Dislexia

13
DISLEXIA

Transcript of Dislexia

Page 1: Dislexia

DISLEXIA

Page 2: Dislexia

QUE É A DISLEXIA? É un trastorno da lectoescritura que parece ser debido

a unha alteración no desenrolo neurolóxico.

Os cativos con dislexia teñen dificultade para apender a ler de xeito fluído sendo intelixentes, con motivación e escolarización normal. Cóstalles moito ler, fánno moi lentamente e con moitos erros. Os más frecuentes son:

• Omisións de letras ou sílabas (esquecen ler unha letra ou unha sílaba)

• Fan sustitucións (len unha letra por outra)

• Fan adiccións (añaden letras ou sílabas)

• Xuntan ou rompen palabras de xeito inadecuado

• Na lectura teñen vacilacións, rectificacións e saltos de línea

Page 3: Dislexia

• Teñen dificultades para recitar o alfabeto, para denominar letras, para facer simples rimas e para analizar e clasificar sons.

• Hai unha dificultade para decodificar os sons que forman as palabras por estar alterados algúns dos procesos cognitivos entre a recepción da información e a elaboración do significado.

• Todos estes erros trasládanse a escritura facéndose lenta e con omisións, sustitucións , adicións …e con aspecto sucio ou descuidado.

• Debido a todo o dito anteriormente a comprensión do que len é mala. É o trastorno específico da aprendizaxe máis frecuente nos escolares e moitas veces é a causa do fracaso escolar que repercute no seu desenrolo emocional.

Page 4: Dislexia

• O principal problema co que nos atopamos é que a dislexia non é compatible co noso sistema educativo pois todas as aprendizaxes realízanse a través do código escrito,polo que o neno-a disléxico non pode asimilar contidos de materias como Coñecemento de Medio porque non é quen de ler correctamente.

• Tende a fatigarse polo esforzo que ten que facer para decodificar, perde a concentración e distráese. As veces os profesores-as e os pais-nais vemos esa conducta como desinterés, presionando excesivamente.

Page 5: Dislexia

A dislexia é moito máis que ter problemas na lectura e na escritura pois existen tamén problemas de comprensión, de memoria a corto plazo, de acceso ao léxico,de confusión entre dereita e esquerda e dificultades nas nocions espacio-temporais.

Page 6: Dislexia

COMO SE DIAGNOSTICA? É necesario facer unha boa avaliación para acadar un

diagnóstico axeitado, describir as dificultades e marcar pautas de actuación. Por elo debemos contar ca seguinte información:

• Historia evolutiva do neno-a• Historia educativa• Historia médica• Historia social• Haberá que explorar as seguintes áreas:• Percepción. Valoración dos procesos visoauditivos

(discriminación visual e auditiva, diferenciación de formas,sons…)

Page 7: Dislexia

• Psicomotricidade. Valoración de aspectos psicomotrices como o esquema corporal, a orientación espaciotemporal, a lateralidade, os conceptos básicos…

• Funcionamento cognitivo. Valoración da atención , a memoria, razonamento…

• Funcionamento psicolingüistico. Valoración da vocalización, o léxico, a semántica, a sintaxis.

• Lectoescritura. Valoración dos erros que comete na lectura e na escritura, tanto en copia como en dictado, redacción

• Autoestima. Como se sinte ante as súas dificultades

Page 8: Dislexia

PODEMOS PREVIR CANDO UN NENO-A PODE TER

DISLEXIA Entre os 4 e 6 anos os nenos-as poden manifestar características

primarias dunha posible dislexia. Debemos de estar atentos a evolución dos seguintes aspectos:

• Dislalias ou problemas articulatorios.• Vocabulario pobre.• Falta de expresión.• Comprensión verbal deficiente• Dificultade para automatizar a correspondencia fonema(son),

grafema (letra)

Page 9: Dislexia

• Retraso no conocemento e na estructuración do esquema corporal

• Dificultades perceptivas: confusión de cores, formas, tamaños e posicións

• Torpeza na execución de exercicios manuais e de grafía.

• Tendencia a facer a escritura en espello.

Page 10: Dislexia

QUE PODEMOS FACER? A FAMILIA

• Falar moito co neno-a utilizando preguntas: donde, cando, que..? Evitar o desánimo e a irritación

• Observar e axudarlles en posibles problemas visuais e auditivos.

• Evitar as comparacións entre irmáns ou compañeiros reforzando os aspectos positivos.

• Apoiar a labor do colexio e dos profesionais que traballan co neno-a

• Procurar a axuda adecuada e evitar a sobreprotección reforzando a autoestima.

• Buscar axuda profesional.

Page 11: Dislexia

O COLEXIO• Adicarlle tempo no programa a actividades de linguaxe

oral, exercicios e conceptos psicomotrices e experimentación corporal (lateralidade en un mesmo e con respecto aos demáis).

• Constancia e continuidade nas tarefas programadas.• Respectar o ritmo de aprendizaxe do alumno-a.• Valorar o traballo sin comparalo co dos seus

compañeiros-as.• Evitar o abuso da atención sobre os seus erros ou

dificultades• Darlle a oportunidade de destacar nas áreas de traballo

que millor lle vaian.

Page 12: Dislexia

• Facerlle controles orais e dar máis tempo para rematar os escritos.

• Valorar a comprensión dos textos.

Page 13: Dislexia

Lembra que o que chega á mente pasa primeiro polos

sentidos, procésase no cerebro volta aos sentidos e por último

ao papel.