Decreto 58/2012 polo que se refunde e actualiza a normativa no ámbito da xuventude en Galicia
-
Upload
agustin-m-antelo -
Category
Documents
-
view
242 -
download
13
description
Transcript of Decreto 58/2012 polo que se refunde e actualiza a normativa no ámbito da xuventude en Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4958
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
I. DISPOSICIÓNS XERAIS
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR
DECRETO 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.
A Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior, ten por obxecto eliminar os obstáculos que se opoñen á liberdade de establecemento das persoas prestadoras nos Estados membros da Unión Europea e á libre circulación de servizos e garantirlles, tanto ás persoas destina-tarias como ás prestadoras dos servizos, a seguridade xurídica necesaria para o exercicio efectivo das liberdades fundamentais do Tratado constitutivo da Comunidade Europea.
A directiva establece un marco xurídico xeral que beneficia unha ampla oferta de servi-zos, tratando de suprimir de forma prioritaria as barreiras que poidan eliminarse de forma inmediata e, respecto ás demais, iniciar un proceso de avaliación, consulta e harmoniza-ción complementaria de cuestións específicas para permitir a modernización, de forma pro-gresiva e coordinada, dos sistemas nacionais de regulación das actividades de servizos, operación que resulta indispensable para desenvolver un auténtico mercado interior.
A transposición da directiva ao ordenamento xurídico estatal produciuse en virtude da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.
Igualmente, á Comunidade Autónoma de Galicia, desde co recoñecemento de que as disposicións referentes aos réximes de autorización e ao seu ámbito territorial non deben interferir no repartimento das respectivas competencias rexionais ou locais nos Estados membros, correspóndelle a responsabilidade de harmonizar a súa lexislación á directiva e eliminar os obstáculos que se opoñen á liberdade de establecemento e á circulación das persoas prestadoras de servizos en Galicia.
En virtude deste imperativo legal, o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á directiva, co que se produciu o proceso de harmonización que debe, pola súa vez, aplicarse ao conxunto do ordenamento xurídico da Comunidade Autónoma de Galicia.
Unha vez finalizado o proceso de análise dos diferentes procedementos e autorizacións exis-tentes en materia de xuventude, procede a modificación da normativa vixente co fin de substituír
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4959
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
determinadas autorizacións por declaracións responsables ou comunicacións previas, simplifi-cando trámites e favorecendo o exercicio das actividades de servizos non limitando a vixencia de autorizacións, para dar, así, cumprimento aos preceptos da dita directiva comunitaria.
A normativa reguladora en materia de xuventude vén integrada polo Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xu-ventude, que contribuíu a que nunha única norma xurídica quedasen reguladas distintas materias sobre xuventude. No mesmo se conteñen diversos procedementos que se vén afectados directamente pola directiva, xa que todos eles regulan a prestación de servizos de distinta natureza á xuventude baixo o réxime xurídico, logo de solicitude, da autorización e, en consecuencia, deben ser obxecto de adaptación a esta cun dobre réxime xurídico: o establecido para a liberdade de establecemento das persoas prestadoras de servizos e o de libre prestación de servizos para as persoas prestadoras doutro Estado membro.
Así, os procedementos de recoñecemento das distintas tipoloxías de instalacións xu-venís, das súas modificacións substanciais, das diferentes actividades ao aire libre, das escolas de tempo libre, xunto á expedición dos títulos impartidos e á homologación doutros títulos expedidos por órganos doutras comunidades autónomas ou de Estados membros da Unión, constitúen o obxecto da modificación que se leva a cabo.
As autorizacións que se viñan concedendo tras a tramitación dos oportunos procede-mentos de recoñecemento oficial veñen substituírse pola declaración responsable de inicio de actividade que se configura como a técnica que, de forma xeral e preferente, preside a liberdade de establecemento das persoas prestadoras de servizos dado o innegable inte-rese xeral que preside a prestación destes servizos no ámbito da xuventude.
Por todo o exposto, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar, no uso das atribucións que lle confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e da súa Presidencia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xa-neiro de dous mil doce,
DISPOÑO:
Artigo único. Modificación do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude.
Un. Modifícase a alínea a) do número 1 do artigo 1 do título preliminar, que queda re-dactado como segue:
«a) As características dos diferentes tipos de instalacións destinadas á mocidade para a realización de actividades no tempo libre no territorio da Comunidade Autónoma de Ga-
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4960
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
licia para os efectos do inicio da súa actividade, logo de presentación dunha declaración responsable, nos termos establecidos no artigo 1 bis».
Dous. Introdúcese un novo artigo 1 bis no título preliminar, coa seguinte redacción:
«Artigo 1 bis. Declaración responsable.
1. A prestación de servizos á xuventude, nos supostos de instalacións xuvenís, modifi-cación substancial delas, actividades ao aire libre e escolas de tempo libre reguladas neste decreto, requirirá a presentación ante a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar dunha declaración responsable de inicio de actividade.
2. A declaración responsable de inicio de actividade constitúe un documento subscrito pola persoa prestadora do servizo, de acordo cos modelos normalizados que figuran nos anexos deste decreto, no cal declara baixo a súa responsabilidade:
a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo correspondente deste decreto, en función da natureza do servizo.
b) Que, en función da natureza do servizo que vai prestar, cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos nos títulos I, II e III deste decreto para ese servizo.
c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.
3. De producirse un cambio na titularidade do servizo, a nova persoa titular deberá subscribir unha nova declaración responsable co mesmo contido que se detalla no punto segundo deste artigo. Esta nova declaración deberá presentarse nun prazo non superior a quince días dende que se produza o cambio de titularidade.
4. A presentación da declaración responsable habilitará, para os efectos previstos neste decreto e sen prexuízo doutras exixencias legais, para o exercicio da actividade dende o mesmo día da súa presentación, que poderá efectuarse no Rexistro Xeral da Xunta de Ga-licia, nos rexistros dos órganos territoriais ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, tamén poderá presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.es
5. Logo de presentar a declaración responsable, os órganos territoriais dependentes da consellería competente en materia de xuventude correspondentes procederán á súa
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4961
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
verificación. A inexactitude, falsidade ou omisión de carácter esencial na documentación de que debe dispoñer e á que se refire a declaración responsable ou o incumprimento dos requisitos exixidos para a actividade de que se trate segundo o establecido no presente decreto, determinará a imposibilidade de continuar co exercicio da actividade dende o mo-mento en que se teña constancia de tales feitos, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.
O órgano territorial poñerá estes feitos en coñecemento da Dirección Xeral de Xuventu-de e Voluntariado que, á vista do informe presentado, poderá abrir un expediente informati-vo ao titular da instalación, que terá un prazo de 10 días para facer as alegacións e fornecer os elementos de xuízo que considere oportunos. Unha vez recibidos estes, o director xeral de Xuventude e Voluntariado poderá ordenar, mediante resolución motivada, o cesamento da actividade, temporal ou definitivamente, á vista do carácter e natureza esencial da docu-mentación de que debe dispoñer e que é obxecto de falsidade, inexistencia ou inexactitude e do incumprimento dos requisitos exixidos para a actividade de que se trate.
Contra a citada resolución a persoa prestadora poderá interpoñer un recurso de alzada no prazo dun mes ante a persoa titular da consellería competente en materia de xuventu-de».
Tres. Modifícase o artigo 2 do capítulo I do título I, que queda redactado como segue:
«Artigo 2. Ámbito de aplicación.
O obxecto deste título é regular as características e os requisitos mínimos que deberán cumprir os diferentes tipos de instalacións destinadas á mocidade para a realización de ac-tividades no tempo libre, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos do inicio da súa actividade».
Catro. Modifícase a sección primeira do capítulo III do título I, que queda redactada como segue:
«Sección primeira Documentos exixibles para a prestación dos distintos servizos
Artigo 24. Documentos exixibles ás instalacións xuvenís.
Toda persoa física ou xurídica que desexe iniciar a prestación dos servizos á xuventude regulados no título I deste decreto, no momento de emitir a declaración responsable de
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4962
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
inicio de actividade, segundo o modelo oficial que figura no anexo I deste decreto, deberá estar en posesión da seguinte documentación:
a) Memoria descritiva das instalacións onde se especifique o período de funcionamento ao longo do ano, naqueles supostos de instalacións de carácter temporal, así como a indi-cación de que cumpre coa normativa de accesibilidade vixente.
b) Certificado final de obra, no caso de instalacións de nova construción, ou certificado de solidez e seguridade, no caso de edificacións preexistentes, asinados por un técnico competente, así como planos a escala que reflictan o estado definitivo da instalación.
c) Documentación que acredite que cumpre os requisitos sanitarios sobre a potabili-dade da auga destinada a consumo humano, o estado sanitario xeral dos equipamentos, o sistema de evacuación de augas residuais, cando non sexa a través da rede municipal de sumidoiros, a eliminación de residuos, as condicións hixiénico-sanitarias dos servizos hixiénicos e o cumprimento da regulamentación aplicable sobre comedores colectivos.
d) Boletín eléctrico entregado por un instalador autorizado e selado pola consellería competente en materia de economía e industria.
e) Contrato de subministración ou certificación expedido polo órgano competente de adecuación da instalación de gas á normativa aplicable, no suposto de existir a devandita subministración.
f) Documentación acreditativa da personalidade do promotor que emitiu a declaración responsable e, no suposto de persoas xurídicas, documentación que acredite que a persoa que asinou a declaración responsable é a súa representante legal.
g) Documentación acreditativa da identidade e da titulación do director ou directora da instalación exixida por este decreto.
h) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
Artigo 25. Documentación e requisitos específicos exixibles ás granxas escola e aulas de natureza.
1. Ademais da documentación xeral exixida no artigo anterior, nos supostos de granxas escola, a persoa prestadora deberá estar en posesión da documentación que acredite que
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4963
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
se cumpren os requisitos da normativa sobre sanidade animal. Así mesmo, xunto aos re-quisitos exixibles con carácter xeral ás instalacións xuvenís recollidos na sección terceira do capítulo II do título I deste decreto, deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) A suficiente separación entre o lugar destinado ás cortes dos animais e o lugar de residencia dos usuarios e usuarias, co fin de evitar os cheiros excesivos e a proximidade dos insectos.
b) A suficiente limpeza e as condicións hixiénico-sanitarias dos animais de granxa.
c) O peche do recinto dos animais e das cortes, co fin de evitar que os usuarios e as usuarias poidan entrar nelas de forma indiscriminada.
d) O uso de vestiario específico por parte das persoas usuarias e do persoal da instala-ción, para utilizar cando estean no recinto dos animais ou na corte.
e) A existencia de persoal técnico cualificado en número suficiente para o traballo cos animais e para o desenvolvemento de actividades didácticas.
f) No caso de que a instalación dispoña de salas ou recintos para a transformación dos produtos da granxa, deberán cumprir a normativa técnico-sanitaria que lle sexa de aplica-ción.
2. As aulas de natureza, sen prexuízo doutra normativa que lles poida ser de aplicación, deberán garantir:
a) A existencia dun equipamento suficiente e axeitado.
b) A disposición dos recursos didácticos necesarios para exercer a súa función.
Artigo 26. Documentación complementaria en supostos de modificacións substanciais en instalacións xuvenís.
1. Para os efectos deste decreto, enténdese por modificacións substanciais de instala-cións xuvenís todas aquelas que poidan afectar a estrutura, volume, distribución, número de prazas ou os servizos que presta a instalación, e estarán sometidas á emisión dunha declaración responsable que se deberá presentar de acordo co modelo oficial que figura no anexo II deste decreto.
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4964
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
2. Cando se produzan estes supostos, a persoa prestadora, ademais de dispoñer da documentación xeral detallada no artigo 24 deste decreto, deberá estar en posesión, como mínimo, da seguinte documentación:
a) Memoria explicativa da modificación que pretende realizar.
b) Proxecto técnico da obra, con planos a escala que reflictan o estado da instalación.
c) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
Artigo 27. Alcance temporal da eficacia da declaración responsable.
As declaracións responsables de inicio de actividade, nos supostos de instalacións xu-venís, terán carácter indefinido, sen prexuízo do disposto no parágrafo quinto do artigo 1 bis deste decreto.
Artigo 28. Queda sen contido».
Cinco. Modifícase o artigo 29 da sección segunda do capítulo III do título I, que queda redactado como segue:
«Artigo 29. Obxecto.
No Rexistro de Instalacións Xuvenís adscrito á Consellería competente en materia de xuventude inscribiranse de oficio todas as instalacións para as que se teña presentado a declaración responsable para o inicio de actividade regulada no artigo 1 bis, así como as modificacións posteriores que se produzan nas condicións que posuían no momento de inicio da actividade, sempre e cando afecten os datos recollidos nel».
Seis. Modifícase o artigo 31 da sección segunda do capítulo III do título I, que queda redactado como segue:
«Artigo 31. Cancelación.
1. A inscrición cancelarase por instancia do titular da instalación, utilizando o modelo normalizado recollido no anexo III, ou por perda das condicións e requisitos exixidos neste título para o inicio de actividade como instalación xuvenil. Neste segundo suposto, a can-celación acordarase de oficio, por resolución do órgano competente, logo da instrución do correspondente expediente.
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4965
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
2. No caso das granxas escola ou aulas de natureza, poderase continuar prestando o servizo como campamento ou albergue xuvenil, en función das súas características, por instancia do titular, respecto que fará constar na comunicación de cancelación. Neste caso adscribirase a instalación xuvenil á sección correspondente do rexistro».
Sete. Modifícase a alínea c) número 1 do artigo 32 da sección segunda do capítulo III do título I, que queda redactado como segue:
«c) Data de presentación da declaración responsable de inicio de actividade».
Oito. Modifícase o número 1 do artigo 34 da sección terceira do capítulo III do título I, que queda redactado como segue:
«1. Todas as instalacións xuvenís, unha vez que se presente a declaración responsable e se inicie a súa actividade, deberán exhibir de forma visible no exterior do edificio e a ca-rón da porta principal de acceso un distintivo identificativo».
Nove. Modifícase a alínea a) do número 1 do artigo 40 do capítulo IV do título I, que queda redactado como segue:
«a) Certificación acreditativa da súa inscrición no Rexistro de Instalacións Xuvenís ex-pedida polo órgano correspondente».
Dez. Modifícase o artigo 43 do capítulo V do título I, que queda redactado como segue:
«Artigo 43. Declaración responsable das RAXG.
1. Os titulares das instalacións xuvenís que presten servizos como residencias xuvenís poderán, así mesmo, prestar servizos como albergues xuvenís de temporada, segundo o establecido na sección primeira do capítulo III deste título I.
2. O período de funcionamento da instalación como albergue xuvenil de temporada non poderá exceder 4 meses ao ano.
3. Unha vez presentada a declaración responsable de inicio de actividade, colocarase o oportuno distintivo identificativo conforme o disposto no artigo 34 deste decreto».
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4966
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
Once. Modifícase a denominación do capítulo III do título II, que queda redactada como segue:
«Capítulo III Requisitos para o desenvolvemento de actividades ao aire libre e limitacións»
Doce. Modifícase o número 1 do artigo 49 do capítulo III do título II, que queda redacta-do como segue:
«1. Xustificación de ter presentado declaración responsable para inicio da actividade de que se trate, de entre as recollidas no artigo 45 deste decreto».
Trece. Modifícase o artigo 50 do capítulo III do título II, que queda redactado como segue:
«Artigo 50. Documentos exixibles para a realización de actividades ao aire libre.
1. Toda persoa física ou xurídica que queira iniciar a prestación de servizos de activida-des xuvenís, regulados no título II, antes de emitir a declaración responsable, segundo o modelo oficial que figura no anexo V deste decreto, deberá estar en posesión da seguinte documentación:
a) Informe favorable das autoridades competentes en materia de sanidade referente ás condicións hixiénico-sanitarias do lugar e á potabilidade da auga para as actividades de máis de cincuenta participantes. No caso de que a auga que se vaia utilizar proceda da rede municipal de abastecemento correspondente ou sexa envasada, chegará con facer constar esta circunstancia.
b) Relación dos compoñentes do cadro técnico-directivo e especificación da súa identi-dade e a titulación en materia de tempo libre de cada un deles.
c) Identidade da persoa responsable da actividade, domicilio e copia do título acreditati-vo da condición de director/a ou monitor/a de actividades de tempo libre, segundo proceda, con respecto ao número de participantes.
d) No suposto de que a persoa solicitante sexa unha persoa xurídica, a acreditación de que a persoa que emite a declaración responsable é a súa representante legal.
e) Asistencia médica prevista e especificación do centro de saúde ao que acudir en caso de necesidade.
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4967
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
f) Descrición das condicións técnicas da acampada ou campo de traballo.
g) Plano gráfico ou esbozo do lugar onde se vaia desenvolver a actividade e forma de acceso a el, coa indicación do municipio, parroquia e lugar, o máis detalladamente posible. No suposto de que o lugar de pernoita estea próximo á costa, deberá indicarse, en metros lineares, a distancia aproximada ao límite interior da beiramar.
No caso de rutas ou marchas voantes, deberá indicarse, ademais, unha descrición do itinerario, zonas de acampada e días en que se efectuarán as pernoitas.
h) Fins ou obxectivos da actividade, así como as datas entre as cales se desenvolverá.
i) Relación do número das persoas participantes e idades destas.
j) Autorización por escrito do titular de dereitos de uso e aproveitamento, administrador ou representante legal suficientemente acreditado, do predio que se ocupa, sexa de pro-piedade pública ou privada.
k) Copia do escrito dirixido á persoa titular da alcaldía do concello onde se sitúe o terreo onde se pretende desenvolver a actividade e comunicación da intención da realización desta e do lugar da pernoita. Na copia deberá figurar o rexistro de entrada.
l) No caso de actividades cuxa programación prevexa a súa realización dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos, Rede Natura, áreas protexidas de interese internacional, reservas da biosfera ou espazos naturais de interese local, deberán posuír autorización do órgano competente da súa conservación ou xestión.
m) Cando as actividades se desenvolvan na beira do mar, na zona comprendida nunha franxa de 100 metros medida terra dentro desde o límite interior da beiramar do mar, debe-rán ter solicitado un informe preceptivo ao órgano competente en materia de costas, que poderá establecer condicións adicionais para a mellor protección deste espazo.
n) Autorización para facer lume de acampada, de acordo coa normativa vixente sobre medidas de prevención de incendios, sempre que estea previsto no programa de activida-des.
o) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente».
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4968
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
Catorce. Modifícase o artigo 51 do capítulo III do título II, que queda redactado como segue:
«Artigo 51. Documentos específicos para campos de traballo.
Cando a actividade que se vaia realizar sexa un campo de traballo, ademais da docu-mentación detallada no artigo anterior deberá dispoñer da seguinte documentación:
a) Descrición do perfil das persoas participantes e da composición do equipo especia-lizado no traballo que se vaia realizar no campo e indicar os mesmos datos para o equipo técnico en animación.
b) Programa de traballo e medios con que conta o campo para a súa realización.
c) Horario de traballo».
Quince. Modifícase o artigo 52 do capítulo III do título II, que queda redactado como segue:
«Artigo 52. Alcance temporal da eficacia da declaración responsable.
A declaración responsable de inicio de actividade terá limitado o seu ámbito temporal á realización da actividade para a cal se emitiu, sen prexuízo do disposto no número 5 do artigo 1 bis deste decreto».
Dezaseis. Modifícase o número 1 do artigo 57 do capítulo IV do título II, que queda re-dactado como segue:
«1. Para o desenvolvemento das actividades ao aire libre reguladas no presente título, a documentación a que se refire o artigo 50 non exime o organizador da obriga de ter que solicitar aquelas autorizacións non previstas neste título que sexan precisas por razón da actividade».
Dezasete. Modifícase o número 1 do artigo 59 do capítulo I do título III, que queda re-dactado como segue:
«1. Correspóndelle ao órgano directivo competente en materia de xuventude a determi-nación das ensinanzas que se poderán impartir nas escolas de tempo libre, a aprobación dos seus programas de formación e a expedición dos títulos acreditativos das ensinanzas recibidas nas ditas escolas, de conformidade co previsto no artigo 77 deste decreto».
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4969
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
Dezaoito. Modifícase o artigo 65 do capítulo I do título III, que queda redactado como segue:
«Artigo 65. Incumprimento.
1. O incumprimento do disposto nos capítulos I, II e III deste título poderá dar lugar ao cesamento de actividade como escola de tempo libre, desde o momento en que se teña constancia de tales feitos, logo da apertura do oportuno expediente administrativo e au-diencia ao interesado.
Dezanove. Modifícase o capítulo II do título III, que queda redactado como segue:
«Capítulo II Inicio de actividade
Artigo 66. Documentos esixibles ás escolas de tempo libre.
1. Toda persoa física ou xurídica que queira iniciar a prestación de servizos en escolas de tempo libre, reguladas no Título III deste decreto, no momento de emitir a declaración responsable de inicio de actividade, segundo o modelo oficial que figura no anexo VI, de-berá estar en posesión da seguinte documentación:
a) Acreditación da titularidade do centro.
b) Proxecto educativo e sistema educativo da escola, con especificación das modalida-des de ensinanzas que se vaian impartir.
c) Descrición detallada dos medios materiais e educativos de que disporá. A este res-pecto, todas as escolas de tempo libre deberán contar cun local que, como mínimo, disporá dos seguintes espazos diferenciados: espazo de atención ao público, aula, espazo especí-fico de arquivo e sala de reunións para o profesorado.
d) Os programas específicos do centro para os diferentes niveis que se pretenden im-partir, de acordo cos contidos do título III deste decreto.
e) Acreditación suficiente de que o director ou directora e o profesorado posúen as titu-lacións exixidas no artigo 63 deste decreto.
f) Xustificación e documentación acreditativa das posibilidades de realización da fase de prácticas que a escola de tempo libre lle ofrecerá a todo o seu alumnado.
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4970
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
g) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
h) Estatutos da escola de tempo libre que conterán, como mínimo, os seguintes datos:
– Denominación da escola de tempo libre, que non poderá coincidir nin ser similar con outras xa inscritas no Rexistro de Servizos á Xuventude.
– Domicilio social.
– Órganos de dirección, goberno e administración.
– Ámbito territorial en que desenvolverá as súas actividades.
– Réxime económico, con determinación da procedencia e destino dos seus recursos económicos.
Artigo 67. Alcance temporal da eficacia da declaración responsable.
As declaracións responsables de inicio de actividade en escolas de tempo libre terán carácter indefinido, sen prexuízo do establecido no apartado 5 do artigo 1 bis.
Artigo 68. Queda sen efecto.
Artigo 69. Rexistro.
Adscrito ao órgano directivo competente en materia de xuventude existirá un Rexistro de Escolas de Tempo Libre da Comunidade Autónoma de Galicia. Nel inscribiranse de oficio aquelas escolas de tempo libre que presentasen a declaración responsable de inicio de actividade».
Vinte. Modifícase a sección terceira do capítulo III do título III, que queda redactada como segue:
«Sección terceira Expedición e homologación de títulos
Artigo 77. Expedición de títulos acreditativos.
1. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado expedirá os títulos acreditativos co-rrespondentes ás ensinanzas que impartan as escolas de tempo libre, de conformidade
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4971
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
coas actas de avaliación de cada escola que imparta o curso, logo da solicitude desta, á que se achegará o documento acreditativo do pagamento das taxas correspondentes.
2. No prazo de 10 días, os servizos competentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado examinarán o expediente e, no suposto de que a documentación achegada conteña erros ou resulte insuficiente, requirirase a persoa solicitante para que, nun prazo de 10 días, proceda á emenda das deficiencias, con indicación de que, se non o fixer, se considerará desistida da súa petición, logo de resolución, que deberá ditarse nos termos do artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
3. Unha vez completo o expediente, dentro do prazo de dous meses a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado procederá a resolver a solicitude mediante a expedición dos títulos correspondentes a aquel alumnado que superase satisfactoriamente o curso. De di-tarse resolución en prazo e se esta for desestimatoria da expedición dos títulos, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a persoa titular da consellería competente en materia de xuventude.
4. En cada título farase constar o nome e apelidos, DNI, data de nacemento do intere-sado ou interesada, domicilio e escola onde realizou o curso.
Artigo 78. Homologación de títulos.
Os títulos expedidos polos órganos competentes doutras comunidades autónomas do Estado ou da autoridade competente de calquera Estado membro da Unión Europea po-derán ser obxecto de homologación cos títulos regulados no capítulo III do título III deste decreto, polo órgano autonómico competente en materia de xuventude, conforme o proce-demento regulado no artigo seguinte.
Artigo 78 bis. Procedemento de homologación.
1. Para os efectos de homologación de títulos, a persoa interesada deberá presentar unha solicitude de homologación, conforme o modelo normalizado que figura no anexo XII deste decreto, e poderá presentalo no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, nos rexistros dos órganos territoriais ou en calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992,
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4972
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Así mesmo, tamén poderá presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es
A dita solicitude deberá dirixirse á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado xunto coa seguinte documentación:
a) Datos identificativos da persoa solicitante: nome, apelidos, nacionalidade, domicilio.
b) Órgano competente da comunidade autónoma ou do Estado membro da Unión Euro-pea que expediu o título.
c) Certificación ou copia compulsada do título expedido pola autoridade competente.
d) Documentación acreditativa do contido formativo do título recoñecido pola autoridade competente, expedida pola escola de tempo libre ou polo órgano de natureza análoga que impartise o curso.
e) Título con que se pretende homologar de entre os que figuran no capítulo III do títu-lo III deste decreto.
f) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
2. Unha vez recibida a solicitude, xunto á documentación exixida, o órgano competente procederá a verificar, dentro do prazo de trinta días, a documentación presentada e, espe-cificamente, a homoxeneidade existente entre o contido formativo do título presentado para homologar co exixible para o que se solicita a homologación.
3. De atopar toda a documentación completa e de existir homoxeneidade entre os con-tidos formativos, enviaráselle unha proposta favorable á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, para que no prazo máximo de dous meses proceda á súa homologación. Se unha vez transcorridos tres meses desde a presentación da solicitude, non foi ditada resolución expresa, a solicitude de homologación entenderase estimada por silencio admi-nistrativo.
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4973
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
4. Se, pola contra, se detectar que a documentación presentada se atopa incompleta, conferiráselle á persoa solicitante un prazo de dez días para que a achegue ou proce-da á súa emenda. Logo de transcorrido ese prazo sen que se proceda a emendala ou achegala, entenderase desistido no procedemento, logo de resolución que declare tal circunstancia.
5. De igual forma, se se detectar a inexistencia de homoxeneidade entre os contidos formativos, o servizo competente especificaralle na súa proposta á persoa titular da Di-rección Xeral de Xuventude e Voluntariado o título en que debe ser homologado, entre os regulados no capítulo III do título III deste decreto, e pode especificar que cursos ou for-mación complementaria deberá realizar a persoa solicitante para a homologación do título solicitado, así como o prazo de tempo en que debe cursalos.
6. No suposto do punto anterior, o interesado ou interesada poderá interpoñer, no prazo dun mes, un recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de xuventude».
Vinte e un. Modifícanse os anexos: I, II, V, VI, XII.
Disposición derradeira primeira.
A consellería competente en materia de xuventude poderá ditar cantas disposicións ad-ministrativas de carácter xeral resulten necesarias para o desenvolvemento e a aplicación deste decreto.
Disposición derradeira segunda.
Este decreto entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, doce de xaneiro de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo Presidente
Beatriz Mato Otero Conselleira de Traballo e Benestar
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4974
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO I
PROCEDEMENTO
DECLARACIÓN RESPONSABLE DE INICIO DA ACTIVIDADE. PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS INSTALACIÓNS XUVENIS
CÓDIGO DO PROCEDEMENTO
BS315ADOCUMENTO
DECLARACIÓN
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
DATOS DO/DA DECLARANTEDATOS DA PERSOA FÍSICA OU XURÍDICA NIF/CIF
DATOS DO/DA REPRESENTANTE NO SUPOSTO DE PERSOA XURÍDICANOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO DNI/NIE
ENDEREZO DO/DA REPRESENTANTE
CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO
TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO
FAX
N.º DE PRAZAS
TODO O ANO SÓ TEMPADA: DO AO
TIPOLOXÍA DA INSTALACIÓN XUVENIL
ALBERGUE XUVENIL CAMPAMENTO XUVENIL GRANXA ESCOLA OU AULA DE NATUREZARESIDENCIA XUVENIL
DATA APERTURA INSTALACIÓN
SUPERFICIE DO TERREO:(SÓ NO CASO DE CAMPAMENTO XUVENIL)
INSTALACIÓN DE NOVA CONSTRUCIÓN EDIFICACIÓN PREEXISTENTE
DATOS DO/DA DIRECTOR/ANOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO
DATOS DA INSTALACIÓN XUVENILNOME DA INSTALACIÓN XUVENIL
ENDEREZO
PROVINCIACÓDIGO POSTAL
TELÉFONO ENDEREZO ELECTRÓNICO
PERÍODO DE FUNCIONAMENTO
CONCELLO
DECLARACIÓN RESPONSABLE DE INICIO DA ACTIVIDADEDeclara, de acordo co artigo 1 bis do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo Decreto ..........
a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo 24 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo Decreto .........
b) Que cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos polo Decreto 50/2000, para este servizo, así como os exixidos no artigo 25 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo Decreto........
c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.
d) Que ten previsto iniciar a prestación de servizos como instalación xuvenil con data:
e) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Se o desexa, pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, dirixindo un escrito a esta consellería como responsable do ficheiro, no enderezo que figura ao pé da declaración.
LEXISLACIÓN APLICABLEDecreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.
SINATURA DO/DA DECLARANTE OU REPRESENTANTE
LUGAR E DATA
, de de
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4975
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO II
PROCEDEMENTO
DECLARACIÓN RESPONSABLE. MODIFICACIÓN SUBSTANCIAL EN INSTALACIÓNS XUVENIS
CÓDIGO DO PROCEDEMENTO
BS315BDOCUMENTO
DECLARACIÓN
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
DATOS DO/DA DECLARANTEDATOS DA PERSOA FÍSICA OU XURÍDICA NIF/CIF
DATOS DO/DA REPRESENTANTE (NO SUPOSTO DE PERSOA XURÍDICA)NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO DNI/NIE
ENDEREZO DO/DA REPRESENTANTE
CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO
TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO
DATOS DA INSTALACIÓN XUVENILTIPO DE INSTALACIÓN N.º DE INSCRICIÓN NO REXISTRO
PROVINCIACÓDIGO POSTAL
TELÉFONO ENDEREZO ELECTRÓNICO
CONCELLO
FAX
TIPOLOXÍA DA INSTALACIÓN XUVENIL
ALBERGUE XUVENIL CAMPAMENTO XUVENIL GRANXA ESCOLA OU AULA DE NATUREZARESIDENCIA XUVENIL
DATA APERTURA INSTALACIÓN
BREVE DESCRICIÓN DA MODIFICACIÓN
DENOMINACIÓN DA INSTALACIÓN
ENDEREZO
DECLARACIÓN RESPONSABLE DE INICIO DA ACTIVIDADEDeclara, de acordo co artigo 1 bis do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo Decreto ..........
a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo 26 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo Decreto .........
b) Que cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos polo Decreto 50/2000, para este servizo, así como os exixidos no artigo 25 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo Decreto........
c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.
d) Que ten previsto iniciar a modificación da instalación na data:
e) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Se o desexa, pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, dirixindo un escrito a esta consellería como responsable do ficheiro, no enderezo que figura ao pé da declaración.
LEXISLACIÓN APLICABLEDecreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.
SINATURA DO/A DECLARANTE OU REPRESENTANTE
LUGAR E DATA
, de de
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4976
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO V
PROCEDEMENTO
DECLARACIÓN RESPONSABLE DE INICIO DA ACTIVIDADE, PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ACTIVIDADES AO AIRE LIBRE
CÓDIGO DO PROCEDEMENTO
BS314ADOCUMENTO
DECLARACIÓN
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
DATOS DA PERSOA DECLARANTE
DATOS DA PERSOA FÍSICA OU XURÍDICA NIF/CIF
DATOS DO/A REPRESENTANTE NO SUPOSTO DE PERSOA XURÍDICA
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO DNI/NIE
ENDEREZO DO/A REPRESENTANTE
CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO
TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO
DATOS DA ACTIVIDADE AO AIRE LIBRE
TIPOLOXÍA DA INSTALACIÓN XUVENIL
ACAMPADA MARCHA VOANTE OU RUTA CAMPO DE TRABALLO CAMPAMENTO
LUGAR/ES ONDE SE REALIZA
NÚM. DE PARTICIPANTES (INCLUÍDO PERSOAL TÉCNICO-DIRIXENTE) DATAS DE REALIZACIÓN
DECLARACIÓN RESPONSABLE DE INICIO DA ACTIVIDADEDeclara, de acordo co artigo 1 bis do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo Decreto ............
a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo 50 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo Decreto ............b) Que cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos polo Decreto 50/2000, para esta actividade, así como os exixidos no artigo 51 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo Decreto........c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.
d) Que iniciará a actividade de prestación de servizos de actividades ao aire libre con data:
e) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a esta consellería como responsable do ficheiro, no enderezo figura ao pé desta declaración.
LEXISLACIÓN APLICABLEDecreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.
SINATURA DO/A DECLARANTE OU REPRESENTANTE
LUGAR E DATA
, de de
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4977
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO VI
PROCEDEMENTO
DECLARACIÓN RESPONSABLE DE INICIO DA ACTIVIDADE, PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE ESCOLAS DE TEMPO LIBRE
CÓDIGO DO PROCEDEMENTO
BS307ADOCUMENTO
DECLARACIÓN
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
DATOS DA PERSOA DECLARANTE
DATOS DA PERSOA FÍSICA OU XURÍDICA NIF/CIF
DATOS DO/A REPRESENTANTE NO SUPOSTO DE PERSOA XURÍDICA
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO DNI/NIE
ENDEREZO DA PERSOA REPRESENTANTE
CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO
TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO
DATOS DA ESCOLA DE TEMPO LIBRE
NOME DA ESCOLA
ENDEREZO
PROVINCIACÓDIGO POSTAL
TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO
CONCELLO
DATOS DO/A DIRECTOR/A
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO DNI
TITULACIÓN
DECLARACIÓN RESPONSABLE DE INICIO DA ACTIVIDADEDeclara, de acordo co artigo 1 bis do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo decreto de adaptación á Directiva de servizos do Decreto 50/2000:
a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo 66 do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude, modificado polo decreto de adaptación á Directiva de servizos do Decreto 50/2000.
b) Que cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos polo Decreto 50/2000, para este servizo.
c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.
d) Que iniciará a actividade de prestación de servizos da escola de tempo libre con data:
e) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Se o desexa, pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, dirixindo un escrito a esta consellería como responsable do ficheiro, no enderezo que figura ao pé da declaración.
LEXISLACIÓN APLICABLEDecreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.
SINATURA DO/A DECLARANTE OU REPRESENTANTE
LUGAR E DATA
, de de
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3
DOG Núm. 25 Luns, 6 de febreiro de 2012 Páx. 4978
ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia
ANEXO XII
PROCEDEMENTO
HOMOLOGACIÓN DE TÍTULOS DE TEMPO LIBRE
CÓDIGO DO PROCEDEMENTO
BS309BDOCUMENTO
SOLICITUDE
DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO
DATOS DO/DA SOLICITANTE
NOME PRIMEIRO APELIDO SEGUNDO APELIDO
DNI OU DOCUMENTO IDENTIFICATIVO DO PAÍS DE ORIXE
ENDEREZO LOCALIDADE
CÓDIGO POSTAL PROVINCIA CONCELLO
TELÉFONO FAX ENDEREZO ELECTRÓNICO PAÍS
ENTIDADE QUE EXPIDE O TÍTULO
NOME COMUNIDADE AUTÓNOMA OU ESTADO MEMBRO DA UE
NOME DO CURSO QUE PRESENTA PARA HOMOLOGAR
TÍTULO QUE SOLICITA OBTER COA HOMOLOGACIÓN
MONITOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE
ESPECIALIDADE (SE É O CASO):
DIRECTOR/A DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE
ESPECIALIDADE (SE É O CASO):
OUTROS
DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA
Certificación ou copia compulsada do título que se pretende homologar expedido pola autoridade competente.
Fotocopia compulsada do DNI ou documento acreditativo do país de orixe (no caso de non dar autorización).Documentación acreditativa do contido formativo do título recoñecido pola autoridade competente, expedida pola escola de tempo libre ou órgano de natureza análoga que impartise o curso.
Documento acreditativo de ter realizado o pagamento da taxa correspondente.
En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude se incorporarán a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a esta consellería como responsable do ficheiro, no enderezo figura ao pé desta solicitude.
LEXISLACIÓN APLICABLEDecreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior.
SINATURA DO/DA SOLICITANTE OU PERSOA QUE O REPRESENTA
LUGAR E DATA
, de de
AUTORIZACIÓN Autorizo a consellería, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 7 de xullo de 2009, que o desenvolve, para a consulta dos meus datos de identidade e residencia no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio da Presidencia.
SI NON
CV
E-D
OG
: n93
rwza
1-vv
t8-z
k94-
vgy8
-rna
3yim
q2gz
3