Día da natureza 2015 def
description
Transcript of Día da natureza 2015 def
A Asamblea xeral das Nacións Unidas decide proclamar o 3 de marzo: Día Mundial da
Natureza.
O Día Mundial da Natureza bríndanos a ocasión de celebrar a beleza e a variedade da flora e
fauna salvaxes,así como de crear conciencia sobre a multitude de beneficios que a
conservación destas formas de vida ten para a humanidade
A celebración deste día recórdanos tamén a necesidade urxente de combater os delitos
contra a natureza,de grandes consecuencias para o desenvolvemento sostible e o benestar da
humanidade
Fonte: http://www.cinu.mx/eventos/observancia/dia-mundial-de-la-naturaleza/
Para celebrar este día,presentámosvos un bestiario
moi actual,un abecedario animal,onde dende a letra A até a Z
visionaremos algúns “habitantes” que,merecerían, de pleno
dereito,ao igual que nós,poboar libremente o planeta Terra.
Non obstante, a nosa acción directa ou indirecta ameaza
gravemente a súa supervivencia.
Desde o humor, o noso bestiario-abecedario plántella que:
“A grandeza e o progreso moral da humanidade só
Pode ser xulgado segundo a forma na que trata aos seus animais”
Mahatma Gandhi
COMEZAMOS!!!
A caza furtiva de especies exóticas,
a destrución de hábitats,
o tráfico ilegal de animais,
unido ás graves consecuencias da mudanza climática
supón
unha grave ameaza para a fauna salvaxe
e en consecuencia para
a saúde do noso planeta.
Como dicía Víctor Hugo: “Primeiro foi necesario civilizar ao ser humano
na súa relación co ser humano.
Agora é necesario civilizar ao ser humano
na súa relación coa natureza e os animais”.
PRESERVA O PATRIMONIO NATURAL!
NON DEIXES QUE NESTE ABECEDARIO DESAPAREZA ALGUNHA DAS LETRAS!