DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto...

83
DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA CURSO 2017 2018 PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Transcript of DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto...

Page 1: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA

CURSO 2017 – 2018

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

Page 2: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

MEMBROS DO DEPARTAMENTO

BAÑOS DE ALMEIDA, ROSINA

BELLÓN PATIÑO, TERESA Mª

CAGIAO TEIJO ,UXÍA

FERRER GARCÍA, JULIÁN

MOSQUERA CAMBA, XOSÉ LUÍS

RUIBAL VAAMONDE, DELFINA

Xefa do departamento: Teresa María Bellón Patiño

Page 3: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

INDICE 1. Introdución e contextualización 2.Programación da

materia de xeografía e historia en Primeiro de ESO3.

Programación de xeografía e historia en Segundo de ESO

6.Programación de xeografía e historia en Terceiro de ESO7.

Programación de xeografía e historia en Cuarto de ESO8.

Programación de Historia do Mundo Contemporáneo en Primeiro

de Bacharelato9. Programación de Historia da Arte en Segundo de

Bacharelato10Programación de Historia de España en Segundo de

Bacharelato 11. Programación de Xeografía de España de 2º

Bacharelato 12. Programación de Xeografía e Historia de Galicia

13 Materiais e recursos 14. Educación en valores 15. Proxecto

lector 16. Plan de convivencia 17. Elementos transversais

segundo a LOMCE 18. Competencias a traballar segundo a

LOMCE19. Actividades complementarias e extraescolares

20.Plan de integración das TIC,s21. Indicadores de logro

22.Mecanismos de revisión da programación e procesos de

mellora

Page 4: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN

Na programación do curso 2017-2018 seguindo os criterios da

LOMCE nos cursos da ESO haberá un reparto máis ou menos

equitativo entre a xeografía e a historia agás en 4ª ESO no que se

centra o temario basicamente na historia. A xeografía organízase

no primeiro ciclo ( 1º,2º e 3º ) en dous bloques:o medio físico e o

espazo humano. No segundo ciclo ( 4º ESO ) céntrase na

globalización. A historia vai seguir un criterio cronolóxico ao

longo dos catro cursos da ESO.

Aparte disto hai que dicir que este ano o departamento vai

impartir tamén dúas materias pertencentes respectivamente ao

Departamento de Economía e Latín e Grego que son Economía en

4º ESO e Cultura clásica en 3ºESO. Respecto aos profesores

contamos con dous novos membros no Departamento, Rosina

Baños de Almeida e Uxía Cagiao Teijo en sustitución das dúas

profesoras que xa non están no Departamento por xubilación e

traslado a outro centro respectivamente.

O instituto no que traballamos acolle un alumnado bastante

variado pois algúns rapaces procedentes do propio Betanzos e

outros dun entorno máis rural co cal as posibilidades de

aprendizaxe son un pouco distintas nun e noutro caso. O número

de alumnos é bastante elevado, e cada ano vai a máis ao acoller

alumnos dunha comarca bastante poboada o cal provoca que o

traballo do profesor ás veces sexa un pouco máis complicado que

noutros centros onde a ratio profesor alumno é máis baixa.

Page 5: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

PRIMEIRO DE ESO

CONTIDOS

Bloque 1. O medio físico

-A Terra: A Terra no sistema solar

-A representación da Terra. A escala e a linguaxe cartográfica

-As proxeccións e os sistemas de coordenadas. As imaxes de

satélite e os seus usos

-A localización. Latitude e lonxitude

-Os trazos fundamentais do relevo no mundo. Elementos e

factores do clima. Diversidade climática do planeta

-O medio físico do mundo e de Europa: relevo e hidrografía

- As unidades do relevo europeo

-Os conxuntos bioclimáticos europeos

-Os problemas medioambientais

Bloque 3. A Historia

-As fontes históricas

-As etapas históricas

-O vocabulario histórico e artístico

-A evolución das especies e a hominización

-O Paleolítico e o Neolítico

-A prehistoria galega: megalitos e petroglifos

-A Idade Antiga: Mesopotamia e Exipto. Sociedade, economía,

arte, relixión e política

-O mundo clásico. Grecia. As polis gregas e a súa expansión

-O mundo clásico. O imperio de Alexandre Magno e os seus

sucesores

-O mundo clásico. Grecia e o helenismo: arte, ciencia, teatro e

filosofía

-O mundo clásico. Roma. Organización política nas suas etapas.

O cristianismo

-O mundo clásico. A arte romana

-A Península Ibérica: pobos prerromanos e Hispania romana

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS

(en negrita os estándares considerados contidos mínimos )

Page 6: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

- Explica como influen os movementos astronómicos no

reparto dos climas do planeta

- Analiza un mapa de fusos horarios

- Distingue distintas proxeccións

- Distingue tipos de mapas

- Localiza un punto xeográfico nun planisferio segundo as

coordenadas xeográficas

- Sitúa nun mapa físico as principais unidades do relevo

europeo e mundial

- Elabora climogramas

- Identifica distintos climas nun climograma

- Busca noticias en diferentes medios relacionadas coa

problemática medioambiental

- Enumera as principais agresións que sofre o medio

ambiente

- Nomea distintas fontes históricas

- Ordena temporalmente feitos históricos

- Utiliza vocabulario histórico e artístico

- Realiza eixes cronolóxicos e mapas históricos

- Explica a diferenza entre Paleolítico e Neolítico

- Analiza a transcendencia da revolución neolítica

- Describe a forma de organización socio-económica e

política de Mesopotamia e Exipto

- Diferenza as principais características da arte exipcia e

mesopotámica

- Compara a democracia grega coas actuais

- Elabora un mapa das colonias gregas no Mediterráneo

- Elabora un mapa do imperio de Alexandre Magno

- Caracteriza a estrutura socio-política e económica das polis

gregas

- Explica as características da arte grega e a súa evolución no

tempo

- Fai un esquema coas distintas etapas da historia política

de Roma

- Explica as características da arte romana

- Compara obras arquitectónicas e escultóricas de época

grega e romana

Page 7: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

- Investiga en que aspectos actuais se mostra a herdanza

romana

TEMPORALIZACIÓN DOS ESTÁNDARES DE

APRENDIZAXE ,OBXECTIVOS E CRITERIOS DE

CUALIFICACIÓN

Algúns estándares de aprendizaxe poderán ser traballados nunha

soa hora de clase como é o caso de aprender a localizar lugares

nun mapa segundo a latitude e lonxitude. Outros como o dominio

do vocabulario histórico e artístico obviamente van ser acadados

pouco a pouco ao longo do curso. Para o seu reparto ao longo do

curso todos os que teñen que ver coa Xeografía impartiranse no

primeiro trimestre e parte do segundo. A segunda parte do

segundo trimestre e o terceiro quedarán para a explicación dos

que teñen que ver coa historia.

Todos os estándares serán avaliados mediante probas escritas a

excepción de algún relacionado coa busca de noticias en

diferentes medios ou coa elaboración de pequenas investigacións

que serán valorados como traballo de clase.

OBXECTIVOS

1. Utilización dos mapas para adquirir as destrezas

necesarias de cara á localización de lugares ou espazos

utilizando datos e coordenadas xeográficas e obter

información sobre o espazo representado a partir da lenda

e da simboloxía.

2. Elaboración de mapas sinxelos utilizando, de paso, a

informática.

3. Interpretación da paisaxe e do seu contorno, identificando

os seus trazos característicos, así como relacionar os

elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto

rurais como urbanos.

4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

sobre o medio, analizando as súas causas e efectos, así

como investigar que medidas podemos empregar

para prevelos e limitalos.

5. Análise e comentario de documentos de carácter histórico

para aproximarse á interpretación sobre os cambios e a

Page 8: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

evolución da prehistoria e historia antiga no mundo, na

Península Ibérica e en Galicia.

6. Manexo de mapas históricos e documentos que axuden a

comprender o impacto e a extensión da revolución

neolítica.

7. Análise e utilización crítica de fontes históricas

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Realizaranse tres avaliacións . A nota será o resultado de

sumar as cualificacións obtidas como media do resultado de

diferentes probas escritas ( poderase pedir un mínimo dun 3 para

aplicar a media)que valerán un 80% da nota coa valoración do

esforzo realizado diariamente: traballo na aula, tarefas da casa,

actitude , ata un máximo de 2 puntos (20% da nota).

As dúas primeiras avaliacións irán acompañadas por unha

recuperación para aqueles estudantes que non superaran a materia,

dita recuperación consistirá nun exame que puntuará sobre 8, é

dicir, que equivalerá ó 80% da nota de avaliación e seguirá

aplicándose a valoración debida ó esforzo diario. A terceira

avaliación terá recuperación só no caso de que o alumno teña

como mínimo unha avaliación aprobada. De non ser así irá á

proba de setembro na que entrará toda a materia. Os alumnos que

teñan unha ou dúas aprobadas poderán facer unha recuperación

final no mes de xuño.

AGRUPAMENTO DE 1º DE ESO.

Para eles mantense a programación de 1º da ESO, pero os

contidos serán adaptados ás necesidades específicas dos alumnos,

prevéndose unha menor complexidade e a utilización de

actividades axeitadas ao nivel dos nenos/as.

EXÁMES DE PENDENTES DE PRIMEIRO DA ESO

Realizaranse tres exames nas datas marcadas pola xefatura de

estudios. Dous serán exames parciais e o terceiro será un exame

final. Aprobando os dous exames parciais non hai que presentarse

Page 9: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

ó final. No caso de suspender un parcial faise o exame final con

toda a materia. De non presentarse ó primeiro parcial sen causa

debidamente xustificada, non poderá tampouco presentarse ó

segundo, tendo que concurrir directamente ó exame final. O

exame de setembro faise con toda a materia.

No primeiro parcial os alumnos examinaranse da parte de

xeografía e no segundo da parte de historia.

Como reforzo para a recuperación das materias pendentes, os

alumnos/as teñen á súa disposición os distintos profesores do

departamento para solventar as dúbidas que poidan ter na

preparación dos exames, así como a posibilidade de realizar

actividades específicas que, titorizadas polo departamento sirvan

de complemento ás explicacións que puntualmente soliciten ós

membros do departamento

O libro de texto elixido para impartir esta materia de 1ª de ESO é

da editorial Vicens Vives.

SEGUNDO DE ESO

CONTIDOS Bloque 1. O medio físico

-A localización. Latitude e lonxitude

-Características do medio físico de España e de Galicia

-Elementos e factores climáticos. Os climas de España e de Galicia

-Diversidade de paisaxes naturais en España e Galicia

-Os problemas medioambientais en España

Bloque 2. O espazo humano

-A poboación mundial. Modelos demográficos e movementos migratorios

-A poboación europea. Distribución e evolución

-A poboación española. Evolución, distribución e dinámica. Os

movementos migratorios

-A poboación galega. Evolución, distribución e dinámica. Os movementos

migratorios

-O proceso de urbanización no planeta

-A cidade e o proceso de urbanización europeo

-A cidade e o proceso de urbanización en España e en Galicia

Bloque 3. A historia

Page 10: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-As fontes históricas

-Vocabulario histórico e artístico

-A Idade Media. Concepto e división en sub-etapas

-A caída do Imperio Romano en Occidente. División política e invasións

xermánicas

-O imperio bizantino e os reinos xermánicos

-O feudalismo

-O Islam. A Península Ibérica: invasión musulmá e evolución de Al-

Andalus

-Os reinos cristiáns na Península

-Reconquista e repoboación

-A expansión comercial europea e a recuperación das ciudades. A crise da

Baixa Idade Media: a “Peste Negra “ e as súas consecuencias

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE ( en negrita aparecen sinalados os

considerados contidos mínimos ). A repartir entre as tres avaliacións

-Busca as coordenadas xeográficas de determinados lugares da Terra -Sitúa nun mapa físico as principais unidades do relevo español

-Sitúa nun mapa físico as principais unidades do relevo galego

-Compara zonas bioclimáticas españolas utilizando imaxes

-Analiza fotografías que mostren paisaxes naturais galegas

-Recolle información de diferentes medios sobre os problemas

medioambientais de España e Galicia

-Localiza nun mapamundi as áreas máis densamente poboadas do

mundo

-Explica os efectos das migracións nos países de acollida e de saída

-Analiza a pirámide de poboación española e galega

-Coñece o proceso da emigración galega, as súas etapas e destinos

principais

-Fai un mapa de cidades moi poboadas do mundo

-Fai un esquema comparativo entre o rural e o urbano

-Elabora gráficos de distintos tipos con datos relacionados coa

xeografía humana

-Nomea varias fontes históricas

-Ordena temporalmente feitos históricos

-Realiza algún mapa histórico da Idade Media

-Compara as formas de vida dos romanos coas dos reinos xermánicos

-Explica a relación entre os señores e os campesiños na sociedade

feudal

-Comprende as orixes do Islam e o seu alcance posterior

-Explica a importancia de Al-Ándalus na Idade Media

-Interpreta algún mapa da Reconquista na Península

-Explica a importancia do Camiño de Santiago na Idade Media

Page 11: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Describe as características da arte románica, gótica e islámica

-Comenta nas súas liñas máis básicas algunha obra de arte medieval

Page 12: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

OBXECTIVOS.

1. Recoñecer os mecanismos esenciais que rexen o

funcionamento dos feitos sociais e económicos dentro da

estrutura da nosa sociedade e intentar comprender e saber

analizar os problemas máis apremiantes das sociedades

contemporáneas.

2. Adquirir e utilizar o vocabulario específico da área con

precisión e rigor.

3. Estudar, comparar e contrastar a información obtida a través de

diferentes fontes de información directa (enquisas, traballos de

campo etc.) e indirecta (vídeos, imaxes, obras de arte etc.).

4. Manexar e interpretar correctamente diferentes instrumentos de

traballo xeográfico e histórico: as gráficas, os mapas, as series

estatísticas, etc.; saber interpretar a escala gráfica e os signos

convencionais que se utilizan nos distintos tipos de mapas

(físicos, políticos, históricos etc.).

5. Elaborar bosquexos, gráficos sinxelos, organigramas e mapas

conceptuais para representar os fenómenos históricos e

xeográficos traballados.

6 Clasificar os distintos tipos de cidades existentes segundo os

sistemas de produción e as actividades económicas que se

practican nelas.

7 Identificar o sistema urbano das cidades do mundo, España e

Galicia.

8 Identificar a distribución da poboación no planeta, España e

Galicia, entender o concepto de densidade de poboación e

especificar os factores que condicionan a distribución (factores

físicos, históricos e económicos).

9 Diferenciar entre poboamento rural e urbano no mundo e en

España.

10 Explicar as consecuencias do progresivo avellentamento da

poboación mundial e valorar as posibles consecuencias dos

desequilibrios actuais e futuros.

Page 13: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

11 Coñecer as distintas fases da evolución da poboación mundial,

comparando os réximes demográficos dos países

desenvolvidos e dos países subdesenvolvidos.

12 Analizar as características da poboación de Galicia e de

España: índices de natalidade e fecundidade, taxa de

mortalidade, crecemento vexetativo, esperanza de vida,

pirámides de idade, distribución no territorio etc.

13 Realizar actividades relacionadas co estudio demográfico:

elaborar e interpretar pirámides de poboación, realizar cálculos

de densidades de poboación, taxas, interpretar series

estatísticas etc.

14 Comprender as causas dos movementos migratorios e clasificar

os distintos tipos de migracións segundo as causas que as

motivan, o destino ao que se dirixen; a súa forma e mais a súa

duración.

15Identificar os fluxos migratorios na actualidade e analizar a

evolución dos movementos migratorios en España e Galicia.

16 Definir a poboación activa e establecer a súa distribución por

sectores económicos no planeta e en España.

17 Valorar a incorporación da muller ao mundo laboral.

18 Ordenar os acontecementos históricos en eixes cronolóxicos e

localizalos no espazo co fin de adquirir unha perspectiva global

da evolución histórica da Humanidade que teña en conta os

procesos de cambio e de permanencia.

19 Coñecer as orixes do Islam, identificar os seus preceptos

básicos e analizar as diferentes fases da súa expansión tras a

morte de Mahoma.

20 Localizar nun eixe cronolóxico as distintas etapas da historia

de Al-Andalus e comparar o sistema político e a organización

estatal de Al-Andalus desde a época do Emirato dependente ata

o reino nazarí de Granada.

21 Recoñecer os distintos grupos que formaban a sociedade de Al-

Andalus e comprender as causas das conversións relixiosas, así

como coñecer a base económica de Al-Andalus e identificar os

Page 14: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

cultivos e as innovacións técnicas que os árabes introduciron

na Península

22 Analizar as causas e a evolución da Reconquista, así como o

proceso de repoboamento dos territorios ocupados, localizando

no mapa as etapas máis importantes.

23 Analizar os elementos que propiciaron o nacemento do

feudalismo.

24 Explicar a composición e os trazos distintivos dos distintos

estamentos da sociedade medieval: modo de vida, nivel de

riqueza, actividades económicas, etc. así como coñecer os

pactos de fidelidade e vasalaxe que establecían os distintos

grupos sociais que integraban o sistema feudal.

25 Describir distintos edificios característicos do mundo rural da

Idade Media: o castelo, o mosteiro, as vivendas dos

campesiños, etc., así como outras manifestacións artísticas.

26 Saber como estaba organizada a Igrexa na Idade Media.

27 Coñecer as orixes da cidade medieval, identificar os seus

principais edificios e recoñecer as actividades económicas que

se desenvolvían no seu interior, dedicando unha especial

atención ao funcionamento dos gremios e a aparición da

burguesía.

28 Identificar e localizar no mapa as principais rutas comerciais e

centros mercantís da Idade Media.

29 Analizar as causas do renacer cultural das cidades no século

XIII e valorar a función cultural e ideolóxica das universidades

a partir deste momento, así como da nova relixiosidade que

aparece neste medio.

30 Explicar os trazos distintivos da arte gótica en Europa, España

e Galicia na súas diversas manifestacións: arquitectura,

escultura e pintura.

31Coñecer as causas da crise da Baixa Idade Media (séculos XIV

e XV).

Page 15: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

35. Identificar as características e a evolución dos reinos

cristiáns desde o século XII ata finais da Idade Media e a súa

organización política.

.

COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER

1.Competencia social e cívica

Comprender o concepto de tempo histórico.

Identificar a relación multicausal dun feito histórico e as

súas consecuencias.

Coñecer as grandes etapas e os principais acontecementos da

Idade Media e a Historia Moderna.

Comprender o funcionamento das sociedades, o seu pasado

histórico, a súa evolución e transformacións.

Desenvolver a empatía mediante a comprensión das accións

humanas do pasado.

Expresarse de forma asertiva e mostrar unha actitude

favorable ao diálogo e mais ao traballo cooperativo.

2. Tratamento da información e competencia dixital

Relacionar e comparar a información procedente de diversas

fontes: escritas, gráficas, audiovisuais, etc.

Contrastar a información obtida e desenvolver un

pensamento crítico e creativo.

Elaborar a información transformando os datos recollidos e

traducíndoos a outro formato ou linguaxe.

Empregar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da

información e a comunicación na procura e o procesamento

da información.

3. Competencia en comunicación lingüística

Utilizar adecuadamente o vocabulario propio das ciencias

sociais para construír un discurso preciso.

Page 16: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Desenvolver a empatía e interesarse por coñecer e escoitar

opinións distintas á propia.

Utilizar diferentes variantes do discurso, en especial, a

descrición e a argumentación.

Ler e interpretar textos de tipoloxía diversa, linguaxes

icónicas, simbólicas e de representación.

4.Competencia matemática

Elaborar e interpretar eixes cronolóxicos.

Analizar e comprender os datos cuantitativos recollidos en

táboas, gráficos e diagramas.

Facer cálculos matemáticos de números enteiros e

porcentaxes para chegar a conclusións cuantitativas.

5. Competencia para aprender a aprender

Desenvolver unha visión estratéxica dos problemas,

anticipar posibles escenarios e consecuencias futuras das

accións individuais e/ou sociais.

Buscar explicacións multicausais para comprender os

fenómenos sociais e avaliar as súas consecuencias.

Utilizar distintas estratexias para organizar, memorizar e

recuperar a información: esquemas, resumos etc.

Participar en debates e contrastar as opinión persoais coas

do resto de compañeiros.

Desenvolver o gusto pola aprendizaxe continua e mais a

actualización permanente.

6. Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Asumir responsabilidades e tomar decisións con respecto á

planificación do proceso de resolución das actividades

propostas.

Interpretar adecuadamente as particularidades de cada

situación e de cada problema estudado.

Saber argumentar de forma lóxica e coherente as

explicacións dos conceptos e fenómenos estudados.

Page 17: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Autorregular o propio aprendizaxe: tomar conciencia do que se

sabe e do que falta por aprender; e realizar autoavaliacións do

propio traballo

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

1. Describir os trazos sociais, económicos, políticos, culturais e

artísticos que caracterizan a Europa medieval a partir das

funcións desempeñadas pola nobreza, o clero e o campesiñado

e recoñecer a súa evolución ata a aparición do Estado moderno.

2. Situar no tempo e no espazo as diversas unidades políticas que

coexistiron na Península Ibérica durante a Idade Media,

distinguindo as súas peculiaridades e recoñecendo na España

actual exemplos da pervivencia do seu legado cultural e

artístico, particularmente no mundo urbano.

3. Valorar a identidade do período medieval galego nos seus

momentos fundamentais, destacando o papel hexemónico que

exerce a Igrexa na economía, na cultura ou na articulación do

poboamento e establecendo unha relación entre as súas crises

sociais e a xeral do feudalismo.

6. Describir os factores que condicionan os comportamentos e

movementos demográficos, utilizando os conceptos e

indicadores básicos, caracterizando as tendencias

predominantes e aplicando este coñecemento á análise do

actual réxime demográfico de Galicia e España.

7. Identificar os trazos que caracterizan as sociedades actuais

distinguindo a diversidade de grupos sociais que as configuran,

e expoñendo algunha situación que reflicta a desigualdade

social.

8. Analizar o crecemento das áreas urbanas e as súas novas

modalidades, a diferenciación social e funcional do espazo

urbano e algúns dos seus problemas, aplicando este

coñecemento a exemplos de cidades españolas e galegas.

Page 18: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

9. Realizar de forma individual e tamén en grupo, coa axuda do

profesor, un traballo sinxelo de carácter descritivo sobre algún

pazo ou mosteiro da comarca, utilizando fontes diversas

(prensa, bibliografía, páxinas web, etc.), seleccionando a

información máis relevante, integrándoa nun esquema ou

guión e comunicando os resultados do estudio de forma

intelixible.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Realizaranse tres avaliacións . A nota será o resultado de

sumar as cualificacións obtidas como media do resultado de

diferentes probas escritas( esixirase unha nota mínima de 3 para

aplicar a media ) que será un 80% da nota coa valoración do

esforzo realizado diariamente: traballo na aula, tarefas da casa,

actitude (20% da nota).

As dúas primeiras avaliacións irán acompañadas por unha

recuperación para aqueles estudantes que non superaran a materia,

dita recuperación consistirá nun exame que puntuará sobre 8, é

dicir, que equivalerá ó 80% da nota de avaliación e seguirá

aplicándose a valoración debida ó esforzo diario. A terceira

avaliación terá recuperación sempre e cando o alumno teña como

mínimo unha avaliación aprobada. De non ser así o alumno irá a

setembro con toda a materia. No mes de xuño haberá unha

recuperación final para os alumnos que teñan unha ou dúas

avaliacións aprobadas.

AGRUPAMENTO DE 2º DE ESO.

Para eles mantense a programación de 2º da ESO, pero os

contidos serán adaptados ás necesidades específicas dos alumnos,

prevéndose unha menor complexidade e a utilización de

actividades axeitadas ao nivel dos nenos/as.

Page 19: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

ATENCIÓN A PENDENTES DE SEGUNDO DA ESO.

Realizaranse tres exames nas datas marcadas pola xefatura de

estudios. Dous serán exames parciais e o terceiro será un exame

final. Aprobando os dous exames parciais non hai que presentarse

ó final. No caso de suspender un parcial faise o exame final con

toda a materia ou poderán facer o traballo correspondente á parte

suspensa. De non presentarse ó primeiro parcial sen causa

debidamente xustificada, non poderá tampouco presentarse ó

segundo, tendo que concurrir directamente ó exame final. O

exame de setembro faise con toda a materia..

Como reforzo para a recuperación das materias pendentes, os

alumnos/as teñen á súa disposición os distintos profesores do

departamento para solventar as dúbidas que poidan ter na

preparación dos exames, así como a posibilidade de realizar

actividades específicas que, titorizadas polo departamento, sirvan

de complemento as explicacións que puntualmente soliciten ós

membros do departamento

O libro de texto é da editorial Vicens Vives, en formato

trimestral.

3º DE ESO

CONTIDOS

Bloque 1. O medio físico

-Localización.Latitude e lonxitude

Bloque 2. O espazo humano

-Organización política e territorial en España

-Os sectores de actividade económica

-Os sectores de actividade económica en Europa, España e

Galicia

-Os sistemas económicos do mundo

-Futuro dos recursos naturais.Desenvolvemento sostible

-As actividades agrarias

-A pesca:tipos e problemática

-A industria. Principais áreas industrializadas do mundo

-O sector terciario: o transporte

Page 20: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-O sector terciario: o comercio

-O sector terciario: o turismo

-Desenvolvemento desigual. Débeda externa

-Tensións mundiais e subdesenvolvemento. Posibles solucións

Bloque 3. A historia

-As fontes históricas

-Vocabulario histórico e artístico

-A Idade Moderna: concepto e datación

-O Renacemento e o Humanismo

-Arte renacentista e barroca

-O estado moderno: monarquías autoritarias, absolutas e

parlamentarias

-O reinado dos Reis Católicos

-Os descubrimentos xeográficos. Conquista e colonización de

América

-Conflitos europeos na época dos Austrias. Reforma,

contrarreforma, guerras de relixión, a guerra dos Trinta Anos

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS

( os estándares subliñados son considerados contidos mínimos )

-Localiza lugares nun mapa segundo as súas coordenadas

xeográficas

-Distingue diferentes tipos de mapas temáticos

-Cubre nun mapa político as diferentes provincias e

comunidades autónomas españolas

-Compara taxas de reparto da poboación activa por sectores en

diferentes países e analiza as conclusións

-Fai un esquema comparativo dos sistemas económicos

capitalista e comunista -Define desenvolvemento sostible

-Realiza un mapa dos espazos agrarios do mundo

-Explica as características das principais paisaxes agrarias do

mundo

-Comenta un mapa da produción de enerxía no mundo

-Analiza as vantaxes e inconvenientes dos diferentes tipos de

enerxía

-Identifica e nomea as enerxías alternativas

-Realiza un mapa dos principais caladoiros pesqueiros

-Comenta noticias sobre a sobreexplotación pesqueira

Page 21: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Realiza un mapa das zonas máis industrializadas do mundo e

extrae conclusións -Enumera os bloques comerciais do mundo e analiza as razóns

polas que se constitúen

-Fai un mapa dos principais fluxos comerciais do mundo

-Describe as características do comercio internacional na

actualidade -Identifica os distintos tipos de turismo e os seus efectos

-Valora a importacia do turismo na economía española e galega

-Comenta noticias de conflitos bélicos no mundo

-Nomea e identifica fontes históricas

-Ordena temporalmente algúns feitos históricos relevantes da

materia deste curso -Distingue características de réximes monárquicos de tipo

autoritario, parlamentario e absoluto poñendo algún exemplo -Caracteriza Renacemento e Humanismo

-Cita obras de arte da época do Renacemento

-Analiza a monarquía dos Reis Católicos en liñas xerais

-Explica as causas que influiron no descubrimento de América

e na conquista e colonización dela -Analiza distintas valoracións sobre a conquista e colonización de

América

-Elabora un mapa que plasme a expansión das diversas

relixións no século XVI en Europa

-Compara as ideas de Lutero coas da igrexa católica

-Define Contrarreforma

TEMPORALIZACIÓN DOS ESTÁNDARES DE

APRENDIZAXE,OBXECTIVOS E CRITERIOS DE

CUALIFICACIÓN

En primeiro lugar hai que sinalar que a materia deste curso é moi

extensa para ser impartida nun só curso académico. En principio

tentarase explicar todo o relacionado coa xeografía nos dous

primeiros trimestres e a parte de historia no terceiro, podendo

estar este reparto suxeito a modificacións. Algúns estándares

poderán ser impartidos nunha soa clase como os que teñen que

ver coa realización de mapas, definicións, localizar lugares nun

mapa, comentario de noticias. Outros requiren unha maior

dedicación como pode ser ordenar temporalmente feitos históricos

Page 22: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

xa que é unha destreza que se vai adquirindo ao longo do curso

segundo se van adquirindo os coñecementos. Non todos serán

avaliados mediante exame, algúns poderán ser avaliados

oralmente na clase como o comentario de noticias

OBXECTIVOS

Entender que as sociedades manteñen unha relación intensa

co territorio e entre elas e iso transforma a visión xeográfica ó

longo do tempo.

Observar como as causas que van modificando a realidade

son sempre múltiples e están interrelacionadas (físicas, políticas,

económicas, sociais...). Só dese xeito se pode intentar comprender

mellor a realidade na que estamos insertos.

Aprender a valorar a variedade cultural, a respectala, a sentila

como riqueza.

Espertar ou potenciar a sensibilidade persoal para apreciar a

importancia de respectar o patrimonio natural e tamén o histórico

e artístico e todas as súas vertentes.

Tomar conciencia de como o feito de formar parte dunha

comunidade determinada é un dos elementos relevantes para

construír a nosa personalidade, polo mesmo, valorar a

importancia de preservar e defender os elementos que nos definen

(no noso caso, o feito de ser parte da comunidade galega).

Dominar no posible o vocabulario propio da materia e

integralo de xeito normal na nosa maneira de falar.

Acadar un dominio básico dos diferentes xeitos de

construción da información xeográfica (mapas, gráficos, táboas,

estatísticas, etc.).

Insistir na aprendizaxe da relevancia do traballo en grupo, da

solidariedade, da capacidade de diálogo e de intercambio de

coñecementos e, por suposto, de dúbidas.

Valorar a transcendencia que os modelos democráticos

supoñen para as comunidades e para o individuo (recoñecemento

de liberdades, dereitos, participación, etc.).

Page 23: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Obter información do pasado manexando distintos tipos de

fontes con rigor crítico

Levar a cabo pequenas investigacións utilizando as técnicas

básicas de indagación características da historia

Coñecer a importancia das transformacións acontecidas na

Idade Moderna para comprender o mundo no que vivimos

Coñecer as principais manifestacións artísticas da arte na

Idade Moderna

ACTITUDES.

Curiosidade por coñecer distintas formas de

representar o espazo terrestre cara ó seu coñecemento.

Valoración do medio como soporte da nosa existencia.

Preocupación polos problemas ós que se enfronta o

medio natural.

Interese polo coñecemento da organización política do

noso mundo.

Rexeitamento das grandes desigualdades de poder

entre uns Estados e outros do planeta.

Sentimento de identidade co resto dos habitantes do

planeta.

Preocupación pola situación dos refuxiados do mundo,

e toma de conciencia das razóns da necesidade de emigrar.

Sentimento de pertenza a UE.

Rexeitamento das situacións de desigualdade

económica no mundo.

Valoración das distintas actividades económicas e

preocupación polos efectos ambientais das mesmas.

Toma de conciencia do carácter finito de grande parte

dos recursos naturais.

Preocupación polo impacto ambiental que ten a

explotación dos recursos naturais, enerxéticos e da auga.

Preocupación polos efectos que a deslocalización

industrial está a producir no noso entorno .

Page 24: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Realizaranse tres avaliacións . En cada unha das avaliacións

levaranse a cabo dous exames que terán un valor do 80% da nota

da avaliación, mentres que o restante 20% se obterá do traballo de

clase. As dúas primeiras avaliacións irán acompañadas por unha

recuperación para aqueles estudantes que non superaran a materia.

A recuperación consistirá nun único exame que puntuará sobre 8,

mantendo así efectivo o peso do traballo diario na aula. No mes

de xuño os alumnos que teñan unha ou dúas avaliacións suspensas

poderán facer unha recuperación final.

Exames – 80% Traballo-20%

EXAMES DE PENDENTES DE TERCEIRO DA ESO

Realizaranse tres exames nas datas marcadas pola xefatura de

estudios. Dous serán exames parciais e o terceiro será un exame

final. Aprobando os dous exames parciais non hai que presentarse

ó final. No caso de suspender un parcial faise o exame final con

toda a materia. Como consecuencia lóxica, a non presentación ó

primeiro implica a non presentación ó segundo. O exame de

setembro faise con toda a materia. A materia de cada parcial será

debidamente comunicada aos alumnos coa suficiente antelación.

Como reforzo para a recuperación das materias pendentes, os

alumnos/as teñen á súa disposición os distintos profesores do

departamento para solventar as dúbidas que poidan ter na

preparación dos exames, así como a posibilidade de realizar

actividades específicas que, titorizadas polo departamento sirvan

de complemento ás explicacións que puntualmente soliciten ós

membros do seminario. O libro deste curso é o da editorial Vicens

Vives. A materia que entrará no primeiro parcial será a parte de

xeografía e no segundo a parte de historia

Page 25: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

PROGRAMACIÓN DE CUARTO CURSO DA ESO.

OBXECTIVOS.

1. Coñecer os trazos característicos do Antigo Réxime.

2. Describir a estrutura social da época

3. Comparar dous sistemas políticos coetáneos: a monarquía

absoluta e a monarquía parlamentaria inglesa.

4. Coñecer as ideas da Ilustración e os seus principais

representantes.

5. Explicar como se produciu o establecemento da dinastía

borbónica en España.

6. Caracterizar os estilos artísticos Rococó e Neoclásico e

relacionalos coa sociedade e co pensamento da época.

7. Coñecer as características principais de Galicia no século

XVIII.

8. Describir o proceso revolucionario que conduciu ao nacemento

de Estados Unidos.

9. Caracterizar as distintas etapas políticas da Revolución

Francesa.

10. Explicar o significado histórico da Restauración e analizar os

seus logros e fracasos.

11. Describir o proceso de independencia de Hispanoamérica.

12. Caracterizar o Romanticismo.

13.Identificar os factores que fixeron posible o desenvolvemento

da industrialización.

14.Caracterizar cada unha das fases da revolución industrial:

sectores industriais máis importantes, fontes de enerxía principais

e maiores potencias industriais.

15.Explicar os cambios sociais que implicou a revolución

industrial.

Page 26: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

16.Coñecer o desenvolvemento do movemento obreiro, os seus

logros e as ideoloxías en que se sustentou: o marxismo e o

anarquismo.

17Valorar a importancia das Cortes de Cádiz.

18. Coñecer os principais acontecementos políticos da España do

século XIX

19.Explicar os cambios na economía e na sociedade españolas

durante o século XIX.

20 Coñecer causas e consecuencias do colonialismo

21.Coñecer os estilos artísticos e arquitectónicos máis importantes

de finais do século XIX e principios do XX.

22.Caracterizar o período coñecido como Paz Armada. Identificar

as causas profundas e as causas inmediatas que provocaron o

estalido da Primeira Guerra Mundial.

23.Encadrar a Primeira Guerra Mundial no seu contexto temporal

e describir as fases do conflito.

24.Comprender por que a Primeira Guerra Mundial foi un conflito

diferente a calquera conflito anterior.

25.Coñecer os cambios no mapa europeo, como resultado da Paz

de París, e os obxectivos deses cambios.

26.Analizar as consecuencias económicas e políticas da Gran

Guerra.

27.Coñecer a situación política e social en Rusia a comezos do

século XX.

33.Describir como se produciu a caída do tsarismo e os problemas

aos que tivo que facer fronte o novo Goberno provisional.

34.Explicar cando e como chegaron os bolxeviques ao poder, e

cales foron os principais problemas durante o goberno de Lenin.

35.Definir os cambios no réxime político ruso tras a instauración

do stalinismo e os medios que utilizou Stalin para exercer o

control absoluto.

36.Explicar como chegaron ó poder o partido fascista en Italia e o

partido nazi en Alemaña e as causas do apoio popular.

37. Caracterizar ó fascismo e nazismo e salientar os métodos de

actuación.

38 Encadrar a Segunda Guerra Mundial no seu contexto espazo

temporal.

Page 27: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

39. Recoñecer as causas da Guerra e o seu desenvolvemento.

40.Identificar os cambios políticos e territoriais derivados dela.

.

41.Coñecer que organizacións supranacionais se crearon tras a

guerra.

42Caracterizar as distintas etapas políticas da Segunda República

e destacar os acontecementos principais en cada unha delas.

43 Coñecer as reformas que propuxo a Constitución de 1931 e

valorar as súas innovacións

44 Explicar as causas, o desenvolvemento e as consecuencias da

Guerra Civil.

45Coñecer os trazos principais da Galicia da época, como o

agrarismo e o Estatuto.

46 Explicar en que dous bloques antagónicos quedou dividido o

mundo tras a Segunda Guerra Mundial e que países lideraban

cada un deles.

47Definir que se entende por Guerra Fría. Situar este período no

seu contexto espazo-temporal e distinguir as etapas de maior

tensión (primeira e segunda Guerra Fría) e de menor tensión

(coexistencia pacífica).

48Comparar os sistemas políticos e económicos dos bloques

occidental e comunista.

49Explicar os conflitos máis destacados da Guerra Fría e as súas

consecuencias.

50Caracterizar o franquismo como un réxime ditatorial e describir

as súas características

51Rexeitar a ditadura como réxime político.

52Explicar o proceso de colapso do bloque comunista e a

transición do comunismo ao capitalismo nestes países.

53Analizar as características das relacións internacionais tras ese

proceso.

54Valorar a evolución da Unión Europea nos últimos anos.

Page 28: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

55Comprender en que consiste a globalización e os seus efectos

sobre as distintas rexións.

56Describir os principais cambios sociais que se produciron no

mundo actual.

57Explicar como se produciu o proceso de transición política en

España.

58Distinguir as etapas que se diferencian na historia da España

democrática e comparar as distintas políticas que se levaron a

cabo en cada período.

59Valorar cales foron os logros da democracia e que problemas

quedan aínda pendentes.

CONTIDOS

Bloque 1. O século XVIII en Europa ata 1789 -A Ilustración

-Arte e ciencia en Europa no século XVIII

Bloque 2. A era das Revolucións liberais

-As revolucións nos séculos XVIII e XIX. Bases ideolóxicas,

económicas e sociais. Principais consecuencias

-As revolucións burguesas nos séculos XVIII e XIX:periodización

e feitos principais

-A Restauración

-A unificación italiana e alemá

Bloque 3. A Revolución Industrial

-A Revolución Industrial: concepto e factores. Expansión desde a

súa orixe ao resto de Europa

-Consecuencias da Revolución Industrial. O movemento obreiro

Bloque 4. Imperialismo do século XIX e Primeira Guerra

Mundial

-Imperialismo: causas, desenvolvemento e consecuencias

-Causas e consecuencias da Primeira Guerra Mundial

-A Revolución Rusa: orixe, desenvolvemento e consecuencias

-A arte no século XIX

Bloque 5. A época de entreguerras

-O período de entreguerras. Do final da Primeira Guerra Mundial

á Grande Depresión

Page 29: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-O fascismo italiano e o nazismo alemán

-A II República española e a guerra civil

Bloque 6. Causas e consecuencias da Segunda Guerra

Mundial

-As orixes da Segunda Guerra Mundial

-O desenvolvemento da II G Mundial: extensión, fases, formas de

guerra, principais consecuencias

-O Holocausto

-A guerra fría

-O proceso descolonizador de Asia e Africa

Bloque 7. A estabilización do capitalismo e o illamento

económico do bloque soviético

-Evolución dos bloques soviético e capitalista

-A crise do petróleo ( 1973 )

-A ditadura de Franco en España

Bloque 8. O mundo recente entre os séculos XX e XXI

-As distintas formas económicas e sociais do capitalismo no

mundo

-O colapso dos réximes soviéticos e as súas consecuencias

-A transición política española: da ditadura á democracia ( 1975-

1982 )

-O camiño cara a UE

Bloque 9. A Revolución Tecnolóxica e a Globalización de finais

do XX e principios do XXI

-A globalización económica: concepto, características

-O papel da revolución tecnolóxica na globalización

Bloque 10. A relación entre o pasado, o presente e o futuro a

través da Historia e a Xeografía

-Relación entre pasado, presente e futuro

-O tempo histórico

-Vocabulario histórico e artístico da Idade contemporánea

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS

( en negrita os estándares considerados contidos mínimos )

-Establece a diferenza entre absolutismo e parlamentarismo

-Define Antigo Réxime

-Define Ilustración

-Compara as ideas dalgúns ilustrados

-Fai un esquema das principais etapas da Revolución

Page 30: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Francesa

-Investiga sobre o retraso da Revolución Industrial en España

-Fai un cadro onde aparezan as principais características da

Primeira Revolución Industrial e as súas diferenzas coa

Segunda -Relaciona colonialismo, imperialismo e Grande Guerra

-Comenta un mapa de Europa despois da Primeira Guerra

Mundial

-Analiza a trascendencia da Revolución Rusa

-Comenta cadros, esculturas e exemplos arquitectónicos da arte

do século XIX

-Diferenza fontes históricas de fontes historiográficas

-Explica diversos factores que fixeron posible o auxe do

fascismo en Europa

-Explica as principais reformas da Segunda República española

-Analiza as causas da guerra civil española

-Comenta un mapa de Europa durante a Segunda Guerra

Mundial

-Explica o motivo de que rematase antes a guerra europea que

a do Pacífico

-Recoñece o significado do Holocausto na historia mundial

-Explica algúns dos conflitos enmarcados na guerra fría

-Describe feitos relevantes do proceso descolonizador -Compara a crise enerxética de 1973 coa financieira de 2008

-Coñece a situación da posguerra e a represión en España e as

distintas fases da ditadura de Franco

-Analiza diversos aspectos dos cambios producidos despois do

colapso da URSS

-Describe algúns dos fitos que deron lugar ao cambio na

sociedade española da transición: aprobación da constitución

de 1978, primeiras eleccións xerais, creación do estado das

autonomías…

-Debate sobre eurocentrismo e globalización

-Compara as revolucións industriais do século XIX coa

revolución tecnolóxica de finais do século XX e principios do

XXI

-Ordena temporalmente algúns feitos históricos

-Realiza diversos eixes cronolóxicos e mapas históricos

Page 31: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Utiliza con fluidez e precisión vocabulario histórico e artístico

TEMPORALIZACIÓN

Tentarase unha distribución equitativa entre as tres avaliacións

PROCEDEMENTOS

Análise e comentario de mapas históricos.

Explicación dun proceso histórico a partir da interpretación dun

esquema secuencial.

Elaboración dun cadro cronolóxico e realización dunha liña do

tempo.

Elaboración dun resumo do tema a partir da realización dun

esquema previo.

Realización dun cadro comparativo e dun esquema tipo ficha.

Comparación de argumentos diversos sobre o imperialismo e

defensa dos propios argumentos.

Análise de mapas e de gráficos para obter información.

Interpretación de caricaturas políticas como fonte de

información histórica.

Comparación de textos constitucionais: establecer similitudes e

diferenza entre as constitucións e ser capaz de identificalas como

progresistas ou moderadas.

Comparación de visións distintas de modelos políticos.

Identificación dos símbolos do fascismo e do nazismo.

Análise de gráficos, de fotografías e de obras pictóricas para

obter información.

Lectura crítica e comparación de textos históricos que recollen

opinións distintas.

Obtención de información de páxinas web.

Recabar información entre os familiares que puderan ter

memoria histórica de acontecementos relevantes (por ex., da

Guerra Civil).

Definición de conceptos

Page 32: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Análise de discursos e de textos da época identificando as ideas

principais e o seu obxectivo.

Page 33: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

ACTITUDES

Valoración crítica da sociedade estamental e rexeitamento de

situacións de escravitude.

Valoración positiva do parlamentarismo inglés fronte ao

absolutismo monárquico.

Valoración positiva do pensamento ilustrado, en tanto que

defendía un sistema social igualitario que lles permitise a todos os

individuos progresar na escala social e económica segundo as

súas capacidades e o seu esforzo, e un sistema político en que a

soberanía residise no pobo, existise a separación de poderes e

unha constitución que recoñecese os dereitos e as liberdades

fundamentais das persoas.

Aprecio pola arte polo seu valor artístico e como expresión dos

sentimentos e gustos dunha época histórica.

Valoración crítica dos medios que se utilizan para lograr os

cambios políticos..

Valoración positivas das democracias constitucionais fronte

ás ditaduras.

Valoración crítica das formas de imperialismo na actualidade.

Condena dos abusos de poder e das políticas de exterminio.

Rexeitamento de calquera forma de explotación das persoas, de

actitudes e comportamentos racistas, e de discriminación da

muller.

Interese por coñecer o pasado como forma de comprender o

presente.

Rexeitamento das guerras e de calquera outra acción violenta

como mecanismo para dirimir conflitos.

Valoración da Constitución como parte esencial no

ordenamento dun Estado liberal.

Rexeitamento de calquera práctica de corrupción electoral,

como o caciquismo e o pucheirazo no século XIX.

Respecto polas ideoloxías distintas á propia.

Actitude crítica ante tratados de paz que, como o de Versalles,

buscan o afundimento do vencido.

Rexeitamento das ditaduras e dos totalitarismos.

Page 34: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Aprecio polos logros do movemento sufraxista na súa loita pola

igualdade da muller.

Valoración positiva dos avances científicos.

Rexeitamento de actitudes e comportamentos racistas e

xenófobos e mais da violencia.

Defensa dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais

das persoas.

Respecto polas culturas distintas á propia.

Valoración crítica do uso político da cultura.

Valoración positiva da memoria histórica como medio para

evitar os erros e os horrores do pasado.

Rexeitamento da violencia e das guerras como mecanismos

para dirimir conflitos

Sensibilización ante o sufrimento que padecen os pobos que se

encontran en guerra.

Condena dos países en conflito que non respectan o Dereito

Internacional Humanitario, que ten como obxectivo limitar o

sufrimento humano e outros danos en tempo de guerra. (Prohibe o

uso de armamento indiscriminado, o recrutamento de nenos

soldado, o ataque directo á poboación civil, as torturas...)

Valoración crítica do crecente desenvolvemento do armamento

na actualidade.

Rexeitamento da violencia e da guerra como medios para

dirimir conflitos.

Toma de conciencia das desigualdades entre o Primeiro Mundo

e o Terceiro Mundo.

Valoración do traballo das organizacións internacionais que

avogan pola paz e polo desenvolvemento.

Defensa dos dereitos humáns e valoración positiva dos

movementos e das organizacións que loitan pola paz e pola

igualdade entre as persoas, sen distinción de raza, sexo ou

ideoloxía.

Curiosidade por obter información e crearse unha opinión

propia sobre os problemas do noso tempo.

Valoración positiva do Estado do Benestar como garantía para

garantir unha calidade de vida digna ós cidadáns.

Page 35: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

COMPETENCIAS BÁSICAS A DESENVOLVER

Comunicación lingüística

Utilizar o vocabulario relacionado coa sociedade e coa cultura

da época de estudo.

Identificar as ideas principais dos temas e interpretar e

organizar a información.

Elaborar respostas escritas.

Tratamento da información e competencia dixital

Usar fontes primarias e secundarias, textuais e gráficas, para

obter información coma iconográficas, para obter información.

Buscar e sintetizar información obtida na Internet.

Recoñecer o obxectivo das caricaturas políticas.

Buscar información nos actuais medios de comunicación social.

Sintetizar información en mapas, gráficos e cadros.

Elaborar un informe utilizando o ordenador.

Competencias sociais e cívicas

Analizar os grupos sociais e as persoas que exercen o poder

político, económico e social ó longo dos períodos estudados, cales

eran os criterios en que se baseaba o seu poder e a facilidade ou

dificultade para ascender na escala social.

Sentir empatía polas persoas que integraban os grupos non

privilexiados ou as clases sociais máis desfavorecidas.

Comprender cal era a súa situación e cales podían ser os seus

sentimentos.

Valorar os rexímenes parlamentarios e democráticos como os

sistemas políticos máis xustos e desexables fronte ao absolutismo

e ás ditaduras e totalitarismos.

Valorar como as ideas ilustradas supuxeron un cambio na

mentalidade da época que conduciu á fin do Antigo Réxime e ó

triunfo do liberalismo e posteriormente da democracia.

Page 36: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

Formar unha opinión propia apoiada en argumentos sólidos e

saber defendela.

Ter interese por coñecer a situación dos dereitos humanos no

mundo actual e ser capaz de facer unha valoración.

Competencia para aprender a aprender

Estudiar o tema correctamente: lectura atenta e comprensiva do

texto, buscando o significado dos termos descoñecidos; subliñar

as ideas principais; elaborar un resumo cos aspectos subliñados,

utilizando unha linguaxe propia.

Elaborar cadros comparativos.

Elaborar resumos.

Diferenciar as ideas principais das secundarias.

Sintetizar a información en mapas de conceptos.

Competencia cultural e artística

Coñecer as características dos movementos artísticos e

identificar as obras e os artistas máis representativas dos

diferentes estilos.

Relacionar a coa sociedade e co pensamento da súa época.

- Analizar obras de artes dos artistas máis destacados.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Situar no tempo e no espazo os períodos e feitos transcendentes

e os procesos históricos relevantes que se estudan neste curso,

identificar o tempo histórico no mundo, en Europa, España e

Galicia, e aplicar as convencións e os conceptos habituais no

estudio da historia.

2. Identificar as causas e as consecuencias de feitos e procesos

históricos significativos, establecer conexións entre elas e

recoñecer a causalidade.

3. Identificar as causas e as consecuencias múltiple que implican

os feitos sociais.

Page 37: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

4. Enumerar as transformacións que se producen en Europa nos

séculos XVIII ó XX, tanto no ámbito político como social e

económico.

5. Situar no tempo e no espazo os períodos e feitos

transcendentes e os procesos históricos relevantes que se estudan

neste curso, identificar o tempo histórico no mundo, en Europa,

España e Galicia, e aplicar as convencións e os conceptos

habituais no estudio da historia.

6. Explicar as razóns da supremacía política e económica dos

países europeos na segunda metade do século XIX, identificar os

conflitos e os problemas que caracterizan estes anos, tanto

internacionalmente coma no interior dos Estados, especialmente

os relacionados coa expansión colonial e coas tensións sociais e

políticas.

7. Identificar as causas e as consecuencias de feitos e procesos

históricos significativos, establecer conexións entre elas e

recoñecer a causalidade múltiple que comportan os feitos sociais.

8. Identificar os trazos fundamentais dos procesos de

industrialización e modernización económica e das revolucións

liberais burguesas, valorar os cambios económicos, sociais e

políticos que supuxeron e identificar as peculiaridades destes

procesos en España e en Galicia en particular.

9. Caracterizar e situar no tempo e no espazo as grandes

transformacións e os conflitos mundiais que se produciron no

século XX e aplicar este coñecemento á comprensión dalgúns dos

problemas internacionais máis destacados da actualidade.

10. Identificar e caracterizar as distintas etapas da evolución

política e económica de España durante o século XX e os avances

e retrocesos ata lograr a modernización económica, a

consolidación do sistema democrático e a pertenza á Unión

Europea e caracterizar os distintos procesos que se viviron en

Galicia nesta época.

11. Realizar traballos individuais e en grupo sobre algún foco de

tensión política ou social no mundo actual, indagando os seus

antecedentes históricos, analizando as causas e indicando posibles

desenlaces, utilizando fontes de información pertinentes, incluídas

algunhas que ofrezan interpretacións diferentes ou

complementarias dun mesmo feito.

Page 38: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

12. Identificar as principais consecuencias da ditadura franquista

en Galicia.

13. Identificar os principais trazos básicos do desenvolvemento da

Autonomía de Galicia e da sociedade actual.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Realizaranse tres avaliacións. En cada unha das avaliacións

levaranse a cabo dous exames que terán un valor do 80% da nota

da avaliación, mentres que o restante 20% se obterá do traballo de

clase. Cada unha das avaliacións irá acompañada por unha

recuperación para aqueles estudantes que non superaran a materia.

Esta recuperación consistirá na realización dun exame que

puntuará sobre 8, mantendo dese xeito o respecto polo traballo na

aula.

Exames – 80% Traballo – 20%

O libro de texto seleccionado polo departamento é o da

editorial Vicens Vives

AVALIACIÓN INICIAL NOS CURSOS DA ESO

Ó comezo do curso e adaptándonos ás datas establecidas pola

dirección do centro para tal fin, levaranse a cabo probas de

avaliación orientadas a detectar na medida do posible as

condicións nas que teremos que traballar en cada grupo e con

cada alumna/o: desenvolvemento coas ferramentas propias da

materia (conceptos temporais, interpretación de gráficos,

manexo de mapas, dominio de léxico específico, capacidade de

comprensión e de expresión, etc.). As probas estarán orientadas

única e exclusivamente neste sentido e non terán repercusión

nas cualificacións académicas do curso. Os resultados das

mesmas permitirán compartir criterios cos compañeiros/as

Page 39: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

doutros departamentos na xunta de avaliación inicial e poderán

sernos de utilidade para aportar opinións ou solicitar consellos

ó equipo orientador do centro.

No departamento existiron constantemente diagnósticos

específicos para atender os problemas que soubemos detectar e

que nos levaron a considerar a elaboración de adaptacións

curriculares ou mesmo solicitar a creación de agrupamentos

específicos, tal e como sucede novamente neste curso.

Page 40: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

1º DE BACHARELATO: HISTORIA DO MUNDO

CONTEMPORÁNEO

A materia de 1º de Bacharelato pretende ofrecer segundo a

LOMCE unha visión de conxunto dos procesos históricos

fundamentais do mundo pero prestando cando é preciso unha

especial atención ao estado español e a Galicia. A través do estudo

desta disciplina os alumnos deberán adquirir determinados

valores e hábitos de comportamento como a actitude crítica cara

ás fontes, o recoñecemento da diversidade ou a valoración do

patrimonio cultural e histórico recibido. A través desta materia

trabállanse moitas competencias como as sociais e cívicas, a

lingüística e dixital, aprender a aprender etc.

OBXECTIVOS DIDÁCTICOS.

1. Coñecer as características do Antigo Réxime dende o punto

de vista económico, social e político.

2. Analizar as causas e problemas derivados do estancamento

agrícola.

3. Explicar as características da industria e das manufacturas

tradicionais.

4. Analizar a xerarquización da sociedade estamental.

5. Explicar a forma de exercer o poder das monarquías

absolutas.

6. Coñecer as transformacións que tiveron lugar como

consecuencia da Primeira Revolución Industrial en Gran Bretaña.

7. Analizar os cambios na agricultura e na demografía dende o

século XVIII.

8. Explicar a doutrina do liberalismo e identificar os seus

defensores.

9. Comprender o funcionamento do capitalismo industrial e os

cambios que se produciron na organización do traballo.

10. Analizar os cambios sociais resultado dos cambios

económicos.

11. Describir as causas sociopolíticas e económicas que

propiciaron a Revolución francesa.

12. Identificar cronoloxicamente as distintas fases da

Revolución

13. Analizar a época napoleónica.

14. Explicar a Restauración e o seu contido ideolóxico-político.

Page 41: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

15. Comprender as diversas nocións de nacionalismo e

aplicalo os procesos de unificación italiana e alemá

16. Analizar as condicións de vida do proletariado no século

XIX para explicar as causas da conflitividade social.

17. Explicar as características do movemento obreiro ó longo

do século XIX.

18. Coñecer as bases das teorías marxistas e anarquistas.

19. Entender o papel das Internacionais Obreiras.

20. Recoñecer as innovacións técnicas da Segunda Revolución

Industrial e valorar as consecuencias económicas.

Describir os novos métodos empresariais e os novos sistemas

de produción.

21. Analizar as causas e consecuencias da expansión

imperialista europea así como os argumentos empregados para

xustificala.

22. Analizar os repartos de África e Asia.

23. Coñecer as causas que desencadearon a Primeira Guerra

Mundial..

24. Analizar as causas da extensión do conflito.

25. Explicar os resultados dos tratados de paz e o novo mapa

de Europa.

26. Coñecer a situación da Rusia tsarista nos prolegómenos da

revolución bolxevique.

27. Comprender as causas que levan ó inicio das revolucións

de 1905 e 1917.

28. Analizar a situación da Rusia de Lenin e Stalin.

29. Analizar a economía do período de entreguerras facendo

fincapé na creba da Bolsa de Nova York e as consecuencias

mundiais da mesma.

30. Entender as causas da crise das democracias liberais e do

ascenso dos fascismos.

31. Coñecer as causas da Segunda Guerra Mundial e o seu

desenvolvemento.

32. Entender o mundo da posguerra e a formación de bloques.

33. Analizar a “Guerra Fría” e a súa evolución.

34. Analizar as causas e consecuencias dos procesos de

descolonización e a aparición de “terceiro mundo”.

Page 42: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

34. Describir as características dos dous grandes bloques: o

mundo capitalista e o mundo socialista.

35. Entender o movemento europeísta e a construción da Unión

Europea.

36. Analizar a nova orde internacional e os principais conflitos

no cambio de milenio.

37. Comprender os cambios científicos e tecnolóxicos e o

nacemento do mundo globalizado.

38. Entender a evolución de Iberoamérica no século XX.

COMPETENCIAS A DESENVOLVER

Tratamento da información e competencia dixital

1. Relacionar e comparar a información procedente de diversas

fontes: escritas, gráficas, audiovisuais etc.

2. Contrastar a información obtida e desenvolver un

pensamento crítico e creativo.

3. Elaborar a información transformando os datos recollidos e

traducíndoos a outro formato ou linguaxe.

4. Empregar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da

información e a comunicación na procura e o procesamento da

información.

Competencia cultural e artística

5. Recoñecer os diferentes estilos da arte dos séculos XVII ó

XX e os valores estéticos que expresan.

6. Analizar obras de arte de xeito técnico e identificar o

contexto histórico que explica a súa aparición.

7. Desenvolver unha actitude activa en relación coa

conservación e a protección do patrimonio histórico.

Competencia en comunicación lingüística

8. Utilizar adecuadamente o vocabulario propio das ciencias

sociais para construír un discurso preciso.

9. Utilizar diferentes variantes do discurso, en especial, a

descrición e a argumentación.

Page 43: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

10. Ler e interpretar textos de tipoloxía diversa, linguaxes

icónicas, simbólicas propias do período histórico estudiado.

Competencia matemática

11. Elaborar e interpretar eixes cronolóxicos.

12. Analizar e comprender os datos cuantitativos recollidos en

táboas, gráficos e diagramas.

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor

1. Asumir responsabilidades e tomar decisións con respecto á

planificación do proceso de resolución das actividades propostas.

2. Interpretar adecuadamente as particularidades de cada

situación e de cada problema estudado.

3. Saber argumentar de forma lóxica e coherente as

explicacións dos conceptos e fenómenos estudados.

4. Autorregular o propio aprendizaxe: tomar conciencia do que

se sabe e do que falta por aprender; e realizar autoavaliacións do

propio traballo.

CONTIDOS.

Bloque 1. O Antigo Réxime

- Trazos do Antigo Réxime

- Transformacións no Antigo Réxime: economía, poboación e

sociedade

- Revolucións e parlamentarismo en Inglaterra

- A Ilustración

- Relacións internacionais: o equilibrio europeo

- Manifestacións artísticas no Antigo Réxime

Bloque 2. A Revolución Industrial e as súas consecuencias

sociais

- A Revolución Industrial: concepto e factores que a

provocaron

- Características da Revolución Industrial

- O papel de Gran Bretaña e a extensión da industrialización a

outras zonas de Europa

- A industrialización en España e Galicia

- A industrialización extraeuropea

Page 44: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

- Nacemento do proletariado e organización da clase obreira

- Novas correntes de pensamento. Partidos políticos obreiros

Bloque 3. A crise do Antigo Réxime

- Visión global da crise do Antigo Réxime

- Nacemento dos Estados Unidos

- A Revolución Francesa: causas, desenvolvemento e

consecuencias

- O imperio napoleónico

- O Congreso de Viena

- As revolucións liberais de 1820,1830 e 1848. O caso español

- A ideoloxía nacionalista. A unificación de Italia e de Alemaña

- Manifestacións artísticas de finais do XVIII e comezos do

XIX. Neoclasicismo e Romanticismo

- A independencia da América española

Bloque 4. A dominación europea do mundo e a I Guerra

Mundial

- Visión global do tránsito do século XIX ao XX

- Evolución dos estados europeos no tránsito do XIX ao XX:

Inglaterra victoriana, III República e II Imperio francés, a

Alemaña de Bismarck, o imperio austro-húngaro, Rusia, USA e

Xapón

- O colonialismo. Causas. O reparto do mundo.Consecuencias

- Relacións internacionais. A Paz Armada. Tripla Alianza e

Tripla Entente

- I Guerra Mundial. Causas, desenvolvemento e consecuencias

- Creación da S.D.N

Bloque 5. Período de entreguerras, II Guerra Mundial e as

súas consecuencias - Características do periodo de entreguerras a nivel económico,

social e cultural

- A Revolución rusa. A creación da URSS

- A crise de 1929 e os seus intentos de solución. O New Deal

- Os fascismos europeos e o nazismo alemán

- As viraxes cara a guerra

- A Segunda Guerra Mundial: causas, características,

desenvolvemento e consecuencias

- O antisemitismo: o holocausto

- Os tratados de paz e a creación da ONU

Page 45: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Bloque 6. Evolución de dous mundos diferentes e os seus

enfrontamentos

- A formación do bloque comunista e capitalista. A guerra fría

- Da guerra fría á coexistencia pacífica e á distensión

- Evolución da economía na postguerra

- Características do modelo político capitalista e do comunista

Bloque 7. A descolonización e o Terceiro Mundo

- A descolonización, Causas, etapas e desenvolvemento

- O Terceiro Mundo e os países non aliñados. Problemática do

Terceiro Mundo

- Relacións entre países desenvolvidos e subdesenvolvidos. O

nacemento da axuda internacional

Bloque 8. A crise do bloque comunista

- A URSS e as democracias populares

- Mijail Gorbachov: perestroika e glasnot

- A desintegración da URSS: CEI-Federación Rusa e novas

repúblicas

- A caída do muro de Berlín e a evolución dos antigos países

comunistas

- O problema dos Balcáns. A guerra de Iugoslavia

Bloque 9. O mundo capitalista na segunda metade do século

XX

- O Estado do Benestar

- O proceso de construcción da UE

- Obxectivos e institucións da UE

- Evolución dos EEUU desde os anos 60 aos 90

- Xapón e os NPI

Bloque 10. O mundo actual desde unha perspectiva histórica - A globalización e os medios de comunicación. O impacto

científico e tecnolóxico. Caída do muro de Berlín, atentados de

Nova York, a inmigración como fenómeno globalizado

- A ameaza terrorista nun mundo globalizado

- Europa: reto e unión

- Trazos relevantes da sociedade norteamericana tralos

atentados do 11-S de 2001

- Situación actual de Hispanoamérica

- O mundo islámico na actualidade

- Africa islámica, subsahariana e Sudáfrica

Page 46: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

- India e China do século XX ao XXI: evolución política,

económica, social e de mentalidades

Bloque 11. A historia contemporánea. O tempo histórico.

Métodos e ferramentas propias da disciplina - O tempo histórico

- As fontes históricas

- Vocabulario histórico e artístico da Idade Contemporánea

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS

( En negrita os estándares considerados contidos mínimos)

Clasifica as características do Antigo Réxime en aspectos

demográficos, económicos, políticos, sociais e culturais -Elabora mapas conceptuais coas características do Antigo

Réxime

-Describe as ideas da Ilustración

-Identifica as causas da Primeira Revolución Industrial

-Compara a Primeira coa Segunda Revolución Industrial

-Debate en torno ao éxito ou fracaso da industrialización en

España e Galicia

-Explica as características básicas do capitalismo

-Compara as seguintes correntes de pensamento: socialismo

utópico, socialismo científico e anarquismo

-Explica as causas da Revolución Francesa de 1789

-Fai un esquema co desenvolvemento da Revolución Francesa

-Realiza un mapa histórico onde se vexa a extensión do imperio

napoleónico

-Analiza as ideas defendidas no Congreso de Viena e as súas

consecuencias

-Compara as causas e desenvolvemento das revolucións de

1820,1830 e 1848

-Identifica as bases teóricas do liberalismo e do nacionalismo -Explica uns mapas históricos que plasmen a unificación italiana e

alemá

-Explica os feitos que converten a Alemaña durante o mandato de

Bismarck nunha potencia europea

-Explica as causas e consecuencias da expansión colonial da

segunda metade do século XIX

-Localiza nun mapamundi as colonias das distintas potencias

imperialistas

Page 47: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Relaciona colonialismo, imperialismo coa Gran Guerra

-Describe as alianzas durante a Paz Armada

-Explica as distintas etapas da Gran Guerra

-Explica as causas da Revolución Rusa de 1917

-Compara a Revolución de febreiro coa de outubro de 1917

-Fai un esquema no que se vexa a diferenza entre unha

revolución liberal e unha socialista -Explica os acordos dos tratados de paz da I Guerra Mundial

e analiza as súas consecuencias

-Analiza a evolución da economía mundial desde a Grande

Guerra á crise de 1929 -Compara o fascismo italiano e o nazismo alemán

-Explica as causas da II Guerra Mundial

-Explica as etapas da II Guerra Mundial

-Analiza o desenvolvemento da II Guerra Mundial a partir de

mapas históricos

-Describe as consecuencias da II Guerra Mundial

-Localiza nun mapa os países que formaban o bloque capitalista e

comunista

-Identifica nun mapa os conflitos da Guerra fría

-Diferencia os conceptos de guerra fría e coexistencia pacífica

-Compara as características do sistema comunista co

capitalista

-Localiza nun mapa as zonas afectadas pola descolonización

-Explica as causas da descolonización

-Compara a descolonización de Africa e Asia

-Comenta textos relacionados co mundo subdesenvolvido

-Explica as diferenzas entre os países desenvolvidos e

subdesenvolvidos

-Localiza nun mapa as repúblicas exsoviéticas e os diferentes

países formados trala caída do muro de Berlín

-Describe os trazos políticos e socioeconómicos da URSS desde a

época de Breznev á de Gorbachov

-Explica as novas relacións das repúblicas exsoviéticas coa

Europa occidental

-Elabora eixes cronolóxicos sobre o proceso de creación da UE

-Analiza a función das institucións comunitarias

-Utiliza o vocabulario histórico e artístico necesario

Page 48: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Debido á extensión do temario vai ser complicado poder realizar

todas estas actividades. Algunha pode ser realizada nunha soa

sesión como elaborar eixes cronolóxicos, confeccionar un mapa

etc outras como xa ocorría na ESO son para levar a cabo ao longo

de todo o curso ( vocabulario histórico por exemplo ) ou en varias

sesións

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.

Coñecer o concepto de Antigo Réxime e ser capaz de

comparar los seus principais trazos cos que caracterizan ó mundo

contemporáneo.

Recoñecer os principais cambios nas técnicas agrarias e

comprender as transformacións no sistema da propiedade da terra.

Coñecer os trazos definitorios e as etapas do proceso de

industrialización.

Coñece as bases teóricas e o funcionamento do sistema

capitalista.

Valorar a lenta evolución política que levou a Occidente

dende a Monarquía absoluta ata a Democracia. Identifica-las

bases teóricas do Liberalismo e do Nacionalismo.

Relacionar as transformacións sociais coas transformacións

económicas. Recoñecer e distinguir as teorías marxistas das

anarquistas.

Coñecer as causas do Imperialismo.

Coñecer as circunstancias económicas e políticas nas que se

xesta a Grande Guerra.

Comprender por que a Paz de Versalles non supón unha

verdadeira pacificación.

Recoñecer as persistencias do Antigo Réxime na Rusia

Tsarista de comezos de século.

Tipificar os acontecementos de 1917 como modelo de

revolución socialista e recoñece-las súas diferenzas coas

revolucións liberais.

Coñecer os grandes trazos da evolución económica mundial

dende o remate da Grande Guerra ata a Gran Depresión.

Page 49: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Comprender a orixinalidade da ideoloxía fascista e o seu

enraizamento na crise social da Europa de entreguerras.

Comprender as profundas repercusións demográficas,

sociais, económicas, políticas e ideolóxicas da II Guerra Mundial.

Comprender os conceptos de Guerra Fría e Coexistencia

Pacífica e explica-lo seu funcionamento tanto en situación de paz

como de conflicto localizado.

Coñecer as causas e principais etapas do proceso

descolonizador.

Coñecer os grandes trazos da evolución económica mundial

dende 1950 ata 2000, identificando os distintos principios

ideolóxicos e funcionais da economía de mercado e da economía

planificada así como a fonda brecha entre desenvolvemento e

subdesenvolvemento.

Coñecer os principais fitos do proceso de integración

europea.

Comprender a importancia dos cambios sociais habidos na

década dos 60.

Coñecer as causas do conflicto do Oriente Medio así como

do rexurdimento do integrismo islámico.

Comprender as dificultades das democracias pobres,

particularmente de América Latina.

Comprender as repercusións dos cambios na Europa do leste

na chamada “nova orde internacional”.

Ser capaz de clasificar un texto histórico distinguindo entre

fontes primarias e secundarias, de analizalo recoñecendo e

explicando as súas ideas principais e de comentalo utilizando os

coñecementos históricos adquiridos sobre o tema.

Coñecer a evolución do mapa de Europa entre 1914 e a

actualidade.

Coñecer os cambios habidos nos mapas de África e Asia a

partir da descolonización.

Utilizar un vocabulario histórico minimamente axeitado.

Entender o concepto de globalización e a súa repercusión.

Page 50: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

O sistema de cualificación para estas materias estará baseado

en dous instrumentos:

1.Probas en forma de exame coas que se valorará ao alumnado

ata un 80% da cualificación final. Realizarase unha por

avaliación como mínimo

2. Exercicios de clase ou para realizar na casa e pequenas

probas de avaliación parcial que computarán ata un 20% da

cualificación final.

-No caso de que algún alumno faga algún traballo de

investigación voluntario sempre que o profesor llo propoña a

nota final de xuño poderá incrementarse ata un punto

Haberá unha recuperación por cada avaliación e, para aqueles

alumnos que teñan aprobada algunha, a opción de presentarse en

xuño a un exame final da materia non aprobada.

As probas de setembro serán sobre toda a materia.

O libro de texto seleccionado polo departamento é o da editorial

Vicens- Vives.

EXAMES DE PENDENTES DE 1º DE BACHARELATO.

Establécense tres exames nas datas marcadas pola Xefatura

de Estudios. Dous exames parciais e un exame final. Aprobando

os dous exames parciais non hai que facer o final. Se non se

supera un parcial, deberase presentar ó final con toda a materia.

PRIMEIRO EXAME DE PENDENTES DE 1º DE

BACHARELATO.

A materia serán os cinco primeiros bloques de contidos

SEGUNDO EXAME DE PENDENTES DE 1º DE

BACHARELATO.

A materia será desde o bloque seis ata o once incluidos

ambos

Page 51: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Como reforzo para a recuperación das materias pendentes, os

alumnos/as teñen a súa disposición os distintos profesores do

departamento para solventar as dúbidas que podan ter na

preparación dos exames, así como a posibilidade de realizar

actividades específicas que, titorizadas polo departamento sirvan

de complemento as explicación que puntualmente soliciten ós

membros do departamento

PROGRAMACIÓN DE SEGUNDO DE BACHARELATO.

HISTORIA DA ARTE

OBXECTIVOS:

1. Coñecer e recoñecer as principais manifestacións artísticas de

cada etapa da historia e aprender a valoralas dentro do seu

contexto para así poder confrontar e interpretar os diferentes

procesos de cambio ó longo do tempo.

2. Familiarizarse coa linguaxe específica da materia e ser

capaces de aplicar a cada proposta artística o léxico que permita

transmitir e definir aquelo que lle é máis propio (diversidade das

artes, dos xéneros, dos recursos técnicos, etc.).

3. Descubrir ou potenciar a necesidade de aproximación ás

creacións artísticas e promover dese xeito un respecto e un

recoñecemento polo legado que recibimos e que deberiamos ser

capaces de transmitir da mellor maneira posible, comezando,

dende logo, polo que nos é máis próximo, sexa este cal sexa.

4. Que todo redunde nunha mellor preparación para realizarse

como persoa a nivel individual e colectivo, aprendendo a expresar

e a entender segundo a nosa capacidade e sensibilidade todo

aquelo que nos é propio e á vez común: a vida, a morte, o amor, o

medo, a felicidade, a infelicidade, etc., etc. A arte adquire entón o

seu sentido máis fondo, máis plenamente humano.

Page 52: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

CONTIDOS

-Grecia, creadora da linguaxe clásica. Principais manifestacións

-A función social da arte en Grecia

-O comentario de obras de arte: Grecia

-Arte romana. A Hispania romana

-A función social da arte en Roma

-O comentario de obras de arte: Roma

-A aportación cristiá na arquitectura e a iconografía

-A arte bizantina

-O comentario de obras de arte bizantinas

-A arte prerrománica

-A arte románica. Igrexas e mosteiros. A iconografía románica

-A función social da arte románica

-O comentario de obras de arte románicas

-A arte gótica. A catedral e a arquitectura civil. Escultura e pintura

-A función social da arte gótica

-O comentario de obras de arte gótica

-Peculiaridade da Península Ibérica: arte hispano-musulmán,

románico do Camiño de Santiago e gótico

-O comentario de obras de arte medieval español

-O Renacemento. Achegas dos grandes artistas do Renacemento

italiano

-A función social da arte do Renacemento

-Comentario de obras de arte do Renacemento

-O Renacemento español

-O barroco. Igrexas e pazos. Urbanismo barroco

-Comentario de obras de arte do Barroco

-A función social da arte do Barroco

-O Barroco español. Imaxinería barroca. Aportación da pintura

española ás grandes figuras do século de Ouro

-Comentario de obras de arte do Barroco

-O Rococó.

-Neoclasicismo e Romanticismo

-Comentario de obras de arte do século XVIII

-A figura de Goya

-Comentario de obras de arte de Goya

Page 53: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-A Revolución Industria. Impacto dos novos materiais na

arquitectura. Do Historicismo ao Modernismo. A Escola de

Chicago

-Comentario de obras de arte do século XIX

-Evolución da pintura: Romanticismo, Realismo, Impresionismo,

Simbolismo, Postimpresionismo

-Función social da arte no século XIX

-Comentario de obras de arte do século XIX

-A escultura: Rodin

-As vangardas nas artes plásticas: Fauvismo, Cubismo,

Futurismo, Expresionismo, Abstracción, Dadaísmo e Surrealismo

-A arquitectura na primeira metade do século XX

-Arquitectura na segunda metade do século XX: High Tech,

Arquitectura Postmoderna, Deconstrución

-As artes plásticas: das segundas vangardas á postmodernidade

-Comentario de obras de arte do século XX

-Novos sistemas visuais: fotografía, cine, televisión, cartelismo,

comic

-O impacto das novas tecnoloxías na difusión e na creación

artística

-Arte e cultura visual de masas

-O patrimonio artístico como riqueza cultural. A preocupación

pola súa conservación. A UNESCO

-O vocabulario artístico

ESTANDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS

( en negrita os estándares considerados contidos mínimos )

-Compara as tres ordes da arquitectura grega

-Explica os distintos tipos de templos que podemos atopar en

Grecia

-Cita as características e función do teatro grego

-Explica a evolución da escultura grega

-Comenta as seguintes obras de arte gregas: Partenón,

Erecteion, templo de Atenea Niké, teatro de Epidauro

-Comenta as seguintes obras da escultura grega: kouros de

Anavysos, Doríforo, Apoxiomeno, Auriga de Delfos,

Discóbolo, unha metopa do Partenón, Hermes con Dioniso

Page 54: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

neno, Victoria de Samotracia, Venus de Milo, friso do altar de

Zeus en Pérgamo( detalle de Atenea e Gea )

-Compara a arte grega coa romana

-Cita os principais edificios da arte romana dicindo a súa

función

-Describe as características dos mosaicos e a pintura en Roma

-Comenta as seguintes obras da arte romana: Maison Carrée,

Panteón de Roma, teatro de Mérida, Coliseo de Roma,

Basílica de Maxencio e Constantino en Roma, ponte de

Alcántara, Acueduto de Segovia, Arco de Tito, columna

Trajana

-Comenta obras escultóricas romanas: estatua ecuestre de

Marco Aurelio, Augusto de Prima Porta, relevos do arco de

Tito, relevos da columna de Traxano

-Fai unha relación das obras máis relevantes da arte romana

galega

-Describe a orixe, características e función da basílica

paleocristiá

-Describe características de baptisterios, mausoleos e martiria

-Explica características da pintura e mosaico paleocristiá

-Comenta Santa Sofía de Constantinopla como exemplo de

arte bizantino

-Describe características do mosaico bizantino

-Comenta o Cortexo da emperatriz Teodora de San Vital de

Rávena

-Define arte prerrománica

-Comenta estas obras; Santa María do Naranco, San Pedro da

Nave, San Miguel da Escalada, Santa Comba de Bande, San

Miguel de Celanova

-Describe as características de igrexas e mosteiros da arte

románica

-Comenta : San Vicente de Cardona, catedral de Santiago,

San Martín de Frómista, Dúbida de Santo Tomás de Silos,

esculturas da fachada das Praterías, Ultima Cea no chapitel

de San Xoán da Peña, Pórtico da Gloria

-Comenta a seguinte obra do románico: tímpano do Xuízo

Final en Santa Fe de Conques

-Explica a importancia do románico no Camiño de Santiago

Page 55: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Compara os cambios en arquitectura entre o románico e o

gótico

-Compara os cambios en escultura entre o románico e o gótico

-Explica o papel de Giotto

-Comenta: fachada occidental da catedral de Reims, interior

da planta superior da Sainte Chapelle de París

-Comenta as seguintes pinturas góticas: Fuxida a Exipto de

Giotto, Matrimonio Arnolfini de J.Van Eyck, Descendemento

de Van der Weyden, O xardín das delicias de O Bosco

-Describe os trazos esenciais da mesquita e o pazo islámico

-Explica características da arte mudéxar

-Comenta pinturas románicas: San Isidoro de León, San

Clemente de Tahull

-Comenta arquitecturas góticas: catedral de León, catedral de

Barcelona, igrexa de San Xoán dos Reis en Toledo

-Comenta esculturas góticas: porta do Sarmental, retablo da

Cartuxa de Miraflores

-Analiza as seguintes obras da arte hispanomusulmá:

Mesquita de Córdoba, Aljafería de Zaragoza, Xiralda de

Sevilla e Alhambra de Granada

-Explica características e etapas do Renacemento italiano

-Comenta obras do Renacemento: cúpula de Santa María das

Flores, interior da igrexa de San Lorenzo de Florencia, pazo

Médici-Riccardi, santa María Novella, san Pietro in Montorio,

cúpula e proxecto de planta de S Pedro do Vaticano de Miguel

Angel, Il Gesú, Villa Rotonda

-Analiza as seguintes esculturas: primeiro panel da Porta do

Paraíso de Ghiberti, o rapto das sabinas de Giambologna,

David de Donatello, Piedade do Vaticano, David, Moisés,

tumbas mediceas e Piedade Rondaimi de Miguel Angel

-Comenta pintura renacentista: Tributo da moeda e a

Trinidade de Masaccio, Anunciación de Fra Angelico,

Madonna do duque de Urbino de Piero della Francesca, A

Virxe das rochas e a Ultima Cea de Leonardo, A escola de

Atenas de Rafael, bóveda e xuízo final da Capela Sixtina de

Miguel Angel, A tempestade de Giorgione, Venus de Urbino e

Carlos V en Mulhberg de Tiziano, Lavatorio de pés de

Tintoretto e as Bodas de Caná de Veronés

Page 56: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Compara o Renacemento español co italiano

-Fai un esquema coas características das obras do Greco

-Analiza obras do Renacemento español: fachada da

Universidade de Salamanca, Pazo de Carlos V na Alhambra

de Granada, mosteiro de San Lorenzo do Escorial

-Comenta obras da escultura renacentista española: Sacrificio

de Isaac do retablo de San Bieito de Valladolid de Alonso

Berruguete e o Santo enterro de Juan de Juni

-Comenta as seguintes obras do Greco: O expolio, Adoración

do nome de Xesús, Martirio de S Mauricio, Enterro do señor

de Orgaz, Adoración dos pastores, O cabaleiro da man no

peito

-Diferenza a arte barroca da renacentista

-Compara a escultura barroca e renacentista a través da

representación de David por Miguel Angel e por Bernini

-Especifica as características da pintura flamenca e holandesa

-Analiza as seguintes obras do Barroco: fachada de s Pedro do

Vaticano, columnata da praza de s Pedro, san Carlos das

catro fontes, Pazo de Versalles

-Comenta estas esculturas de Bernini: Apolo e Dafne, Extase

de santa Teresa, David e Cátedra de san Pedro

-Analiza estas obras da pintura barroca: Vocación de san

Mateo e morte da Virxe de Caravaggio, Triunfo de Baco e

Ariadna na bóveda do Pazo Farnese de Roma de Annibale

Carracci, Adoración do nome de Xesús, bóveda de Il Gesú,

Adoración dos magos, As tres gracias, O xardín do amor de

Rubens, Lección de anatomía, Rolda nocturna de Rembrandt

-Comenta en España as diferenzas entre a imaxinería barroca

andaluza e castelá

-Describe as características de Velázquez a través das súas

obras máis significativas

-Comenta do barroco: Praza Maior de Madrid, retablo de

Santo Estebo de Salamanca

-Analiza obras escultóricas do Barroco español: Piedade de

Gregorio Fernández, Inmaculada de Alonso Cano, Magdalena

penitente de Pedro de Mena

-Comenta as seguintes obras da pintura barroca española:

Martirio de san Felipe, O soño de Xacob e O patizambo de

Page 57: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Ribera, Bodegón do Museo do Prado de Zurbarán, o augador

de Sevilla, Os borrachos,A forxa de Vulcano, A rendición de

Breda, Baltasar Carlos a cabalo, Venus do espello, Fiandeiras,

Meninas de Velázquez, Sagrada Familia do paxariño,

Inmaculada do Escorial, Nenos da cuncha e Nenos xogando

aos dados de Murillo

-Compara o Barroco tardío e o Rococó

-Cita as características máis salientables do Neoclasicismo

-Comenta a escultura neoclásica a través da obra de Cánova

-Comenta as seguintes obras do século XVIII: fachada do

Hospicio de san Fernando de Madrid de Ribera, fachada do

Obradoiro da catedral de Santiago, Pazo Real de Madrid,

Museo do Prado, Panteón de París

-Comenta de Salzillo a Oración no horto e de Canova Eros e

Psique e Paulina Bonaparte

-Comenta de David O xuramento dos Horacios e A morte de

Marat

-Explica as principais características da figura de Goya

-Compara a visión de Goya nos gravados de Os Caprichos e

Os disparates

-Comenta de Goya: O quitasol, O 2 de maio, Os fusilamentos

do 3 de maio, A familia de Carlos IV, Desastre nº 15 da serie

Os desastres da guerra, Saturno devorando a un fillo e A

leiteira de Burdeos

-Explica as características do neoclasicismo arquitectónico

durante o imperio napoleónico

-Explica as características do historicismo en arquitectura e a

súa evolución cara o eclecticismo

-Explica as características da arquitectura modernista

-Especifica as achegas da Escola de Chicago á arquitectura

-Comenta: templo da Madeleine en París, Parlamento de

Londres, Auditorium de Chicago, Torre Eiffel de París,

Sagrada Familia de Barcelona

-Compara o estilo romántico de Ingres co de Gericault e

Delacroix

-Compara a visión da paisaxe de Turner e Constable

-Explica as características do Realismo

-Compara o Realismo co Romanticismo

Page 58: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Describe as características do Impresionismo

-Explica o Simbolismo como reacción fronte ao

Impresionismo e Realismo

-Comenta as seguintes obras do século XIX:O baño turco, A

balsa da medusa, A liberdade guiando ao pobo, O carro do

feno de Constable, Chuvia, vapor e velocidade, Enterro en

Ornans, O ánxelus, Almorzo sobre a herba, Impresión, sol

nacente, serie sobre a catedral de Rouen, Le moulin de la

Galette, Unha tarde de domingo na grande Jatte, Xogadores

de cartas e Mazás e laranxas de Cézanne, O segador, Noite

estrelada de Van Gogh, Visión despois do sermón e O mercado

de Gauguin

-Explica as características da renovación escultórica

emprendida por Rodin

-Comenta estas obras de Rodin: O pensador e Os burgueses

de Calais

-Define o concepto de vangarda artística e explica as

características das principais

-Explica a importancia de Miró, Picasso e Dalí no

desenvolvemento das vangardas artísticas

-Comenta: A alegría de vivir de Matisse, As señoritas de

Avinyó, Retrato de Ambroise Vollard, Natureza morta con

cadeira de reixa de cana e O Guernika de Picasso, A cidade

que emerxe de Boccioni, O berro de Munch, A rúa de

Kirchner, Liricae Sobre branco II de Kandinsky, Cadrado

negro de Malevich, ComposiciónII de Mondrian, L.H.O.O.Q

de Duchamp, O elefante das Célebes de Ernst, A chave dos

campos de Magritte, O entroido do arlequín, Mulleres e

paxariños á luz da lúa de Miró, o xogo lúgubre e a

Persistencia da memoria de Dalí

-Analiza obras escultóricas: O profeta de Gargallo, Formas

únicas de continuidade no espazo de Boccioni, Fonte de

Duchamp, Muller peiteándose ante un espello de Xulio

González, Mademoiselle Pogany I de Brancusi, Lagosta, nasa

e cola de pez de Calder e Figura reclinada de Henry Moore

-Explica os trazos esenciais do movemento moderno en

arquitectura

Page 59: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Especifica as achegas da arquitectura orgánica ao

movemento moderno

-Comenta obras arquitectónicas: A Bauhaus, Pavillón de

Alemania en Barcelona, Villa Saboya, A Casa da Fervenza

-Describe outras tendenzas á marxe do Movemento Moderno

ou Estilo Internacional como a High Tech, a arquitectura

postmoderna e a deconstrucción

-Comenta obras de arquitectura: Unidade de habitación en

Marsella, Seagram Building, Guggenheim de N York, Opera

de Sydney, Centro Pompidou de París, Guggenheim de

Bilbao, AT and T Building de N York de P. Johnson

-Compara o Informalismo europeo co Expresionismo

abstracto norteamericano

-Explica o minimalismo

-Explica a arte cinética e a Op-Art

-Explica a arte conceptual e a arte Povera

-Distingue pop-art, Nova Figuración e Hiperrealismo

-Explica :Happening, Body art e Land art

-Analiza as seguintes obras: Pintura de Tapies, Grito nº 7 de

Saura, One:number 31,1950 de Pollock, Ctesiphon III de F.

Stella, Equivalente VIII de Carl André, Vega 200 de Vasarely,

Unha e tres cadeiras de Kosuth, Iglú con árbore de Mario

Merz, Marilyn Monroe de Warhol, O Papa que berra de

Bacon, Gran Vía madrileña de Antonio López

-Especifica as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías

para a creación artística e para a difusión da arte

-Explica a orixe do Patrimonio Mundial da UNESCO e os

obxectivos que persegue

-Utiliza con corrección a terminoloxía específica da arte

Actitudes, valores e normas

Interese por coñece-los aspectos constitutivos dunha obra de arte.

Interese por desenvolve-lo gusto estético persoal e respecto pola

diversidade de percepcións e de sensacións persoais ante a obra

de arte.

Sensibilidade e preocupación por conserva-lo contorno artístico

local.

Valoración da influencia dos factores históricos nas obras de arte.

Page 60: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

Valoración das obras de arte do contorno mediante a súa

comprensión histórica e artística.

Respecto e valoración crítica de concepcións estéticas e formas

artísticas afastadas do gusto persoal.

Valoración do protagonismo do mecenas e do comitente no

proxecto e na creación das obras e nos programas artísticos.

Sensibilización ante a obra de arte como manifestación da

creatividade humana e como conciencia crítica da historia.

Actitude aberta diante das linguaxes artísticas de vangarda como

resposta ante problemas estéticos.

Sensibilidade e interese polo coñecemento e conservación do

patrimonio artístico e cultural galego.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Realizaranse ó longo do curso diversos exames repartidos de

xeito razonable tendo en conta a estrutura temporal e

organizativa do mesmo: tres avaliacións. Prevese unha

secuenciación lóxica da materia e un reparto dos contidos para

poder ir demostrando os avances na consecución de obxectivos

realizando dous exames por avaliación sempre e cando sexa

posible. O formato do exame axustarase ás probas de acceso à

universidade( ABAU ) Haberá unha recuperación ó final do curso

á que se concorre coa materia suspensa coa excepción daqueles

que non aprobaran ninguna avaliación, que deberán acudir

directamente ás probas extraordinarias de setembro.

HISTORIA DE ESPAÑA

Esta materia do Departamento é obrigatoria en todas as

modalidades do Bacharelato e ten como obxectivo fundamental o

coñecemento e comprensión do noso pasado para poder

comprender o mundo actual. Nela prestarase unha especial

atención seguindo os criterios de acceso á universidade a todo o

acontecido desde o século XVIII en diante

OBXECTIVOS.

Page 61: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

1. Facer comprender as raíces históricas da España

contemporánea, poñendo o acento na impronta da romanización, a

formación dos reinos medievais e a aparición da monarquía

hispánica e a creación do Imperio colonial.

2. Saber o que é o Antigo Réxime, as súas características

(políticas, sociais, económicas e culturais), evolución e crise.

3. Comprender os principios do liberalismo que se van impoñer

no reinado de Sabela II.

4. Analizar a consolidación do Estado liberal, e as diferenzas

entre os liberais.

5. Entender o significado do réxime da Restauración e cales son

as causas do seu fracaso.

6. Facer que comprendan as claves dos cambios sociais,

económicos e culturais do século XIX.

7. Causas da proclamación da II República, evolución e cal é o

seu final.

8. Entender a Guerra Civil como consecuencia dos

enfrontamentos que teñen lugar ó longo da República.

9. Comprender a Ditadura franquista e a súa evolución política e

económica.

10. Entender que significa a Transición e a volta da Democracia a

España.

CONTIDOS

-O método histórico. Fontes e perspectivas

-Análise e comentario de fontes

-Da Prehistoria á monarquía visigoda

-Al-Andalus: conquista musulmá da Península, evolución política

de Al-Andalus,economía, sociedade, cultura, arte…

-Os reinos cristiáns do século XIII ao XV

-O proceso de Reconquista e repoboación

-Os Reis Católicos: a unión dinástica de Castela e Aragón,

política relixiosa, reorganización do Estado, a conquista de

Granada, o descubrimento de América, a incorporación de

Navarra e as relacións con Portugal

-O imperio de Carlos I e Felipe II

-Crise e decadencia do imperio no século XVII

-Cambio dinástico e Guerra de Sucesión

Page 62: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-As reformas institucionais dos Borbóns. O novo modelo de

Estado

-A economía e a política económica dos Borbóns

-A Ilustración en España e en Galicia

-O impacto da Revolución Francesa. A Guerra da Independencia

-As Cortes de Cádiz e a constitución de 1812

-O reinado de Fernando VII

-A emancipación da América española

-O carlismo e as guerras carlistas

-O reinado de Isabel II

-O sexenio democrático. A Primeira República

-Os inicios do movemento obreiro en España

-A Restauración borbónica. O sistema canovista

-A perda das últimas colonias e a crise do 98. O rexeneracionismo

-A economía española no século XIX

-A quebra do sistema da Restauración: Semana Tráxica de

Barcelona, crise xeral de 1917

-A ditadura de Miguel Primo de Rivera. Directorio militar e

Directorio civil

-A Segunda República. Evolución política

-A Guerra Civil. Inicio, desenvolvemento e dimensión

internacional do conflito. Consecuencias da guerra

-Características da Ditadura Franquista. Etapas: postguerra, época

dos Plans de desenvolvemento, fin do franquismo

-A transición á democracia. A Lei da Reforma Política. Primeiras

eleccións democráticas

-A Constitución de 1978 e o Estado das autonomías

-Os gobernos constitucionais: o Problema do terrorismo, o fallido

golpe de Estado de 1981, o ingreso na OTAN, a integración

europea

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS

(En negrita os contidos mínimos )

-Busca información sobre un feito ou personaxe histórico e

expón os contidos aos compañeiros

-Representa nunha liña do tempo diferentes feitos históricos

-Explica as diferenzas económicas e sociais entre Paleolítico e

Neolítico

Page 63: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Fai un mapa da Península onde aparezan delimitadas a área ibera

e a celta

-Define o concepto de romanización

-Fai un esquema cos feitos máis destacados da monarquía

visigoda

-Describe a evolución política de Al-Andalus

-Resume os cambios económicos, sociais e culturais introducidos

polos musulmáns en Al-Andalus

-Compara a organización política da Coroa de Castela, Aragón e o

Reino de Navarra na Idade Media

-Busca información sobre a importancia do Camiño de Santiago e

elabora unha breve exposición

-Define o concepto unión dinástica aplicado á monarquía dos Reis

Católicos

-Compara por medio de mapas a extensión do imperio de Carlos I

e de Felipe II

-Explica os principais factores da crise demográfica e económica

do século XVII e as súas consecuencias

-Explica as causas da Guerra de Sucesión española e a

composición dos bandos en conflito

-Define Decretos de Nova Planta e explica a súa importancia

na configuración do estado borbónico

-Elabora un esquema comparativo do modelo político dos

Austrias e os Borbóns

-Explica as medidas económicas máis importantes aplicadas

polos Borbóns no século XVIII

-Comenta as ideas máis importantes da Ilustración e define

Despotismo Ilustrado

-Describe a Guerra da Independencia: causas, composición

dos bandos, desenvolvemento

-Compara as Cortes de Cádiz coas cortes estamentais do

Antigo Réxime

-Comenta as principais características da Constitución de

1812

-Representa nunha liña do tempo entre 1788 e 1833 os

principais acontecementos históricos

-Fai un esquema coas diferenzas políticas e sociais entre

Antigo Réxime e réxime liberal burgués

Page 64: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Explica as causas e o desenvolvemento do proceso de

independencia das colonias americanas

-Identifica o ámbito xeográfico do carlismo e explica o seu

ideario e apoios sociais

-Representa nunha liña do tempo entre 1833 e 1874 os

principais acontecementos históricos

-Describe as características dos partidos políticos que

xurdiron durante o reinado de Isabel II

-Resume a evolución política do reinado de Isabel II e explica

o papel dos militares

-Compara as desamortizacións de Mendizábal e Madoz

-Compara a nova sociedade de clases coa sociedade

estamental

-Compara o Estatuto Real de 1834 e as Constitucións de 1837

e 1845

-Describe as principais características da Constitución de

1869

-Explica os elementos fundamentais do sistema político ideado

por Cánovas

-Explica as principais características da Constitución de 1876

-Representa unha liña do tempo dende 1874 ata 1902 situando

nela os principais acontecementos históricos

-Resume a orixe e evolución do catalanismo, o nacionalismo

vasco e o rexionalismo galego

-Analiza as diferentes correntes ideolóxicas do movemento

obreiro e campesiño español así como a súa evolución no

último cuarto do século XIX

-Compara o papel político dos militares no reinado de Alfonso

XII co das etapas precedentes do século XIX

-Explica a política española respecto ao problema de Cuba

-Sinala os principais feitos do desastre colonial do 98 e as

consecuencias territoriais do Tratado de París

-Especifica as causas dos baixos rendementos da agricultura

española do século XIX

-Describe a evolución da industria téxtil catalá, a siderurxia e

a minería ao longo do século XIX

-Compara a Revolución Industrial española coa dos países

máis avanzados de Europa

Page 65: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Explica os obxectivos da rede ferroviaria e as consecuencias

da Lei Xeral de Ferrocarrís de 1855

-Compara as actuacións de proteccionistas e librecambistas ao

longo do século XIX

-Representa nunha liña do tempo entre 1902 e 1931 os

principais acontecementos históricos

-Analiza a crise de 1917: causas, manifestacións e

consecuencias

-Especifica as causas do golpe de Estado de Primo de Rivera

-Describe as diferenzas entre Directorio Militar e Directorio

Civil

-Explica as causas que levaron á proclamación da Segunda

República

-Resume as reformas impulsadas no bienio reformista

-Especifica as principais características da Constitución de

1931

-Analiza os trazos básicos da Revolución de Asturias

-Fai un esquema cos diferentes cambios de goberno durante a

República e coas principais medidas de cada etapa

-Analiza as causas da Guerra Civil

-Compara a evolución política e a situación económica dos

dous bandos ao longo da guerra

-Analiza consecuencias da Guerra Civil

-Sintetiza nun esquema as principais fases da guerra desde o

punto de vista militar

-Fai un esquema das etapas do franquismo

-Explica as relacións exteriores, a evolución política e as

transformacións económicas e sociais de España de 1959 a

1973

-Explica a política económica do franquismo nas diferentes

etapas

-Explica a importancia da Lei para a Reforma política de

1976

-Explica o proceso de elaboración da Constitución de 1978 e

as súas características básicas

-Elabora un esquema coas etapas políticas desde 1977 ata a

actualidade

Page 66: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Comenta as consecuencias da integración europea para

España

-Analiza a evolución económica e social de España desde a

segunda crise do petróleo en 1979 ata a crise financieira

mundial de 2008

TEMPORALIZACIÓN

Os contidos serán repartidos o máis equitativamente posible entre

as tres avaliacións. As explicacións centraranse basicamente en

todo o acontecido desde o século XVIII

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Realizarase un exame por avaliación e unha recuperación. As

probas terán un formato similar ás probas de acceso á

Universidade, todavía sen precisar no presente curso. Só no caso

de non ter ninguna avaliación aprobada ao final do curso irase á

proba de setembro. A proba de setembro é sobre o conxunto da

materia. Durante o curso a nota será cada avaliación a do exame

un 80% e outros aspectos como traballo diario, actitude un 20%.

No caso de que o profesor pida algún traballo de investigación

voluntario a nota final de xuño poderá incrementarse ata un punto

XEOGRAFÍA DE ESPAÑA

OBXECTIVOS

1. Identificar e comprende-los elementos básicos da

organización territorial, utilizando conceptos, procedementos e

destrezas específicamente xeográficas para explica-lo espacio

como unha realidade dinámica, diversa e complexa, na que

interveñen múltiples factores.

2. Comprender e analizar a realidade xeográfica de España e de

Galicia como un espacio dinámico, que é o resultado da

interacción de procesos sociais, económicos, tecnolóxicos e

culturais, que actuaron nun marco natural e histórico particular.

3. Explicar a posición de España e de Galicia nun mundo cada

vez máis interrelacionado, no que coexiste, a un tempo, procesos

Page 67: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

de globalización na economía e de desigualdade socioeconómica,

ante a que se formula respostas locais; prestando unha atención

especial á Unión Europea, ás súas características territoriais e as

consecuencias da integración en España e en Galicia.

4. Valora-la función do medio natural, dos recursos naturais e

das actividades productivas na configuración do espazo

xeográfico español, recoñece-la súa relación mutua coa sociedade,

percibi-la condición do home como axente de actuación máis

poderoso e rápido sobre o medio.

5. Entende-la poboación como o recurso esencial coas

características cuantitativas e cualitativas que interveñen de forma

eminente na configuración e no dinamismo dos procesos que

definen o espacio.

6. Comprende-la interdependencia de tódoslos territorios que

integran España, así como a Unión Europea e outros ámbitos

xeográficos mundiais, para desenvolver actitudes de

coñecemento, respecto, aprezo e cooperación cos espacios

próximos e afastados ó habitat do alumno e prestar especial

atención á superación dos diferentes niveis de desenvolvemento e

de saúde das poboacións do planeta.

7. Adquirir conciencia espacial para participar de forma activa e

responsable nas decisións que afecten á ordenación do territorio e

valora-la necesidad de pontecia-lo equilibrio natural e a equidade

social.

CONTIDOS

-O concepto de xeografía e a utilidade desta materia

-O espazo xeográfico. A paisaxe como interacción entre

elementos físicos e humanos

-Planos e mapas. Os seus compoñentes e análise. O mapa

Topográfico Nacional a escala 1:50.000

-O relevo español. Diversidade xeomorfolóxica. A localización

dos principais accidentes xeográficos

-A evolución xeolóxica do territorio español

-Litoloxía peninsular e insular e formas de modelado

-Identificación das unidades do relevo español e trazos de cada

unha

Page 68: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Corte topográfico. Realización e análise

-Concepto de solo. Variedades de solos en España

-Clima e tempo. Factores e elementos do clima

-Dominios climáticos españois: as súas características e

representación en climogramas

-Situacións sinópticas e tipos de tempo atmosférico en España

-Os mapas do tempo, altura e superficie: a súa análise e

interpretación

-Rexións bioxeográficas españolas

-Análise de cliseries de vexetación

-Vertentes hidrográficas e principais concas fluviais peninsulares

-Réximes fluviais

-Os humedais

-O aproveitamento dos recursos hídricos. A incidencia da seca e

as choivas torrenciais

-As augas subterráneas

-As paisaxes naturais españolas

-Fontes para o estudo da poboación

-Movementos naturais da poboación

-Distribución territorial da poboación

-As migracións

-Mapa da densidade da poboación española

-Definición e cálculo de taxas demográficas

-Problemática actual da poboación. A realidade demográfica

galega

-A ordenación do territorio

-Sector primario. O peso das actividades agropecuarias, forestais

e pesqueiras no PIB. A poboación activa neste sector

-Elementos que conforman as paisaxes agrarias. Paisaxes agrarias

españolas e as súas características

-A estrutura da propiedade e tenencia da terra

-A explotación agraria. Coexistencia de diferentes formas de

explotación, avanzadas e tradicionais

-Situación española no contexto da UE. A PAC

-A actividade pesqueira. O caso galego

-A silvicultura

-O proceso de industrialización en España. Breve evolución

histórica

Page 69: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Localización das fontes de enerxía en España

- O sector secundario. Achega ao PIB da industria. A poboación

activa. Deficiencias e problemas da industria en España

-Elementos das paisaxes industriais. Tipoloxía de paisaxes

-Rexións industriais e eixos de desenvolvemento en España

-A terciarización da economía española. Influencia no PIB.

Poboación activa neste sector

-Análise dos servizos e distribución no territorio

-O sistema de transportes en España

-O desenvolvemento comercial

-Os espazos turísticos

-Outras actividades terciarias: sanidade, educación, finanzas,

xustiza, administración. Sector público e privado

-Transformacións negativas das paisaxes nas zonas turísticas

-Concepto de cidade

-Morfoloxía e estrutura urbana. A análise do plano urbano

-Instrumentos do planeamento urbano

-As áreas de influenza

-A rede urbana española

-Organización territorial en España

-A influenza da historia e a constitución de 1978 no deseño

territorial

-Desequilibrios e contrastes entre comunidades autónomas

-España en Europa. Posición de España na UE

-España no mundo. A globalización

ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS

( contidos mínimos os estándares que aparezan en negrita )

-Extrae información do Mapa Topográfico

-Extrae información de mapas e planos de diferentes escalas

-Sinala sobre un mapa físico de España as unidades do relevo

español -Clasifica as unidades de relevo español segundo as súas

características xeomorfolóxicas -Realiza un corte topográfico

-Localiza nun mapa de España os diversos climas

Page 70: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Describe e compara os climas de España enumerando os

factores e elementos característicos -Realiza e comenta climogramas específicos de cada clima

-Identifica os elementos que conforman un mapa de tempo

-Comenta un mapa do tempo en España

-Comenta un mapa da distribución da vexetación española

-Identifica formacións vexetais nunha paisaxe natural

-Analiza unha cliserie

-Localiza nun mapa de España os principais ríos

-Diferenza as paisaxes humanizadas das naturais

-Distingue en fotografías as diferentes paisaxes naturais

españolas comentando as súas características básicas

-Comenta a pirámide actual da poboación española e

compara con algunha dun período anterior

-Distingue as distintas pirámides de poboación na súa

evolución histórica

-Comenta o mapa da densidade de poboación actual en

España

-Calcula taxas relacionadas coa poboación

-Analiza as características das distintas paisaxes agrarias

españolas

-Analiza novas xornalísticas que traten o problema do sector

primario en España e Galicia

-Analiza e comenta paisaxes de espazos industriais

-Localiza as rexións industriais e os eixes de desenvolvemento

industrial

-Identifica as características do sector terciario español

-Comenta mapas sobre o transporte

-Comenta gráficas e estatísticas que reflexen a importancia do

sector turístico español

-Define cidade

-Analiza planos de cidades concretas

-Explica a xerarquización urbana española

-Analiza novas xornalísticas que falen da problemática urbana

-Compara a ordenación territorial actual e a da primeira metade

do século XX

-Sitúa as comunidades autónomas e as súas provincias e

capital

Page 71: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Explica a posición de España na UE

TEMPORALIZACIÓN

Na primeira avaliación os contidos relacionados coa xeografía

física, na segunda e na terceira o resto da materia

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Realizarase un exame por avaliación e unha recuperación. O

exame suporá o 80% da nota da avaliación e o traballo diario

poderá aportar ata o 20% restante. Así mesmo farase un exame

final para recuperar a materia a aqueles alumnos/as que cando

menos tiveran aprobada unha avaliación.

LIBRO DE TEXTO

O libro de texto recomendado polo departamento para profundizar

coñecementos é ó da Editorial Anaya, Xeografía. Galicia.

Bacharelato 2, de Mª Concepción Muñoz Delgado

XEOGRAFIA E HISTORIA DE GALICIA

A materia de Xeografía e Historia de Galicia impartese este ano

en 2º Bacharelato. Con ela pretendemos un acercamento do

alumnado ao coñecemento do seu espazo máis próximo tanto

desde o punto de vista xeográfico como histórico e artístico.

Como punto de referencia para a súa explicación tomaremos o

libro de Xeografía e Historia de Galicia para 2º de Bacharelato de

Ana Romero Masiá publicado pola editorial Bahía, libro que se

lle recomendará aos alumnos

CONTIDOS

Os contidos que serán explicados organízanse seguindo os

seguintes eixes temáticos:

-O marco político

-Os habitantes

Page 72: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-O medio físico

-Marco histórico-cultural

-A Galicia feudal

-A Galicia do Antigo Réxime

-Galicia no réxime liberal

-Galicia no franquismo

-Galicia na democracia ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE E CONTIDOS MÍNIMOS

(coinciden )

-Cubre un mapa coas principais unidades do relevo galego

-Comenta mapas topográficos de Galicia

-Comenta fotografías de paisaxes naturais típicas de Galicia

-Realiza climogramas de diferentes variantes do clima oceánico

-Analiza fotografías de vexetación típica de Galicia

-Realiza un mapa dos principais ríos galegos

-Analiza o fenómeno das Rías galegas

-Realiza pirámides de poboación actuais de Galicia

-Analiza a problemática galega en relación co crecemento natural

-Analiza a relevancia do fenómeno da emigración en Galicia

-Explica a peculiaridade do poboamento galego

-Explica a organización política actual de Galicia

-Comenta textos históricos relacionados con diferentes momentos da

historia de Galicia

-Realiza traballos de investigación partindo de distintas fontes históricas

-Comenta algunha obra de arte das máis salientables da arte galega(

catedral de Santiago, Torre de Hércules …)

METODOLOXÍA E COMPETENCIAS

A carga horaria desta materia é só de dúas horas á semana polo tanto a

materia a explicar non vai poder ser dada con excesiva profundidade.

Preténdese que o alumno traballe bastante por si mesmo para reforzar a

competencia de aprender a aprender e tamén será potenciada a competencia

dixital por medio dos traballos en formato dixital así como a comunicación

lingüística entre outras.

Preténdese levar a cabo tamén para reforzar os contidos algunha saída

extraescolar

TEMPORALIZACIÓN

Tentarase un reparto equitativo da materia nas tres avaliacións tentando

abordar todo o programa

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN

Como dixen no apartado anterior os alumnos traballarán moito en

pequenas investigacións co cal estes traballos serán valorados como un

70% da nota final mentres que os contidos máis teóricos serán valorados

Page 73: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

cun 30% da nota. Tamén poderá haber a maiores algún traballo voluntario

que incremente a nota de xuño ata un punto. A final de curso poderá haber

un exame final no que poderán recuperar aquelas persoas que teñan

avaliacións suspensas.

AVALIACIÓN INICIAL NO BACHARELATO

O alumnado das diferentes materias de bacharelato deste

departamento será avaliado para determinar o nivel dos seus

coñecementos e poder así corrixir aquelas carencias que puderan

dificultar a consecución dos obxectivos establecidos na

programación. A avaliación non terá porque ser necesariamente

concretada en probas escritas, e non está orientada á obtención

dunha cualificación numérica e menos aínda a que esta, de existir,

repercuta na cualificación global do curso.

Cada profesor en cada materia seleccionará o modelo de

avaliación que considere máis apropiado para que o alumnado

acredite os seus coñecementos: comprensión de textos históricos,

elaboración de esquemas de determinados temas, realización de

gráficos, traballo con mapas, comentario de imaxes, preguntas

específicas, debates abertos, etc.

METODOLOXÍA DIDÁCTICA EN BACHARELATO

A aceptación total dos proxectos curriculares definidos pola

CIUG para as materias dependentes deste departamento implica

tamén a posta en práctica dos métodos didácticos que se

aconsellan para poder acadar os obxectivos requeridos en cada un

dos modelos de proba que terán que afrontar os alumnos que

rematan o bacharelato e queren acceder á universidade.

Remitímonos á propia páxina web da CIUG.

Neste sentido cremos que é moi importante incentivar e

orientar ó alumno na consecución dunha autonomía o máis ampla

posible á hora de resolver as dificultades que lle vai ir ofrecendo

Page 74: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

cada materia e cada curso do bacharelato. É por iso (entre outras

razóns) que decidimos non fixar o uso de libros de texto en varias

das materias do bacharelato. Isto implica que o alumno/a teña que

facer moitas veces uso dos recursos que existen á súa disposición

na biblioteca, que potencie a súa capacidade de manexarse coa

busca e selección de material que pode ser manexado grazas ás

novas tecnoloxías, que sexa máis activo na súa relación cos

profesores e cos compañeiros na aula (preguntando, comentando,

contrastando, propoñendo, etc.). Por suposto, isto require pola

nosa parte un esforzo maior: o seguimento do alumnado ten que

ser efectivo para que as dificultades non sexan nunca insalvables

ou motivo de desánimo, senón todo o contrario. Cremos que non

estamos equivocado en función dos resultados que se veñen

logrando.

Page 75: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

CRITERIOS DE AVALIACIÓN E RECUPERACIÓN DAS

MATERIAS DO DEPARTAMENTO DE CC.SS. XEOGRAFÍA E

HISTORIA

1. OBTENCIÓN DE CUALIFICACIÓN.

A cualificación global dunha avaliación poderá obterse a partir

de:

PROBAS ESCRITAS, que serán fixadas cunha

antelación aproximada de 15 días.

PROBAS INFORMAIS, tales como comentarios de

textos, composicións de textos históricos, gráficos, mapas, test.

TRABALLOS, individuais ou en grupo, que se

poderán indicar para facer na aula ou fóra dela.

PARTICIPACIÓN NA CLASE, a través de preguntas,

mostrando interese pola materia e na realización de exercicios e

probas.

2. PROBAS ESCRITAS.

A puntuación de cada cuestión irá exposta ó lado do

enunciado e poden constar de:

* Preguntas de desenvolvemento teórico.

* Comentarios de textos, gráficos, mapas...

* Preguntas relacionadas cos mapas textos e gráficas.

Unha vez corrixidas estas probas, serán entregadas

ós alumnos/as para o seu comentario e revisión, se fose preciso.

Posteriormente serán devoltas ó profesor.

No caso das materias de 2º de Bacharelato, os

exames axustaranse ós propostos polo coordinador de cada unha

das materias.

As probas de setembro terán as mesmas características

que as realizadas durante o curso.

Page 76: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Nos diferentes apartados desta programación foron

indicándose para cada curso, no caso de que o decidíramos, os

específicos libros de texto que seleccionamos por común acordo

en cada momento. Todos os cursos da ESO contan con libro de

texto oficial, pero non ocorre o mesmo nos cursos de bacharelato,

nos que traballamos sen libro oficial nas materias de Xeografía,

Historia da Arte e Xeografía e Historia de Galicia e deixamos

aberta a opción ó uso de diversos manuais

É obvio que polas peculiaridades do noso departamento faise

necesario recorrer a moitos outros materiais: mapas, material

audiovisual, xornais, libros de consulta, dicionarios, páxinas web,

material procedente de fontes orais, etc.

O uso de toda esta diversidade de materiais entendemos que

non debe repercutir na economía familiar do alumnado, e, de

facelo, terá que ser dun xeito imperceptible (as fotocopias poden

paliar estas necesidades en moitas ocasións, pero non sempre).

Con ese fin existen no propio Departamento recursos materiais

que se foron adquirindo ó longo do tempo para poder ser postos a

disposición do alumnado.

EDUCACIÓN EN VALORES

Neste departamento compartimos e defendemos os valores

que definen a idiosincrasia do noso centro e que se reflicten cada

curso na programación xeral.

Basicamente pretendemos inculcar nas nosas clases a defensa

da tolerancia, do respecto (ás persoas -compañeiros, persoal

docente e non docente, etc.-, ás normas, ó edificio e ó seu contido,

etc.), da igualdade de xénero e de razas, da solidariedade, do

diálogo como forma de resolver conflitos, do compromiso coa

natureza, da hixiene, etc. Todo isto é o que realmente é o que en

última instancia nos xustifica como profesores e lle dá sentido ás

materias coas que neste departamento traballamos.

Page 77: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

PROXECTO LECTOR

Compartimos, aceptamos e poñemos en práctica as

suxestións recollidas non Plan Lector do Centro. Entendemos que

a potenciación da lectura é básica para poder enfrontarse a todas e

cada unha das materias de estudo, pero é tal vez especialmente

necesaria nas que dependen do noso departamento: a comprensión

lectora impulsa de xeito natural a capacidade de expresión escrita

e oral, ferramentas de traballo fundamentais.

PLAN DE CONVIVENCIA

Estamos comprometidos co plan elaborado para o centro e

que se reflicte na programación xeral. Defendemos a súa posta en

práctica porque é coherente coa nosa labor de educadores e cos

valores que pretendemos incentivar, descritos nun apartado

anterior.

ELEMENTOS TRANSVERSAIS

Os elementos transversais traballaranse en todas as materias e fan

referencia á comprensión lectora, expresión oral e escrita,

comunicación audiovisual, as TIC,s e o emprendemento e

educación cívica e constitucional. A comprensión lectora é básica

no desenvolvemento desta materia pois a lectura de documentos,

libros etc e a súa comprensión é unha competencia que se traballa

diariamente e sen o seu dominio é imposible acadar éxito nesta

materia. Moi importante igualmente para todos os niveis é a

expresión oral e escrita sen a cal sería imposible explicar ou facer

entendible ningún tema de xeografía e historia. No caso da

comunicación audiovisual e as TIC,s a nosa materia é unha das

que máis partido lle pode sacar a estas cuestións a través do

visionado de documentais, filmes, busca de noticias en

INTERNET etc o cal contribue a aumentar notablemente os

coñecementos da materia. O espírito emprendedor pode

potenciarse no alumno co coñecemento de moitas das cuestións

que se estudan na nosa disciplina e a educación cívica e

constitucional potenciase sobre todo naqueles cursos como 4ºESO

ou 1º Bacharelato e 2º de Bacharelato onde a historia do mundo

contemporáneo ten un protagonismo importante

Page 78: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

COMPETENCIAS A DESENVOLVER SEGUNDO A LOMCE

As competencias que debe acadar o alumnado e ser traballadas en

distintas áreas son o sentido de iniciativa e espírito

emprendedor, a conciencia e expresións culturais, a

competencia matemática e en ciencia e tecnoloxía, a

competencia lingúística, a competencia dixital, aprender a

aprender e as sociais e cívicas. Neste departamento en concreto

as competencias que teñen que ver coa expresión cultural, as

sociais e cívicas van ser traballadas en moitos dos contidos e

estándares de aprendizaxe pois están presentes en múltiples

contidos da materia. A competencia matemática vai ser traballada

máis na materia de xeografía en actividades relacionadas con

latitudes, lonxitudes, cálculo de taxas etc. A competencia en

comunicación lingüística vai ser traballada continuamente pois a

lectura e comprensión de textos é imprescindible para traballar

nesta materia. Coa realización de traballos nos que se buscará

información moitas veces en INTERNET ou coa busca de

información noutros medios potenciase a competencia dixital e a

de aprender a aprender. Tamén como nesta materia realízanse

moitos traballos que á súa vez poden ser expostos potenciase a

competencia tamén de sentido de iniciativa e espírito

emprendedor así como por suposto a de aprender a aprender.

Page 79: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E

EXTRAESCOLARES

Para o presente curso, o departamento ten previstas unha serie

de actividades extraescolares:

Saídas cos alumnos/as polos arredores de

Betanzos e pola mesma vila para estudar dende o punto de vista

xeográfico e histórico aqueles aspectos relacionados coas materias

que se imparten na ESO ou no Bacharelato

Visita a Santiago cos alumnos de arte para estudar

a importancia da Catedral compostelá, así como outros

monumentos históricos e artísticos que permitan unha mellor

comprensión do Románico e do Barroco.

Visita ao MAC de A Coruña co alumnado de

Historia da Arte de 2º Bacharelato

Visita cos alumnos de Xeografía e Historia de

Galicia á cidade de Lugo para coñecer o seu pasado romano ( en

colaboración co Departamento de Latín ) en principio no primeiro

trimestre. Nesta mesma materia no segundo trimestre Visita a un

mosteiro galego como o de Sobrado dos Monxes ou o de Monfero

e tamén de ser posible visitarase o xacemento de Pena Furada en

Coirós. Para o terceiro trimestre está prevista unha visita á nosa

cidade de Betanzos para coñecer o seu pasado baixomedieval

Visita ó Arquivo histórico de Betanzos e ó Museo

das Mariñas cos alumnos de Historia do Bacharelato como

primeiro paso para inicialos nunha pequena investigación

histórica, aproveitando as fontes e materiais alí depositados.

Saída co alumnado de Xeografía de 2º de

Bacharelato por algún lugar da xeografía galega para profundizar

no coñecemento do medio físico galego pero tamén dos aspectos

humanos

Tamén se poderían realizar outras saídas ou

actividades que foran xurdindo ao longo do curso incluso en

colaboración con outros departamentos

Page 80: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

PLAN DE INTEGRACIÓN DAS TECNOLOXÍAS DA

INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN.

A utilización das novas tecnoloxías no departamento de

CC.SS, Xeografía e Historia terá unha triple finalidade:

1. Na busca de información nas materias propias do noso

departamento.

2. Na realización de actividades na rede de tipo “webquest”.

3. Como medio de comunicación co alumnado e instrumento de

dinamización das asignaturas a través de blogs.

Polo que á busca de información se refire, utilizaranse tanto a

aula de informática do Centro, co obxecto de acceder a páxinas

web ou base de datos nas que poder atopar a información

requirida, como tamén poderase acudir a outros soportes

informativos como poden ser os DVD, CD-ROM, MPT/4,

“LAPIS DE MEMORIA”, etc. Nos últimos é especialmente

interesante o seu manexo xa que neles pode acumular os traballos

ou exercicios elaborados, así como tamén poder corrixir os erros

detectados.

No traballo en clase, a rede, empregarase como soporte das

explicacións na procura de datos ou información precisa. Tamén

se emprega o portátil conectado ó canón para a proxección de

material gráfico previamente elaborado en “power point” , como

ocorre nas clases de arte en 2º Bacharelato

Na Aula Virtual accesible dende a páxina web do centro existen

tamén diversas propostas vinculadas a varias das materias do

departamento.

INDICADORES DE LOGRO

Segundo a LOMCE a labor do profesor debe ser evaluada. Os

indicadores de logro son en realidade unha serie de preguntas que

o profesor pode facerse para reflexionar sobre a súa práctica

docente. Propoñemos formular estas cuestións como mínimo unha

vez por trimestre para intentar mellorar na medida do posible o

noso traballo.

-Pensar se a utilización de materiais foi a axeitada

-Se o desenvolvemento dos contidos é o desexable

-Se as actividades conseguiron motivar ao alumnado

Page 81: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

-Analizar se se traballaron os temas transversais

-O manexo das TICs

-O traballo interdisciplinar

-Analizar o resultado académico dos alumnos

Unha vez resoltas estas cuestións tomar as medidas pertinentes

MECANISMOS DE REVISIÓN, AVALIACIÓN E

MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS EN

RELACIÓN COS RESULTADOS ACADÉMICOS E

PROCESOS DE MELLORA

Como sempre fixemos, intentaremos detectar nesta

programación todas aquelas carencias ou excesos que

dificulten o logro dos obxectivos que para cada materia e

curso foron concretados. Sabemos que sempre é mellorable

todo, e tamén sabemos que un curso nunca é igual a outro

(diferentes alumnos/as, diferentes circunstancias, etc.).

Somos un departamento que mantén unha relativa

estabilidade na súa composición e que, podemos aseguralo,

conserva unha capacidade de comunicación e de debate

entre os membros que o conformamos fóra de toda dúbida.

Levamos a cabo as reunións indicadas por lei, deixamos

recollidas en acta as mesmas, pero moito máis que iso,

estamos en contacto diario e permanente comentando,

compartindo e resolvendo (se podemos e sabemos) cada

situación que pode aparecer como especial ou diferente a

calquera de nós. Así mesmo, sen deixar de ser críticos cando

o consideramos oportuno, mantemos en todo momento unha

disposición positiva para colaborar en calquera proxecto (da

dirección, dos pais/nais, do alumnado, etc.) que está dirixido

a mellorar e a dignificar o centro de traballo do que

formamos parte, un centro público que acolle rapazas e

rapaces de todas as condicións da nosa comarca e que acolle

a outros que, por períodos de tempo máis ou menos curtos,

Page 82: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten

chegan doutros lugares e, como non, ós nosos propios fillos

ou fillas.

Somos os primeiros interesados en facer unha avaliación

o máis estrita e correcta posible desta programación. A

proba desta afirmación son os sucesivos cambios ou

modificacións ós que se foi vendo sometida nalgúns dos

seus apartados nos diferentes cursos.

Page 83: DEPARTAMENTO DE XEOGRAFIA E HISTORIA · elementos físicos, recursos e formas de asentamento tanto rurais como urbanos. 4. Identificar e explicar o impacto que a acción humana ten