Crónica maios no cpi virxe da cela
Transcript of Crónica maios no cpi virxe da cela
MAIOS NO CPI VIRXE DA CELA
Pensabamos que non chegabamos, mais ao final conseguimos celebrar a xa
tradicional festa das flores o último venres do mes de maio. Ante un curso cunha
axenda demasiado apretada, este ano todo o mérito o teñen os rapaces e rapazas da
ESO do CPI Virxe da Cela, que apostaron por esta celebración que se vén
desenvolvendo no noso centro nos últimos anos, comprometéndose en cada grupo-
clase e deixando moito suor en cada un dos ensaios.
O resultado foi, coma sempre, lucido e espectacular… música, danza, moitas
flores e a certeza de que o verán e as ansiadas vacacións xa están á volta da esquina!!
A gala foi presentada por Rubén e Ainoa (5º primaria), que a pesares da falta de
megafonía dirixíronse ao público para presentar as actuacións. A primeira delas foi a
dos rapaces de 5º e 6º de primaria, que fixeron todo un acto de valentía saíndo ao
escenario a bailar unha coreografía tatareando timidamente a letra e a melodía da
canción, xa que coas presas e os problemas que entraña o “directo” non puideron
contar coa audición de fondo (desculpen todos e todas os problemas técnicos). Acto
seguido o alumnado de 4º da ESO interpretou unha muiñeira e unha xota con
pandeiretas e voces, para proseguir a gala coas exhibicións de danza de 2º da ESO
(Muiñeira de Chantada), 3º da ESO (danza de paus) e 4º da ESO (danza de fitas).
Se todos/as os que subiron ao escenario foron moi ben recibidos polo público,
o gran descubrimento deste festival foi o noso novo compañeiro de 4º da ESO, Ignacio,
quen gañou a simpatía e admiración dos alí presentes, especialmente dos profesores e
profesoras, polas súa fina psicomotricidade na execución de patróns rítmicos co
tamboril e a pandeireta. Xa sabes, Ignacio, este verán podes gañar uns cartiños “extra”
tocando nas alboradas das festas da parroquia!