De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido...

8
O xoves,9 de maio de 2002,aparecían por vez primei- ra en FARO DEVIGO as páxinas do suplemento cultural que agora mesmo están a ollar todos Vdes. Contando cos nomes de andainas anteriores –en especial aqueles que procedían de “Faro das Letras” (1993–1996)–, pero tamén con outros que entón se incorporaban ao proxecto e aínda, fe- lizmente, con moitos máis que se engadirían ao longo da década,FA- RO DA CULTURA veu procurando tentar ofre- cer semanalmente unha panorámica puntual da- quilo que se “move” na cultura galega, mais ta- mén noutras latitudes, a proxectárense sobre o noso entorno. Tras as palabras ini- ciais de saúdo, a primei- ra entrega do suplemen- to presentaba un traba- llo de Moisés R. Barcia sobre a obra de J.R R. Tolkien,de singular ac- tualidade daquela pola estrea da versión cine- matográfica realizada por Peter Jackson; así mesmo, Ramón Nicolás entrevistaba ao director de Edicións Xerais, Ma- nuel Bragado.Manuel Rosales, da súa parte, le- vaba a cabo unha sem- blanza da vida e obra de Carlos Casares mentres Xosé Freire –cuxa me- moria e afecto permane- cen inesquecibles entre todos nós– escribía arre- dor do percorrido musi- cal de Carlos Núñez. Francisco Martínez Bou- zas, Román Raña, Joa- quimVentura,Carlos Ber- nárdez, M. Blanco Rivas, María Navarro, Domingo Tabuyo e Estro Montaña completaban a nómina de colaboradores. Os obxectivos de FA- RO DA CULTURA eran,e seguen a selo, funda- mentalmente dous: dun- ha parte, dar noticia –e/ou reflexionar sobre ela– daquilo que se pro- duce na literatura, na ar- te, no espazo audiovi- sual,na historia,na músi- ca… de Galicia; asema- de, doutra, procurar iso mesmo con respecto ás novidades que teñen lu- gar en espazos univer- sais, mais que por tal fei- to –por formar parte o noso país de dita univer- salidade– han de ter cumprida acollida e/ou repercusión na nosa latitude. Han de ser sempre os lectores -para eles vaia sempre to- do o noso agradecemento- quen xulgue se fomos capa- ces de atinxir minimamente os afáns deseñados; pola nosa parte,prestando especial atención arreo ás críticas que nos fixeron e nos fan chegar,moi conscientes dos recursos cos que contamos, consideramos que algo si que fomos quen de aportar en todo este tempo.Trátase dunha perspectiva que nos produce ledicia, mais que tamén esixe maior dedicación e empeño futuros. O século XXI iniciou- se con moitas ilusións para o eido cultural gale- go.A difícil xeira que es- tamos a atravesar ben pode determinar que al- gúns consideren que a cultura do país atravesa agora mesmo un mo- mento de desconcertan- te retroceso. No noso en- tender, porén, se negar- mos en ningún momen- to as enormes dificulta- des que nos rodean e,así mesmo, sen pretender optimismos voluntaristas estériles, consideramos que unha ollada ao que había hai dez anos e, ao tempo, tamén a aquilo que se foi acadando, de- mostra ás claras que o mundo cultural de noso gañou tanto na plurali- dade como na calidade media dos seus produ- tos. Coidamos que, nas súas posibilidades, as pá- xinas de FARO DA CUL- TURA veñen dar teste- muña puntual dese avance: así, desde un tempo pretériro marca- do case en exclusiva po- la actividade literaria, vi- ñemos dar nestoutro pre- sente no que a arte, o au- diovisual, a banda dese- ñada, a música… feitos en Galicia deviron unha feliz realidade cotiá. De certo que aqueles que teñen os medios para propiciar, favorecer… deberían tomar cumpri- da nota desa proxección e, claro é, actuar en con- secuencia.Ao cabo, in- vestir na cultura deste país non supón un luxo e/ou un pasatempo; an- tes ben, supón unha acertada medida que ga- rantiza a riqueza: a rique- za inmaterial; pero ta- mén a riqueza so- cio–económica para o conxunto da comunida- de. Oxalá que FARO DA CULTURA –e outras ini- ciativas semellantes– poidan continuar a dar noticia dos avances con- formados en dirección cara a ese mellor futuro. Coordina: Xosé Ramón Pena Nº 414 XOVES, 10 DE MAIO DE 2012 ARTE: “BESTIARIO, FÓRA A ALMA”, DE LUÍS SEOANE / PÁX. IV ENTREVISTA CO DIRECTOR DOS PREMIOS OPINIÓNSCAR LOSADA / PÁX.V MÚSICA:O REXURDIMENTO DO CANTO TABERNARIO / PÁX. VIII De luces e de faros Dez anos dun suplemento cultural XOSÉ RAMÓN PENA

Transcript of De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido...

Page 1: De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido cultural gale- ... De luces e de faros Dez anos dun suplemento cultural X OSÉ R AMÓN

O xoves,9 de maio de 2002,aparecían por vez primei-ra en FARO DE VIGO as páxinas do suplemento culturalque agora mesmo están a ollar todos Vdes. Contandocos nomes de andainas anteriores –en especial aquelesque procedían de “Faro das Letras” (1993–1996)–, perotamén con outros queentón se incorporabanao proxecto e aínda, fe-lizmente, con moitosmáis que se engadiríanao longo da década, FA-RO DA CULTURA veuprocurando tentar ofre-cer semanalmente unhapanorámica puntual da-quilo que se “move” nacultura galega, mais ta-mén noutras latitudes, aproxectárense sobre onoso entorno.

Tras as palabras ini-ciais de saúdo, a primei-ra entrega do suplemen-to presentaba un traba-llo de Moisés R. Barciasobre a obra de J.R R.Tolkien, de singular ac-tualidade daquela polaestrea da versión cine-matográfica realizadapor Peter Jackson; asímesmo, Ramón Nicolásentrevistaba ao directorde Edicións Xerais, Ma-nuel Bragado.ManuelRosales, da súa parte, le-vaba a cabo unha sem-blanza da vida e obra deCarlos Casares mentresXosé Freire –cuxa me-moria e afecto permane-cen inesquecibles entretodos nós– escribía arre-dor do percorrido musi-cal de Carlos Núñez.Francisco Martínez Bou-zas, Román Raña, Joa-quimVentura,Carlos Ber-nárdez, M. Blanco Rivas,María Navarro, DomingoTabuyo e Estro Montañacompletaban a nóminade colaboradores.

Os obxectivos de FA-RO DA CULTURA eran, eseguen a selo, funda-mentalmente dous: dun-ha parte, dar noticia–e/ou reflexionar sobreela– daquilo que se pro-duce na literatura, na ar-te, no espazo audiovi-sual,na historia,na músi-ca… de Galicia; asema-de, doutra, procurar isomesmo con respecto ásnovidades que teñen lu-gar en espazos univer-sais,mais que por tal fei-to –por formar parte onoso país de dita univer-salidade– han de ter

cumprida acollida e/ou repercusión na nosa latitude.Han de ser sempre os lectores -para eles vaia sempre to-do o noso agradecemento- quen xulgue se fomos capa-ces de atinxir minimamente os afáns deseñados; polanosa parte,prestando especial atención arreo ás críticas

que nos fixeron e nos fan chegar, moi conscientes dosrecursos cos que contamos, consideramos que algo sique fomos quen de aportar en todo este tempo.Trátasedunha perspectiva que nos produce ledicia, mais quetamén esixe maior dedicación e empeño futuros.

O século XXI iniciou-se con moitas ilusiónspara o eido cultural gale-go.A difícil xeira que es-tamos a atravesar benpode determinar que al-gúns consideren que acultura do país atravesaagora mesmo un mo-mento de desconcertan-te retroceso. No noso en-tender, porén, se negar-mos en ningún momen-to as enormes dificulta-des que nos rodean e,asímesmo, sen pretenderoptimismos voluntaristasestériles, consideramosque unha ollada ao quehabía hai dez anos e, aotempo, tamén a aquiloque se foi acadando, de-mostra ás claras que omundo cultural de nosogañou tanto na plurali-dade como na calidademedia dos seus produ-tos. Coidamos que, nassúas posibilidades,as pá-xinas de FARO DA CUL-TURA veñen dar teste-muña puntual deseavance: así, desde untempo pretériro marca-do case en exclusiva po-la actividade literaria, vi-ñemos dar nestoutro pre-sente no que a arte,o au-diovisual, a banda dese-ñada, a música… feitosen Galicia deviron unhafeliz realidade cotiá. Decerto que aqueles queteñen os medios parapropiciar, favorecer…deberían tomar cumpri-da nota desa proxeccióne, claro é, actuar en con-secuencia. Ao cabo, in-vestir na cultura destepaís non supón un luxoe/ou un pasatempo; an-tes ben, supón unhaacertada medida que ga-rantiza a riqueza:a rique-za inmaterial; pero ta-mén a riqueza so-cio–económica para oconxunto da comunida-de.

Oxalá que FARO DACULTURA –e outras ini-ciativas semellantes–poidan continuar a darnoticia dos avances con-formados en direccióncara a ese mellor futuro.

Coordina: Xosé Ramón PenaNº 414 n XOVES, 10 DE MAIO DE 2012

ARTE: “BESTIARIO, FÓRAA ALMA”, DE LUÍS SEOANE /PÁX. IV

ENTREVISTA CO DIRECTOR DOSPREMIOS OPINIÓN, ÓSCAR LOSADA /PÁX. V

MÚSICA: O REXURDIMENTODO CANTO TABERNARIO /PÁX. VIII

De luces ede faros

Dez anos dun suplemento culturalXOSÉ RAMÓN PENA

Page 2: De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido cultural gale- ... De luces e de faros Dez anos dun suplemento cultural X OSÉ R AMÓN

“Encarna o mellor deVigo.É o Vigo das Cantigasde Martín Códax, das pu-blicacións de Rosalía deCastro e Murguía,do TeatroGarcía Barbón, o de PazAndrade, de del Riego, deCunqueiro, de Galaxia, deXerais; dese Vigo que des-de a súa historia sabeconstruír unha Galiciamáis universal que nin-guén”.Así define o músicoCarlos Núñez o cerne doFARO DA CULTURA, quecumpre hoxe 10 anos deandaina.

Non é doado manterun suplemento como estedurante toda unha déca-da.Só alcanzala,e ademaisen tempos de crise,é“todoun reto cumprido”,apuntao subdirector do FARO DEVIGO,Jesús Portela.Botar oollar atrás pode ser, ade-mais, o primeiro chanzodun balance posible.“An-tes do FARO DA CULTURAexistira xa Faro das Le-tras.Foi Ceferino de Blas,daquela director doxornal, quen me cha-mou e quen me falouda posibilidade de fa-cermos un suplemen-to máis amplo”, lem-bra o coordinador doproxecto,Xosé RamónPena.

Como pai da idea,Ceferino de Blas sinala aconexión do FARO DACULTURA coa historia doxornal.“Faro das Letras en-laza cunha antiga tradi-ción do periódico, que seremonta ao século XIX,cando había unha aten-ción case exclusiva á litera-tura. Houbo un tempo enque FARO DEVIGO se sub-titulou periódico literario,aínda que fora por razónsde tipo político: para fuxirda censura e non ser san-cionado.Cando se decidiusacar o FARO DA CULTU-RA foi para darlle máis va-riedade ao suplemento, eresponder ás demandasculturais que pedían uns

espazos de recensión e crí-tica de contidos máis amp-los que as letras.As artesplásticas,a música,o cine-ma, o teatro, a arquitectu-ra...”,explica.

A aposta pola lingua ga-lega é unha das caracterís-ticas que distinguen o su-plemento.“Poder ler en ga-lego a referencia ás activi-dades e publicacións quede seu se realizan en gale-go confírelle á lectura un-ha naturalidade que oslectores agradecemos. OFARO DA CULTURA trazaun ronsel que deberá irmarcando cara ao futu-ro un rumbo trans-versal nas pá-xinas dos

xor-nais, dem a n e i r aque poidamosinformarnos ta-mén en galego sobreo que acontece nos distin-tos ámbitos da nosa reali-dade”, sostén o secretarioxeral de Cultura da Xunta,Anxo Lorenzo.

Ademais da cuestióndo idioma,o presidente doConsello da Cultura Gale-

ga, RamónVillares, salienta o “trata-mento especializado, daanálise demorada e dunespazo propio –informati-vo,analítico e crítico– que

soubo,e sabe,abrirse

ás múltiples facetas e ex-presións do mundo da cul-tura” como principaisachegas. Mentres o presi-dente da Real AcademiaGalega, Xosé Luís Méndez

Ferrín,engade que“o feitode que se ocupe da cultu-ra galega e universal é moiimportante. É a liña da re-vista Nós, pero no séculoXXI”.

A literatura é, sen dúbi-da,un dos piares do FARODA CULTURA. O directorde Galaxia,Víctor Freixa-nes,parabeniza o proxectopor manter“un nivel de esi-xencia e calidade constan-te”,cun“equilibrio nada fá-cil entre a amenidade e origor”.Pola súa banda,o di-rector de Xerais, ManuelBragado, asegura que é“osuplemento cultural en lin-gua galega de maior anti-güidade, continuidade eindependencia dos exis-tentes no país”.Tamén o di-rector de Rinoceronte,

Moisés Barcia, se amosaclaro. “O FARO DA

CULTURA fronte aoutros suplemen-

tos galegos quepretenden com-petir coa pren-sa de Madrid,céntrase naliteratura engalego”,di.

O respon-sable de Es-piral Maior,M i g u e lAnxo Fer-nán–Vello,comenta ocarácter“mo-délico”do su-plemento no

tratamento dapoesía. Canto

ao impacto so-cial,o crítico e co-

laborador do FARODA CULTURA,Arman-

do Requeixo, afirma ter“a impresión de que, aolongo desta década,conse-guiu aglutinar ao seu redorun grupo profesionalmen-te moi competente quesoubo abrir vías de diálo-go co lectorado e estable-cer proveitosos debates so-bre diferentes cuestións deactualidade”.

FARO DE VIGO

XOVES, 10 DE MAIO DE 2012 10 ANOS DE FARO DA CULTURAII

XOSÉ MANUEL BUDIÑOMÜSICO

Nas páxinas dosuplementopublícanse

críticas de discosmoi axentiadas

JAVIER LÓPEZ MARTÍNEZDIRECTOR DA FUNDACIÓN BARRIE

O valor de Faroda Culturaradica na

calidade dassúas sinaturas

ANTONIO DURÁN “MORRIS”ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA

Desexamos queo suplementodure aínda

moitos anosconnosco

CEFERINO DE BLASCONSELLEIRO DE FARO DE VIGO

Faro da Culturaveu responder ásnovas demandas

culturais dasociedade galega

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍNPRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA

O feito de quese ocupe da

cultura universalé moi

importante

MIGUEL ANXO FERNÁN VELLOESCRITOR, DIRECTOR DA EDITORIAL ESPIRAL MAIOR

Faro da Culturaresulta modélicono tratamentoda poesía de

noso

O escritor Suso de Toroopina que o tratamentodado á literatura galega “édunha gran lealdade copaís”, cun “recoñecemen-to humilde e cortés porparte do FARO da impor-tancia da nosa cultura”.Mais non todo van ser lou-vanzas.Tamén hai propos-tas para a mellora.“Aposta-ría por concederlle maiorespazo a unha crítica enprofundidade, o que po-dería denominarse comoO libro da semana. O ac-tual tratamento das páxi-nas de crítica de libros éinsuficiente para algunhasobras e quizais moi xene-roso para outras.Valoraríaa posibilidade de reduciralgún dos artigos ensaísti-cos iniciais e introducir re-portaxes de temas cultu-rais cun enfoque neta-mente xornalístico”, diBragado.

Na mesma liña, o direc-tor de Toxosoutos, DavidG. Couso, malia pensarque “este suplemento su-pón un dos escasos esca-parates do libro galegocon voces moi plurais”,entende que “algúns tex-tos que, a xuízo dos críti-cos non pagan moito a pe-na, ocupan demasiado es-pazo”,e que“o silencio de-be ser mellor compañei-ro”, nestes casos,“que aspolémicas de dubidosocriterio”. Suso de Toro bo-ta en falta, en xeral, nosmedios de comunicación,o debate arredor da litera-tura, pois, ao seu ver, esta“sobrevive asfixiando osdebates, dilemas, conflic-tos..., todo o que é propioda vida”.

Propostaspara amellora

De Vigo áGalicia

universalBalance dunha década de andaina

MONTSE GONZÁLEZ

FO

TO

:ELIR

EG

UEIR

A

Page 3: De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido cultural gale- ... De luces e de faros Dez anos dun suplemento cultural X OSÉ R AMÓN

O FARO DA CULTURA emais o MARCO son dun tem-po: dez anos. O director domuseo vigués, Iñaki Martí-nez,inicia o balance sobre otratamento da arte no suple-mento do FARO DE VIGOcon estas palabras:“as princi-pais achegas son favorecerunha maior visibilidade dosproxectos e contribuír a un-ha mellor formación do pú-blico,especializado ou non,a través dunha visión críticae profesional”.

Completa esta perspecti-va o director xeral da Funda-ción Barrié,Javier López Mar-tínez,para quen“o valor dunsuplemento cultural comoFARO DA CULTURA radicana calidade das súas sinatu-ras e no coidado dos seuscontidos. Pois comple-menta,con rigor,a infor-mación cultural do pe-riódico,dirixida a to-dos os públicos,achegando textoscríticos para o lec-tor máis especiali-zado”.

A directora decontidos socio-culturais de No-vacaixagalicia,María Teresa Co-res, conflúe coneles ao sinalarque“o suplemen-to soubo, e sabe,transmitir coñece-mento”. Deste xei-to,“os voceiros daprensa cultural, co-mo o FARO con-tribúen á desexadanormalización procu-rada polos devanceirosde Nós.O FARO DA CUL-TURA asumiu o labor decontinuidade iniciado haicase un século”.

A visión non é tan positivadesde as galerías de arte.“Se-ría interesante facer cadacerto tempo unha axendaextensa”, propón FranciscoSalas, de PM8, que aprecia,porén, o tratamento en pro-fundidade da arte no FARODA CULTURA.Desde Adhoc,Inés Ramiro lamenta que seconceda no suplementomoito máis espazo á literatu-ra que á arte e que non sepreste máis atención na in-formación diaria á activida-de das galerías,mais agrade-ce os artigos de Carlos Ber-nárdez.

A música é tamén moi im-portante no FARO DA CUL-TURA.“Eu medrei con FAROe,claro,son asiduo do FARODA CULTURA. O xornal pu-blica críticas de discos moiacertadas”,salienta o gaiteiroXosé Manuel Budiño.Taméno músico Pancho Álvarezconsidera o suplemento“unespazo imprescindible parao coñecemento do que se faino país”.Na opinión de Ana

Senlle,de Malvela,“oFARO DA CULTURA está

moi ben,pero a cultura te-ría que ter unha maior pre-senza no periódico todos osdías”.

O secretario da Asocia-ción Galega de Empresas

Musicais, Ángel Escariz,achega un“balance po-

sitivo”sobre o suple-mento, pois “sem-

pre é encomia-ble o esforzo

dun medio porachegar a música ao

público,especialmen-te como no caso do FA-

RO DA CULTURA que de-dica entrevistas extensas eartigos a artistas de gran cali-dade,á marxe de criterios co-mo a súa comercialidade”.Mais suxire dar un maior pe-so no xornal ás recensiónsde discos e crónicas de con-certos.A óptica do colectivoMúsicos ao Vivo, expresadapor Manuel Alonso,é tamén“positiva”, mais propoñendar maior entrada á voz dasasociacións do sector.

O reforzo da crítica é,pre-cisamente,unha das deman-das principais do mundo da

interpretación.Así o comen-ta o presidente de EscenaGalega,Salvador del Río.“Po-día haber máis crítica de ci-ne e de teatro, si.Pero Vigo éunha cidade complicadanisto,porque hai moita activi-dade.Desde logo,o noso de-sexo é que o suplemento du-re moitos anos máis.Eu aín-da teño o recordo daquelPharo the Be Go”, engade opresidente da Asociación deActores e Actrices de Galicia,Antonio Durán Morris. Ta-mén Antón Reixa compartea lembranza“mítica”daquelsuplemento dos 80.

O director e produtor Ig-nacio Vilar asegura sentirse“moi ben tratado”no FARO.Otamén director Xurxo Chirrolembra o FARO DA CULTU-RA como“o único decenteque se podía ler”mentras vi-viu na súa vila, A Guarda.Po-la súa banda,a presidenta daAsociación Galega de Produ-toras Independentes,DoloresBen,considera“encomiable”e“fundamental”a achega doFARO á cultura, sobre todonun momento no que esta é“menosprezada por todos oslados”.

Os colaboradores son un valor funda-mental do suplemento.“A miña experienciaé moi positiva”, salienta Manuel F. Vieites.“Sei de moitas persoas de Galicia e de fóraque procuran o FARO DA CULTURA cadaxoves”, engade. E, para ampliar o abano delectores, a progresiva renovación foi básica.“Fomos abrindo o campo, desde a literaturaao cine,a música...Gañamos en variedade,etamén evoluciou moito a maquetación, pa-ra facer o suplemento máis atractivo e diná-mico”,subliña Jesús Portela.

Crear comunidade cos lectores é un dos

principais retos.“Propiciar unha integracióndos lectores,máis directa,no propio proxec-to”, tal como o define Xosé Ramón Pena. E,para logralo, unha maior presenza do FARODA CULTURA en Internet resulta, certamen-te,algo esencial.

“No xornalismo hai que estar en perma-nente cambio e renovación. Utilizando astecnoloxías máis adecuadas, pero sobre to-do,ofrecendo a mellor información”,matizaCeferino de Blas. E, se algunha conclusiónse pode tirar da experiencia do FARO DACULTURA sobre a recepción social da infor-mación cultural, podería ser esta, que pro-pón Pena:“se hai paciencia, se, como dicíaCastelao, non se lle poñen ´chatas á obra´antes de que esta teña tempo a botar a an-dar cun mínimo de posibilidades, a cousapode funcionar”.

Os retospara o futuro

FARO DE VIGO

XOVES, 10 DE MAIO DE 201210 ANOS DE FARO DA CULTURA III

Dez anosna cultura

Perspectiva dende fóraMONTSE GONZÁLEZ

FOTO: ELI REGUEIRA

Page 4: De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido cultural gale- ... De luces e de faros Dez anos dun suplemento cultural X OSÉ R AMÓN

A Fundación Luís Seoa-ne dedica a súa nova mos-tra Bestiario, fóra a alma árevisión dunha temáticamoi significativa e repre-sentativa da obra de LuísSeoane: a recreación e ree-laboración dos bestiarios.Trátase dun mundo que,sen dúbida, hai que pór enrelación co interese históri-co e a actitude “primitivis-ta”do artista, que estableceun permanente diálogo couniverso temático e formalmedieval, unha tradiciónque o pintor valora e coñe-ce e que proxecta sobre oseu presente con sensibili-dade contemporánea.

Os animais do bestiario,como é ben coñecido, sonseres fabulosos, creados,con frecuencia mediantehibridación. Desa forma,unindo partes complemen-tarias de diferentes ani-mais, naceron moitos seresmíticos que hoxe,por enga-no, consideramos mons-tros. Como moi ben obser-vou Borges no Manual dezoología fantástica, o“monstro non é outra cou-sa que unha combinaciónde seres reais”.Cabería ma-tizar: combinación de par-tes de seres reais;e engadir:elixidas, en moitos casos,con fins simbólicos e tradu-cíbeis.

Cómpre lembramos quea tradición do simbolismoanimal é extraordinaria-mente vella.Foi transmitidaá Idade Media pola Antigüi-dade Clásica, e máis enconcreto a través do Fisió-logo, «O Naturalista», que éunha compilación alexan-drina do século II, de autoranónimo, sobre as caracte-rísticas dos animais,plantase pedras e o seu simbolis-mo. De aí proveñen os bes-tiarios medievais, dedica-dos só a animais, nos queos textos do naturalista seenriquecen coa esexese bí-blica nunha inspirada sín-tese de coñecementos anti-gos e de crenzas medie-vais.

Os bestiarios eran uncomplemento da Biblia, xaque ensinaban a «ler» acreación para descubrir asverdades transcendentaisda fe.Das moitas caracterís-ticas de cada animal selec-cionaban só aquelas queeran susceptíbeis dunha in-terpretación simbólica, re-forzada con referenciasaos libros sagrados paraobteren unha lección mo-ral, basicamente paraenxalzaren as virtudes ecorrixiren os vicios. Os ani-mais dos bestiarios,e os daescultura románica inspira-

da naqueles, contribuían aalimentar a vida espirituale a consolidar a moral cris-tiá.

O interese de Seoanepolo bestiario responde aparámetros ben diferentese encaixa na vontade de

salientar a relación da artemoderna galega –e da súapropia– coa tradición, pon-do énfase no feito de as for-mas tradicionais subsisti-ren inseridas nos estilos ar-tísticos (románico, barro-co...) e influíndo neles.Alén diso, sempre subliñoucomo a tendencia cara oesquemático e formalistadas creacións populares es-tá ligada ao afán colectivodo pobo galego e en rela-ción co xénero de vida epensamento característicoda nosa nación.A arte pre-histórica, medieval e popu-

lar é para el antecedenteda moderna, desde os pe-tróglifos até os deseños gra-vados nas xugadas dos ca-rros tradicionais.

En relación coa arte me-dieval, Seoane mesmo che-ga a propor a iluminaciónde códices galegos –hoxede infeliz actualidade coroubo do Códice Calixti-no–, como o Diural de Fer-nando I e Sancha ou oTombo A da Catedral deSantiago,como posíbel mo-delo para os artistas novos,como o foi a escultura ro-mánica, citando tamén os

”Beatos” e os murais romá-nicos. O propio título damostra da Fundación LuísSeoane: Bestiario, fóra a al-ma é o rótulo dun conxun-to de editoriais escritos po-lo artista na revista Galiciaemigrante nos anos cin-cuenta.Produción: Fundación LuísSeoaneArtista: Luís SeoaneTítulo: Bestiario,fóra aalmaLocal: Fundación LuísSeoane,A CoruñaDesde o 3 de maio até 15de outubro

FARO DE VIGO

XOVES, 10 DE MAIO DE 2012 ARTE: EXPOSICIÓNSIV

Neste mundo de preocupacións debe-mos enxergar os dous bestiarios que o artis-ta realizou:Diez xilografías originales (1965)e Bestiario (1976), alén doutras obras comoInsectario (1975), Imágenes de Galicia(1978) e Imaxens celtas (1977),onde taménhai gravados ligados á mesma temática.

Os dous bestiarios son expostos agoraxuntos por primeira vez, cabo de probaspertencentes a Insectario e Imágenes de Ga-licia e orixinais de Imaxens celtas e dunhaescolma de obras da biblioteca persoal doautor que comprende desde obras de erudi-ción artística medieval até exemplos de li-bros de pintores do século XX de tema ani-

malístico, como os de Max Ernst, AndréMasson ou Pablo Picasso.

A mostra permite, pois, un achegamentoa unha parte do mundo referencial de Seoa-ne,un mundo que desde a perspectiva ideo-lóxica e artística do autor ten a vantaxe deser alleo á cultura clásica,e así vinculábel átradición atlántica e nórdica, e dunha mo-

dernidade indiscutíbel ao partir dunha acti-tude común con movementos vangardistasque reivindican este pasado ligándoo ás for-mas non contaminadas, puras, inocentes,que o bestiario representa con toda clarida-de.Alén diso, tratábase dun referente da tra-dición nacional (o románico tan importan-te na cultura galega) vinculábel aos valoresda sociedade tradicional. Ademais, toda atemática medieval podía ser lida desde a es-querda –na que sempre se situou Seoane–de xeito positivo ao se asociar cos valorescolectivos e mais co anonimato, propios daarte deste período asentada en estruturasgremiais.

Medievo emodernidade

Bestiario,fóra a alma

Diálogos de Luís SeoaneCARLOS L. BERNÁRDEZ

Á esquerda: “O home lobo” (1975). Á dereita (arriba):xilografía de “Imaxens celtas” (1977); abaixo, xilografíaen “Bestiario” (1976).

Page 5: De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido cultural gale- ... De luces e de faros Dez anos dun suplemento cultural X OSÉ R AMÓN

FARO DE VIGO

XOVES, 10 DE MAIO DE 2012ENTREVISTA V

– Nesta edición, os premios presentan unha nova fasquía, e engádense as cate-gorías de “mellor canción” e “mellor ar-tista.” Por que decidiron cambiar o for-mato que rexira até o momento?

-Porque quizais era xa tempo de mu-dar certas cousas. Anteriormente, actua-ba sempre na gala de entrega o artista ga-ñador; o ano pasado un deles tocou enmaio n´A Coruña e nós tiñamos a galaen outubro. En calquera momento podíavir ese conxunto dar un concerto á cida-de, en pleno verán, e o noso recital que-daría algo reseso.Por ou-tra banda,a min motíva-me máis, como directorartístico do evento,crear un espectáculoque poida resultar,inclu-so, abraiante para os es-pectadores. Hai tempoque tiña ganas de incor-porar o da “mellor can-ción.” Tal e como estámontado agora, nonexisten segundos ou ter-ceiros -antes dabamos ogalardón aos tres mello-res álbums,-e si soamen-te vencedores e finalis-tas,como adoita aconte-cer en premios deste ti-po. Pode ser que a artis-tas de primeiro nivelnon lles faga ilusiónquedar terceiros, peronon pasa nada se sóquedan como finalistase iso é algo que taméncontou á hora de darlleunha volta á fórmula.

-Despois de once anos, coido que xa se pode falar de consolida-ción. Que diferenza hai entre o panorama da música galega que ha-bía daquela e mais o que temos hoxe?

-La Opinión é un xornal pequeno quesempre fixo un esforzo por levar adianteesta iniciativa, que penso non se lle reco-ñece dende certos sectores; tal como es-tán os tempos,eu non falaría exactamen-te de consolidación, xa que se precisaapoio económico. Non son números queasusten, pero os músicos sempre cobra-ron por tocar na gala de entrega de pre-mios, para continuarmos con esta pro-posta. Respecto ao panorama musical,creo que se abriron fiestras para que en-trase aire novo e iso reflíctese con nomesque xa están no palmarés dos premios.

-Os premios Opinión son de música galega, en xeral, aínda que hai quen pen-se que son de música folk feita en Gali-cia. Que criterio se segue para elixir os discos que “entran a concurso” ?

-Hai xente que perde moito tempo enguerras teóricas. Imos coller como refe-rente os Grammy.Alí existe unha catego-ría de folk contemporáneo e todos osproxectos que poidan ter sentido nesadenominación tamén forman parte dosque se inclúen na lista para as votacións.Entran os traballos que teñan unha com-poñente de música de raíz galega, aíndaque no disco soen outras influencias esti-lísticas.Pretendemos sumar e non restar.

-Existe un debate entre os que pensan que dentro da música galega deben in-corporarse xéneros como a salsa, o paso-doble e outros que interpretaban as no-sas orquestras xa a principios do século

pasado, pero tamén hai os que opinan que non, que a música de noso debe cin-guirse ao que se entende como folk. Cal é a súa opinión como crítico musical es-pecializado?

-Desde logo,apertura de miras.Que ca-daquén tome o camiño que prefira, sententar impoñer nada aos demais.

-Unha das particularidades dos pre-mios Opinión consiste en que os artistas e mais os lectores coñecen a quen vota cada un dos membros do xurado. Por que se decantaron Vdes. por esta pecu-

liar fórmula?-Dende este ano, xa non. Faremos co-

mo os outros premios que existen no ei-do cultural. Era por una cuestión detransparencia absoluta e que ninguénpensase que eu cociñaba os gañadoresna miña casa.

-Todos os afeccionados á música gale-ga ollan con saudade aquela dorada dé-cada dos 90, a do “boom” do folk. Cre Vde. que hai materia prima para que se poida repetir un “boom” (véxase a pala-bra boom en termos relativos, claro)?

-Hai artistas impor-tantes que non están aatravesar polo seu me-llor momento creativo eiso nótase. Para un gru-po novo resulta moicomplicado poder cha-mar a atención e, polotanto, o panorama resul-ta pouco doado. Segui-mos tendo artistas so-branceiros, pero tam-pouco son tantos.No to-cante á industria musi-cal, aquel contexto nonse dá nestes momentos.Por certo, a saudade ex-cesiva é un inimigo paracontinuarmos avanzan-do na procura dun me-llor futuro.

-Cando hai premios polo medio, sempre sae quen queda contento, pero tamén quen se en-fada. En xeral, os músi-cos galegos aceptan de bo grado o ditame do xurado?

-Haberá que pasarllea pregunta a eles. De-pende do ego que te-ñan. Cónstame que al-gúns agradecen queexista o premio.

-Pensa que os nosos músicos teñen ben asimilada esta situa-ción de crise dos soportes tradicionais da músia (Vinilo, CD….) e estánse adap-tando ben, daquela, ás Novas Tecnolo-xías/ Internet?

-Téñeno asumido, claro, e fan esforzospor adaptarse aos novos tempos.

-Despois de once anos consecutivos, cales son os mellores momentos que Vde. lembra das galas xa celebradas?

-Resúltame complicado elixir, pero ahomenaxe a Milladoiro foi especial paramin, polo que representa o grupo na mi-ña vida.Tivemos a sete conxuntos sobreo escenario facendo unha versión duntema dos mestres e,ademais,publicamosun cedé con esas pezas.Tamén foi cum-prir un soño o de poder montar, na edi-ción anterior do noso décimo aniversa-rio, un grupo con dez músicos, chamadoAxada e con dirección musical de PedroLamas, que realizaron versións de temasque estaban incluídos en discos que ga-ñaran o galardón e no que tiñamos unhasección de metal moi potente, algo novi-doso no panorama do folk galego.Encan-taríame que lles saísen algunhas actua-cións, porque paga a pena escoitalos.Mesturan temas instrumentais con canta-dos e neste proxecto descubrimos ao pú-blico a bela voz de Begoña Lorenzo.

-E con respecto aos premios en si, de que aspecto se sinte máis satisfeito a ni-vel persoal?

-De ter a idea para poder crealos.

“Algúns dos nososmellores músicosnon atravesan un

bo momento”Hai once anos xa que, detrás dos premios Opinión de música galega, figura

ÓscarLosada -xornalista e crítico musical e de cine-, quen un día “tivo un soño”;logo ese soño fíxose realidade. Falamos con eldos premios 2012 que o próximo

mércores, día 16, celebran n´A Coruña a súa gala de entrega.

Óscar LosadaDIRECTOR DOS PREMIOS OPINIÓN DE MÚSICA GALEGA

LOURDES VARELA

OscarLosada, duranteunha das galas

dos premiosOpinión.

“Os grupos novos

teñen moi difícil

chamar

a atención”

Page 6: De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido cultural gale- ... De luces e de faros Dez anos dun suplemento cultural X OSÉ R AMÓN

Dark butterfly, de RexinaVega –digamos, brevemen-te, da autora que esta édoutora en Filoxoxía Ro-mánica, coa tese Bilingüis-mo e autotradución en Ál-varo Cunqueiro, tradutora(ten o premio Sthendal efoi finalista do Premio Na-cional de Tradución poloseu labor coa obra deGoerge Perec,El secuestro),crítica teatral, lexicógrafa...e, xa como narradora, obti-vo o premio Xerais en 2007pola súa novela tituladaCardume– constitúe, antesque nada, un exorcismo li-terario.A expulsión á luz domundo dunha sombra in-conmensurable que habita-ba o ser e mais a escritadesta viguesa.

O relato do esfarelamen-to da propia identidade. Aderiva autodisolutiva do in-dividuo.Velaí aquilo que es-ta obra de Rexina Vega nosachega a través da historiadunha moza esquizofrénicaque padece sucesivos inter-namentos psiquiátricos, in-capaz de reconducir a súa vi-da fóra do sanatorio. Sen dú-bida, trátase dunha historiatriste e abriante, na procuraarreo deses folgos definitivosque permitan acadar o finaldun transcurso,dunha andaina terri-ble e abafante.

Dark butterfly vén configurar, en-tón e igualmente, un mantra descar-

nado,unha sima, un

buraco negro que nos faipercorrer, cegos e mancados, o gu-me cortante da existencia, as re-xións máis abisais do (subs)cons-ciente ata dar espertado desde a

noite das idades o peor detodos os inimigos posibles:ese mesmo que constitúe onoso reverso escuro.

Mais estamos tamén pe-rante unha crítica aberta árendición da farmacopea,a esa compracencia médi-ca que todo o solucionadopando os enfermos, con-verténdoos en bombas quí-micas andantes, luxando orego sanguíneo con mil

substancias que outro modode entender o exercicio da cu-ración non precisarían.

Do mesmo xeito, o libro evi-dencia a fractura social, a esci-sión, a fenda insalvable que seabre entre as persoas a tratamen-to por doenzas mentais e o restoda humanidade.Ese ollar para ou-tro lado,ese desentenderse, taména conmiseración minusvalorado-ra,perpetuadora da exclusión.Intensa, doída e radical. Dark but-

terfly conforma a crónica dunhacondena ahedonística. Dark butter-fly: singrar no estertor da concien-cia.Dark butterfly: extinción da luz.VEGA,Rexina,Dark butterfly,Ed.Xerais,Vigo,2012,PVP.16,65 €

Efectivamente, talmente como galerna ou comoun trebón desbocado,así aparece diante de nós estenovo poemario da man de X.M.Álvarez Cáccamo,para remexer as conciencias,para abrir os ollos apa-ticamente pechados e para sermos conscientes,aín-da que sexa cunha boa morrada, e percibirmos, xaque logo, a realidade cun algo máis de crítica per-soal e social.

Mais non pense o lector desta recensións que Aboca da galerna unicamente configura un poemariosocial ao uso.Xoga coas contra-posicións da acción e da omi-sión. Reproduce ou evoca oque non podemos permitir ecomo debemos solucionalo.Por iso, a mensaxe, o expresa-do, intuído e versificado nopoemario de Cáccamo é aconfirmación dun sentir ali-cerzado no persoal pola cohe-rencia e credibilidade dunhatraxectoria e no poético polasolidez dunha obra poética en-riquecida con este libro.

Sempre saudamos con pracer achegada de poemarios de calidade nestaspáxinas e, neste caso, como non podía ser doutroxeito, recomendámolo a todos os lectores.ÁLVAREZ CÁCCAMO,X.Mª,A boca da galerna/Laboca de galerna,Ed.Espiral Maior,A Coruña,2012,PVP.15 €

Para remexerconciencias

Con coherencia e credibilidadeHÉITOR MERA

FARO DE VIGO

XOVES, 10 DE MAIO DE 2012 LIBROSVI

A novela vén

configurar un

mantra descarnado

“A primeira versión da novela comeceina a escribiro 4 do 4 de 2004.Daquela todos os medios de comuni-cación insistían na teima de que a mocidade perdeuos valores,carece de ilusións,anda desnortada e nonten futuro ningún”. Deste xeito é como se expresaEduardo Santiago e,xustamentepor causa diso mesmo; é dicir,polo afán de loitar contra seme-llantes falsas concepcións, foique se puxo a redactar a novelaque agora comentamos: 2004,editada por Galaxia na colección“Costa Oeste.”

Convencido, entón, de que“calquera tempo pasado foi peore,xa que logo,calquera tempo fu-turo será mellor”,Santiago (1964)vén propoñernos un relato futu-risto,onde se suceden os enigmas,aintriga… –desde unha numeroloxía realmen-te misteriosa– a levaren a Lena e mais aos seus amigose amigas a través dunha viaxe na cal os protagonistasse ven envoltos nunha abraiante aventura cuxos límites–entre a realidade e o espazo virtual– nunca acaban demostrarse precisos.

Fantasía,polo tanto,pero tamén un canto á xenerosi-dade,á amizade e,desde logo,á esperanza nunhas páxi-nas que,sen dúbida,conseguen conectar cos lectores.SANTIAGO,Eduardo,2004,Ed.Galaxia,Vigo,2012,PVP. 14 €

Optimismoxeracional

Intrigas probablesLUCÍA SEOANE

En corpoaberto

Crónica dunha condena ahedonísticaARMANDO REQUEIXO

Dámos conta dun novo traballo froito do SENTIMEN-TALISMO,a vangarda cuxos postulados naceron en 1997da man de X.M Valcárcel, e que seguen a estar rabiosa-mente de actualidade,dados os tempos incertos que co-rren, a fechar un período da historia da humanidade. Omovemento sentimentalista convida á participación naconstrución da liberdade,coa creatividade como mediopara facer do mundo un lugar habitable.

Se no ano 2011 fixemos re-censión nestas páxinas da An-toloxía da etapa de Funda-ción, dámos noticia agora dasaída ao prelo da Antoloxía dereferencia. Etapa de Implanta-ción, coordenada por CarlosArias e Mariña Pérez Rei. Os eas poetas Yolanda Castaño, Xu-lio Cid Neira, Olalla Cociña,Francisco S. Fernández Naval,Xabier López Marqués, BaldoRamos e Eva Veiga achegan osseus poemas ao movemento eafondan na súa pluralidade de vocese estilos partindo dun posicionamento va-lente cara o feito poético.

No libro, editado por Bubela, ofrécese informaciónsobre cada un dos escritores antologados e sobre a van-garda que,afortunadamente, continúa o seu camiño epromete vizosos froitos para as nosas letras.VV.AA.,Antoloxía de referencia.Etapa de impantación,Ed.Bubela,Santiago,2012,PVP.15 €

Construír desdea creatividade

Coa forza da vangardaDORINDA CASTRO SOLIÑO

Arthur C.Clarke é un dos grandes clásicos do cha-mado“xénero de ciencia ficción dura”e Cita con Ra-ma unha obra de referencia, caracterizada polo es-trito rigor científico acadado polo autor, explicablepola súa formación físico–matemática.

Logo dunha catástrofe ao bater coa terra un me-teorito, os humanos deciden instalar un sistema dedetección temperá contra estas ameazas.Anos máistarde, dispárase a alarma ao ser localizado unobxecto bautizado co nome de Rama, que viaxa agrande velocidade. Uncomité científico toma adecisión de interceptalo.Arredor desta historia fu-turista constrúe Clarke un-ha novela que non está or-fa de imaxinación alicerza-da en coñecementos cientí-ficos. O autor constrúe ase-made un relato fluído,coherente e optimista, ga-bando os beneficios do pro-greso tecnolóxico sen outrasconsideracións. Na novela non aparecensolucións milagrosas; xa que logo, un final abertoque deixa sen revelar a meirande parte dos segredosde Rama,é un dos trazos positivos desta novela que,como texto narrativo, ten a súa principal eiva no de-seño e na nula evolución dos seus personaxes.CLARKE,Arthur C.,Cita con Rama,Ed.Hugin eMunin,Santiago,2012,PVP.17 €

Dura cienciaficciónCun final aberto

FRANCISCO MARTÍNEZ BOUZAS

Page 7: De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido cultural gale- ... De luces e de faros Dez anos dun suplemento cultural X OSÉ R AMÓN

Carlos Medrano, au-tor de pezas de carácterlúdico–educativo (50xogos de lingua, Soft-ware libre para cálculonumérico) publica ou-tra obra de relatos depensamento creativo.Este novo volume, cosuxestivo título de She-rezade, continúa a súaanterior publicación Es-finxe (2009). O texto éun xogo para todos ospúblicos que “busca es-timular o teu gus-to por ler, atúa creativi-dade e oteu enxe-ño” e isto,ademais, fai-na idóneapara una p r o v e i t a -mento didác-tico.

Personaxes especial-mente enxeñosas comoa detective Xulia Xelmí-

rez, unha notaria da Te-rra Chá ou un pistoleiroen Kansas habitan osfermosos e amenoscincuenta relatos in-conclusos aos que nósdebemos poñer cabo.Ecando non sabemos vaio autor e bótanos unhaman co solucionario nofinal do volume perocomo é moi pillabán,engade unha dificulta-de máis, só lles podoadiantar que, se voste-

des son dos que cedenfacilmente á tentación,teñan un espello áman.

A organización dovolume en función donivel de dificultade dosenigmas supón unhavantaxe para a súa utili-zación nas aulas xa quefacilita unha procurarápida segundo o nivelde desenvolvementodo alumnado.

Parabéns a AmancioLiñares e Antonio Puen-tes por creren en aven-turas editoriais comotresCtres e por teren avalentía de seguir apos-tando por obras tan ne-cesarias para a normali-zación coma esta.MEDRANO,Carlos L.,Sherezade,tresCtresEd.,Santa Comba,2012,PVP.17 €

Traballandoo enxeño

Xogo para todos os públicosPILAR PONTE

ANDEL DE NOVIDADES

M. BLANCO RIVAS

IriaAnxo Angueira

Edicións Xerais. 20 €

Continuando no ronselde Pensa nao, esta novanovela de Anxo Angueiralévanos agora a fins dosanos sesenta, ós anos enque se organiza aprimeira resisten-cia activa anti-franquista.E léva-nos a bordo dunpequeno galeóna vela que lle dáo título,Iria,e quese converte nogrande protago-

nista da historia. As súastravesías pola Arousa e assúas remontadas poloUlla, descritas cun léxiconáutico que aínda pervi-

ve, parecen ásveces concibi-das como unhadura proba deresistencia, deescritura e delectura, na que oautor e o lectorviven decote em-barcados.

FARO DE VIGO

XOVES, 10 DE MAIO DE 2012LIBROS VII

Se a beleza d´As catroestacións de Vivaldi nosintroduce nun imaxina-rio paseo pola natureza,o texto que J.A.Abad Va-rela escribe para acom-pañar a melodía evocaimaxes frescas e tenrasde cada unha das tem-padas en que dividimoso ano. Pola súa parte, asilustracións querealiza Emilio Ur-beruaga comple-mentan o cadro ecaptan momentosmáxicos significati-vos para que o lec-tor mozo aprecie atransformación queo paso do tempoobra na natureza.

Flora, fauna e hu-manidade alíansepara ofrecer retallos devida; unhas veces en for-ma de explosión de ale-

gría –primavera–,outras baixo unhasufocante calor –ve-rán–, máis adianteataviadas cunha fo-llaxe pardacenta quetodo o cobre –outo-no– e por último re-vestidas dun xélidomanto branco –inver-no– que transporta opúblico infantil ata unparaíso imaxinario quepresenta o ciclo da natu-reza como un fermoso

lenzo onde adiviñamosa vida en todo o seu es-plendor.

No percorrido os lec-tores non están sós,acompáñaos un esquíoque se encarga de ir visi-tando os seus compañei-ros e comentando assensacións que lle pro-duce todo canto sucedeao seu redor; as flores,orechouchío dos paxaros,o cantar do cuco,o brillodo sol, o silencio docampo ou o vento em-purrando as folerpas sonsó algunhas das manifes-tacións de vida que per-cibe o roedor e que si-multaneamente vaitransmitindo con autén-tica habilidade.VV.AA.,Vivaldi:As catroestacións,Ed.Kalandraka,Pontevedra,2012,PVP.23 €

Imaxestenras

Apreciar o paso do tempoMARÍA NAVARRO

A pegada de Pin-to&Chinto é máis queevidente nesta recompi-lación de pequenas his-torias artelladas arredorda celebración dunsxogos olímpicos nunpaís, Ningures, sen moi-ta tradición deportiva.Semellante feito fa-rá que desfilen po-las páxinas deste li-bro personaxes atí-picos e divertidos,moi afastados datradicional imaxedos deportistas deelite –moitos delestan só representano seu país porqueeste vén ser a sededa competición– eque nalgúns casos,dunha maneira in-crible, ata acadaránun lugar moi res-pectable no meda-

lleiro.Tal e como xa acon-

tecera con Minimala-das –onde recreaban to-do un mundo a partirde pequenos textos so-bre animais– Os xogosolímpicos de Ninguresconta coa frescura, aorixinalidade e o hu-mor ao que nos teñenafeitos os seus autores.Os personaxes son oco-rrentes e estrambóticos,tal e como fan presaxiar

os seus rechamantesnomes, e a historia pro-tagonizada por cadaun,o xeito de afrontar oreto olímpico dendeunha perspectiva hu-morística, abraia polasúa redondez malia abrevidade do seu de-senvolvemento.

Non hai dúbida deque os corredores querespectan os sinais detráfico, os ciclistas co-mellóns, os partidos dewaterpolo en piscinasbaleiras ou as pértegasde madeira de castiñei-ro, á beira doutros moi-tos motivos farán quetanto nenos comamaiores gocen coa lec-tura destes relatos.PINTO&CHINTO,Osxogos olímpicos deNingures,Ed.Galaxia,Vigo,2012,PVP.11,50 €

Ecos da néboaRicardo Martínez-Conde

Editorial Trifolium. 15 €

O aforismo é unha inci-tación á reflexión,“o puntode vista do poeta reflexivoou do filósofo poetizado,un oco pequeno de luzque pode ilumi-nar un espacioenorme”, matizao autor deste vo-lume, un libriñopara abrir por cal-quera das súaspáxinas na procu-ra sosegada dosentido que se

queira dar a cada unha dasobervacións. Ricardo Mar-tínez Conde é biblioteca-rio de profesión.Escritor bi-lingüe en galego e caste-

lán, cómpre sa-lientar entre osseus premios oBenasque dePoesía e o Diplo-ma de Honor noconcurso inter-nacional de Rela-tos Breves “JorgeLuis Borges”.

A Torre das lavercasDaniel Ameixeiro/Irene Fra (ilustracións)

Edicións Xerais. 12.50 €

A Torre das Lavercas eraunha casa cunha chemineamoi grande á que o pai dopequeno protagonista lle pu-xera ese nomeporque había moi-tos niños de laver-cas nos arredores.O rapaz tiña seisanos cando mar-charon dela,e den-de aquela xa cam-biaran de casa un-ha vez máis.Agora

estaban a recoller as cousaspara outro novo cambio,pois mudaban á outro ba-rrio da cidade. Xa na nova

casa,o seu pensa-mento aquela pri-meira noite ía un-ha e outra vez áTorre das Laver-cas. Necesitabavolver,era coma senela houbese algomoi importantepara el.

Tempos Novos, nº 179Varios autores

Edita: Atlántica de Información e Comunicación. 4.50 €

O último número da re-vista de información parao debate Tempos Novos,in-clúe entre as súas páxinasun dossier sobrecomunicación,democracia eciudadanía, conartigos de Luis Ál-varez Pousa,“Me-dios, democraciae ciudadanía”, eMiguel VázquezFreire, “Medios

que educan, medios quedeseducan”.Ademais, un-ha entrevista de ConchaEspina ao escritor Antón

Riveiro Coello, eartigos de, entreoutros, Justo Be-ramendi,“Españano pozo: máis emenos do mes-mo”, ou XabierVázquez,“Lume etópicos na Fra-ga”.

Orixinalidade,humor

Inusuais deportistasPAULA FERNÁNDEZ

Page 8: De luces e de faros - Faro de Vigo · O século XXI iniciou-se con moitas ilusións para o eido cultural gale- ... De luces e de faros Dez anos dun suplemento cultural X OSÉ R AMÓN

Aló polos anos 50 e 60 doséculo pasado, a hostelaríagalega viviu unha revolu-ción.Primeiro,entraron a for-mica e mais a radio;algo des-pois,a televisión.Semellantechegada provocou que fo-sen desaparecendo as mesasde madeira e o canto taber-nario.

As xeracións nacidas aposteriori coñeceron unhahostelaría onde a uniformi-dade provinciana xa fagoci-tara, –como sinala XurxoSouto nos seus Contos da Co-ruña, (Xerais,2001)–,a taber-na tradicional.E tan dura foia reconversión que se fixohabitual,nas paredes dos lo-cais en que adoitaban cantaros seareiros,un cartaz escritoen español que dicía“Se nonsabes cantar,non cantes.E secantas ben, canta fóra.”Ta-mén as ordenanzas munici-pais prohibiron expresamen-te nalgúns lugares cantar nastabernas. E a medida que oruído da televisión empolei-rada e a musiquiña das má-quinas comecartos se con-vertían na banda sonora des-tes locais, –renomeados co-mo bares,café–bares ou ca-fetarías–,o canto de tabernaesmorecía.

Porén, algúns recunchosmantiveron teimudos o seuvello carácter tabernario.Pre-cisamente neles foi onde al-gunha formación,nomeada-mente A Roda,cultivou o re-pertorio que despois gravoue popularizou.Elo imprescin-díbel na transmisión das can-cións de taberna do país, ogrupo vigués ten o mérito derescatar do esquecemento ocanto tabernario para lle darde feito tanta popularidadeque foi quen de reinserilo noacervo cultural do país.E así,as vellas cancións da taber-na, –interpretadas ao xeitoen que as deu a coñecer ARoda–,escoitábanse,aínda ofan,nas ceas de empresa,nobotellón ou nos campos defútbol.Para quen poida dubi-dar da importancia destegrupo no canto de taberna,un dato.A canción do gato,aque canta iso do“gato meti-do nun saco”,da autoría deManolo da Ponte,é hoxe co-ñecida, –agás na parroquiado Hío de onde é orixina-ria–, pola versión do grupovigués,que cambia varias es-trofas da orixinal.Velaí, ade-mais,a esencia do canto detaberna.Este tema relata unsuceso real da aldea de Vila-riño, de onde era orixinarioManolo da Ponte,e foi com-posta case ao mesmo tempoque acontecían os feitos querelata. Posteriormente,A Ro-da aprendeuna, probable-mente do propio autor,arre-dor da mesa dalgunha taber-na e interpretouna ao seuxeito.

Nos últimos anos, a se-mente que botaron forma-

cións como A Roda, e quesouberon coidar algunhas ta-bernas que resistiron os tem-pos duros, comeza a agro-mar.Son moitos xa os lugaresda nosa xeografía onde, aoabeiro dalgún festival oudentro da programación cul-tural dalgún concello, se or-ganizan ciclos de cantos ta-bernarios. En Ferrol, o Ciclode Músicas Tabernarias, enMelide, o Concurso de Can-tos de Taberna. Mais tamén

en Marín, en Combarro ouen Moaña, onde o Var conUve é o epicentro do novorexurdimento.

A última cidade galega ensumarse á esta recuperaciónfoi Pontevedra.A AsociaciónCultural Maravallada e a con-

cellaría de Festas da capitaldo Lérez organizaron estaprimavera o primeiro ciclode Cantos de Taberna.Novelocais da cidade están a ser omarco onde o propio grupoMaravallada desenvolve oseu repertorio tradicional.Xao fixo durante os meses demarzo e abril e volverao re-petir nos vindeiros días. Esempre seguindo un mesmoesquema.As actuacións te-ñen lugar os venres, perco-

rrendo tres locais cada díana compaña dun grupo con-vidado.Os concertos desen-vólvense entre as 21.00 e as24.00 horas.O vindeiro 25 demaio, a andaina tabernariaestará no Contribución, noVetula Ponte e na Estafeta.O29 de xuño, será o día dasReixas,A Lareira e mais A Na-varra.E para rematar con es-te ciclo,o 27 de xullo,a ruadachegará ás Parvadas,aos Ma-ristas e á Casa do Lado.

O pasado sábado 5 de maio,abanda de Cerceda presentou oseu décimo traballo na sala Jos-fer do Mesón do Bento.A máis ve-terana das bandas gale-gas de rock rodeuse demoitos dos amigos quefoi facendo na súa an-daina para lle ofrecer unespectáculo de máis de tres ho-ras a un público formado maiori-tariamente por rapaces das vilase aldeas próximas.Velaí o éxitodunha banda que consegue en-

ganchar a mocidade malia levaranos no rock. E boa mostra distoforon as dúas bandas convidadasa compartir escenario cos Zën-

zar. Por unha banda, o punk dosEsterko.A banda de Carral,forma-da por uns mozos e con só unhamaqueta gravada no estudio deManolo, batería dos propios Zën-

zar. E por outra, a Familia Caa-magno.A nova banda de Sigüei-ro,que está a ser unha das revela-cións do ano en Galiza co seu

rock con arrecendo aos 60 quemesturan garaxe e distorsión pa-ra crear uns temas bailables quechegan a todo tipo de público.

Despois de pasaren os convi-

dados polo palco, foi a quendada banda de Cerceda. Os Zënzarnon tardaron en meter no petoos trescentos seareiros e searei-

ras entregadas de ante-mán á festa do rock gale-go. Era unha noite paraas amigas e amigos, co-mo non deixaba de dicir

Bocixa, voz do grupo, á vez quesaudaba polo nome á rapazadadas primeiras filas. Mozas e mo-zos que medraron cos Zënzar co-mo referente musical primeiro.

Zënzar: Vaise Armar

Vai o gato...O rexurdimento do canto tabernario

DANIEL LAVESEDO

FARO DE VIGO

XOVES, 10 DE MAIO DE 2012 MÚSICAVIII