Construír Galicia -...

10
Construír Galicia No centenario de Xaime Isla Construír Galicia No centenario de Xaime Isla Sección coordinada por Xosé L. Pastoriza Rozas

Transcript of Construír Galicia -...

Page 1: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

Construír GaliciaNo centenario de Xaime IslaConstruír GaliciaNo centenario de Xaime IslaSección coordinada por Xosé L. Pastoriza Rozas

03 1 Xabier Martínez Cobas G207_02-2-González-alegre 15/10/15 14:32 Página 12

Page 2: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

Comezo estas liñas coa fortuna de acabar de ler os traballosque acompañan este número de GRIAL, grazas ao bo facer deXosé L. Pastoriza. Traio á memoria, coma se fose hoxe, o día

que Antón Vidal me contou que viña de coñecer en Vigo un rapazna escola dos seus fillos, comprometido coa lingua e co país. Eradaquela 1993 e Xosé Luís tiña 16 anos.

Sementar, sementareiA paternidade espiritual

Para nós, para os novos dos Saefes1, saber dun mozo con concien-cia galega na escola era unha ledicia, unha boa nova que anticipabaa vontade de coñecelo, de integralo, de que formase parte da irman-dade dos que nos queriamos formar para construír un bo futuropara o país sobre a base das súas propias raíces. Saber del debeu tersobre nós o mesmo efecto que para Eduardo Blanco Amor coñecera Xaime Isla en 1928, da man do seu irmán Ramiro, relatado nestenúmero de GRIAL.

Porque, sesenta e cinco anos despois, unha das ocupacións deXaime era achegar os máis novos ao mesmo mundo no que el seformara. Algunhas influencias, moi explícitas e coñecidas, coma ado seu irmán Ramiro e a da Xeración Nós, a aprendizaxe nas cam-pañas do Seminario de Estudos Galegos e nas Mocedades Galeguis-tas. Outras, non menos importantes, teñen que ver coa súaformación espiritual, económica e xurídica.

Ademais da herdanza intelectual recibida, Xaime transmitía a súapropia experiencia vivida, compartida na Xeración Galaxia. Unhavida de creación de riqueza material e inmaterial: material, no quepoderiamos chamar o galeguismo ou nacionalismo empresarial, naposta en valor das persoas, do capital e dos recursos naturais do nosopaís para o seu desenvolvemento: os Isla Couto, Meixide González,Fernández López, Paz-Andrade, Parga Pondal… o coñecemento nacreación de Zeltia, Cementos Cosmos e Corporación Noroeste, Pes-canova, e na dirección dunha manchea de compañías. Inmaterial, naposta en valor da sociedade galega, da lingua, da cultura e da espiri-tualidade, acompañado de moitos dos anteriores e doutros, comoRamón Piñeiro, os irmáns Fernández del Riego, Marino Dónega,Fermín Penzol ou o padre Seixas, entre moitos. Canda eles, mulle-res e homes máis novos que foron collendo o relevo.

Catro cancións para navegar

cara ao futuro

X AV I E R M A R T Í N E Z C O B A S

Xavier Martínez Cobas é profesor de

Economía Financeira e Contabilidade

na Universidade de Vigo, conselleiro

delegado de Editorial Galaxia e vogal da

Fundación Isla Couto.

© Xurxo Lobato

Da serie “Os rostros da memoria”

Page 3: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

A conversa de Xaime cos novos ten algúnstrazos que a fai singular. Xa o sería de seu, poloexcepcional do coñecemento. O coñecementointelectual e teórico dun humanista, dunha per-soa formada na tradición europea de formaciónintegral, nas Artes, nas Letras e nas Ciencias.Tamén o coñecemento por experiencia vital detodo o acontecido ao longo do século XX. Xaimechegou aos noventa anos coa súa enorme capaci-dade intelectual e memoria intactas, polo que asúa conversa tiña un gran valor, chamémosllevalor documental, como suma de coñecemento eexperiencia. Máis a singularidade do seu maxiste-rio socrático, incardinado na tradición oral, estáen moito máis do que o coñecemento.

Xaime, ademais das ideas ou dos feitos, trans-mite o espírito co que se realizaron, contaxiandoo seu ánimo. O relato dun feito de Bóveda ou deCastelao, poñamos por caso, non é só o seu fun-damento intelectual, ou o acontecido como deri-vada, senón tamén o ánimo co que se realizou, eel vai contaxiando ese ánimo vital que prenderanel sendo novo e que mantivo por sempre. Pro-bablemente parte desta capacidade está na pure-za do seu comportamento, na integridade ehonestidade, verificada na nula distancia entre odiscurso e o comportamento. O ego ten poucoespazo na súa lóxica comunitarista, na influenciade Mounier.

Outra das súas singularidades está na proxec-ción no futuro do que relata. As conversas podenser máis ou menos profundas, tratar de calqueraámbito de coñecemento ou de calquera época,mais detrás do contado está a presenza dun mode-lo profundo e complexo do que é o noso país, assúas persoas, a súa interacción co resto do mundo.Tras a conversa cordial latexa o mestre de vocación,comunicando o modelo na medida en que o inter-locutor quere avanzar no seu coñecemento.

A intención do relato non é falar do pasado,senón dar ferramentas para actuar no futuro.Contar o pasado é importante como coñecemen-to, para comprender un feito, pero tamén é unexemplo de aplicación do modelo, dun xeito desentir, pensar e actuar. De feito, Xaime non sófala do pasado, senón do presente e do futuro.Namentres está na súa man, continúa a ser unlector voraz de prensa e de literatura, en particu-lar de ensaio e de novas tendencias. É sabido quenos tempos da globalización, a relación entre oglobal e o local foi unha das súas últimas inque-danzas intelectuais, na procura dunha conviven-cia entre o identitario e o común cos outros. Sercapaces de identificar os cambios que veñen eprepararse para eles é o mellor posicionamentoposible para o país.

Esta idea de anticiparse aos feitos e adaptar-se aos cambios non é especificamente darwinia-

na, pero si é empírica. O empirismo acompañaos seus puntos de vista, o valor da experiencia,das ideas contrastadas e dos resultados, fronte ásideas sen contraste na vida real, ou fronte a ideasatraentes intelectualmente que derivaban nunhadesfeita na súa aplicación. Teño para min que ocontacto cos seus irmáns e o seu traballo comoasesor xurídico da Caixa de Aforros de Vigoaxudouno a pegarse á realidade. A súa curiosi-dade intelectual tamén o invita á prospeccióndo que está por vir e o achega a aqueles que poridade ollan tamén para o futuro.

Por último, entre o máis específico da relacióncoas novas xeracións está a achega por convicción,xamais por imposición. Nunca pretendeu impo-ñer a ninguén o seu punto de vista, ou procurarunha liña de actuación por disciplina. Só procuraque os novos desenvolvan as súas propias ideas emodelos e, se é posible, que compartan os propiosporque entenden que son bos. Lembro, nestesenso, a súa indignación ante unha entrevista naprensa na que o xornalista, que gravara a conver-sa, escribira, falando dos mozos, que Xaime pre-tendía inculcar os valores, cando o que dixera forainculturar nos valores. O rigor e o perfeccionismoque o retraían da expresión escrita asomaba indig-nado no erro do xornal de poñer na súa boca oque non dixera…

A ausencia de imposición nos puntos de vista,así como a comprensión da realización de cadapersoa, provoca un efecto contraditorio. A ideaque cada interlocutor ten del ou do seu pensa-mento é diferente. Non se enfronta, foxe duncombate dialéctico no que pretenda levar a razónou amosar unha superioridade intelectual.Entende que cada persoa ten as súas propias idease procura animar os demais a que se realicennelas e, sobre todo, a que o fagan dende os mello-res valores e ideais que sustentan as posicións dosoutros.

O seu carácter e, en particular, a súa bonda-de e xenerosidade, influían posiblemente nestaforma de tratar os demais, que en calquera casotiña tamén uns límites. Cando as posicións eranmanifestamente contrarias aos seus valores,expoñía a posibilidade de que os feitos fosendiferentes, ou de que el os vía diferentes, maisdito de xeito que as diferenzas non minguaban aempatía co outro, sen ofensa ou rexeitamento.Tan só posicións realmente extremas ou unhanegación frontal aos seus valores provocabanunha reacción máis enérxica, coa procura doremate da discusión.

En consecuencia con todo o anterior, Xaimeconverteuse, talvez sen agardalo, na principalreferencia dun grupo de mozos e mozas dende ofinal dos anos oitenta, na meirande parte estu-dantes que recrean na vella Biblioteca de Cien-

Page 4: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

cias Humanas da Fundación Penzol de Vigo enos baixos do hotel Compostela en Santiago oespírito do Seminario de Estudos Galegos e dasMocedades Galeguistas: inquedanza intelectual,compromiso co país, procura dun futuro mellorpara Galicia e para o resto do mundo…

Boa parte destes seus fillos e fillas intelectuaisorientou a súa vida a Galicia, aínda que dos xei-tos máis variados. Moitos como profesores einvestigadores, especializándose en campos espe-cíficos da nosa realidade: lingua, historia, econo-mía… ou como profesionais en diferentesámbitos, mantendo un activismo social, culturalou político.

Non é casual, tampouco, que as liñas deactuación sexan heteroxéneas. Os que compartena súa vida cunha identidade política están entodo o espectro da militancia partidaria demo-crática, de partidos galegos e de partidos estatais,e penso que todos senten a Xaime Isla como pro-pio. Outro tanto sucede con posicións intelec-tuais ou culturais aparentemente diverxentes.Penso que Xaime traballou con eles reforzando omellor dos valores de cada un, sen forzalos a cam-biar de camiño. Deste xeito, cada persoa interio-rizou o apoio que recibía, sempre que fosecompatible cos valores do propio Xaime, aíndaque non fosen exactamente os mesmos.

Este é, daquela, un dos seus legados para ofuturo, a paternidade intelectual dunha novaxeración identificada co país.

Negra sombraCrise económica e réquiem polas caixas de aforros

Se hai un fenómeno que marcou estes últimosanos, talvez sexa a crise económica e as súas con-secuencias. Despois de algo máis de vinte anosdun crecemento económico sustentado e dunhaenorme transformación de Galicia (agás o bienio1992-93), chegaron, coma nas pragas bíblicas,sete anos de vacas magras, con desemprego, défi-cit público, ruína de familias e de empresas…

Nos moitos cambios que se sucederon aolongo destes anos, pode que algúns vaian pasan-do, derivados do cambio de ciclo económico, epode que outros perduren.

A perda ou a crise de empresas de referencia,por exemplo, é un duro golpe, non só para osque teñen vencellos directos con elas, emprego,fornecedores… senón para toda a sociedade,que perde estrutura produtiva e, ás veces, refe-rencias simbólicas da súa capacidade empresa-rial; con todo, esa perda pode, co paso dos anos,ser substituída por outras novas compañías.Unhas, porque renacen das cinzas das destruí-das, co seu saber facer, para atender a mesmademanda. Outras, porque responden ás novas

Na súa despedida como director da Asesoría Xurídica da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1981

Os que comparten a súa vida cunha

identidade política están en todo

o espectro da militancia partidaria

democrática, de partidos galegos

e de partidos estatais, e todos senten a

Xaime como propio

1. Nome co que se autodenomina un grupo de mozos e mozas a finais dos

anos oitenta.

Page 5: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

necesidades sociais, aos cambios na tecnoloxía ena demanda.

Durante parte dos anos setenta e oitenta,entre a crise do petróleo e a entrada no MercadoComún, actual Unión Europea, quen ollase a ríade Vigo dende a fiestra da súa casa, podería verfisicamente a caída de industrias como Ascón,Álvarez, Refrey…, industrias que representarancapacidade galega no sector naval, na porcelanaou nas máquinas de coser, entre outras. Talvez aimaxe máis visual dende esa fiestra era a platafor-ma petrolífera, sen entregar, que tiña o estaleiroHijos de J. Barreras, un intento da empresa deaproveitar a nova industria petrolífera no marpara ter novos produtos e clientes, e que rematouna suspensión de pagos (concurso de acredores)da compañía, mais esta é outra historia…

Pasados os anos, algunhas empresas non vol-veron, esoutras fixérono con cambios (a propiaHijos de J. Barreras, Vulcano…) e aqueloutrasconstruíronse sobre os restos das que foron(como Rodman en Ascón). Novas compañíasabren novos camiños, como Inditex na Coruña,que representa o maior éxito económico do nosopaís no marco da globalización. Por outra banda,moitas persoas foron ao desemprego como traba-lladores e saíron como empresarios, emprenden-do negocios no oco que deixaba a caída dasempresas en que estaban…

O capitalismo é así. Ten luces e sombras comomodo de organización económica, e entre as som-bras, negra sombra, están as crises. De seguro que,nas conversas con Xaime, falariamos disto todo,combinariamos teoría e realidade empírica paraanalizar o que acontece: a destrución creadora deSchumpeter, o ciclo das empresas familiares, apsicoloxía de moitos protagonistas na economía e na política, e as súas intencións; tamén dodrama da crise, o dano sobre as familias, o empo-brecemento da clase media… Seguro que a Xaimee Cristina chegarían moitas situacións dramáticasque atenderían no posible, e mesmo algo máis doposible, coa súa enorme xenerosidade e discre-ción, como fixeran sempre.

Penso que non pouco tempo das conversas conel sería para contrastar algunhas ideas que axuda-ron a construír o modelo. ¿Que ideas e que mode-lo? Os principios que sustentaron o mellor deEuropa dende o final da Segunda Guerra Mun-dial, e o mellor de España dende a Transición e osPactos da Moncloa que, en certo xeito, son o com-promiso incorporar o Estado a esa aposta europea.O artigo que nos escribe Marcelino Agís relata,con grande acerto, ao meu xuízo, os fundamentosintelectuais dese modelo en Xaime, dende o puntode vista do pensamento.

Europa, e o mundo occidental por extensión,construíron un modelo ecléctico, procedente de

diversas correntes académicas e intelectuais, quepermitira a realización práctica, empírica, dunconxunto de necesidades: o desenvolvementoeconómico como condición necesaria das outras;o desenvolvemento das persoas, individual ecolectivamente; o desenvolvemento das comuni-dades e dos sentimentos de identidade, en confli-to ás veces cos Estados. As democraciasparlamentarias fronte ao comunismo, o fascismoe o anarquismo; os modelos políticos cooperati-vos (federais e/ou confederais, como o da UniónEuropea), fronte as limitacións dos Estados--Nación; a Economía social de mercado, fronteao capitalismo e ao socialismo económicos…

Europa, si. Falariamos de Europa como o nosolugar no mundo. Lembrariamos as verbas deRamón Piñeiro: europeos de cultura, españois porhistoria, galegos de nación. Tal vez concordaria-mos en que Europa non foi o noso problema,malia ser evidente o dano que nos fixo estes últi-mos anos, pola política aplicada no euro duranteos primeiros anos da crise. Cada semana, en Vigoou en Raxó, no verán, sentariamos a valorar que oque nos mata é a ausencia dun goberno realmenteeuropeo, duns Estados Unidos de Europa, poloque quedamos nas mans dos poderes dominantesna Unión Europea, que non foron os do conxun-to de Europa, senón os seus propios intereses.Debateriamos se o poder non é iso, o exercicio dosintereses dominantes no nome do ben común, ourealmente pensar no ben común.

Penso que de moitas desas conversas irían agro-mando algunhas ideas para compartir no futuro:precisamos máis Europa, non menos Europa. Pre-cisamos do euro, non da nosa saída da moedacomún, porque lembramos as eivas de non terunha moeda única. Precisamos modificar o nosocomportamento colectivo para suprimir os excesosque nos levaron á situación actual e que son culpapropia, non dos demais. Porque as regras eran asmesmas para todos, e quen incumpre ten que asu-mir a súa responsabilidade, en vez de procurarescusas nos demais, mesmo con causa.

Por iso habería tamén lugar para os reprochespor miopía e por falla de altura de miras. Porexemplo, as declaracións de Angela Merkel nacampaña electoral de Alemaña presumindo duneuro forte fronte a outras divisas, sabendo que oelevado valor da moeda ten relación directa conoso desemprego e coas limitacións para a reacti-vación económica a través do valor dos bens naexportación. A caída do euro, logo das elecciónsalemás, provocada polo Banco Central Europeo,e a caída do prezo do petróleo, son os alicercesque están en boa medida detrás da nosa recupe-ración económica. Concordariamos talvez en quea Alemaña que se envorcou na solidariedade doproceso de reunificación nos noventa, e que o

Page 6: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

Escola de Enxeñaría de Vigo. O de Xosé ManuelBeiras evoca o investigador, fundador e directorda Revista de Economía de Galicia. A docencia e ainvestigación ao servizo de Galicia…

A crise sería, por tanto, tema de moitas con-versas. Non tanto por diletancia como pola forzado deber ser que o movía: a comprensión do quesucede para saber como actuar, para realizar ocorrecto.

Moitos dos aspectos da crise serán, comodiciamos, efémeros, pasarán cando rematen,como a propia crise. Máis relevantes son os fenó-menos que van perdurar despois, que van mudara nosa propia realidade por sempre, en anos vin-deiros.

Penso que o que máis marcaría a Xaime, o quemáis dano lle faría con diferenza, sería o que sefixo coas caixas de aforros. E digo, intencionada-mente, o que se fixo, pois decidir o final das cai-xas foi iso, un feito, unha decisión, que non tenque ver con causas técnicas ou económicas.

Para Xaime, as caixas de aforro, as galegas e,en xeral, as do resto do mundo, representabanunha suma de valores comunitarios compatibles

está a facer na crise dos refuxiados sirios, ten unmérito extraordinario que non apreciamos nou-tros países, pero que lle faltou na crise do euro,talvez porque pensa en clave dos intereses ale-máns, e non dos europeos, que non chega a sen-tir como propios.

Volveriamos falar con admiración de Wil-helm. Diriámoslle que a súa descuberta foi undos maiores agasallos intelectuais que nos puidofacer para actuar no século XXI. Pensariamos noque Röpke faría se hoxe estivese vivo e puideseescribir sobre o que está a pasar. Como vería omundo actual un alemán rexo que se tivo queexiliar en Turquía por culpa do nazismo, antes deinstalarse en Xenebra. Un teórico do humanismoeconómico e da Economía social de mercado, quefundamenta, para algúns de nós, o mellor deEuropa, e que escribe contra os excesos, incluídosos do Estado do Benestar; o autor de dúas obras2que deberían ser literatura obrigatoria nas facul-tades de Ciencias Sociais para responder, Xaimeutilizaría a expresión, de modo cabal, as tres pre-guntas de Siniestro Total: “¿Quiénes somos, dedónde venimos, a dónde vamos?”, máis popula-res na miña xeración ca a obra de Röpke. Obrasque a biblioteca de Xaime na Penzol tiña, comotantas outras, para poñermos no mundo, a nós eaos que nos antecederon… o artigo de AntónCostas Comesaña evoca o Xaime docente, cate-drático de Dereito e Economía da empresa na

Fotografía: LLanos

2. Civitas humana (1948) e A crise social do noso tempo (1950). Múlti-

ples edicións a partir das orixinais.

Page 7: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

empiricamente coa realidade. Representaban, nasúa vida, o compendio dun equilibrio teórico epráctico do ben común.

Non era sen causa. Dende o punto de vista dateoría, a importancia do aforro e do crédito parao desenvolvemento económico, do capital, ensuma, é vital para as sociedades. O pensamentosocialcristián foi un dos motores do que chama-mos en finanzas banca mutualista: caixas de afo-rros, cooperativas de crédito…

A súa experiencia como asesor xurídico dacaixa de aforros foi extraordinaria e permitiullevivir día a día a realidade económica de Galiciadende un lugar privilexiado. Non pretendodeterme nesta etapa, pois xa o fai o artigo de X.L. Franco Grande neste número, herdeiro da súaman no seu posto como asesor xurídico na caixa.Foi a tese non rematada de Xaime e a importan-cia do aforro e das caixas para Galicia o que deulugar, anos despois, á miña propia tese de douto-ramento, pola súa influencia. A el non lle fixofalta rematar a súa para que a Universidade deVigo o recoñecese como doutor Honoris Causaen 1999.

As caixas de aforros galegas, e a de Vigo enparticular, foron vitais na súa teoría e na súaexperiencia. A Caixa de Aforros de Vigo apostoudende o final dos anos vinte por financiar asempresas, fronte a tradición das caixas de finan-ciar principalmente as familias, e foi un motor decreación de riqueza en Galicia. Esa tradiciónmantívose co paso dos anos e converteuse nunhamarca da entidade. A outra, a aposta para que aobra social fose utilizada na educación, comomellor fórmula de desenvolvemento, comezou coColexio Fogar, nunha formación profesional daman dos Salesianos, que alimentaría unha man-chea de empresas, e marcou o seu fito coa apostapolo Colexio Universitario de Vigo, embrión daactual universidade. Algo tivo que ver o nosoprotagonista, que deixou a asesoría xurídica paraocuparse da obra social…

Traio estes pensamentos á memoria comúnde GRIAL para que o lector comprenda o que sig-nificaban para Xaime, e para Galicia, as caixas:motor do capital financeiro de Galicia, motor do

capital humano na formación e na obra social. Ascaixas, patrimonio do común dos galegos, son asinstitucións máis relevantes como motor do de -senvolvemento endóxeno, e de feito así foi ata acrise.

Se outras perdas teñen remedio, e formanparte dun ciclo vital do capitalismo, o que vén depasar coas caixas de aforros galegas (e co BancoPastor) ten difícil substitución.

Poucos feitos lle farían máis dano duranteestes anos como a estafa monumental da fusión edesaparición das caixas de aforros, das galegas e das españolas. Moitas foron as causas: os errosdalgúns dos xestores, auténticos substitutos dapropiedade nas caixas galegas, a diferenza doutrasnas que o liderado era do poder político, foron aprimeira delas. Agora ben, unha vez danadas,igual que o estaba a banca privada, a decisión desuprimilas ten dous protagonistas: a propia bancaprivada, que facía presión para liberarse dunscompetidores que ocupaban a metade do merca-do bancario estatal, e o centralismo político, quevía a escusa para suprimir un poder financeirosobre o que tiñan competencia as comunidadesautónomas.

Contrasta a lexislación sobre as caixas, obriga-das a transformarse en bancos por decreto, coalexislación sobre os bancos. Esta permitiu o salva-mento nominal do Banco Pastor, que en cal-quera caso mantén só a marca, absorbido poloBanco Popular. O Cantón Pequeno é testemuñados traslados a Madrid e da perda da direcciónefectiva do banco, futuro que planea tamén sobreos restos das caixas, se a actual propiedade deAbanca acabase un día entregando o control ácompetencia.

As entidades financeiras, como os medios decomunicación e as grandes compañías, son acto-res privilexiados na lóxica do poder real. A perdade Caixa Galicia, Caixanova e o Banco Pastornon só é consecuencia da crise, senón unha dassúas principais causas en Galicia. Non é casualque fósemos a comunidade autónoma en quemáis se afundiu o crédito, afogando as empresasgalegas no medio da crise. A fusión para crear“unha gran caixa de aforros” agravou a situación,

Dende o punto de vista da teoría, a importancia do aforro e do crédito

para o desenvolvemento económico, do capital, en suma, é vital para as sociedades.

O pensamento socialcristián foi un dos motores do que chamamos en finanzas banca

mutualista: caixas de aforros, cooperativas de crédito…

Page 8: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

por canto as dúas entidades tiñan o mercadosolapado, o que obrigaba para o control de riscosa unha redución do crédito. Combustible paraapagar o lume…

Ollando cara ao futuro, creo que Xaime seríaposibilista, como noutras ocasións máis comple-xas. Vería con ilusión os restos da banca mutualis-ta: a Caixa Rural dende Lugo, a nova banca ética(Fiare, Tríodos…), informaríase sobre os requisi-tos para a creación de novas caixas, de difícil ouimposible aplicación actualmente polas condi-cións da tecnoloxía e do mercado, e preocuparíasepor ver se as novas condicións do mercado banca-rio sustentan as necesidades de crédito da econo-mía galega. Agardaría expectante a ver en quederiva Abanca e vería con especial preocupación orisco de exclusión bancaria de parte da poboación,particularmente no rural. Por último, tiraría denós para investigar nesa dirección e para que man-teñamos conciencia do que está en xogo.

Unha noite na eira do trigoA nova emigración

Outro dos fenómenos que corremos o risco deque se volva permanente é a presenza dunha novaemigración galega. Despois de anos de crecemen-to económico e de chegada de retornados e inmi-grantes, equilibrando os fluxos migratorios, achegada da crise provocou unha saída de poboa-ción cara a todas partes, sobre todo cara a UniónEuropea, mais tamén a Iberoamérica e o resto domundo.

Boa parte desa nova emigración son os nososmozas e mozas, con estudos, que procuran nou-tro lugar as posibilidades de traballo que a nosarealidade lles nega.

A marcha non é temporal nin desexada. Noné para completar un proceso de formación noexterior ou para coñecer mundo, o que é desexa-ble. É a necesidade de poder traballar e desenvol-ver profesionalmente as súas capacidades, derealización persoal. Unha realización que non éposible acadar no país.

A súa marcha ten puntos en común coasanteriores, e tamén algunha diferenza. Destavolta vaise unha xeración moi preparada, moitasveces con estudos superiores. Ademais do custoafectivo para eles e para os seus, estamos a perdercapital humano, parte dos chamados a liderar anosa terra.

As condicións materiais da súa marcha sonmoi diferentes ás das vagas anteriores. A emigra-ción do pasado marchou, polo común, conpouca ou ningunha formación, porque non tive-ran oportunidade de tela.

Malia a distancia, a emigración a América(Arxentina, Brasil, Uruguai, Venezuela, Cuba…)

permitiu unha integración máis rápida e unhamellor posición laboral para moitos deles, apoia-dos nas carencias dos propios países de acollida,na proximidade lingüística e nas redes dos emi-grados nas localidades de chegada. Pola contra,moitas saídas eran sen volta, pola distancia e ocusto que tiñan daquela as pasaxes. A rupturaafectiva era enorme. As comunicacións durantemoitos anos foron por carta e, posteriormente,por conferencia telefónica para quen podía paga-las. Un mundo que hoxe, en boa medida, xa épasado.

A emigración a Europa, pola contra, foi dife-rente. Dende os anos sesenta os galegos cumpri-mos un papel, en termos xerais, de man de obrapouco cualificada e de boa reputación laboralque se incorporou de primeiras á construción, ásfábricas, ao traballo doméstico… A distancia lin-güística era maior e a posición social, polocomún, diferente da americana. A proximidadexeográfica e os salarios permitiron, cada vez máis,a volta, cando menos de vacacións ou no Nadal.

Unha parte da nosa nova emigración é dife-rente. Saen para Alemaña ou Gran Bretaña paratraballar coma profesionais, falando idiomas econ pasaporte comunitario, con capacidade paravir en avión unha fin de semana á casa cando asaudade máis afoga. Ou para que o collan asfamilias, a parella, os amigos, e vaian xunta deles.

Contáballe hai anos a Xaime a conversa cunhome en Santiago de Compostela que viña deme alugar un piso na cidade, preto da Alameda.Emigrara a Alemaña, sen estudos e sen idiomas,a traballar na construción. Na súa memoria a pri-meira palabra que aprendeu foi Löffel (culler),mercando unha para poder comer. Para Xaime, aemigración comezaba coa marcha de Ramiro á Arxentina en barco, con quince anos. Volveríamarchar a América en peor situación, como exi-liado, no buque La Salle, acompañado doutrosmoitos, entre eles o pai de Iñaki Anasagasti. Eranoutros tempos…

Melloran, pois, as condicións materiais, peromantense o éxodo. Falariamos dos pros e doscontras da nova emigración. De como fomosquen de universalizar a educación, de formar anova xeración mellor ca nunca, de permitirllesmarchar en mellor posición, grazas ao esforzo dasxeracións anteriores; mais non somos quen decrear as condicións para que todos eles desenvol-van aquí o seu futuro, e con eles o noso.

Corremos o risco de repetir o vello ciclo dunpaís que xera capital e traballo, pero que os poñíaa render fóra, de repetir a realidade que describíaXaime, a mesma que modelizara Xosé ManuelBeiras en O atraso económico de Galicia: repetir ociclo da dependencia. Unha dependencia que,por certo, non recollen as balanzas fiscais.

Page 9: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

Fronte ao fatalismo, tratariamos das posibili-dades: a necesidade de mellorar as institucións ea xestión dos recursos, de apostar realmente polainvestigación e o desenvolvemento, polas novastecnoloxías, pola internacionalización das empre-sas nos mercados globais. Por ser quen de atraercompañías que invistan en Galicia. Por poñer envalor as nosas capacidades lingüísticas, a nosapresenza no mundo, a nosa posición no mapa e,sobre todo, da nosa xente, que é con moito omellor dos recursos do país. Penso que a enco-menda sería explorar todas esas capacidades, tra-ballar con emprendedores, dotar de novascapacidades asd empresas e xestionar mellor osrecursos públicos.

Ondiñas veñen (A Rianxeira)De Nunca Máis ás Mareas

Dous movementos, un social e outro político,marcan as novidades no país deste novo século. A plataforma Nunca Máis, como organizaciónante o caos na xestión do naufraxio do petroleiroPrestige, en 2003; e as Mareas, como organiza-ción política dun conxunto de colectivos progre-sistas para presentarse ás eleccións municipais de2015. Ambos son fenómenos orixinais e de segu-ro que serían motivo de conversa e valoración.De feito, Nunca Máis así o foi, porque Xaimedaquela aínda se mantiña en boas condicións eseguía a realidade informativa a diario.

Nunca Máis representa, probablemente, poñero mellor de nós mesmos como sociedade ao servi-zo do común, neste caso no noso mar. Boa partedo país vive co mar, naceu ollando para el e lévaoconsigo. Sentir o mar, ou a súa ausencia, non é untópico, é unha realidade mesmo física.

O naufraxio do Prestige, ademais do problemarecorrente do tráfico marítimo fronte ás nosascostas, puxo sobre a mesa un conxunto de igno-rancia e incapacidades na xestión da crise. Unsumatorio, en definitiva, que converteu algograve en dramático e provocou unha reacciónsocial poucas veces vista na nosa terra.

A organización do movemento foi espontánea,aínda que tiña por base unha manchea de colectivosvinculados á defensa do medio natural e a outrascausas sociais. Tamén axudou a presenza dalgunhasfiguras relevantes das artes e das letras, comprome-tidas coas mesmas causas. Sobre esa base, fóronseagregando unha boa parte de organizacións sociais,independentes ou ligadas á oposición política aosgobernos galego e español daquela.

A reacción social foi extraordinaria; Xaimediría, coas súas palabras, formidable. En poucasocasións tantas persoas de perfil tan diferente sesolidarizan cunha causa. Pesaban moitos moti-vos: o impacto económico sobre a pesca, o maris-

queo e o turismo, a causa ambiental…, perosobre todo foi sentido como un ataque ao pro-pio, entendendo por propio o común, o mar e ascostas. Non só se mobilizou o conxunto da socie-dade galega. A solidariedade, visible sobre todonos voluntarios, veu tamén de fóra, acompañadado impacto internacional da noticia.

A imaxe dos galegos no mundo pasou a sermoi diferente da que teñen comunmente de nós,da dos tópicos. Poucas veces unha sociedade comaa nosa se manifesta, en todos os sentidos, de xeitotan decidido ante unha catástrofe ambiental.Tamén cambiou a imaxe que temos de nós paranós mesmos: unha reacción inequívoca para defen-der o común ante unha causa xusta.

Algúns poderes non políticos, que tamén ostemos, xogaron un papel relevante, sobre todopola cobertura que deron os medios de comuni-cación, particularmente algúns. O traballo dosxornalistas e a cobertura informativa de ámbitoprivado foi vital para informar da crise e paraconcienciar do que estaba realmente a pasar.Tamén o xogaron na negociación co poder polí-tico manifestada nese pacto que era realmente oPlan Galicia, unha proposta de compensación dodano causado.

Falariamos destes e doutros temas: do carácterlocal dos poderes galegos e da dificultade de unirvontades; da posterior execución do Plan Galicia;do senso económico (ou non) dalgunha das pro-postas que se executaron…, temas non dunhaconversa para pasar o tempo, senón dunha cabe-za que, tras de cada asunto, procura a súa com-prensión dos feitos para saber como actuar emellorar a realidade do país.

Nunca Máis foi un aviso de cambio social quese foi manifestando posteriormente noutros cam-bios. Unhas veces no político, como a chegadado goberno bipartito en 2005 e o retorno do Par-tido Popular en 2009, que poden ser síntoma dachegada da alternancia na política galega fronteao pasado, da existencia dunha porcentaxe cadavez maior de persoas que non ligan permanente-mente o seu voto a unha forza política, senónque deciden votar ou non, e a quen, en funciónda situación. Outras veces no social, como a Pla-taforma pola defensa da lingua en 2009 que, senter o impacto de Nunca Máis, tivo un apoiosocial moi superior ao agardado dende as diferen-tes forzas políticas.

Nestas lóxicas de cambio, outro dos fenóme-nos que supoñen unha novidade en Galicia foi aaparición e o éxito político das Mareas, en parti-cular no voto urbano da Coruña, Santiago eFerrol.

As Mareas teñen moito en común con feitosparecidos que veñen de suceder en España nasmesmas eleccións municipais, como en Madrid e

Page 10: Construír Galicia - editorialgalaxia.galeditorialgalaxia.gal/wp-content/uploads/2016/01/1446713131X__L... · A paternidade espiritual Para nós, para os novos dos Saefes 1, saber

ta como freo. A esquerda como incorporación denovas ideas e demandas sociais para avanzar, adereita como regulador deses cambios, corrixin-do os excesos e facilitando a condución; ambosos dous necesarios…

Nun esquema máis profundo, penso que oseu modelo, do que xa escribín páxinas atrás, é o que nos fixo reconstruír a Europa actualdende as súas cinzas, e que se foi acordando nosconsensos da posguerra na Europa occidental.Un esquema político baseado na democraciaparlamentaria, no que unha síntese de social-democracia, democracia cristiá e liberalismogobernou o político e o económico, na meiran-de parte de países e períodos, e fixo avanzarinequivocamente o continente nas condiciónsmateriais da vida das persoas, nos dereitos civís,na propia xestación dunha Unión Europea.

Son moitas as limitacións desa Europa, e tal-vez a maior sexa a ausencia de máis Europaaínda, a inexistencia dun goberno real común,dunha maior harmonización en moitos aspectos,como comentamos antes. Pero hai que pregun-tarse se os modelos alternativos acadarían mello-res resultados, particularmente se os modelosestán construídos fóra desas tres correntes depensamento, porque son de aplicación incerta.

En España, a Transición e os Pactos da Mon-cloa son un acordo que, esencialmente, nosincorporou a ese modelo europeo e nos permitiuavanzar por el. Un consenso maioritario que esi-xiu moitas cesións das partes, pero de resultadosclaros.

Creo que Xaime defendería que os futurosavances, e os cambios que están por vir, se produ-zan dentro dos marcos que o empirismo nosamosa que foron positivos. Para eses cambios, onoso país precisará forzas sociais que crean enGalicia e traballen por ela, pero tamén forzaspolíticas: ben forzas políticas propias, que permi-tan “visibilizar” Galicia como realidade singular,e aí teñen un campo aberto as Mareas; ben forzaspolíticas estatais, se o galeguismo recupera nelasunha posición necesaria para que non se repitano futuro a aldraxe do Estatuto de Autonomía.

P. S.

Con estas catro cancións queremos acompañar a Cristina e a Xaime, a quen tanto lles gustaba amúsica popular, navegando cara ao futuro, comoo balandro dos Ultreyas3… �

Barcelona. Son o resultado do dano provocadopola crise económica e da xestión que se realizoudesa crise. Son tamén unha reacción moral deindignación fronte a unha suma de escándalos decorrupción que afectan a todos os poderes doEstado, e non só aos políticos, porque a toleran-cia ou intolerancia á corrupción é da propiasociedade, e a política reflicte esa realidade.

Responden, ademais, á reacción dunha novaxeración que ve o seu futuro moi incerto, non sóno laboral, cunhas taxas de desemprego inacepta-bles, senón do seu futuro vital. Unha xeración quecre que, durante a crise, uns están zafándose dosseus problemas mellor ca outros, porque tiñanmedios, poder ou contactos para facelo. En defini-tiva, unha posta en cuestión do sistema social,político e económico xestionado na Transición.

As mensaxes e propostas, así como as súascanles, están en liña con esa nova xeración. Asredes sociais gañaron presenza fronte aos mediosde información e de comunicación tradicionais.O papel relevante dos novos non quita que teñenvotos de todas as idades.

Agora ben, as mareas tamén teñen algúns tra-zos propios, derivados da pluralidade, da historiae dos movementos das forzas progresistas enGalicia. Talvez, en última instancia, da fracturado Partido Socialista Galego orixinal, nos anossetenta. Esa partición derivou nunha parte noPSOE e noutra nas sucesivas configuracións donacionalismo galego e das forzas situadas nomi-nalmente á esquerda da socialdemocracia. Poroutra banda, varios dos seus líderes proceden demilitancias previas nas que o desencanto polomodelo lévaos a protagonizar un movementoalternativo.

O seu éxito é incontestable, aínda que puntuale ligado a unhas eleccións municipais. Tamén ésignificativo que noutras cidades, con gobernos doarco progresista, con liderado definido e non afec-tados por escándalos de corrupción, o voto rea-firmou os que gobernaban e non catapultou asmareas, como o do PSOE en Vigo de modorotundo ou o do BNG en Pontevedra.

Creo que, nunha hipotética conversa actualcon Xaime, talvez o que máis valoraría das Ma-reas é que animaron a incorporarse á lóxica dademocracia política a moita xente nova que, nasituación actual, ante a falla de expectativas pro-fesionais e os escándalos, podería pensar quevotar é inútil, ou escoller opcións non democrá-ticas como portavoces dos seus sentimentos. Sonen moitos casos, ademais, un viveiro de persoasque se incorporan ao servizo público dende asresponsabilidades municipais.

Para Xaime, en sentido coloquial, a dereita ea esquerda políticas eran como os pedais dunautomóbil, a esquerda como acelerador e a derei- 3. Organización xuvenil nacida en Noia en febreiro de 1932.