DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO - CSIF Concello de Santiago de...

13

Transcript of DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO - CSIF Concello de Santiago de...

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 1 -

1. PROCESOS SELECTIVOS DE ESCALAS DE FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA

2. ACORDO XUBILACIÓN PARCIAL PERSOAL LABORAL DA XUNTA

3. DEVOLUCIÓN DE TAXAS DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL

4. CONCURSOS DE TRASLADOS: ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E ESTATAL

5. FORMACIÓN CONTINUA DE EMPREGADOS PÚBLICOS

6. BOLSAS DE PRÁCTICAS DE FORMACIÓN

7. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO

8. PACTO DE CONTRATACIÓNS TEMPORAIS NO SERGAS

9. PROGRAMA DE ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 2 -

PROCESOS SELECTIVOS - ESCALAS PERSOAL FUNCIONARIO DA XUNTA

Cronograma facilitado pola DX da Función Pública en virtude das xuntanzas da Mesa Xeral de EE.PP. do

26/04/2013 e da Comisión de Persoal do 29/04/2013, relativo aos procesos selectivos de escalas de

funcionarios que están pendentes de convocar.

PROCESOS INICIAIS TOTAL OEP

2009

OEP

2011

OEP

2012

Of.

resta Escala superior de finanzas 8 - 8 - -

Escala superior de estatísticos 4 - 4 - -

Escala superior de estatísticos CONSOLIDACIÓN 1 1 - - -

Escala subinspección de consumo 1 - - 1 -

Enxeñeiros industriais A1 14 4 11 -1 2009

Enxeñeiros industriais A1 CONSOLIDACIÓN 1 - - 1 -

Enxeñeiros técnicos industriais A2 2 - 5 -3 2011

Enxeñeiros técnicos industriais A2 CONSOLIDAC. 3 - - 3 -

Escala de arquitectos A1 16 10 6 - -

Escala de inspección urbanística 7 - 7 - -

Escala de biólogos A1 5 - 8 -3 2011

Escala de biólogos A1 CONSOLIDACIÓN 3 - - 3 -

Enxeñeiros técnicos agrícolas A2 CONSOLIDACIÓN 10 - - 10 -

Axudantes de arquivos, bibliotecas e museos.

Escala de arquivos A2 8 - 9 -1 2011

Axudantes de arquivos, bibliotecas e museos.

Escala de arquivos A2 1 - - 1 -

Escala de delineantes 6 2 4 - -

Escala de axentes facultativos ambientais 20 20 - - -

TOTAIS 110 37 62 11 -

ACORDO XUBILACIÓN PARCIAL PERSOAL LABORAL DA XUNTA

Resolución do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se dispón a

inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo entre a Xunta de Galicia e as

organización sindicais CIG, UGT, CC.OO. e CSIF, relativo ao acceso á xubilación parcial e contrato de

remuda do persoal laboral do convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 3 -

ANEXO: Acordo para o acceso á xubilación parcial e contrato de remuda do persoal laboral do convenio

colectivo único da Xunta de Galicia

De acordo co previsto no artigo 8 e na disposición derradeira quinta do Real decreto lei 5/2013, do 15 de marzo, de

medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento

activo, a Xunta de Galicia e o Comité Intercentros do persoal laboral do convenio colectivo único da Xunta de Galicia,

acordan manter a xubilación parcial e contrato de remuda, de conformidade cos seguintes pactos:

1. Os traballadores e traballadoras do V Convenio colectivo único da Xunta de Galicia poderán acollerse á xubilación

parcial, cando cumpran os requisitos correspondentes nos termos da regulación vixente, antes do 1 de xaneiro

de 2013, nos supostos recollidos no punto 2.c) da disposición derradeira décimo segunda da Lei 27/2011, do 1 de

agosto, na redacción dada polo Real decreto lei 5/2013, do 15 de marzo.

2. O acceso á pensión realizarase de conformidade co seguinte plan de xubilación parcial:

a) Incorpóranse ao presente plan todos os traballadores e traballadoras do V Convenio colectivo único da

Xunta de Galicia (relacionados nominalmente no anexo) que ata o 31 de decembro de 2018 cumpran os

requisitos esixidos consonte a normativa vixente antes do 1 de xaneiro de 2013.

b) Os traballadores e traballadoras poderán solicitar a redución da súa xornada entre un mínimo do 25 % e un

máximo do 75 %.

3. A vixencia do presente acordo estenderase desde a data da súa subscrición ata o día 31 de decembro de 2018,

de acordo coa duración máxima establecida no artigo 8 do Real decreto lei 5/2013, do 15 de marzo, para a aplicación

de normas transitorias ás pensións de xubilación que se causen antes do 1 de xaneiro de 2019.

4. O plan de xubilación parcial recollido no presente acordo colectivo será comunicado e posto á disposición do Instituto Nacional da Seguridade Social antes do 15 de abril de 2013.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130430/AnuncioCA05-150413-0013_gl.pdf

Función Pública infórmanos que para a vindeira semana iniciarase a negociación coas centrais sindicais o

procedemento de xestión para as solicitudes.

DEVOLUCIÓN DE TAXAS DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL

Achégase a contestación de Función Pública en relación ao escrito que presentou a Xunta de Persoal de Servizos Centrais en relación a devolución de taxas aboadas en concepto de inscrición nas listas para o nomeamento de persoal

funcionario interino e para a contratación de persoal laboral temporal.

Primeiro: As taxas son tributos cuxo feito impoñible consiste, entre outros, na prestación de servizos administrativos que se refiran, afecten ou beneficien de xeito particular ao suxeito pasivo.

De conformidade co artigo 9 da Lei 6/2013, de 9 de decembro de taxas e prezos e exaccións reguladoras da C.A. de Galicia o establecemento de taxas e a regulación dos seus elementos esenciais farase mediante norma con rango de lei do Parlamento de Galicia. Son elementos esenciais da taxa o feito impoñible, o suxeito pasivo, a base impoñible, a cota tributaria e o devengo.

Segundo: No anexo I da devandita lei establécese unha taxa por inscrición nas listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo da C.A. de Galicia.

Consonte a súa natureza tributaria, supón unha participación do aspirante no financiamento do servizo administrativo - a xestión das listas - do que se beneficia de xeito particular respecto dos restantes cidadáns; pero non está

vinculada en absoluto -ao igual que a taxa por participar en procesos selectivos - a obtención dun resultado concreto: a adxudicación dun posto.

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 4 -

Polo anterior, é posible a devolución das taxas aboadas coa instancia a aqueles aspirantes cuxa solicitude de inscrición é definitivamente rexeitada, pero non é a devolución das taxas devengadas polos aspirantes que entraron na xestión.

Terceiro: Toda vez que a creacións da taxas e a regulación dos seus elementos esenciais está reservada a lei, en

ningún caso podería establecerse a devolución da taxa xa devengada a solicitude do aspirante escrito pola vía de modificar o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, que é unha norma de rango de regulamentario.

Cuarto: Cómpre significar que a lei 6/2003 prevé no seu artigo 23 a exención dos dereitos de inscrición ou a

bonificacións do 50% do seu importe nos supostos de discapacidade, pertenza a familia numerosa ou desemprego.

Quinto: En relación a súa apreciación de que as leis de orzamentos "ven de conxelar as listas, resultando que os movementos nel son practicamente inexistentes" poño no seu coñecemento que durante o ano 2012 o número de asignacións interinas de postos de funcionarios ascenderon a 628 e o número de asignacións temporais de postos de

persoal laboral sumaron 5.346.

En Santiago de Compostela, 23 de abril de 2013

CONCURSOS DE TRASLADOS

DIRECCIÓN XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA INFORMA:

A DX da Función Pública en xuntanzas da Mesa Xeral de EE.PP. do 26/04/2013 e da Comisión de Persoal

do 29/04/2013, con relación aos concursos de traslados informa do seguinte:

1. Concurso da Administración xeral da Xunta de Galicia.

O prazo para a emisión de certificacións de méritos por parte as unidades de persoal e da Dirección Xeral

da Función Pública rematou o día 26 de abril de 2013 e o prazo de presentación de certificacións de

méritos finaliza o vindeiro 30 de abril de 2013.

2. Concurso da Administración especial da Xunta de Galicia.

Publicada no DOG nº 75 do 18 de abril de 2013 a resolución pola que se aproba a relación definitiva de

admitidos e excluídos para participar no concurso.

3. Concursos de finanzas e informática, no mes de maio está prevista a convocatoria deste concurso

previa negociación coas Organizacións Sindicais. Como novidade na fase de resultas os interesados

poderán solicitar todas as prazas susceptibles de ser deixadas vacantes polos solicitantes de postos da

primeira fase dos concursos, así tamén se poderán, ao ser coñecidos, aportar todos os requisitos e

méritos dos postos xunto coa solicitude.

4. Concurso das escalas de axentes de extensión pesqueira e do Servizo de Gardacostas de

Galicia.

Esta previsto que durante a semana do 29 de abril ao 3 de maio se publique resolución facendo públicas

as puntuacións provisionais dos participantes admitidos.

5. Concurso de traslados persoal laboral dos grupos I, II, III e IV.

Apertura do prazo posesorio en virtude da orde de 2 de abril de 2013 (DOG nº 70 de 11 de abril) para

todos/as as categorías excepto para as IV-004 e IV-005 para as que se iniciará a partir do 28 de xuño de

2013.

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 5 -

CONCURSOS NA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

MINISTERIO DE ECONOMÍA Y COMPETITIVIDAD – boe, 27 de abril

Orden ECC/688/2013, de 19 de abril, por la que se convoca concurso específico para la provisión de

puestos de trabajo en el Instituto de Contabilidad y Auditoría de Cuentas, de funcionarios de los

subgrupos A1, A2, C1 y C2.

Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/27/pdfs/BOE-A-2013-4482.pdf

MINISTERIO DE JUSTICIA – boe, 29 de abril

Orden JUS/697/2013, de 17 de abril, por la que se convoca concurso específico para la provisión de

puestos de trabajo en el ámbito territorial gestionado por el Ministerio de Justicia, para los Cuerpos de

Gestión Procesal y Administrativa, Tramitación Procesal y Administrativa y Auxilio Judicial de la

Administración de Justicia.

Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/29/pdfs/BOE-A-2013-4503.pdf

MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS – boe, 30 de abril

Orden HAP/712/2013, de 18 de abril, por la que se convoca concurso de méritos para la provisión de

puestos de trabajo, de funcionarios de los subgrupos A2, C1 y C2.

Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/30/pdfs/BOE-A-2013-4552.pdf

MINISTERIO DEL INTERIOR – boe, 30 de abril

Resolución de 25 de abril de 2013, de la Secretaría de Estado de Seguridad, por la que se convoca

concurso general de méritos para la provisión de puestos de trabajo en la Dirección General de la Policía y

en la Dirección General de la Guardia Civil, de funcionarios de los Subgrupos A2, C1 y C2

Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/30/pdfs/BOE-A-2013-4553.pdf

INISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL – boe, 30 de abril

Orden ESS/714/2013, de 22 de abril, por la que se convoca concurso específico para la provisión de

puestos de trabajo, de Funcionarios de los Subgrupos A1, C1 y C2.

Enlace: http://www.boe.es/boe/dias/2013/04/30/pdfs/BOE-A-2013-4555.pdf

FORMACIÓN CONTINUA E CUALIFICACIÓNS PROFESIONAIS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

Resolución do 22 de abril de 2013 pola que se convoca un curso de operadores de radar (DOG, 30 de

abril).

DESTINATARIOS:

Persoal dos corpos de policía local de Galicia.

PRAZO:

Remata o día 11 de maio de 2013.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130430/AnuncioO3C2-220413-0002_gl.html

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 6 -

Resolución do 22 de abril de 2013 pola que se convoca un curso de detección de drogas na condución

(DOG, 30 de abril).

DESTINATARIOS:

Persoal dos corpos de policía local de Galicia.

PRAZO:

Remata o día 27 de maio de 2013.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130430/AnuncioO3C2-220413-0002_gl.html

Resolución do 24 de abril de 2013 pola que se convoca a primeira práctica do plan anual de

adestramento regulamentario para a seguranza no manexo das armas (DOG, 3 de maio).

DESTINATARIOS:

Persoal dos corpos de policía local de Galicia.

PRAZO:

Remata o día 13 de maio de 2013.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130503/AnuncioO3C2-240413-0001_gl.pdf

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Resolución do 18 de abril de 2013 pola que se convoca a segunda edición das probas de avaliación de

carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o

persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia. (DOG, 29 de abril)

CONVOCATORIA:

Convócanse 1.000 prazas de acceso libre integradas no Plan formativo ofimático de Galicia nas seguintes

accións formativas que a continuación se relacionan:

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (OpenOffice).

• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office).

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo (OpenOffice).

• Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office).

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos (OpenOffice).

• Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office).

• Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (OpenOffice).

• Aplicacions informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office).

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Linux).

• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows).

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimatica» (190 horas),

asociado á unidade de competencia UC0233_2 «Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información

e a documentación», do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación do

dito módulo formativo pódense consultar no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se

complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas

cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de Administración e Xestión (BOE do 7 de

maio).

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 7 -

REQUISITOS:

Empregados e empregadas públicos destinados na Administración autonómica de Galicia que se

encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou ex-

cedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente

convocatoria. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos de Administración xeral.

DATAS CELEBRACIÓN DAS PROBAS:

As probas terán lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de

Madrid, 2-4, Santiago de Compostela, os días 17, 18, 19 e 20 de xuño de 2013, das 9.00 ás 15.00 horas e

das 16.30 ás 20.30 horas.

SOLICITUDES E PRAZO:

Cada persoa poderá presentar un máximo de cinco solicitudes na Zona de matrícula

https://egap.xunta.es/matricula entre as 8 horas do 30 de abril e as 14 horas do 9 de maio.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130429/AnuncioO150-190413-0002_gl.pdf

Resolución do 18 de abril de 2013 pola que se convoca o curso denominado A función consultiva para o persoal ao servizo da Administración local. (DOG, 29 de abril)

REQUISITOS:

Poderá participar nas accións formativas convocadas por esta resolución o persoal funcionario dos grupos

A1, A2 e C1 e o laboral dos grupos I, II e III ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de

Galicia, os seus organismos públicos e demais entes dela dependentes, que se encontre en situación de

servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou

dun familiar e que reúna os requisitos establecidos para cada un dos casos no anexo II.

PRAZO:

Dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130429/AnuncioO150-190413-0001_gl.pdf

Resolución do 19 de abril de 2013 pola que se convoca o curso sobre expropiación forzosa e valoracións

Procedemento expropiatorio, métodos de valoración e criterios do Xurado de Expropiación de Galicia para

a determinación do prezo xusto. (DOG, 3 de maio)

REQUISITOS:

O 60 % das prazas (21) ten como destinatarios os empregados públicos das administracións públicas de

Galicia, tanto autonómica como local, e das universidades do Sistema universitario de Galicia que estean

en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitecto, enxeñeiro, arquitecto técnico e

enxeñeiro técnico que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

1. Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

2. Pertencer aos grupos I e II do persoal laboral.

3. Persoal eventual que acredite a súa condición co correspondente nomeamento específico

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 8 -

INSCRICIÓN E PRAZO:

as persoas interesadas deberán cubrir a instancia curricular que, para ese efecto figurará, na páxina web

da EGAP, no seguinte enderezo: http://egap.xunta.es/cursoExpropiacion

15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130503/AnuncioO150-250413-0002_gl.pdf

Resolución do 23 de abril de 2013 pola que se convoca o III Curso de rehabilitación e revitalización

urbana en Galicia: da conservación dos núcleos históricos ás áreas de rehabilitación integral nos barrios

populares. (DOG, 3 de maio)

DESTINATARIOS:

O 75 % das prazas (30) teñen como destinatarios os empregados públicos das administracións públicas de

Galicia, tanto autonómica como local e das universidades do Sistema Universitario de Galicia que estean

en posesión do título de doutor, licenciado, diplomado, grao, arquitectos, enxeñeiros, arquitectos técnicos

e enxeñeiros técnicos que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

1. Pertencer ao grupo A (subgrupos A1 e A2) do persoal funcionario.

2. Pertencer aos grupos I e II do persoal laboral.

3. Persoal eventual que acredite a súa condición co correspondente nomeamento específico.

INSCRICIÓN E PRAZO:

As persoas interesadas deberán cubrir a instancia curricular que, para ese efecto figurará, na páxina web

da EGAP, no seguinte enderezo: http://egap.xunta.es/cursoExpropiacion

15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130503/AnuncioO150-250413-0001_gl.pdf

BOLSAS DE PRÁCTICAS DE FORMACIÓN

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO – BOP de Lugo, 27 de abril

Anuncio de convocatoria e bases que rexerán a oferta de duas bolsas para a realización de Prácticas

formativas na área de emprego, economía sostible e demografía, da Deputación Provincial de lugo

(2013 – 2014).

REQUISITOS:

1. Posuír a nacionalidade española, ou ser nacional dun país membro da Unión Europea.

2. Estar en posesión da titulación académica requirida.

3. Acreditar suficiencia investigadora mediante a realización dun Máster Oficial, D.E.A ou equivalente.

4. Será requisito indispensable dominar o castelán e a lingua galega.

PRAZO:

Oito días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP.

Enlace: http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7995_1.pdf#PAGE=1

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 9 -

OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO

CONCELLO DE BERGONDO – BOP da Coruña, 3 de maio

Convocatoria de oposición para a contratación laboral temporal dunha (1) praza de auxiliar de policía

local para a tempada de verán.

REQUISITOS:

Estar en posesión do Graduado Escolar, Título de Graduado en Educación Secundaria ou equivalente ou

estar en condicións de obtelo na data en que remate o prazo de presentaren instancias. Posuír a

capacidade funcional para o desenvolvemento das tarefas habituais da praza á que aspira, sen que se

padeza enfermidade ou limitación física ou psíquica incompatible coas funcións do posto.

PRAZO:

Cinco días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no

BOP.

Enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/05/03/2013_0000005283.pdf

CONCELLO DE MACEDA – BOP de Ourense, 29 de abril

Anuncio de convocatoria para a contratación laboral temporal de seis auxiliares de axuda no fogar

(dependencia) mediante o sistema de selección concurso de méritos.

PRAZO:

Cinco días hábiles contados desde o seguinte á publicación deste anuncio no BOP.

Enlace: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=98&fecha=20130429

CONCELLO DO PORRIÑO – BOP de Pontevedra, 2 de maio

Bases que rexerán a convocatoria pública para a provisión interina (1) médico UAD: responsable de

servizo e coa titulación de licenciado en medicina coa especialidade en psiquiatría ou equivalente,

encadrada dentro do persoal laboral fixo, mediante concurso de méritos.

REQUISITOS:

Estar en posesión do título de Licenciado/a en medicina e estar inscrito/a no correspondente colexio oficial

de médicos. Ademais do esixido, o/a médico/a deberá contar coa especialidade en psiquiatría, e para o

caso de non ter esta, deberá posuír formación teórico-práctica en saúde mental.

PRAZO:

20 días naturais contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria

no Diario oficial de Galicia

Enlace: http://www.bop.depo.es/bop.PONTEVEDRA/2013/bop.PONTEVEDRA.20130502.084.pdf

CONCELLO DE SADA – BOP da Coruña, 29 de abril

Bases da convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de cinco socorristas. A

selección realizarase polo procedemento de concurso-oposición, en quenda libre, en réxime de

contratación laboral temporal.

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 10 -

REQUISITOS:

Estar en posesión do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente. Estar

en posesión da habilitación profesional de Galicia para o exercicio profesional do Socorrismo acuático en

espazos naturais, ou alternativamente do título de socorrista acuático ou diploma que acredite a

realización dun curso de formación en materia de socorrismo acuático en vigor ou titulación equivalente

ou que a englobe, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo

competente.

PRAZO:

10 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no BOP.

Enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/04/29/2013_0000005076.pdf

CONCELLO DE SOBRADO – BOP da Coruña, 2 de maio

Bases para a contratación (1) animador/a cultural mediante concurso, en réxime laboral por obra ou

servizo determinado.

REQUISITOS:

Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: técnico en animación sociocultural ou diplomado en

educación social ou habilitado; no seu defecto admitirase tamén a titulación en Maxisterio e outras

titulacións universitarias. Estar en posesión do permiso de conducir B1.

SOLICITUDES.

Oito días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP.

Enlace: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2013/05/02/2013_0000005495.pdf

PACTO DE CONTRATACIÓNS TEMPORAIS

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE – DOG, 29 de abril

Resolución do 9 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autoriza e se publica o acordo adoptado pola Comisión central de seguimento do pacto sobre selección de persoal estatutario temporal no ámbito do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade (DOG núm. 89, do 9 de maio de 2011) na reunión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 2013.

ANEXO:

I. Renuncia sen penalización a vínculos de longa duración nos supostos de cambio de área.

II. Renuncia sen penalización a vínculos a tempo parcial nos supostos de optar só pola realización

de nomeamentos a xornada completa.

III. Disposicións comúns.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130429/AnuncioG0003-220413-0001_gl.pdf

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 11 -

PROGRAMA DE ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE

VICEPRESIDENCIA E CONS. DE PRESIDENCIA, AA.PP. E XUSTIZA – DOG, 30 de abril

Orde do 29 de abril de 2013 pola que se regulan as bases para a concesión das estadías de tempo libre

para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas e se procede á súa convocatoria

para o ano 2013.

OBXETO:

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que se inclúen como anexo, que rexerán a

concesión en réxime de concorrencia competitiva de estadías de tempo libre para mulleres soas con

responsabilidades familiares non compartidas.

PERSOAS BENEFICIARIAS:

O Programa de estadías de tempo libre está dirixido a mulleres soas que teñen ao seu cargo en exclusiva

os seus fillos e fillas e/ou menores en acollida, en moitos casos mulleres que son vítimas da violencia de

xénero, e a súa finalidade é facilitarlles o desfrute dun tempo desligado da súa situación habitual e no cal

poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

O número de prazas é de 95 para mulleres con fillas/os menores e/ou menores en acollida,

exclusivamente ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

REQUISITOS:

1. Ter unha/un nena/o a cargo nacida/o con posterioridade ao 31 de decembro de 2010.

2. Non dispoñer doutras axudas para igual ou análoga finalidade outorgadas por outros

organismos ou institucións públicas ou entes privados que, en concorrencia coa regulada nesta

orde, supere o custo da praza.

SOLICITUDES:

As solicitudes formalizaranse segundo o modelo do anexo I desta orde asinadas pola persoa solicitante. O

formulario da solicitude, así como os demais formularios normalizados referidos nas bases reguladoras e

que figuran como anexos desta orde, estarán dispoñibles nas seguintes páxinas: https://sede.xunta.es e

http://www.mulleresengalicia.es

PRAZO:

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta orde.

Enlace: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130430/AnuncioG0244-290413-0002_gl.pdf

DO 29 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

- 12 -