diversidade e a inclusión A didáctica no Museo do Pobo ...museodopobo.gal/web/uploads/files/DEAC...

1
A didáctica no Museo do Pobo Galego, un proxecto pedagóxico para a diversidade e a inclusión O Departamento de Educación e Acción Cultural (DEAC) continúa a traballar neste ano 2020 na idea do museo como un espazo accesible e inclusivo. Un dos obxectivos principais do departamento é contar cunha programación integradora, que responda á complexa pluralidade da nosa sociedade desde unha visión interdisciplinaria e transversal dos contidos. Neste sentido, e no referente ao deseño das actividades para escolares, o programa para este curso introduce a matemática lúdica centrada na obra do arquitecto Domingo de Andrade e unha proposta de ciencia aplicada á cultura popular levado a cabo polo Club UNESCO Ciência, Tradição e Cultura do Instituto Politécnico de Castelo Branco. O programa educativo do Museo inclusivo, actual e innovador serviulle para que fose seleccionado por un proxecto do Ministerio de Ciencia e Innovación sobre avaliación cualitativa de programas didácticos en museos levado a cabo pola Universidade de Oviedo durante o 2011-2014. DIVERSIDADE E INCLUSIÓN O Museo do Pobo Galego impulsa dende o Departamento de Educación e Acción Cultural a colaboración con distintas entidades galegas de atención á diversidade funcional. Este é o segundo ano consecutivo no que se desenvolve un proxecto educativo nesta liña. As actividades, centradas nesta ocasión na relación de Galicia co mar, queren achegarse á experiencia das persoas con diversidade funcional (problemas de mobilidade, discapacidades orgánicas, perdas perceptivas) e discapacidade intelectual no Museo, realizando diferentes focos con distintos colectivos para ir profundando nas necesidades de cada un. Este ano realizáronse sesións con ASPANAES (Asociación de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Compostela), coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela e Down Compostela. Ademais de seguir colaborando con asociacións como AGADEA coa guía de recursos para a estimulación cognitiva para persoas con demencia e alzheimer. O obxectivo final é ir conseguindo a mellora da accesibilidade e acadar un espazo no que todo o mundo poda gozar. Vídeo realizado por Seimeira sobre a actividade 'Barrococó' da compañía Rilo & Penadique. DOMINGO DE ANDRADE Entre os eixos temáticos cos que o DEAC do Museo do Pobo Galego encara o seu traballo para o ano 2020, o arquitecto Domingo de Andrade ten unha presenza importante. O autor da torre do reloxo da Catedral de Santiago de Compostela e do convento de Bonaval, onde ten a súa sé o noso Museo, é o homenaxeado no Día das Artes Galegas de 2020. O Departamento de Educación e Acción Cultural deseñou un programa de actividades que celebran ao arquitecto e a súa obra a través da matemática lúdica, a narración oral, o baile e o ensino práctico de arquitectura para escolares. Fórmula Andrade . En colaboración coa Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) póñense a disposición dos e das docentes de secundaria e o seu alumando os materiais para realizar un percorrido matemático polo edificio de Bonaval. Trátase de resolver incógnitas matemáticas relacionadas coa arquitectura de Domingo de Andrade. Andrade co Lupo. Unha viaxe na que aprender facendo as obras máis destacables de Domingo de Andrade. Lupo é un sistema educativo que utiliza a arquitectura como disciplina transversal clave para interpretar a realidade que nos rodea e introducirnos no coñecemento de moitos campos e disciplinas. Barrococó. Espectáculo de narración oral e música da compañía Rilo & Penadique dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. O enredo barroco. A partir da danza de fitas, achégase o mundo barroco de Andrade e ás formas que debuxou nos seus deseños (como, por exemplo, a escaleira helicoidal) aos escolares de 3º e 4º de Educación Primaria. CIENCIA, CENTROS ESCOLARES E MUSEO "Os nossos e as nossas avôs foram cientistas" é un proxecto dirixido polo Club UNESCO Ciência, Tradição e Cultura do Instituto Politécnico de Castelo Branco, (Portugal). A iniciativa, que está destinada para alumnado de Infantil e Primaria, investiga e explica a cultura popular en termos científicos. Os temas son diversos e van desde as abellas e o mel ao cultivo do liño, pasando pola alimentación, elaborando materiais didácticos de traballo na aula. Este colectivo de profesorado portugués chega a Galicia a través do Museo do Pobo Galego coa idea de atopar parcerías entre o persoal docente do país para traballar de forma conxunta co alumnado a ambas dúas beiras da raia. INVESTIGACIÓN EXTERNA Por segunda vez persoal investigador da Universidade de Oviedo conta co Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego para facer parte dun proxecto sobre avaliación cualitativa de programas didácticos en museos. A primeira foi no proxecto ECPEME da Dirección General de Investigación y Gestión del Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación baixo a dirección da investigadora Roser Calaf durante os anos 2011-2014 (os resultados pódense ler en http://ecpeme.com/). Agora a participación no traballo desenvolvido por unha bolseira FPU adscrita á Universidade de Oviedo, será tamén unha oportunidade para unha nova avaliación en profundidade do noso programa didáctico e dunha revisión do PEM (Proxecto Educativo do Museo). Copyright © 2020 Museo do Pobo Galego. DEAC | Departamento de Educación e Acción Cultural | Tlf: 981 58 36 20 [email protected] A nosa dirección é: San Domingos de Bonaval 15703, Santiago de Compostela. This email was sent to <<Email Address>> why did I get this? unsubscribe from this list update subscription preferences Museo do Pobo Galego · Rúa San Domingos de Bonaval · Santiago De Compostela, A Coruña 15703 · Spain Subscribe Past Issues RSS Translate

Transcript of diversidade e a inclusión A didáctica no Museo do Pobo ...museodopobo.gal/web/uploads/files/DEAC...

Page 1: diversidade e a inclusión A didáctica no Museo do Pobo ...museodopobo.gal/web/uploads/files/DEAC MPG _ A didáctica no Mu… · Educación Matemática (AGAPEMA) póñense a disposición

A didáctica no Museo do Pobo Galego,un proxecto pedagóxico para a

diversidade e a inclusión

O Departamento de Educación e Acción Cultural (DEAC) continúa atraballar neste ano 2020 na idea do museo como un espazo accesible einclusivo. Un dos obxectivos principais do departamento é contar cunhaprogramación integradora, que responda á complexa pluralidade da nosasociedade desde unha visión interdisciplinaria e transversal dos contidos.Neste sentido, e no referente ao deseño das actividades para escolares, oprograma para este curso introduce a matemática lúdica centrada na obra doarquitecto Domingo de Andrade e unha proposta de ciencia aplicada á culturapopular levado a cabo polo Club UNESCO Ciência, Tradição e Cultura doInstituto Politécnico de Castelo Branco. O programa educativo do Museoinclusivo, actual e innovador serviulle para que fose seleccionado por unproxecto do Ministerio de Ciencia e Innovación sobre avaliación cualitativa deprogramas didácticos en museos levado a cabo pola Universidade de Oviedodurante o 2011-2014.

DIVERSIDADE E INCLUSIÓNO Museo do Pobo Galego impulsa dende o Departamento de Educación eAcción Cultural a colaboración con distintas entidades galegas de atención ádiversidade funcional. Este é o segundo ano consecutivo no que se desenvolveun proxecto educativo nesta liña. As actividades, centradas nesta ocasión narelación de Galicia co mar, queren achegarse á experiencia das persoascon diversidade funcional (problemas de mobilidade, discapacidadesorgánicas, perdas perceptivas) e discapacidade intelectual no Museo,realizando diferentes focos con distintos colectivos para ir profundando nasnecesidades de cada un. Este ano realizáronse sesións con ASPANAES(Asociación de Persoas con Trastorno do Espectro Autista de Compostela),coa Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela e DownCompostela. Ademais de seguir colaborando con asociacións como AGADEAcoa guía de recursos para a estimulación cognitiva para persoas con demenciae alzheimer. O obxectivo final é ir conseguindo a mellora da accesibilidade eacadar un espazo no que todo o mundo poda gozar.

Vídeo realizado por Seimeira sobre a actividade 'Barrococó' da compañía Rilo &Penadique.

DOMINGO DE ANDRADEEntre os eixos temáticos cos que o DEAC do Museo do Pobo Galego encara oseu traballo para o ano 2020, o arquitecto Domingo de Andrade ten unhapresenza importante. O autor da torre do reloxo da Catedral de Santiago deCompostela e do convento de Bonaval, onde ten a súa sé o noso Museo, é ohomenaxeado no Día das Artes Galegas de 2020. O Departamento deEducación e Acción Cultural deseñou un programa de actividades quecelebran ao arquitecto e a súa obra a través da matemática lúdica, anarración oral, o baile e o ensino práctico de arquitectura para escolares.

Fórmula Andrade. En colaboración coa Asociación Galega do Profesorado deEducación Matemática (AGAPEMA) póñense a disposición dos e das docentesde secundaria e o seu alumando os materiais para realizar un percorridomatemático polo edificio de Bonaval. Trátase de resolver incógnitasmatemáticas relacionadas coa arquitectura de Domingo de Andrade. Andrade co Lupo. Unha viaxe na que aprender facendo as obras máisdestacables de Domingo de Andrade. Lupo é un sistema educativo que utilizaa arquitectura como disciplina transversal clave para interpretar a realidadeque nos rodea e introducirnos no coñecemento de moitos campos edisciplinas. Barrococó. Espectáculo de narración oral e música da compañía Rilo &Penadique dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. O enredo barroco. A partir da danza de fitas, achégase o mundo barroco deAndrade e ás formas que debuxou nos seus deseños (como, por exemplo, aescaleira helicoidal) aos escolares de 3º e 4º de Educación Primaria.

CIENCIA, CENTROS ESCOLARES E MUSEO"Os nossos e as nossas avôs foram cientistas" é un proxecto dirixido polo ClubUNESCO Ciência, Tradição e Cultura do Instituto Politécnico de CasteloBranco, (Portugal). A iniciativa, que está destinada para alumnado de Infantil ePrimaria, investiga e explica a cultura popular en termos científicos. Ostemas son diversos e van desde as abellas e o mel ao cultivo do liño, pasandopola alimentación, elaborando materiais didácticos de traballo na aula. Estecolectivo de profesorado portugués chega a Galicia a través do Museo doPobo Galego coa idea de atopar parcerías entre o persoal docente do paíspara traballar de forma conxunta co alumnado a ambas dúas beiras da raia. INVESTIGACIÓN EXTERNAPor segunda vez persoal investigador da Universidade de Oviedo conta coDepartamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego parafacer parte dun proxecto sobre avaliación cualitativa de programasdidácticos en museos. A primeira foi no proxecto ECPEME da DirecciónGeneral de Investigación y Gestión del Plan Nacional de I+D+i doMinisterio de Ciencia e Innovación baixo a dirección da investigadora RoserCalaf durante os anos 2011-2014 (os resultados pódense ler enhttp://ecpeme.com/). Agora a participación no traballo desenvolvido por unhabolseira FPU adscrita á Universidade de Oviedo, será tamén unhaoportunidade para unha nova avaliación en profundidade do noso programadidáctico e dunha revisión do PEM (Proxecto Educativo do Museo).

Copyright © 2020 Museo do Pobo Galego.

DEAC | Departamento de Educación e Acción Cultural | Tlf: 981 58 36 [email protected]

A nosa dirección é:San Domingos de Bonaval

15703, Santiago de Compostela.

This email was sent to <<Email Address>>why did I get this? unsubscribe from this list update subscription preferences

Museo do Pobo Galego · Rúa San Domingos de Bonaval · Santiago De Compostela, A Coruña 15703 · Spain

Subscribe Past Issues RSSTranslate