Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez...

7
Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez Relámpago 2016 Sábado 15 de outubro O presente Campeonato Provincial organizado polo Club Xadrez Celanova no Pavillón Municipal de Celanova veu poñer o punto final a serie de Campionatos Provinciais Copa Deputación Provincial de Ourense coordinados pola Axou (Asociación de Clubs de Ourense). O Xadrez Celanova repetía na organización desta modalidade por 2º fin de semana consecutivo dado que no anterior xa organizara o Campionato por Equipos (o 8 de outubro), en tanto que o Club Xadrez Benchosei organizara o Campionato de Xadrez Activo en Esgos o 20 de agosto. Non hai que esquecer que esta serie de campionatos patrocinados pola Deputación de Ourense que rematan agora empezou a principios de ano coa organización en xaneiro dos Campionatos por categorías, polo Club Xadrez Ourense e o absoluto, polo Club Xadrez Ateneo. Estes últimos clasificatorios para os campionatos galegos en Carnavais e Semana santa, que asimesmo outorgaban praza para os campionatos de España celebrados en Salobreña (Granada) e Linares. De novo baixo a batuta de Sindo Rodríguez e os xadrecistas de Celanova desenvolvéronse 2 torneos paralelos: o primeiro de sub 8 a sub 12 e o segundo dende sub 14 ata absoluto co ritmo de xogo 3 m. + 2 s en 9 roldas. A pesar de ser un ritmo moi rápido o comportamento dos aproximadamente 60 competidores foi exemplar particularmente dos máis novos. Cabe destacar a presenza femenina con máis de media docena de xadrecistas nun deporte nos que escasean. Crónica Manuel Ángel García Fernandez

Transcript of Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez...

Page 1: Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez ...ourenxadrez.org/ourenxadrez/.../2016/10/Crónica-Relámpago-2016.pdfCrónica Campionato Provincial Copa Deputación . Xadrez

Crónica Campionato Provincial Copa Deputación

Xadrez Relámpago 2016

Sábado 15 de outubro

O presente Campeonato Provincial organizado polo Club Xadrez Celanova no Pavillón Municipal de Celanova veu poñer o punto final a serie de Campionatos Provinciais Copa Deputación Provincial de Ourense coordinados pola Axou (Asociación de Clubs de Ourense). O Xadrez Celanova repetía na organización desta modalidade por 2º fin de semana consecutivo dado que no anterior xa organizara o Campionato por Equipos (o 8 de outubro), en tanto que o Club Xadrez Benchosei organizara o Campionato de Xadrez Activo en Esgos o 20 de agosto.

Non hai que esquecer que esta serie de campionatos patrocinados pola Deputación de Ourense que rematan agora empezou a principios de ano coa organización en xaneiro dos Campionatos por categorías, polo Club Xadrez Ourense e o absoluto, polo Club Xadrez Ateneo. Estes últimos clasificatorios para os campionatos galegos en Carnavais e Semana santa, que asimesmo outorgaban praza para os campionatos de España celebrados en Salobreña (Granada) e Linares.

De novo baixo a batuta de Sindo Rodríguez e os xadrecistas de Celanova desenvolvéronse 2 torneos paralelos: o primeiro de sub 8 a sub 12 e o segundo dende sub 14 ata absoluto co ritmo de xogo 3 m. + 2 s en 9 roldas. A pesar de ser un ritmo moi rápido o comportamento dos aproximadamente 60 competidores foi exemplar particularmente dos máis novos. Cabe destacar a presenza femenina con máis de media docena de xadrecistas nun deporte nos que escasean.

Crónica Manuel Ángel García Fernandez

Page 2: Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez ...ourenxadrez.org/ourenxadrez/.../2016/10/Crónica-Relámpago-2016.pdfCrónica Campionato Provincial Copa Deputación . Xadrez

Os resultados foron os seguintes: Absoluto 1º Armando de Sousa (Liceo) 2º Adrián Gómez (Xadrez Ourense) 3ºJorge Fernández (Xadrez Ourense) 1º Fémina: Ana Alonso (Xadrez Verín) 1º Veterano: J. Carlos Francisco (Xadrez Verín)

Page 3: Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez ...ourenxadrez.org/ourenxadrez/.../2016/10/Crónica-Relámpago-2016.pdfCrónica Campionato Provincial Copa Deputación . Xadrez

Sub 16 1º Miguel Puga (Casa da Xuventude) 2º Gabriel Roma (Xadrez Ourense) 3º Raúl Martínez (Casa da Xuventude) 1º Fémina: Pilar Ruíz (Xadrez Ourense)

Page 4: Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez ...ourenxadrez.org/ourenxadrez/.../2016/10/Crónica-Relámpago-2016.pdfCrónica Campionato Provincial Copa Deputación . Xadrez

Sub 14 1º Marcos Reza (Casa da Xuventude) 2º Mateo Diaz (Xadrez Ourense) 3º Miguel Reza (Casa da Xuventude) 1º Fémina: Paula Baliño (Xadrez Ourense)

Page 5: Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez ...ourenxadrez.org/ourenxadrez/.../2016/10/Crónica-Relámpago-2016.pdfCrónica Campionato Provincial Copa Deputación . Xadrez

Sub 12 1º Iago Godoy (Benchosei) 2ºMiguel Cantón (Benchosei) 3º Iago Álvarez (Xadrez Ourense) 1º Fémina: Carlota García (Benchosei)

Page 6: Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez ...ourenxadrez.org/ourenxadrez/.../2016/10/Crónica-Relámpago-2016.pdfCrónica Campionato Provincial Copa Deputación . Xadrez

Sub 10 1º Tristán Alonso (Xadrez Verín) 2º Xoaquín López (Benchosei) 3º Alejandro Garrido (Benchosei) 1º Fémina: Sabela Conde (Xadrez Ourense)

Page 7: Crónica Campionato Provincial Copa Deputación Xadrez ...ourenxadrez.org/ourenxadrez/.../2016/10/Crónica-Relámpago-2016.pdfCrónica Campionato Provincial Copa Deputación . Xadrez

Sub 8 1º Manuel López (Benchosei) 2º Iago Vazquez (Benchosei) 3º Xurxo Vilariño (Xadrez Ourense) 1º Fémina: Escarlata Alonso (Xadrez Verín)

Medalleiro

1- Xadrez Ourense: 9 trofeos. 2- Xadrez Benchosei: 7 trofeos. 3- Xadrez Verín: 4 trofeos.

Casa da Xuventude: 4 trofeos.