Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un...
Transcript of Dossier prensa CNM17 Gal 5artistas - nordesia.com€¦ · Alceu Valença Cantos na Maré é un...
Alceu Valença
Cantos na Maré é un espazo para o convivio, a música, a amizade e a alegría. Trazaremos omapa da lusofonía a partir dos sentimentos nun país galego que é berce da lingua e desdePontevedra, unha cidade humanizada que dá de beber a quen pasa, a cidade das pontes.
Nesta edición tod@s seremos tambor, cidadáns libres dunha Galiza imaxinaria, froito desementes que veñen polo aire, da música como xeradora de afectos. Desde Brasil virá KátyaTeixeira, cantadeira que nos traerá a súa luz e os camiños percorridos en todos os recunchosdese inmenso país. Celina da Piedade entregará a alma co seu acordeón desde a súa voz deraíz de norte a sul de Portugal. Guadi Galego aportará a dozura e a calma do norte galego efará parar unha vez máis o mundo e os reloxos. Paulo Flores, unha gloria viva de Angola,seduciranos co semba, cos ritmos cadenciosos da súa terra, e Manecas Costa, vello coñecidoda Guiné, faranos revivir a irmandade afrogalega e traeranos a súa enerxía imparábel econtaxiosa.
Este ano imos lembrar e celebrar a Fran Pérez, Narf, un artista paradigmático e un exemplo decomo se tecen redes, de como se establecen vínculos con outras culturas desde o respecto e ocoñecemento mutuo, desde unha mirada que vai máis alá dun simple intercambio musical. Poriso nos chegou tan fondo a súa viaxe musical e vital, porque para nós Narf, o capitán Narife,representa en si mesmo a arte do encontro, da conversa musical e do respecto polo outro e asúa cultura, polo noso en conexión co mundo.
Así viviremos esta edición. Como unha festa, sen imposturas nin fusións artificiais, coa amizadecomo bandeira, coa paixón chantada no mascarón de proa. Sentiremos a maxia da música, quenos fará voar nunha soa voz tribal e nos fará bailar unha danza enérxica e telúrica que mata osmales e invoca a vida para sentila, tocala, bailala.
Warethwa! Árdelle o eixo!
Uxía
CNM 2017
Manecas CostaOs sons salvaxes e vibrantes da canción africanaManecas Costa forma parte da gran familia musical de CANTOS NA MARÉ desde a súa
participación na edición do 2005 e volta para lembrar ao seu irmán musical a quen, Fran
Pérez Narf, con quen gravou o disco ‘Aló Irmão’ en 2009.
Manecas Costa canta a África desde a sensualidade do Gumbé, un ritmo de danza
crioulo inspirou o seu primeiro grupo ‘África Livre’, co que se fixo inmensamente popular,
ata o punto de ser nomeado Embaixador de Boa Vontade pola UNICEF con só 19 anos,
polas súas letras, enteiramente dedicadas aos problemas sociais de Guiné, de onde tivo
que fuxir en 1990 por mor dos conflictos civís. Fixa a súa residencia en Lisboa e a partir
de aí comeza a viaxar por toda África e Europa, colaborando cos mais grandes nomes
da música e converténdose nun referente mundial da música da Guiné. As súas
composicións, acústicas e eléctricas a un tempo, exploran o son salvaxe e vibrante de
Guiné Bissau interpretado coa inimitable forma de cantar e tocar a guitarra de Manecas
Costa, un dos máis orixinais e creativos artistas do seu país.
www.facebook.com/manecascosta
Celina da Piedade
Celina da Piedade ten levado o seu acordeón e a súa voz ata os máis diferentes puntos
do globo, cantando ao sur de Portugal, comprometida sempre coa divulgación do
patrimonio musical alentexano. Quen xa a viu en concerto queda atrapado polo seu
inmenso carisma.
No seu repertorio, os temas do cante alentexano crúzanse con novas melodías,
composicións propias e outros autores, como o arxentino Atahualpa Yupanqui, o
brasileiro Gilberto Gil, e o portugués João Gil. A súa música está inspirada polo amor á
terra, á lingua nai, á forza das palabras, á filigrana musical que tecen os instrumentos.
Como explica a propia Celina, “é música feita con moito amor, seguindo o proverbio
africano que di que se precisa unha aldea enteira para criar un neno, tamén para facer
un disco é precisa toda unha comunidade, unha aldea enteira de xente con arte,
inspiradora e facedora”.
celinadapiedade.blogspot.com
O amor pola terra alentexana
Paulo FloresO contador de historias chegado da AngolaAutor, compositor e intérprete, Paulo Flores é unha das principais referencias da música
de Angola e un defensor incansable do Semba, o estilo musical que resulta dun proceso
complexo de fusión e transposición, sobre todo da guitarra, de segmentos rítmicos
diversos, asentados fundamentalmente na percursión, elemento base das culturas
africanas.
A través dun ollar que demostra un profundo amor polo seu pobo de Angola, ‘Bolo de
Aniversario’, o seu máis recente disco, revélanos as vivencias e experiencias musicais
que máis marcaron a Paulo Flores ao longo dos anos. A inconfundible voz de Paulo
Flores inspírase na tradición urbana de Luanda. É considerado un verdadeiro contador
de historias con 30 anos de carreira e máis dunha quincena de discos editados. Nas
súas cancións emprega as palabras certas para expresar a extraordinaria capacidade de
resistencia do pobo angolano e súa enerxía traducida nunha enorme vitalidade musical.
www.facebook.com/paulofloresmusic
Kátya TeixeiraAs sonoridades da música popular brasileiraEsta cantora brasileira naceu en São Paulo nunha familia de músicos, compositores e
investigadores da cultura popular; e trae no seu traballo musical toda esa bagaxe e
tamén o resultado de súas andanzas e recollidas polo Brasil. A música de Kátya
incorpora todos eses saberes e sonoridades, facendo reverencia aos mestres populares
e ás manifestacións culturais auténticas do Brasil.
Con 4 cds gravados e innumerables participacións en traballos e shows de artistas
consagrados da música popular brasileira, Kátya Teixeira conta con múltiples
recoñecementos ao seu labor creativo e está detrás de varios proxectos culturais no
Brasil entre os que destaca o Dandô, o Circuito de Música Dércio Marques, desde onde
promove o intercambio e circulación de música popular en varias cidades brasileiras,
ademais da realización de espectáculos e convivios musicais ao longo do país nos que
se integra e valoriza a cultura popular. Este proxecto recibiu o Premio Brasil Creativo no
ano 2014 como mellor proxecto de Música na categoría Artes e Espectáculos.
www.facebook.com/katyateixeirabr/
Guadi GalegoO voo libre da tradición musical galega Guadi Galego é unha das nosas grandes. Ela representa neste momento un dos
camiños máis arriscados na evolución da música galega de raíz cara novos territorios, e
consegue xuntar na súa figura artística a consagración e o valor do novo. De feito,
chega ao CANTOS NA MARÉ cargada con novas músicas procedentes do seu recén
estreado álbum ‘O mundo está parado’; e sostendo aínda o Premio Martín Códax da
Música 2016 á mellor artista na categoría de canción de autor, polo seu anterior traballo
'Lúas de outubro e agosto'.
A súa traxectoria musical é moi intensa e rica, foi voz principal e gaiteira do grupo
Berrogüetto, tamén formou parte como intérprete e compositora dos interesantes
proxectos colectivos: Nordestinas, Espido e aCadaCanto. Colaborou con múltiples
artistas ao longo destes anos: Uxía, Marful, Susana Seivane, Tejedor, Fred Martins,
Capercaille… E fixo numerosas xiras por Galiza, Portugal, España, Austria, Arxentina,
Dinamarca, ou Cuba. Agora preséntase cun son e unha expresión artística máis madura
e tamén máis atrevida, máis melódica pero á vez, máis arriscada.
www.facebook.com/GuadiGalego
Uxía (Directora artística)A voz para o encontro das culturas atlánticasAdemais de ser unha das voces máis populares da nosa lingua, Uxía é produtora e ten
promovido infinidade de iniciativas musicais e culturais, entre elas o Cantos na Maré.
Desde o seu debut con “Foliada de Marzo” en 1986, o seu traballo representa un punto
de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.
Integrante do grupo Na Lúa ata 1991, emprende logo un camiño en solitario co disco
“Entre cidades”. Catro anos despois publica “Estou vivindo no ceo”, moi valorado pola
crítica. En 1997 edita xunto ás cantantes Rasha (Sudán) e María Salgado (Castela) e o
guitarrista Cuchús Pimentel “La sal de la vida”, un traballo marcado pola diversidade
cultural. Xa en 2000 sae “Danza das areas”, con composicións propias e sons máis
contemporáneos. Con “Eterno Navegar” percorre camiños de sonoridades atlánticas e
ritmos africanos e con “Meu Canto”, lévanos a Brasil. Agora vén de presentar “Baladas
da Galiza imaxinaria”, xunto a Narf, e “Canta o cuco”, onde musica a Manuel María
xunto a Magín Blanco. Ademais, promoveu a creación de grupos como as Malvela ou
Cantadeiras do Berbés e participou en numerosas experiencias musicais con artistas do
talle de Tito Paris, Jessie Norman, Dulce Pontes, Noa, João Afonso ou Chico César.
uxia.net
Paulo Borges (director musical)
Un dos principais coñecedores da música lusófona
Paulo Borges é director musical de Cantos na Maré desde a segunda
edición do certame. Este feito e a súa experiencia como músico e produtor
en traballos discográficos de diferentes artistas de Galicia e Portugal, fan de
Borges un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran
as músicas lusófonas.
Natural das illas Azores, é autor de bandas sonoras para teatro e televisión.
Forma parte da banda Coro dos Tribunais e participou en discos de Zeca
Medeiros, Nancy Vieira, Rui Veloso, Xosé Manuel Budiño, a Señora
Carmen e Uxía. Agora vén de producir o primeiro disco de Karyna Gomes,
"Mindjer".
Paulo Borges (director musical)
CANTOS NA MARÉ naceu en 2003 coa intención de render unha homenaxe ao mar
como lugar de encontro de artistas, letristas, músicos, poetas e escritor@s galeg@s,
unidos polos sentimentos e valores culturais do universo g alegoportugués. Logo das
primeiras edicións celebradas no exterior, o éxito acadado resultou determinante de cara
á continuidade do proxecto e do formato experimentado. Finalmente, o Pazo da Cultura
e o mes de xaneiro conformarían o lugar e as datas actuais, con Uxía na dirección
artística e Paulo Borges na dirección musical.
No ano 2006 vería a luz o primeiro CD do espectáculo, correspondente á gravación en
directo da primeira edición. Esta cuarta edición marcaría un punto de inflexión, ao pasar
dun espectáculo a un conxunto de actividades, primeira achega ás posibilidades e
potencialidades como catalizador futuro, e punto de intercambio artístico e profesional
entre os países da lusofonía cara o escenario global.
No ano 2008 celebrouse o Cantos na Maré Rede, un foro interactivo desenvolvido
como un primeiro paso cara á materialización dunha rede de cooperación entre os
axentes, os artistas e o público da música da lusofonía. No ano 2009, ademais da
edición celebrada en Pontevedra en decembro, ten lugar un feito extraordinario: a
celebración da primeira edición de Cantos na Maré en Brasil, na cidade de Fortaleza,
que supuxo un paso decisivo cara á súa expansión internacional.
Paseniñamente foi chegando o décimo aniversario, que celebramos no ano 2013 cun
cartel trazado dunha á outra beira do Atlántico: o pai do rock portugués Rui Veloso, os
ritmos afrobrasileiros de Chico César, o embaixador mundial da timbila mozambicana
Cheny Wa Gune e a voz galega do momento, Sés. A edición de 2014, deseñouse como
peche do ano rosaliano, centrada en artistas galegos, da Península, Cabo Verde e
Brasil, que teñen musicado aos seus poetas de referencia.
Todas estas experiencias consolidaron o seu formato e estrutura e a súa intención de
medrar e proxectarse como un referente musical internacional, un desexo que a partir da
vindeira edición materializarase nunha nova fórmula de festival onde os concertos
abertos ao público se combinarán con actividades profesionais, e onde compartiremos
un outro Cantos na Maré aínda mais rico e aberto ao mundo.
Historia
Paulo Borges (director musical)
2003: Chico César (Brasil), Filipa Pais (Portugal), Manecas Costa (GuinéBissau), AstraHarris (Mozambique), Xabier Díaz (Galicia), Jon Luz (Cabo Verde) e Batuko Tabanka (CaboVerde)
2004: Joâo Afonso (Portugal), Ana Firmino (Cabo Verde), Alberto Mvundi (Angola), MaríaJoâo & Mario Laginha (Portugal), Kimi Diabate (GuinéBissau), Guadi Galego (Galicia),Zeca Medeiros (AçoresPortugal) e Zezo Ribeiro & Vanessa Borhagian (Brasil)
2005: Tcheka (Cabo Verde), Renata Rosa (Brasil) e Fran Pérez (Galicia)
2006: Dulce Pontes (Portugal), Ugía Pedreira (Galicia), Luanda Cozetti (Brasil), EneidaMarta (GuinéBissau) e Amelia Muge (Mozambique)
2007: Paulo Flores (Angola), Mercedes Peón (Galicia), Ceumar (Brasil), Nancy Vieira (CaboVerde) e JP Simoes (Portugal)
2008: Waldemar Bastos (Angola), Xabier Díaz (Galicia), Sérgio Godinho (Portugal),Paulinho Moska (Brasil) e Sara Tavares (Cabo Verde)
2009: Tito París (Cabo Verde), Fred Martins (Brasil) e Raquel Tavares (Portugal)
2010: Lenine (Brasil), Guadi Galego (Galicia), António Zambujo (Port) e Aline Frazâo(Angola)
2012: Carlos do Carmo (Portugal), Mayra Andrade (Cabo Verde), Xoán Curiel (Galicia) eSocorro Lira (Brasil)
2013: Rui Veloso (Portugal), Chico César (Brasil), Cheny Wa Gune (Mozambique) e Sés(Galicia)
2014: Amancio Prada (O Bierzo), Vítor Ramil (Brasil), Gabrielas Mendes (Cabo Verde), LuizCaracol (Portugal) e Budiño (Galicia)
2016: Alceu Valença (Brasil), Jorge Palma (Portugal), Karyna Gomes (Guinea Bissáu),Thaïs Morell (Brasil), Uxía & Narf (Galicia)
Edicións anteriores
Paulo Borges (director musical)
Cantos na Maré é un proxecto producido e impulsado por Nordesía
Produccións, unha empresa pioneira no sector cultural galego. Naceu en
1996 e dende aquela traballa nos ámbitos da distribución musical e a
creación, xestión e produción dalgúns dos proxectos culturais e artísticos
máis notables das últimas décadas en Galicia.
Profesionalización, especialización, eficiencia, innovación e
internacionalización son as claves que guían o traballo de Nordesía. En 17
anos de traxectoria participou na creación, conceptualización, deseño ou
produción de máis de 3.000 eventos, programacións e proxectos, como
Cantos na Maré, o festival de jazz Imaxinasons, o ciclo Sons da
diversidade, a Festa dos Mundos, o ciclo Con Voz Propia, Ao Pé da Letra,
o programa As Nosas Músicas, Compostela Festival, o ciclo universitario
Tribos Ibéricas, o espectáculo MundoLois, The Galician Connection
Festival, Womex (The World Music Expo)...
Nordesía apostou sempre por conectarse co mundo, asistindo ás principais
feiras, encontros e foros internacionais de música, establecendo alianzas
con empresas, profesionais e institucións de diferentes países e territorios,
e levando a música galega polo mundo, facendo posible as xiras
internacionais por máis de 22 países dos principais artistas galegos.
www.nordesia.com