Conto Por Que Noe Elixiu A Pomba
-
Upload
ratibron -
Category
Technology
-
view
456 -
download
7
Transcript of Conto Por Que Noe Elixiu A Pomba
Un día, Deus decidiu castigar aos homes e enviar á terra o diluvio universal. Pero antes, chamou a Noé, un home xusto, e mandoulle construír un arca para agocharse coa súa familia cando subisen as augas. Tamén lle ordenou levar con el algúns animais
Os animais escoitaran que Noé acollería na arca só ás mellores criaturas viventes. Por iso, todos acudiron rapidamente xunto a Noé e empezaron a presumir das súas virtudes.
- Eu son o animal máis fero e nobre ?dixo o león-. Deberías salvarme.
O elefante interveu:
- Non hai ninguén tan grande como eu. Mira que trompa teño, por non falar das miñas orellas. Se es sabio, levarasme contigo.
Que importa o tamaño?- replicou o raposo-. A miña intelixencia é superior á vosa.
Pero ningún de vós é capaz de subir ás árbores- dixo o mono.
¡Que che criches ti iso! ?protestou o esquio - e eu que?.
Eu son tan fero como o león e moito máis guapo!- dixo o tigre.
E a ovella, que parecía medio durmida, balou:
Vós non facedes nada útil. Eu si que son importante: doulle ao home leite e la.
- Pero sen min non habería mel ?dixo a abella.
A xirafa, que mordisqueaba distraídamente a copa dunha árbore, falou de lonxe:
¡Bah! Comparados comigo, sodes uns bichos insignificantes e ananos.
E todos os animais seguían falando sen parar.
Noé fixouse nun animal que estaba soa nunha rama e que non dicía nada: a pomba.
E ti pomba, por que estás tan calada? Non tes nada do que presumir?- preguntoulle.
A pomba ruborizouse porque era moi tímida e respondeu en voz baixa:
- É que? bo, eu non son nin mellor nin peor que o resto dos animais. Cada un de nós ten algo que os demais non teñen.
Noé quedou asombrado da súa sabedoría.
Tes razón- dixo-. Levarei na arca criaturas de todas as especies. ¡Subide todos a bordo!
Os animais puxéronse moi contentos, esqueceron as súas disputas e subiron á arca.
Ao cabo dun tempo, comezou a chover. E choveu e choveu durante corenta días e corenta noites. A Terra anegouse e só se salvaron as criaturas que Noé recollera.
Tras a última noite de choiva, Noé enviou á pomba a terra en busca de noticias. Pouco despois, a pomba regresou cunha rama de oliveira no pico. ¡Era o sinal esperado: as augas baixaran e as árbores quedaban ao descuberto!