Achegarse ás diferentes facetas do fenómeno relixioso na sociedade romana.

2. Comprender as marcadas peculiaridades da relixión tradicional romana.

3. Valorar a destacada importancia da relixión en todas as manifestacións da civilización romana.

4. Reflexionar sobre a importante presenza do relixioso na literatura romana.

5. Familiarizarse coas divindades e demais personaxes mitolóxicos máis populares.

6. Recoñecelos cando aparezan nos textos literarios.

7. Captar o esencial da achega romana á mitoloxía clásica.

8. Valorar a transcendencia histórica da progresiva implantación do cristianismo no Imperio Romano.

Contidos

Avaliación

1. Comprender as liñas mestras: relixiosidade do pobo romano, nivel e peculiaridades, evolución relixiosa, transcendencia da imposición do cristianismo, influencia grega e orixinalidade romana en mitoloxía, mitoloxía e literatura.

2. Identificar os nomes dos personaxes mitolóxicos cos seus trazos biográficos máis significativos e coa súa iconografía habitual.

3. Elaborar traballos escritos de contido mitolóxico ou relixioso.

Orientacións

• Este tema, coma os demais desta sección, están dirixidos a servir de apoio para a mellor comprensión das obras literarias. É un punto de vista que non cómpre esquecer. Neste caso concreto, dada a frecuente alusión na literatura a personaxes, ritos e feitos que teñen que ver co fenómeno relixioso, é imprescindible estar un pouco familiarizado con esta faceta da cultura clásica, se se quere entender a obra dos grandes autores e para comprender cabalmente moitos dos textos que se van analizar e traducir este curso. • Especialmente necesario será estar familiarizado con deuses e heroes da mitoloxía grecorromana (funcións, parentesco, correspondencia entre nome grego e nome romano, etc.), así como coas divindades e heroes propiamente romanos. • Para fixar a súa identificación, será imprescindible coñecer a súa presentación iconográfica.

Actividades de autoavaliación 1. ¿A relixiosidade romana era persoal e

interior ou externa e ritual? 2. ¿Tiña dogmas a relixión romana? 3. ¿Que deuses conformaban a chamada tríade

capitolina? 4. ¿Que eran os numina? 5. ¿Que eran os manes? 6. ¿Que orixe teñen os cultos de Magna

Mater, Isis, Mitra e Cristo? 7. Cita algún dos mitos romanos máis

famosos. 8. Cita algúns autores e obras relevantes da

mitoloxía romana.

A relixión romana 1. Un pobo relixioso 2. Unha relixión externa e ritual 3. Ausencias de dogmas e escaseza de

mitos 4. Os principais deuses romanos 5. Divindades menores 6. Culto público e familiar 7. Evolución relixiosa en Roma 8. Diversas pregarias 9. O cristianismo

Mitos romanos 1. Influencia da mitoloxía grega 2. Rómulo e Remo. Eneas 3. Mitoloxía e literatura

15. Relixión e mitoloxía

Page 24: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

24

Obxectivos 1. Valorar a enorme calidade e variedade da

obra de Ovidio, así como a súa decisiva influencia no desenvolvemento da poesía lírica a partir da Idade Media e o seu destacadísimo papel como inspirador dos artistas plásticos de todos os tempos.

2. Completar a visión das características formais e de contido da poesía lírica, en especial a gran variedade de temas, tipos de composición e métrica.

3. Ampliar e afondar os coñecementos gramaticais xa asimilados en Latín I no referente ós diferentes tipos de adxectivos, e completar a aprendizaxe das formas nominais do verbo.

4. Iniciar o estudo sistemático da oración composta, poñendo as bases teóricas para o desenvolvemento que se irá facendo nas seguintes unidades.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

POESÍA LÍRICA (2) 1. Ovidio 2. A poesía bucólica en Roma:

Virxilio

TE

XT

OS

Selección de textos de Ovidio

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema nominal: o adxectivo 2. Sistema verbal: formas nominais

do tema de perfecto e supino SINTAXE A oración composta

LE

GA

DO

C

UL

TU

RA

L

A influencia de Ovidio na literatura española

Avaliación

1. Traducir de modo coherente algúns versos de Ovidio, escollidos entre os especialmente abordables, ou propoñer unha tradución propia a algún dos textos proporcionados en versión bilingüe.

2. Reunir derivados galegos ou casteláns cultos e vulgares a partir dunhas mesmas palabras latinas dalgún dos textos (dobrete) e explicar os cambios fonéticos producidos no caso dos segundos.

3. Analizar un grupo de sintagmas substantivo

(de diferentes declinacións) + adxectivo (de diferente tipo).

Orientacións

• É moi interesante familiarizarse con As metamorfoses, polo seu interese intrínseco como obra de arte, pero tamén como vía de acceso atractiva ó mundo da mitoloxía e polo seu carácter de fonte inesgotable de temas para o resto das artes. • A obra de Ovidio préstase como poucas ó tratamento interdisciplinar con outras materias (arte, literatura española, música). • Nesta unidade preséntase a segunda parte das formas nominais do verbo, neste caso as do tema de perfecto e de supino. A riqueza destas formas en latín fai que teñamos que fixarnos atentamente na súa tradución. Recoméndoche que fagas un cadro no que figuren todas elas. • Observa na revisión da oración composta a esencial continuidade dende a sintaxe latina ata a das linguas modernas (non só as románicas) nesta materia.

Actividades de autoavaliación Páxina 104: 1. Traducir o texto: 1. Consellos para a

seducción. Páxina 105: 1. Traducir o texto: 3. O deus do soño. 2. Responder as actividades de etimoloxía.

7. Poesía lírica (2)

Page 25: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

25

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

O diluvio: a unha orde de Neptuno, os ríos desbórdanse e as augas inundan a terra

Iusserat; hi redeunt ac fontibus ora relaxant et defrenato volvuntur in aequora cursu. Ipse tridente suo terram percussit, at illa intremuit motuque vias patefecit aquarum. 1. Traduza o texto. 2. Responda as cuestións seguintes:

a) Análise sintáctica dende Ipse ata aquarum.

b) Análise métrica de dous versos. c) Indique e comente os termos españois

que coñeza, relacionados cos vocábulos do texto ora e aquarum.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B Páxina 105: 1. Traducir do texto 3 os 5 primeiros versos. 2. Analizar os verbos que aparecen no texto. 3. Responder as actividades de etimoloxía.

Page 26: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

26

Obxectivos

1. Asimilar as características formais e de contido deste xénero literario, así como a súa evolución na antigüidade clásica e a súa pervivencia a través da tradición literaria ata hoxe.

2. Aprender a resumir textos, descubrir a súa estrutura, facer comentarios persoais sobre estes.

3. Utilizar o caso dos graos do adxectivo para reflexionar sobre a evolución (cambio e pervivencia) das estruturas gramaticais, dende o latín ata as linguas románicas.

4. Constatar a esencial identidade de funcionamento da coordinación en latín e en castelán ou galego.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

A FÁBULA 1. Introdución 2. Esopo: entre a lenda e a realidade 3. Fedro

TE

XT

OS

Selección de textos de Fedro

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema nominal: graos do

adxectivo e do adverbio 2. Sistema verbal: verbos irregulares:

possum SINTAXE 1. Proposicións coordinadas 2. Coordinación con conxuncións 3. A xustaposición: coordinación sen

conxuncións 4. Correlación

LE

GA

DO

C

UL

TU

RA

L

A fábula na literatura española

Avaliación

1. Traducir algunha fábula breve e sinxela, explicando a súa estrutura morfosintáctica.

2. Explicar etimoloxicamente palabras castelás derivadas dalgunhas de calquera dos textos, explicar o seu carácter culto ou vulgar e, neste último caso, explicar os cambios vocálicos e/ou consonánticos producidos.

3. Realizar algunha actividade sobre a

formación de adxectivos ou adverbios de grao comparativo e superlativo a partir do positivo. Localizar a forma positiva de adxectivos ou adverbios en grao comparativo e superlativo.

4. Realizar un exercicio sobre identificación (clasificación e tradución) de conxuncións coordinantes e xiros correlativos.

Orientacións

• Fíxate cómo se constrúe en latín o segundo termo da comparación e nos complementos que adoitan acompañar o superlativo. • En canto á coordinación, non presenta dificultades, pois dáse unha continuidade no seu funcionamento en galego, en castelán e noutras linguas.

Actividades de autoavaliación Páxina 113: 1. Traducir o texto: 1. O lobo e o cordeiro. 2. Responder as actividades de etimoloxía. Páxina 114: 1. Traducir o texto: 3. A serpe e a fragua. 2. Responder as actividades de etimoloxía

(páxina 115).

8. A fábula

Page 27: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

27

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

O lobo e a raposa sendo xuíz o mono. A quen mente algunha vez, xa non se lle cre nin cando di a verdade

Lupus arguebat vulpem furti crimine; negabat illa se esse culpae proximam. Tunc iudex inter illos sedit simius. Uterque causam cum perorassent suam, dixisse fertur simius sententiam: "Tu non videris perdidisse, quod petis; te credo subripuisse quod pulchre negas" 1. Traducir o texto. 2. Analizar gramaticalmente o texto

subliñado. 3. Responde as seguintes preguntas:

- Explica o sentido das seguintes expresións: ut supra, cum laude, ab urbe condita.

- ¿Que oracións completivas se constrúen con ut?

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B

O becerro, o león e o ladrón. Petición do ladrón e a resposta

Super iuvencum stabat deiectum leo. Praedator intervenit partem postulans. "Darem", inquit, "nisi soleres per te sumere"; et improbum reiecit. 1. Traducir o texto. 2. Comentario gramatical: ¿con que

substantivo concorda deiectum e que tipo de oración revela a presencia de nisi?

3. Responde as seguintes preguntas: - ¿Que funcións pode desempeñar o

nominativo, ademais da de suxeito? - Explica o sentido das seguintes

expresións: a priori, post data, ad libitum.

Page 28: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

28

Obxectivos

1. Coñecer as características formais do xénero e os seus principais cultivadores en Roma.

2. Valorar a excepcional orixinalidade romana na configuración da sátira como xénero literario.

3. Coñecer a importante achega hispana á literatura romana durante a época do Imperio, neste e noutros xéneros.

4. Ampliar e afondar os coñecementos gramaticais xa asimilados en Latín I, no referente ó sistema pronominal e á subordinación adxectiva. Continuar co estudo da conxugación irregular latina.

5. Constatar, a través do exemplo de Marcial, a influencia dos clásicos latinos sobre os nosos clásicos casteláns.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

A SÁTIRA 1. Introdución 2. M. V. Marcial

TE

XT

OS

Selección de textos de Marcial

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema pronominal: os pronomes

relativo, interrogativo e indefinido 2. Sistema verbal: verbos irregulares:

volo, nolo, malo SINTAXE 1. Proposicións subordinadas

adxectivas 2. Participio concertado

LE

GA

DO

C

UL

TU

RA

L

Marcial na literatura española

Avaliación

1. Analizar, traducir e comentar algún epigrama de Marcial especialmente doado.

2. Facer un comentario comparativo entre un epigrama deste autor e a súa adaptación por un autor moderno.

3. Buscar palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas dalgún epigrama

traducido na clase. 4. Identificar e traducir unha serie de formas

de pronomes relativos, interrogativos e indefinidos.

5. Id. con formas dos verbos irregulares estudados ata o momento.

Orientacións • Aproveitando os exemplos propostos no “Legado cultural e léxico” da unidade, compara as versións orixinais de Marcial coas traducións —adaptacións na maioría dos casos— dos autores modernos. • Na subordinación adxectiva, pon atención nos casos especiais máis frecuentes (substantivadas, relativo de unión, as introducidas por adverbios relativos). • Préstalle tamén atención (nesta e nas unidades seguintes) á correspondencia entre as construcións con formas nominais e ós diferentes tipos de subordinación; neste caso, as construcións de participio concertado e a subordinación adxectiva.

Actividades de autoavaliación Páxina 126: 1. Traducir os textos 1, 2 e 3 de Marcial. 2. Responder as actividades de etimoloxía. Páxina 127: 1. Traducir os textos 4, 5 e 6 de Marcial. 2. Responder as actividades de etimoloxía.

9. A sátira

Page 29: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

29

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

Páxina 128: 1. Traducir o texto núm. 7 de Marcial. 2. Análise dos verbos que aparecen no texto. 3. Análise sintáctica completa. 4. ¿Que é un epigrama?

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B

Páxina 128: 1. Traducir o texto núm. 9 de Marcial. 2. Análise dos verbos que aparecen no texto. 3. Análise sintáctica completa. 4. As oracións adxectivas ou de relativo.

Analiza a do texto.

Page 30: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

30

Obxectivos

1. Achegarse ó mundo do teatro en Roma: autores máis destacados, diferentes modalidades de teatro literario e outros tipos de espectáculo teatral.

2. Reflexionar, a partir do acontecido co teatro e coa maioría dos xéneros literarios, sobre a importancia do legado grego na formación da cultura romana e sobre o papel de intermediaria desta entre a cultura grega e a nosa.

3. Descubrir a pervivencia do léxico do teatro utilizado en Roma, aínda que de orixes diversas, no vocabulario galego ou castelán (teatral e non teatral).

4. Continuar co repaso dos pronomes e da sintaxe das proposicións subordinadas adverbiais.

5. Coñecer e utilizar as construcións de participio absoluto e culminar a aprendizaxe da conxugación irregular en latín.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

O TEATRO 1. Introdución 2. T. M. Plauto

TE

XT

OS

Selección de textos de Plauto

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema pronominal

Pronomes persoais 2. Sistema verbal:

Outros verbos irregulares: fero e eo

SINTAXE 1. Proposicións subordinadas adver-

biais 2. O participio absoluto

XIC

O

O léxico latino do teatro no vocabulario castelán

Avaliación

1. Traballo sobre a lectura dalgunha comedia de Plauto ou Terencio.

2. Exercicio de comprensión léxica sobre

termos relacionados coas distintas facetas do teatro en Roma, dende a literaria ata a arquitectónica.

3. Exercicio sobre identificación e tradución de pronomes persoais e posesivos.

4. Exercicio de identificación (clasificación e tradución) de conxuncións subordinantes.

5. Exercicio de análise, explicación e tradución dalgunha construción de participio, sobre todo de ablativo absoluto.

Orientacións

• Sería moi interesante ler algunha das obras máis divertidas de Plauto ou Terencio e realizar un resumo do argumento, papel dos principais personaxes e un comentario persoal. Consulta a bibliografía. • Nos contidos de tipo gramatical, proseguir a aprendizaxe sistemática das conxuncións subordinantes, neste caso as subordinadas adverbiais. Consulta tamén a páxina 250 no apéndice do libro. • Prestar unha atención especial á comprensión e tradución das construcións de participio, sobre todo de ablativo absoluto.

Actividades de autoavaliación Páxina 140: Intentar traducir o texto 1. O avaro, contrastando logo a tradución coa da páxina oposta do libro.

10. O teatro

Page 31: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

31

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

Curión, unha vez aclamado como xeneral, dirixe o seu exército a Útica, cara a onde se

dirixen os reforzos enviados polo rei His rebus gestis, Curio se in castra recipit atque universi exercitus conclamatione imperator appellatur, posteroque die Uticam1 exercitum ducit et prope2 oppidum castra ponit. Nondum3 opere castrorum perfecto, equites nuntiant magna auxilia equitum ab rege missa4 Uticam venire. Notas: 1. Uticam: acusativo de dirección, ó igual que na

última liña. 2. prope: preposición de acusativo. 3. Nondum: adverbio referido ó participio perfecto. 4. ab rege missa: inciso referido a magna auxilia. 1. Tradución do texto. 2. Análise morfosintáctica.

a. Análise morfosintáctica de universi exercitus (caso, número, xénero e función sintáctica no texto) e declinación de ambos os dous termos no resto dos casos do singular.

b. Análise morfosintáctica de appellatur (accidentes flexivos, enunciado do verbo ó que pertence e función sintáctica no texto).

2. Análise sintáctica (proposicional e morfosintáctica de cada unha das palabras) do período transcrito a continuación: equites nuntiant magna auxilia equitum ab rege missa Uticam venire.

3. Cuestión literaria: a historiografía clásica: César e Salustio.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B

Salustio narra como Gayo Cornelio e Lucio Vargunteyo acordaron darlle morte a Cicerón

esa mesma noite Igitur, perterritis ac dubitantibus ceteris, Caius Cornelius eques Romanus et cum eo Lucius Vargunteius senator constituere1 ea nocte paulo post cum armatis hominibus, sicuti2 salutatum, introire3 ad Ciceronem ac de inproviso4 domi5 suae inparatum6 confodere. Notas: 1. constituere = constituerunt. 2. sicuti (= sicut) salutatum: supino; trad.: «como

se fose para saudalo» (a Cicerón, enténdese). 3. introire: do verbo introeo (coa preposición ad,

trad.: «entrar na casa de»). 4. proviso: improviso. 5. domi suae: locativo; trad.: «na súa propia casa». 6. inparatum (= imparatum): trad.: «desprevido»,

en referencia a Cicerón: enténdase un eum elíptico (confodere [eum] inparatum).

1. Tradución do texto. 2. Análise morfosintáctica:

a) Análise morfosintáctica de eques romanus (caso, número, xénero función sintáctica no texto) e declinación de ambos os dous termos no resto dos casos do singular.

b) Análise morfosintáctica de dubitantibus (accidentes flexivos, enunciado do verbo ó que pertence e función sintáctica no texto)

3. Análise sintáctica (proposicional e morfosintáctica de cada unha das palabras) do período transcrito a continuación: constituere introire ad Ciceronem ac inparatum confodere.

4. Cuestión literaria: a épica clásica: a Eneida de Virxilio e a Farsalia de Lucano

Page 32: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

32

Obxectivos

1. Comparar o peso diferente dos distintos xéneros literarios na antigüidade e na época moderna (como externos poden utilizarse o caso da oratoria e o da novela).

2. Reflexionar sobre a influencia exercida pola novela antiga na literatura e nas belas artes, incluído o cinema, malia a súa escasa representación.

3. Continuar co repaso da flexión pronominal e culminar o estudo sistemático dos verbos irregulares latinos.

4. Afondar no estudo das subordinadas substantivas.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

A NOVELA 1. Introdución 2. A Historia de Apolonio, rei de

Tiro

TE

XT

OS

Selección de textos de Historia Apolonii, regis Tyri

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema pronominal: pronomes-

adxectivos demostrativos 2. Sistema verbal:

Verbos defectivos e impersoais SINTAXE Subordinadas substantivas con verbo en forma persoal

LE

GA

DO

C

UL

TU

RA

L

O Libro de Apolonio

Avaliación

1. Análise, tradución e comentario dun anaco da novela.

2. Argumento da novela latina. 3. Exercicios de reflexión sobre léxico:

derivación ó galego ou ó castelán, busca de etimoloxía, explicación de compostos e derivados, etc.

4. Exercicio de identificación de sintagmas substantivo + demostrativo (forma e tradución).

5. Exercicio de explicación dos principais usos de partículas polivalentes, como ut, quod, cum, ne.

Orientacións

• Compara, nas actividades de autoavaliación, o orixinal latino coa súa adaptación da época medieval, destacando sobre todo as innovacións desta última (formais e de contido). • O carácter tardío da Historia de Apolonio fai que sexa especialmente interesante para o estudo léxico (neoloxismos, helenismos, vulgarismos, cristianismos, etc.), pola súa maior proximidade ó léxico románico. • No estudo dos pronomes demostrativos fíxate na evolución do sistema do latín ó castelán ou ó galego. • Na revisión das subordinadas substantivas, pon atención nas novidades (omisión de conxunción, interrogativas indirectas). • Le con atención o apartado do “Léxico latino do teatro”.

Actividades de autoavaliación Páxina 159: 1. Traducir o texto: 1. O reencontro co

pescador. 2. Responder as actividades de etimoloxía.

11. A novela

Page 33: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

33

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

Prácticas relixiosas dos galos Alii immani magnitudine simulacra habent, quorum contexta viminibus1 membra vivis hominibus complent; quibus succensis, circumventi flamma exanimantur homines. Supplicia eorum, qui in furto aut in latrocinio sint comprehensi, gratiora dis immortalibus esse arbitrantur. Nota: 1. viminibus: ablativo de materia do participio contexta, que concerta con membra; tradúzase, «membros tecidos con vimbios...». 1. Traduza o texto. 2. Análise morfolóxica e sintáctica do texto subliñado. 3. Conteste as cuestións seguintes:

a) Comprehendere e flammam: evolución destas palabras ó galego ou ó castelán.

b) Cite palabras castelás emparentadas con estes termos latinos.

4. Conteste as cuestións seguintes: a) Historiografía romana. b) Características máis destacadas da obra

de Salustio.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B Pompeyo marcha cara ó exército de Antonio e

acampa nun lugar apropiado. Intenta permanecer oculto, pero os gregos informan de

todo a Antonio Pompeius magnis itineribus ad Antonium contendit atque, ubi eum adpropinquare cognovit, idoneum locum nactus, ibi copias conlocavit suosque omnes castris continuit ignesque fieri prohibuit, quo occultior esset eius adventus. Haec ad Antonium statim per Graecos deferuntur. 1. Tradución do texto. 2. Adventus: decline o singular completo deste

substantivo masculino da cuarta declinación.

3. Mencione tres xiros de xerundio ou xerundivo (cada un deles, construído cun caso distinto).

4. Evolución fonética: • Graecum: indique e explique a

evolución fonética desta palabra latina ó español.

• umbilicum: indique dúas palabras españolas (un cultismo e unha palabra patrimonial) relacionadas etimoloxicamente con esta palabra latina.

5. Mencione unha obra de cada un dos seguintes autores latinos: Salustio, Livio, Tácito, Cicerón, Fedro, Virxilio e Lucano.

6. A casa romana.

Page 34: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

34

Obxectivos

1. Comprender as causas da irrupción no panorama literario romano das obras de inspiración cristiá.

2. Valorar o que a literatura cristiá lle debía á influencia da literatura anterior e o que ten de achega orixinal.

3. Valorar a influencia deste tipo de literatura, sobre todo a empregada na liturxia, na formación do léxico culto e semiculto galego ou castelán.

4. Completar o repaso do sistema pronominal e o estudo dos aspectos especiais da conxugación (verbos irregulares e defectivos, conxugación perifrástica).

5. Familiarizarse cos usos máis frecuentes do infinitivo en latín.

Contidos

LIT

ER

AT

UR

A

A LITERATURA CRISTIÁ 1. Introdución 2. Santo Agostiño

TE

XT

OS 1. Selección de textos de Santo

Agostiño 2. Selección de textos bíblicos e

litúrxicos

GR

AM

ÁT

ICA

MORFOLOXÍA 1. Sistema pronominal: os

numerais 2. Sistema verbal: a voz

perifrástica SINTAXE Usos do infinitivo

LE

GA

DO

C

UL

TU

RA

L

E L

ÉX

ICO

O latín, lingua da Igrexa católica

Avaliación

1. Analizar, traducir e comentar un texto litúrxico (do ordinario da misa).

2. Explicar a etimoloxía dunha serie de neoloxismos cristiáns.

3. Redactar un comentario sobre a postura de Santo Agostiño respecto da mitoloxía grecorromana.

4. Identificar e traducir unha serie de formas perifrásticas (activas e pasivas).

5. Analizar e traducir unha oración que conteña unha construción de infinitivo con suxeito en acusativo.

Orientacións

• Partindo das orientacións feitas no “Legado cultural e léxico”, fíxate na achega da literatura cristiá ó léxico do castelán ou do galego (palabras e frases feitas). • Intenta escoitar algunha gravación con textos latino-medievais, litúrxicos (canto gregoriano) e non litúrxicos (do tipo Carmina burana), ou de composicións relixiosas de todas as épocas (misas, réquiem, oratorios, etc.). • É importante facer unha aprendizaxe sistemática dos numerais; polo menos, aprender a interpretalos cando aparecen nun texto. • É de capital importancia saber distinguir e traducir os distintos usos do infinitivo en latín. • Le atentamente o apartado do “Legado cultural e léxico”. .

Actividades de autoavaliación Páxina 170: 1. Traducir o texto: 4. Roma e os seus exóticos

deuses. 2. Responder as actividades de etimoloxía. Páxina 171: 1. Traducir o texto: 5. Os absurdos dos mitos

pagáns.

12. A literatura cristiá

Page 35: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

35

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

Todos os homes, calquera que sexa a súa opción vital, pensan o mesmo da amizade

De amicitia omnes sentiunt idem1: ii2 qui ad rem publicam se contulerunt, ii qui delectantur cognitione rerum, ii qui suum negotium gerunt et postremo ii qui se tradiderunt voluptatibus, omnes sentiunt vitam3 non esse sine amicitia, si velint liberaliter vivere. Notas: 1. idem: acusativo neutro singular de idem eadem

idem. 2. ii: os catro ii que seguen á primeira frase son

aposicións de omnes, termo ó que especifican. 3. vitam: acusativo, suxeito da oración de infinitivo

(esse). 1. Tradución do texto. 2. Analice sintacticamente a frase et

postremo... sine amicitia. 3. Analice morfoloxicamente as formas

delectantur, voluptatibus e vivere. 4. Indique e comente os termos galegos ou

casteláns (patrimoniais ou cultismos) que teñan que ver cos termos latinos inimicus -i, facio -era e hostis -is. ¿Que evolución fonética houbo neles do latín ó galego ou ó castelán?

5. A epistolografía latina: Cicerón, Plinio o Novo e Séneca.

6. Os espectáculos públicos en Roma: o teatro, o anfiteatro e o circo.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B A causa das chuvias e dos desxeos do Pireneo, desbórdase o río Segre ó seu paso por terras de

Lleida Accidit etiam repentinum incommodum iis diebus, quibus haec gesta sunt. Tanta enim tempestas cooritur ut constaret numquam illis locis maiores aquas1 fuisse. Tum autem ex omnibus montibus nives ea tempestas proluit ac summas ripas fluminis superavit pontesque ambos, quos C. Fabius fecerat, uno die interrupit. Nota: 1. aquas: acusativo, suxeito da oración de

infinitivo (fuisse). 1. Tradución do texto. 2. Analice sintacticamente a frase Tanta...

fuisse. 3. Analice morfoloxicamente as formas gesta,

sunt, constaret e quos. 4. Indique e comente os termos galegos ou

casteláns que coñeza relacionados cos termos latinos nox, -ctis, clamo -are e noster -tra -trum. Sinale a súa evolución fonética.

5. A épica latina: Virxilio e Lucano. 6. Os espectáculos públicos en Roma: o teatro,

o anfiteatro e o circo.

Page 36: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

36

Obxectivos

1. Coñecer a grandes trazos a historia do dereito romano.

2. Familiarizarse cos distintos tipos de fontes do dereito.

3. Captar o forte compoñente legalista da civilización romana, que se transparenta na súa literatura.

4. Valorar a importancia desta achega romana á historia da civilización occidental.

5. Familiarizarse coa xurisprudencia, como unha das variantes da literatura en sentido amplo, dentro do xénero didáctico.

Contidos

Avaliación

1. Comprender conceptos básicos: distintas acepcións de dereito romano, legalismo romano, formulismo característico do dereito en Roma, etc.

2. Coñecer os principais fitos da súa evolución e pervivencia (leis das doce táboas, recoñecemento dos plebiscitos como leis, século de ouro dos xuristas romanos, recompilación de Xustiniano, primeiros códigos medievais, aparición dos códigos modernos a partir do napoleónico, etc.).

3. Definir os diferentes tipos de fontes e os distintos compoñentes do Corpus iuris civilis.

Orientacións

• O dereito romano foi unha das principais achegas de Roma á civilización occidental. Paga

a pena ter unha referencia esquemática que permita catalogar diferentes aspectos do mundo xurídico. • Observa que se dá certa conexión co tema da oratoria. Parágrafos dalgúns dos discursos forenses de Cicerón poden servir de illustración da aplicación da xustiza en Roma. • Le os dous documentos da páxina 217 referentes a textos legais romanos. • Podes revisar o libro de texto de primeiro, buscando algunhas das numerosísimas expresións latinas de cuño xurídico.

Actividades de autoavaliación 1. ¿Que é o ius civile ou ius Quiritum? 2. ¿Que é o ius gentium? 3. ¿Que designan os termos ius e fas? 4. ¿Quen eran os tribuni plebis? 5. ¿Que eran os concilia plebis 6. ¿Quen eran os prudentes? 7. ¿Como se denomina a recompilación que

fixo Xustiano e de que partes consta? 8. ¿Que é a Lex Romana Visigothorum? 9. Traduce o texto da páxina 52: Epílogo da

cuarta Catilinaria.

Concepto e desenvolvemento 1. O concepto de dereito romano 2. Formación e desenvolvemento

Fontes do dereito 1. Mos maiorum: o costume dos

antepasados 2. Lei das doce táboas 3. Os plebiscitos 4. Os senadoconsultos: decretos do

Senado 5. Edicta magistratuum: edictos dos

maxistrados 6. Responsa magistratuum 7. Constitucións imperiais 8. As recompilacións

Pervivencia do dereito romano en Occidente

16. O dereito romano

Page 37: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

37

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A

Publio Sexto e Gayo Voluseno aconsellan a Galba

Publius Sextius Baculus, primi pili centurio, quem Nervico proelio compluribus confectum vulneribus diximus, et item C. Volusenus, tribunus militum, vir et consilii magni et virtutis, ad Galbam accurunt atque unam esse spem salutis docent, si eruptione facta extremum auxilium experirentur. 1. Análise sintáctica de todo o fragmento. 2. Tradución. 3. Decline magna virtus e una spes. 4. Pretérito perfecto de indicativo activo e

pasivo de docent. 5. A Eneida de Virxilio.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B

César navega Ita vento certo celerique navigio vectus post diem quartum cum longis paucis navibus in conspectum Africae venit. Namque onerariae reliquae praeter paucas vento dispersae atque errabundae diversa loca petierunt. Clupeam1 classe praetervehitur, dein Neapolim2; complura praeterea castella et oppida non longe a mari relinquit. Notas: 1. Clupea, -ae: Clúpea (cidade do norte de África). 2. Neapolis, -is = Nápoles. 1. Análise sintáctica de todo o fragmento. 2. Tradución. 3. Decline dies quartus. 4. Futuro de indicativo e pluscuamperfecto de

subxuntivo activos de relinquit.

Page 38: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

38

Obxectivos 1. Dar unha visión de conxunto da historia da

literatura romana por épocas, que sirva de complemento á dada anteriormente por xéneros.

2. Proporcionar unha especie de toponimia da literatura romana, que sirva de referencia e de consulta á hora de situar no seu marco xeracional os autores cuxos textos se seleccionaron para traducir nas doce primeiras unidades.

Contidos

Avaliación 1. Non se formula como materia de estudo, así

que non intervén na avaliación. Orientacións • Utilizar exclusivamente como referencia e consulta.

Actividades de autoavaliación Traducir o texto da páxina 41: Victorias de Aníbal en Italia.

Épocas da literatura romana 1. Orixes 2. División en épocas e períodos 3. Época arcaica 4. Época clásica 5. Época posclásica 6. Época tardía

17. Historia da literatura latina

Page 39: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

39

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN A Venus disfrazada sáelle ao encontro ao seu fillo

Eneas, explícalle onde están e comeza a contarlle a histora de Dido, raíña de Cartago

“Punica regna vides, Tyrios et Agenoris urbem; sed fines Libyci, genus intractabile bello. Imperium Dido Tyria regit urbe profecta, germanum fugiens. Longa est iniuria, longae ambages; sed summa sequar fastigia rerum.” Notas: 1. Agenor, -oris, m. = Axenor, rei de Fenicia, antepasado de Dido. 2. Libycus, a, um = de Libia 1. Análise e tradución destes versos. 2. Análise morfolóxica das seguintes palabras:

regna, fugiens, regit. Escriba o pretérito perfecto de indicativo da voz pasiva e o presente de subxuntivo da voz activa do verbo ó que pertence regit, incluíndo a súa tradución en primeira persoa.

3. ¿Que é unha comedia palliata? Escriba sobre o autor de comedias Plauto.

4. Análise métrico-estilística dos versos terceiro e quinto.

Actividades para lle enviar ó titor

OPCIÓN B

César, despois de sacar o exército do campamento, ó ver que os inimigos non

combaten, volven a el Proximo die, Caesar ex castris utrisque copias suas eduxit, paulumque a maioribus castris progressus, aciem instruxit, hostibusque pugnandi potestatem fecit. Ubi ne tum quidem eos prodire intellexit, circiter meridiem exercitum in castra reduxit. 1. Análise e tradución destas liñas. 2. Análise morfolóxica das seguintes palabras:

eduxit, maioribus e pugnandi. Escriba o presente de subxuntivo da voz activa e o pretérito imperfecto de indicativo da voz pasiva do verbo ó que pertence eduxit, incluíndo a súa tradución en primeira persoa.

3. ¿Quen foron os primeiros autores que escribiron dentro do xénero épico? Virxilio é o autor da Eneida. Escriba sobre esta obra e explique os motivos que o impulsaron a creala.

Page 40: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

40

UNIDADE 0

1. O latín. 2. Esténdese polo sur de Europa dende Portugal

ata Romanía. Comprende os pobos que usan un idioma neolatino ou romance.

3. Era a fronteira norte do Imperio Romano, trazada ó longo dos ríos Rin e Danubio.

4. Na comarca do Lacio. 5. Estendeuse ata os confíns de Escocia e o

limes, e dende Atlántico ata Romanía e a costa do mar Negro, e por toda a zona costeira do norte de África.

6. A mediados do século II d. C. 7. O 476 d. C. 8. No s. X d. C. 9. A partir do latín vulgar. 10. Ata o s. XVIII.

UNIDADE 13

A. ÉPOCA MONÁRQUICA.

1. Atribúese a Rómulo, que dividiu o pobo en 30 curias distribuídas en 3 tribos, creou o primeiro Senado e a Asemblea do pobo (comitia curiata).

2. Servio Tulio, que estableceu un censo económico dos cidadáns, distribuíndoos en cinco clases e cada clase nun número desigual de centurias. Creou unha asemblea (comitia centuriata), na que cada centuria contaba cun voto.

3. [Respondida coas anteriores]. 4. Atribúese a Numa Pompilio. Dividiu o ano

en doce meses. 5. Porque practicamente toda a costa estaba

chea de colonias gregas. 6. O 509 a. C., data na que se produce a caída

do último rei Tarquinio o Soberbio.

B. ÉPOCA REPUBLICANA.

1. Eran uns maxistrados exclusivamente plebeos, ceados o s. V a. C. e que tiñan o poder de veto.

2. Unha asemblea popular creada no s. IV a. C., como órgano lexislativo con poder pleno e sen a necesidade de referendo por parte do Senado, como ata entón.

3. Eran as terras conquistadas e arrebatadas ós vencidos, que pasaban a ser propiedade de Roma.

4. Limitaban a extensión de ager publicus que podía ser ocupada por unha familia para que así puidese haber un excedente para repartir entre os menos favorecidos.

5. 390 a. C. 6. Os irmáns Tiberio e Cayo Graco foron

tribunos da plebe e morreron asasinados (133 e 121 a. C.). Intentaron unha reforma agraria e outras reformas sociais.

7. A lei Hortensia (287 a. C.) outorgoulle o poder lexislativo pleno á Asemblea popular, sen necesidade de referendo por parte do Senado.

C. ÉPOCA DO IMPERIO.

1. Octavio Augusto. 2. No 31 a. C. Nela Octavio Augusto venceu a

Marco Antonio e a Cleopatra, poñéndolle fin na práctica á República.

3. O imperium, poder supremo sobre o exército, e a potestade tribunicia. Tamén foi nomeado pontifex maximus.

4. Seguíanse tres fases: a) proposta e aceptación polo exército; b) sanción no Senado e c) aclamación polo pobo.

5. Caracalla no 212 d. C. 6. Ó período entre os anos 235 e 285 d. C., no

que houbo 25 emperadores e só un morreu de morte natural.

7. Ó réxime político instaurado á saída da crise do período de anarquía e que corresponde ó chamado Baixo Imperio.

8. Tetrarquía quere dicir “goberno de catro”. Foi un sistema establecido por Diocleciano, mediante o cal o Imperio se dividiu en dúas partes, Oriente e Occidente, cun Augusto á fronte de cada parte (o propio Diocleciano e Maximiano). Para resolver o problema sucesorio, cada Augusto adoptou un lugartenente destinado a sucedelo, ós que se lles deu o título de Césares.

9. No 476 d. C.

UNIDADE 1 Páxina 21. CÉSAR 1. - A Galia e os pobos que a habitan. “Galia, no seu conxunto, está dividida en tres partes, das que unha a habitan os belgas, outra os aquitanos, a terceira os que son chamados celtas na súa propia lingua, galos na nosa. Todos estes difiren entre si en canto á lingua, ás institucións, ás leis. Ós galos sepáraos dos aquitanos o río Garona, dos belgas o Marne e o

Solucións das actividades

Page 41: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

41

Sena. Os máis fortes de todos estes son os belgas, debido a que son os que están máis lonxe da cultura e da civilización da provincia e os mercadores moi raramente chegan ata eles e introducen esas cousas que contribúen a efeminar os ánimos e, ademais, son os máis próximos ós xermanos, que habitan o outro lado do Rin, cos que fan a guerra continuamente. Esta é tamén a causa de que os helvecios avantaxen en valor os demais galos, porque pelexan cos xermanos en encontros case diarios, xa sexa cando os rexeitan do seu propio territorio, ou cando levan a guerra ó territorio daqueles. Dese territorio, unha parte, que xa se dixo que ocupaban os galos, empeza a partir do río Ródano; está comprendida entre o río Garona, o Océano, o territorio dos belgas; polo lado dos sequanos e dos helvecios chega ata o río Rin e esténdese cara ó norte. A partir do límite da Galia aparecen os belgas; esténdense ata a parte inferior do río Rin; mira cara ó norte e ó leste. Aquitania vai dende o río Garona ata os montes Pireneos e esa parte do océano que hai cara a Hispania; mira cara ó noroeste”.

De belo Gallico, I, 1 Etimoloxía. (Páxina 21) 1. Buscar palabras en español relacionadas coas seguintes palabras latinas e explicar o seu significado: Divido:

Dividir: descompoñer un todo en partes. División: acción de dividir. Divisor: o que divide.

Appello: Apelar: recorrer. Inapelable: non recorrible. Apelido: sobrenome familiar.

Specto: Espectáculo: algo que se fai para ser

contemplado. Espectador: o que presencia un

espectáculo. Espectacular: que causa asombro ou

admiración. 2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución ó castelán das seguintes palabras latinas: Nostra > nosa. O breve e tónico > ue. Praecedo > precedo. O ditongo ae > e. Inter > entre. O i > e e a consoante -r en posición final sofre metátese. Páxina 23. 2. - Os principais deuses dos galos. “Adoran principalmente a Mercurio. Del hai moitísimas imaxes: considérano o inventor de

todas as artes, o guía dos camiños e das viaxes, pensan que ten o máximo poder en cuestións de diñeiro e nos negocios. Despois deste, veneran a Apolo, Marte, Xúpiter e Minerva. Destes teñen practicamente a mesma opinión cós demais pobos: que Apolo cura as enfermidades, que Minerva proporciona o coñecemento dos traballos e das artes, que Xúpiter ten o poder celestial e que Marte rexe as guerras. Xeralmente ofrécenlle a este deus, cando deciden loitar en combate, todo aquilo que poidan capturar na guerra; cando vencen sacrifícanlle os animais capturados e o resto do botín lévano a un lugar determinado”.

De belo Gallico,VIN, 17 Páxina 25. SALUSTIO 4. - Retrato de Catilina “Catilina, nacido dunha liñaxe nobre, foi de gran fortaleza, tanto de espírito coma de corpo, pero de carácter malo e perverso. A este dende a súa adolescencia gustáronlle as guerras intestinas, as mortes, os roubos, a discordia civil e niso exercitou a súa xuventude. Un corpo acostumado á abstinencia, ó frío, á vixilia, por enriba do que lle resulta crible a calquera. Un espírito audaz, falso, inestable, simulador e disimulador de calquera cousa, envexoso do alleo, dilapidador do seu, ardente nas súas paixóns; bastante elocuencia, escasa sabedoría. O seu espírito desbordado ía sempre tras cousas desmesuradas, incribles, demasiado altas.

Xa antes, aínda adolescente, Catilina cometera abusos vergonzosos, cunha moza nobre, cunha sacerdotisa de Vesta, ademais doutras cousas da mesma clase contra as leis humanas e divinas. O seu espírito impuro, enfrontado ós deuses e ós homes, non podía tranquilizarse nin velando nin durmindo: ata tal punto a súa conciencia trastornaba a súa mente excitada. Como consecuencia, tiña unha cor pálida, uns ollos desagradables, un andar unhas veces acelerado outras arrastrado; nunha palabra, a loucura era patente no seu porte e no seu rostro”.

De coniuratione Catilinae, V e XV Etimoloxía. Páxina 25. 1. Escribir palabras en castelán relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas, e explicar o seu significado: Parvus:

Parva: cereal para ser trillado. Párvulo: neno pequeno. Parvulario: centro onde se educan

párvulos. Vixilia:

Page 42: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

42

Vixilia: estar en vela. Vixilante: o que vixía. Vixiar: estar atento a algo ou a alguén.

Bellum: Bélico: relativo á guerra. Belicoso: amigo ou propenso á guerra. Belixerante: que toma parte nunha guerra.

2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas: Nobilem > nobre. O i postónico desaparece; a terminación -m desaparece. Corpus > corpo. O breve e tónico > ue. Ardentem > ardente. E breve e tónico > ie; a terminación -m desaparece.

UNIDADE 2 Páxina 37. T. LIVIO 2. - O nacemento de Rómulo e Remo “Despois reina Procas. Este xera a Númitor e Amulio. Déixalle en herdanza o reino da dinastía Silvia a Númitor, que era a filla maior. Pero puido máis a forza que a vontade do pai ou que o respecto á idade: expulsado o seu irmán, reina Amulio. Engade unha maldade á maldade: elimina a descendencia masculina do irmán; á filla do seu irmán, Reo Silvia, elixíndoa Vestal baixo a aparencia dunha honra, por aquilo da virxindade perpetua, prívaa da esperanza de parir... Vestal, forzada, dando a luz dous xemelgos, proclama a Marte pai da súa pouco clara descendencia (xa sexa créndoo así, xa sexa porque un deus era un responsable da falta máis honrosa). Pero nin os deuses nin os homes a libran a ela nin ós nenos da crueldade real; a sacerdotisa, atada, é condenada a prisión; en canto ós nenos, (o rei) ordena que sexan tirados a un río caudaloso... Deixan abandonados os nenos nunha zona inundada próxima a onde agora está a figueira Ruminal (contan que se chamou Romular)...”.

I, 3-4 Etimoloxía. Páxina 37. 1. Explicar o significado dalgunhas palabras castelás derivadas de Gens:

Xentilicio: expresión do lugar de orixe. Xente: conxunto de persoas. Xentío: abundancia de xente.

Puer: Pueril: infantil. Puericultor: médico de nenos. Puericultura: medicina de nenos.

Frater: Fraterno: relativo a un irmán.

Fraternidade: irmandade. 2. Cambios experimentados na evolución ó castelán das seguintes palabras latinas: Aetatem > idade. O ditongo ae > i; a consoante t en posición intervocálica > d; a terminación -m desaparece. Stirpem > estirpe. Creación dunha vogal protética; a terminación -m desaparece. Speciem > especie. Creación dunha vogal protética; a terminación -m desaparece. Páxina 39. EUTROPIO 4. - Derrota e morte de Asdrúbal, irmán de Aníbal “Aníbal, perdendo xa a esperanza de poder conservar España por máis tempo contra Escipión, fixo vir a Italia o seu irmán Asdrúbal con todas as súas tropas. Este, indo polo mesmo camiño polo que fora Aníbal, caeu nunha emboscada que lle tenderon xunto a Siena os cónsules A. Claudio Nerón e M. Livio Salinator. Non obstante, morreu loitando valentemente. Unha gran cantidade das súas tropas foron capturadas ou aniquiladas, e foi levada a Roma unha gran cantidade de ouro e de prata. A partir disto, Aníbal comezou a desconfiar xa do resultado da guerra. Ós romanos invadiunos unha gran moral e fixeron vir de España a P. C. Escipión. Este chegou a Roma cunha enorme fama”.

III, 17, 18. Etimoloxía. Páxina 38. 1. Enumerar palabras castelás derivadas das seguintes palabras latinas e explicar o seu significado: Iter:

Itinerar: viaxar. Itinerante: que viaxa. Itinerario: relativo ó camiño.

Pondus: Ponderar: sopesar. Ponderado: equilibrado. Ponderación: acción de ponderar.

Argentum: Arxénteo: de prata. Arxentino: de cor de prata. Arxentífero: que contén prata.

2. Explicar os cambios fonéticos experimentados na súa evolución ó castelán polas seguintes palabras latinas: Compositas > compostas. O breve e tónico > ue. Aurum > ouro. O ditongo au > o. O -m de acusativo desaparece e o u > o. Civitatem > cidade. A consoante t

Page 43: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

43

(intervocálica) > d; a terminación -m desaparece. Páxina 42. NEPOTE 4. - Batalla de Zama “Invicto, reclamado para defender a súa patria, loitou contra P. Escipión, fillo daquel Escipión ó que el derrotara primeiro xunto ó Ródano, despois xunto ó Po e, por terceira vez, xunto a Trebia. Esgotadas as reservas da súa patria, intentou pactar con este a suspensión momentánea da guerra, para despois loitar con máis forza. Acudiu a unha entrevista, pero non chegaron a un acordo. Poucos días despois deste feito, loitou con el xunto a Zama; derrotado (cousa incrible), en dous días e en dúas noites chegou a Hadrumento, que dista de Zama uns trescentos mil pasos. Nesta fuga, os númidas, que fuxiran con el do campo de batalla, tendéronlle unha emboscada; non só logrou esquivalos, senón que os capturou. En Hadrumento reuniu o resto dos fuxitivos e, mediante novas levas, en poucos días reuniu unha gran cantidade de homes”.

Hannibal, 6 Etimoloxía. Páxina 42. 1. Recoller palabras castelás derivadas das seguintes palabras latinas e explicar o seu significado: Gero:

Xerente: o que xestiona ou administra algo. Xerencia: cargo ou oficina dun xerente. Xestor: persoa dedicada á xestión de

determinados asuntos. Absum:

Absente: ausente. Absentismo: tendencia a ausentarse dun

lugar no que se ten obriga de estar. Absentista: que practica o absentismo.

2. Explicar os cambios fonéticos experimentados polas seguintes palabras latinas na súa evolución ó castelán: Paucos > poucos. O ditongo au > o. Incredibilem > incrible. A consoante d en posición intervocálica desapareceu; a terminación -m desaparece. Novos > novos. O breve e tónico > ue.

UNIDADE 3 Páxina 51. CICERÓN 1. - Catilinarias Oratio prima habita in senatu. “¿Ata cando, Catilina, vas abusar da nosa paciencia? ¿Canto tempo se burlará de nós esta loucura túa? ¿Ata que límites chegará a túa audacia desenfreada? ¿Non che impresionaron a

protección nocturna do Palatino, nin as patrullas nocturnas da cidade, nin o temor do pobo, nin a concorrencia de todos os homes de ben, nin que estea tan protexido este lugar elixido para reunir o Senado, nin os rostros e caras destes? ¿Non te decatas de que os teus plans están descubertos, non ves que a túa conxuración está abortada polo coñecemento de todos estes? ¿Cres que algún de nós ignora que fixeches a noite pasada e a anterior, onde estiveches, a quen reuniches e que decisión tomaches?

¡Oh tempos! ¡Oh costumes! O Senado coñece isto, o cónsul veo. Este, non obstante, vive. ¿Vive? mesmo vén ó Senado, participa nas deliberacións públicas, cos seus ollos sinala e condena a morte cada un de nós. Non obstante, a nós, homes valentes, parécenos que facemos o suficiente pola República se evitamos o seu furor e as súas armas. Hai xa tempo, Catilina, que conviña que foses condenado a morte por orde do cónsul e que esta peste, que ti maquinas dende hai tempo contra todos nós, se volvese contra ti. P. Escipión, home ilustrísimo, pontífice máximo, sendo un cidadán particular, matou a T. Graco que socavaba lixeiramente os alicerces do Estado: ¿nós, os cónsules, soportaremos a Catilina, que desexa arrasar a sangue e lume o orbe da terra?

Temos, Catilina, contra ti un decreto do Senado severo e duro; non falta, pois, á República o consello e a autoridade desta orde, os que resolvemos, dígoo claramente, somos nós, nós os cónsules”.

Catilinaria I, 1 Etimoloxía. 1. Buscar palabras castelás relacionadas etimoloxicamente con voco, en cuxa formación aparezan prefixos derivados de antigas preposicións latinas (ademais de “convocar”):

evocar; invocar; provocar. 2. Explicar, a partir do texto da 1ª Catilinaria, a etimoloxía das palabras castelás “satisfacer” e “república”, relacionándoas co seu significado actual. Satisfacer < satis-facere “facer o suficiente”. República < res-publica “cousa pública”. 3. Explicar os cambios fonéticos experimentados na súa evolución ó castelán polas seguintes palabras latinas: Praesidium > presidio. O ditongo ae > e. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Populos > pobos. O breve e tónico > ue. A consoante p intervocálica > b. A vogal u,

Page 44: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

44

postónica, desaparece. Mortem > morte. O breve e tónico > ue. A terminación -m desaparece. Páxina 53. 4. - De senectute “Apio Claudio, a pesar de ser cego e ancián, gobernaba catro fillos xa maiores, cinco fillas, unha casa grande e unha numerosa clientela; tiña o seu espírito tenso coma un arco e non se deixaba vencer pola vellez languidecendo; tiña sobre os seus non só autoridade, senón tamén o seu poder: temíanlle os servos, respectábano os fillos, todos lle querían; reinaba naquela casa o costume dos maiores e a disciplina.

Así pois, a vellez é honorable se ela mesma se defende, se mantén os seus dereitos, se non está sometida a ninguén, se conserva o control sobre os seus ata o último alento. Aprobo do mesmo xeito un mozo no que haxa algo de ancián, que un ancián no que haxa algo de vello; quen siga isto poderá ser vello de corpo, pero nunca o será de espírito”.

De senectute, XI, 37 Etimoloxía. 1. Buscar palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas: Domus:

Doméstico: relativo á casa. Mordomo: o encargado de dirixir unha casa. Domicilio: vivenda ou casa.

Servus: Servo: escravo. Servil: propio dun servo. Servir: traballar coma un servo.

Imperium: Imperar: mandar. Imperativo: que manda. Emperador: o que manda.

2. Explicar a relación entre as seguintes palabras latinas do texto senex, senilis, senectus. As tres están formadas sobre unha mesma raíz: sen- “vello”. 3. Escribir palabras castelás compostas nas que apareza un primeiro elemento derivado do adxectivo latino omnis,-e:

Omnipresente Omnívoro Omnipotente. 4. Escribir palabras compostas castelás nas que apareza un segundo elemento derivado do substantivo latino animus,-i: Magnánimo Unánime Pusilánime.

Páxina 54. 5. - Cartas

“Tulio saúda a súa querida Terencia. Se estás ben, alégrome; eu estou ben. Quixera

que vixiases a túa saúde con moito coidado: escribíronme e dixéronme de palabra que estiveches con febre repentinamente. Agradoume moito que me informases rapidamente sobre a carta de César. Segue téndome ó corrente se sucede algo novo, se necesitas algo. Cóidate. Adeus. Escrito o 2 de abril”.

Ad familiares XIV, 8

UNIDADE 14 1. Dous séculos, dende o 218 (desembarco de

Escipión en Ampurias) ó 19 a. C., no que Augusto vence os cántabros e os ástures.

2. Á influencia da lingua, costumes, relixión e cultura romanas que sofre Hispania durante sete séculos. Factores importantes da romanización foron a organización político-administrativa e o afán construtivo.

3. O trazado hipodámico: consistía nunha rede de rúas paralelas ó cardo maximus e ó decumanus maximus, que se entrecruzaban perpendicularmente, dando lugar a unha serie de rueiros ou insulae.

4. Italica, Emporiae (Ampurias), Tarraco (Tarragona) e Emerita Augusta (Mérida).

5. Constaba de: 1) caput aquae, lugar onde se captaban as augas, 2) specus, canle pola que discorría a auga e 3) castellum aquae, depósito onde se almacenaba a auga que logo se distribuía para o seu uso na cidade.

6. As partes básicas son: 1) a cavea, ou bancada, 2) a orchestra, espacio semicircular reservado ó coro e 3) a frons scaenae.

7. Espectáculos sanguentos: venationes (con presencia de animais salvaxes) e munera (combates de gladiadores).

8. As carreiras de carros. 9. Basicamente tres elementos: 1) a terra a

cultivar ou fundus, 2) os edificios anexos e 3) a vila ou mansión do señor.

UNIDADE 4 Páxina 62. SÉNECA 1. - A actitude estoica ante a adversidade “¿Por que ós homes de ben moitas cousas lles resultan adversas? Nada malo lle pode sobrevir ó home de ben: os contrarios non se mesturan. Do mesmo xeito que tantos ríos, tantas chuvias precipitadas do alto, tanta forza de fontes medicinais, non cambian o sabor do mar, nin sequera o afectan, así a arremetida das adversidades non altera o ánimo do home forte: permanece igual e calquera cousa que aconteza

Page 45: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

45

atráea á súa propia cor: pois é máis poderoso que todas as cousas de fóra. E non é que diga que non as sente; senón que as vence e, ademais, érguese fronte ós seus ataques tranquilo e apracible. A todas as contrariedades considéraas exercicios de adestramento... Deus ten para cos homes de ben a actitude propia dos pais e ámaos intensamente”.

De Providentia, II, 1-6 Etimoloxía. 1. Indicar palabras castelás derivadas das seguintes palabras latinas do texto: Vir:

Viril: propio do home. Virilidade: calidade de viril. Univira: muller casada unha soa vez.

Maneo: Permanente: o que permanece. Remanso: lugar en que a auga permanece

retida. Mansión: orixinariamente pousadas

existentes nas grandes calzadas romanas. Puto:

Imputar: atribuírlle algo a alguén. Reputar: considerar, xulgar. Putativo: parente considerado como tal, sen

selo. 2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán (vogais): Bonum > bo. O breve e tónico > ue. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Fortem > forte. O breve e tónico > ue; a terminación -m desaparece Statum > estado. Creación dunha vogal protética. A consoante t (intervocálica) > d. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Páxina 63. 3. - Condena dos espectáculos sanguentos “Nada hai tan daniño para os bos costumes como asistir a algún espectáculo… ¿A que volvo máis avaro, máis ambicioso, máis luxurioso? Peor aínda, máis cruel, máis inhumano, ¡por mesturarme cos homes!

Casualmente deixeime caer pola sesión do mediodía, esperando chistes e bromas e algún tipo de relaxación coa que os ollos dos homes poidan repoñerse do sangue humano. Todo o contrario: as loitas anteriores foron obra de misericordia: agora, deixadas de lado as bromas, eran meros homicidios: non teñen nada con que se protexer; expostos ó golpe a corpo limpo, nunca lanzan o puño en van.

A maioría prefire isto ás parellas programadas e ás solicitadas. ¿Por que non o

van preferir? O ferro non é repelido por casco nin escudo. ¿Para que as proteccións? ¿Para que as artes? Todo iso non é senón atrasar a morte. Pola mañá os homes son botados ós leóns e ós osos, á mediodía ós seus propios espectadores… Isto é o que sucede nos descansos do anfiteatro”.

Epistulae morais, VII Etimoloxía. 1. Recoller palabras relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas do texto: Nihil:

Nihilismo: doutrina segundo a cal nada existe.

Nihilista: partidario do nihilismo. Aniquilar: reducir á nada.

Mores: Moral: relativo á conduta humana. Sentencia: ensino. Moralista: estudoso da moral.

Mora: Demora: tardanza, atraso. Moratoria: prórroga para o pagamento

dunha débeda. Demora: tardanza.

2. Explicar os cambios producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán (vogais): Inter > entre (metátese de r). Corpus > corpo. O breve e tónico > ue. Praefero > prefiro. O ditongo ae > e. E breve e tónico > ie. 3. Explicar os cambios producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán (consoantes): Damnum > dano. O grupo mm > ñ. O -m de acusativo desaparece e o u > o. Ferrum.> ferro. H en posición inicial > f . E breve e tónico > ie. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Repello > repelo. As consoantes ll > l. 4. Explicar a relación entre estas tres palabras latinas:

dies meridies meridianus Meridianus é un adxectivo formado sobre o substantivo meridies que, pola súa vez, está formado a partir de dies (medius dies).

UNIDADE 5 Páxina 73. VIRXILIO 1. - O cabalo de Troia “Destruídos pola guerra e rexeitados polos fados, os caudillos dos Dánaos, transcorridos xa

Page 46: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

46

tantos anos, constrúen coa arte divina de Pas un cabalo semellante a un monte e entretecen as costelas con madeira de abeto; finxen unha ofrenda polo seu regreso; esta noticia esténdese. No seu escuro costado encerran furtivamente corpos elixidos de guerreiros tras sortealos e enchen completamente as grandes cavidades do ventre con soldados armados”.

Eneida, II, vv. 13 - 20 Etimoloxía. 1. Recoller palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras do texto e escribir o seu significado: Fatum:

Fatalista: persoa que cre no destino. Fatal: determinado polo destino. Fatalidade: destino.

Equus: Equidade: xustiza. Equinoccio: igualdade dos días e das noites. Equidistante: a igual distancia.

Furtim: Furtivo: persoa que actúa ás agachadas. Furtivamente: actuar de xeito furtivo.

2. Reunir palabras castelás nas que apareza como prefixo a preposición latina pro: Producir Proferir Progresar.

3. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Iam > xa. I en posición inicial > y; o m final desaparece. Annos > anos. O grupo nn > ñ. Caecum > cego. O ditongo ae > ie; a consoante c (intervocálica) > g. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Páxina 74. 2. “Toda Teucria se liberou dun longo pesar; ábrense as portas de par en par; é un pracer camiñar e ver os campamentos dos Dorios e os lugares desertos e a praia abandonada; aquí estaba o exército dos Dólopes, aquí levantaba a súa tenda o fero Aquiles; este era o lugar das naves, aquí adoitaban pelexar co seu exército despregado. Uns contemplan estupefactos a ofrenda votiva á virxe Minerva e admiran o tamaño do cabalo”.

Eneida, II, vv. 26 - 32 Etimoloxía. 1. Reunir palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras

latinas e escribir o seu significado: Funis:

Funicular: vehículo movido por cables ou cordas.

Funámbulo: que camiña sobre unha corda ou arame.

Funambulista: persoa que practica o funambulismo. Puer:

Pueril: infantil. Puericultor: médico de nenos. Puericultura: medicina de nenos.

Domus: Doméstico: relativo á casa. Mordomo: o encargado de dirixir unha casa. Domicilio: vivenda ou casa.

2. Reunir palabras castelás nas que aparezan prefixos derivados das preposicións latinas circum e per: Circunloquio. Circunferencia. Circuncisión. Perseguir. Permitir. Perdurable. 3. Explicar os cambios producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Pedes > pés. O e (breve e tónico) > ie; a consoante d (intervocálica) desaparece. Rotas > rodas. O o (breve e tónico) > ue; a consoante t (intervocálica) > d. Aperire > abrir. A consoante p (intervocálica) > b; o e pretónico desaparece. Festa > festa. O e (breve e tónico) > ie.

UNIDADE 6 Páxina 87. CATULO 1. - O amor por Lesbia. Exaltación “Vivamos, Lesbia miña, e amemos E os rumores dos vellos severos Non nos importen todos eles “un ás”. Os soles poden poñerse e volver saír: A nós, cando se poña a nosa breve luz, tocaranos durmir unha noite perpetua. Dáme mil bicos, despois cen, Logo outros mil, despois os segundos cen. Despois, cando sumemos moitos miles, Borrarémolos todos para perder a conta Non sexa que algún malvado poida botarnos mal de ollo, Ó saber que foron tantos os bicos”.

(V) Etimoloxía. 1. Atopar palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas, e explicar o seu significado: Accido:

Occidente: onde morre o sol. Occiso: morto violentamente. Homicida: que lle dá morte a un home.

Page 47: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

47

Scio: Consciencia: coñecemento. Necio: persoa con pouco coñecemento.

Senex: Senectude: vellez. Senil: propio de vello. Sénior: máis vello

2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Aestimemus > estimemos. O ditongo ae > e: o u > o. Noctem > noite. O grupo ct > ch: a terminación -m desaparece. Centum > cento. O e (breve e tónico) > ie. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. 3. Encontrar palabras castelás formadas a base dun primeiro elemento derivado das seguintes palabras latinas: omnis: omnívoro; omnisciente; omnipresente. Unus: unívoco; unánime; unilateral. centum: centuria; centígrado; centenario. Páxina 88 e 89. 2. - Sentimentos atopados “Odio e amo. Pregúntasme, quizais, como podo. Non o sei, pero sinto que é así e tenme crucificado”.

(LXXXV) “Lesbia, na presenza do seu marido, dime toda clase de pestes: isto ó moi parvo éncheo de alegría. Mulo, non te decatas: se calase, esquecéndose de min, estaría curada: pero dende o momento que ladra e insulta, non só se acorda, senón, o que é moito máis grave, está irado: é dicir, quéimase e recócese”.

(LXXXIII) “Lesbia está sempre maldicíndome e non para de falar de min: que morra se non é que Lesbia me ama. ¿En que síntoma me baseo? En que os meus son exactamente os mesmos: maldízoa, pero que morra se non a amo”.

(XCII) Etimoloxía. 1. Atopar palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas, e explicar o seu significado: Candidus:

Cándido: inocente, inxenuo. Candidato: aspirante a un cargo (en Roma

ían vestidos de branco). Candidez: inxenuidade ou inocencia.

Fero: Somnífero: que produce sono. Aurífero: que leva ouro. Acuífero: que leva auga.

Venustus: Venusto: fermoso. Venusino: relacionado con Venus. Venéreo: relacionado co acto sexual.

2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Paucum > pouco. O ditongo au > o. O -m de acusativo desaparece e o u > o. Tecum > -tigo. O e > i: a consoante c (intervocálica) > g. A terminación -m desaparece e o u > o. Plenum > cheo. O grupo pl > ll; a terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Aranea > araña. O grupo ne > ñ. 3. Atopar palabras castelás nas que apareza como primeiro compoñente o adverbio latino bene: Benfeitor. Benevolencia. Beneficio.

UNIDADE 15 1. Era externa e ritual. 2. A relixión romana non era dogmática nin

contaba cunha brillante mitoloxía, o que favoreceu a tolerancia respecto doutras relixións.

3. Xúpiter, Xuno e Minerva. 4. Eran divindades tutelares ou xenios divinos

que atenden aspectos concretos como labrar o campo, arar, sementar, casar, dar a luz, criar os nenos, gardar a casa, colleitar, viaxar, etc.

5. As sombras dos antepasados convertidos en espíritos.

6. Teñen orixe oriental. 7. Os mitos referidos á fundación de Roma,

sobre todo o de Rómulo e Remo, e o de Eneas.

8. Virxilio e a Eneida; Ovidio e as Metamorfoses e os Fastos; e Lucrecio e o seu poema De rerum natura. Tamén Cicerón escribiu un diálogo de carácter filosófico sobre os deuses, o De natura deorum.

UNIDADE 7 Páxina 104. OVIDIO 1. - Consellos para a seducción. “As sereas eran monstros do mar, que coa súa voz cantareira detiveron as naves por rápidas que fosen: Ó oílas, Ulises a piques estivo de romper o seu corpo;

Page 48: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

48

pois ós seus compañeiros foilles posta cera. O canto é unha cousa grata: aprendan a cantar as mozas, (a falta dunha cara bonita, para moitas a súa voz foi a súa mellor aliada) e repitan unhas veces os versos oídos nos teatros de mármore, outras os recitados ó estilo do Nilo. Non debe descoñecer unha dama educada, segundo o meu criterio, manexar coa súa destra o plectro e coa súa esquerda a cítara: Coa súa lira Orfeo moveu as pedras, os animais, os lagos do Tártaro e o can de tres cabezas…”.

Arte de amar, III, 311-322 Páxina 105. 3. - O deus do sono “Preto do país dos Cimerios hai unha cova de gran profundidade, un monte oco, morada e templo do preguiceiro sono, onde nunca Febo pode chegar cos seus raios nin ó saír, nin ó medio día nin ó poñerse; do chan nacen unhas néboas mesturadas con escuridade e crepúsculos de tenue luz.

Nin a ave madrugadora cos cantos do seu encristado pico chama á Aurora, nin rompen o silencio coa súa voz os cans vixiantes nin o ganso, máis sagaz cós cans; nin fera ningunha, nin gandos, nin ramas movidas polo vento, nin barullo de lingua humana emiten son ningún. Alí reina unha paz muda.

Non obstante, dende o máis profundo dunha rocha nace un regueiro do río Leteo, a auga, ó escorrer con suave murmurio por este, co crepitar dos seus seixos invita ó sono.

Á porta da cova florecen abundantes durmideiras e multitude de herbas de cuxo zume a noite extrae o sono profundo e co seu orballo esparéxeo polas escuras terras”.

Metamorfose, XI, 592 -607 Etimoloxía. 1. Dicir palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas, e explicar o seu significado: Longus:

Longanimidade: grandeza de ánimo. Lonxevo: de longa vida. Longo: longo.

Cavus: Cava: cova. Caverna: oco na terra. Cavidade: parte oca.

As: Oral: falado. Oratoria: arte de falar en público. Orador: persoa que practica a oratoria.

Canis: Can: can.

Cánido: pertencente á familia do can. Canino: relativo ó can.

2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Radium > raio. O grupo di > y; a terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Cadere > caer. A consoante d (intervocálica) desaparece. Rivum > río. A consoante v (intervocálica) desaparece. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Legere > ler. A consoante g (intervocálica) desaparece. 3. Explicar o significado dos seguintes cultismos casteláns: Nebuloso. Que ten nubes; é un derivado culto da palabra latina nebula. Crepuscular. É un derivado culto da palabra latina crepusculum “escuridade”. Flamexar é un derivado culto da palabra latina flamma “chama”. Crepitar é un derivado culto da palabra latina crepitare “facer ruído”.

UNIDADE 8 Páxina 113. FEDRO 1. - O lobo e o cordeiro “Un lobo e un cordeiro chegaran a un mesmo río empurrados pola sede; na parte de arriba estaba o lobo e, moito máis abaixo, o cordeiro. Entón, impulsado pola súa cruel ferocidade, o lobo buscou un motivo de discusión. ¿Por que —dixo— me enturbaches a auga mentres bebía? O cordeiro, pola contra, temeroso replicoulle: ¿Por favor, lobo, como podo facer iso do que te queixas? A auga descende de ti ata os meus labios. Derrotado pola forza da verdade, dixo: Hai seis meses falaches mal de min. Respondeu o cordeiro: Aínda non nacera. Por Hércules, foi o teu pai o que falou mal do meu, dixo aquel e, unha vez atrapado, despeza o cordeiro cunha morte inxusta. Esta fábula foi escrita para aqueles homes que con falsos pretextos oprimen os inocentes”.

I, 1 Etimoloxía. 1. Derivados cultos das seguintes palabras latinas do texto: Latro:

Latrocinio: roubo. Latrocinar: roubar.

Lacero: Lacerar: ferir, danar. Lacerante: que lacera.

Page 49: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

49

Fabula: Fabuloso: extraordinario, fantástico. Fabular: inventar; escribir fábulas. Confabularse: poñerse de acordo.

Mensis: Mensual: que sucede cada mes. Mensualidade: cantidade que se recibe ou

se paga mensualmente. Trimestre: período de tres meses.

2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Rivum > río. O v (intervocálico) desaparece. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Lupum > lobo. O p (intervocálico) > b; a terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Dixisti > dixeches. A consoante x > j; o i final ábrese > e. Patrem > pai. O grupo tr (intervocálico) > dr; a terminación -m de acusativo desaparece. 3. Dicir outros adxectivos casteláns nos que se manteña o sufixo comparativo latino -ior (como en superior, inferior), explicando o seu significado: Anterior. Posterior. Citerior. Ulterior Páxina 114. 3. - A serpe na fragua “Quen con ávido dente ataca un máis corrosivo Pense que está descrito neste conto. Unha serpe entrou no taller dun ferreiro. Ó buscar se había algo que lle servise de alimento, mordeu unha lima. Esta, contumaz, díxolle: ¿Por que, necia, intentas cravarme o dente a min, que estou afeita a roer todo tipo de ferro?”.

IV, 8 Etimoloxía. 1. Atopar palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas do texto, e explicar o seu significado: Tumens:

Tumefacto: inchado. Tumor: inchazo. Túmulo: pequeno montículo que se eleva do

chan. Inanis:

Inane: baleiro. Inanición: falto de alimentos.

Genus: Homoxéneo: do mesmo xénero. Heteroxéneo: de distinto xénero. Xenérico: relativo ó xénero; de carácter

xeral.

Sedes: Sede: residencia. Sedentario: que permanece quieto nun

lugar. Sedente: que está sentado.

2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Superbiam > soberbia. Alienum > alleo. O grupo li > j; a terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Exemplum > exemplo. A consoante x > j; a terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Formosum > fermosum > fermoso. A consoante f- (inicial) > h; a terminación -m de acusativo desaparece e o u > o.

UNIDADE 9 Páxina 126. MARCIAL 1. “As cousas que aquí les, unhas son boas, algunhas regulares e moitas malas; Avito, non se fai doutro xeito un libro”.

I, 16 2. “Gaba, ama, recita os meus libriños, miña querida Roma; lévanme consigo todos os petos, todas as mans. Mais, velaquí que alguén se ruboriza, palidece, asómbrase, bocexa, odia. Isto é o que quero; agora é cando me gustan os meus versos”.

VI, 60 3. “Es fermosa, recoñézoo, e nova, é certo, e rica, ¿quen pode negalo? Pero cando te gabas en exceso, Fábula, non es nin rica, nin fermosa, nin nova”.

I, 64 Etimoloxía. 1. Atopar palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas, e explicar o seu significado: Duco:

Traducir: pasar dunha lingua a outra. Introducir: conducir dentro, meter. Producir: crear, fabricar.

Comites: Comitiva: acompañamento. Concomitancia: relación ou conexión.

Traho: Traer: conducir. Subtraer: quitar, roubar. Contraer: reducir, engurrar.

Page 50: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

50

2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Aut > o. O ditongo au > o; as consoantes finais (agás s e l) desaparecen. Amicam > amiga. A consoante c (intervocálica) > g; a terminación -m de acusativo desaparece. Foedum > feo. O ditongo oe > e; a consoante d (intervocálica) desaparece; a terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Páxina 127. 4. “Tes todas as túas amigas ou vellas ou desagradables ou máis feas cás vellas. Úsalas como compañeiras e lévalas contigo polos banquetes, os pórticos, e os teatros. Só así, Fábula, es fermosa, só así es nova”.

VIII, 79 5. “Fabiano, Licoris enterrou a todas as amigas que tiña; ¡oxalá se faga amiga da miña muller!”.

IV, 24 6. “Cerilia chámase vella, aínda que é unha nena; Gelia chámase nena, aínda que é unha vella. Non poderías soportar, Colino, nin unha nin outra; unha dá risa, a outra noxo”.

IV, 20 Etimoloxía. 1. Atopar palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas, e explicar o seu significado: Nummum:

Numo: moeda. Numismática: ciencia que trata do

coñecemento das moedas. Numismático: persoa que se dedica ó estudo

das moedas. Mercor:

Mercar: comprar. Mercadoría: o que se compra ou se vende. Mercado: lugar destinado á compra e á

venda. Praedium:

Predio: terreo rústico. Predial: relativo ó predio.

Nihil: Nihilismo: doutrina segundo a cal nada

existe. Nihilista: partidario do nihilismo. Aniquilar: reducir á nada.

2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Multum > moito. O grupo lt > ch; o -m de acusativo desaparece e o u > o. Centum > cento. O e breve e tónico > ie ; o -m de acusativo desaparece e o u > o. Credo > creo. A consoante d (intervocálica) desaparece. Non > non. A consoante n desaparece en posición final.

UNIDADE 10 PLAUTO Páxina 140. O texto xa está traducido no libro.

UNIDADE 11 Páxina 159. HISTORIA APOLONII, REGIS TYRI 4. - O reencontro co pescador “Naquel momento, liquidados todos os seus asuntos, Apolonio pasea xunto ó mar. Viu aquel pescador polo que, cando náufrago, fora recollido, o que lle deu a metade do seu manto, e ordénalles ós seus serventes que o prendan e que o leven ó seu pazo. Entón, o pescador, ó ver que era levado ó pazo, pensou que estaba condenado a morrer. Pero, cando foi introducido no pazo, Apolonio de Tiro, sentado coa súa esposa, ordenou que fose levado ante el e díxolle á súa dona: “Señora raíña e pudorosa esposa, este é o meu salvador, o que me prestou axuda e o que me indicou o camiño para que chegase ata ti”. E, mirándoo, díxolle Apolonio: ”Oh bondadosísimo ancián, eu son Apolonio de Tiro, ó que ti lle deches a metade do teu manto”. E deulle douscentos sestercios de ouro, servos e escravas, vestidos e prata, de todo corazón, e fíxoo membro da súa corte mentres vivise”.

Historia, 117-118 Etimoloxía. 1. Dicir palabras castelás relacionadas coas seguintes palabras latinas, e explicar o seu significado: Deambulo:

Ambular: camiñar Ambulante: que non permanece fixo nun

sitio. Ambulatorio: lugar onde se recibe

asistencia médica sen hospitalización. Famulus:

Familia: conxunto de persoas que dependía da autoridade dun pater.

Fámula: serventa.

Page 51: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

51

Sedens: Sede: residencia Sedentario: que permanece quieto nun

lugar. Sedente: que está sentado.

Coniugem: Cónxuxe: esposo ou esposa. Conxugal: relativo ós cónxuxes.

Iter: Itinerario: pertencente ós camiños. Itinerar: viaxar. Itinerante: que vai dun sitio para outro.

Argentum Arxénteo: de prata. Arxentino: de cor de prata. Arxentífero: que contén prata.

2. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Reginam > reina. A consoante g (intervocálica) e a terminación -m de acusativo desapareceron. Piscatorem > pescador. O i > e e a consoante t (intervocálica) > d; a terminación -m de acusativo desaparece. Aurum > ouro. O ditongo au > o. O -m de acusativo desaparece e o ou > o. Servos > servos. O e (breve e tónico) > ie. Comites > condes. A consoante t (intervocálica) > d; o i postónico desaparece.

UNIDADE 12 Páxina 170. SANTO AGOSTIÑO 4. - Roma e os seus exóticos deuses “Non obstante, non se contentou Roma cos cultos, que en tan grande número establecera Numa Pompilio. Pois aínda non tiña o grande templo do mesmísimo Xúpiter, xa que o rei Tarquinio construíu alí mesmo o Capitolio; Esculapio, pola súa banda, veu de Epidauro a Roma, para, como expertísimo médico, exercer máis gloriosamente a súa arte na máis nobre cidade; tamén a nai dos deuses veu de non sei onde, de Pesinunte; era indigno que, presidindo xa un fillo seu no monte Capitolio, ela estivese escondida nun lugar innobre. Non obstante, se esta é a nai de todos os deuses, non só seguiu a Roma a algún dos seus fillos, senón que precedeu a outros que ían chegar máis tarde. Admírome profundamente, se ela deu a luz a Cinocéfalo, que moito despois veu de Exipto. Se a deusa Febre naceu dela, que o vexa Esculapio, o seu bisneto; pero, onde queira que nacera ela, non se atreverán uns deuses estranxeiros, polo menos iso creo eu, a considerar innobre unha deusa cidadá romana. Baixo a protección de tantos deuses (¿quen podería enumeralos? indíxenas e alieníxenas, celestes, terrestres, infernais, mariños, das fontes e dos ríos e, segundo di Varrón, certos e incertos, e en todo tipo deles,

masculinos e femininos coma entre os animais), estando Roma baixo a protección de tantos deuses, repito, non debeu verse envolta e castigada por tan grandes e horrendos desastres, como os que, de entre outros moitos, vou relatar”.

Civitas Dei, III, 12 Etimoloxía. 1. Escribir palabras castelás relacionadas etimoloxicamente coas seguintes palabras latinas, e explicar o seu significado: Iovis:

Xoves: día de Xúpiter. Xovial: alegre, festivo.

Locum: Dislocar: sacar do seu lugar. Local: lugar. Colocar: situar nun lugar determinado.

Sacrum: Sacro: sagrado. Sacrilexio: aldraxe ou ofensa a cousas ou

persoas sagradas. Sacerdote: persoa que exerce unha

actividade sagrada. Civis:

Cívico: relativo á cidade. Civilizar: educar, instruír. Civismo: comportamento propio dunha

persoa civilizada. 2. Explicar a etimoloxía das seguintes palabras compostas do texto e explicar o seu significado a partir dela: Prae-cedo: “ir por diante; preceder”. In-dignum: “non digno”. Indi-gena: “nacido dentro dun país”. Alieni-gen: “nacido noutro país”. 3. Explicar os cambios fonéticos producidos na evolución das seguintes palabras latinas ó castelán: Multum > moito. O grupo lt > ch. O -m de acusativo desaparece e o u > o. Paucum > pouco. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Summum > sumo. A terminación -m de acusativo desaparece e o u > o. Páxina 171. 5. - Os absurdos dos mitos pagáns “En primeiro lugar, a propia Troia ou Ilión, de onde provén a orixe do pobo romano, (pois non hai que pasar por alto nin disimular o que afirmei no libro primeiro) ¿por que foi vencida, capturada e destruída polos gregos, tendo e venerando os mesmos deuses? Responden: “responsabilizouse a Príamo dos prexuízos do seu pai Laomedonte”. Logo, ¿é verdade que Apolo e Neptuno lle serviron como mercenarios

Page 52: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - … · 2007-03-09 · Historia de Roma 2 1. A historiografía (1) 3 2. A historiografía (2) 4 3. A oratoria 14.

52

ó propio Laomedonte? Dise que lles prometeu un soldo e que xurou en falso. Admírame que Apolo, chamado o Adiviño, traballase en tan grande obra ignorando que Laomedonte negaría o que prometera. Tampouco estivo ben que o propio Neptuno, tío seu, irmán de Xúpiter, e rei do mar, fose ignorante do que ía suceder... Ignorando, pois, tan importantes deuses, Neptuno e Apolo, que Laomedonte lles ía negar o pagamento, foron construtores das murallas de Troia gratis e para uns desagradecidos. Miren, pois, se non será peor crer en tales deuses que abxurar deles. Nin o mesmo Homero cre doadamente nisto, ó facer que Neptuno loite contra os troianos e Apolo ó seu favor, cando ambos os dous deuses, di o mito, foron ofendidos polo mesmo prexuízo. Se cren en tales fábulas, avergóñense de lles render culto a tales divindades; se non cren nelas, que non aleguen os prexuízos troianos ou admírense de que os deuses castigasen os prexuízos troianos e premiasen os romanos”.

Civitas Dei, III, 2

UNIDADE 16 1. É o nome con que se lle coñece ó dereito na

primeira etapa (753-201 a. C.), porque só afectaba os cidadáns, isto é, a persoas con dereito de cidadanía, do que carecían os plebeos e estranxeiros.

2. É como un ius civile, aplicable tamén a estranxeiros.

3. Ius fai referencia ó dereito humano e fas ó dereito divino.

4. Eran uns maxistrados elixidos por e entre os plebeos, que debían coidar dos intereses e dos dereitos da plebe.

5. Eran as asembleas nas que se reunían os plebeos e nas que adoptaban as súas propias decisións. Eran os plebiscitos: en principio, obrigaban unicamente os plebeos, pero, a partir da lei Hortensia (287 a. C.), adquiriron rango de lei e, con iso, a obriga de acatalos tamén polos patricios.

6. Eran uns expertos xurídicos ou xurisconsultos que daban resposta a determinados problemas xurídicos que se lles formulaban e as súas respostas tiñan forza de lei.

7. A recompilación feita por Xustiniano recibe o nome de Corpus Iuris Civilis e consta de: 1) Codex Iustinianeus, 2) Digesta ou Pandectae, 3) Institutiones e 4) Novellae.

8. A Lex Romana Visigothorum, tamén chamada Breviario de Alarico, foi mandada preparar por Alarico II para os hispanorromanos que formaban o reino

visigodo. Estivo vixente en España ata o s. VII.

Páxina 52. CICERÓN Epílogo da cuarta Catilinaria “Sexa celebrado aquel Escipión por cuxa prudencia e valor Aníbal foi obrigado a volver a África e abandonar Italia, sexa honrado con grandes loanzas o outro Africano, que destruíu Cartago e Numancia, as dúas cidades máis hostís a este imperio; sexa considerado un home extraordinario aquel Paulo, cuxo carro adornou Perseo, rei noutro tempo moi nobre e poderoso; gozo de eterna gloria Mario que liberou dúas veces Italia da invasión e do medo da escravitude; e, por diante de todos, póñase a Pompeio, cuxas fazañas e virtudes se encerran nas mesmas rexións e confíns polos que se estende o curso do sol; pero entre as loanzas destes algún lugar haberá para a miña gloria, a non ser que sexa máis importante descubrir provincias onde poder ir, que coidarse de que tamén aqueles que estean lonxe teñan onde regresar victoriosos”.

In Catilinam, IV, 21

UNIDADE 17 Páxina 41. C. NEPOTE Vitorias de Aníbal en Italia “Loitara xunto ó Ródano co cónsul P. Cornelio Escipión e fixérao fuxir. Con este mesmo loitou en Clastidio, xunto ó Po, e deixouno ferido e derrotado. Por terceira vez, o mesmo Escipión saíulle ó paso co seu colega T. Longo xunto a Trebia. Trabou combate con estes e derrotou ambos os dous. Despois, polo territorio dos ligures, atravesou os Apeninos, dirixíndose a Etruria. Nesta viaxe viuse afectado por unha enfermidade ocular tan grave que despois xa nunca viu correctamente co dereito. A pesar de estar afectado por esta enfermidade e de ser transportado nunha padiola, matou o cónsul C. Flaminio, sorprendido nunha emboscada co seu exército xunto ó lago Trasimeno e, pouco despois, o pretor C. Centenio, que ocupaba os desfiladeiros cun grupo selecto de soldados. Dende aquí chegou a Apulia. Alí saíronlle ó encontro os dous cónsules, C. Terentino e L Emilio. Nunha soa batalla puxo en fuga os exércitos de ambos os dous, matou o cónsul Paulo e algúns outros ex cónsules, entre estes a G. Servilio Gémino, que fora cónsul o ano anterior”.

Hannibal, 4