Dosier foro empresarial boirense

30
Dosier Foro Empresarial Boirense Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com 981 84 78 88 [email protected] 1 DISCURSO INAUGURACIÓN FORO EMPRESARIAL BOIRENSE CARLOS RODRÍGUEZ MUÑIZ PRESIDENTE ABE Boiro, 17 xaneiro de 2009 Cúmprense agora oito meses desque a xunta directiva da Asociación Boirense de Empresarios que teño a honra de presidir asumeu as rendas da entidade. Dende o primeiro momento coincidimos en que non se podería gañar o futuro dos nósos sectores empresariais se non afrontábamos dous retos que consideramos primordiais: a formación e a información. Así, dende o primeiro momento comenzamos a traballar con ilusión nun ambicioso proxecto ,non exento de dificultades , que hoxe é realidade: O Foro empresarial boirense. Un foro que nace con vocación de permanencia no tempo ; de servir de praza pública para o debate riguroso e sincieiro. Un espacio para o análise e o estudio. Para o debate e a reflexión. Para que dél se extraigan as conclusións máis proveitosas. Para que se analicen os problemas que nos preocupan. Para que falemos do futuro. En definitiva: para escoitar e ser escoitados. Deixóu escrito o xenial Alvaro Cunqueiro que os galegos somos un pobo afastado ó que se nos encomendou a difícil tarefa de gardar un dos puntos neurálxicos da xeografía universal. Pero ademáis desta difícil tarefa á que se refire o escritor, os empresarios temos tamén a encomenda non sempre fácil de facer chegar, dende o Finisterre no que nos atopamos as nosas voces e inquedanzas ata aqueles lugares onde se toman as decisión que a todos nos afectan. Por iso, estou convencido, e moitos de vostedes o estarán conmigo, de que a posta en marcha deste foro de debate vai a significar un importante avance no futuro empresarial e social desta comarca.

Transcript of Dosier foro empresarial boirense

Page 1: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

1

DISCURSO INAUGURACIÓN FORO EMPRESARIAL BOIRENSE

CARLOS RODRÍGUEZ MUÑIZ – PRESIDENTE ABE

Boiro, 17 xaneiro de 2009

Cúmprense agora oito meses desque a xunta directiva da Asociación Boirense de Empresarios que teño a honra de presidir asumeu as rendas da entidade. Dende o primeiro momento coincidimos en que non se podería gañar o futuro dos nósos sectores empresariais se non afrontábamos dous retos que consideramos primordiais: a formación e a información. Así, dende o primeiro momento comenzamos a traballar con ilusión nun ambicioso proxecto ,non exento de dificultades , que hoxe é realidade: O Foro empresarial boirense. Un foro que nace con vocación de permanencia no tempo ; de servir de praza pública para o debate riguroso e sincieiro. Un espacio para o análise e o estudio. Para o debate e a reflexión. Para que dél se extraigan as conclusións máis proveitosas. Para que se analicen os problemas que nos preocupan. Para que falemos do futuro. En definitiva: para escoitar e ser escoitados. Deixóu escrito o xenial Alvaro Cunqueiro que os galegos somos un pobo afastado ó que se nos encomendou a difícil tarefa de gardar un dos puntos neurálxicos da xeografía universal. Pero ademáis desta difícil tarefa á que se refire o escritor, os empresarios temos tamén a encomenda non sempre fácil de facer chegar, dende o Finisterre no que nos atopamos as nosas voces e inquedanzas ata aqueles lugares onde se toman as decisión que a todos nos afectan. Por iso, estou convencido, e moitos de vostedes o estarán conmigo, de que a posta en marcha deste foro de debate vai a significar un importante avance no futuro empresarial e social desta comarca.

Page 2: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

2

I FORO EMPRESARIAL BOIRENSE

ELENA ESPINOSA –MINISTRA MEDIO AMBIENTE

MEDIO AMBIENTE E DESENROLO SOSTIBLE: OPORTUNIDADES E RETOS PARA A

EMPRESA GALEGA DO SÉCULO XXI Coincidimos tamén, en que, se hai una voz autorizada para inaugurar este foro, ésa é a da Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, ELENA ESPINOSA MANGANA. Unha galega que ten entre outras a responsabilidade de velar polos intereses das xentes do mar, verdadeiro elemento vertebrador da economía da nosa bisbarra. Pero ademáis, Elena Espinosa, preséntase hoxe nesta tribuna cun curriculum envidiable froito de anos de preparación, traballo e sacrificio. Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola universidade de Santiago de Compostela, asumíu unha das súas primeiras responsabilidades situándose ó fronte da zona de urxente reindustrialización de Vigo. Tarefa, como xa se imaxinan complexa por canto se trataba de levar a cabo plans de recuperación industrial dunha comarca que acababa de ser azotada pola reconversión industrial. A Elena Espinosa, agardáballe despois o Porto de Vigo do que foi presidenta, as clases na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais na que alcanzara a súa licenciatura, o Instituto Galego de Mediciña Técnica, e outra vez o mar como adxunta á presidencia do grupo RODMAN para de ahí, no 2004, pasar a formar parte do goberno de España.

Page 3: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

3

Non se nos oculta que as responsabilidades de goberno da Ministra Espinosa pasan por aqueles asuntos de grande complexidade e importancia para o futuro de España e do mundo como son a defensa e a protección do Medio Ambiente, a loita contra o cambio climático, a loita contra a pesca ilegal, a potenciación do sector pesqueiro, a utilización de enerxías limpas, a mellora da calidade de vida no campo ou mesmo a potenciación da industria agroalimentaria. E por eso, Ministra, agradézolle profundamente, no nome da Asociación Boirense de Empresarios e no de cantos hoxe estamos reunidos aquí, que aceptara abrir este novo proxecto que, estamos convencidos, pode ser o comenzo dunha etapa de éxitos e logros importantes para todos.

Page 4: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

4

II FORO EMPRESARIAL BOIRENSE

PILAR FARJAS – CONSELLEIRA DE SANIDADE

LUCIANO VIDÁN - PRESIDENTE COLEXIO OFICIAL DE MÉDICOS DE A CORUÑA

JUAN GESTAL - CATEDRÁTICO USC , XEFE DO SERVIZO MEDICINA PREVENTIVA E SAÚDE PÚBLICA HOSPITAL CLÍNICO DE SANTIAGO

A GRIPE A

“A carga sobre o sistema sanitario é o maior risco da gripe A” Pilar Farjas afirmou que a enfermidade, na maior parte dos casos, curase na

casa con repouso, boa hidratación e antigripais A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, participou o pasado 24 de setembro na segunda edición dos Foros Empresariais Boirenses que organiza a Asociación Boirense de Empresarios (ABE), para falar do plan de resposta elaborado polo seu departamento para facer fronte á gripe A. O acto tivo como escenario a Casa da Cultura, no parque da Cachada. Na súa exposición, Pilar Farjas tranquilizou ós presentes ó sinalar que a enfermidade ten unha evolución similar ós procesos gripais comúns que se caracterizan por unha sintomatoloxía leve que soamente en determinadas circunstancias, especialmente cando existen factores de risco, pode requerir asistencia médica. Ó igual que o proceso vírico común, na maior parte dos casos, a gripe A curase na casa, con repouso, boa hidratación e os antigripais de sempre.

A responsable de Sanidade resaltou na súa alocución a importancia de que a sociedade galega faga un uso solidario e responsable do sistema sanitario, e engadiu que o traballo actual da consellería, en relación coa gripe A, “se aborda tanto desde una perspectiva sanitaria

como social”.

Page 5: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

5

Pola súa parte, o presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Carlos Rodríguez Muñiz, afirmou na presentación do acto que a gripe A “ha generado una preocupación social evidente,pero también económica, porque los emprendedores queremos saber cómo puede afectar esta pandemia a la producción y al día a día de nuestras empresas”. Na súa intervención, Rodríguez Muñiz recordou que, cos datos na man e a experiencia adquirida no hemisferio sur, onde o pico da gripe A xa pasou, os datos estadísticos invitan ó optimismo e que, polo xeral, os casos con resultados de morte soen estar asociados a outras patoloxías, como sole ocorrir coa gripe estacional. O presidente da ABE puxo como exemplo Nueva Zelanda, onde cun clima e unha estrutura sanitaria moi similares a Galicia, só se rexistraron 17 mortos nuna poboación de 4.300.000 habitantes

Carlos Rodríguez Muñiz anadeu que “en cualquier caso, los laboratorios trabajan a tope para conseguir vacunas para el 40 por ciento de la población mundial. Y antivirales como el tamiflu o el relenza se han

hecho muy populares”.

Page 6: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

6

Na mesa redonda de Boiro tamén interveu o presidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña (COMC), Luciano Vidán, quen enumerou os mecanismos de transmisión da gripe A. “Las gotas de saliva que se emiten al toser, al hablar o al estornudar; el contacto de persona a persona o el rastro de secreciones que puede quedar en las manos o en otras superficies, provocan que el virus sobreviva algo menos de cinco minutos”.

Polo que respecta ó uso de mascarillas, precisou que, aínda non se comprobou a utilidade dun uso xeneralizado, sí poden ser efectivas para conter as gotas de saliva e secrecións nasais dos enfermos. Non obstante, advertiu que se non se usan correctamente, incluso poden aumentar o risco de transmisión. Sobre o período de infectividade, o dirixente dos médicos coruñeses apuntou que éste comeza 24 horas antes de que se declare e dura ata 3 o 4 días despois. Tamén precisou que o período e a carga viral nos nenos é máis elevada que nos maiores, e o tempo de incubación oscila entre as 24 elas 48 horas. Luciano Vidán tamén falou sobre os signos y síntomas que presenta a enfermidade e estableceu tres tipos: xenerais, respiratorios e dixestivos. “La fiebre, el malestar general, el dolor de cabeza o las artromialgias se encuadran dentro de los primeros. Pero el enfermo también puede sufrir obstrucción nasal, dolor de garganta, tos, disnea o dolor torácico; e incluso manifestaciones digestivas como vómitos o diarreas”. O catedrático e xefe do Servicio de Medicina Preventiva e Saude Pública do Hospital Clínico Universitario de Santiago, Juan Gestal, que completaba a mesa do segundo Foro Empresarial Boirense, sinalou que a gripe A, a diferenza da estacional, “va a afectar a más población y también a más jóvenes, en los que puede producir en ocasiones algún cuadro grave”. O especialista compostelano suliñou igualmente que algúns destes casos poden resultar letais, da mesma forma

“Para evitar el contagio –recalcou Vidán- hay que lavar frecuentemente las manos y limpiar las superficies; cubrirse la boca al toser o al estornudar; utilizar una toalla personal; mantener una adecuada aireación y, si es posible, no salir del domicilio”.

Page 7: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

7

que sucede coa gripe estacional, aínda que non se prevé que teña unha incidencia mortal elevada. “Se trata –añadeu Gestal- de una pandemia leve. En un principio se había estimado una afectación del 35 o el 40 por ciento de la población y, a la vista de lo ocurrido en el hemisferio sur, quizás sea menor, en torno al 20 por ciento. La letalidad observada también es baja”, confirmou o poñente.

Juan Gestal suliñou que “la vacunación es el mejor medio de protegerse frente a la gripe”. No obstante, puntualizó que “la vacuna pandémica tiene que cumplir, antes de que se autorice su comercialización, las mismas exigencias de las que se emplean para la gripe estacional”. Con respecto á posibilidade de que esta entrañe algún risco, sinalou que “es un tratamiento de virus muertos cuyo proceso de fabricación es igual al de las vacunas de la gripe estacional, que son muy seguras”.

“Se están utilizando –dijo- para tratar a los enfermos que presentan complicaciones que motivan su ingreso hospitalario, y en aquellos otros que tienen factores de riesgo de sufrir procesos más graves”.

Page 8: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

8

III FORO EMPRESARIAL BOIRENSE

MIGUEL ÁNGEL CADENAS- PRESIDENTE DO T.S.X.G. CARLOS VARELA- FISCAL SUPERIOR DE GALICIA

JULIO FARIÑAS - XORNALISTA

“XUSTIZA, POLÍTICA E CORRUPCIÓN”

Unha interesante análise sobre a situación actual da xustiza en España e a difícil

convivencia entre os poderes político e xudicial centrou a terceira edición do Foro

Empresarial Boirense, que se celebrou onte na Casa da Cultura de Boiro. Miguel

Ángel Cadenas Sobreira, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,

Carlos Varela García, fiscal superior de Galicia e o xornalista Julio Álvarez Fariñas,

especialista en narcotráfico e asuntos xudiciais, foron os convidados á mesa

redonda que presidiu Carlos Rodríguez Muñiz, presidente da Asociación Boirense

de Empresarios (ABE).

Page 9: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

9

Na presentación do acto, Carlos Rodríguez Muñiz puxo sobre a mesa temas de

actualidade en canto a política e xustiza: “xa sexa pola falta de medios, a saturación

dos xulgados, acusacións de politización de xuíces e fiscais… o certo é que a xustiza

está nos medios de comunicación e na opinión pública”. O presidente dos

empresarios deu paso así ás primeiras intervencións dos convidados, que

comezaron co discurso de Julio Álvarez Fariñas.

Álvarez Fariñas encamiñou a súa quenda de palabra pola corrupción. En contra da

sensación xeral, o xornalista desmarcou este fenómeno dos partidos políticos

cinguíndoo especialmente no ámbito do poder, e de forma específica nos gobernos

e nos órganos que dependen destes: “non nos enganemos, a corrupción existe en

todos os lados e non ten nada que ver nin con un nin con outro partido político,

senón coas persoas que aproveitan posicións vantaxosas en beneficio propio”. Por

outra parte, Fariñas apuntou que os xuíces que se arriscan na investigación son

máis eficaces á hora de combater a corrupción e que as accións contra estes xuíces

non favorecen que xurdan maxistrados máis activos.

O presidente da ABE presidiu o acto e moderou o posterior debate, onde os asistentes expuxeron as súas impresións sobre a xustiza en Galicia.

Page 10: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

10

Despois da intervención do xornalista, colleu o testemuño o fiscal Superior de

Galicia. Carlos Varela analizou a situación da xustiza actual e sinalou que se

encontra colapsada e que, polo tanto, é necesario buscar solucións para tratar de

que sexa máis áxil e eficaz. Varela recordou que o sistema xudicial actual está

obsoleto e que é necesaria unha nova organización creando salas de carácter

comarcal que sirvan de filtro aos asuntos que chegan aos altos tribunais e que

poderían resolverse nunha instancia máis local. Varela cualificou tamén de lenda

urbana que a fiscalía actúe dirixida polos gobernos: “a fiscalía é un órgano

independente cos seus propios estatutos; un político non pode interferir nin

orientar a labor dun fiscal porque, entre outras cousas, estaría incorrendo nun

delito”.

A quenda de intervencións pechouse co presidente do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia, Miguel Ángel Cadenas, cuxo discurso xirou en torno á convivencia dos

poderes político e xudicial, especialmente na intención duns e doutros de interferir

ou mediar nas súas respectivas funcións. Miguel Ángel Cadenas sentenciou:

“partindo da base de que xuíces e políticos desempeñan roles claramente

diferenciados pola Constitución, é pouco positivo que se fale con tanta lixeireza da

politización da Xustiza e xudicialización da política ou do político”.

Tras o discurso do presidente do TSXG, Carlos Rodríguez deu paso a un debate no

que os asistentes ao foro expuxeron as súas opinións en canto a xustiza e política.

“O sistema de partidos xudiciais implantouse no século XIX e non é operativo na actualidade”. Carlos Varela propuxo unha nova organización da xustiza con salas de carácter comarcal que sirvan de filtro aos asuntos que chegan aos altos tribunais e non saturen as salas superiores.

Miguel Ángel Cadenas deixou patente a inconveniencia de que xustiza e política se crucen ou mesturen no desempeño das súas funcións: “aos políticos correspóndelles aprobar as leis e aos xuíces sancionar o seu incumplimento”.

Page 11: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

11

IV FORO EMPRESARIAL

JOSÉ MARÍA ARIAS MOSQUERA - PRESIDENTE DO BANCO PASTOR,

ANTONIO FONTENLA – PRESIDENTE C.E.G.

A SITUACIÓN ECONÓMICA DE GALICIA E AS SÚAS ALTERNATIVAS DE FUTURO

José María Arias, presidente do Banco Pastor, e Antonio Fontenla, máximo

responsable da Confederación de Empresarios de Galicia foron os

protagonistas do IV Foro Empresarial da ABE.

A situación económica de Galicia e as súas alternativas de futuro. Baixo este título

celebrouse o pasado 7 de maio o IV Foro Empresarial de Boiro, organizado pola

Asociación Boirense de Empresarios.

Page 12: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

12

O acto non defraudou aos emprendedores locais e da comarca do Barbanza que se

deron cita na Casa da Cultura da Cachada; xa que conseguiu os seus obxectivos, que

eran basicamente instruír á audiencia sobre a crise económica actual e despexar

dúbidas. O presidente do Banco Pastor, José María Arias Mosquera, profundou nas

claves que levaron a España á recesión e á desconfianza dos inversores

estranxeiros, e incluso deu pistas sobre como saír do labirinto que puxo en dúbida

os piares da economía nacional, mentres que o máximo dirixente da patronal

galega Antonio Fontenla destacou a importancia de revisar tanto o mercado

laboral como a reforma fiscal. Ambos poñentes coincidiron en formular a

idoneidade de acometer cambios profundos, a corto e medio prazo, na práctica

totalidade das estruturas políticas e sociais.

Abriu a mesa redonda sobre a situación económica actual o presidente da patronal

boirense, Carlos Rodríguez Muñiz, que comezou esbozando os méritos dos

protagonistas do primeiro foro empresarial do 2010 e das entidades que dirixen.

Do Banco Pastor, que preside José María Arias, recordou que é unha entidade

“estreitamente ligada ao desenvolvemento da nosa comunidade. Un grupo

bancario que pasa por ser o sétimo de España e o que ten o maior número de

oficinas en Galicia”.

Carlos Rodríguez, presidente da

ABE, presentou aos poñentes como

“dous dos actores fundamentais

do sistema económico financeiro

de Galicia e de España que nos

poden axudar a desentrañar as

claves do futuro. Como superar a

actual conxuntura económica e

volver aos vieiros de creación de

emprego e de riqueza”.

Page 13: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

13

Sobre Antonio Fontenla, sinalou que é “un emprendedor de longo percorrido que

lidera as Confederacións de Empresarios de A Coruña e de Galicia e que

pertence ao comité executivo e á xunta directiva da CEOE”. Tamén enumerou

outros cargos que ostenta este aparellador e empresario coruñés, no ámbito

público e no privado.

De ambos tertulianos, Carlos Rodríguez apuntou que tanto José María Arias como

Antonio Fontenla “son actores fundamentais do sistema económico e financeiro

de Galicia e España. En palabras de Maquiavelo, a eles non só lle é dado ver,

senón tamén palpar”, e agradeceu que aceptasen a invitación da Asociación

Boirense de Empresarios. Acto seguido, o responsable da patronal de Boiro

desvelou o que o público asistente esperaba de José María Arias e Antonio

Fontenla: “que nos axuden a desentrañar as claves do futuro. Cómo superar a

actual conxuntura económica e volver aos vieiros da creación de emprego e de

riqueza ou mesmo as actitudes que debe adoptar a clase empresarial nestas

circunstancias”.

O primeiro en intervir foi José María Arias Mosquera, quen dedicou as súas

palabras iniciais aos mercados internacionais, que nas últimas datas estiveron

condicionados pola preocupante situación económica de Grecia e o temor a un

contaxio que alcance a outras economías europeas en dificultades, como ocorre

con España e Portugal. O presidente do Banco Pastor foi claro e contundente ao

analizar as causas dos vaivéns nos mercados financeiros: “os mercados

internacionais non están xulgando a situación actual de España, como

erroneamente se está formulando, senón que están poñendo en dúbida o

mañá” aclarou o poñente.

“Hai que demostrar aos inversores aos

inversores internacionais que hai

capacidade para adoptar medidas

estruturais de calado que alcancen a

educación, o mundo laboral, a tecnoloxía,

as infraestruturas, a comunicación, a

Administración e incluso o sistema de

pensións”. Arias Mosquera, presidente do

Banco Pastor, puxo sobre a mesa algunhas

das posibles solucións para saír da crise.

Page 14: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

14

O presidente do primeiro banco de Galicia explicou á concorrencia que os

parámetros fundamentais da economía española non están mal, aínda que se pense

o contrario, “pero os axustes non poñen en dúbida o hoxe, senón o mañá; está

en interdito a credibilidade económica futura do noso país, non a de hoxe en

día”, matizou José María Arias Mosquera.

V FORO EMPRESARIAL BOIRENSE

FEDERICO GARRIDO VILLA - SUBDIRECTOR PATRIMONIO CULTURAL XUNTA

JOSÉ PAZ GESTOSO - DIRECTOR DO INSTITUTO DE ESTUDIOS TURÍSTICOS

XAVIER CAMPOS -RESPONSABLE DE XESTIÓN CULTURAL EMPRESA TRIVIUM

RECUPERACIÓN E POSTA EN VALOR DO PAZO DE GOIÁNS

Os especialistas aconsellan efectuar un plan director que dirixa o futuro do

pazo de Goiáns

O V Foro Empresarial Boirense, organizado pola asociación de empresarios, contou

coa asistencia de tres especialistas para analizar a recuperación e posta en valor do

pazo de Goiáns, recentemente adquirido polo Concello de Boiro con fondos do

Estado, e as súas posibilidades de futuro. A conclusión unánime á que chegaron os

integrantes da mesa de debate foi que, previamente a calquera actuación, é

necesario efectuar un plan director para tódalas actuacións para conseguir un

óptimo aproveitamento da paraxe, compatible coa singularidade das construcións

e o entorno, así coma seus usos.

Foi o presidente da Asociación Boirense de Empresarios (ABE), Carlos Rodríguez

Muñiz, quen iniciou a mesa redonda ante unha importante audiencia á que no lle

importou a fría noite á hora de escoitar a voces autorizadas.

Page 15: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

15

Garrido Villa recordou que os pazos son construcións singulares de Galicia, trátase

dun tipo de arquitectura ligada á produción agropecuaria: “Non se poden entender

sen o seu entorno, sen a súa explotación, e é importante non perder estas

expectativas para desenvolver os seus usos adecuadamente”. Tras analizar os

distintos elementos que integran a propiedade, aconsellou actuar na finca con

moita calma, sen presas. Primeiro, efectuando estudos non so do pazo, senón

tamén da botánica e todo o que poida ter valor co fin de adaptalo á explotación

futura.

O director do Instituto de Estudios Turísticos, José Paz Gestoso, centrouse nas

posibilidades turísticas que ten o vestixio. Falou concretamente do turismo de

congresos, de convencións e de viaxes de incentivos. Paz Gestoso recordou que,

xeralmente, este tipo de concentracións sectoriais desenvolvense nas cidades, dada

a proximidade dos servizos e de alternativas de ocio que se concentran nas urbes,

pero en moitos casos, especialmente nas viaxes de incentivos, búscanse paraxes

singulares para desenvolver as reunións, e a Torre de Goiáns e seu entorno reúnen

tódalas condicións para acoller a este tipo de visitantes.

Page 16: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

16

O terceiro en intervir foi Xavier Campos López, da empresa Trivium suxeriu que,

no futuro, se baralle un sistema de explotación mixto do que formen parte as

iniciativas pública e privada, e engadiu que sería interesante que se prantexara

desenvolver unha actividade de carácter comarcal, dada a existencia dunha

mancomunidade que está desenvolvendo actividades promocionais conxuntas dos

catro municipios da comarca de Barbanza.

Carlos Rodríguez pechou o acto agradecendo a asistencia e invitando ao público a

acudir ao próximo Foro Empresarial, que se celebrará xa en 2011. Ao finalizar o

foro serviuse un cóctel e unha degustación de viños “das terras do Barbanza”

Page 17: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

17

VI FORO EMPRESARIAL

JOSÉ BLANCO – MINISTRO DE FOMENTO

REFORMAS PARA O PROGRESO ECONÓMICO

O ministro de Fomento, José Blanco, foi o poñente do último foro empresarial

celebrado o pasado sábado 2 de abril. A conferencia, no marco dos foros que

organiza periodicamente a Asociación Boirense de Empresarios versou sobre

Reformas para o progreso económico.Trala charla, o ministro someteuse ás

numerosas preguntas do público, máis de trescentas persoas, que ateigaban a casa

da cultura da Cachada.

As preguntas foron do mais variado, dende se prefería a Rubalcaba ou a Chacón

para substituír a Zapatero a outras intimamente ligadas á crise. Antes de que o

público o interpelara , xa fixera algún guiño á nosa terra. Sinalou, que o Goberno

está investindo «de forma histórica» para mellorar o transporte en Galicia porque

sabe que iso é sinónimo de apoiar ás firmas galegas, entre elas, ás de Barbanza.

José Blanco aludiu a que as empresas da comarca, sobre todo as relacionadas co

mundo do mar, necesitan poñer canto antes os produtos nos mercados para ser

máis competitivas. Dixo que por elo se está investindo «para que Galicia este

mellor comunicada por terra, mar e aire». De feito enfatizou que a chegada do AVE

está á volta da esquina, recordou que a líña de A Coruña a Santiago entrará en

funcionamento antes de finais de ano, e manifestou que toda Galicia verase

influenciada pola alta velocidade.

Page 18: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

18

Coa participación do ministro de fomento xa son dous os ministros do goberno de

España que pasaron polos foros da ABE trala inauguración dos mesmos pola

ministra Elena Espinosa.

Page 19: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

19

VII FORO EMPRESARIAL

ENRIQUE CASTELLÓN - MÉDICO, ECONOMISTA, CREADOR DO CNIO E DO CNIC

E DA AXENCIA ESPAÑOLA DO MEDICAMENTO.

ÁNGEL CARRACEDO - MÉDICO, CATEDRÁTICO DE MEDICINA LEGAL DA USC E

DIRECTOR DA FUNDACIÓN GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA.

JOSÉ MARÍA MATO, DOUTOR EN QUÍMICA, DIRECTOR XERAL DOS CENTROS

BIOGUNE E BIOMAGUNE.

JOSÉ LUÍS DE MIGUEL - DOUTOR EN CIENCIAS FÍSICAS, E SUBDIRECTOR

XERAL DA FUNDACIÓN XERAL DO CESIC.

A INVESTIGACIÓN BIOMÉDICA EN ESPAÑA

O foro empresarial da ABE reuniu a elite científica en Boiro

“A investigación biomédica en España” foi o título da sétima edición dos Foros

Empresariais Boirenses que organiza a Asociación Boirense de Empresarios.

Ángel Carracedo, Enrique Castellón, José María Mato e José Luis de Miguel,

catro expertos do máximo nivel, nacional e internacional, foron os

protagonistas.

Page 20: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

20

“Coa investigación biomédica xogámonos o noso futuro como país avanzado”,

afirmou o presidente da Asociación Boirense de Empresarios, Carlos Rodríguez

Muñiz. “Por iso, desde a ABE organizamos un foro para debater un asunto de

importancia e trascendencia e para isto conseguimos reunir un plantel de expertos

de luxo”. O VII Foro Empresarial Boirense, “A investigación biomédica en España”,

celebrouse o pasado martes, 13 de decembro, na Casa da Cultura de Boiro e os

expertos aos que se refería o presidente da ABE eran: Enrique Castellón, médico,

economista e creador dos Centros Nacionais de Investigacións Oncolóxicas (CNIO)

e de Investigación Cardiovascular (CNIC), e da Axencia Española do Medicamento;

Ángel Carracedo, médico, catedrático de Medicina Legal da USC e director da

Fundación Galega de Medicina Xenómica; José María Mato, doutor en Química, e

director xeral dos Centros de Investigación Cooperativa en Biociencias, BIOGUNE,

de Bilbao e de Investigación Cooperativa en Biomateriales, BIOMAGUNE, de San

Sebastián; e José Luís de Miguel, doutor en Ciencias Físicas, e subdirector xeral da

Fundación Xeral do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

Segundo Rodríguez Muñiz, “atopámonos nun escenario non excesivamente

favorable. A billa da inversión pública en coñecemento non se pechou, pero

reduciuse o seu caudal. E a billa da inversión privada non se acaba de abrir”.

En palabras de Enrique Castellón, un dos protagonistas do foro, “no campo da

saúde, aportáronse ao mercado produtos desenvolvidos sen un coñecemento

preciso dos problemas e as necesidades ás que se supón que van”. Non obstante,

apuntou o presidente de Cross Road Biotech, “estase producindo un cambio de

paradigma: a I+D estase facendo máis eficiente. A identificación por parte dos

clínicos do que debe ser abordado pola investigación, resulta fundamental”.

Page 21: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

21

Ángel Carracedo, director da Fundación Galega de Medicina Xenómica, afirmou que

“en España a inversión pública en I+D é razoable. O problema radica en que a

contribución do sector privado é moi baixa”. En cuanto ao traballo que realizan os

investigadores galegos, o profesor Carracedo declarou con rotundidade que “a súa

produción media es boísima”, e aportou datos: “temos o 2,5% dos investigadores

de España, pero representamos o 5,8% dos artigos publicados e o 5,3% das citas”.

Aínda así, Carracedo cre que “necesitamos máis xente traballando neste campo. A

nosa é unha vida difícil e moi competitiva, e os que chegan a ela pasaron unha

selección brutal”.

“Os modelos de I+D que implican unha conexión directa

entre a investigación e a praxis asistencial teñen unha

mellor e máis rápida translación ao mercado sanitario”.

Concluíu Enrique Castellón.

Ángel Carracedo asegura que no seu grupo “teño

algunhas estrelas, que estou seguro que chegarán a ser

referencias mundiais no seu campo.

Page 22: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

22

VIII FORO EMPRESARIAL

XOSÉ LUIS BARREIRO - FILÓSOFO, SOCIÓLOGO, PROFESOR E DIRECTOR DA

UIMP EN GALICIA

“UNHA CRISE EN TRES VERSIÓNS: HISTÓRICA, ECONÓMICA E POLÍTICA”

Apostou por máis Europa e menos Estado, eloxiou a posición de Angela Merkel

e avogou por unha política monetaria propia para a UE.

O filósofo, sociólogo, profesor, director da UIMP en Galicia e comentarista político

Xosé Luís Barreiro Rivas, foi o protagonista do Foro Empresarial Boirense que,

organizado pola Asociación Boirense de Empresarios (ABE), celebrouse o pasado 3

de maio na Casa da Cultura.

O conferenciante foi presentado por Carlos Rodríguez Muñiz, presidente da ABE,

que cualificou a Barreiro como “un analista fino, un comentarista polémico e un

tertuliano habitual na prensa, radio e televisión”, para engadir que “os seus artigos

son unha referencia obrigada para a clase política e dirixente do país”.

Page 23: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

23

Carlos Rodríguez dixo na súa presentación que “se algo nos afecta a todos, ou a

case todos, é a crise que está a provocar o peche de moitas empresas e a

destrución de miles de postos de traballo; que dificulta a obtención de créditos, e

que empobrece a cidadanía”.

Pola súa parte, Xosé Luís Barreiro, que titulou a súa charla “Unha crise en tres

versións: histórica, económica e política”, tras facer un primeiro diagnóstico sobre a

situación actual, afirmou: “cada vez que titubeamos, ou deixamos para mañá o que

podemos facer hoxe, ou pensamos que non estamos empobrecidos pola nosa mala

cabeza senón polas manías e obsesións de Angela Merkel, ou cremos que a prima

de risco sobe porque Nicolás Sarkozy di nos seus mitins as mesmas parvadas que

din aquí as sucesivas oposicións, ou pensamos que a sanidade, a educación e o

I+D+i están xestionados de forma óptima e axustada e que podemos seguir así ad

aeternum, estamos xogando coa pólvora, e retrasando unha ventura que só poderá

vir despois de fortísimos axustes feitos na carteira, na cabeza e na lingua”.

Máis Europa e menos Estado

Para o profesor Barreiro, “a Unión Europea, que recibiu a crise financeira baixo a

modalidade do déficit privado, enfróntase agora ao problema do déficit público. E,

aínda que é evidente que unha cousa vén da outra —porque os estados

endebedáronse para socorrer á banca e para por parches ás caídas do emprego e

do consumo—, tamén é verdade que os políticos debían saber que a volta ao

Estado, e a ruptura brutal dos criterios de estabilidade, podían traer estas

consecuencias”.

“Nada se soluciona metendo a cabeza debaixo da

á. Só enfrontándose a ela, desde un correcto

diagnóstico, podemos superala”.

Page 24: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

24

Para Barreiro os políticos equivocáronse “ao crer que a situación de emerxencia

económica esixía máis Estado e menos Europa, en vez de necesitar máis Europa e

menos Estado. Á cabeza dese erro estiveron Francia e Alemaña, perfectamente

espoleadas e animadas pola Inglaterra anti-euro e pro-dólar e por todos os que,

instalados na economía do dólar, pretenden que o déficit europeo leve ao euro a

onde xa está a moeda estadounidense”.

Xosé Luís Barreiro mantivo que moitos países europeos están endebedados e

manteñen déficits ao borde da imprudencia. E, afirmou, “aínda que na parte dos

casos, as pasadas alegrías só nos van a pasar unha dura factura no crecemento e o

emprego, algúns estados —como Grecia— poden moverse ao borde da quebra. E

isto produciuse non polo euro —que nos salvou da catástrofe—, nin pola UE —que

só cometeu pecados de omisión—, senón por ter caído na tentación de regresar ao

Estado e resolver un problema novo con ferramentas políticas vellas”.

Nesta liña comentou: ”se hoxe tivésemos moeda e un banco central en cada país, a

resposta á crise grega e aos apuros de Portugal e España sería unha terrorífica

depreciación á venezolana que nos faría máis pobres e menos cribles e nos privaría

para sempre do soño europeo”.

Segundo Barreiro Rivas, “o principal erro que cometeron os

políticos e economistas europeos, foi o de non darse conta de

que o noso problema era o déficit de política, ou a falta de

adecuación entre a enorme dimensión dos problemas

económicos e a escasa relevancia das institucións que deben

corrixir os seus desaxustes”.

Page 25: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

25

A posición de Angela Merkel, a máis útil e europeísta

O protagonista do Foro Boirense tamén se referiu á chanceler alemá, da que

sinalou, “en contra do que parece, e dos consellos que nos dan a diario os inimigos

do euro e de Europa, a posición adoptada por Angela Merkel sobre o espiñoso tema

grego é a máis útil, a máis lóxica e a máis europeísta”. E xustificouno argüíndo “non

só razóns de carácter xeral, senón porque todos sabemos que quen máis diñeiro

vai a por na operación rescate é quen máis pode gañar ou perder nos asaltos ao

euro e á súa estabilidade é Alemaña”.

Sobre a moeda europea, Barreiro mostrouse tallante: ”o euro só pode funcionar se,

á espera de establecer normas e controis adecuados sobre as chamadas débedas

soberanas e as políticas fiscais, adóptanse acordos de mínimos que poñan

disciplina e coherencia nos orzamentos estatais da zona euro”. E para que eses

acordos sexan efectivos, dixo que “non

queda máis remedio que establecer sancións a quen os incumpran, que poden

traducirse en fortes e impopulares axustes para as economías infractoras ou na

simple expulsión do euro daqueles países que poñan en risco a súa estabilidade e o

seu valor como forma de pago ou de reserva”.

Para Barreiro, “a idea de saír ao rescate de Grecia ou de calquera outro país sen

pasarlle factura é unha temeridade e unha inxustiza, e por iso os verdadeiros

europeístas debemos estar espelidos e saír, en contra da opinión dominante, na

prensa económica afecta ao dólar e á libra, en apoio de Angela Merkel que quere

por orden e concerto na zona euro antes de rescatar, como fará, a quen haxa que

rescatar”.

Page 26: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

26

Sería malo, segundo o conferenciante, “que a zona euro fose incapaz de rescatar a

un dos seus socios, porque esa actitude reactivaría a crise financeira mundial e

poría aos grandes países europeos nunha dramática situación”.

O dominio da perspectiva económica é insuficiente e provoca erros

O sociólogo, filósofo e analista comentou que “ao contrario do que cría James

Carville, o famoso asesor de Clinton, para quen a política non era máis que unha

deriva pouco seria da economía —the economy, stupid—, a Unión Europea está

demostrando exactamente o contrario, ao mostrar a cámara lenta cómo a falta dun

contexto institucional estable e suficiente está frustrando todos os intentos de

meter en verea os desaxustes -provocados tamén por un déficit de política- que

definen a terrible crise que padecemos”.

“O noso problema, dixo Barreiro, vén da fragmentación política, da falta dun

discurso común que poña freo á extrema facilidade e simplicidade dos

movementos especuladores”. E ao respecto sinalou: “o paradoxo final pode ser que

varias economías perfectamente viables na perspectiva técnico-científica acaben

sendo tombadas, e despois rescatadas, nun efecto dominó de imprevisibles

consecuencias”. E subliñou “que entre os principais actores da descoordinación

están os gobernos e os países das economías máis ameazadas que seguen

instalados nun soberanismo teórico que está arrasando as defensas do noso

benestar”.

De acordo coas teses do exvicepresidente da Xunta, “cando xa ninguén dubida de

cal é a receita que hai que aplicar —máis Europa e maior rigor e axuste das

economías públicas—,

os cidadáns, as representacións sociais e os gobernos, que actúan como partes

autónomas dunha UE amolecida, parecen volver a botar de menos aqueles tempos

nos que as depreciacións da moeda e o empobrecemento xeral e regresivo dos

traballadores tapaba e retiraba da opinión pública a ineficiencia e a indecencia dos

gobernos”.

Page 27: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

27

Europa necesita unha política monetaria propia

Nos prolegómenos da súa intervención, Barreiro puxo o dedo na chaga ao afirmar

que “o sistema mediático europeo non ten máis referentes económicos que

Financial Times, as axencias de clasificación que situaron a Lehman Brothers na

cima mundial da solvencia, e os artigos que publican en The New York Times nos

que —premiados co Nobel— traballan abertamente a favor do dólar como única

moeda de reserva e como instrumento de presión sobre todos os sistemas

monetarios do mundo”.

Ante esta situación sinalou: “aos señores Trichet, primeiro, e Draghi, despois, non

lles quedou máis remedio que gobernar o BCE, en contra da inmensa maioría da

opinión publicada, e contradicir a diario aos gurús que pensan que o único que se

necesita para ser un bo economista é copiar letra a letra as medidas que toman en

Washington para salvarse a si mesmos e para ver se poden manter las inercias

sistémicas que tanto lles favoreceron desde Bretton Woods ata hoxe”.

En palabras de Barreiro, “o que se lle pide ao BCE, desde os medios de

comunicación e desde as nerviosas ocorrencias dos gobernos nacionais europeos, é

que goberne o euro en zigzag, tratando de responder cada día aos movementos das

bolsas, das débedas soberanas, e dos debates mediáticos que manteñen Merkel e

Sarkozy; e todo isto sen perderlle o rastro ao outro zigzag, de motivacións

autónomas, que está trazando a Reserva Federal. E o que fixo ata agora o BCE foi

mirar o compás do euro e trazar a única singradura que pode salvarnos a todos”.

Para finalizar, Xosé Luís Barreiro Rivas quixo despexar o camiño de toda confusión

e dixo “nin Trichet nin Draghi son infalibles como o papa, nin ese súper-europeo

que todos levamos dentro. Só son a encarnación dunha institución europea ben

estruturada e ben regulada, que, por actuar con independencia e baixo a batuta

colectiva que manexan todos os bancos centrais da eurozona, case nunca se

equivocan. E esa é a lección que necesita a UE”. E rematou: “o día no que toda a

nosa política se faga así, desde institucións técnicas e independentes de traxectoria

irreprochable, irá todo como a seda. Porque, como dixo o propio Trichet, Europa

sairá da crise coa economía mellor ordenada e saneada do mundo”.

Page 28: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

28

IX FORO EMPRESARIAL

CESAR MOLINAS – MATEMÁTICO, ECONOMISTA, ESCRITOR E ARTICULISTA

QUÉ HACER CON ESPAÑA Poucas oportunidades hai de escoitar de boca dun especialista desvelar as claves

da crise: qué a motivou, se puidemos evitala e a forma de superala. Por iso, a

presenza do experto financeiro César Molinas no Foro Empresarial da A.B.E. serviu

aos asistentes para saír do salón de actos da casa da cultura de A Cachada coa

inquietude de escoitar expresións como que nin os nosos fillos nin os nosos netos

vivirán o que nos vivimos, que sufrimos moito pero aínda queda o peor e a

satisfacción de constatar de que hai mentes privilexiadas que son capaces de poñer

sobre a mesa as reformas necesarias para que a situación cambie, aínda que non

como para volver aos tempos de vacas gordas.

Page 29: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

29

A A.B.E. titulou o foro empresarial co mesmo enunciado do libro de Molinas que

tanto deu que falar: «Qué hacer con España». E seu autor, nunha disertación moi

sinxela e clara, foi debullando a orixe da dramática situación actual, explicou por

qué non se fixo nada para evitala cando en 1993 xa se sabía o que ia a ocorrer e

qué hai que facer agora.

César Molinas apuntou que España sempre demostrou que é capaz de afrontar

proxectos de futuro con capacidade integradora, e puxo o exemplo da Constitución

de 1978 como o máis claro da historia. Incidiu tamén na capacidade de pasar

dunha ditadura a unha democracia pacificamente, e sentenciou: «Sabemos

cambiar cuando la historia nos lo exige», e a situación, a seu xuízo, require un

cambio.

O intelectual fixo un repaso pola historia e sinalou que «España es un país rico, su

PIB es mayor que el de toda África, y para competir con los chinos tenemos que

igualarnos por abajo, que es tener iguales salarios, o meternos en una carrera

en la que se potencie la investigación, la iniciativa y la creatividad

empresarial».

Con estas premisas, Molinas sinalou que a situación cambiará, pero que

probablemente non o vexan ata dúas xeracións máis, e proclamou: «Hay que

proteger el capital humano».

Page 30: Dosier foro empresarial boirense

Dosier Foro Empresarial Boirense

Asociación Boirense de Empresarios www.boiroaberto.com

981 84 78 88 [email protected]

30

Para Molinas, «todos fuimos culpables, pero no igualmente responsables», do

que acusou directamente aos políticos que non tomaron as decisións que sabían

que debían adoptar e, ademais, engordaron a Administración dunha «élite

extractiva» -postos públicos cubertos a dedo- que fai insostible o sistema público.

Así mesmo afirmou que España ten capacidade para afrontar outro cambio

histórico, pero opina que para empezar ten que facer unha serie de reformas, das

cales a primeira é imprescindible para afrontar as seguintes. Trátase dun cambio

na lei de partidos políticos, nos que haxa máis control económico e democracia

interna, ao estilo de Alemania, onde tódolos procesos políticos están lexislados,

incluso a celebración dos congresos.

A segunda reforma afectaría á lei electoral, na que mostrouse claramente

favorablemente ás listas abertas e que sexan os cidadáns os que propoñan aos seus

candidatos.

A Terceira, a eliminación ou transformación de institucións carentes de contido,

como o Senado; un Consello Xeneral do Poder Xudicial que non sexa designado por

políticos; ou a concentración do Tribunal Constitucional no Supremo.

A reforma do mundo da educación foi a cuarta que enumerou. César Molinas

propón que os centros educativos e universidades teñan poder de decisión e

independencia para afrontar proxectos, adoptar medidas, promover ao

profesorado e incluso establecer súas remuneracións. Tamén apostou pola

investigación, que non quede a expensas da economía, senón que se garanta súa

continuidade.