Dislalias

11
DISLALIAS

Transcript of Dislalias

Page 1: Dislalias

DISLALIAS

Page 2: Dislalias

QUE SON AS DISLALIAS?

Son alteracións na articulación de algúns fonemas , ben por ausencia ou por alteracións de sons concretos da fala ou por sustitución de estos por outros, en ausencia de patoloxías no sistema nervioso central ou nos órganos fonoarticulatorios.

Estas alteracións, en moitos cativos, perduran máis alá dos catro anos

Page 3: Dislalias

QUE CATIVOS TEÑEN DISLALIAS?

• Os que presentan erros na articulación dos sons da fala (sustitucións, omisións,adicións…) ao principio, no medio ou no remate das palabras, na linguaxe espontánea ou na repeticións de esos sons cando se lles da un modelo.

• Teñen máis de catro anos• Non existe hipoacusia, trastornos neurolóxicos,

deficiencia mental nin cambio de lingua.

Page 4: Dislalias

TIPOS DE DISLALIAS• Dislalia evolutiva ou fisiolóxica. Hai unha fase do desenrolo da

linguaxe na que os cativos non articulan ou distorsionan algúns fonemas. A estes erros se lles chaman dislalias evolutivas.

Normalmente desaparecen co tempo e non deben de ser intervidas antes dos catro anos sobre todo o /r/ e os sinfones. Aconsellamos aos pais-nais que non se angustien e que falen claro ao seu fillo-a.

Page 5: Dislalias

• Dislalia audióxena. Prodúcese cando un cativo non oe ben e por eso non articula correctamente. Confunde fonemas que teñen semellanza por non ter unha boa discriminación auditiva. Presentará tamén outras alteracións da linguaxe. Un estudio audiométrico dará a pauta para unha adaptación de prótese. A intervención logopédica irá encamiñada a millorar a discriminación auditiva e a voz, a correxir os fonemas alterados e a implantar os inexistentes.

Page 6: Dislalias

• Dislalia orgánica. Son as alteracións da articulación por causa de tipo orgánico. Cando están afectados os centros neuronales centrales chámanse disartrias. Cando son causadas por anomalías ou malformacións dos órganos da fala chámanse disglosias.

• Dislalia funcional. Son alteracións producidas por un mal funcionamento dos órganos articulatorios. Non hai un uso correcto destes órganos cando se articulan os fonemas. É a máis frecuente e pode estar producida polos

Page 7: Dislalias

seguintes factores:• Falla de control na psicomotricidade fina. A

articulación require unha gran habilidade motora. Os fonemas que precisan un maior control nos órganos articulatorios son os que aparecen máis tarde (/l/,/s/ /r/, sílabas trabadas)

• Mala discriminación auditiva. Cando non se decodifican correctamente os elementos fonéticos dun idioma e non se perciben diferencias fonolóxicas, prodúcense erros.

Page 8: Dislalias

• Erros perceptivos e imposibilidade de imitación de movementos.

• Mala estimulación lingüística. En ambientes socioculturais deprivados hai maior incidencia de dislalias.

• Factores de tipo psicolóxico. A sobreprotección e diversos traumas poden facer que perduren os patróns lingüisticos infantiles.

• Deficiencia mental. Na linguaxe destes nenos-as as dislalias son unha característica añadida e a súa recuperación é máis lenta.

Page 9: Dislalias

CONSELLOS AOS PAIS-NAIS

• Non manifestar preocupación excesiva polos erros na fala do neno.

• Ter paciencia para escoitalo.• Non anticiparse ao que vai dicir. Deixalo que

busque os seus recursos, que se esforce.• Falarlle moito e animalo a que fale.• Respectar o seu turno, e nunca decirlle que cale

porque o fai mal.• Non obligalo a falar cando non o desexe.

Page 10: Dislalias

• Manter un clima de estabilidade emocional, evitando situacións de tensión, de présas, creando un clima de seguridade e comprensión.

• Falarlle sempre con tranquilidade, articulando ben e ligando ben as frases.

• Ter unha disciplina tolerante, pero non permisiva, lonxe de actitudes sobreprotectoras, pero que amose agarimo e comprensión.

Page 11: Dislalias

• Nos nenos-as pequenos bastará con evitala ansiedade dos pais, eliminando a súa intervención na fala do neno-a, de maneira que se favoreza a relaxación deste.

• Deixar a intervención directa nas mans de profesionais.