Delourando_os_dias_jose_lorenzo
-
Upload
axouxere-editora -
Category
Documents
-
view
229 -
download
6
description
Transcript of Delourando_os_dias_jose_lorenzo
DELOURANDO OS DÍAS, 2015
Cadro de cuberta: Pablo Orza, Máquina lítica (2009)
Deseño e maquetación: Juan Gallego _ www.juangallegoestudio.com
Edición: axóuxere Xens, 75 15984 Araño, Rianxo Galiza [email protected] axouxerestream.com
Impresión: Gráficas Sementeira. Noia
ISBN: 978-84-941379-7-6Depósito legal: C 522-2015
Para María Rey, Eduardo Bangueses,
Charo Gómez e Javier Turnes:
oído, corazón e acubillo destas páxinas. Un triple xesto de amizade
9
I
Hoxe, oito de agosto de 1990 as tropas conxuntas de
Estados Unidos de América, Francia, Inglaterra e Rusia
están a bombardear Bagdad.
Durante os días de vacacións de verán que comparto
cos meus irmáns e os seus fillos, aínda pequenos, na vila
de Lagostelle, unha guerra irrompe inesperada; ocupa as
páxinas dos xornais, a radio e a televisión, e vén poñer
en nós unha gota de inquietude... Porén, iso non impide
que escoitando a palabra Bagdad axiña me traslade no
tempo... Na miña memoria esta é unha cidade asociada
coas sesións de cine no verán, cando era neno, en Lagos-
telle. Alí puiden ver aquela película trepidante de acción:
O ladrón de Bagdad. Alegre, saltariqueiro, destemido, o
ladrón lucía pendente de ouro nunha orella, dentes moi
10
brancos, cabelos longos e negros e sorriso permanente.
Sempre andaba a roubar nos mercados, con alegría e as-
tucia, aos vellos desdentados e avariciosos que gardaban
o ouro en bolsiñas de coiro agachadas contra o corpo.
Lixeiro, astuto, magnífico xinete nun cabalo branco, na-
moraba mouras fermosísimas de ollos negros, grandes e
feros coma gadoupas de tigre.
A moura do bico final da película, a moura que a
todos os nenos de galiñeiro nos gustaba e que terminaba
por quedarse co ladrón, para envexa de todos nós, vestía
saia branca de gasa vaporosa, chaleco negro e unha blusa
moi brillante. Das orellas colgábanlle aros coma estrelas e
toda ela estaba viva coma o mundo cando se fixo. Amaba
cos ollos e con todo o corpo o ladrón de Bagdad, que
non paraba de rir, de brincar e de facer cousas simpáticas.
Nas primeiras secuencias da película roubaba nun mer-
cado cheo de postos de cores. Saltando de aquí para alá,
entre as teas, a xente e a froita apetitosa que sempre se
derramaba, conseguía escapar baixo os xuramentos dos
avaros. Nós, os nenos do galiñeiro, sentados en bancos
corridos, seguiamos empapados en suor as peripecias do
ladrón, aplaudindo con forza a habilidade coa que saía
das situacións máis comprometidas. Logo, ao rematar a
película, atopabamos a noite magnífica do verán, cálida,
aromática, cinguida por un ceo limpo salpicado de estre-
las arredadas e nítidas, coma as do deserto de Bagdad, e
cabalgabamos correndo costa abaixo, cara á Estación, ata
11
a casa, para continuarmos pola nosa conta as aventuras do
ladrón de Bagdad, e coma el, entre brincadeiras e risas, e
sempre con astucia, saïamos airosos de todos os retos, xa
fose contra os rapaces do Curro Vello, do Campo da Feira
ou da Torre Vella.
...
Chámome Inocencio, aínda que tamén empregarei
aquí o nome de Ladrón de Bagdad; foi un anaco da miña
alma e segue a ser un fío que terma de min... Remato
agora a lectura desta páxina escrita un caloroso día do
mes de agosto de 1990, hai máis de vinte anos... Cando
a guerra golpeaba de novo, os desertos do Golfo Pérsico
andaban nos teletipos e as nacións se desafiaban, acor-
dara dunha tarde de aventuras no cinema de Lagostelle.
Pouso a páxina, miro atrás no tempo… constato que xa
non son quen cabalgara a carón do ladrón de Bagdad
nun estreito banco, mollado de suor, aplaudindo e feliz;
tampouco quen, no inicio da guerra, gabara a súa alegre
face e aguda treta. Isto pode parecer non só obvio, senón
inevitable, pois de tempo estamos feitos. Mais deixa de
selo se reparo que nin o neno que aplaudía na sesión
do cinema, nin o adulto que despois lembrara sen máis
recurso que a palabra Bagdad, carecían do riso… Pola
contra, o Inocencio que agora amenta e escribe, anda
falto del.
12
Que foi daquel xinete sen cabalo que na saída do
cinema cruzaba ás carreiras desertos sen area soñando
coa moura máis fermosa? Xa non sei dos aromas das her-
bas, do siroco das tormentas, do azul do ceo e do brinco
decidido. Que tronzou aquel neno-cabalo que aparecía
entre as lembranzas cinematográficas do ladrón de Bag-
dad, poñendo no seu lugar, no andar dos anos, ao home
con enxerto de pau, que agora son, que enlea máis ca
anoa; ao home que esqueceu as cores do mundo? Que
foi daquel que quería atravesar pola vida con paso firme
e mirada tranquila?
Memorias, camiños vellos que se abren de novo.
Como a min me ocorre nesta tarde na que leo de novo
a páxina na que evocara ao ladrón do deserto: alegre,
destemido, divertido, luz e cor no cinema, panca da miña
imaxinación nos xogos infantís. Pasou a infancia, pasou
a xuventude, veu a madurez… Non queda en Inocencio
nin asomo do riso franco e alegre que enchía a pantalla
do cinema e quecía o corazón. Inocencio perdeu o riso.
Que maior perda pode sufrir un home...?
Véñolle contando estas historias, as máis das veces
paseando polas praias ou a carón dos ríos, a Venicia
Guarditxea, amiga parisiense, cordial e firme nos seus
afectos. Non direi moito dela, só que é unha acolledora
compañía. Leva tres anos en Galicia impartindo clases
de francés en Compostela; ten un falar gracioso de frases
13
breves, nun galego que aprendeu do seu pai, un fuxido
nos montes de Ribadavia, que rematou de exiliado en
Francia. Delgada, alta, curiosa, de ollos pequenos e vivos,
sabe escoitar e dar coa palabra precisa, alimentando as
confidencias que dan paso a estas páxinas que plasmo no
silencio das noites.
Hoxe, froito deses paseos con Venicia, vénme á
cabeza que no pasado –xa van alá máis de trinta anos–
unha muller, amiga, noiva, compañeira, chamada Leo-
nor, empeñábase en subliñar, desaprobándoo, o meu ser
taciturno. Non había tal cousa no meu carácter; como
diría un daqueles amigos marxistas da universidade, eran
as condicións económicas e sociais da miña existencia as
que determinaban os meus estados de ánimo. E aquelas,
naquel momento, eran certamente difíciles. Sen traballo,
sen casa, e con moi pouco diñeiro no peto o raro non era
que me invadira ás veces un pouco de tristeza; o sorpren-
dente radicaba en que, a maioría dos días, mantivera vivo
o ánimo e esperta a imaxinación.
Ao contrario do que afirmaba Leonor, podo asegu-
rar que non está inscrita no meu ánimo a tristeza. Como
podo asegurar que non son un mariño aguerrido que
navegou os mares máis recónditos do globo; tampouco
visto o tweed dos cabaleiros ingleses nin, levado pola obse-
sión da puntualidade, o reloxo, e a precisión das máqui-
nas, desafiei a ninguén a que daría a volta ao mundo en
oitenta días. E non me libro dos meus estados taciturnos
14
abandonando a parte seca da terra para enrolarme en
pesados petroleiros que trasladan o cru ás refinerías de
Europa. Imaxinábame, ás veces, na miña mocidade, for-
mando parte da tripulación dun mercante; liberado da
pesada carga das rutinas de estudante, sentía o ar fres-
co na cuberta do barco e a camaradería dos mariñeiros.
Baixaba a terra e un mundo colorista desprendía ante
min a sorpresa do descoñecido: mariños, comerciantes,
indíxenas de estrañas linguas, mulleres de atractivo des-
concertante. Pero todo isto sentíao, tamén, con tanta
intensidade nos soños, baixo o feitizo da fantasía, que
axiña colmaban o meu desexo de aventura. Ademais, es-
taban os libros, que satisfacían de forma cómoda, variada
e amena as inclinacións de escapada mariña.
Non nacín en Brístol, tampouco en Berlín, nin en
California. Meu pai non foi un rico comerciante, nin
tiña unha taberna onde rompen as ondas e se reúnen
os piratas. Non foi un pescador, nin se curtiu con longas
estadías no mar, xa fose nunha fragata, ou nun pesquei-
ro que, no Gran Sol, axusta o día á manobra de largar
a rede e recoller o copo unha e outra vez. Non foi un
científico desvelado polo estudo da natureza e o rigor do
cálculo, nin un exiliado que deixou aos seus, en herdan-
za, unha memoria moral. Miña nai non foi unha artista,
nin aprendeu a tocar o piano, tampouco encheu os seus
días lendo novelas. Meus tíos non foron enxeñeiros, nin-
gún deles inventou unha máquina, nin trazou os planos
15
dunha casa, aínda que si houbo un que soubo desmontar
o motor dunha motocicleta e outro que soubo fabricar
sinxelos artefactos de ondas chamados galenas.
Non me chamedes Ismael, nin Hans Castorp, nin
Naphta, nin Settembrini, nin Leverkühn, nin Lord Jim…
O meu mundo non é o que eles habitaron, por moito
que o frecuentara con gusto e poidades encontrar en
min trazos seus: a perspicacia de Ismael, a manifesta
simpatía pola morte, finalmente superada, de Hans
Castorp, a embriaguez pola disputa do conservador
Naphta e o liberal Settembrini, a entrega ao traballo no
retiro silencioso de Leverkühn, os remorsos por ir contra
o deber de Lord Jim. Pedazos da alma compartidos, que
chegaron a trocar o meu pequeno mundo noutro de tan
longo alcance coma o deles, fiestras polas que penetrou
o ar limpo do distante. O que tamén me proporcionou
Sam Weller, vital, alegre, valente e fecundo en recursos
no Pickwick de Charles Dickens, a quen teño agora máis
presente ca ningún outro, quizais por non ter sabido
levar á práctica a súa filosofía que nunca se fixo tan certa
coma cando foi ignorada por min.
—Es un filósofo, Sam –comentou Mr. Pickwick.
—Creo que é de familia, Señor. Meu pai foi tamén
así, e éo especialmente nestes últimos tempos. Se a miña
madrasta se anoxa, el asubía, se se sulfura e lle rompe a
pipa, el sae e compra outra; cando grita moi forte e lle dan
16
ataques de nervios, el segue fumando tranquilamente ata
que se lle pasa. Iso chámase filosofía, non si, señor?
—Se non o é, resulta un bo remedio –comentou rin-
do Mr. Pickwick– e debeuche ser de grande axuda na túa
vida vagabunda.
Fun á escola de párvulos, como entón se chamaba,
en Madrid, un tempo ben corto, por certo, despois ini-
ciei a primaria na Escola Nacional de Lagostelle, en Ga-
licia, cun mestre que, se hai xustiza divina, terá que estar
ardendo no lume do inferno por toda a eternidade. Por
sorte, máis adiante, en cursos superiores, as cousas mello-
raron con outro mestre paciente, que soubo achegarme
a emoción que espertaban as súas narracións na clase de
historia. Tamén a fascinación por dúas experiencias: as
que levaban ao cálculo de π co emprego duns aros de la-
tón, de diferente raio, que, adecuadamente medidos so-
bre os taboleiros de madeira do chan da aula e feitos os
cálculos, sempre permitían extraer a constante buscada;
e as que demostraban o cambio das estacións proxectan-
do un foco de luz sobre unha esfera. Con el plantamos
os alumnos un horto e fixemos excursións nun autobús
que cargaba os soños de todo o Grupo Escolar, cando o
curso remataba, na insólita aventura de desprazarnos a
cen quilómetros de distancia da nosa vila. Foi un mestre
querido ao que moitas xeracións lle gardan memoria. No
entanto, non foi D. Daniel, así se chamaba, quen foi invi-
17
tado á miña Primeira Comuñón, ese acontecemento que
poñía aos rapaces un chanzo por riba da infancia. Foi ao
outro, ao que descargaba sobre nenos de cinco e seis anos
as súas frustracións cunha vara, ao que invitou miña nai,
cando meu pai estaba ausente, traballando lonxe. Episo-
dio desafortunado que quedou perpetuado nunha foto-
grafía en branco e negro, na que aparezo, con traxe de
mariñeiro, flanqueado pola miña nai e o temido mestre.
A escola, os xogos, e o afecto seguro dunha fami-
lia acomodada dunha vila pobre, foron os materiais da
miña infancia. Aínda pasei algún ano máis en Madrid e
xa despois veu o bacharelato e a universidade en Santia-
go, onde comezou de novo todo.
Na época na que era recriminado por Leonor pola
miña tristeza –nos primeiros anos da década dos anos
oitenta–, era moi dado a ler literatura fantástica: Tol-
kien, Lovecraft, Lord Dunsany, Cunqueiro e outros eran
frecuentados con pracer. E tanto se encheron as miñas
tardes de tales lecturas que, sen emular a Don Quixote
saíndo aos camiños para arremedar, como el facía, aos
heroes dos libros, si decidín seguir á fantasiosa e activa
confraría dos creadores de literatura e me lancei a escri-
bir unha fantástica narración. Este era o seu comezo:
En Samarcanda, fillo meu, os vellos repousan o seu
cansazo apoiando as mans en pétreas columnas arbores-
centes. Deixan así que a súa memoria flúa e se funda coa
18
seiva que enche as vetas de pedra. Estas árbores de pe-
dra medran tan altas que alá, no cume, rozan as follas coa
bóveda das estrelas, e así é como queda escrito nelas o
pasado…
Pero non quedei contento e entón escribín:
Non é certo que aquela noite escoitamos os contos
máis fermosos. Ti, tendida sobre o fío dos teus cabelos
trenzados coma unha corda dourada, ollábasme con ollos
azuis, esquecida da vermella faciana. Eu, tombado sobre a
alfombra negra, lucindo pantalóns remendados, co puñal
aínda tinguido de sangue no cinto. Reixa, vestida de cha-
queta amarela punteada de flores, falaba e falaba sentada
na esfera, movéndose dun lado a outro…
Algunhas tardes máis adiante decidinme por probar
desta maneira:
Se puidese descender viría caer ao teu lado sobre a
pel branca que fai de sela do cabalo. E diríalle, non co-
rras, vai lento. Temos a tarde enteira para chegar á fraga.
E diríache, déixame poñer os labios na corda dourada,
e deixa que a choiva do Laigol nos cubra. Que non co-
rra, que non teña présa... gústame estar aquí, no vaivén
quente do seu corpo, téndote a ti cerca, longa e branca,
cos fíos de ouro caendo polos teus brazos. E máis adiante
19
diría, xa sei que o luceiro está alto e a noite crece e a fraga
se pecha...
...
—Vexo que naquel tempo eras un pouco poeta –di,
irónica, a miña amiga Venicia, mentres nos sentamos nos
bancos de pedra do adro de Santa María de Azogue, en
Betanzos.
—Ese, Venicia, era o meu mundo de fantasía, que,
en parte, compensaba as moitas carencias derivadas da
falta de traballo. Por iso non podes imaxinar como cele-
brei o día que, xa no límite da miña capacidade de subsis-
tencia económica, conseguín un traballo en Lagostelle.
... Tiña que impartir moitas horas de clase, pero des-
pois de estar máis dun ano no desemprego, ter de novo
un soldo, por minguado que fose, dábame confianza.
Ademais, coa tranquilidade que proporcionaba ter as
cuestións materiais resoltas, animeime, con renovado
optimismo, a retomar os utensilios da confraría dos es-
critores: papel, pluma e imaxinación... Por aquela épo-
ca tamén lía moita antropoloxía, mitoloxía, historia das
relixións e etnografía; se a iso sumamos un certo misti-
cismo difuso ligado á terra, a vida naquela apartada vila
chairega cos seus bidueiros, regatos e boedos, o engadi-
do dun inverno frío de choiva incesante e, por último, o
20
contacto con alumnos que nalgúns casos aseguraban ter
visto a Santa Compaña, todo convidaba a escribir unha
saga que, ao amparo do prestixio do prehistórico ou me-
dieval, habitual na literatura galega, non tardei en narrar.
Axiña enchín páxinas nas que Lagostelle se transfiguraba
nunha cidade de labirintos e prodixios: pedra, auga, ser-
pe, círculo, o dicir rexo, o pasado espectral como utopía
regresiva. Unha saga de alento heroico que narraba a
construción e posterior derrube dunha cidade. Os caba-
los do vento, o lume das forxas, o heroe xuvenil de dispa-
ro certeiro, e unha muller, Leusíbora, que por desafiar o
sagrado se convertía en cerva.
Aquela narración, falida na forma e na linguaxe, res-
pondía ao mundo no que aínda, en parte, vivían as miñas
alumnas. Soñar non fai dano a ninguén. Elas non tiñan a
alma cega para o máxico, nin a mente pulida polo buril
da pedagoxía. Axitábanse na noite, non fose aparecer o
demo, cando atravesaban a fraga, e “lobo”, coma na Ida-
de Media, era a palabra do medo. Ben o sabía Aurelita
do Cura, que tivo que escoitar cen misas, cumprindo a
promesa coa que se encomendara á Virxe do Perpetuo
Socorro. Unha noite, cando regresaba andando da festa
de Labrada con dúas amigas, escoitou ouvear o lobo. No
medio das xaculatorias as tres corrían; Aurelita, baixiña
e de pernas pequenas quedaba atrás paralizada co medo.
Sen pensalo, ofreceu unha novena e cen misas, que o ceo
agradeceu, cando o lobo ouveaba de novo, coa chegada
21
milagrosa dun taxista que as acolleu no seu coche. Ao
día seguinte, pola mañá cedo, o coche de liña atropela-
ba unha loba recén parida non moi lonxe do lugar por
onde elas correran.
Este era o mundo das rapazas: lobos, demos, apareci-
dos, mortos enterrados vivos, beberaxes, herbas, meigas,
os contos ducias de veces contados nas cociñas. A cabalo
entre as rutinas da aldea e o instituto, nelas confluían a tra-
dición, o traballo no campo e un afán por adoptar novas
maneiras. O saber racional, o que a min tocaba inculcar-
lles, compartíano paradoxalmente, con toda naturalidade,
con crenzas máxicas que en poucos anos desaparecerían.
Entre a prédica do cura, a advertencia da avoa, a autorida-
de do pai, o confesionario e a discoteca, abríronse paso,
decididas, as rapazas dos Vilares, Buriz, Cezar, Senande,
Baxoi, Sesulfe, refregando as lagañas dos que durmían o
sono de décadas, desafiantes cos que dicían que as ciencias
e letras habían corromper os costumes, confundilas con
tantos saberes e afastalas do que lles era obrigado facer.
Por aquela época pasaba as mañás e máis dunha tar-
de no Instituto. Cando volvía á casa, traballaba na prepa-
ración das clases do día seguinte. Rematados estes labo-
res volvía aos meus traballos de etnografía e mitoloxía.
Mandara cartas a algúns amigos para que me remitiran
cantas historias de interese etnográfico puideran recoller
nos lugares onde pasaban o inverno. Un deses amigos
era Fabio, que vivía cerca de Santiago.
22
Fabio era profesor na Costa da Morte. Para chegar
ao traballo tiña que levantarse antes das seis e media da
mañá: Facía unha viaxe esgotadora de pontes, curvas e
piso esvaradío, para comezar o traballo ás oito e medía.
Realizaba logo a viaxe en sentido contrario entre as dúas
e cuarto e as catro da tarde. Comía e caía durmido no
sofá entre un cuarto de hora e media hora, era todo o
que lle rendía o sono. Deseguido se erguía, axiña turra-
ban del o moito traballo pendente, as obrigas familiares
e a ansiedade.
Un día Fabio mandoume unha carta con esta histo-
ria que oíra nunha taberna da Baña na que parara para
tomar un café camiño do traballo.
Josefina da Ferreira tiña os tres fillos maiores –Pom-
pilio, Dorita e Manolo– emigrados en Cuba. Na casa que-
daban dúas pequenas, aínda incapaces de botar unha
man no traballo, e o seu home, un eterno enfermo de tise,
sempre tusindo e fumando, reducido a unha manchea de
ósos sentados baixo un carballo diante da casa. De tempo
en tempo algún dos fillos ausentes aparecía na casa polas
festas do verán. Josefina entón revivía. Cando se achegaba
o día do regreso a Cuba, Josefina desacougaba de corpo e
alma. Empezaba a chorar, a queixarse e metíase na cama.
A barriga medraba e medraba como medra o fol dunha
gaita, e ela desfacíase en berros de dor. Acudían as veciñas
que xa coñecían este mal de Josefina doutras veces. Pero
23
non había acougo para ela senón era ata que aparecía o
médico de Negreira co remedio capaz de sandala. Só el sa-
bía como tratala: unha inxección “máxica” (en realidade
era un placebo) acompañada de moitas palabras de con-
solo. Cando o doutor marchaba, xa a barriga de Josefina
volvera case ao seu. E dende a porta dáballe un consello:
“Josefina, non bebas tanta gasosa”.
Lin con atención o relato do meu amigo e gardei a
folla da carta no caderno de tapas vermellas que tiña para
o material etnográfico, onde xa tiña anotadas outras moi-
tas achegas dos amigos e das alumnas, auténticos pozos
de saber popular. O meu caderno rebordaba de lendas,
adiviñas, refráns, cancións e conxuros que aínda estaban
vivos na memoria dos avós e pais das rapazas.
Velaí unha mostra das adiviñas achegadas por unha
rapaza do Sanguiñedo que gardei no meu caderno:
No alto véxome no meu lugarexo, por unha risada
perdín a miña anada.
Un burro branco posto nun campo cun ferro no pé,
adiviña burro que é.
Longa, longa coma a cobra e ten dentes coma a loba.
“As respostas xa non son tan evidentes para quen
non viva no medio rural”, apuntei. Unha rapaza de Mariz
tróuxome un día este “Refrán do labrador”:
24
Levántate corpo falso sen ganas de traballar que está
esperando a noite para te volver deitar; pola mañá o or-
ballo, a mediodía a calor, pola tarde os mosquitos, xa non
se fai o labor.
Unha rapaza do Buriz, unha das aldeas ao norte do
concello, presentouse un día na clase con este romance
que titulaba “Irene”:
Estando Irenita
cosendo en corbata
con agulla de ouro
e dedal de prata,
viu un cabaleiro
pedindo pousada:
se meu pai lla dera
a min me gostara.
Puxéronlle a mesa
no medio da sala
con coitelos de ouro
cuberto e cuchara.
Puxéronlle a cama
no canto da sala
con cortinas verdes
sabas de holanda.
Pola media noite
el se levantou
25
das tres irmaíñas
a Irenita escolleu.
Arrea o cabalo
e con ela marchou
chegando á serra
alí lle preguntou:
como te chamas,
miña namorada?
Na casa Irene
e aquí desgraciada.
Quitou o coitelo
e alí a matou
cuberta de terra
alí a deixou.
(ós nove meses
alí volveu).
Pastoriños novos
Que facedes aí?
Gardando a Irenita
que a mataches ti.
Vaite de aí ladrón
vaite de aí larpeiro
que do meu pescozo
fixeche un matadeiro.
Co paso dos anos pensaba naquelas rapazas do ins-
tituto que recolleran as tradicións orais, aínda vivas, das
26
aldeas. Que maduras e educadas me parecían! Canto tem-
po lle dedicaran a escribir estes documentos que agora
lía en follas escolares resecas, gardadas durante anos nun
caderno que, máis adiante, permaneceu pechado non só
polas obrigas inmediatas que me mantiveran ocupado
noutros asuntos, senón porque pouco a pouco todo aquel
mundo de lendas e dicires da tradición oral de Lagostelle
perdera interese para o lector racionalista e analítico que
medrara, de instituto en instituto, de vila en vila, a carón,
poñamos por caso, de Popper ou Khun. E que, soterran-
do símbolos, expurgando a maxia e apartando o sagrado,
deixara, non obstante, un lugar para a imaxinación e sen-
sualidade na lectura de novelas como Paradiso.
Aqueles invernos de Lagostelle foron longos, fríos e
de dedicación ao estudo. Aínda que tamén polas noites
saía a un pub, onde, ao abrigo dunha cheminea, deixaba
ir a cabeza escoitando os contos dos outros parroquianos
que, coma min, querían quecer o corpo e a alma: mulleres,
fútbol, algo de política. Ás veces o dono do pub, Tomás,
arrancaba con algunha anécdota da súa estadía nas plata-
formas petrolíferas do Mar do Norte. O traballo duro, os
accidentes, as viaxes en helicóptero, os descansos en terra,
as borracheiras, as putas, a camaradería, dábanlle á noite
chairega un halo aventureiro, un olor mariño que desata-
ba as linguas ao compás dos gintonics. Eu xa non precisaba
acudir ás páxinas de Moby Dick para fantasiar coas travesías
no mar, os perigos das tormentas e a embriaguez que pro-
27
porcionaba ser conducido por un capitán maldito polos
mares do globo. Agora tiña alí unha versión actualizada,
industrial, do empeño mariño polo traballo ben feito e
ben pagado. Non importaba que as longas estadías no
mar estreitasen a amizade ou que, pola contra, quebra-
sen a convivencia nos camarotes do barco. Tampouco que
os mariñeiros chegasen a maldicir a rutina das quendas e
o propio traballo. As lembranzas de Tomás inclinábanse,
con nostalxia, ante o brillo dos días en que os perigos do
mar eran compensados pola camaradería e os cartos que
a tripulación recibía polo traballo feito. A recompensa dos
mariñeiriños xa non eran unhas moedas de prata cravadas
no mastro, como quere a imaxinación romántica. Para os
mariñeiros do Mar do Norte era algo máis prosaico pero
non menos vital; era o tempo de descanso xogando ao pó-
ker, un helicóptero para regresar á terra cada dous meses,
unha boa paga para sacar a familia adiante e montar un
negocio na aldea preto do mar. Non era a esperma das
baleas o que espertaba o seu entusiasmo, nin os delirios
de Ahab; cada un deles era un Ismael que quería regre-
sar vivo, cunha conta no banco que lles dese o respaldo
necesario para contar a súa historia, ante os veciños, nos
lugares onde soñaban iniciar unha vida mellor…
Á saída do pub a xeada cubría as rúas ata a porta da
casa. Co corpo quente polo alcohol metíame na cama dis-
posto a pasar o que quedaba de noite. En realidade, ben
mirado, non importaba de que se falase nesas noites do
28
inverno de Lagostelle. O importante era falar, estar acom-
pañado. Non deixar que a negrura da noite invadise o áni-
mo. Algunha vez entraba a Garda Civil no pub. “A la paz de
Dios”, dicían mentres se esfregaban as mans e quitaban o
capote verde. Tampouco faltaba case nunca un matrimo-
nio de mediana idade. Cando remataban o seu traballo,
fóra da vila, achegábanse ao pub a tomar unha copa. Nun-
ca sentaban. Sempre na mesma esquina botaban unha pa-
rrafeada con Tomás, o dono do local, e logo marchaban.
Ás veces viña o coxo, un tipo alto, forte, mal encarado. Un
vello coñecido, un compañeiro da escola. Viña acompaña-
do da súa muller; guapa, doce. Non abría a boca mentres el
barullaba. De día en día aquela rapaza tiña cada vez unha
cara máis triste. Lembro como nunha ocasión fun recrimi-
nado por Leonor, que me acompañaba aquela noite.
—E a ti que…! Gústache como a trata? …Ti farías o
mesmo se puideses!
Eu, pasmado, calaba, sentíndome axiña culpable.
Todo o peso da mala vida que aquel valentón, imaxina-
bamos, lle daba á rapaza, caía sobre min. Lembrei cando
de nenos, na escola, arremetía contra todos os rapaces
lanzando os seus bastóns de madeira de toxo cando se
cabreaba. E agora de maneira moito máis refinada o seu
pau deixaba a súa marca sobre min co comentario de
Leonor. Aquel home sempre gañaba.
Aquela noite metinme na cama dándolle voltas a unhas
adiviñas:
29
Chaquete sobre chaquete
Todos do mesmo pano.
Aínda que te volvas burro
non adiviñas nun ano.
...
Barrambico
nin ten ollos, pés, nin pico
e os fillos de Barrambico
teñen ollos, pés e pico.
E a esta outra, sorprendente nas aldeas da chaira:
Alto e guapo son
e ando á fortuna
corto por onde ando
coso sen costura.
—Pois non coñezo a solución de ningunha das adi-
viñas –di Venicia, cando xa se despide de min–, déixame
que as apunte e que as pense na casa.
O meu interese pola mitoloxía e a etnografía viña
de moito tempo atrás, da miña época de estudante na
universidade. Lembro a emoción que me causara unha
temperá conversa con Fabio, no camiño de Figueiras,
30
na que definira perfectamente dous ámbitos simbólicos
da realidade. O espazo non era homoxéneo, había un
espazo sagrado, “forte”, significativo e había outros non
consagrados e, por conseguinte, sen estrutura e consis-
tencia: nunha palabra, amorfos… Unha caracterización
exacta, ou que polo menos encaixaba perfectamente coa
vinculación, apaixonada e máxica, que me xunguía des-
de neno coa paisaxe e as terras da Chaira en Lagostelle.
Por aquela época, entre os xogos, a miña imaxinación
fervía nos regatos, nos valados, nos boedos, ou coas pa-
labras que lle daban nome a unha chousa, a un penedo,
ou a un lugar. Baxoi, Ponte Senande, Campoverde, Liña-
rede, Bascuas… e tantas outras palabras tiñan por si soas
estrañas resonancias dun tempo cheo de prestixio. Máis
adiante, cando descubrín con Fabio que non toda topo-
grafía era profana, os camiños, os montes e as pontellas
adquiriron un novo trazo e puxeron en palabras os sen-
timentos difusos e intensos do que experimentaba con
só pronunciar o nome de lugares como Mariz, Buriz, As
Escádebas, Sete Muíños, Cova da Serpe, Cezar… e tantos
outros que fora descubrindo, percorrendo os camiños do
concello de Lagostelle, só ou acompañado dos amigos.
Sen sabelo, xa de rapaz, fora sacralizando a paisaxe de
Lagostelle, entre Pena Gallada e Pena Queimada, entre
Pena dos Corvos e Pena Furada. Anos despois, cando xa
era estudante universitario, na compañía, as máis das ve-
ces, das miñas amigas Dorinda e Gabriela, as tardes do
31
verán foran andainas lírico-políticas nas que, de penedo
en outeiro e de outeiro en muíño, sempre animados na
conversa, saïamos da inopia dos dogmas nos que foramos
educados… Eu, distante, adoptaba aires de nihilista, ante
as metas idealistas que elas me propoñían, pero tiña unha
emoción certa, a que me proporcionaba cada paso por
aquela xeografía encantada... Na compañía das miñas
amigas saltabamos nos paseos da política á liberación da
muller, da familia ás comunas, da relixión ao ateísmo. O
merlo, a pega, o paporroibo e o paspallás, seguían a nosa
conversa, e, nos mellores días, canto máis me animaba o
paseo, como en transo, chegaba o relato fantástico ante
unha simple folla, a porta pecha dun muíño, ou a fenda
dun penedo. Fadas, fantasmas, espíritos, a mitoloxía da
auga e do lume, o desmembramento do corpo do deus
que deu lugar ao nacemento de toda clase de criaturas,
plantas e metais; aquel conto dos irmáns que matan un
terceiro irmán, sepúltano baixo unha montaña e o seu
corpo se transforma nunha mina de ferro… Carpinteiros,
alquimistas, danzantes, médicos, arquitectos, que tiñan o
segredo para construír, fabricar e crear obxectos cantan-
do, o prestixio do ouro, o desafío da trabe de alcatrán…
A miña imaxinación fervía. E con asombrosa facilidade,
xa fose ao amparo das páxinas que eu lía, xa do que es-
coitabamos aos veciños, nas aldeas, cando de vagar traían
a conto mouros de traxe negro e gravata, e mouras de ca-
belo louro, tecendo dende o cabo do tempo, fantasiaba
32
e compartía deliciosas historias ante a mirada atónita das
miñas amigas, que chegaban a afirmar rindo, no estado
enfeitizado que me invadía cando inventaba, que os con-
tos saían da miña barriga, reprodución paródica dunha
ocorrencia inocente da miña sobriña Fernanda un día
que escoitaba ensumida os meus relatos... Sentados, se
cadra, no alto do castro de Belote, lanzaba ás miñas ami-
gas unhas palabras retadoras...
—Sabedes o que lle dicía Lyok-lyok ao ancián Artur?
—Lyok-lyok...? Xa comeza Inocencio –dicía Gabriela.
—Quen dos tres non soñou co Rei Artur?
—Ti deixas de facelo algún día? –respondía Daniela.
—O último que souben del é que, convertido en
ganso por Merlín, tomou o nome de Ki-kua, namorouse
dunha gansa, Lyok-lyok, e con ela voou ata os mares
xeados do norte, onde compartiu, por un tempo, a vida
dos gansos; con ela quixo quedar, pero Merlín invocou as
razóns da Mesa Redonda e facendo uso dos poderes da
maxia transformouno de novo en home. De nada serviron
as protestas do vello rei… Seica, segundo dicía Merlín,
tiña unha obriga cos seus súbditos, fora elixido rei e non
podía abandonar o reino… Agora Rei Artur renega do
seu destino e bota en falta o voo espléndido cos gansos por
riba dos fiordes, cantando, e as palabras certas e amables
de Lyok-lyok, mentres taniscaban xuntos a herba…
Calaba un intre escoitando a risiña cómplice das mi-
ñas amigas e deseguida continuaba.
33
—Sabedes o que lle dicía Lyok-lyok ao Rei Artur?:
“O principal obxectivo das nosas vidas é manternos con
vida...” Por iso lle causaba sorpresa cando o rei lle falaba
de guerra –engadín.
—Fermosa esta historia –dixo Daniela.
—Corre polo norte de Irlanda; contouma Kevin, un
amigo de Dublín que sabe canta historia fala de Merlín.
Anos despois todos estes contos estarían moi pre-
sentes cando me lancei ao xénero fantástico. Os ananos,
dos que falaba no libro A cidade de lume, que vivían nos
Muíños e traballaban a Pedra Vermella, eran un eco dos
mineiros, carpinteiros e señores do lume cos que fabula-
ra ante as miñas amigas. Posuidores de antigos segredos,
uns e outros afanábanse na transformación da natureza
como se nela habitase o arcano definitivo da humanida-
de. E, non lle ían á zaga, nas miñas fantasías, os alquimis-
tas, na procura da pedra filosofal que non era só busca
da materia primordial e incorruptible, senón proceso es-
piritual, como tamén contaba con sobriedade Margarite
Yourcenar na novela Opus Nigrum, que narraba a vida dun
alquimista do século xvi, e que a miña amiga Daniela
lía por aquela época e comentaba con nós cada tarde…
E tampouco teño esquecido das miñas lecturas daque-
la xeira, os suxerintes relatos da tradición india, bíblica,
grega e xamánica nos que aparecía o mito do andróxino:
In illo tempore, existía unha totalidade e esa totalidade foi
seccionada e fracturada para que o mundo e a totalidade
34
puidesen nacer. Os rituais orxiásticos, o ioga e as técnicas
tántricas eran as vías dunha coincidentia oposittorum: pola
conxunción dos opostos, a experiencia da dualidade era
superada e o mundo das cousas transcendido. Canta sa-
bedoría mística permanecía gardada naqueles relatos e
tamén canta fantasía popular. Por exemplo os mitos xa-
mánicos de cordas e monicreques: o fío da vida, do desti-
no tecido polas deusas ou as fadas fiandeiras… Os magos
que posúen o poder de voar polos aires e desaparecer
no ceo coa axuda dun cordel… A escalada xamánica das
árbores, un rito de ascensión ao ceo…
Ben pensado, iso era o que faciamos o meu amigo
Pepiño e mais eu de nenos, en Lagostelle, cando trepa-
bamos ao alto dos castiñeiros que o seu pai tiña ao outro
lado da vía… O esforzo do primeiro tramo, eu por dian-
te, pois Pepiño era máis alto, apoiándome nas súas mans;
cando acadaba as primeiras pólas, tendíalle a man e xa
estaba el tamén arriba; logo a ascensión, ata o curuto,
retorcéndonos de póla en póla, gateando como por unha
escada, e o ar fresco con olor a zume amargo da árbore…
Deseguido o descenso tentando cos pés, estirándonos,
buscando o apoio seguro, ata saltar finalmente á terra
onde nos sentiamos seguros e contentos da nosa proe-
za… dous xamáns, dous baróns rampantes, que tocaran
o ceo e que agora de regreso á terra ían recibir unha re-
compensa inesperada. Revolvendo entre as follas, despois
do esforzo de trepar, xunto ao tronco do castiñeiro ato-
35
pamos un peso, un peso!, brillante, prateado, co rostro
de Franco un pouco rillado e manchado de barro. A de-
cisión foi inmediata; había que gastalo en comprar unha
navalla, e alá marchamos correndo pola costa, polo ca-
rreiro que subía desde Tralouteiro ata a estrada nacional,
á Ferraxería do Pito. Foi unha compra fulminante, nunca
despois faría unha compra con menos dúbida. A que nos
gustou do mostrario foi unha navalla de cachas de madei-
ra e de folla ben afiada, ferramenta imprescindible para
facer os arcos e as frechas ben dereitas. Si, os xamáns to-
can o ceo. Xuntos ascendemos ao castiñeiro, pero o ceo,
que poucas veces nos é dado, estaba aquí abaixo, entre as
follas e o barro. Aquel peso foi a primeira lección de ma-
terialismo que Pepiño e mais eu iamos recibir. Outras de
diferente cariz recibiriamos posteriormente, pero a que
agora me vén á memoria, das moitas que compartimos, é
a que tivo lugar no, naquela época, centro de gravidade
para nós, a estación de ferrocarril de Lagostelle; embigo,
labirinto, améndoa dos nosos xogos, onde un mal paso
de Pepiño nos encarou –despois da proeza do ascenso do
castiñeiro– co descenso, a caída e a morte...
Quizais o lugar onde teña pasado máis tempo na
miña infancia foi na estación de tren fronte á que os
meus avós construíran a súa casa cando regresaran da
Arxentina. Na parte central da plataforma, no edificio
principal, estaba a sala de recepción dos viaxeiros, con
catro bancos de madeira corridos contra as paredes, na
36
que se abría a billeteira, o auténtico corazón da estación,
a oficina do xefe, cunha pequena campá na porta desde
a que se anunciaba a chegada e saída dos trens. Seguin-
do a plataforma, coma quen vai cara a Madrid, estaba o
edificio dos retretes, a cantina, os xardíns de rosais terra-
dos de herba e falsas acacias, onde aniñaban gorrións e
xílgaros, e no remate, xa fóra da estación, o paso da Rita
pechado coa chegada de cada tren. Doutro lado do edifi-
cio central, o almacén das mercadorías e a vía morta, co
tope de cemento, onde ían parar, despois de longas ma-
nobras, os vagóns cargados, as máis das veces, de fariña.
E ocupando a explanada, onde se efectuaba a descarga,
unha morea de vigas de madeira, castelos nos nosos xo-
gos, amoreadas baixo catro plátanos, en espera de seren
cargadas no tren mercadorías. Aquel territorio era noso.
Desde aqueles currunchos viamos pasar o Correo, o Ex-
press, o taf, o Sangai e o Ferrobús; por eles corriamos
ao longo do día os nenos do barrio, moitas veces perse-
guidos por Henrique, o gardaagullas, cando se cansaba
de ver tanto neno trepando e saltando aquí e alá. Fron-
te á estación, detrás dos castelos de madeira, erguíase o
edificio decrépito do xulgado, unha casa ruinosa que
aínda conservaba un piso onde se celebraban xuízos e
gardaba montañas de papeis. A estación, o xulgado e as
leiras contiguas eran o noso mandala, o eixo do mundo,
o edén. Foi alí onde Pepiño e mais eu soubemos do des-
censo, a caída e a morte. Aquel día xogabamos na parte
37
de atrás do xulgado. Aquela casa derruída, que nos poñía
un pouco de medo, tiña na fachada que daba á estación
unha galería e unha escaleira ampla, en moi mal estado,
que daba acceso ao primeiro andar no que se abría unha
balconada ocupando toda a fronte da casa. Xogabamos
nun campo, máis cuberto de ortigas ca de herba, entre a
escaleira e a porta do soto, baixo a balconada na que non
confiabamos, degretada e fráxil como estaba. Pepiño era
o máis alto de todos os rapaces do barrio, debía ser no
verán, pois levaba uns zapatos sen calcetíns e sen cordóns
que lle daban un aspecto de adulto desastrado do que
os outros rapaces careciamos calzando tenis e sandalias.
O caso foi que Pepiño, sen mediar palabra, pegou un
salto colgándose do ferro que fixaba a escaleira contra a
balconada e agarrouse cunha man na balaustrada que de
inmediato cedeu arrastrándoo. Eu non tiven tempo de
berrar máis ca “Piño! Piño!”, mentres vía como un cacho
da varanda viña sobre el e ía esmagalo antes de chegar
ao chan. Foi como telo en cámara lenta diante de min,
unha fracción de segundo densa, vendo a masa do pasa-
máns rompendo e caendo por riba do seu corpo. Entón,
cando xa case tocaba o chan co brazo esquerdo, ergueu o
dereito e conseguiu desprazar no aire aquela pedra que
o acompañaba. Pepiño caeu na herba e a balaustrada re-
tumbou apenas a dúas cuartas de onde el caera. Ergueu-
se atordado e pálido, berrando cara a min: “Inocencio!,
Inocencio!, sácame de aquí…”. Aquela tarde soubemos
38
por primeira vez do bafo da morte. Foi a segunda lección
de materialismo e a primeira advertencia de que o edén,
calquera edén, garda un risco.
Na nova etapa, traballando de profesor en Lagoste-
lle, cando as miñas amigas Dorinda e Gabriela xa vivían
na cidade e non me acompañaban nos paseos, tiña en
troques a complicidade dos meus alumnos que vivían
nas aldeas. E mantendo a vinculación emocionada con
aquel mundo de lugares e camiños, descubría con eles
a memoria viva de moitos relatos dun mundo labrego
que, en poucos anos, de maneira vertixinosa, desapare-
cería. Tiña tanto entusiasmo polo mundo da aldea e o
caudal de memoria que gardaba que unha vez no pub,
un compañeiro de copas, veciño dunha parroquia, puxo
freo á miña candidez… “Non me veñas coa aldea, que
estou cheo dela. Non hai lugar onde se leve peor a xen-
te”. Por sorte para el, pouco tempo tivo que soportar ese
mundo que aborrecía. Marchou para Barcelona despois
do fracaso do seu matrimonio cunha rapaza do Instituto.
Non lle faltaba razón a aquel amigo do pub, o mundo
del non era o idealizado que eu, aínda, soñaba para a
Chaira… Sempre a Chaira…! Este era un dos meus temas
recorrentes naquela época. Resultaba tan extravagante e
obstinado, falando sempre da Chaira, que non só aquel
amigo do pub se mofaba de min. Tamén provocaba a risa
e escarnio de Leonor, a miña compañeira, a defensora da
39
muller do coxo. “Tanta parvada, tanta parvada coa teima
da Chaira”, dicía cando me escoitaba falar, “es un místi-
co, Inocencio. Un místico e un distraído”. E razón non
lle faltaba, se temos en conta que ás veces deixaba de ir á
Coruña xunto dela e me quedaba en Lagostelle para non
perder unha tarde de camiñada... na Chaira!
—Se cadra estaba no certo –di Venicia–. Desde logo
eras moi extravagante... En realidade o que lle dicías era:
non!
—Así era eu, miña amiga, así era... Estaba fascina-
do pola Chaira e en moitas ocasións cego e distante ante
Leonor!
—Había ser eu a que aceptase iso... Habías esperar
por min!
—Non! Ela tampouco o fixo... Case ao mesmo tem-
po, en estraña coincidencia, rachei coa “mística” da Chai-
ra e virou a miña relación con Leonor. Pero cada cousa
ao seu tempo…
... Con facer eu moitas lecturas de etnografía e an-
tropoloxía, cando xa era profesor en Lagostelle, non era
eu o que máis se ocupaba delas. Fabio desde Santiago,
non deixaba de mandarme cartas falando dos seus novos
descubrimentos. Estaba moi ocupado coas súas dúas fi-
llas e co seu traballo, pero sempre atopaba un momento
para novas lecturas. Un día falaba nunha carta da em-
briaguez, arroubo e éxtase do sagrado, de como o indi-
40
cible misterio das criaturas fora a experiencia de tantas
culturas; outro, que os meses que pasara investigando en
libros e revistas as estruturas do imaxinario humano lle
proporcionaran o mesmo impacto que unha viaxe polas
cavernas dos soños, como se as entretelas da psique fosen
postas do revés e por elas saísen os seus degoiros máis
fondos. É, dicíame, un rescate, en toda regra, da fantasía
na nosa economía intelectual… Fíxate como aí a fantasía
está presente como matriz da creación…Toda creación
do espírito, tanto teórica coma práctica, está gobernada
pola función fantástica, é universal na súa extensión e
na súa comprensión, está na raíz de todos os procesos
de conciencia… É marca orixinaria do Espírito. Ese li-
bro, dicía entusiasmado Fabio, citando a obra dun autor
francés, é a taxonomía do simbolismo humano… Fíxate,
a casa constitúe, entre o microcosmos do corpo humano
e o cosmos, un microcosmos secundario moi importan-
te no diagnóstico psicolóxico e social. Pódese preguntar:
“dime a casa que imaxinas e direiche quen es…” O sim-
bolismo da casa é un dobrete tanto do corpo material
coma do corpus mental… Os cuartos da morada repre-
sentan órganos, o neno recoñece nas xanelas os ollos da
casa e presente as entrañas no soto e nos corredores…
Casa, intimidade, centro paradisíaco prefigurado no es-
quematismo do “far niente intrauterino”…
Imaxinaba a Fabio co paquete de Ducados na man,
coas lentes enriba da mesa, rascándose as costas, rindo,
41
mentres lía polas noites, no pouco tempo que lle restaba
tras as súas obrigas familiares. “Fíxate –escribía nas car-
tas–, os insectos e os crustáceos, os batracios e os réptiles
coas súas metamorfoses son símbolos lunares. A araña,
fiandeira exemplar e devoradora, polariza os misterios
temibles da muller, do animal e das ataduras…” Fabio
crecíase na lectura e deixaba voar o bolígrafo na carta…
“Fíxate, a serpe, un dos símbolos máis importantes da
imaxinación humana. Ti que tes aí enfronte da túa casa
–acoutaba na carta– o cordal da Cova da Serpe, abre ben
os ollos! A serpe, símbolo da transformación temporal,
da fecundidade e da perennidade ancestral… A serpe en-
roscada que se come a si mesma é a dialéctica material da
vida e da morte… veleno mortal, elixir da vida… Quetzal-
coatl, Melusina, Cibeles, Virxe María…” Fabio ía citando
as asociacións culturais da mitoloxía pletórica da serpe,
símbolo da fecundidade, gardiá do misterio último do
tempo… “Queres máis? –remataba a carta de Fabio–.
Hoxe xa non me queda tempo, mañá érgome ás seis e
a estrada estará xeada… Poderíache falar da espada, do
centro, do bastón, do denario, da copa, pero hoxe é moi
tarde e oio como a miña muller non deixa de dar voltas
na cama”.
Os invernos que pasei en Lagostelle foron pasando
entre as clases, o pub e as lecturas, que pouco a pouco
foron virando do antropolóxico ao filosófico. As tardes
42
engulían as horas sen que apenas me dese conta; lía o
xornal que compraba ás seis da tarde, cando saía do tra-
ballo, preparaba as clases, cociñaba e entregábame a lec-
turas salvaxes, así chamaba ás que facía fóra do guión das
miñas obrigas.
Fixen tamén por aquela época o proxecto de escribir
unha colección de contos sobre os personaxes máis estra-
ños e peculiares que roldaran na nosa infancia en Lagos-
telle, e que ás veces lembraba coa miña irmá maior, que
me proporcionaba detalles que eu xa esquecera. O que
máis tenrura espertara en nós fora “O vello da guitarra”,
que viña nos veráns á vila. Vestía un magnífico e gastado
abrigo marrón, cubría a cabeza cun gorro de feltro e sen-
taba nunha beirarrúa a tocar a guitarra sen perder o so-
rriso melancólico e doce. Cando conseguía xuntar unhas
poucas moedas desaparecía no tren, cara a Lugo, para pa-
sar a noite no asilo de anciáns onde tiña a súa residencia.
Outra ben diferente era a emoción que nos provocaba
“O vello dos tacóns”. Grande, destartelado, farrapento:
traía o medo. Era un labrego empobrecido que cargaba
un saco onde gardaba a comida que lle daban nas casas.
Baixaba pola costa do barrio retumbando cos zocos sobre
os lastros, poñendo os nenos en desbandada ao seu paso.
Tamén coñeceramos a “A borracha”: desconcertan-
te e misteriosa. Fora mestra na súa xuventude, agora era
unha vella; un cangallo cuberto de roupas graxentas, des-
dentada e co rostro dobrado de engurras; saía da cantina
43
da estación bébeda, cantando e levantando o seu caxa-
to ameazante, arrastrando sen forzas, costa arriba, o que
lle quedaba dun pé que perdera atropelada por un tren.
Encarnaba a viva imaxe da ruína, tanto máis enigmática
canto adoptaba a forma de muller maldita, errante, es-
traña, da que só se susurraban palabras dunha distante
Guerra Civil… E con estes, outros que andaban a pedir
os días de mercado, ou tiñan ocupacións das que saca-
ban unhas perras para malvivir, como era o caso de “Pepe
Roto”, cuxa historia me lembrou unha tarde de verán a
miña irmá sentados nunha terraza da Praza do Teucro en
Pontevedra. Daquel proxecto no que había narrar todas
estas vidiñas, só se materializou a deste último: e quero,
agora, contala.
Pepe Roto
Pepe Roto foi para todos nós a primeira imaxe da infe-
licidade. Cada home é feliz a súa maneira, o infortunio
aseméllanos. Hai homes nos que a superficie do seu corpo
e os seus xestos son a imaxe invertida da felicidade; coma
se fosen a agulla dun sismógrafo que rexistra o máis atroz
da vida. Neles podemos ler o mundo dislocado, alleado,
mostrando as súas fendas e esgazaduras, pobre, deforma-
do. Pepe Roto foi para todos nós o primeiro diagrama da
dor. Non tiñamos idade para saber nada del, só viamos
pasar un home danado.
44
Pepe Roto andaba a diario desfeitiño de todo. Tal-
mente semellaba que andaran a paus con el. A chaqueta
rachada, os pantalóns esfarrapados, o pelo engreñado e os
zapatos abertos por diante cos dedos de fóra, sen cordóns,
con menos sola ca pé para apoiar no chan, deixando ver
a pel espida avermellada co frío, formaban a figura dun
home quebrado en discordia co seu corpo. Roto, dicían
os veciños, anda perdido de todo. Tiña un andar a trope-
zóns, batendo nas pedras, xamais un andar fiado, sempre
en vaivén, escorado, dun lado para outro.
Xa nos últimos tempos, cando tomaba de máis, dá-
balle por encherse os petos de pedras. A xente víao pasar
polo camiño de Tralouteiro, cara á estación, camiñando
coma quen brinca. Rían, acenaban en silencio ao paso da-
quela figura desastrada e ao pouco víano subir moureado,
cargando vultos costa arriba cara á vila.
Traballaba de maleteiro levando os paquetes e male-
tas dos viaxeiros que chegaban no tren e no coche de liña.
Ás veces aínda sacaba algo traballando na leira dalgún ve-
ciño. Pero cada día que pasaba bebía máis e íase poñendo
máis toliño.
O día que morreu, un día do mes de marzo que so-
praba o vento con forza, espertou cedo, case ao raiar o Sol.
—María, María –díxolle á muller que aínda durmía–,
tráeme o traxe novo que vou morrer.
—Vaia, que dis, andas tolo, déixame durmir que
aínda é cedo… se non beberas tanto –contestoulle a mu-
45
ller dando unha volta na cama e enterrándose baixo as
mantas.
—Estouche moi mal e vou morrer, quero estar vesti-
do para cando chegue a hora.
—Se calaras –dixo a muller tirando das mantas.
Roto, entón, ergueuse da cama e comezou a buscar
no armario a roupa limpa e o traxe novo. Pero facía tan-
to ruído, argallando nun lado e noutro, sen atopar nada,
que a muller, aínda que ía moito frío, ergueuse da cama
xurando e reñindo para, nun momento, deixarlle as
roupas novas enriba dunha cadeira.
—Aí tes todo, e cala dunha vez, a quen se lle diga…
andar con estas andrómenas cando case é noite. Que van
dicir os veciños se te ven vestido co traxe novo un día de
semana?
—Cala, cando me vexan non van rir.
A muller deitouse outra vez na cama, e Roto foi ves-
tíndose, torpe, tusindo, afogándose. Cando xa estivo ves-
tido e se mirou diante do espello, reparou que tiña barba
mesta de varios días. Colleu a navalla e con moito traballo
deuse un medio afeitado.
Logo, baixou á cociña, acendeu o lume e sentou no
banco coa cabeza pousada na parede. Cando dúas horas
máis tarde se ergueu a muller atopouno tirado enriba do
banco, morto, cos ollos abertos e unha pedra na man.
¡ 41
A xóuxere é un proxecto baseado na resistencia creativa e no entendemento do comunitario como proceso
substancial de interligazón humana. Non obstante, para poder seguir editando precisamos uns recursos difíciles de atopar hoxe en día. Por esa razón (fieis aos nosos principios) se alguén está interesado en ter o pdf completo deste libro, e non dispón de recursos para mercar un exemplar nunha libraría ou no nosa tenda on-line, que nos escriba ao enderezo [email protected]; sen problema enviaremos un pdf a quen o precise e non teña medios para conseguir o libro físico. Non embargantes, se podedes axudar a que o proceso Axóuxere siga funcionando, estarémosvos agradecidos de que mercásedes un exemplar. Só así outros libros coma este poderán chegar a ser editados por nós.
Obrigad@s.
Rianxo / Compostela, 2015