Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha...

25
Asistentes: MEMBROS ELECTOS: Mª Carmen Pazo Regueiro (TGU) - PRESIDENTA Alberto Fernández Cortizas (TGU) Francisco Otero Martís (TGU) Álvaro Vázquez Salgueiros (TGU) - SECRETARIO Xosefina Rosa Guitián Lema (CIG) Alba Lojo López (CIG) Alberto Pérez Viso (CIG) Jorge López Taladriz (CCOO) Marta Mª Balea Cotos (CCOO) Álvaro Salteiro Leis (CIUS) José Manuel Mosquera Pose (CIUS) Lorena López López (CIUS) Mª Concepción de Frutos Eiranova (UGT) DELEGADOS SINDICAIS: Mª José Otero Parga (TGU) Jaime Fariña Fernández (CCOO) EXCUSAN ASISTENCIA E DELEGAN O SEU VOTO: Lucas Gómez Fernández (CIG) DELEGA EN Xosefina Rosa Guitián Lema (CIG) Mª José Fraile Díaz (CCOO) DELEGA EN Jaime Fariña Fernández (CCOO) Catuxa Lombao Vázquez (CCOO) DELEGA EN Marta Mª Balea Cotos (CCOO) Orde do día: REUNIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE PERSOAL Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de Química (Santiago) Sala Multiusos. Vicexerencia (Lugo) Hora: 12:00

Transcript of Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha...

Page 1: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

Asistentes:

MEMBROS ELECTOS:

Mª Carmen Pazo Regueiro (TGU) - PRESIDENTA Alberto Fernández Cortizas (TGU) Francisco Otero Martís (TGU) Álvaro Vázquez Salgueiros (TGU) - SECRETARIO Xosefina Rosa Guitián Lema (CIG) Alba Lojo López (CIG) Alberto Pérez Viso (CIG) Jorge López Taladriz (CCOO) Marta Mª Balea Cotos (CCOO) Álvaro Salteiro Leis (CIUS) José Manuel Mosquera Pose (CIUS) Lorena López López (CIUS) Mª Concepción de Frutos Eiranova (UGT)

DELEGADOS SINDICAIS:

Mª José Otero Parga (TGU) Jaime Fariña Fernández (CCOO)

EXCUSAN ASISTENCIA E DELEGAN O SEU VOTO:

Lucas Gómez Fernández (CIG) DELEGA EN Xosefina Rosa Guitián Lema (CIG)

Mª José Fraile Díaz (CCOO) DELEGA EN Jaime Fariña Fernández (CCOO)

Catuxa Lombao Vázquez (CCOO) DELEGA EN Marta Mª Balea Cotos (CCOO)

Orde do día:

REUNIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE PERSOAL

Día: 28 de xuño de 2019

Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de Química (Santiago)

Sala Multiusos. Vicexerencia (Lugo)

Hora: 12:00

Page 2: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

1- Aprobación actas pendentes 2- Preparación da reunión con Xerencia (confección dunha

táboa reivindicativa) 3- Concurso de bibliotecas 4- Reivindicacións do SRE 5- Asuntos varios.

----------------------------------------------------------------- 1.- Aprobación actas pendentes

Apróbase a acta do 3 de xuño de 2019. 2.- Preparación da reunión con Xerencia (confección dunha táboa reivindicativa)

Acórdase adiar a confección da táboa reivindicativa para unha próxima xuntanza específica sobres este tema, aínda que na reunión con Xerencia se tratará o tema do SRE, a cuestión do incremento retributivo de xullo e o informe de avaliación da Évalos e o seu posible aprazamento.

CCOO presenta a súa táboa reivindicativa que se incorpora como anexo I á acta.

CIG presenta as súas propostas aos puntos da reunión,

recollidas no anexo II á acta.

3.- Concurso de bibliotecas

Na proposta presentada por Xerencia hai cambios sustanciais no baremo (puntuar os cursos impartidos, establecer só os últimos 10 anos para o cómputo dos cursos) que non podemos aceptar, que modifican un Baremo aprobado polo PAS funcionario que non se pode cambiar ata que se aprobe un novo.

Reclamaremos a Xerencia a que retire estes cambios e a que saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria.

No Anexo IV figura o borrador da convocatoria. A CIG solicita que se amplíe o prazo de presentación (15 días),

ou que non saia ata setembro para evitar que convocatoria e prazos

Page 3: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

coincidan coas vacacións de boa parte do persoal, e que hai que reclamarlle á Xerencia a necesidade de identificar en que biblioteca están as prazas adscritas a Xerencia, e solicitarlles información de se hai prazas ofertadas que poidan afectar á posible oferta de estabilización de 2019 e 2020. 4.- Reivindicacións do SRE

Lorena López (CIUS) expón a reclamación do SRE que se adxunta no Anexo III.

Acórdase solicitar a Xerencia unha regulación sobre este tema.

5.- Asuntos varios

Fálase de reclamar a cobertura inmediata de vacantes (SRE, Biblioteca Intercentros...)

Coméntase a nosa negativa á adscrición de prazas da RPT á Xerencia, perdendo a localización fixa dos postos de traballo.

Sen máis asuntos que tratar remata a reunión ás 13:30h.

Page 4: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

Usc CCOO Sección Sindical da Universidadede Santiago de Compostela

Temas urxentes a abordar coa Xerencia da USC:

- Reunión do Grupo de Traballo sobre o control horario para valorar as incidencias e os problemas queseguen sen solucionar.

- Convocatoria concursos de traslados co baremo aprobado en CG.

- OPE 2019. Estabilización prazas interinos.

- Convocatorias das OPE5 pendentes.

- Promoción interna.

- Equiparación niveis mínimos dos postos base no SUC

- Subidas de niveis de diversos postos singularizados e unificación de niveis dos postos de Responsablede unidade (nivel 24)

- Apertura a tres grupos (A1/A2/C1) das prazas ata nivel 25.

- Desenvolvemento da carreira profesional.

- Concursos de traslados anuais.

- Moficación dos criterios das comisións de servizos.

- Recuperación achegas ao Plan de Pensións.

- Estender ao persoal funcionario a redución da xornada por cesamento progresivo da actividaderegulada no convenio para o persoal laboral.

- Premio de xubilación para o persoal funcionario.

- Aplicación dos fondos salariais adicionais.

- Problemática no SRE.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2019

Páxina 1 del Extensión: 14343Correo: 0000_USO,OSwww,uso.oelslndlcatcsloooo

Anexo I.

Page 5: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

XUNTA DE PERSOAL 28/06/2019.

Punto 2. PROPOSTA TÁBOA DE REIVINDICACIÓNS PARA XERENCIA

Temas inmediatos pendentes:

• Concurso bibliotecas (Punto 3).• Recoñecemento de crédito horario independente para a xestión do

Intercambio de vacacións de PAS• Conflito SRE (punto 4):.• Incremento retributivo do 0,25 % vinculado ao crecemento do PIB, na

nómina de xullo: o art.10 do RD Lei 24/2018 polo que se aprobanmedidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sectorpúblico, prevía unha suba salarial do 2,25 %, xa cobrado; asimesmo,prevé un incremento do 0,25 % con efectos de 1 de xullo, se o PIBsupera o 2,5, o cal xa se produciu. En consecuencia, demandar da USCa inclusión desta cantidade na nómina de xullo

• Xornada e horarios:o Revisión e solución dos problemas da plataforma Évalos, que en

xullo se somete a avaliación, e das tramitacións da flexibilización.o Esixir un aprazamento do control horario definitivo do 1 de

setembro ata solucionar os problemas da plataforma e comprobarque sexa o mesmo tipo de control para todos os colectivos daUSC

o Denunciar a decisión de apertura de centros en nadal sennegociar co PAS, amparados na decisión dun Colexio deDecanos inexistente, e solicitar a concesión de 3 días en nadal amaiores como en outras universidades.

• Cobertura inmediata de prazas vacantes, e plan para a recuperación deefectivos: pouca cobertura de baixas, comisións de servizo e xubilaciónssen cubrir, etc.

TEMAS NEGOCIACIÓN A MEDIO PRAZO

• Convocatorias estabilización de emprego.o Dentro da Xunta de persoal :

Importancia de buscar unha solución de consenso entre opersoal afectado: decisións como onde se sitúa o númerode anos traballados para acadar a puntuación, posibilidadeou non de exención dalgún exame, etc.

Convocar ao persoal interino

Anexo II.

Page 6: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

o Diante de Xerencia: Confirmar se se poden engadir á oferta de estabilización as

prazas afectadas polo concurso de traslados de 2016. Concretar a formación vinculada á estabilización

mencionada no Plan de PAS

• Promoción interna:o sacar as convocatorias das OPEs aprobadas e que xa dispoñen

de acumulación de 3 anoso negociar a ampliación da oferta da OPE 2018 para a OPE de

2019 tal e como se comprometeu na negociación de decembro,ata acadar a taxa do 50% habitual do total das ofertas (xeral eestabilización), con promoción en prazas barradas.

• Negociación da OPE 2019• Plan de PAS:

o Carreira profesional tanto para fixos como para interinoso Solicitar información e concreción con respecto á formación unida

á estabilización e ás promocións• Cursos de formación:

o Nas novas normas de Xestión dos cursos de Formación non estáincluída a preferencia por excedencia para coidado de fillos/as(art. 93 Decreto Lexislativo Igualdade “Quen, sexa muller ouhome, estea utilizando ou utilizase, nos últimos dous anos, unhalicenza de maternidade, un permiso de paternidade, unharedución de xornada ou unha excedencia para o coidado defamiliares terá un dereito preferente a participar nos cursosformativos organizados pola Administración pública galega.”)

o Rexistro de persoal formador (punto 4.2): unha vez ao anodebería convocarse ou recordarlle ao conxunto do PAS aposibilidade de inscribirse para ser persoal formador.

o Disposición transitoria: selección de aspirantes mediante oprocedemento previsto en versións anteriores da norma ata quese dispoña dun desenvolvemento da aplicación informática quepermita ter en conta os criterios e observacións que conteñenestas normas. Preguntar se xa está esa aplicación: de non estar,preguntar prazos, e esixir se avise nas convocatorias.

• Comisións de servizo: cambios solicitados e comprometidos coa anteriorxunta de Persoal na última reunión coa xerencia (17 abril 2019),solicitada pola Xunta de Persoal, e que afirmou xerencia que estudiaría:

o baremar e publicar os requisitos a valorar que figuran noscriterios publicados

o facer pública a puntuación de cada aspiranteo Establecer o que se pode valorar no currículo (a semellanza do

que figura no baremo de concurso de traslados para os grupos altos)

• Listas de agarda:

Page 7: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

o Negociar a regulamentación dos criterios de mobilidade dopersoal interino para o cambio de Campus e quenda por orde de listaxe/conciliación da vida persoal e familiar (fillos menores e 1º grao de parentesco) vs listaxes separadas por campus e quendas. Permutas.

o Ver a posibilidade de negociar a excedencia voluntaria porservizos na propia administración con reserva de praza porpertenza a listaxe de agarda

o Inclusión, entre as causas xustificadas de permanencia enlistaxes (apartado VI.2): Lactación O coidado de fillos menores de 12 anos ou dun familiar que

se encontre ó seu cargo, ata o segundo grado deconsanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade,accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmoe non desempeñe actividades retribuidas

Enfermidade grave de familiares no primeiro grao deconsanguinidade ou afinidade

Ter unha oferta inminente para asinar un novocontrato/nomeamento.

• Revisión da RPT: equiparación co SUG e entre categorías, apertura a 3grupos de xefaturas de sección, responsábeis de unidade e xefaturas deoficina (A1, A2, C1), consolidación de postos de traballo estruturais,encadramento das prazas adscritas a Xerencia

• Recuperación das achegas ao Plan de Pensións, segundo o Acordo de2003 no seu punto IV.2: deixaron de facerse no 2012, pese a que dendeo 2014 non existe limitación legal para facelas.

• Negociación estrutura e formato de convocatorias, criterios de actuacióndos tribunais

• Negociación gratificacións para eliminar a arbitrariedade• Recoñecemento do tempo en Prestación social substitutoria e servizo

militar para antigüidade• Recoñecemento do premio xubilación para o persoal funcionario.

Punto 3. CONCURSO DE BIBLIOTECAS

Vixiar que se amplíe o prazo de presentación (15 días), ou que non saia ata setembro para evitar que se convocatoria e prazos coincidan coas vacacións de boa parte do persoal. Non permitir cambios substanciais no baremo (puntuación por cursos impartidos, ou limitación temporal da formación realizada), ata que se negocie outro despois das convocatorias deste ano. Identificar en que biblioteca están e en que ámbito se poden mover as prazas adscritas a Xerencia. Ver se hai prazas ofertadas que poidan afectar á posible oferta de estabilización de 2019 e 2020.

Punto 4. REIVINDICACIÓNS DO SRE.

Establecemento da obriga de viaxar, comunicándoo verbalmente, incluso ao estranxeiro, sen referir ningunha instrución ou normativa, nin establecer máis compensación que a recuperación dos días laborábeis pasados no estranxeiro.

Page 8: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

O que fixeron os 2 anteriores equipos foi dar indicacións por escrito, nas que se recoñecía a especial adicación do persoal desprazado ao estranxeiro e se establecía unha compensación con días de libranza (1/2 día de libranza por cada día laborable pasado no estranxeiro e 1 día por cada día non laborable). Esixir ao goberno da USC a negociación dunha instrución ou normativa coa representación do persoal, que regule este tipo de desprazamentos, que persoal os ten que facer, como se compensan, e como se procede se non hai persoal voluntario. Mentres non se chega a ese acordo, restituír inmediatamente as condicións anteriores.

Page 9: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

ANEXO III.

Page 10: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.
Page 11: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

1

Resolución da Xerencia do -------- de ----------- de 2019 da Universidade de Santiago de Compostela (USC) pola que se convoca concurso de méritos para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario, na área de arquivos e bibliotecas, correspondentes aos subgrupos A1, A2 e C1.

Existindo postos vacantes na Relación de postos de traballo de persoal funcionario da USC e sendo necesaria a súa provisión, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por resolución reitoral do 20 de xuño de 2018 e, tendo en conta o disposto no texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, no Real decreto 364/1995, de 10 de marzo e de conformidade co artigo 89 da Lei 2/2015 do emprego público de Galicia que prevé a posibilidade de convocar concursos para a provisión de postos dun determinado ámbito, resolve, convocar concurso para a provisión dos postos vacantes que se relacionan no anexo I desta resolución de acordo coas seguintes:

BASES DA CONVOCATORIA

PRIMEIRA.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

1.1.- Poderá participar no presente concurso, exclusivamente o persoal funcionario de carreira pertencente a corpos ou escalas da área de arquivos e bibliotecas, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás os suspensos en firme, e sempre que reúna os requisitos establecidos na lexislación de persoal funcionario e nas Normas de xestión do cadro de persoal de administración e servizos da USC.

1.2.- Estará obrigado a participar neste concurso, solicitando polo menos todos os postos que se oferten no Campus no que presten servizos, o persoal funcionario que reúna os requisitos dos postos establecidos na Relación de postos de traballo, no que se dea algún dos seguintes supostos:

a) O persoal funcionario que teña atribuído un posto de traballo mediante adscrición provisional.

b) Quen ocupe un posto en comisión de servizos, de acordo co disposto no punto 5 do Acordo demobilidade interuniversitaria subscrito o 30 de outubro de 2007 entre as Universidades de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña, participará neste concurso nas mesmas condicións e cos mesmos requisitos que o persoal funcionario da USC.

c) O persoal que superou un proceso selectivo de promoción interna e non ocupa con carácterdefinitivo un posto correspondente ao seu subgrupo.

1.3.- O persoal laboral fixo do grupo II de bibliotecas da Universidade de Santiago de Compostela declarado a extinguir, tamén poderá participar no presente concurso. Puntuarase como nivel de complemento de destino, o nivel do posto que ocupa o/a aspirante. As equivalencias serán as seguintes: grupo II laboral a subgrupo A2 de funcionarios/as.

Anexo IV.

Page 12: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

2

1.4.- Todos os requisitos, méritos e prazos estarán referidos á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

SEGUNDA.- POSTOS

2.1.- O concurso constará de dúas fases:

Primeira fase: vacantes relacionadas no anexo I.

Segunda fase: resultas da primeira.

2.2.- As persoas interesadas que desexen participar nas dúas fases deberán facelo constar na súa solicitude, tendo en conta que son consecutivas e que a segunda fase resolverase unha vez estea rematada a primeira.

2.3.- As persoas solicitantes que acaden posto na primeira fase non poderán participar na segunda.

2.4.- Os postos de traballo que poden solicitarse na primeira fase son os que se detallan no anexo I. Para acceder a calquera posto, as persoas que concursan deberán reunir os requisitos establecidos no citado anexo.

2.5.- Poderán solicitarse por orde de preferencia os postos de traballo que figuran no anexo I sempre que o nivel do posto ofertado estea incluído nos intervalos de niveis correspondentes ao subgrupo no que figure clasificado o corpo ou escala do/a concursante.

2.6.- Rematada a primeira fase, publicarase no taboleiro electrónico da USC e na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/provision/funcionarios.html do servizo de Planificación e Programación de PAS, a relación completa de vacantes que se ofertan a resultas.

2.7.- As persoas aspirantes que fixeron constar o seu desexo de participar na fase de resultas, e non acadaron posto na primeira fase, deberán remitir, no prazo de 10 días hábiles, a solicitude na que figuren por orde de preferencia os postos de resultas, e de ser o caso, o proxecto e o currículo documentado do/s posto/s aos que queiran optar.

2.8.- Para acceder a calquera posto de traballo desta fase de resultas, os/as concursantes deberán reunir os mesmos requisitos aos que se alude nos puntos 2.4 e 2.5.

TERCEIRA.- SOLICITUDES

3.1 A solicitude para participar neste concurso, en calquera das dúas fases, axustarase ao modelo publicado como anexo II e presentarase preferentemente no rexistro electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm ou na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros da USC.

Page 13: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

3

3.2.- Para garantir o principio de igualdade de todas as persoas aspirantes, a non presentación do proxecto e do currículo que se especifican no apartado B) baremo específico, da base quinta desta convocatoria xunto coa solicitude, ou, en todo caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, dará lugar á exclusión do proceso de concurso na fase correspondente.

3.3.- O prazo para presentar solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria.

3.4.- O persoal que teña recoñecido un grao de minusvalía igual ou superior ao 33 por cento, poderá solicitar a adaptación dos postos aos que opten, para o que deberán cubrir os apartados correspondentes do anexo II, e acompañar á solicitude de participación no concurso, un informe expedido polo órgano competente na materia, que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teñan atribuídos os postos solicitados.

3.5.- Rematado o prazo establecido para a presentación, as solicitudes serán vinculantes para o persoal solicitante e publicarase nos lugares indicados na base 2.6, unha listaxe na que figurarán as persoas aspirantes admitidas e excluídas, e os postos aos que optan. Contra a exclusión poderase interpor un recurso de reposición perante o xerente no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe.

3.6.- A descrición dos principais contidos e tarefas dos postos para os que se require a presentación de proxecto e curriculo, pódense consultar no seguinte enderezo: http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/manual-funcions.html

3.7.- A orde de prioridade para a adxudicación dos postos determinarase pola puntuación obtida de acordo co baremo que se especifica na base cuarta.

3.8.- En caso de empate nas puntuacións para postos de traballo non singularizados, ou singularizados de nivel inferior ao 22, acudirase para dirimilo en primeiro lugar á puntuación outorgada pola pertenza ao subgrupo superior, en segundo lugar á do traballo desenvolvido e se este continuase ao maior tempo de servizos efectivos prestados.

3.9.- Para postos singularizados dende o nivel 22, a valoración será en primeiro lugar, a maior puntuación no baremo específico, e se o empate continuara, acudirase para dirimilo ao especificado no apartado anterior.

CUARTA.- ACREDITACIÓN DE MÉRITOS

4.1.- Os/as concursantes deberán ter actualizados os seus expedientes persoais con aquela documentación que teñan pendente de incorporar e que poida ser obxecto de valoración, antes de que finalice o prazo de presentación de solicitudes. A documentación que se incorpore con posterioridade a este prazo non se incluirá no certificado de méritos que se traslade á Comisión de Avaliación.

Page 14: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

4

4.2.- A xefa do Servizo de Xestión de Persoal expedirá de oficio, certificado acreditativo dos datos que figuren nos expedientes das persoas solicitantes, engadindo o mesmo á solicitude presentada pola persoa aspirante.

QUINTA.- BAREMO

A) BAREMO XERAL: 60 PUNTOS

1. EXPERIENCIA PROFESIONAL: 30 puntos 1.1.Traballo desenvolvido: máximo 24 puntos

Valorarase cada ano completo ou o mes como fracción mínima, segundo o nivel do posto establecido na seguinte táboa.

Nivel do posto Puntos/ano Nivel do posto Puntos/ano

Ata o nivel 14 0,22 23 0,85 15 0,29 24 0,92 16 0,36 25 0,99 17 0,43 26 1,06 18 0,50 27 1,13 19 0,57 28 1,20 20 0,64 29 1,27 21 0,71 30 1,34 22 0,78

O tempo de servizos prestados na USC valorarase de acordo co seguinte: - Funcionario/a interino/a: polo nivel mínimo da escala. - Persoal laboral contratado nunha categoría do convenio colectivo de persoal de

administración e servizos, que nese momento tivera unha escala equivalente para o persoal funcionario: computarase como se fosen prestados nun posto do nivel mínimo desa escala.

- Outros servizos: tanto aos prestados como interino/a, en postos de nivel inferior ao 15, como de laboral que non tivera a equivalencia antes referida, aplicaráselles o valor que figura na táboa como “ata o nivel 14”.

• O traballo desenvolvido en comisión de servizos computarase polo nivel do posto que se ocupa con carácter definitivo.

• O tempo en adscrición provisional valorarase segundo o nivel do posto que se ocupe nesa situación.

• Os servizos prestados polo persoal destinado nun posto adscrito a unha escala inferior á que pertenzan, valoraránselles polo nivel mínimo correspondente a súa escala.

Page 15: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

5

• Os servizos prestados noutras universidades galegas, valoraranse segundo o nivel do posto acreditado aplicando os valores da táboa anterior cunha redución do 25 por 100. De non constar o nivel do posto desenvolvido considerarase o nivel mínimo do subgrupo ao que pertence.

• As persoas ás que se refire a base 1.2.b) puntuaráselles o tempo de desempeño na comisión de servizos nesta universidade, polo nivel do posto que estén ocupando

• Os servizos prestados noutras administracións, valoraranse segundo o nivel do posto acreditado aplicando os valores da táboa anterior cunha redución do 50 por 100. De non constar o nivel do posto desenvolvido considerarase o nivel mínimo do subgrupo de pertenza na data de prestación dos servizos.

1. 2 Grao: máximo 6 puntos De non ter grao consolidado ou se éste é inferior ao mínimo da escala á que pertenza o/a funcionario/a outorgarase a puntuación que corresponda ao nivel mínimo da escala.

Grao Puntos Grao Puntos 15 ou inferior 0,20 23 3,20

16 0,40 24 3,60 17 0,80 25 4 18 1,20 26 4,40 19 1,60 27 4,80 20 2 28 5,20 21 2,40 29 5,60 22 2,80 30 6

2. FORMACIÓN: total 20 puntos

2. 1 Titulación: máximo 2 puntos

Titulación Puntos ESO / Graduado Escolar 0,25 Bacharelato / Ciclo medio de FP 0,75 Técnico Superior 1,00 Diplomatura 1,25 Graduado/a universitario/a 1,50 Licenciatura 1,60 Doutoramento 2,00 Mestrado oficial* +0,25* *Os másteres oficiais valoraranse con 0,25 puntos adicionais á titulación que se teña acreditada. Unicamente se puntuará un máster oficial.

Page 16: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

6

• As equivalencias de titulacións serán as establecidas polo Ministerio e, para ser valoradas, apersoa interesada deberá citar a disposición na que se establece e o BOE no que se publica.

• Puntuará o máximo nivel da titulación oficial alcanzada. Unicamente puntuará unha titulaciónoficial.

• As titulacións estranxeiras só se valorarán se están homologadas no Estado español poloórgano competente.

• A especificidade e contido das titulacións, así como outras titulacións oficiais puntuarase, candoproceda, no apartado de currículo do baremo específico.

2. 2 Lingua Galega: máximo 2 puntos

Só se valorara a acreditación ou curso de nivel máis alto:

Nivel Puntos CELGA 5 2 CELGA 4 ou curso de perfeccionamento 1,50 CELGA 3 ou curso de iniciación 0,50

2. 3 Linguas estranxeiras: máximo 2 puntosOs niveis de lingua sinalados corresponden aos fixados no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) O coñecemento de cada lingua oficial na Unión Europea distinta do galego e do castelán valorarase segundo a seguinte táboa:

Nivel Puntos C2 1 C1 0,83 B2 0,66 B1 0,49 A2 0,32 A1 0,15

• Só se valorará o nivel máis alto dun mesmo idioma.• O coñecemento de idiomas acreditarase por medio de títulos expedidos por centros oficiais ou

homologados. As equivalencias terán que ser achegadas polos/as interesados/as para que sepoidan valorar neste apartado.

• O coñecemento dunha lingua que non sexa oficial na UE valorarase, segundo o nivelacreditado, coa metade dos puntos da táboa anterior.

2. 4 Cursos de formación: máximo 14 puntos. Valorarase a formación realizada nos últimosdez anos

Page 17: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

7

Só se puntuarán os niveis máis altos dos cursos recibidos e unha única edición do mesmo curso impartido.

Valoración Asistencia Aproveitamento Impartidos Por hora certificada 0,01 hora 0,02 hora 0,04 hora Sen horas certificadas, polo total do curso 0,1 curso 0,2 curso 0,4 curso

• Valoraranse neste apartado:- Os cursos de formación sempre que sexan de formación administrativa ou teñan relación

coas funcións propias dos postos convocados. Deberán ser impartidos por escolas, centros, organismos oficiais ou por organizacións sindicais e empresariais que estean suficientemente acreditados dentro dos programas de formación continua.

- Aqueles cursos de galego cando versen sobre cuestións relativas ao seu uso na administración pública ou específicos de bibliotecas e arquivos no seu caso.

- Os cursos de idiomas aprobados e impartidos por escolas, centros ou organismos oficiais, que non teñan o recoñecemento dos niveis que figuran no apartado 2.3, valoraranse con 0,2 puntos.

- Os cursos de perfeccionamento ou nivel avanzado que sexan continuación dun de iniciación, valorarase polo número de horas certificadas.

• Non se valorarán:- Os cursos de galego citados no apartado 2.2 nin aqueles destinados a adquirir os niveis que

se valoran nese mesmo apartado. - Os cursos con contidos incluídos implícita ou explicitamente noutros xa valorados, os que

forman parte de preparación de procesos selectivos, os de acollida, e os que pertenzan a planos de estudos regrados.

- Máis dunha edición do mesmo curso. Cando unha persoa acredite a realización de dous cursos e un deles sexa de reciclaxe ou actualización doutro (por cambios nas versións de software, por cambios na normativa de referencia ...), só se valorará un dos cursos, o que outorgue maior puntuación.

- A asistencia a xornadas, seminarios, congresos, reunións, etc. que non teñan carácter de cursos de formación administrativa ou curso de formación de bibliotecas e arquivos de carácter xeral.

3. GRUPO: total 10 puntos

A pertenza ao grupo valorarase segundo a táboa que segue:

Grupo/Subgrupo Puntos A1 10

Page 18: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

8

A2 7 B 5,5

C1 4 C2 1

B) BAREMO ESPECÍFICO : 40 PUNTOS Aplicable aos postos singularizados dende o nivel 22. A Comisión avaliadora publicará con carácter previo, os criterios de corrección do proxecto e da valoración do currículo, e adoptará as medidas oportunas para que a valoración do proxecto se leve a cabo sen que se coñeza a identidade do/a aspirante. 1. PROXECTO SOBRE O POSTO DE TRABALLO AO QUE SE OPTA: máximo 15 puntos O/a candidato/a presentará un proxecto de actuación respecto ao posto de traballo ao que pretende acceder. Este proxecto deberá conter, como mínimo, os seguintes aspectos:

• Análise do posto ao que se opta:

a. Encadramento organizativo (ascendente e descendente) b. Misión e visión do posto c. Principais tarefas a desenvolver d. Medios cos que se conta

• Proxecto do candidato/a para o posto ao que se opta:

e. Obxectivos a desenvolver no posto, xerais e específicos f. Propostas de mellora organizativa. g. Proposta de medios humanos e materiais para desenvolver o proxecto. h. Destrezas que se deben posuír para o desempeño do posto.

O proxecto presentarase por escrito, en sobre pechado (sobre grande tamaño 260x360 mm,) no que apareza como única identificación o logotipo da USC. A extensión máxima establécese en 10 folios, DIN A4, escritos por unha soa cara en letra Arial Narrow punto 12 e cun interliñado de 1,5. Poden achegarse anexos bibliográficos ou de relación de materiais empregados, gráficos ou táboas, que non poden superar en conxunto os 5 folios adicionais. Han de estar claramente diferenciados e separados do texto principal figurando baixo a epígrafe de anexos. A identidade do/da candidato/a irá en sobre á parte pechado (sobre pequeno tamaño 120x176 mm,) no que apareza como única identificación o logotipo da USC, que se introducirá dentro do sobre co proxecto, e consistirá no nome e DNI do/da concursante. O texto do proxecto non debe conter indicación ou marca ningunha que poida identificar a súa autoría.

Page 19: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

9

Os sobres normalizados para o proxecto e a identificación serán facilitados para estes efectos, no Servizo de Planificación e Programación de PAS, na Vicexerencia de Lugo ou nos correspondentes rexistros. Non se admitirán sobres non normalizados. Cada membro da Comisión outorgará unha puntuación ao traballo, eliminándose a máis alta e a máis baixa, ou unha de cada unha delas se son coincidentes, e farase a media aritmética.

Valorarase: • A capacidade de análise e crítica exposta no proxecto.• A capacidade de organización, concreción e claridade do proxecto.• A capacidade de innovación, orixinalidade ou creatividade e viabilidade do traballo• O coñecemento amosado na busca de información e na selección para a elaboración do

proxecto.• A capacidade de interrelación das áreas funcionais que, de ser o caso, se aprecie no

traballo presentado.Para a superación do proxecto será necesario obter un mínimo de 6 puntos. Ás persoas aspirantes que non acaden esta puntuación, xa non se lles avaliará o currículo nin realizarán a defensa do seu proxecto

2. CURRÍCULO: máximo 10 puntos

Os/as concursantes deberán presentar xunto coa solicitude un currículo e a documentación anexa que conteña a xustificación dos méritos alegados, agás que conste acreditada no expediente persoal do/a aspirante. A extensión máxima do currículo será de 5 folios, DIN A4, escritos por unha soa cara en letra Arial Narrow punto 12 e 1,5 de interliñado.

Valorarase o currículo do/da participante na súa integridade tendo en conta: 1- Traxectoria laboral pública relacionada co posto ao que se opta. 2- Formación específica considerada relevante para o desenvolvemento do posto de traballo

ao que se opta. a. Titulacións oficiais relacionadas co posto de traballo ao que se optab. Títulos propios das universidadesc. Cursos específicos directamente relacionados co posto de traballo ao que se opta e

non valorados no baremo xerald. Actividade docente distinta da valorada no apartado do baremo xeral: docencia

como profesor asociado, colaboracións noutras titulacións (clases, prácticas outitorías en distintos estudos tanto oficiais como propios etc.), cursos preparatoriosou integrantes de procesos selectivos (que teñan relación coas administraciónspúblicas)

e. Coordinación de cursosf. Relatorios e comunicacións en xornadas, seminarios e congresos e conferencias e,

de ser o caso, a súa publicacióng. Participación en xornadas, seminarios, congresos, táboas redondas, etc.

Page 20: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

10

h. Cursos de verán e outros cursos non valorados/valorables no apartado de formación do Baremo Xeral

3- Habilidades e destrezas que posúe o/a aspirante

Cada membro da comisión outorgará unha puntuación, debendo valorar todos os apartados de acordo cos criterios previamente establecidos. Descartarase a puntuación máis alta e a máis baixa ou unha de cada unha delas, de ser coincidentes, e farase a media aritmética.

3. DEFENSA PÚBLICA DO PROXECTO E DO CURRICULO: máximo 15 puntos

Os/as candidatos/as que obteñan unha puntuación mínima de 6 no proxecto presentado serán citados pola Comisión a un acto de defensa pública do proxecto e do currículo. O sistema de valoración será o mesmo que para o proxecto (valorará cada membro da comisión descartándose os máximos e os mínimos). Neste acto de defensa pública a persoa candidata disporá dun tempo máximo de 20 minutos para realizar a exposición. Poderá utilizar os medios técnicos ou materiais que estime necesarios, pero deberá comunicarllo á comisión no prazo que se lle indique. A Comisión poderá formular preguntas co fin de aclarar todos aqueles aspectos necesarios para a realización da axeitada valoración do proxecto e currículo presentado, e contrastar a adecuación do perfil profesional e as aptitudes do/a concursante ao posto solicitado. O tempo máximo para a formulación de preguntas será de 10 minutos. Valoraranse aspectos como:

• A capacidade para a utilización dos recursos básicos para a exposición como: expresión oral, o emprego dos medios materiais e tecnolóxicos, etc.

• A capacidade para transmitir de xeito claro e ordenado, as principais ideas do traballo presentado.

• A capacidade de comprensión e argumentación, así como os coñecementos que posúe e a capacidade para inserilos nas respostas ás preguntas que formule a Comisión.

• A capacidade de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos do posto.

• A capacidade para integrar teoría e práctica (profesionalidade) • Coñecemento sobre as habilidades e destrezas necesarias que deberá posuír o/a

candidato/a para o desempeño do posto e as achegas que con respecto a isto realice no traballo.

Para a superación desta fase de defensa pública será necesario obter un mínimo de 5 puntos. SEXTA.- COMISIÓN DE AVALIACIÓN 6.1.- Os méritos serán avaliados por Comisións integradas polos membros que mais abaixo se indican, de conformidade co establecido no artigo 46 do Real decreto 364/1995, de 10 de marzo,

Page 21: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

11

polo que se aproba o Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración Xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración Xeral do Estado. 6.2.- As Comisións de Avaliación, poderán segundo o previsto no artigo 46 do RD 364/1995, solicitar da autoridade que convoca, a designación de expertos que, en calidade de asesores, actuarán con voz pero sen voto. Presidente/a: Vogais: Secretario/a: 6.3.- A Comisión terá a categoría primeira das recollidas no Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón de servizo. SÉTIMA.- PUBLICACIÓN DAS PROPOSTAS E RECLAMACIÓNS 7.1.- A proposta da Comisión, xunto coa puntuación obtida polas persoas aspirantes, faranse públicas no taboleiro electrónico da USC e na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/provision/funcionarios.html 7.2.- A Comisión proporá ás persoas aspirantes que obtivesen maior puntuación. 7.3.- Finalizado o proceso de valoración de méritos, a Comisión de Avaliación publicará nos lugares indicados no punto 7.1, as propostas de adxudicación con indicación dos códigos dos postos, fronte á que as persoas interesadas poderán formular reclamación no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 7.4.- A admisión a trámite das reclamacións presentadas suspenderá os nomeamentos propostos ata a súa resolución. 7.5.- Rematado o prazo de reclamacións sen terse presentado ningunha, ou unha vez resoltas estas, a Comisión elevará a definitivas as propostas de adxudicación de postos. OITAVA.- RESOLUCIÓN DO CONCURSO E ADXUDICACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO 8.1.- As propostas definitivas que realicen as Comisións, terán o carácter de vinculantes e os destinos adxudicados serán irrenunciables, agás que se obtivese outro destino mediante convocatoria pública antes de rematar o prazo de toma de posesión, de acordo co disposto no artigo 49 do RD 364/1995.

Page 22: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

12

8.2.- O persoal funcionario que acadara destino neste concurso deberá permanecer no posto adxudicado un mínimo de dous anos para poder participar nos concursos de provisión, a non ser que se lle suprimira o posto de traballo ou que solicite cambio de nivel ou de localidade. 8.3.- Se rematado o procedemento de provisión, o persoal funcionario ao que se refiren os puntos 1.2.a) e 1.2.c) non obtivera posto, a autoridade convocante poderá adxudicarlle con carácter definitivo un posto no campus onde está actualmente destinado, sempre que resulten vacantes postos incluídos no intervalo de niveis do subgrupo ao que pertenza o/a funcionario/a. 8.4. O persoal ao que se refieren os puntos 1.2.a) e 1.2.b) se non obtivese destino definitivo, quedará ao dispor da xerencia, que procederá a súa adscrición provisional a un posto vacante correspondente ao seu corpo ou escala, ou a ofertarlle unha nova comisión de servizo, segundo corresponda. 8.5.- Os traslados que se deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios e, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización por ningún concepto. 8.6.- Para a toma de posesión dos novos destinos estarase ao que dispoña a resolución da xerencia que se dite ao efecto. NOVENA.- DISPOSICIÓN FINAL A presente convocatoria e os actos administrativos derivados da mesma poderán ser impugnados de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Santiago de Compostela, O xerente, Antonio Javier Ferreira Fernández

Page 23: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

1

ANEXO I: VACANTES ÁREA DE ARQUIVOS E BIBLIOTECAS

CÓDIGO DENOMINACIÓN POSTO NIVEL SUBGRUPO QUENDA CAMPUS OBSERVACIÓNS

PF000028 Subdirección Técnica. Biblioteca Xeral 26 A1/A2 M Compostela Vacante a partir de 27/07/2019

PF000067 Dirección de biblioteca Biblioteca Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais 25 A1/A2 M Compostela

PF000070 Dirección de biblioteca Biblioteca Facultade de Psicoloxía / Facultade Ciencias da Educación 25 A1/A2 M Compostela

PF000073 Dirección de biblioteca

Biblioteca Facultade de Medicina e Odontoloxía / Facultade de Enfermaría

25 A1/A2 M Compostela

PF000076 Dirección de biblioteca Biblioteca Facultade Formación do Profesorado 25 A1/A2 M Lugo

PF000077 Dirección de biblioteca Biblioteca Facultade Ciencias da Comunicación 25 A1/A2 M Compostela

PF000079 Xefatura de sección biblioteca. Sección de Servizos. Biblioteca Xeral 25 A1/A2 M Compostela

PF000154 Xefatura de negociado de biblioteca Negociado Mantemento de Fondos. Biblioteca Xeral 22 A2 M Compostela

PF000157 Xefatura de negociado de biblioteca Negociado División Galicia. Biblioteca Xeral 22 A2 M Compostela

PF000167 Axudante de biblioteca Xerencia 21 A2 M Compostela

PF000183 Axudante de biblioteca Xerencia 21 A2 M Compostela

Page 24: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

2

CÓDIGO DENOMINACIÓN POSTO NIVEL SUBGRUPO QUENDA CAMPUS OBSERVACIÓNS

PF000173 Axudante de biblioteca Biblioteca Facultade de Psicoloxía / Facultade Ciencias da Educación 21 A2 M Compostela

PF000177 Axudante de biblioteca Biblioteca Facultade de Matemáticas 21 A2 M Compostela

PF000182 Axudante de biblioteca Biblioteca Facultade de Química / Escola Técnica Superior de Enxeñaría 21 A2 M Compostela

PF000184 Axudante de biblioteca Biblioteca Facultade de Xeografía e Historia / Facultade de Filosofía 21 A2 M Compostela

PF000198 Axudante de biblioteca Biblioteca Intercentros. Campus de Lugo 21 A2 M Lugo

PF000207 Axudante de arquivo Arquivo Histórico 21 A2 M Compostela

PF000395 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos Negociados Biblioteca Xeral 17 C1 T Compostela

PF000418 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos Xerencia 17 C1 M Compostela

PF000458 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos Xerencia 17 C1 T Compostela

PF000943 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos Xerencia 17 C1 T Compostela

PF000435 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos Biblioteca Facultade de Psicoloxía / Facultade Ciencias da Educación 17 C1 T Compostela

PF000470 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos Biblioteca Facultade de Xeografía e Historia / Facultade de Filosofía 17 C1 T Compostela

PF000454 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos

Biblioteca Facultade de Medicina e Odontoloxía / Facultade de Enfermaría

17 C1 M Compostela Vacante a partir de 07/06/2019

Page 25: Día: 28 de xuño de 2019 Lugar: Sala de Xuntas. Fac. de ......saia en setembro para darlle unha correcta difusión á convocatoria. No Anexo IV figura o borrador da convocatoria.

3

CÓDIGO DENOMINACIÓN POSTO NIVEL SUBGRUPO QUENDA CAMPUS OBSERVACIÓNS

PF000473 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos

Biblioteca Facultade de Medicina e Odontoloxía / Facultade de Enfermaría

17 C1 T Compostela

PF000501 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos Biblioteca Concepción Arenal 17 C1 M Compostela

PF000508 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos Servizo de Publicacións e Intercambio Científico 17 C1 M Compostela

PF000513 Auxiliar arquivos, bibliotecas e museos Unidade de Xestión Académica. Campus de Lugo 17 C1 M Lugo